SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 4
O Paradoxo de Fermi

    O paradoxo de Fermi é a contradición entre as estimacións que afirman que hai unha
alta probabilidade de existencia de civilizacións intelixentes no universo e a ausencia de
evidencia de ditas civilizacións. Este paradoxo xurdiu en 1950 durante unha conversa
informal entre varios físicos compañeiros de laboratorio de Enrico Fermi, a pesar disto, tivo
importantes aplicacións nos proxectos de busca de sinais de civilizacións extraterrestres:
as SETI.

     O paradoxo trata de responder a pregunta: Somos os seres humanos a única
civilización avanzada no Universo? Fermi vai máis alá, cuestionándose: se as houbese,
onde están? Por que non encontramos trazas de vida extraterrestre intelixente?

    Fermi formulou o paradoxo na época na que traballaba no Proxecto Manhattan, polo
que a súa resposta ó paradoxo centrouse, dado o seu papel na creación da bomba
atómica, en que toda civilización intelixente e avanzada desenvolve coa súa tecnoloxía un
gran potencial de exterminación, como cría que estaba a ocorrer na súa época coa
creación de armas nucleares. Ó non atopar civilizacións extraterrestres implicaba un
“tráxico final” para a humanidade, igual que lle sucedera a outras civilizacións
extraterrestres. A esta conclusión adoitáselle chamar Principio de Fermi.

    Sesenta anos despois de que o físico italiano formulara o seu famoso paradoxo, a
humanidade segue preguntándose: Onde están? Por que non temos probas irrefutables da
existencia de civilizacións extraterrestres intelixentes? Non temos respostas empíricas a
estas preguntas, pero si un milleiro de especulacións e suposicións. A continuación
expoñerei brevemente algunhas delas, clasificadas en tres grandes grupos de optimismo
decrecente: existen, aínda non sabemos nada, e, non existen.

    Dentro do primeiro grupo está a primeira contestación que recibiu Fermi, procedente
de Leó Szilard, a pesares de que non parecía falar moi en serio; dixo que os
extraterrestres xa tiñan un nome: húngaros. Szilard falaba dos seus compañeiros de
Budapest, todos eles auténticos xenios nos seus respectivos campos e alcumados polos
seus compañeiros como “Os Marcianos”.

    Tamén temos outra resposta coa que o paradoxo queda resolto de inmediato, trátase
da suposición de que os famosos OVNIs están tripulados por seres extraterrestres. De ser
tan avanzados como para viaxar ata a Terra, serían capaces de permanecer sen ser
detectados, polo menos pola maioría dos habitantes do planeta, derivando nunha sen fin
de teorías de conspiracións.

   Quizás nos visitaran no pasado, deixando pistas da súa presenza no noso planeta, en
Marte ou en calquera outro planeta do Sistema Solar. Pode que neste pasado os humanos
non existiramos aínda, ou que existiramos pero que crésemos que os extraterrestres eran
deuses, monstros ou outros seres recollidos na mitoloxía.

   Outra opción é a teoría da panspermia, que afirma que a vida terrestre provén do
espazo, chegando á conclusión de que os extraterrestres somos nós.

    Nesta liña tamén temos a concepción da Terra como un zoolóxico preparado polos
extraterrestres como reserva onde a vida pode desenvolverse sen verse afectada polos
acontecementos do exterior. Unha variación do escenario do zoolóxico propón que a
Terra, baixo a esfera de influencia dunha civilización avanzada que non precisa dos nosos
recursos, non queira contaminarnos con influencias exteriores. Outra versión desta última
teoría é que a Terra es os seus inquilinos viven nunha especie de simulación virtual que
nos proporciona unha impresión artificial do Universo, inculcándonos así a ilusión de que
estamos sos no Universo afastándonos de influencias que alterasen a nosa liña evolutiva
natural.

    A última resposta nesta liña acércanos á teoloxía, comparando estas civilizacións máis
avanzadas con Deus, de tal modo que o noso Universo coas súas leis físicas e constantes
particulares, foi creado artificialmente nun laboratorio dentro doutro universo.

   Dentro da segunda liña de respostas temos que se están aí fóra e aínda non se
comunicaron con nós, como xustificalo? Que as estrelas se atopen a grandes distancias
podería impedir que os extraterrestres viñesen visitarnos aínda que quixesen.

