Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Adega Figueiras
1. A XUNTA DE GALIZA TEN CONCEDIDA UNHA NOVA MINICENTRAL EN
MONDOÑEDO, AFECTANDO GRAVEMENTE AO RÍO FIGUEIRAS.
Unha nova agresión ambiental en Mondoñedo
En Outubro do 2007, entre veciños, asociacións de Mondoñedo e ADEGA
presentáronse arredor de 100 escritos de alegación ante a Xunta de Galiza, opoñéndonos
ao proxecto de construción dunha minicentral no Río Tronceda. A día de hoxe, aínda
non se coñece como se vai resolver esta situación, xa que estamos pendentes dun
informe da Consellería de Política Territorial, e así poñer en evidencia as múltiples
irregularidades do proxecto, resolvendo deste xeito o conflito de intereses que xurdiu
entre os mindonienses e a empresa SEGEL SL. Sen embargo, arestora dende ADEGA
queremos dar a coñecer a través deste escrito as xestións que está a facer a empresa
Norvento Hidráulica S.A. para a construción doutra minicentral hidráulica en
Mondoñedo, desta vez no Río Figueiras e no lugar de