SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 29
Baixar para ler offline
PROGRAMACIÓN DE LATÍN II

   2º DE BACHARELATO


 DEPARTAMENTO DE CULTURA

           CLÁSICA



    I.E.S. DA TERRA CHÁ

      CASTRO DE REI

             LUGO

     CURSO 2008-2009

       © Lorenzo Fraga Montero
ÍNDICE



  1. INTRODUCIÓN

    1. CONTEXTUALIZACIÓN

    2. MARCO LEXISLATIVO.

  2. OBXECTIVOS.

  3. CONTIDOS.

  4. EIXES TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO.

  5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS

    CONTIDOS.

  6. METODOLOXÍA.

  7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

    1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

    2. MÉTODO DE AVALIACIÓN

    3. AVALIACIÓN   DOS   PROCESOS   DE   ENSINO   E   PRÁCTICA

       DOCENTE

  8. MATERIAL E RECURSOS DIDÁCTICOS.

VIII. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

IX. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

X. SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.




                                2
1. INTRODUCIÓN

  1. CONTEXTUALIZACIÓN

     A programación da asignatura de Latín II forma parte do Proxecto

     Curricular de Centro do I.E.S. da Terra Chá de Castro de Rei, na

     provincia de Lugo. Esta asignatura forma parte do Bacharelato na súa

     modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, impartíndose no

     segundo curso. O grupo de Latín II está formado por 3 alumnas e 1

     alumno.

  2. MARCO LEXISLATIVO

     O marco lexislativo desta programación está conformado polas

     seguintes normas:

     1. Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (B.O.E. de 4 de

        maio de 2006)

     2. Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a

        ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma

        de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008)

     3. Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a

        organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na

        Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de xuño de 2008)



2. OBXECTIVOS

  Os obxectivos establecidos para a asignatura de Latín (I e II) no

  Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e

  o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do

  23 de xuño de 2008) son:




                                 3
1. Iniciarse na lectura, interpretación e tradución de textos de

     dificultade progresiva, utilizando, para este fin, o coñecemento

     dos elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da

     lingua latina.

  2. Reflexionar sobre os elementos substanciais que conforman as

     linguas e recoñecer compoñentes significativos da flexión nominal,

     pronominal e verbal latina nas linguas modernas derivadas do latín ou

     influídas por el.

  3. Achegarse     a     textos   latinos     diversos,   orixinais,   adaptados   e

     traducidos, mediante unha lectura comprensiva e distinguir as súas

     características esenciais e o xénero literario ao que pertencen.

  4. Recoñecer elementos da lingua latina que evolucionaron ou que

     permanecen nas nosas linguas e aprecialos como clave para a súa

     interpretación.

  5. Buscar información sobre aspectos relevantes da civilización romana,

     indagando     en    documentos       e    en   fontes    variadas,   analizalos

     criticamente e constatar a súa presenza ao longo da historia.

  6. Identificar e valorar as principais achegas da civilización romana no

     noso contorno e apreciar a lingua latina como instrumento transmisor

     de cultura.

  7. Valorar a contribución do mundo romano na súa calidade de sistema

     integrador de diferentes correntes de pensamento e actitudes

     (éticas e estéticas) que conforman o ámbito cultural europeo.



3. CONTIDOS




                                      4
O anexo I do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a

ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de

Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008), estrutura os contidos da

asignatura de Latín II en 5 bloques:



1. Contidos comúns.

   ▪   Interpretación crítica de textos. A tradución como técnica. A

       exactitude na expresión lingüística.

   ▪   Valoración do estilo dun texto en función das peculiaridades do

       autor e das peculiaridades do texto e do contexto.

   ▪   A literatura latina e os xéneros literarios. Influencia da literatura

       latina na literatura posterior.

       As raíces romanas de Galicia.



2. A lingua latina.

   ▪   Revisión da flexión nominal e pronominal. Formas menos usuais e

       irregulares.

   ▪   Revisión   da   flexión   verbal   regular.   Verbos   irregulares   e

       defectivos. Formas nominais do verbo.

   ▪   Afondamento no estudo da sintaxe casual.

   ▪   A oración composta. A subordinación: substantiva, adxectiva e

       adverbial; uso das partículas subordinantes máis frecuentes.

       Construcións de participio e de infinitivo.



3. Os textos latinos e a súa interpretación.




                                   5
▪   Afondamento na lectura comprensiva e tradución de textos

         latinos achegándose ao seu contexto social, cultural e histórico.

     ▪   Lectura e comentario de obras e fragmentos latinos traducidos

         relacionados cos diversos xéneros literarios asimilando as súas

         características formais.



  4. O léxico latino e a súa evolución.

     ▪   Aprendizaxe de vocabulario.

     ▪   Formación    de    palabras       latinas.   Composición      e   derivación.

         Compoñentes etimolóxicos no léxico das linguas romances.

     ▪   Vocabulario específico de orixe grecolatina usual nas disciplinas

         que se estudan no bacharelato.

     ▪   Expresións latinas incorporadas á linguaxe culta.

     ▪   Uso correcto do dicionario.



  5. Roma e o seu legado.

     ▪   Transmisión da literatura clásica.

     ▪   Os xéneros literarios latinos e a súa influencia nas manifestacións

         posteriores artísticas e literarias con especial referencia á

         cultura galega.

     ▪   A   romanización     da    Gallaecia.        Vestixios   en       xacementos

         arqueolóxicos e museos.



4. EIXES TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO




                                       6
1.   A dimensión histórica do coñecemento, o contexto no que se

     producen os avances e o papel desenvolvido por quen os fixeron

     posibles.

     Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos,

     porque en todos eles hai que facer alusión á evolución no estudo dos

     diversos ámbitos tratados (lingüística, historia, literatura, etc.), a

     relevancia do contexto histórico e a importancia dos individuos ou

     colectivos que os fixeron posibles.

2. A visión interdisciplinar do coñecemento, salientando as conexións

     entre diferentes materias e a aportación de cada unha á comprensión

     global dos fenómenos estudados.

     Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos, pois

     en todos eles é preciso facer referencia a outros ámbitos de

     coñecemento, insistindo no carácter interdisciplinar deste.

3. A aplicación do aprendido ás situacións da vida cotiá, favorecendo as

     actividades que capaciten para o coñecemento e análise do medio que

     nos circunda e das variadas actividades humanas e modos de vida.

     Este contido transversal é especialmente relevante no bloque de

     contidos relativos a Roma e o seu legado. As experiencias en tódolos

     ámbitos da vida humana da sociedade grega (institucións, vida cotiá,

     estruturación da sociedade, problemas, etc.) son en moitos casos

     comúns ou presentan importantes similitudes con situacións actuais.

     É importante que as alumnas aprecien esta semellanza e poidan

     realizar análises e tirar conclusións a partir da comparación.



                                   7
4. O aproveitamento das diversas fontes de información, cultura, ocio e

   estudo presentes na sociedade do coñecemento.

   Este contido transversal abórdase indistintamente en tódolos

   bloques temáticos, tanto a través de referencias para que as alumnas

   poidan amplia-los seus coñecementos (por exemplo, a través do cine)

   como a través do uso de materiais desta natureza na explicación (por

   exemplo, a través do uso de presentacións).

5. A toma de conciencia sobre temas e problemas que afectan a tódalas

   persoas no mundo globalizado, entre os que se considerarán a saúde,

   a pobreza no mundo, o esgotamento dos recursos naturais, a

   superpoboación, a contaminación, o quecemento da Terra, a violencia,

   o racismo, a emigración e a desigualdade entre as persoas, pobos e

   nacións.

   Estes contidos transversais abordaranse especialmente a partir das

   reflexións que xurdan a partir dos textos traballados en clase e,

   tamén, ó tratar algúns aspectos concretos da historia e a sociedade

   romana.

6. A análise das formas de exclusión social que dificultan a igualdade

   dos seres humanos, con especial referencia á desigualdade das

   mulleres.

   Este contido transversal hase tratar especialmente ó estuda-la

   sociedade romana, con especial referencia á situación dos escravos e

   da muller. Hase tratar, sobre todo, de que as alumnas aprecien a

   importante   evolución   e   progreso   que   aportan   as   sociedades




                                 8
occidentais nestes campos, en comparación, especialmente, con

     outras sociedades contemporáneas.

7.   A adopción dunha perspectiva que permita aprecia-la contribución

     das   diferentes     sociedades,    civilizacións    e   culturas   ó

     desenvolvemento da humanidade, e adquiri-la visión continua e global

     do desenvolvemento histórico, especialmente referida ós últimos

     séculos, posibilitando así unha interpretación obxectiva do devir da

     humanidade.

     Este contido transversal trátase ó considera-las importantes

     aportacións do mundo romano en tódolos campos da evolución da

     humanidade. É importante que as alumnas entendan que a nosa

     sociedade actual non sería posible tal e como a coñecemos sen o

     mundo grego.

8. A análise e a valoración das contribucións máis salientables para o

     progreso humano nos campos da saúde, o benestar, as comunicacións,

     a difusión do coñecemento, as formas de goberno e as maneiras de

     satisface-las necesidades humanas básicas.

     Hábitos como o do baño e a hixiene persoal, a xeralización de

     bibliotecas e escolas, así como as distintas formas de goberno

     existentes durante a historia de Roma son aspectos que permiten

     abordar este contido transversal nesta asignatura.

9. O coñecemento dos procedementos e dos temas científicos actuais e

     das controversias que suscitan, así como a adquisición de actitudes

     de curiosidade, antidogmatismo e tolerancia e a conciencia da

     necesidad de camiñar cara a sostibilidade do planeta.


                                  9
Este contido transversal hase abordar especialmente nos bloques

  temáticos 2º e 3º, especialmente co gallo da análise sintáctica, que se

  utilizará para mostrar ás alumnas un ámbito de coñecemento en

  formación e que presenta nas súas formulacións disparidade,

  disparidade que debe ser admitida sempre que se fundamente

  adecuadamente.