     Supondo que posúen tecnoloxías máis alá de calquera cousa imaxinada para recorrer
tan vastas distancias, poderían estar xa de camiño, simplemente non lles tería dado tempo
de chegar ata nós. Tamén cabe a posibilidade de que a Terra quedase á marxe debido á
falla de atractivos para seres de naturezas descoñecidas. Pode que, por esta falla de
intereses para eles, non nos visiten eles senón as súas máquinas, ou pode que estas
civilizacións atopasen fontes de enerxía en ámbitos distintos do normal non tendo
necesidade de desprazarse a outros mundos.

    Quizais a culpa sexa nosa por non ter detectado civilizacións extraterrestres que
estivesen intentando comunicarse con nós. E se están empregando medios de
comunicación que sabemos utilizar, pero para os que descoñecemos a frecuencia exacta
na que transmiten? As buscas actuais de sinais de vida intelixente extra terrestre (SETI)
son case a cegas. Deberiamos saber cara onde mirar e orientar os nosos instrumentos, hai
milleiros de estrelas aí fóra e non estamos moi seguros de cales teñen maiores
probabilidades de posuír planetas habitados. Pode ser tamén, que xa recibamos o sinal
pero non sexamos capaces de separalo do ruído de fondo. Segundo estas suposicións o
éxito dependerá, probablemente, da nosa constancia.

    Pero, e se todos escoitan e ninguén transmite? Nós xa transmitimos no ano 1974
dende o telescopio de Arecibo, pero a nosa mensaxe pode ter pasado desapercibida ou
precisar millóns de anos para chegar a un destino indeterminado.

    Outra posible resposta ó paradoxo de Fermi é que as civilizacións extra terrestres non
queiran comunicarse con outros mundos, xa que a psicoloxía extra terrestre se nos
escapa; quizais teñan medo a ser colonizados por outras razas ou que, sendo tan
avanzados, non atopen interese en relacionarse con seres inferiores. Tampouco sabemos
se seríamos capaces de entendernos.

    Tal vez debamos formularnos se é posible converterse nunha civilización avanzada
sen autodestruírse no proceso; pode que todas as civilizacións avanzadas acabaran
desaparecendo destruídas polo deu propio potencial ou os seus efectos (guerra nuclear,
biolóxica, química, esgotamento dos recursos, causas naturais…)

    O seu entorno podería non ter propiciado o desenvolvemento das matemáticas ou da
astronomía, impedindo así que se pregunten se existen outros seres vivos no espazo.

   Pode que existan moitas civilizacións extraterrestres intelixentes pero ningunha no
noso horizonte visible, xa que a velocidade da luz é finita e o Universo “infinito”; aínda que
estivese cheo de vida, as civilizacións que estivesen demasiado lonxe estarían sempre
fora do noso alcance.

    Pode que existan pero non sexamos conscientes deles. A modo de exemplo, como
sucede entre formigas e humanos, somos conscientes delas, pero elas non o son de nós,
excepto que exista unha agresión directa que as fai sensibles a ela que será rexistrada
como un algo catastrófico da natureza que as rodea. As formigas viven ignorantes da
existencia humana e, a pesares de que temos poder de destruílas, isto non xera ningún
temor nelas porque “o humano” non existe.

    O último grupo de respostas, o máis pesimista e egocentrista de todos é o de que
estamos sos no Universo, porque os extraterrestres non existen. Fermi, cando formulou o
paradoxo pensaba en civilizacións extraterrestres intelixentes, non en vida máis ou menos
evolucionada. Nós cremos selo, a pesar de que aínda non fomos capaces de desenvolver
unha Teoría do Todo, pero quizais non sexa tan fácil que outras civilizacións intelixentes
aparezan no Universo. Para a nosa aparición tívose que dar un encadeamento de
circunstancias que fixo que unha especie de homínidos, en varias ocasións moi achegada
á extinción, acadase esta posición que agora ocupa o homo sapiens sapiens; podería este
proceso azaroso repetirse moitas outras veces? As cousas poderían ser diferentes e non
estaríamos aquí para formularnos esta dúbida: tocounos a lotería e somos os únicos seres
que tratan de obter a super-intelixencia? Supoñendo que este proceso de
desenvolvemento que converte a animais en seres intelixentes sexa moito máis factible do
que pensamos, debemos recoñecer que a vida tardou moito en aparecer dende o
nacemento do Universo e que a nosa podería ser a única civilización á que lle deu tempo
de acadar este grao de desenvolvemento. Se a vida tivo que esperar para reunir os seus
ingredientes, nós poderíamos ser os primeiros en gozar deste grao de evolución. A Terra
experimentou extincións masivas que poden volver a repetirse, acabando esta vez con
nós.

