SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 37
Adiviñas CELIA  DÍAZ
Onte ovo, hoxe capuchiño; mañá voarei coma un paxariño.
Moitas monxiñas no seu convento; visitan flores e fan doce dentro.
Cucurrico non ten ollos, nin cu, nin bico. E os fillos de Cucurrico teñen ollos,  cu  e bico.
A miña amiga e mais eu andamos a un compás, coas pernas para adiante e os ollos para atrás.
Alto me vexo no meu capelexo; por unha risada perdín a miña anada.
Alta me vexo no meu lugarexo; Mouros vexo vir e non lles podo fuxir.
Levo a casa ao lombo, ando sen ter unha pata; vou marcando o pasiño deixando un camiño de prata.
Un pratiño de abelás, que acordan pola noite e déitanse pola mañá.
Unha saba branca sen algodón que cobre a terra toda e o río non.
Alto Pepiño redondo molete, que chova, que neve, que non se derrete.
Eu son o amo que manda aquí, teño unha crencha de cor rubí, e o neno guapo esperto así: Qui qui riqui qui!
Vive na montaña, dúas sílabas ten e polos dous lados o mesmo se le.
Verde coma o mato e mato non é; fala coa xente e xente non é. Que cousa  cousiña é ?
Adiviña, adiviña, cal é o bicho pequeño sen óso nin espiña?
Voarei onde me mandes, sexa onde sexa irei, aínda que non teña ás, aínda que non teña pés.
A pesar de ter patas non me podo mover; teño ás costas a comida e non a podo comer.
Cen damas mouras van polo camiño, nin erguen po nin fan bulicio ata deixar a carga do trigo.
Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores.
Fume e ruído produce ao subir, cortando o aire, pero aínda fai máis barullo ao final da súa viaxe.
Anda de burato en burato coas tripas de arrastro. .
Entre trinta e dúas pezas brancas está unha moura encantada; que chova, que vaia sol, ela sempre está mollada.
Eran sete  irmáns , moraban sós nunha rúa; cando un erraba a casa todos erraban a súa.
Son moi bonito por diante e moi feo por atrás; cambio a cada intre e arremedo aos demais.
Campo branco, flores negras, un arado e cinco eguas.
Catro monxas  nun convento onde non entra nin luz nin vento.                                 
Que é, que é? Unha cousiña marela Sen porta nin xanela?
Por sombreiro ten un sombreiro verde, saia amarela que está baixo a terra. Que dona é ela?
Desde Santiago á Coruña sen moverse alá chegou; se choveu, mollouse abondo, se non, enxoito quedou.
Camiño branco, verde pradeira, casa encarnada e veciñas negras.
Igrexiña pequeniña, sacristán rebulidor. Os santiños que están dentro sonche da mesma color. Nunha estancia abobedada onde o eco se recrea, un batallón de soldados repartidos en dúas reas. Non son máis fortes os machos, que son máis fortes as femias, e, unha muller, entre eles, por faladora, está presa. Entre  tellas e tellados, hai unha dama encantada. Que chova, que faga sol, sempre a dama está mollada. Entre moitas pedras brancas, hai unha moura encantada. Que chova, que faga sol, sempre a dama está mollada. Igrexiña pequeniña, abade revolvedor, e todos os seus fregueses Sentadiños arredor. ( Xulio Cobas , Adiviñas para xogar)
As nosas adiviñas Creamos, inventamos, poñemos  a proba a nosa imaxinación...
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
Un xigante con tres ollos cada un da súa cor, ábreos e péchaos lixeiro e axuda ao condutor. Un xigante con tres ollos, que sen cesar se iluminan; e os que van pasar a rúa, todos, todiños o miran. Un xigante con tres ollos, Ben espetado no chan que sempre os vai chiscando aos que veñen e aos que van.
1) Sempre está chiscando os ollos, cando  a rúa vou cruzar... 2) Sempre está chiscando os ollos, cando a rúa vou cruzar. Porque el é o meu amigo e axúdame a pasar.
1)  Unha árbore sen follas... 2) Unha árbore sen follas, de luces iluminada... 3) Unha árbore sen follas, de luces iluminada, que a todos nos axuda para cruzar a calzada.
E agora ti...

Mais conteúdo relacionado

Mais de Celia Díaz (13)

VELAÍ VAI O PAPAVENTOS - guía de lectura
VELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lecturaVELAÍ VAI O PAPAVENTOS -  guía de lectura
VELAÍ VAI O PAPAVENTOS - guía de lectura
 
Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--
 
Estrutura e formación de palabras (tema 3)
Estrutura e formación de palabras (tema 3)Estrutura e formación de palabras (tema 3)
Estrutura e formación de palabras (tema 3)
 
Valentín paz andrade
Valentín paz andradeValentín paz andrade
Valentín paz andrade
 
I concurso de comic
I concurso de comicI concurso de comic
I concurso de comic
 
Desvíos léxicos
Desvíos léxicosDesvíos léxicos
Desvíos léxicos
 
Semántica
SemánticaSemántica
Semántica
 
Variedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galegoVariedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galego
 
L E C T U R A A S I E T E P R E G U N T A S E N T O R N O A L A L E C ...
L E C T U R A A  S I E T E  P R E G U N T A S  E N  T O R N O  A  L A  L E C ...L E C T U R A A  S I E T E  P R E G U N T A S  E N  T O R N O  A  L A  L E C ...
L E C T U R A A S I E T E P R E G U N T A S E N T O R N O A L A L E C ...
 
