O slideshow foi denunciado.
Utilizamos seu perfil e dados de atividades no LinkedIn para personalizar e exibir anúncios mais relevantes. Altere suas preferências de anúncios quando desejar.

Mulleres na África Subsahariana

Materiais para traballar a situación das mulleres na África subsahariana elaborados polo equipo da biblioteca do IES Sánchez Cantón

• Seja o primeiro a comentar

• Seja a primeira pessoa a gostar disto

Mulleres na África Subsahariana

1. 1. MULLERES NA ÁFRICA SUBSAHARIANA GUÍA DIDÁCTICA
2. 2. INTRODUCCIÓN XÉNERO A AUGA CONFLICTOS ARMADOS A SIDA A MEDIACIÓN A ARTE O ADORNO CORPORAL ÁFRICA EN IMAXES CONCLUSIÓN
3. 3. Non creo que ninguén se plantexe algunha vez que África é así de grande Non sei se haberá alguén que estea interesado en nós Se non coñeces o mapa político de África Fai clic no mapa
4. 4. Entra na seguinte páxina: “ A day in the life of an African woman ” E compara os seus horarios e o teu. Anota e traduce todas as expresións de accións que ela realiza centos, miles de veces ao longo da súa vida e ti non coñeces. Entra na sección onde se fai unha breve análise das sociedades africanas desde unha perspectiva de xénero.
5. 5.

A ablación é unha práctica moi estendida nos países africanos.

Entra na sección da páxina onde se fai unha breve descrición dalgúns dos problemas que presentan as sociedades africanas desde unha perspectiva de xénero .

Entra no enlace onde se explica que é a ablación e os seus diferentes tipos. Le a cita de Awa Thiam

Entra nos enlaces onde se poden ver as fotos. 1 - 2 - 3 - 4 Le o párrafo da páxina correspondente ás opinións de Awa Thiam.

6. 6. Aminata Taoré. Ex ministra e ex-candidata á presidencia de Malí (extracto de entrevista) P.- Os medios de comunicación occidentais e os seus gobernos están moi preocupados por prácticas que como a ablación atentan contra a dignidade da muller... R.-“ Non vou falar deso. Non lles concirne. É un problema de África e é África a que o debe resolver. A ablación converteuse nun negocio para algúns africanos porque occidente está disposto a inverter nesas campañas sen se preocupar se as cousas cambian ou non cando rematan. O día que as mulleres teñan a posibilidade de instruírse e ter outras referencias culturais, esta práctica desaparecerá. É un verdadeiro insulto a persecución a que moitas mulleres africanas se ven sometidas para saber si se lles practicou a ablación ou non. A mutilación económica á que África ven sendo sometida é moito máis dolorosa que a do clítoris. As mulleres africanas reivindican o seu dereito de levar a cabo o seu combate, de teren a posibilidade de se organizar, de non ser desprezadas...” Cal é a túa opinión?. Pensas que as dúas posturas son compatibles ? VALORANDO OPINIÓNS DIFERENTES
7. 7. O consumo dunha ducha é de 30 a 40 litros. Un baño supón entre 100 e 130 litros. A descarga dunha cisterna varía entre 10 e 30 litros. ESPAÑA: 147 LITROS DE AUGA POR HABITANTE AO DÍA. A AUGA Nos países de extrema escaseza deste recurso, pódese chegar a consumos máximos de 5 LITROS POR PERSOA.
8. 8. Na África subsahariana millóns de mulleres e nenas percorremos quilómetros diariamente na procura de auga. Temos moitísimos coñecementos acumulados ao longo de séculos, porque a xestión da auga sempre foi asunto de mulleres … Aínda así precisamos máis formación técnica e queremos ser oídas nas decisións que nos afectan.
9. 9. Entra na sección da páxina dedicada á auga e le detidamente a información . Entra na seguinte Galería de imaxes . Fai clic en calquera dos países que aparecen na parte esquerda e saca as túas conclusións . Entra na sección Stories . Non precisas saber moito inglés. Son extractos de testemuñas de voluntarios que traballaron nun proxecto en Lesotho en África do Sur. Tratábase de dotar á zona de un mellor servizo de auga. Le o que escribiron. Compara coas cifras da páxina anterior. Saca as túas conclusións .
10. 10. “ Un niño moribundo consigue mover la mano en un último gesto, gesto de caricia, y acariciando muere. Esa mujer que camina o se arrastra contra el viento, ¿es un pájaro de alas rotas? Ese espantapájaros de brazos abiertos en la soledad, ¿es una mujer? “ E. Galeano Fame secas Conflitos armados Sebastiao Salgado
11. 11. Comenta a frase de Galéano . ¿Sabías que Eduardo Galéano quedou profundamente impresionado cando viu as poucas ducias de fotos que Sebastiao Salgado fixera tras varios meses de estadía no Sahel ?.

Entra na sección : (fai clic) Mulleres e conflitos armados

Fai clic na foto se queres ler algúns dos textos de Eduardo Galéano. Comenta.

Sebastiao Salgado
12. 12. Entra na sección da páxina que trata o problema da SIDA e le con atención: As rapazas e mulleres que habitan nalgúns países da África subsahariana son consideradas por organismos internacionais como o maior grupo de risco do mundo . Fai clic nas iconas
13. 13. A MEDIACIÓN é unha actividade profesional especializada en axudar a resolver conflitos dunha forma non violenta. Nun continente como o africano, con numerosos e sanguentos enfrontamentos entre distintos países ou grupos armados, as actuacións dos mediadores/as veñen acadando resultados desiguais. É unha tarefa complicadísima que só pode ser levada a cabo por persoas con amplos coñecementos teóricos e prácticos; as boas intencións , os bos propósitos non bastan. ¿Sabes o que é A MEDIACIÓN ?
14. 14. “ A participación das mulleres nas negociacións dos acordos de paz é fundamental. Non queremos dicir con esto que os homes sexan os causantes das guerras, que non sexan aptos para conseguiren a paz. Soamente reclamamos que a nosa voz, a nosa parte da historia tamén debe ser tida en conta.”

