SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 5
O CAMIÑO DE SANTIAGO


Hai moitas versións de cómo chegou Santiago a
España. Unha delas di que tras o martirio, o corpo
de Santiago foi levado nunha barca polos seus
discípulos ata Iria Flavia (Padrón) subindo polo río
Ulla. Ao depositar o corpo sobre unha rocha, esta
convertiuse no sartego do santo. Os seus
discípulos acudiron a unha raíña chamada Lupa
pedíndolle unha parcela para o enterrar. Non lles
fixo caso e mandounos ao rei Duio, que os fixo
prisioneiros, pero un anxo liberounos. O rei
mandounos perseguir, pero ao pasar o exército por
unha ponte, fundiuse e morreron afogados.
Volveron outra vez ata a raíña Lupa, que asustada,
cedeulles un monte, e díxolles que alí atoparían uns
bois mansos, pero en realidade eran touros, que ao
velos achegarse, perderon a fereza e deixaronse
poñer o carro. Os discípulos regresaron á corte de
Lupa, que asombrada de que os touros non lles
fixeran mal, ofreceulles o seu pazo como igrexa e
sepulcro de Santiago.

Pasaron moitos séculos e o sepulcro quedara
esquecido. Ata que no século IX, un ermitaño
chamado Pelagio, viu brilar unhas luminarias na
espesura do bosco. Avisou a uns veciños,que foron
ata o lugar e atoparon o sepulcro. Avisaron ao
obispo de Padrón, Teodomiro, que vendo tales
prodixios quedou a vivir alí.
A primitiva edificación estaba formada por unha
cámara sepulcral e un piso superior ou oratorio,
que ao longo dos anos tivo numerosas
modificacións e o nome de Compostela pode vir de
“ Campo da estela”, polas luminarias que vira
Pelagio.

Dende moitos anos antes, España estaba dominada
polos visigodos, e máis tarde entran polo sur os
árabes. Conta a tradición que Santiago axudou ás
tropas cristiáns contra os mouros, de alí o
sobrenome de “Santiago matamouros”.

Na Idade Media comezaron as peregrinacións. O
primeiro en facela, según di a tradición, foi o
emperador Carlomagno, pero a noticia mais fiable
é a pereginación de Gontescalco bispo de Puy
(Francia) no ano 950, acompañado de 30 soldados,
iniciándose así as peregrinacións. No ano 1122
celebrouse o primeiro Ano Santo e de alí en diante
celebraríase os anos nos que o día 25 de xullo fose
domingo. Esto ten lugar en series de seis-cinco-
seis-once anos.
Compostela pasou a formar parte das cidades
santas do cristianismo xunto con Roma e
Xerusalén.

As peregrinacións contribuiron á comunicación
entre os europeos e o Camiño de Santiago era a
estrada principal para a cultura da humanidade.
A masiva afluencia de peregrinos, fixo que as
igrexas que había ata entón, quedasen pequenas,
encheron calzadas, poboaron lugares que ata entón
estaban despoboados e impulsaron a primeira
mostra do espírito cristián: O Románico.
Construironse igrexas, hospederías, hospitais,
pontes…, comezaron os Burgos medievais, o
primeiro paso da cidade moderna.
Os intercambios culturais motivados pola
peregrinación, fixeron que o esquema tipo do
románico se extendera por todo o continente: na
vida económica e social, grupos de artesáns e
mercaderes, na sua meirande parte estranxeiros,
acudían aos mercados e ás          feiras da ruta;
floreceron as escolas de tradutores, onde se diron
cita musulmáns, cristiáns e xudeus; as xentes dos
lugares asimilou o traballo dos albaneis
mudéxares…
O Camiño era un privilexiado modo de
comunicación, non só no sentido do tráfico, senón
tamén no da información: canto se dixera,
predicara, cantara, contara, esculpira no camiño,
alcanzaba a máis xente e a máis lugares. A febril
actividade de enxeñeiros arquitectos de Europa
crece ao amparo do Camiño.