10. O desenvolvemento dos compoñentes saudables na vida cotiá e a

  adopción de actitudes críticas ante as prácticas que inciden

  negativamente na mesma, para contribuir ó afianzamento da

  personalidade e autonomía do alumnado.

  Este contido transversal hase abordar especialmente ó considera-los

  hábitos hixiénicos e alimenticios da Roma clásica, considerando que

  prácticas eran beneficiosas y cales non.

11. O afondamento conceptual nas bases que constitúen a sociedade

  democrática, analizando as súas orixes durante a historia, a súa

  evolución nas sociedades modernas e o fundamento racional e

  filosófico dos dereitos humanos.

  Este contido transversal hase abordar amplamente ó considera-las

  formas de goberno de Roma. É importante establecer paralelos entre

  as distintas formas de goberno da Roma clásica e os modelos actuais,

  facendo especial fincapé nos valores democráticos e igualitarios. É,

  ademais, moito importante incidir no concepto de dereitos humanos

  como aqueles dereitos propios de todo ser humano polo feito de o

  ser, en especial contraposición á práctica común no mundo antigo da

  escravitude.


                               10
12.   O desenvolvemento da capacidade comunicativa e discursiva en

        diferentes ámbitos, tanto en castelán e galego como nunha lingua

        estranxeira, que permita consolida-las aprendizaxes realizadas polo

        alumnado nas etapas educativas anteriores e contribuir á súa

        formación integral a través do respeto, o interese e a comunicación

        con outros falantes, desenvolvendo unha conciencia intercultural

        como vehículo para a comprensión dos problemas do mundo

        globalizado.

        En tódolos bloques temáticos hase traballar este contido transversal.

        É fundamental que o alumnado sexa quen de se expresar, non só con

        corrección, se non tamén con propiedade á hora de trata-los distintos

        contidos da asignatura. É por iso que tanto o traballo en expresión

        oral como escrita sexa parte fundamental desta materia.

  13. O fomento da actividade investigadora na aula como fonte de

        coñecemento, co gallo de harmonizar e conxuga-las aprendizaxes

        teóricas coas de carácter empírica e práctica.

        Este contido transversal é obxecto de especial atención, en tanto que

        as alumnas terán que elaborar traballos persoais nos que, ademais de

        acceder a e procesar información, terán que pór en práctica

        conceptos e contidos aprendidos na aula.

5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS

  CONTIDOS.

  Os contidos desta programación estructúranse en catro bloques

  temáticos      cunha   secuenciación    independente   e   cun   tratamento

  simultáneo durante as tres avaliacións do curso.


                                     11
1. Apartado de lingua latina:

        1.1. 1ª Evaluación:

           a) U.D. 33:

              •   Repaso 1º Bacharelato:

                  •   Morfoloxía1:

                      •   Flexión nominal (sustantivos e adxectivos).

                      •   Flexión pronominal (ego, tu, nos, uos, hic, iste, ille, is,

                          qui, alter, uter, uterque, unus, duo, tres).

                      •   Flexión verbal (modo indicativo en voz activa e pasiva

                          das cinco conxugacións regulares, verbo sum, possum,

                          uolo, nolo, eo, participio de presente e infinitivo de

                          presente activo).

                  •   Sintaxe2:

                      •   Sintaxe básica de casos:

                          •   Acusativo de dirección sen preposición.

                          •   Acusativo de extensión no tempo e no espacio.

                          •   Xenitivo-locativo

                          •   Dativo posesivo.

                          •   Ablativo-locativo.

                          •   Ablativo de limitación (nomine)

                      •   Complementos réxime.

                      •   Rección preposicional.


1
  Estes contidos danse por sabidos, procedéndose a un exame dos mesmos a segunda ou
terceira semana do curso.
2
  Estes contidos danse por sabidos, pero serán obxecto de comentario incidental cando xurdan
a propósito de novos contidos sintácticos ou na tradución de textos.


                                             12
•   Formas non persoais do verbo:

             •   Infinitivo.

             •   Participio concertado (participio de presente).

         •   Oracións interrogativas.

         •   Oracións subordinadas:

             •   Adxectivas:

                 •   Oracións de relativo con indicativo.

                 •   O relativo coma adxectivo (atracción do relativo).

             •   Sustantivas:

                 •   Oracións completivas de infinitivo:

                     •   Sen suxeito propio: constituo, uolo, etc.

                     •   Con suxeito propio: iubeo.

             •   Adverbiais:

                 •   Temporais con cum e ubi.

                 •   Causais con quod (pregunta cur).

b) U.D.34:

  •   O modo subxuntivo.

  •   Oracións subordinadas finais.

c) U.D.35.

  •   Estilo indirecto: ordes.

  •   O pluscuamperfecto de subxuntivo.

  •   Formas pasivas do subxuntivo.

d) U.D.36.

  •   Verbos depoñentes.

  •   O infinitivo de presente pasivo.

  •   Os imperativos na voz pasiva.


                                13
e) U.D.37: O ablativo absoluto.

f) U.D.38: O participio de futuro activo.

g) U.D.39:

  •   Estilo indirecto: formulación de preguntas.

  •   O pretérito perfecto de subxuntivo.

h) U.D.40:

  •   Máis usos do caso ablativo.

  •   Verbos semidepoñentes.

i) U.D.41: Estilo indirecto: oracións subordinadas de infinitivo.

j) U.D. 43: Oracións subordinadas consecutivas.

k) U.D. 44: Oracións subordinadas condicionais.

l) U.D. 45: Valores do subxuntivo.

m)U.D. 47:

  •   Valores da conxunción cum.

  •   Valores da conxunción dum.

  •   O relativo de enlace ou demostrativo.

n) U.D. 48: Oracións subordinadas sustantivas de temor.

o) U.D. 49:

  •   Verbos impersoais.

  •   Verbos intransitivos en pasiva.

p) U.D. 50: o xerundio.

q) U.D. 51: o xerundivo.

r) U.D. 52: xerundivos de obriga.

s) U.D. 53:

  •   O dativo predicativo.

  •   Oracións subordinadas de relativo con subxuntivo.


                              14
t) U.D. 54:

         •   Valores de ut: resumo.



2. Apartado dos textos latinos e a súa interpretación.

   2.1. 1ª Avaliación.

      a) Introdución ó emprego do dicionario.

      b) Tradución de textos orixinais e adaptados.

         •   Adaptacións:

             •   Textos propostos no libro de texto.

         •   Orixinais e adaptados:

             •   Eutropio



   2.2. 2ª Avaliación.

      a) Tradución de textos orixinales e adaptados.

         •   Adaptacións:

             •   Textos propostos no libro de texto.

         •   Textos orixinais e adaptados:

             •   Eutropio

             •   Fedro



   2.3. 3ª Avaliación.

      a) Tradución de textos orixinais e adaptados.

         •   Fedro



3. Apartado de léxico latino e a súa evolución.

   3.1. 1ª Avaliación.


                                      15
a) Introdución ó concepto de gramática histórica.

      b) Concepto de palabras patrimoniais, cultas e semicultismos.

      c) Explicación de regras de gramática histórica que explican a

         evolución do latín ó galego / castelán e outras linguas romances

         (especialmente peninsulares).

      d) Topónimos galegos.

      e) Latinismos máis frecuentes.



   3.2. 2ª Avaliación.

      a) Explicación de regras de evolución do latín o galego / castelán.

      b) Topónimos galegos.

      c) Latinismos máis frecuentes.



   3.3. 3ª Avaliación.

      a) Topónimos galegos.

      b) Latinismos máis frecuentes.



4. Apartado de Roma e o seu legado.

  Advertencia: as obras de lectura son as establecidas para a PAAU de

  Latín de Galicia do ano 2009. Esta listaxe, pois, pode sufrir

  modificacións segundo o que se estableza para a PAAU do ano 2010.

   4.1. Literatura:

      a) 1ª Avaliación.

         •   A épica.

             •   Lectura obrigada: Metamorfoses 1.452-567; 4.55-166;

                 10.1-71.


                                   16
•   A lírica.

                      •   Lectura obrigada: poemas de Catulo número 51, 2, 86, 87,

                          109, 5, 7, 3, 85, 70, 8, 11.

               b) 2ª Avaliación.

                  •   Historiografía.

                      •   Lectura obrigada: Dende a fundación da cidade 1.56.4-60.

                  •   O teatro: Plauto.

                      •   Lectura obrigada: Anfitrión (¿?)3

                  •   A oratoria.

                      •   Lectura obrigada: Discursos de Calgaco e Agrícola (Tácito,

                          Agricola, 30-32 e 33-34).

           4.2. A romanización:

               a) Hispania.

               b) Gallaecia.



      6. METODOLOXÍA

      ➢   Lingua latina.

             Para a explicación dos contidos deste apartado hase tomar como

              punto de partida o libro de texto e a proposta metodolóxica da

              editorial Oxford educación.

                 Presentación intuitiva dos novos contidos a través das viñetas que

                  abren cada unha das unidades didácticas.

                 Explicación teórica dos contidos.

                 Realización dos exercicios e textos que parezan convenientes dos

                  propostos no libro.

3
    Tamén é posible sustituí-la lectura desta obra polo visionado da película Golfus de Roma.


                                                 17
➢   Interpretación dos textos.

       Para a explicación dos contidos deste apartado hase tomar como

        punto de partida a tradución e corrección de textos en clase. Dende

        o primeiro día, os/as alumnos/as deberán traducir textos na casa que

        posteriormente serán corrixidos e comentados na aula. Os textos

        hanse escoller de modo que a dificultade sexa progresiva.



       Metodoloxía para a tradución e corrección de textos.