    Non só é complicado que se dean os acontecementos precisos para dar lugar a unha
especie intelixente, se non que a xénese da vida tamén é unha incógnita que dificulta
valorar como de abundante é no Universo. Os pesimistas opinarán que a súa aparición é
unha carambola cósmica de difícil repetición.

   Se por seres intelixentes entendemos seres capaces de construír ferramentas, o ser
humano conseguiuno “pronto” porque os seus antepasados vivían nas árbores e polo tanto
posuían extremidades adaptados a este entorno.

   Tamén cabe a posibilidade de que os extraterrestres se extinguiran antes de ser
conscientes da súa presenza no Universo.

      A nosa propia intelixencia é un parámetro cuestionable, xa que depende da nosa
enorme bagaxe cultural, produto de moitas xeracións de pensadores e inventores;
outorgando á linguaxe un papel central no desenvolvemento da nosa intelixencia, xa que
sen ela, unha civilización extraterrestre podería estar formada por seres conscientes da
súa existencia que non poderían compartir coñecementos e experiencias máis alá dos
máis elementais, impedindo unha revolución científica e a aparición dunha tecnoloxía que
permitise entrar en contacto con outros mundos. Son tantos os obstáculos no camiño cara
o desenrolo da ciencia, o único mecanismo que coñecemos para converternos nunha
civilización avanzada, que non é estraño que haxa tanta xente que opine que somos os
únicos seres intelixentes no Universo.
Hai quen pensa que o erro do paradoxo é asumir que unha civilización pode colonizar
o Universo a un ritmo exponencial, argumentando que o esgotamento dos recursos
imporía límites o desenrolo de calquera civilización. Existen afirmacións de que as
civilizacións que máis sobrevivisen serían aquelas máis sabias por saber administrar os
seus recursos dispoñendo de máis tempo, a diferenza dos humanos, consumistas por
acadar a sabedoría e o coñecemento nun curto prazo de tempo.

    Por último, temos a teoría da viaxe no tempo unida á da existencia de vida
extraterrestre, chegando a conclusión de que a vida intelixente interestelar proviría dunha
vida intelixente común que acadou a tecnoloxía e os coñecementos suficientes para
realizar viaxes no tempo, Segundo isto, é imposible a comunicación porque os
extraterrestre, tal vez humanos do futuro, aínda non existen.

     Persoalmente non dubido da existencia de vida no Universo, e creo que cometemos un
erro ó pensar que para a vida é precisa auga; igual que nós nos adaptamos a este planeta,
outras formas de vida puidéronse ter adaptado a outros ambientes. Respecto ás
civilizacións intelixentes, non creo que nos teñan visitado nun pasado, pero non sei moi
ben que pensar, porque hai moitos argumentos convincentes sobre respaldando a teoría
de que estamos sos, como civilización intelixente, no Universo.

     O paradoxo de Fermi segue retándonos debido á nosa ignorancia; o único claro polo
momento é que non somos capaces de probar, sen ningún tipo de dúbidas, que existen
civilizacións extra terrestres. Coa información que posuímos nestes intres, ben poderíamos
ser a única civilización intelixente da Galaxia, ata que un día se produza o primeiro e
verdadeiro contacto e todas as nosas especulacións non sirvan para nada: o Paradoxo de
Fermi deixaría de existir.

Mais conteúdo relacionado

Destaque (20)

OrganizaÃ2
OrganizaÃ2OrganizaÃ2
OrganizaÃ2
 
Organizaã2
Organizaã2Organizaã2
Organizaã2
 
4. ppp-salud dental
4. ppp-salud dental4. ppp-salud dental
4. ppp-salud dental
 
Catálogo Eventos Deportivos
Catálogo Eventos DeportivosCatálogo Eventos Deportivos
Catálogo Eventos Deportivos
 
Funciones en excel
Funciones en excelFunciones en excel
Funciones en excel
 
Fuentes de poder
Fuentes de poderFuentes de poder
Fuentes de poder
 
Insuficiencia cardiaca
Insuficiencia cardiacaInsuficiencia cardiaca
Insuficiencia cardiaca
 
Publicitat i juguetes
Publicitat i juguetesPublicitat i juguetes
Publicitat i juguetes
 