A peregrinaxe era unha forma de devoción e de
penitencia, e tamén unha maneira de percorrer o
mundo nunha Idade Media na que a meirande parte
dos seres humáns non saían en toda a súa vida do
entorno que alcanzaban a contemplar os seus ollos
dende o lugar no que naceran. Son moitas as
causas e os motivos que tiñan os peregrinos:
curiosidade, afán de aventuras, intereses
comerciais…A peregrinación tamén era un símbolo
de vida do cristián, un camiñar inseguro cara a
morada eterna.
O peregrino vestía dun xeito especial: alforxa ou
saco, sempre aberto para dar e para recibir, o
báculo do que penduraba a cabaza coa auga ou o
viño, a vieira cosida no vestido, unha capa e un
sombreiro de aba ancha tamén cunha cuncha de
vieira cosida na aba. Antes de iniciar a viaxe tiñan
que pedir perdón a todos e facer testamento.
Un dos máis famosos e coñecidos peregrinos
medievais é o francés Aymeric Picaud. A súa fama
ven por ter escrito unha crónica da súa viaxe moi
detallada    e   minuciosa,     con    consellos   e
recomendacións para os caminantes. Nela di: “ Hai
catro rutas que levan a Santiago dende Europa e
reúnense nunha soa en Puente la Reina,en
territorio español, (…) a partir de alí un só camiño
conduce a Compostela”.
Hai outras seis rutas que conducen ata o Apóstolo.
A máis importante é “ O Camiño francés”, que
forma parte da equipaxe cultural que forxou
Europa. “A Vía da Plata” ou Camiño oriental, que
entraba en Galicia polo leste de Ourense; “O
Camiño Portugués”, que nacía en Portugal e encara
o Norte por Tui, Redondela, Arcade, Padrón e
Santiago; “ O Camiño da Costa”, procedente de
Asturias, entraba en Galicia por Ribadeo; “O
Camiño Inglés”, con punto de partida en Neda, A
Coruña e o Burgo, preto da torre de Hércules, e
por último o camiño que unía Muros e Noia con
Santiago.

Mais conteúdo relacionado

Destaque

Los animales (2º primaria)
Los animales (2º primaria)Los animales (2º primaria)
Los animales (2º primaria)Carbayu
 
17 helicoptero sanitario de lozoyuela. una historia de pelicula video .copia
17 helicoptero sanitario de lozoyuela. una historia de pelicula video .copia17 helicoptero sanitario de lozoyuela. una historia de pelicula video .copia
17 helicoptero sanitario de lozoyuela. una historia de pelicula video .copiaAlberto San
 
Eles estão me puculando
Eles estão me puculandoEles estão me puculando
Eles estão me puculandoAmadeu Wolff
 
Abecedario
AbecedarioAbecedario
AbecedarioCarbayu
 

Destaque (9)

Dioses olímpicos solos
Dioses olímpicos solosDioses olímpicos solos
Dioses olímpicos solos
 
Los animales (2º primaria)
Los animales (2º primaria)Los animales (2º primaria)
Los animales (2º primaria)
 
Cultura clasica para as catro estacións primavera
Cultura clasica para as catro estacións primaveraCultura clasica para as catro estacións primavera
Cultura clasica para as catro estacións primavera
 
Perfume gostoso
Perfume gostosoPerfume gostoso
Perfume gostoso
 
Te encontrei
Te encontreiTe encontrei
Te encontrei
 
Te encontrei
Te encontreiTe encontrei
Te encontrei
 
17 helicoptero sanitario de lozoyuela. una historia de pelicula video .copia
17 helicoptero sanitario de lozoyuela. una historia de pelicula video .copia17 helicoptero sanitario de lozoyuela. una historia de pelicula video .copia
17 helicoptero sanitario de lozoyuela. una historia de pelicula video .copia
 
Eles estão me puculando
Eles estão me puculandoEles estão me puculando
Eles estão me puculando
 
Abecedario
AbecedarioAbecedario
Abecedario
 

Semelhante a Camiño de santiago

O camiño de santiago
O camiño de santiagoO camiño de santiago
O camiño de santiagoaggcoruxo
 
O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO
O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGOO CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO
O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGOXesús Amboaxe
 