           Introdución contextualizadora do texto. O texto, ou conxunto de

            textos, irán precedidos dunha presentación que servirá para lle

            dar ó/á alumno/a o contexto no que se ha de entende-lo texto

            (autor, época, xénero, outros aspectos relevantes).

            Aínda que este departamento quere que os/as alumnos/as entren

            en contacto o antes posible cos textos orixinais, enténdese, sen

            embargo, que os niveis de coñecemento actuais de latín non son os

            axeitados para a utilización desta metodoloxía sen máis;

            aproveitando, xa que logo, a experiencia do curso 2006-07,

            proponse o seguinte:

            •   todo texto latino para traballar na aula pode constar de ata

                tres versións:

                •   1ª versión simplificada en latín. O obxectivo deste texto é

                    permitir ó/á alumno/a un achegamento ó contido do texto a

                    través dun latín “sinxelo” y “asequible”. Así se consegue que

                    dende o primeiro momento o/a alumno/a aborde o texto




                                       18
latino dende o latín. É probable que esta versión se utilice

        especialmente nos primeiros textos.

    •   2ª versión no latín orixinal pero con modificacións na orde

        de palabras. En moitos casos a dificultade que desconcerta

        ó principiante non é tanto o vocabulario coma a orde da

        prosa e, especialmente, do verso latinos. É por iso que unha

        vez que se entendeu o contido do texto, parece conveniente

        aborda-lo texto pero nunha orde que poida permitir ó/á

        alumno/a a comprensión e a identificación das unidades de

        significado e das construcións morfolóxico-sintácticas.

        Esta versión é obrigada naqueles textos que presentan unha

        orde especialmente dificultosa para o alumnado, como é o

        caso dos textos en verso.

    •   3ª versión: versión orixinal. O/a alumno/a pode, agora si,

        aborda-lo texto latino orixinal apreciando as diferencias

        formais entre a tradución romance e o texto latino orixinal.

        Esta versión é, por suposto, sempre obrigada e debe ser

        sobre a que se fagan os comentarios.

•   A metodoloxía que se vai utilizar na aula parte do comentario

    selectivo de todos aqueles aspectos do texto que parezan

    relevantes:

    •   Achegamento ó contido do texto.

    •   Achegamento á forma.

    •   Explicación morfolóxico-sintáctica do texto.

    •   Outros aspectos relevantes (figuras estilísticas, métrica,

        rasgos de autor, etc.).


                            19
•   Durante este curso hase facer un esforzo moi importante para

                achegar ós/ás alumnos/as ós recursos que para a tradución e

                estudo dos textos latinos están dispoñibles na internet.

➢   Léxico e a súa evolución.

       Léxico.

        Para facilita-lo coñecemento e recordo de vocabulario básico e de

        construcións morfosintácticas moito habituais, habemos recorrer ó

        exercicio de relectio, no que os/as alumnos/as deberán traducir dun

        modo libre pero conservando o sentido, sen axuda do dicionario,

        aqueles textos que se traballaran na aula.

           Obxectivos do exercicio de relectio:

            •   memorización de novo léxico.

            •   recoñecemiento de construcións sintácticas habituais.



       Evolución do léxico do latín ó galego / castelán e outros romances

        peninsulares.

        Para o desenvolvemento deste apartado hase dotar ós/ás alumnos/as

        do material teórico axeitado e dos exercicios correspondentes, para

        que poidan coñece-las regras máis importantes que explican a

        evolución do latín ó galego / castelán.

        Ademais, hase estudar neste apartado os latinismos máis frecuentes

        nas nosas linguas. Partindo da listaxe proposta pola comisión da

        PAAU, os/as alumnos/as hanse encargar de atopa-lo significado e o

        contexto de uso máis axeitado. Isto hase facer mediante traballos

        que se han concretar na programación de aula. O mesmo acontece co




                                      20
estudo da toponimia galega, que partirá da listaxe proposta pola

       comisión da PAAU.



➢   Literatura latina.

    A metodoloxía que se utilizará para a explicación do núcleo temático A

    Literatura Latina combinará, por unha banda, a explicación en clase y,

    por outra, o traballo persoal do alumnado. A unha breve introducción de

    cada un dos xéneros na aula e esquematización dos seus aspectos máis

    importantes, seguirá o traballo persoal sobre o material proposto, que

    consistirá na lectura, suliñado y resumo dos aspectos máis relevantes de

    cada un dos xéneros, a partir do material proporcionado polo profesor.

    Cada alumno/a entregará na data prevista a tal efecto un resumo persoal

    de cada un dos xéneros literarios tratados, que o profesor corrixirá e

    devolverá. Trala corrección de tódolos resumos hase facer unha posta

    en común na que o profesor aclarará aqueles aspectos que quedaran

    pouco claros ou que os/as alumnos/as pasaran por alto. Dentro deste

    núcleo temático cabe a posibilidade (en función da madurez do grupo e a

    dispoñibilidade de tempo) da realización de traballos dirixidos, persoais

    ou en grupos, sobre algún xénero literario ou algún aspecto relevante

    dalgún deles, con especial valoración dos recursos das novas tecnoloxías

    que se utilicen.



7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

    1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.




                                    21
Os criterios de avaliación recollidos no Anexo I do Decreto

126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o

currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia son:

1. Ser capaz de comprender e traducir de forma coherente

   textos latinos pertencentes a diversos xéneros literarios.

   Con este criterio preténdese comprobar o progreso na práctica da

   tradución, así como a capacidade de lectura comprensiva adquirida

   polo alumnado. Na tradución procurarase combinar a fidelidade

   coa corrección no estilo, facendo un adecuado uso do dicionario.

2. Recoñecer en textos latinos orixinais os elementos básicos da

   morfoloxía regular e da sintaxe da oración, en función da

   comprensión    do   texto       latino,   apreciando   variantes   e

   coincidencias con outras linguas coñecidas, especialmente co

   galego e co castelán.

   Este criterio trata de comprobar o coñecemento e emprego da

   lingua latina por parte do alumnado, completando o nivel adquirido

   no curso anterior mediante o estudo das irregularidades

   morfolóxicas de maior frecuencia e dos procedementos máis

   habituais de subordinación propios da lingua latina. O alumnado

   debe manifestar o seu avance neste nivel facendo análises

   morfosintácticas de textos orixinais de dificultade progresiva e

   recoñecendo as variantes e coincidencias respecto doutras linguas

   por el coñecidas.

3. Comparar o léxico latino co das outras linguas de uso do

   alumnado, identificando os seus compoñentes e deducindo o seu

   significado etimolóxico.


                              22
Este criterio trata de avaliar se o alumnado domina os

   procedementos de derivación e composición na formación do

   léxico latino e se é consciente de que eses derivados pasaron

   como tales á lingua que utiliza. Así mesmo, trátase de comprobar

   se   reflexionou     sobre    os   procedementos       de   derivación    e

   composición, no que xogan un papel preponderante os afixos de

   orixe grecolatina.

4. Realizar   comentarios        de   textos   traducidos,     analizar     as

   estruturas e trazos literarios deles e recoñecer o papel da

   literatura clásica nas literaturas occidentais.

   Con este criterio preténdese comprobar a identificación dos

   elementos esenciais dun texto literario, formais e de contido, e se

   se   recoñecen       os   diversos    xéneros     polos     seus   trazos

   diferenciadores. O comentario versará sobre textos con sentido

   completo de diversos xéneros literarios e a súa comparación con

   textos da literatura posterior, especialmente a escrita en galego

   e castelán nos que sobrevivan trazos, temas ou tópicos da

   literatura latina.

5. Planificar e realizar traballos monográficos empregando fontes

   de diversos tipos (restos arqueolóxicos, inscricións, índices,

   léxicos, traballos específicos, etc.) e utilizando as tecnoloxías

   da   información      e   a   comunicación      como    ferramenta       de

   organización e comunicación dos resultados.

   Este criterio trata de constatar a capacidade creativa do

   alumnado      na     planificación,    procura,        recompilación      e

   sistematización da información, así como o grao de corrección na


                                 23
expresión oral ou escrita. O alumnado, guiado polo profesorado,

     planificará a actividade, organizará a información, contrastaraa e

     intentará formular hipóteses, elaborando o seu traballo mediante

     o uso das tecnoloxías da información e da comunicación como

     ferramentas fundamentais en todo o proceso e como soporte para

     a exposición das súas conclusións. Neste sentido, recoméndase o

     uso de páxinas web, blogs, páxinas colaborativas, enciclopedias e

     dicionarios en liña, programas de presentacións e outras

     ferramentas da internet.

  6. Ler obras da literatura latina traducidas.

     Con este criterio preténdese que o alumnado capte a mensaxe

     contida na obra, as claves do xénero e o seu contexto histórico.

     Pode tratarse de obras completas, traducidas ou adaptadas ao

     nivel de bacharelato, ou ben de antoloxías dunha única ou varias

     autorías ou que se articulen ao redor de temas concretos. O que

     se busca fundamentalmente é potenciar o hábito de lectura con

     textos atractivos para o alumnado.

2. MÉTODO DE AVALIACIÓN.

  1. Avaliación inicial.

     Este departamento ha levar a cabo unha avaliación inicial do

     seguinte modo:

     1. os/as alumnos/as cubrirán unha ficha con datos relativos ás

        cualificacións     obtidas    no   curso   anterio   ou   asignaturas

        pendentes.

     2. mediante unha proba escrita sobre contidos morfolóxicos e

        sintácticos. Nesta proba hase tratar de valora-lo coñecemento


                                 24
que de conceptos de morfoloxía e sintaxe xeral ten o

        alumnado.

     3. mediante unha proba escrita sobre contidos de historia e

        legado. Con esta proba preténdese valorar o grao de

        coñecemento que o alumnado ten sobre a historia de Grecia en

        xeral e sobre a súa vinculación con España e, en particular, con

        Galicia.