Puentes
PuentesPuentes
Puentes
 
La tierra
La tierraLa tierra
La tierra
 
Poetas Goianos Heytor
Poetas Goianos HeytorPoetas Goianos Heytor
Poetas Goianos Heytor
 
Protocolo I Taller Regional Sonsón
Protocolo I Taller Regional Sonsón Protocolo I Taller Regional Sonsón
Protocolo I Taller Regional Sonsón
 
Atividade de produção
Atividade de produçãoAtividade de produção
Atividade de produção
 
Renuevo La Idea De Mi EmPreSa
Renuevo La Idea De Mi EmPreSaRenuevo La Idea De Mi EmPreSa
Renuevo La Idea De Mi EmPreSa
 
Juan cruz 211240003 el_fenomeno de la comunicación
Juan cruz 211240003 el_fenomeno de la comunicaciónJuan cruz 211240003 el_fenomeno de la comunicación
Juan cruz 211240003 el_fenomeno de la comunicación
 
Loadps
LoadpsLoadps
Loadps
 
I Encotro Dinamizadores NTE - Goias
I Encotro Dinamizadores NTE - GoiasI Encotro Dinamizadores NTE - Goias
I Encotro Dinamizadores NTE - Goias
 
Asia
AsiaAsia
Asia
 
Microporosesadores
MicroporosesadoresMicroporosesadores
Microporosesadores
 
Exploremos herramientas de word
Exploremos herramientas de wordExploremos herramientas de word
Exploremos herramientas de word
 

Semelhante a O paradoxo de_fermi[1] (17)

Que saben de_ciencias_os_nosos_estudantes
Que saben de_ciencias_os_nosos_estudantesQue saben de_ciencias_os_nosos_estudantes
Que saben de_ciencias_os_nosos_estudantes
 
Incógnitas do universo
Incógnitas do universoIncógnitas do universo
Incógnitas do universo
 
Que cousas
Que cousasQue cousas
Que cousas
 
Ficha 2 fillos de áfrica
Ficha 2 fillos de áfricaFicha 2 fillos de áfrica
Ficha 2 fillos de áfrica
 
Dimensión natural do ser humano
Dimensión natural do ser humanoDimensión natural do ser humano
Dimensión natural do ser humano
 
Amalur
AmalurAmalur
Amalur
 
Fin Del Mundo 260309
Fin Del Mundo 260309Fin Del Mundo 260309
Fin Del Mundo 260309
 
Unidade 5 a evolución biolóxica
Unidade 5   a evolución biolóxicaUnidade 5   a evolución biolóxica
Unidade 5 a evolución biolóxica
 
La clave secreta del universo
La clave secreta del universoLa clave secreta del universo
La clave secreta del universo
 
A luz 1 O mundo de Sofía
A luz 1 O mundo de SofíaA luz 1 O mundo de Sofía
A luz 1 O mundo de Sofía
 
Tema 2 cmc
Tema 2 cmcTema 2 cmc
Tema 2 cmc
 
Preguntas cmc 1 c
Preguntas cmc 1 cPreguntas cmc 1 c
Preguntas cmc 1 c
 
Ficha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfricaFicha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfrica
 
Evolucion
EvolucionEvolucion
Evolucion
 
Que é a ciencia
Que é a ciencia Que é a ciencia
Que é a ciencia
 
Unid8 evolución2017
Unid8 evolución2017Unid8 evolución2017
Unid8 evolución2017
 
Guia da exposición filocomic
Guia da exposición filocomicGuia da exposición filocomic
Guia da exposición filocomic
 

Mais de irenegonzalez1bac10 (18)

O universoresumo.docx
O universoresumo.docxO universoresumo.docx
O universoresumo.docx
 
Cmc centrais nuclearesresumo.docx
Cmc centrais nuclearesresumo.docxCmc centrais nuclearesresumo.docx
Cmc centrais nuclearesresumo.docx
 
Exame 2
Exame 2Exame 2
Exame 2
 
Ventas
VentasVentas
Ventas
 
Quen se levou o meu queixo
Quen se levou o meu queixoQuen se levou o meu queixo
Quen se levou o meu queixo
 
Observacións
ObservaciónsObservacións
Observacións
 
O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
O xardineiro fiel
O xardineiro fielO xardineiro fiel
O xardineiro fiel
 
Inglaterra1643 1727aprox.
Inglaterra1643 1727aprox.Inglaterra1643 1727aprox.
Inglaterra1643 1727aprox.
 