A ampliación do mundo coñecido
A ampliación do mundo coñecidoA ampliación do mundo coñecido
A ampliación do mundo coñecidoLuciagc2c
 
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaTema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaDudas-Historia
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaDudas-Historia
 
As grandes viaxes
As grandes viaxesAs grandes viaxes
As grandes viaxesicoico1
 
Nosa historia t.6
Nosa historia t.6Nosa historia t.6
Nosa historia t.6mteribg
 
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentosUnidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentoscamposseijo
 
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentosUnidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentoscamposseijo
 
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentosUnidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentoscamposseijo
 
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A BacOs Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A BacAlbaBenRivas_1BAC-A
 
Presentación do calendario 2016
Presentación do calendario 2016Presentación do calendario 2016
Presentación do calendario 2016bibliolois
 
Coñecer as cidades
Coñecer as cidadesCoñecer as cidades
Coñecer as cidadesestherduran
 

Semelhante a Camiño de santiago (20)

Camiño de Santiago
 Camiño de Santiago Camiño de Santiago
Camiño de Santiago
 
O camiño de santiago
O camiño de santiagoO camiño de santiago
O camiño de santiago
 
O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO
O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGOO CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO
O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO
 
A ampliación do mundo coñecido
A ampliación do mundo coñecidoA ampliación do mundo coñecido
A ampliación do mundo coñecido
 
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaTema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
 
As grandes viaxes
As grandes viaxesAs grandes viaxes
As grandes viaxes
 
Nosa historia t.6
Nosa historia t.6Nosa historia t.6
Nosa historia t.6
 
Tema5 1 Idade Madia
Tema5 1 Idade MadiaTema5 1 Idade Madia
Tema5 1 Idade Madia
 
Historia de españa
Historia de españaHistoria de españa
Historia de españa
 
Maria trujillano idade media galega
Maria trujillano idade media galegaMaria trujillano idade media galega
Maria trujillano idade media galega
 
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentosUnidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentos
 
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentosUnidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentos
 
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentosUnidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentos
 
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A BacOs Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
 
A IDADE MEDIA
A IDADE MEDIAA IDADE MEDIA
A IDADE MEDIA
 
Presentación do calendario 2016
Presentación do calendario 2016Presentación do calendario 2016
Presentación do calendario 2016
 
Coñecer as cidades
Coñecer as cidadesCoñecer as cidades
Coñecer as cidades
 
A historia de Caldelas
A historia de CaldelasA historia de Caldelas
A historia de Caldelas
 

