2. A VIVENDA POPULAR EN GALICIA
É de planta redonda e
herdeira dos antigos
castros. O teito é de palla
ou colmo, e as paredes
de pedra, cáseque sen
fiestras. Consérvanse
boas mostras nas
montañas do Cebreiro e
nos Ancares. Nelas
viviron os seus
moradores até a década
de 1960, compartindo a
súa estancia interior co
gando vacún, que
proporcionaba calor nos
duros invernos.
3. A VIVENDA POPULAR EN GALICIA
Consiste nun conxunto de construcións
adxectivas nucleadas pola vivenda da familia á
que se superpoñen distintas dependencias:
alpendre, alboio ou pallete, cabazo, forno,
cortellos, etc., todas relacionadas coas
necesidades e traballos
4. A VIVENDA POPULAR EN GALICIA
É rectangular con
tellado de lousa a
catro augas. Con
dúas plantas: baixo,
onde atopamos a
cociña e a corte, e
primeiro andar, para
os cuartos. Non
adoita ter
edificacións
auxiliares arrimadas.
Destaca nela a
cantaría de portas,
ventás e esquinais.
5. A VIVENDA POPULAR EN GALICIA
Atópase nas serras
orientais e
sudorientais. É
cadrada, pequena,
con escasas e
angostas ventás e
teitos de colmo ou
lousa.
6. A VIVENDA POPULAR EN GALICIA
Ten dous ou tres andares,
ás veces con pincho ou
outón. Ás veces álzase
sobre soportais, baixo dos
cales se recollían
embarcacións e aparellos.
Nos seus balcóns corridos
de madeira, moitos deles
hoxe transformados en
galerías, deitábanse a
secar as redes.
7. A VIVENDA POPULAR EN GALICIA
Polo xeral son de planta rectangular á
que se engaden outros elementos
como capela, adega, cociñas,
A súa estrutura é de grosos muros de
fabrica, construídos con canterías de
granito.
Adoitan ser de dúas plantas: a inferior
destinada a almacéns, celeiros, cortes
e dependencias complementarias da
vida agrícola e gandeira, e a superior a
vivenda dos señores.
A cuberta é frecuentemente a catro
augas.
O conxunto está rodeado por unha
romántica vexetación, de abundante
hedra,
9. A VIVENDA POPULAR EN
CANTABRIA Son construcións de trazado rectangular e
formas simples desenvolvidas en dúas
plantas.
Na planta baixa están a cociña, as cortes a
adega e a despensa.
Na zona superior os cuartos.
No teito existe unha cámara ou faiado
Os muros son de pedra.
A casa ten poucos ocos para impedir o
paso do frío e a chuvia.
O edificio remata cunha cuberta a dúas
augas.
A solaina é un dos elementos máis
importantes e ten multiplicidade de usos,
sempre en relación coas necesidades dunha
forma de vida rural, agrícola e gandeira:
lugar agradable, a resgardo do vento, para
gozar do sol. deixar instrumentos de
labranza ou produtos do campo, tender a
roupa etc.
10. A VIVENDA POPULAR NO PAÍS
VASCO
O casarío é unha vivenda illada no
campo. Como consecuencia do clima e o
réxime de chuvias frecuentes, o casarío
concéntrase en planta rectangular, baixo unha
ampla cuberta a dúas augas, orientada ao
mediodía ou ao saínte.
Esta cuberta ten pouca pendente, pois as
nevaradas son escasas; en cambio,
considéranse funcionalmente imprescindibles os
grandes beirados nos tellados.
Empréganse os materiais da zona:
pedra, tixolo, tella, madeira, ferro,…
Normalmente consta de dous andares. No superior están os cuartos ou dormitorios e a sala, lugar de
respecto para os acontecementos familiares.
Na parte de abaixo, a cociña, a cuadra, faiados para gardar e almacenar produtos agrícolas,…
Ten unha porta na fachada sur. Alí hai un amplo oco cun dintel de madeira no que transcorre parte
da vida cotiá e onde se gardan os aparellos de labranza.
A construción é moi sólida a base de pedra e madeira. Na parte superior é característico as
estruturas de madeira vista, con elementos verticais, horizontais e ata curvos.