     4. mediante a conversa os primeiros días de clase.

2. AVALIACIÓNS ORDINARIAS.

     A cualificación de cada avaliación determinarse do seguinte xeito:

     ((cualificación 1º exame) + (cualificación 2º exame x 2))/3.

     Hai que aclarar que:

     1. cada exame consta de tres partes:

        1. 1ª parte: morfología e cuestións teóricas de sintaxe (aporta

           o 30% da cualificación; para facer media é preciso obter

           polo menos 4/10).

        2. 2ª parte: relectio (non aporta cualificación, pero é preciso

           obter polo menos 5/10 para aproba-la avaliación).

        3. 3ª parte: tradución de texto non visto na aula coa axuda do

           dicionario. Esta proba presentarase seguindo o modelo das

           probas de latín da PAAU, con exclusión dos apartados de

           literatura latina e cuestións do mundo clásico, que han ser

           avaliados por outra vía. Aporta o 70% da cualificación e

           para facer media é preciso obter polo menos 4/10).

     2. a materia da relectio e da parte de morfoloxía non se libera.
3.   CUALIFICACIÓN FINAL.



                               25
A cualificación final establecerase aplicando a seguinte fórmula:

((cualificación 1ª aval.) + (cualificación 2ª aval. x 2) + (cualificación

3ª aval. x 3)) / 6 = X. Ó 85 % de X háselle engadi-lo 15% de Y,

respectivamente, sendo Y a cualificación media de tódalas probas

de literatura realizadas durante o curso.

IMPORTANTE.

   1. Non hai recuperacións das probas teóricas de literatura.

   2. Aproba-la 2ª avaliación implica automáticamente recupera-

       la 2ª (que quedará aprobada con 5 a efectos da media).

   3. Aproba-la 3ª avaliación implica automáticamente recupera-

       la 1ª e 2ª (que quedarán aprobadas con 5 a efectos da

       media).

   4. No caso de que un/unha alumno/a aprobe a 3ª avaliación,

       tendo suspensa as anteriores ou algunha delas, e a

       aplicación da fórmula xeral dea unha cualificación inferior á

       da 3ª avaliación, neste caso a cualificación final poderá ser

       a da 3ª avaliación, sempre e cando a actitude e traballo

       durante o curso sexan os axeitados.

   5. Para poder aproba-lo curso é preciso supera-las probas de

       control das lecturas obrigadas.

ADDENDA: para evita-las desgraciadamente habituais faltas de

asistencia masivas nos días anteriores ó remate de cada

avaliación,   este   departamento     dispón   que    toda   falta   non

xustificada expresamente polos titores legais do/a alumno/a

durante as últimas dúas semanas de cada avaliación poderá

conlevar que non se lle permita ó/á alumno/a a realización dos


                            26
exames de avaliación, e no caso de que a ausencia se producise con

        posterioridade á devandita proba, que se lle suspenda a avaliación

        independientemente da cualificación obtida.

  3. AVALIACIÓN       DOS   PROCESOS      DE   ENSINO      E   PRÁCTICA

     DOCENTE.

     Para poder facer un seguemento e avaliación tanto dos procesos de

     ensino como da práctica docente do profesor, establécense os

     siguintes procedementos:

     1. En cada avaliación hanse adicar total ou parcialmente polo menos

        dúas sesións de clase para comentar cos/as alumnos/as a marcha

        do curso; aspectos relativos á práctica docente do profesor,

        problemas que lles xurdan cos distintos contidos da asignatura,

        etc. O obxectivo é manter unha comunicación directa cos/as

        alumnos/as para poder reflexionar sobre a marcha da asignatura

        e, sobre todo, sobre a metodoloxía empregada.

     2. Ó remate de cada avaliación, na acta de departamento, hase

        recoller unha reflexión sobre estes aspectos. Nesta reflexión

        terase en conta expresa e especialmente os comentarios dos/as

        alumnos/as.

     3. Ó remate do curso o profesor pasará aos alumnos/as algún tipo de

        cuestionario para poder avalia-los procesos de ensino e a práctica

        docente.

8. MATERIAL E RECURSOS DIDÁCTICOS.

  2. Material obrigado:

     1. Libro de texto: Latín 2.º de Bachillerato, Proyecto Exedra, de

        Oxford EDUCACIÓN.


                                 27
2. Dicionario: Diccionario ilustrado vox latino-español, español-latino.

           3. Lecturas: (para ve-las edicións recomendadas vid. páxina web)

               1. OVIDIO (ÉPICA):

                  1. Apolo e Dafne (Metamorfoses 1.452-567)

                  2. Píramo e Tisbe (Metamorfoses 4.55-166)

                  3. Orfeo e Eurídice (Metamorfoses 10.1-71)

               2. CATULO (LÍRICA): Poemas número 51, 2, 86, 87, 109, 5, 7, 3,

                  85, 70, 8 e 11.

               3. TITO LIVIO (HISTORIOGRAFÍA): A traxedia de Lucrecia

                  (Historia de Roma dende a súa fundación 1.56.4-60).

               4. TÁCITO (ORATORIA): Discursos de Calgaco e Agrícola

                  (Agricola, 30-32 e 33-34)

               5. PLAUTO (TEATRO): Anfitrión.

           4. Outros:

               1. Conta de correo electrónico.

               2. Conta en Slideshare.



   9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

            Este departamento ten previsto desenvolve-las seguintes actividades

extraescolares cos/as alumnos/as de Latín de 2º de bacharelato:

   1. 2ª Avaliación: Festival Grecolatino de teatro de Lugo.

Esta     planificación   poderá     ser   modificada   en   función   de   distintas

circunstancias, tanto de dispoñibilidade de días como do comportamento e

rendemento académico dos/as alumnos/as.



   10.         ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.


                                           28
O tratamento da diversidade en Bacharelato ven dado pola mesma

      natureza e organización desta etapa, na que os/as alumnos/as optaron

      por unha das modalidades, e, dentro de cada modalidade, escolleron

      entre varias materias optativas. Polo tanto, non pode te-la mesma

      consideración ca nas etapas educativas obrigadas.

      En calquera caso, a atención á diversidade realizarase dentro da aula de

      acordo coa realidade concreta dos/as alumnos/as que constitúen o

      grupo; en función disto seleccionaranse e distribuirán os contidos e

      actividades na forma que resulte máis conveniente.



   11. SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.

      Para segui-lo axeitado desenvolvemento da programación durante        o

      curso, polo menos unha vez ó mes hase recoller expresamente no libro

      de actas do departamento unha valoración acerca do desenvolvemento

      da programación. Nesta valoración hase indicar se a programación se

      está a desenvolver segundo estaba previsto ou non. En caso de non ser

      así, hanse indicar expresamente as razóns e hanse propo-las medidas

      correctoras oportunas.




En Castro de Rei (Lugo) a 25 de setembro de 2009.



                               Asdo.: Lorenzo Fraga Montero
                               (Xefe de Departamento de Cultura Clásica)




                                      29

Mais conteúdo relacionado

Destaque (7)

Hana Chalupská: Brno - Město neveřejné
Hana Chalupská: Brno - Město neveřejnéHana Chalupská: Brno - Město neveřejné
Hana Chalupská: Brno - Město neveřejné
 
Peter Bročka: Lepšia Trnava
Peter Bročka: Lepšia TrnavaPeter Bročka: Lepšia Trnava
Peter Bročka: Lepšia Trnava
 
Andrej Bednárik: Keď vrch neustupuje spodku - Čo možno robiť s nelegálnymi st...
Andrej Bednárik: Keď vrch neustupuje spodku - Čo možno robiť s nelegálnymi st...Andrej Bednárik: Keď vrch neustupuje spodku - Čo možno robiť s nelegálnymi st...
Andrej Bednárik: Keď vrch neustupuje spodku - Čo možno robiť s nelegálnymi st...
 
Prof. Jiřina Jílková: Koordinace nástrojů ochrany klimatu a ovzduší
Prof. Jiřina Jílková: Koordinace nástrojů ochrany klimatu a ovzdušíProf. Jiřina Jílková: Koordinace nástrojů ochrany klimatu a ovzduší
Prof. Jiřina Jílková: Koordinace nástrojů ochrany klimatu a ovzduší
 
Natália Blahová: Naše Mesto
Natália Blahová: Naše MestoNatália Blahová: Naše Mesto
Natália Blahová: Naše Mesto
 
Aida Ciro a Elvan Dajko: Co-Plan
Aida Ciro a Elvan Dajko: Co-PlanAida Ciro a Elvan Dajko: Co-Plan
Aida Ciro a Elvan Dajko: Co-Plan
 
OZ Za! Amfiteáter
OZ Za! AmfiteáterOZ Za! Amfiteáter
OZ Za! Amfiteáter
 

Semelhante a PROGRAMACIÓN LATÍN II

Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásicaxoserivas
 
Síntese da programación( 3º ESO) LOE
Síntese da programación( 3º ESO) LOESíntese da programación( 3º ESO) LOE
Síntese da programación( 3º ESO) LOEIsabel Bsoto
 
Evaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizajeEvaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizajeasblas
 
XesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro RuibalXesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro Ruibalequipobiblio
 
Sociolingüística 2
Sociolingüística 2Sociolingüística 2
Sociolingüística 2IreneSeara
 
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiroIsabel Bsoto
 
Programación Historia da Filosofía
Programación Historia da FilosofíaProgramación Historia da Filosofía
Programación Historia da FilosofíaEva Garea
 
Di Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 FilDi Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 FilLuz Zas
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22Luz Zas
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22Luz Zas
 
Programación xeografía españa 2014 2015
Programación xeografía españa 2014 2015Programación xeografía españa 2014 2015
Programación xeografía españa 2014 2015Agrela Elvixeo
 