Galego historia da lingua (ata o século vii).docx
Galego historia da lingua (ata o século vii).docxGalego historia da lingua (ata o século vii).docx
Galego historia da lingua (ata o século vii).docx
 
Cmc científicos século xx (resumo).docx
Cmc científicos século xx (resumo).docxCmc científicos século xx (resumo).docx
Cmc científicos século xx (resumo).docx
 
Cálculo do equivalente en auga do calorímetro.docx
Cálculo do equivalente en auga do calorímetro.docxCálculo do equivalente en auga do calorímetro.docx
Cálculo do equivalente en auga do calorímetro.docx
 
Bioloxía clasificación dos seres vivos.docx
Bioloxía clasificación dos seres vivos.docxBioloxía clasificación dos seres vivos.docx
Bioloxía clasificación dos seres vivos.docx
 
2ª aval. o universo
2ª aval. o universo2ª aval. o universo
2ª aval. o universo
 
Renacimiento
RenacimientoRenacimiento
Renacimiento
 
O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
O sistema solar (TIC)
O sistema solar (TIC)O sistema solar (TIC)
O sistema solar (TIC)
 

O paradoxo de_fermi[1]

  • 1. O Paradoxo de Fermi O paradoxo de Fermi é a contradición entre as estimacións que afirman que hai unha alta probabilidade de existencia de civilizacións intelixentes no universo e a ausencia de evidencia de ditas civilizacións. Este paradoxo xurdiu en 1950 durante unha conversa informal entre varios físicos compañeiros de laboratorio de Enrico Fermi, a pesar disto, tivo importantes aplicacións nos proxectos de busca de sinais de civilizacións extraterrestres: as SETI. O paradoxo trata de responder a pregunta: Somos os seres humanos a única civilización avanzada no Universo? Fermi vai máis alá, cuestionándose: se as houbese, onde están? Por que non encontramos trazas de vida extraterrestre intelixente? Fermi formulou o paradoxo na época na que traballaba no Proxecto Manhattan, polo que a súa resposta ó paradoxo centrouse, dado o seu papel na creación da bomba atómica, en que toda civilización intelixente e avanzada desenvolve coa súa tecnoloxía un gran potencial de exterminación, como cría que estaba a ocorrer na súa época coa creación de armas nucleares. Ó non atopar civilizacións extraterrestres implicaba un “tráxico final” para a humanidade, igual que lle sucedera a outras civilizacións extraterrestres. A esta conclusión adoitáselle chamar Principio de Fermi. Sesenta anos despois de que o físico italiano formulara o seu famoso paradoxo, a humanidade segue preguntándose: Onde están? Por que non temos probas irrefutables da existencia de civilizacións extraterrestres intelixentes? Non temos respostas empíricas a estas preguntas, pero si un milleiro de especulacións e suposicións. A continuación expoñerei brevemente algunhas delas, clasificadas en tres grandes grupos de optimismo decrecente: existen, aínda non sabemos nada, e, non existen. Dentro do primeiro grupo está a primeira contestación que recibiu Fermi, procedente de Leó Szilard, a pesares de que non parecía falar moi en serio; dixo que os extraterrestres xa tiñan un nome: húngaros. Szilard falaba dos seus compañeiros de Budapest, todos eles auténticos xenios nos seus respectivos campos e alcumados polos seus compañeiros como “Os Marcianos”. Tamén temos outra resposta coa que o paradoxo queda resolto de inmediato, trátase da suposición de que os famosos OVNIs están tripulados por seres extraterrestres. De ser tan avanzados como para viaxar ata a Terra, serían capaces de permanecer sen ser detectados, polo menos pola maioría dos habitantes do planeta, derivando nunha sen fin de teorías de conspiracións. Quizás nos visitaran no pasado, deixando pistas da súa presenza no noso planeta, en Marte ou en calquera outro planeta do Sistema Solar. Pode que neste pasado os humanos non existiramos aínda, ou que existiramos pero que crésemos que os extraterrestres eran deuses, monstros ou outros seres recollidos na mitoloxía. Outra opción é a teoría da panspermia, que afirma que a vida terrestre provén do espazo, chegando á conclusión de que os extraterrestres somos nós. Nesta liña tamén temos a concepción da Terra como un zoolóxico preparado polos extraterrestres como reserva onde a vida pode desenvolverse sen verse afectada polos acontecementos do exterior. Unha variación do escenario do zoolóxico propón que a Terra, baixo a esfera de influencia dunha civilización avanzada que non precisa dos nosos
