Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Valoración da excursión á capela
1. EXCURSIÓN Á CAPELA
Data: 13 de abril de 2012
- Puntúa de 1 a 5 (1 o máis baixo, 5 o máis alto) os seguintes ítems.
- Razoa unha a unha as túas puntuacións.
01.- Viaxe ida
Paseino ben porque ía cos meus amigos/ Foi divertido/ Gustoume bastante,
estivo entretida/ Foi divertida e sen percances.
02.- Visita ao museo etnográfico
Gustoume moito/ Estivo ben, foi interesante/ Non me gustou/ Gustoume pero a
monitora que nos tocou resumía moito e non me gustaba.
03.- Exposición xoguetes de África
Gustoume porque puiden ver os xoguetes que utilizan en África, feitos polos
propios nenos/ Foi interesante/ Gustoume bastante porque algúns xoguetes eran moi
chulos/ os xoguetes eran moi creativos.
04.- Xogos populares
Moi chulos todos/ Gustáronme bastante, estaban moi ben/ Gustáronme bastante,
a maioría estaban moi ben/ Foi divertido/ Gustáronme porque son os xogos que
utilizaban antiguamente.
05.- Quecemento
Eu non o puiden facer porque tiña un nocello mal, pero os xogos parecían
divertidos/ Gustoume moito/ Estivo ben pero a min a aquela hora non me apetecía
moito correr/ Estivo ben/ Gustoume o xogo da cadea.
06.- Lombas
Regular porque caín e doíame a man/ Estivo ben aínda que a min non me
apetecía moito/ Un pouco aburrido/ Non me gustou moito porque era de saltar.
07.- Rá
Era divertido e o neno que nos explicaba era moi gracioso/ Foi divertido/
Gustoume, era bastante entretenido/ Gustoume pero era moi difícil acertar na rá.
08.- Peón
Un pouco aburrido/ Non me gustou porque non sei.
09.- Aros
Xa practicara o xogo o ano pasado, non se me da moi ben pero é divertido/
Gustoume/Gustáronme moito, estaban xenial.
2. 10.- Zancos
Aburríronme un pouco porque xa cabía/ É divertido pero non o puiden facer
polo do nocello.
11.- Pelouros
Non fixen o xogo, non nos deu tempo/ Aburrido/ Estaban ben aínda que a min
non me salían/ É un xogo moi entretido/
12.- Mestres acompañantes
Explicábanse ben/ Moi agradables/ Bos pero aburridos/ Paseino ben con eles.
13.- Rapaces/zas monitores/as
Caéronme todos moi ben, sobre todo Martín que era o neno que ía co meu
grupo/ Moi simpáticos/ Explicábanse ben.
14.- Xavier, mestre do colexio
Boa persoa/ Moi agradable/ Era moi divertido, sempre estaba cun sorriso na
cara.
15.- Viaxe de volta
Gustoume moito máis que o de ida porque non paramos de rir/ Divertido/ Foi
moi entretida.
16.- Experiencia en xeral
Moi boa/ Xenial/ rara, aburrida e divertida/ Foi divertida, puiden aprender
cousas novas.
OUTRAS OPINIÓNS
Puxen catro nas viaxes de ida e volta porque non me gusta moito o autobús, nas
demais puxen un cinco porque o pasei moi ben e gustoume moito/ A viaxe de ida
gustoume porque falamos moito, tamén me gustou o museo aínda que foi un pouco
aburrido, os xoguetes gustáronme bastante e todos os xogos en xeral gustáronme moito,
os mestres, monitores...parecéronme graciosos. Gustoume todo moito/ paseino moi ben
no autobús cos meus amigos. O museo non estivo mal pero gustáronme moitísimo más
os xogos. Os monitores eran moi divertidos, e Xavier, o mestre do colexio, tamén era
moi amable. Foi unha experiencia moi boa.