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdfLOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdfMoniVL1
 
Neotrobadorismo
NeotrobadorismoNeotrobadorismo
NeotrobadorismoAnaMGC
 
Neotrobadorismo
NeotrobadorismoNeotrobadorismo
NeotrobadorismoAnaMGC
 
Itinerarios e optatividade na ESO
Itinerarios e optatividade na ESOItinerarios e optatividade na ESO
Itinerarios e optatividade na ESOCPR Colegio Labor
 
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdfPROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdfpapoularosa
 
Cultura clasica
Cultura clasicaCultura clasica
Cultura clasicanereha
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAEncarna Lago
 

Semelhante a PROGRAMACIÓN LATÍN II (20)

Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásica
 
Síntese da programación 1º ESO
Síntese da programación 1º ESOSíntese da programación 1º ESO
Síntese da programación 1º ESO
 
Síntese da programación( 3º ESO) LOE
Síntese da programación( 3º ESO) LOESíntese da programación( 3º ESO) LOE
Síntese da programación( 3º ESO) LOE
 
Programación 2011 12
Programación 2011 12Programación 2011 12
Programación 2011 12
 
Evaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizajeEvaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizaje
 
XesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro RuibalXesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro Ruibal
 
Sociolingüística 2
Sociolingüística 2Sociolingüística 2
Sociolingüística 2
 
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
4º eso ( pdc ) contidos do curso. ies maría sarmiento.viveiro
 
Programación Historia da Filosofía
Programación Historia da FilosofíaProgramación Historia da Filosofía
Programación Historia da Filosofía
 
Di Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 FilDi Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 Fil
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22
 
Programación xeografía españa 2014 2015
Programación xeografía españa 2014 2015Programación xeografía españa 2014 2015
Programación xeografía españa 2014 2015
 
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdfLOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
 
Neotrobadorismo
NeotrobadorismoNeotrobadorismo
Neotrobadorismo
 
Neotrobadorismo
NeotrobadorismoNeotrobadorismo
Neotrobadorismo
 
Itinerarios e optatividade na ESO
Itinerarios e optatividade na ESOItinerarios e optatividade na ESO
Itinerarios e optatividade na ESO
 
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdfPROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
 
Cultura clasica
Cultura clasicaCultura clasica
Cultura clasica
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
 

Mais de IES Armando Cotarelo Valledor, Vilagarcía de Arousa, Galicia, España

Mais de IES Armando Cotarelo Valledor, Vilagarcía de Arousa, Galicia, España (20)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Imagines sessionis VII Circuli Latini Gallaeci
Imagines sessionis VII Circuli Latini GallaeciImagines sessionis VII Circuli Latini Gallaeci
Imagines sessionis VII Circuli Latini Gallaeci
 
IMAGINES LVSTRATIONIS LVCENSIS A CIRCVLI LATINI DVCTAE
IMAGINES LVSTRATIONIS LVCENSIS A CIRCVLI LATINI DVCTAEIMAGINES LVSTRATIONIS LVCENSIS A CIRCVLI LATINI DVCTAE
IMAGINES LVSTRATIONIS LVCENSIS A CIRCVLI LATINI DVCTAE
 
Imagenes sessionis VI Circuli Latini Gallaeci
Imagenes sessionis VI Circuli Latini GallaeciImagenes sessionis VI Circuli Latini Gallaeci
Imagenes sessionis VI Circuli Latini Gallaeci
 
Rupprecht Gymnasium München Visita de Observación
Rupprecht Gymnasium München Visita de ObservaciónRupprecht Gymnasium München Visita de Observación
Rupprecht Gymnasium München Visita de Observación
 
IMAGINES SESSIONIS IV a.d. XIV kal. Februarias
IMAGINES SESSIONIS IV a.d. XIV kal. FebruariasIMAGINES SESSIONIS IV a.d. XIV kal. Februarias
IMAGINES SESSIONIS IV a.d. XIV kal. Februarias
 
Unha estadía en imaxes. A profesora Bianka Färber no IES Cotarelo.
Unha estadía en imaxes. A profesora Bianka Färber no IES Cotarelo.Unha estadía en imaxes. A profesora Bianka Färber no IES Cotarelo.
Unha estadía en imaxes. A profesora Bianka Färber no IES Cotarelo.
 
SESSIO ADITIALIS IN IMAGINIBVS.pptx
SESSIO ADITIALIS IN IMAGINIBVS.pptxSESSIO ADITIALIS IN IMAGINIBVS.pptx
SESSIO ADITIALIS IN IMAGINIBVS.pptx
 
SESSIO ADITIALIS CIRCVLI LATINI GALLAECI.pptx
SESSIO ADITIALIS CIRCVLI LATINI GALLAECI.pptxSESSIO ADITIALIS CIRCVLI LATINI GALLAECI.pptx
SESSIO ADITIALIS CIRCVLI LATINI GALLAECI.pptx
 
Unha estadía en imaxes
Unha estadía en imaxesUnha estadía en imaxes
Unha estadía en imaxes
 
PROGRAMA DE LITERATURA LATINA
PROGRAMA DE LITERATURA LATINAPROGRAMA DE LITERATURA LATINA
PROGRAMA DE LITERATURA LATINA
 
Ce 09-04-2018
Ce 09-04-2018Ce 09-04-2018
Ce 09-04-2018
 
Ccp 21 03-2018
Ccp 21 03-2018Ccp 21 03-2018
Ccp 21 03-2018
 
Presentacion proba ccl
Presentacion proba cclPresentacion proba ccl
Presentacion proba ccl
 
Cmap 03
Cmap 03 Cmap 03
Cmap 03
 
Cmap 03 jorge
Cmap 03 jorgeCmap 03 jorge
Cmap 03 jorge
 
A LÍRICA GREGA
A LÍRICA GREGAA LÍRICA GREGA
A LÍRICA GREGA
 
Enquisa Cultura Clásica 2010-11
Enquisa Cultura Clásica 2010-11Enquisa Cultura Clásica 2010-11
Enquisa Cultura Clásica 2010-11
 
Enquisa de Latín I, curso 2010-11
Enquisa de Latín I, curso 2010-11Enquisa de Latín I, curso 2010-11
Enquisa de Latín I, curso 2010-11
 
ENQUISA DE LATÍN II CURSO 2010-2011
ENQUISA DE LATÍN II CURSO 2010-2011ENQUISA DE LATÍN II CURSO 2010-2011
ENQUISA DE LATÍN II CURSO 2010-2011
 