  • 2. recursos, non queira contaminarnos con influencias exteriores. Outra versión desta última teoría é que a Terra es os seus inquilinos viven nunha especie de simulación virtual que nos proporciona unha impresión artificial do Universo, inculcándonos así a ilusión de que estamos sos no Universo afastándonos de influencias que alterasen a nosa liña evolutiva natural. A última resposta nesta liña acércanos á teoloxía, comparando estas civilizacións máis avanzadas con Deus, de tal modo que o noso Universo coas súas leis físicas e constantes particulares, foi creado artificialmente nun laboratorio dentro doutro universo. Dentro da segunda liña de respostas temos que se están aí fóra e aínda non se comunicaron con nós, como xustificalo? Que as estrelas se atopen a grandes distancias podería impedir que os extraterrestres viñesen visitarnos aínda que quixesen. Supondo que posúen tecnoloxías máis alá de calquera cousa imaxinada para recorrer tan vastas distancias, poderían estar xa de camiño, simplemente non lles tería dado tempo de chegar ata nós. Tamén cabe a posibilidade de que a Terra quedase á marxe debido á falla de atractivos para seres de naturezas descoñecidas. Pode que, por esta falla de intereses para eles, non nos visiten eles senón as súas máquinas, ou pode que estas civilizacións atopasen fontes de enerxía en ámbitos distintos do normal non tendo necesidade de desprazarse a outros mundos. Quizais a culpa sexa nosa por non ter detectado civilizacións extraterrestres que estivesen intentando comunicarse con nós. E se están empregando medios de comunicación que sabemos utilizar, pero para os que descoñecemos a frecuencia exacta na que transmiten? As buscas actuais de sinais de vida intelixente extra terrestre (SETI) son case a cegas. Deberiamos saber cara onde mirar e orientar os nosos instrumentos, hai milleiros de estrelas aí fóra e non estamos moi seguros de cales teñen maiores probabilidades de posuír planetas habitados. Pode ser tamén, que xa recibamos o sinal pero non sexamos capaces de separalo do ruído de fondo. Segundo estas suposicións o éxito dependerá, probablemente, da nosa constancia. Pero, e se todos escoitan e ninguén transmite? Nós xa transmitimos no ano 1974 dende o telescopio de Arecibo, pero a nosa mensaxe pode ter pasado desapercibida ou precisar millóns de anos para chegar a un destino indeterminado. Outra posible resposta ó paradoxo de Fermi é que as civilizacións extra terrestres non queiran comunicarse con outros mundos, xa que a psicoloxía extra terrestre se nos escapa; quizais teñan medo a ser colonizados por outras razas ou que, sendo tan avanzados, non atopen interese en relacionarse con seres inferiores. Tampouco sabemos se seríamos capaces de entendernos. Tal vez debamos formularnos se é posible converterse nunha civilización avanzada sen autodestruírse no proceso; pode que todas as civilizacións avanzadas acabaran desaparecendo destruídas polo deu propio potencial ou os seus efectos (guerra nuclear, biolóxica, química, esgotamento dos recursos, causas naturais…) O seu entorno podería non ter propiciado o desenvolvemento das matemáticas ou da astronomía, impedindo así que se pregunten se existen outros seres vivos no espazo. Pode que existan moitas civilizacións extraterrestres intelixentes pero ningunha no noso horizonte visible, xa que a velocidade da luz é finita e o Universo “infinito”; aínda que
  • 3. estivese cheo de vida, as civilizacións que estivesen demasiado lonxe estarían sempre fora do noso alcance. Pode que existan pero non sexamos conscientes deles. A modo de exemplo, como sucede entre formigas e humanos, somos conscientes delas, pero elas non o son de nós, excepto que exista unha agresión directa que as fai sensibles a ela que será rexistrada como un algo catastrófico da natureza que as rodea. As formigas viven ignorantes da existencia humana e, a pesares de que temos poder de destruílas, isto non xera ningún temor nelas porque “o humano” non existe. O último grupo de respostas, o máis pesimista e egocentrista de todos é o de que estamos sos no Universo, porque os extraterrestres non existen. Fermi, cando formulou o paradoxo pensaba en civilizacións extraterrestres intelixentes, non en vida máis ou menos evolucionada. Nós cremos selo, a pesar de que aínda non fomos capaces de desenvolver unha Teoría do