2. Monte da Siradella
O Monte da Siradella (167 m), é o punto máis alto da península de O
Grove, situada na banda sur da Ría de Arousa.
Desde os seus miradoiros pódese ver o istmo da Lanzada, a enseada
do Vao, a illa de Ons e parte da ría de Arousa.
4. O istmo da Lanzada é unha barra areosa con cordóns de dunas
fixas e móbiles, duns 2 km de lonxitude e unha anchura que varía
dos 500 aos 1.000 m. Formouse polas achegas de area das
correntes contrarias do río Umia e o mar aberto.
É de formación relativamente recente; o primeiro mapa que
representa O Grove como península é de 1784, mentres que outro
mapa de 1632 representábao aínda como illa.
Vista desde o a
Vista desde o monte Siradella sobre o istmo da Lanzada e a costa de Sanxenxo.
5. É unha zona dun grande interese xeolóxico. Nos cumes domina a
pedra de gran, con interesantes formacións rochosas: penedos,
pedras cabaleiras…
Na base atópase un gran campo de dunas fixadas pola vexetación e
unha duna remontante que ascende pola aba sur do monte.
Vista desde o monte Siradella sobre o istmo da Lanzada.
Á esquerda a Aula da Natureza.
24. Pótega, mel de raposo
(Cytinus hypocistis).
Unha planta parásita das carrascas.
Cantroxo (Lavandula stoechas, subsp stoechas)
Só se atopa na costa do sur de Galicia.
25. Violeta (Viola kitaibeliana).
Unha planta de pequeno tamaño que se
atopa nas dunas do monte.
Orquídea (Cephalantera longifolia).
Unha planta escasa en Galicia, moi
abundante na zona sur do monte da
Siradella.
26. Ruda (Ruta chalepensis).
Unha planta que se cultiva polos seus
valores mediciñais, que aparece silvestre
nesta zona.
27. FIGUEIRA DO MECO, nunha rocha da Siradella
Conta a lenda que o Meco era un cacique do Grove que cometía moitos abusos. Unha noite
tivo unha discusión nunha taberna e partíronlle unha xerra na cabeza. Os veciños levárono
ao monte da Siradella e colgáronno dunha figueira. Cando a xustiza preguntou Quen
matou ao Meco? o pobo respondeu Matámolo todos!
28. Fauna
Coellos, aves do mato, do bosque e das rochas, algún anfibio,
lagartos e numerosos invertebrados.
Chasco (Saxicola torquata), macho.
Rabirrubio (Phoenicurus ochruros), femia.