Último

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

PROGRAMACIÓN LATÍN II

  • 1. PROGRAMACIÓN DE LATÍN II 2º DE BACHARELATO DEPARTAMENTO DE CULTURA CLÁSICA I.E.S. DA TERRA CHÁ CASTRO DE REI LUGO CURSO 2008-2009 © Lorenzo Fraga Montero
  • 2. ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN 1. CONTEXTUALIZACIÓN 2. MARCO LEXISLATIVO. 2. OBXECTIVOS. 3. CONTIDOS. 4. EIXES TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO. 5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS. 6. METODOLOXÍA. 7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 2. MÉTODO DE AVALIACIÓN 3. AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE ENSINO E PRÁCTICA DOCENTE 8. MATERIAL E RECURSOS DIDÁCTICOS. VIII. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. IX. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. X. SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. 2
  • 3. 1. INTRODUCIÓN 1. CONTEXTUALIZACIÓN A programación da asignatura de Latín II forma parte do Proxecto Curricular de Centro do I.E.S. da Terra Chá de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Esta asignatura forma parte do Bacharelato na súa modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, impartíndose no segundo curso. O grupo de Latín II está formado por 3 alumnas e 1 alumno. 2. MARCO LEXISLATIVO O marco lexislativo desta programación está conformado polas seguintes normas: 1. Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (B.O.E. de 4 de maio de 2006) 2. Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008) 3. Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de xuño de 2008) 2. OBXECTIVOS Os obxectivos establecidos para a asignatura de Latín (I e II) no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008) son: 3
  • 4. 1. Iniciarse na lectura, interpretación e tradución de textos de dificultade progresiva, utilizando, para este fin, o coñecemento dos elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da lingua latina. 2. Reflexionar sobre os elementos substanciais que conforman as linguas e recoñecer compoñentes significativos da flexión nominal, pronominal e verbal latina nas linguas modernas derivadas do latín ou influídas por el. 3. Achegarse a textos latinos diversos, orixinais, adaptados e traducidos, mediante unha lectura comprensiva e distinguir as súas características esenciais e o xénero literario ao que pertencen. 4. Recoñecer elementos da lingua latina que evolucionaron ou que permanecen nas nosas linguas e aprecialos como clave para a súa interpretación. 5. Buscar información sobre aspectos relevantes da civilización romana, indagando en documentos e en fontes variadas, analizalos criticamente e constatar a súa presenza ao longo da historia. 6. Identificar e valorar as principais achegas da civilización romana no noso contorno e apreciar a lingua latina como instrumento transmisor de cultura. 7. Valorar a contribución do mundo romano na súa calidade de sistema integrador de diferentes correntes de pensamento e actitudes (éticas e estéticas) que conforman o ámbito cultural europeo. 3. CONTIDOS 4
  • 5. O anexo I do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008), estrutura os contidos da asignatura de Latín II en 5 bloques: 1. Contidos comúns. ▪ Interpretación crítica de textos. A tradución como técnica. A exactitude na expresión lingüística. ▪ Valoración do estilo dun texto en función das peculiaridades do autor e das peculiaridades do texto e do contexto. ▪ A literatura latina e os xéneros literarios. Influencia da literatura latina na literatura posterior. As raíces romanas de Galicia. 2. A lingua latina. ▪ Revisión da flexión nominal e pronominal. Formas menos usuais e irregulares. ▪ Revisión da flexión verbal regular. Verbos irregulares e defectivos. Formas nominais do verbo. ▪ Afondamento no estudo da sintaxe casual. ▪ A oración composta. A subordinación: substantiva, adxectiva e adverbial; uso das partículas subordinantes máis frecuentes. Construcións de participio e de infinitivo. 3. Os textos latinos e a súa interpretación. 5
  • 6. Afondamento na lectura comprensiva e tradución de textos latinos achegándose ao seu contexto social, cultural e histórico. ▪ Lectura e comentario de obras e fragmentos latinos traducidos relacionados cos diversos xéneros literarios asimilando as súas características formais. 4. O léxico latino e a súa evolución. ▪ Aprendizaxe de vocabulario. ▪ Formación de palabras latinas. Composición e derivación. Compoñentes etimolóxicos no léxico das linguas romances. ▪ Vocabulario específico de orixe grecolatina usual nas disciplinas que se estudan no bacharelato. ▪ Expresións latinas incorporadas á linguaxe culta. ▪ Uso correcto do dicionario. 5. Roma e o seu legado. ▪ Transmisión da literatura clásica. ▪ Os xéneros literarios latinos e a súa influencia nas manifestacións posteriores artísticas e literarias con especial referencia á cultura galega. ▪ A romanización da Gallaecia. Vestixios en xacementos arqueolóxicos e museos. 4. EIXES TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO 6
  • 7. 1. A dimensión histórica do coñecemento, o contexto no que se producen os avances e o papel desenvolvido por quen os fixeron posibles. Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos, porque en todos eles hai que facer alusión á evolución no estudo dos diversos ámbitos tratados (lingüística, historia, literatura, etc.), a relevancia do contexto histórico e a importancia dos individuos ou colectivos que os fixeron posibles. 2. A visión interdisciplinar do coñecemento, salientando as conexións entre diferentes materias e a aportación de cada unha á comprensión global dos fenómenos estudados. Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos, pois en todos eles é preciso facer referencia a outros ámbitos de coñecemento, insistindo no carácter interdisciplinar deste. 3. A aplicación do aprendido ás situacións da vida cotiá, favorecendo as actividades que capaciten para o coñecemento e análise do medio que nos circunda e das variadas actividades humanas e modos de vida. Este contido transversal é especialmente relevante no bloque de contidos relativos a Roma e o seu legado. As experiencias en tódolos ámbitos da vida humana da sociedade grega (institucións, vida cotiá, estruturación da sociedade, problemas, etc.) son en moitos casos comúns ou presentan importantes similitudes con situacións actuais. É importante que as alumnas aprecien esta semellanza e poidan realizar análises e tirar conclusións a partir da comparación. 7
  • 8. 4. O aproveitamento das diversas fontes de información, cultura, ocio e estudo presentes na sociedade do coñecemento. Este contido transversal abórdase indistintamente en tódolos bloques temáticos, tanto a través de referencias para que as alumnas poidan amplia-los seus coñecementos (por exemplo, a través do cine) como a través do uso de materiais desta natureza na explicación (por exemplo, a través do uso de presentacións). 5. A toma de conciencia sobre temas e problemas que afectan a tódalas persoas no mundo globalizado, entre os que se considerarán a saúde, a pobreza no mundo, o esgotamento dos recursos naturais, a superpoboación, a contaminación, o quecemento da Terra, a violencia, o racismo, a emigración e a desigualdade entre as persoas, pobos e nacións. Estes contidos transversais abordaranse especialmente a partir das reflexións que xurdan a partir dos textos traballados en clase e, tamén, ó tratar algúns aspectos concretos da historia e a sociedade romana. 6. A análise das formas de exclusión social que dificultan a igualdade dos seres humanos, con especial referencia á desigualdade das mulleres. Este contido transversal hase tratar especialmente ó estuda-la sociedade romana, con especial referencia á situación dos escravos e da muller. Hase tratar, sobre todo, de que as alumnas aprecien a importante evolución e progreso que aportan as sociedades 8
  • 9. occidentais nestes campos, en comparación, especialmente, con outras sociedades contemporáneas. 7. A adopción dunha perspectiva que permita aprecia-la contribución das diferentes sociedades, civilizacións e culturas ó desenvolvemento da humanidade, e adquiri-la visión continua e global do desenvolvemento histórico, especialmente referida ós últimos séculos, posibilitando así unha interpretación obxectiva do devir da humanidade. Este contido transversal trátase ó considera-las importantes aportacións do mundo romano en tódolos campos da evolución da humanidade. É importante que as alumnas entendan que a nosa sociedade actual non sería posible tal e como a coñecemos sen o mundo grego. 8. A análise e a valoración das contribucións máis salientables para o progreso humano nos campos da saúde, o benestar, as comunicacións, a difusión do coñecemento, as formas de goberno e as maneiras de satisface-las necesidades humanas básicas. Hábitos como o do baño e a hixiene persoal, a xeralización de bibliotecas e escolas, así como as distintas formas de goberno existentes durante a historia de Roma son aspectos que permiten abordar este contido transversal nesta asignatura. 9. O coñecemento dos procedementos e dos temas científicos actuais e das controversias que suscitan, así como a adquisición de actitudes de curiosidade, antidogmatismo e tolerancia e a conciencia da necesidad de camiñar cara a sostibilidade do planeta. 9
  • 10. Este contido transversal hase abordar especialmente nos bloques temáticos 2º e 3º, especialmente co gallo da análise sintáctica, que se utilizará para mostrar ás alumnas un ámbito de coñecemento en formación e que presenta nas súas formulacións disparidade, disparidade que debe ser admitida sempre que se fundamente adecuadamente. 10. O desenvolvemento dos compoñentes saudables na vida cotiá e a adopción de actitudes críticas ante as prácticas que inciden negativamente na mesma, para contribuir ó afianzamento da personalidade e autonomía do alumnado. Este contido transversal hase abordar especialmente ó considera-los hábitos hixiénicos e alimenticios da Roma clásica, considerando que prácticas eran beneficiosas y cales non. 11. O afondamento conceptual nas bases que constitúen a sociedade democrática, analizando as súas orixes durante a historia, a súa evolución nas sociedades modernas e o fundamento racional e filosófico dos dereitos humanos. Este contido transversal hase abordar amplamente ó considera-las formas de goberno de Roma. É importante establecer paralelos entre as distintas formas de goberno da Roma clásica e os modelos actuais, facendo especial fincapé nos valores democráticos e igualitarios. É, ademais, moito importante incidir no concepto de dereitos humanos como aqueles dereitos propios de todo ser humano polo feito de o ser, en especial contraposición á práctica común no mundo antigo da escravitude. 10