Todo, pero quizais non sexa tan fácil que outras civilizacións intelixentes aparezan no Universo. Para a nosa aparición tívose que dar un encadeamento de circunstancias que fixo que unha especie de homínidos, en varias ocasións moi achegada á extinción, acadase esta posición que agora ocupa o homo sapiens sapiens; podería este proceso azaroso repetirse moitas outras veces? As cousas poderían ser diferentes e non estaríamos aquí para formularnos esta dúbida: tocounos a lotería e somos os únicos seres que tratan de obter a super-intelixencia? Supoñendo que este proceso de desenvolvemento que converte a animais en seres intelixentes sexa moito máis factible do que pensamos, debemos recoñecer que a vida tardou moito en aparecer dende o nacemento do Universo e que a nosa podería ser a única civilización á que lle deu tempo de acadar este grao de desenvolvemento. Se a vida tivo que esperar para reunir os seus ingredientes, nós poderíamos ser os primeiros en gozar deste grao de evolución. A Terra experimentou extincións masivas que poden volver a repetirse, acabando esta vez con nós. Non só é complicado que se dean os acontecementos precisos para dar lugar a unha especie intelixente, se non que a xénese da vida tamén é unha incógnita que dificulta valorar como de abundante é no Universo. Os pesimistas opinarán que a súa aparición é unha carambola cósmica de difícil repetición. Se por seres intelixentes entendemos seres capaces de construír ferramentas, o ser humano conseguiuno “pronto” porque os seus antepasados vivían nas árbores e polo tanto posuían extremidades adaptados a este entorno. Tamén cabe a posibilidade de que os extraterrestres se extinguiran antes de ser conscientes da súa presenza no Universo. A nosa propia intelixencia é un parámetro cuestionable, xa que depende da nosa enorme bagaxe cultural, produto de moitas xeracións de pensadores e inventores; outorgando á linguaxe un papel central no desenvolvemento da nosa intelixencia, xa que sen ela, unha civilización extraterrestre podería estar formada por seres conscientes da súa existencia que non poderían compartir coñecementos e experiencias máis alá dos máis elementais, impedindo unha revolución científica e a aparición dunha tecnoloxía que permitise entrar en contacto con outros mundos. Son tantos os obstáculos no camiño cara o desenrolo da ciencia, o único mecanismo que coñecemos para converternos nunha civilización avanzada, que non é estraño que haxa tanta xente que opine que somos os únicos seres intelixentes no Universo.
  • 4. Hai quen pensa que o erro do paradoxo é asumir que unha civilización pode colonizar o Universo a un ritmo exponencial, argumentando que o esgotamento dos recursos imporía límites o desenrolo de calquera civilización. Existen afirmacións de que as civilizacións que máis sobrevivisen serían aquelas máis sabias por saber administrar os seus recursos dispoñendo de máis tempo, a diferenza dos humanos, consumistas por acadar a sabedoría e o coñecemento nun curto prazo de tempo. Por último, temos a teoría da viaxe no tempo unida á da existencia de vida extraterrestre, chegando a conclusión de que a vida intelixente interestelar proviría dunha vida intelixente común que acadou a tecnoloxía e os coñecementos suficientes para realizar viaxes no tempo, Segundo isto, é imposible a comunicación porque os extraterrestre, tal vez humanos do futuro, aínda non existen. Persoalmente non dubido da existencia de vida no Universo, e creo que cometemos un erro ó pensar que para a vida é precisa auga; igual que nós nos adaptamos a este planeta, outras formas de vida puidéronse ter adaptado a outros ambientes. Respecto ás civilizacións intelixentes, non creo que nos teñan visitado nun pasado, pero non sei moi ben que pensar, porque hai moitos argumentos convincentes sobre respaldando a teoría de que estamos sos, como civilización intelixente, no Universo. O paradoxo de Fermi segue retándonos debido á nosa ignorancia; o único claro polo momento é que non somos capaces de probar, sen ningún tipo de dúbidas, que existen civilizacións extra terrestres. Coa información que posuímos nestes intres, ben poderíamos ser a única civilización intelixente da Galaxia, ata que un día se produza o primeiro e verdadeiro contacto e todas as nosas especulacións non sirvan para nada: o Paradoxo de Fermi deixaría de existir.