Mais conteúdo relacionado
Semelhante a Guía de lectura; Eutropius I (18)
Mais de IES Armando Cotarelo Valledor, Vilagarcía de Arousa, Galicia, España (20)
Guía de lectura; Eutropius I
- 1. GUÍA DE LECTURA E CUESTIONARIO DO BREVIARIVM EVTROPII
➢ LIBRO I
INTRODUCIÓN
Período temporal: 753-391 a.C.
Períodos historia de Roma:
• Monarquía (753-510 a.C.):
• Reis Latino-Sabinos (753-616 a.C.)
• monarquía electiva, non por herdanza
• Reis Etruscos (616-510 a.C.)
República (510-391 a.C.)
Lendas:
• Lenda fundacional.
• Rapto das sabinas: explica a importante presenza de elementos
sabinos na poboación orixinaria de Roma.
• Lenda de Lucrecia: explica o paso da monarquía á república.
• Lenda de Virxinia: explica a restauración dos cónsules coma primeira
maxistratura de Roma.
Institucións e maxistraturas:
• Rei
• Senado
• Cónsules
• Ditador e Xefe da Cabaleiría
• Tribuno da Plebe
CONTIDO:
I.1-5: Reis latino-sabinos (753-616 a.C.)
I.6-8: Reis etruscos (616-510 a.C.)
I.9: Inicio da República (510 a.C.)
I.10-11: Intentos Tarquinio por recupera-lo trono (510-502 a.C.)
CUESTIONARIO:
I.1-2: Rómulo. Fundación de Roma.
• Cal é o ano da fundación mítica de Roma?
• Cal é a causa do rapto das mulleres sabinas?
• Que explica a lenda do rapto das sabinas? (non está expresamente
no texto)
• Cal é a orixe do senado?
I.3: Numa Pompilio. Rei de orixe sabina.
• Que é o salientable do reinado deste rei?
I.4: Tulo Hostilio. Amplía o territorio de Roma.
I.5: Anco Marcio.
© Lorenzo Fraga Montero
- 2. GUÍA DE LECTURA E CUESTIONARIO DO BREVIARIVM EVTROPII
• Que cidade importante fundou na desembocadura do Tíber? (non
está expresamente no texto)
I.6: Tarquinio o Vello (Prisco). Primeiro rei etrusco. (616-578 a.C.).
• Que edificios ou áreas da cidade de Roma constrúense ou inician a
súa construción?
I.7: Servio Tulio (578-534 a.C.).
• Servio Tulio foi o primer gobernante romano en ordenar que?
I.8: Lucio Tarquinio o Soberbio (534-510 a.C.).
• Segundo a tradición romana, cal é a causa da súa deposición coma
rei de Roma?
• Quen, segundo a tradición, é o promotor e líder da revolta?
I.9: Inicio da República (509 a.C.). Cambio da estrutura de poder, no
canto dun rei aparecen dous cónsules.
• Cales son as dúas características que salienta Eutropio da
maxistratura do consulado?
• Que se busca con elas?
I.10-11: Intentos de Tarquinio por recupera-lo trono de Roma (510-502
a.C.)
• Aceptou Tarquinio sen máis a perda do trono de Roma?
• Quen prestou apoio a Tarquinio?
I.12: Novo intento de recupera-lo trono de Roma, polo xenro de Tarquinio
(501 a.C.). Creación da maxistratura de Dictador (e o seu segundo, o Xefe
de Cabaleiría).
• Que maxistratura é creada neste ano (501 a.C.)?
• Que característica salientable ten fronte ó consulado?
I.13: Revolta da plebe (“sececión”) e creación dos Tribunos da Plebe (494
a.C.).
• Que maxistratura creouse neste ano (494 a.C.)?
• Cal é a función destes novos maxistrados?
I.14-15 (493-492 a.C.). Toma da cidade de Coriolos. Expulsión de Quinto
Marcio Coriolano. Coriolano lidera un exército contra Roma.
• Quen consegue que Coriolano non conquiste Roma co seu exército?
• Que é o que salienta Eutropio de Coriolano?
• Le un pouco máis sobre a lenda do rapto das sabinas (Tito Livio
I.13), e di en que se parece esta lenda a de Coriolano.
I.16 (479 a.C.): guerra da gens Fabia contra a cidade etrusca de Veies.
• Cal é a consideración que lle merecen a Eutropio os Fabios?
I.17 (478 a.C.): Lucio Quincio Cincinato.
• Que está a facer Cincinato cando é nomeado dictador?
I.18 (451 a.C.): Sustitución dos cónsules por un “comité” de dez homes
© Lorenzo Fraga Montero
- 3. GUÍA DE LECTURA E CUESTIONARIO DO BREVIARIVM EVTROPII
(decénviros).
• Quen sustitúe ós cónsules no ano 451 a.C.?
• A que outra lenda recórdache a de Virxinia?
• Como reacciona ó pai de Virxinia ante o acontecido?
• Fai unha breve consideración sobre o que supón para a muller a
violación na Roma antiga, e as súas repercusións. Pon en relación
isto coa situación da muller hoxe e no pasado máis recente na nosa
sociedade.
I.19 (438 a.C.): loitas de Roma contra os veciños.
I.20 (418/5-390/87): Furio Camilo é a figura unificadora da narración.
Loita contra os etruscos (Veies); é expulsado por ser acusado de non
repartir adecuadamente o botín (véxase I.15 expulsión de Q. Marcio
Coriolano); volve para liberar Roma.
• Que pobo causa ós romanos unha das derrotas militares máis
importantes da súa historia?
© Lorenzo Fraga Montero