  • 11. 12. O desenvolvemento da capacidade comunicativa e discursiva en diferentes ámbitos, tanto en castelán e galego como nunha lingua estranxeira, que permita consolida-las aprendizaxes realizadas polo alumnado nas etapas educativas anteriores e contribuir á súa formación integral a través do respeto, o interese e a comunicación con outros falantes, desenvolvendo unha conciencia intercultural como vehículo para a comprensión dos problemas do mundo globalizado. En tódolos bloques temáticos hase traballar este contido transversal. É fundamental que o alumnado sexa quen de se expresar, non só con corrección, se non tamén con propiedade á hora de trata-los distintos contidos da asignatura. É por iso que tanto o traballo en expresión oral como escrita sexa parte fundamental desta materia. 13. O fomento da actividade investigadora na aula como fonte de coñecemento, co gallo de harmonizar e conxuga-las aprendizaxes teóricas coas de carácter empírica e práctica. Este contido transversal é obxecto de especial atención, en tanto que as alumnas terán que elaborar traballos persoais nos que, ademais de acceder a e procesar información, terán que pór en práctica conceptos e contidos aprendidos na aula. 5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS. Os contidos desta programación estructúranse en catro bloques temáticos cunha secuenciación independente e cun tratamento simultáneo durante as tres avaliacións do curso. 11
  • 12. 1. Apartado de lingua latina: 1.1. 1ª Evaluación: a) U.D. 33: • Repaso 1º Bacharelato: • Morfoloxía1: • Flexión nominal (sustantivos e adxectivos). • Flexión pronominal (ego, tu, nos, uos, hic, iste, ille, is, qui, alter, uter, uterque, unus, duo, tres). • Flexión verbal (modo indicativo en voz activa e pasiva das cinco conxugacións regulares, verbo sum, possum, uolo, nolo, eo, participio de presente e infinitivo de presente activo). • Sintaxe2: • Sintaxe básica de casos: • Acusativo de dirección sen preposición. • Acusativo de extensión no tempo e no espacio. • Xenitivo-locativo • Dativo posesivo. • Ablativo-locativo. • Ablativo de limitación (nomine) • Complementos réxime. • Rección preposicional. 1 Estes contidos danse por sabidos, procedéndose a un exame dos mesmos a segunda ou terceira semana do curso. 2 Estes contidos danse por sabidos, pero serán obxecto de comentario incidental cando xurdan a propósito de novos contidos sintácticos ou na tradución de textos. 12
  • 13. Formas non persoais do verbo: • Infinitivo. • Participio concertado (participio de presente). • Oracións interrogativas. • Oracións subordinadas: • Adxectivas: • Oracións de relativo con indicativo. • O relativo coma adxectivo (atracción do relativo). • Sustantivas: • Oracións completivas de infinitivo: • Sen suxeito propio: constituo, uolo, etc. • Con suxeito propio: iubeo. • Adverbiais: • Temporais con cum e ubi. • Causais con quod (pregunta cur). b) U.D.34: • O modo subxuntivo. • Oracións subordinadas finais. c) U.D.35. • Estilo indirecto: ordes. • O pluscuamperfecto de subxuntivo. • Formas pasivas do subxuntivo. d) U.D.36. • Verbos depoñentes. • O infinitivo de presente pasivo. • Os imperativos na voz pasiva. 13
  • 14. e) U.D.37: O ablativo absoluto. f) U.D.38: O participio de futuro activo. g) U.D.39: • Estilo indirecto: formulación de preguntas. • O pretérito perfecto de subxuntivo. h) U.D.40: • Máis usos do caso ablativo. • Verbos semidepoñentes. i) U.D.41: Estilo indirecto: oracións subordinadas de infinitivo. j) U.D. 43: Oracións subordinadas consecutivas. k) U.D. 44: Oracións subordinadas condicionais. l) U.D. 45: Valores do subxuntivo. m)U.D. 47: • Valores da conxunción cum. • Valores da conxunción dum. • O relativo de enlace ou demostrativo. n) U.D. 48: Oracións subordinadas sustantivas de temor. o) U.D. 49: • Verbos impersoais. • Verbos intransitivos en pasiva. p) U.D. 50: o xerundio. q) U.D. 51: o xerundivo. r) U.D. 52: xerundivos de obriga. s) U.D. 53: • O dativo predicativo. • Oracións subordinadas de relativo con subxuntivo. 14
  • 15. t) U.D. 54: • Valores de ut: resumo. 2. Apartado dos textos latinos e a súa interpretación. 2.1. 1ª Avaliación. a) Introdución ó emprego do dicionario. b) Tradución de textos orixinais e adaptados. • Adaptacións: • Textos propostos no libro de texto. • Orixinais e adaptados: • Eutropio 2.2. 2ª Avaliación. a) Tradución de textos orixinales e adaptados. • Adaptacións: • Textos propostos no libro de texto. • Textos orixinais e adaptados: • Eutropio • Fedro 2.3. 3ª Avaliación. a) Tradución de textos orixinais e adaptados. • Fedro 3. Apartado de léxico latino e a súa evolución. 3.1. 1ª Avaliación. 15
  • 16. a) Introdución ó concepto de gramática histórica. b) Concepto de palabras patrimoniais, cultas e semicultismos. c) Explicación de regras de gramática histórica que explican a evolución do latín ó galego / castelán e outras linguas romances (especialmente peninsulares). d) Topónimos galegos. e) Latinismos máis frecuentes. 3.2. 2ª Avaliación. a) Explicación de regras de evolución do latín o galego / castelán. b) Topónimos galegos. c) Latinismos máis frecuentes. 3.3. 3ª Avaliación. a) Topónimos galegos. b) Latinismos máis frecuentes. 4. Apartado de Roma e o seu legado. Advertencia: as obras de lectura son as establecidas para a PAAU de Latín de Galicia do ano 2009. Esta listaxe, pois, pode sufrir modificacións segundo o que se estableza para a PAAU do ano 2010. 4.1. Literatura: a) 1ª Avaliación. • A épica. • Lectura obrigada: Metamorfoses 1.452-567; 4.55-166; 10.1-71. 16
  • 17. A lírica. • Lectura obrigada: poemas de Catulo número 51, 2, 86, 87, 109, 5, 7, 3, 85, 70, 8, 11. b) 2ª Avaliación. • Historiografía. • Lectura obrigada: Dende a fundación da cidade 1.56.4-60. • O teatro: Plauto. • Lectura obrigada: Anfitrión (¿?)3 • A oratoria. • Lectura obrigada: Discursos de Calgaco e Agrícola (Tácito, Agricola, 30-32 e 33-34). 4.2. A romanización: a) Hispania. b) Gallaecia. 6. METODOLOXÍA ➢ Lingua latina.  Para a explicación dos contidos deste apartado hase tomar como punto de partida o libro de texto e a proposta metodolóxica da editorial Oxford educación.  Presentación intuitiva dos novos contidos a través das viñetas que abren cada unha das unidades didácticas.  Explicación teórica dos contidos.  Realización dos exercicios e textos que parezan convenientes dos propostos no libro. 3 Tamén é posible sustituí-la lectura desta obra polo visionado da película Golfus de Roma. 17
  • 18. Interpretación dos textos.  Para a explicación dos contidos deste apartado hase tomar como punto de partida a tradución e corrección de textos en clase. Dende o primeiro día, os/as alumnos/as deberán traducir textos na casa que posteriormente serán corrixidos e comentados na aula. Os textos hanse escoller de modo que a dificultade sexa progresiva.  Metodoloxía para a tradución e corrección de textos.  Introdución contextualizadora do texto. O texto, ou conxunto de textos, irán precedidos dunha presentación que servirá para lle dar ó/á alumno/a o contexto no que se ha de entende-lo texto (autor, época, xénero, outros aspectos relevantes). Aínda que este departamento quere que os/as alumnos/as entren en contacto o antes posible cos textos orixinais, enténdese, sen embargo, que os niveis de coñecemento actuais de latín non son os axeitados para a utilización desta metodoloxía sen máis; aproveitando, xa que logo, a experiencia do curso 2006-07, proponse o seguinte: • todo texto latino para traballar na aula pode constar de ata tres versións: • 1ª versión simplificada en latín. O obxectivo deste texto é permitir ó/á alumno/a un achegamento ó contido do texto a través dun latín “sinxelo” y “asequible”. Así se consegue que dende o primeiro momento o/a alumno/a aborde o texto 18
  • 19. latino dende o latín. É probable que esta versión se utilice especialmente nos primeiros textos. • 2ª versión no latín orixinal pero con modificacións na orde de palabras. En moitos casos a dificultade que desconcerta ó principiante non é tanto o vocabulario coma a orde da prosa e, especialmente, do verso latinos. É por iso que unha vez que se entendeu o contido do texto, parece conveniente aborda-lo texto pero nunha orde que poida permitir ó/á alumno/a a comprensión e a identificación das unidades de significado e das construcións morfolóxico-sintácticas. Esta versión é obrigada naqueles textos que presentan unha orde especialmente dificultosa para o alumnado, como é o caso dos textos en verso. • 3ª versión: versión orixinal. O/a alumno/a pode, agora si, aborda-lo texto latino orixinal apreciando as diferencias formais entre a tradución romance e o texto latino orixinal. Esta versión é, por suposto, sempre obrigada e debe ser sobre a que se fagan os comentarios. • A metodoloxía que se vai utilizar na aula parte do comentario selectivo de todos aqueles aspectos do texto que parezan relevantes: • Achegamento ó contido do texto. • Achegamento á forma. • Explicación morfolóxico-sintáctica do texto. • Outros aspectos relevantes (figuras estilísticas, métrica, rasgos de autor, etc.). 19
  • 20. Durante este curso hase facer un esforzo moi importante para achegar ós/ás alumnos/as ós recursos que para a tradución e estudo dos textos latinos están dispoñibles na internet. ➢ Léxico e a súa evolución.  Léxico. Para facilita-lo coñecemento e recordo de vocabulario básico e de construcións morfosintácticas moito habituais, habemos recorrer ó exercicio de relectio, no que os/as alumnos/as deberán traducir dun modo libre pero conservando o sentido, sen axuda do dicionario, aqueles textos que se traballaran na aula.  Obxectivos do exercicio de relectio: • memorización de novo léxico. • recoñecemiento de construcións sintácticas habituais.  Evolución do léxico do latín ó galego / castelán e outros romances peninsulares. Para o desenvolvemento deste apartado hase dotar ós/ás alumnos/as do material teórico axeitado e dos exercicios correspondentes, para que poidan coñece-las regras máis importantes que explican a evolución do latín ó galego / castelán. Ademais, hase estudar neste apartado os latinismos máis frecuentes nas nosas linguas. Partindo da listaxe proposta pola comisión da PAAU, os/as alumnos/as hanse encargar de atopa-lo significado e o contexto de uso máis axeitado. Isto hase facer mediante traballos que se han concretar na programación de aula. O mesmo acontece co 20
  • 21. estudo da toponimia galega, que partirá da listaxe proposta pola comisión da PAAU. ➢ Literatura latina. A metodoloxía que se utilizará para a explicación do núcleo temático A Literatura Latina combinará, por unha banda, a explicación en clase y, por outra, o traballo persoal do alumnado. A unha breve introducción de cada un dos xéneros na aula e esquematización dos seus aspectos máis importantes, seguirá o traballo persoal sobre o material proposto, que consistirá na lectura, suliñado y resumo dos aspectos máis relevantes de cada un dos xéneros, a partir do material proporcionado polo profesor. Cada alumno/a entregará na data prevista a tal efecto un resumo persoal de cada un dos xéneros literarios tratados, que o profesor corrixirá e devolverá. Trala corrección de tódolos resumos hase facer unha posta en común na que o profesor aclarará aqueles aspectos que quedaran pouco claros ou que os/as alumnos/as pasaran por alto. Dentro deste núcleo temático cabe a posibilidade (en función da madurez do grupo e a dispoñibilidade de tempo) da realización de traballos dirixidos, persoais ou en grupos, sobre algún xénero literario ou algún aspecto relevante dalgún deles, con especial valoración dos recursos das novas tecnoloxías que se utilicen. 7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 21