11. A VIVENDA POPULAR EN
CATALUÑA
A masía é a casa rural illada no campo
catalán. A planta é rectangular. Polo xeral
consta de dous andares e a fachada de
acceso está orientada ao Sur.
A cuberta é case sempre de dúas augas.
O material máis empregado na súa
construción é a pedra, tamén o adobe. As
pedras uníanse por lama, cemento ou cal.
Na parte de abaixo adoita haber un gran
soportal de entrada á cociña e ás
dependencias agrícolas.
Na planta superior están os cuartos e a sala
que como centro de respecto familiar ocupa
a parte central e dá á fachada principal.
Arriba na bufarda e no faiado gárdase a
colleita e almacénase o gran e a palla para o
gando cando non existen celeiros na planta
baixa.
12. A VIVENDA POPULAR EN
VALENCIA
O clima de Valencia e a fertilidade das súas terras
fai que se poidan recoller varias colleitas ao ano, cun
sistema de explotación moi intensivo que precisa da
máxima atención . Isto fai que o dono da horta constrúa a
vivenda ao pé da súa finca aproveitando os materiais que
lle brinda a natureza; cañas, barro, xunco e carrizos
Edificio de planta rectangular duns 9x5 m. con cuberta
triangular para desaugar as intensas choivas torrenciais
tan típicas da zona
Ten unha porta na fachada sur que dá acceso a un
amplo corredor que percorre toda a edificación ata a
fachada norte onde hai outra porta que permite a
circulación do aire.
Nun lado están os cuartos(normalmente tres) e noutro
a cociña, comedor e almacén. Á parte superior vaise por
unha escaleira de man e antigamente dedicábase a
cultivar o verme da seda.
Empréganse materiais da zona: barro, canas, xuncos
ou carrizos. Os muros son de tixolo e a cuberta de palla
ou canizo.
13. A VIVENDA POPULAR ANDALUZA
O cortixo andaluz é un conxunto de edificios, illados no campo e dedicados a unha explotación
agraria. Estes edificios están construídos arredor dun patio.
Ten moitas variantes dependendo da zona e tipo de explotación agrícola ou gandeira a que se
destine. A súa importancia é parella á extensión da propiedade.
En moitos casos ademais de vivenda destinada ao propietario, constrúense outras para
encargados, capataces, caseiros, gardas,…
O máis característico do cortixo é o seu patio,
cerrado no fronte por un grande portalón.
Ao redor do patio estaban as construcións
gandeiras e as de almacenaxe.
Era costume que estiveran cubertos de parras,
que tiveran varias dependencias con muíños de
aceite, adegas, silos,… se a finca é de toros
bravos tamén pode haber un tentadoiro.
A eira é un elemento que tamén forma parte
dos cortixos aínda que poida estar a varios
metros da estancia principal.
14. A VIVENDA POPULAR LEVANTINA
Na rexión levantina, nas chairas
cultívanse hortas e laranxais que pola súa
ubicación en pequenas propiedades deron
orixe a vivendas illadas, coñecidas na
rexión por ALQUERÍAS.
A alquería é unha construción de un ou
dous andares cuberta a dúas augas.
Posúe unha entrada cuberta onde se
desenvolve a vida diaria.
Os muros son de tixolo do país ou adobe e
barro
15. A VIVENDA POPULAR DE TOLEDO
Chámanse cigarrales ás fincas señoriais
de recreo situadas na beira sur do río
Teixo ao seu paso pola cidade de Toledo.
Constan dunha construción principal
destinada a vivenda de recreo, e un
edificio secundario para os guardeses
(cigarraleros) que coidan da casa ao ser
segunda residencia e, o máis importante
e característico, o seu amplo terreo de
campo, que está limitado a un mínimo
de 7.000 m2, sendo o común ata metade
do século XX superficies arredor dos
20.000 m2.
16. AS VIVENDAS-COVAS
As covas en España atópanse
espalladas por todas aquelas áreas
xeográficas onde as temperaturas son
extremas, as precipitacións baixas e
os materiais sedimentarios que
posibilitan a escavación. A todo isto
teriamos que engadir a pobreza que
afectou a grandes sectores da
poboación española.
Os núcleos máis numerosos con
covas están en Granada e Murcia. Na
zona da meseta norte tamén hai covas
pero hoxe en día son empregadas
máis como adegas que como
vivendas