Lectura Siete Preguntas En Torno A La Lectura
Lectura Siete Preguntas En Torno A La LecturaLectura Siete Preguntas En Torno A La Lectura
Lectura Siete Preguntas En Torno A La Lectura
 
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
 
Ourense Termal En Imaxes
Ourense Termal En ImaxesOurense Termal En Imaxes
Ourense Termal En Imaxes
 
Ourense Termal En Imaxes
Ourense Termal En ImaxesOurense Termal En Imaxes
Ourense Termal En Imaxes
 

A D I V I N H A S

  • 2. Onte ovo, hoxe capuchiño; mañá voarei coma un paxariño.
  • 3. Moitas monxiñas no seu convento; visitan flores e fan doce dentro.
  • 4. Cucurrico non ten ollos, nin cu, nin bico. E os fillos de Cucurrico teñen ollos, cu e bico.
  • 5. A miña amiga e mais eu andamos a un compás, coas pernas para adiante e os ollos para atrás.
  • 6. Alto me vexo no meu capelexo; por unha risada perdín a miña anada.
  • 7. Alta me vexo no meu lugarexo; Mouros vexo vir e non lles podo fuxir.
  • 8. Levo a casa ao lombo, ando sen ter unha pata; vou marcando o pasiño deixando un camiño de prata.
  • 9. Un pratiño de abelás, que acordan pola noite e déitanse pola mañá.
  • 10. Unha saba branca sen algodón que cobre a terra toda e o río non.
  • 11. Alto Pepiño redondo molete, que chova, que neve, que non se derrete.
  • 12. Eu son o amo que manda aquí, teño unha crencha de cor rubí, e o neno guapo esperto así: Qui qui riqui qui!
  • 13. Vive na montaña, dúas sílabas ten e polos dous lados o mesmo se le.
  • 14. Verde coma o mato e mato non é; fala coa xente e xente non é. Que cousa cousiña é ?
  • 15. Adiviña, adiviña, cal é o bicho pequeño sen óso nin espiña?
  • 16. Voarei onde me mandes, sexa onde sexa irei, aínda que non teña ás, aínda que non teña pés.
  • 17. A pesar de ter patas non me podo mover; teño ás costas a comida e non a podo comer.
  • 18. Cen damas mouras van polo camiño, nin erguen po nin fan bulicio ata deixar a carga do trigo.
  • 19. Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores.
  • 20. Fume e ruído produce ao subir, cortando o aire, pero aínda fai máis barullo ao final da súa viaxe.
  • 21. Anda de burato en burato coas tripas de arrastro. .
  • 22. Entre trinta e dúas pezas brancas está unha moura encantada; que chova, que vaia sol, ela sempre está mollada.
  • 23. Eran sete irmáns , moraban sós nunha rúa; cando un erraba a casa todos erraban a súa.
  • 24. Son moi bonito por diante e moi feo por atrás; cambio a cada intre e arremedo aos demais.
  • 25. Campo branco, flores negras, un arado e cinco eguas.
  • 26. Catro monxas nun convento onde non entra nin luz nin vento.                                 
  • 27. Que é, que é? Unha cousiña marela Sen porta nin xanela?
  • 28. Por sombreiro ten un sombreiro verde, saia amarela que está baixo a terra. Que dona é ela?
  • 29. Desde Santiago á Coruña sen moverse alá chegou; se choveu, mollouse abondo, se non, enxoito quedou.
  • 30. Camiño branco, verde pradeira, casa encarnada e veciñas negras.
  • 31. Igrexiña pequeniña, sacristán rebulidor. Os santiños que están dentro sonche da mesma color. Nunha estancia abobedada onde o eco se recrea, un batallón de soldados repartidos en dúas reas. Non son máis fortes os machos, que son máis fortes as femias, e, unha muller, entre eles, por faladora, está presa. Entre tellas e tellados, hai unha dama encantada. Que chova, que faga sol, sempre a dama está mollada. Entre moitas pedras brancas, hai unha moura encantada. Que chova, que faga sol, sempre a dama está mollada. Igrexiña pequeniña, abade revolvedor, e todos os seus fregueses Sentadiños arredor. ( Xulio Cobas , Adiviñas para xogar)
  • 32. As nosas adiviñas Creamos, inventamos, poñemos a proba a nosa imaxinación...
  • 33.
  • 34. Un xigante con tres ollos cada un da súa cor, ábreos e péchaos lixeiro e axuda ao condutor. Un xigante con tres ollos, que sen cesar se iluminan; e os que van pasar a rúa, todos, todiños o miran. Un xigante con tres ollos, Ben espetado no chan que sempre os vai chiscando aos que veñen e aos que van.
  • 35. 1) Sempre está chiscando os ollos, cando a rúa vou cruzar... 2) Sempre está chiscando os ollos, cando a rúa vou cruzar. Porque el é o meu amigo e axúdame a pasar.
  • 36. 1) Unha árbore sen follas... 2) Unha árbore sen follas, de luces iluminada... 3) Unha árbore sen follas, de luces iluminada, que a todos nos axuda para cruzar a calzada.