¿ Reparaches antes de agora que as mulleres son especialmente vulnerables en caso de conflitos armados? ¿por qué?

Entra na sección da páxina dedicada aos conflitos armados e o papel que neles desempeñan as mulleres. AS MEDIADORAS AFRICANAS Teclea estes nomes en Google Zainab Hawa Kemi Ogunsanya Monique Kande.
15. 15.

Entra na sección de arte .

Fíxate nas conexións entre a arte africana e a arte contemporánea.

Fíxate amén en como todas as etapas máis importantes na vida das mulleres na África rural están representadas na arte.

Como curiosidade te damos algunas páxinas máis sobre a costume entre as mulleres do pobo Nbedele de pintar as súas casas

Fai clic nas iconas
16. 16. O ADORNO CORPORAL , o coidado pola estética, a miúdo proporcionan unha valiosa información acerca das culturas africanas e os seus complexos elementos simbólicos, históricos, políticos e relixiosos. O arte do adorno corporal ten unha especial relevancia na África subsahariana, ben sexa utilizando o propio corpo como soporte: tatuaxes, escarificacións, pintura corporal , elaborados peiteados etc ., ou ben utilizando outros elementos que embelecen o corpo: vestidos e xoias.

Compara a función do adorno corporal na África Subsahariana e nas nosas sociedades.

17. 17.

Estes elementos ofrecen ós individuos a oportunidade de elaborar a súa presentación diante do resto da comunidade, do resto do mundo. Na África subsahariana constitúen un poderoso soporte visual que incluso chega a representar correntes culturais ou identidades nacionais nos modernos estados africanos multiétnicos.

Busca na galería de imaxes a sección dedicada ao adorno corpora l . Observa as fotos e le os textos que as acompañan. Comenta algunhas

18. 18.

Ante a imposibilidade de nin tan siquera pretender aproximarnos a unha realidade tan complexa e descoñecida para nós coma a africana, queremos ofrecerche algunhas reportaxes fotográficas de excelente calidade na rede. Le os textos que acompañan as fotos atentamente. Son doados de entender e aportan información valiosa sobre persoas, países, problemas e denodados esforzos de construír unhas sociedades máis xustas.

ÁFRICA EN IMAXES
19. 19.

Sen dúbida é un dos mellores enlaces para disfrutar da boa fotografía co continente africano como tema. Poderás ver rituais mercados, retratos … non o perdas. A calidade das fotos é excelente.

Un dos mellares sitios para encontrar información sobre África. Moi ben organizado e bastante atractivo. Ten sección para nenos, tests ... Unha boa ferramenta para investigar pola túa conta se che interesa o tema. Entra na páxina . Abre as fotos das diferentes seccións Observa as diferencias entre a África urbana e a África rural. Le os textos. Fai un breve comentario da foto que máis che guste. É parte do sitio anterior. (fai clic) 5 fotoensaios sobre 5 temas vitais para as sociedades africanas: A sida. Os conflictos armados. Mulleres. A África urbana. Le os textos.
20. 20. Un día na vida de África. (fai clic na foto) En Xuño de 2002, 100 dos fotógrafos máis recoñecidos do mundo foron invitados a participar nunha maratón de 24 horas nas que intentaron plasmar a diversidade, os profundos contrastes en cultura, poboación e formas de vida do continente, desde O Cairo ata Cidade do Cabo. O resultado foi un espectacular libro que recolle as mellores fotografías. Os beneficios da súa venda investiranse en campañas para a educación contra a SIDA. Nesta páxina podedes ver algunhas das fotografías. Están divididas en tres seccións: mañá, mediodía, serán. Elixe as dez que máis te impresionen e coméntaas. NON TE PODES PERDELO
21. 21.

¿ Que oportunidades lles esperan?

Para ben ou para mal, o futuro ao que estas rapazas teñan que se enfrentar determinará o futuro de todo o continente.

O FUTURO
22. 22.

Wangari Maathai. PREMIO NOBEL DA PAZ 2004 .

Experta en ecoloxia, medio ambiente e desenvolvemento sostible, esta muller é pioneira en infinidad de facetas:

Primeira muller centroafricana que ten un doctorado universitario.

Primeira muller xefa de Departamento na universidade.

Primeira muller que ocupa un ministerio na África subsahariana .

Primeira muller africana que recibiu o PREMIO NOBEL DA PAZ.

Foi a fundadora do movemento Greenbelt

Fai clic na foto
23. 23. E tantas outras das que apenas sabemos nada… Efua Dorkenoo,Ghana Premiada con Honores de Estado e a Orde Distinguida do Imperio Británico Nahid Toubía . Exipto. Primeira ciruxana do seu país e membro do Real Colexio de Ciruxanos de Inglaterra. Olayinka Koso-Thomas . Sierra Leona. Premio Prímcipe de Asturias . Fatoumata Siré Diakité . Mali Considerada por L´Express como unha das 100 mulleres máis relevantes do mundo Constance YaÏ. Costa de Marfil. Ministra de Familia O presente traballo foi realizado polo profesorado que compón o Seminario Permanente “Mulleres, Libros, Internet” do IES Sánchez Cantón Islam Arte Presentación