  • 22. Os criterios de avaliación recollidos no Anexo I do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia son: 1. Ser capaz de comprender e traducir de forma coherente textos latinos pertencentes a diversos xéneros literarios. Con este criterio preténdese comprobar o progreso na práctica da tradución, así como a capacidade de lectura comprensiva adquirida polo alumnado. Na tradución procurarase combinar a fidelidade coa corrección no estilo, facendo un adecuado uso do dicionario. 2. Recoñecer en textos latinos orixinais os elementos básicos da morfoloxía regular e da sintaxe da oración, en función da comprensión do texto latino, apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas, especialmente co galego e co castelán. Este criterio trata de comprobar o coñecemento e emprego da lingua latina por parte do alumnado, completando o nivel adquirido no curso anterior mediante o estudo das irregularidades morfolóxicas de maior frecuencia e dos procedementos máis habituais de subordinación propios da lingua latina. O alumnado debe manifestar o seu avance neste nivel facendo análises morfosintácticas de textos orixinais de dificultade progresiva e recoñecendo as variantes e coincidencias respecto doutras linguas por el coñecidas. 3. Comparar o léxico latino co das outras linguas de uso do alumnado, identificando os seus compoñentes e deducindo o seu significado etimolóxico. 22
  • 23. Este criterio trata de avaliar se o alumnado domina os procedementos de derivación e composición na formación do léxico latino e se é consciente de que eses derivados pasaron como tales á lingua que utiliza. Así mesmo, trátase de comprobar se reflexionou sobre os procedementos de derivación e composición, no que xogan un papel preponderante os afixos de orixe grecolatina. 4. Realizar comentarios de textos traducidos, analizar as estruturas e trazos literarios deles e recoñecer o papel da literatura clásica nas literaturas occidentais. Con este criterio preténdese comprobar a identificación dos elementos esenciais dun texto literario, formais e de contido, e se se recoñecen os diversos xéneros polos seus trazos diferenciadores. O comentario versará sobre textos con sentido completo de diversos xéneros literarios e a súa comparación con textos da literatura posterior, especialmente a escrita en galego e castelán nos que sobrevivan trazos, temas ou tópicos da literatura latina. 5. Planificar e realizar traballos monográficos empregando fontes de diversos tipos (restos arqueolóxicos, inscricións, índices, léxicos, traballos específicos, etc.) e utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación como ferramenta de organización e comunicación dos resultados. Este criterio trata de constatar a capacidade creativa do alumnado na planificación, procura, recompilación e sistematización da información, así como o grao de corrección na 23
  • 24. expresión oral ou escrita. O alumnado, guiado polo profesorado, planificará a actividade, organizará a información, contrastaraa e intentará formular hipóteses, elaborando o seu traballo mediante o uso das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas fundamentais en todo o proceso e como soporte para a exposición das súas conclusións. Neste sentido, recoméndase o uso de páxinas web, blogs, páxinas colaborativas, enciclopedias e dicionarios en liña, programas de presentacións e outras ferramentas da internet. 6. Ler obras da literatura latina traducidas. Con este criterio preténdese que o alumnado capte a mensaxe contida na obra, as claves do xénero e o seu contexto histórico. Pode tratarse de obras completas, traducidas ou adaptadas ao nivel de bacharelato, ou ben de antoloxías dunha única ou varias autorías ou que se articulen ao redor de temas concretos. O que se busca fundamentalmente é potenciar o hábito de lectura con textos atractivos para o alumnado. 2. MÉTODO DE AVALIACIÓN. 1. Avaliación inicial. Este departamento ha levar a cabo unha avaliación inicial do seguinte modo: 1. os/as alumnos/as cubrirán unha ficha con datos relativos ás cualificacións obtidas no curso anterio ou asignaturas pendentes. 2. mediante unha proba escrita sobre contidos morfolóxicos e sintácticos. Nesta proba hase tratar de valora-lo coñecemento 24
  • 25. que de conceptos de morfoloxía e sintaxe xeral ten o alumnado. 3. mediante unha proba escrita sobre contidos de historia e legado. Con esta proba preténdese valorar o grao de coñecemento que o alumnado ten sobre a historia de Grecia en xeral e sobre a súa vinculación con España e, en particular, con Galicia. 4. mediante a conversa os primeiros días de clase. 2. AVALIACIÓNS ORDINARIAS. A cualificación de cada avaliación determinarse do seguinte xeito: ((cualificación 1º exame) + (cualificación 2º exame x 2))/3. Hai que aclarar que: 1. cada exame consta de tres partes: 1. 1ª parte: morfología e cuestións teóricas de sintaxe (aporta o 30% da cualificación; para facer media é preciso obter polo menos 4/10). 2. 2ª parte: relectio (non aporta cualificación, pero é preciso obter polo menos 5/10 para aproba-la avaliación). 3. 3ª parte: tradución de texto non visto na aula coa axuda do dicionario. Esta proba presentarase seguindo o modelo das probas de latín da PAAU, con exclusión dos apartados de literatura latina e cuestións do mundo clásico, que han ser avaliados por outra vía. Aporta o 70% da cualificación e para facer media é preciso obter polo menos 4/10). 2. a materia da relectio e da parte de morfoloxía non se libera. 3. CUALIFICACIÓN FINAL. 25
  • 26. A cualificación final establecerase aplicando a seguinte fórmula: ((cualificación 1ª aval.) + (cualificación 2ª aval. x 2) + (cualificación 3ª aval. x 3)) / 6 = X. Ó 85 % de X háselle engadi-lo 15% de Y, respectivamente, sendo Y a cualificación media de tódalas probas de literatura realizadas durante o curso. IMPORTANTE. 1. Non hai recuperacións das probas teóricas de literatura. 2. Aproba-la 2ª avaliación implica automáticamente recupera- la 2ª (que quedará aprobada con 5 a efectos da media). 3. Aproba-la 3ª avaliación implica automáticamente recupera- la 1ª e 2ª (que quedarán aprobadas con 5 a efectos da media). 4. No caso de que un/unha alumno/a aprobe a 3ª avaliación, tendo suspensa as anteriores ou algunha delas, e a aplicación da fórmula xeral dea unha cualificación inferior á da 3ª avaliación, neste caso a cualificación final poderá ser a da 3ª avaliación, sempre e cando a actitude e traballo durante o curso sexan os axeitados. 5. Para poder aproba-lo curso é preciso supera-las probas de control das lecturas obrigadas. ADDENDA: para evita-las desgraciadamente habituais faltas de asistencia masivas nos días anteriores ó remate de cada avaliación, este departamento dispón que toda falta non xustificada expresamente polos titores legais do/a alumno/a durante as últimas dúas semanas de cada avaliación poderá conlevar que non se lle permita ó/á alumno/a a realización dos 26
  • 27. exames de avaliación, e no caso de que a ausencia se producise con posterioridade á devandita proba, que se lle suspenda a avaliación independientemente da cualificación obtida. 3. AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE ENSINO E PRÁCTICA DOCENTE. Para poder facer un seguemento e avaliación tanto dos procesos de ensino como da práctica docente do profesor, establécense os siguintes procedementos: 1. En cada avaliación hanse adicar total ou parcialmente polo menos dúas sesións de clase para comentar cos/as alumnos/as a marcha do curso; aspectos relativos á práctica docente do profesor, problemas que lles xurdan cos distintos contidos da asignatura, etc. O obxectivo é manter unha comunicación directa cos/as alumnos/as para poder reflexionar sobre a marcha da asignatura e, sobre todo, sobre a metodoloxía empregada. 2. Ó remate de cada avaliación, na acta de departamento, hase recoller unha reflexión sobre estes aspectos. Nesta reflexión terase en conta expresa e especialmente os comentarios dos/as alumnos/as. 3. Ó remate do curso o profesor pasará aos alumnos/as algún tipo de cuestionario para poder avalia-los procesos de ensino e a práctica docente. 8. MATERIAL E RECURSOS DIDÁCTICOS. 2. Material obrigado: 1. Libro de texto: Latín 2.º de Bachillerato, Proyecto Exedra, de Oxford EDUCACIÓN. 27
  • 28. 2. Dicionario: Diccionario ilustrado vox latino-español, español-latino. 3. Lecturas: (para ve-las edicións recomendadas vid. páxina web) 1. OVIDIO (ÉPICA): 1. Apolo e Dafne (Metamorfoses 1.452-567) 2. Píramo e Tisbe (Metamorfoses 4.55-166) 3. Orfeo e Eurídice (Metamorfoses 10.1-71) 2. CATULO (LÍRICA): Poemas número 51, 2, 86, 87, 109, 5, 7, 3, 85, 70, 8 e 11. 3. TITO LIVIO (HISTORIOGRAFÍA): A traxedia de Lucrecia (Historia de Roma dende a súa fundación 1.56.4-60). 4. TÁCITO (ORATORIA): Discursos de Calgaco e Agrícola (Agricola, 30-32 e 33-34) 5. PLAUTO (TEATRO): Anfitrión. 4. Outros: 1. Conta de correo electrónico. 2. Conta en Slideshare. 9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. Este departamento ten previsto desenvolve-las seguintes actividades extraescolares cos/as alumnos/as de Latín de 2º de bacharelato: 1. 2ª Avaliación: Festival Grecolatino de teatro de Lugo. Esta planificación poderá ser modificada en función de distintas circunstancias, tanto de dispoñibilidade de días como do comportamento e rendemento académico dos/as alumnos/as. 10. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. 28
  • 29. O tratamento da diversidade en Bacharelato ven dado pola mesma natureza e organización desta etapa, na que os/as alumnos/as optaron por unha das modalidades, e, dentro de cada modalidade, escolleron entre varias materias optativas. Polo tanto, non pode te-la mesma consideración ca nas etapas educativas obrigadas. En calquera caso, a atención á diversidade realizarase dentro da aula de acordo coa realidade concreta dos/as alumnos/as que constitúen o grupo; en función disto seleccionaranse e distribuirán os contidos e actividades na forma que resulte máis conveniente. 11. SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. Para segui-lo axeitado desenvolvemento da programación durante o curso, polo menos unha vez ó mes hase recoller expresamente no libro de actas do departamento unha valoración acerca do desenvolvemento da programación. Nesta valoración hase indicar se a programación se está a desenvolver segundo estaba previsto ou non. En caso de non ser así, hanse indicar expresamente as razóns e hanse propo-las medidas correctoras oportunas. En Castro de Rei (Lugo) a 25 de setembro de 2009. Asdo.: Lorenzo Fraga Montero (Xefe de Departamento de Cultura Clásica) 29