1. Sergio Falagán Carballo, Laura Muñoz Campos, Estela Pena Míguez e
Andrés Pérez Comesaña, de 13 anos de idade e estudantes do
Colexio Salesianos Mª Auxiliadora de Vigo con domicilio nesta vila,
nas rúas Serafín Avendaño, Puerto Rico, Taboada Leal e Alexandre
Bóveda respectivamente.
EXPOÑEN :
1º Que están a participar no proxecto interdisciplinar de galego e
cidadanía que se está a impartir nas aulas de 2º da E.S.O.
2º Que ambas as dúas profesoras destas materias, Susana Piñeiro e
Ángeles Cardeñoso exixen que unha das partes deste proxecto sexa
concienciar as persoas receptoras do noso proxecto sobre o noso
tema que, no noso caso é a violencia de xénero.
Por todo o anterior, SOLICITAN :
Que lles sexa concedido o permiso para poder repartir nas súas
clases un folleto informativo da súa campaña para colgar nas
carteleiras. O folleto entregaríaselle aos vocais de cultura e eles
serían os encargados de colgalo nas carteleiras.
Vigo, 24 de Maio de 2013
Asdo.: Sergio Falagán Carballo, Laura Muñoz Campos, Estela Pena
Míguez e Andrés Pérez Comesaña
Titorías de E.S.O e Bacharelato.