Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Adiviñas e refráns para adiviñar
1. MOITAS ADIVIÑAS E UN REFRÁN – 1ºA
Un parrulo diante de dous parrulos,
un parrulo no medio de dous parrulos
un parrulo atrás de dous parrulos.
Cantos parrulos son?
( Tres parrulos) ( Diego, Luís, Lara e Iago )
Eu son o Máis grandE EMpErador,
TEño docE fillos no MEu corazón,
E, cada un, TrinTa nETos,
METadE Brancos E METadE nEgros.
( O ano, meses, días e noites) ( Pablo, Óscar, Malena e Mario)
Nun convento moi pechado,
que non ten campás nin torres,
hai moitas monxiñas dentro,
facendo pastel de flores.
( A colmea) ( Andrea, Andrés, Antón e Álex)
Alto me vexo,
naquel lugarexo,
que chova, que neve,
eu non me queixo.
( A campá) ( Sergio F., Helena e Paula)
2. Puntas para adiante,
ollos para atrás,
por moito que penses,
non adiviñarás.
( As tesoiras) ( Rubén, Jairo, Zeltia e Sergio Garrocho)
No alto vive, no alto mora,
no alto tece, a tecedora.
( A araña) ( Sergio Goyanes e Borja)
O verán de San Martiño,
dura tres días e un pedaciño.
(Fran)