Camiño de santiago

  • 1. O CAMIÑO DE SANTIAGO Hai moitas versións de cómo chegou Santiago a España. Unha delas di que tras o martirio, o corpo de Santiago foi levado nunha barca polos seus discípulos ata Iria Flavia (Padrón) subindo polo río Ulla. Ao depositar o corpo sobre unha rocha, esta convertiuse no sartego do santo. Os seus discípulos acudiron a unha raíña chamada Lupa pedíndolle unha parcela para o enterrar. Non lles fixo caso e mandounos ao rei Duio, que os fixo prisioneiros, pero un anxo liberounos. O rei mandounos perseguir, pero ao pasar o exército por unha ponte, fundiuse e morreron afogados. Volveron outra vez ata a raíña Lupa, que asustada, cedeulles un monte, e díxolles que alí atoparían uns bois mansos, pero en realidade eran touros, que ao velos achegarse, perderon a fereza e deixaronse poñer o carro. Os discípulos regresaron á corte de Lupa, que asombrada de que os touros non lles fixeran mal, ofreceulles o seu pazo como igrexa e sepulcro de Santiago. Pasaron moitos séculos e o sepulcro quedara esquecido. Ata que no século IX, un ermitaño chamado Pelagio, viu brilar unhas luminarias na
  • 2. espesura do bosco. Avisou a uns veciños,que foron ata o lugar e atoparon o sepulcro. Avisaron ao obispo de Padrón, Teodomiro, que vendo tales prodixios quedou a vivir alí. A primitiva edificación estaba formada por unha cámara sepulcral e un piso superior ou oratorio, que ao longo dos anos tivo numerosas modificacións e o nome de Compostela pode vir de “ Campo da estela”, polas luminarias que vira Pelagio. Dende moitos anos antes, España estaba dominada polos visigodos, e máis tarde entran polo sur os árabes. Conta a tradición que Santiago axudou ás tropas cristiáns contra os mouros, de alí o sobrenome de “Santiago matamouros”. Na Idade Media comezaron as peregrinacións. O primeiro en facela, según di a tradición, foi o emperador Carlomagno, pero a noticia mais fiable é a pereginación de Gontescalco bispo de Puy (Francia) no ano 950, acompañado de 30 soldados, iniciándose así as peregrinacións. No ano 1122 celebrouse o primeiro Ano Santo e de alí en diante celebraríase os anos nos que o día 25 de xullo fose domingo. Esto ten lugar en series de seis-cinco- seis-once anos.
  • 3. Compostela pasou a formar parte das cidades santas do cristianismo xunto con Roma e Xerusalén. As peregrinacións contribuiron á comunicación entre os europeos e o Camiño de Santiago era a estrada principal para a cultura da humanidade. A masiva afluencia de peregrinos, fixo que as igrexas que había ata entón, quedasen pequenas, encheron calzadas, poboaron lugares que ata entón estaban despoboados e impulsaron a primeira mostra do espírito cristián: O Románico. Construironse igrexas, hospederías, hospitais, pontes…, comezaron os Burgos medievais, o primeiro paso da cidade moderna. Os intercambios culturais motivados pola peregrinación, fixeron que o esquema tipo do románico se extendera por todo o continente: na vida económica e social, grupos de artesáns e mercaderes, na sua meirande parte estranxeiros, acudían aos mercados e ás feiras da ruta; floreceron as escolas de tradutores, onde se diron cita musulmáns, cristiáns e xudeus; as xentes dos lugares asimilou o traballo dos albaneis mudéxares…
  • 4. O Camiño era un privilexiado modo de comunicación, non só no sentido do tráfico, senón tamén no da información: canto se dixera, predicara, cantara, contara, esculpira no camiño, alcanzaba a máis xente e a máis lugares. A febril actividade de enxeñeiros arquitectos de Europa crece ao amparo do Camiño. A peregrinaxe era unha forma de devoción e de penitencia, e tamén unha maneira de percorrer o mundo nunha Idade Media na que a meirande parte dos seres humáns non saían en toda a súa vida do entorno que alcanzaban a contemplar os seus ollos dende o lugar no que naceran. Son moitas as causas e os motivos que tiñan os peregrinos: curiosidade, afán de aventuras, intereses comerciais…A peregrinación tamén era un símbolo de vida do cristián, un camiñar inseguro cara a morada eterna. O peregrino vestía dun xeito especial: alforxa ou saco, sempre aberto para dar e para recibir, o báculo do que penduraba a cabaza coa auga ou o viño, a vieira cosida no vestido, unha capa e un sombreiro de aba ancha tamén cunha cuncha de vieira cosida na aba. Antes de iniciar a viaxe tiñan que pedir perdón a todos e facer testamento.
  • 5. Un dos máis famosos e coñecidos peregrinos medievais é o francés Aymeric Picaud. A súa fama ven por ter escrito unha crónica da súa viaxe moi detallada e minuciosa, con consellos e recomendacións para os caminantes. Nela di: “ Hai catro rutas que levan a Santiago dende Europa e reúnense nunha soa en Puente la Reina,en territorio español, (…) a partir de alí un só camiño conduce a Compostela”. Hai outras seis rutas que conducen ata o Apóstolo. A máis importante é “ O Camiño francés”, que forma parte da equipaxe cultural que forxou Europa. “A Vía da Plata” ou Camiño oriental, que entraba en Galicia polo leste de Ourense; “O Camiño Portugués”, que nacía en Portugal e encara o Norte por Tui, Redondela, Arcade, Padrón e Santiago; “ O Camiño da Costa”, procedente de Asturias, entraba en Galicia por Ribadeo; “O Camiño Inglés”, con punto de partida en Neda, A Coruña e o Burgo, preto da torre de Hércules, e por último o camiño que unía Muros e Noia con Santiago.