SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 23
O pasado 7 de maio de 2008, o fotógrafo e xornalista  Gervasio Sánchez  foi recoller un de tantos premios, o Ortega e Gasset que outorga o xornal  El País , perante unha asistencia concorrida entre a que se atopaba a  vicepresidenta do goberno , o  presidente do Senado ,  varios ministros ,  Esperanza Aguirre  e o alcalde de Madrid,  Alberto Ruiz Gallardón , alén de diversos  medios de comunicación .
Pois ben, disque non debeu ser do gusto de tan ilustre público o discurso que o  Gervasio Sánchez  pronunciou ao subir a recoller o premio, condenando o seu discurso ao ostracismo e ao esquecemento de toda a prensa. De modo que, como a maioría dos medios non llo quixeron publicar, elaboramos este powerpoint para que o lean algunhas persoas, e ademais en lingua galega. Cando o leades, ides comprender por que non lle quixeron dar publicidade.
Discurso do  Gervasio Sánchez
Prezados membros do xuri,  señoras e señores: É para min unha grande honra recibir o Premio “Ortega e Gasset” de fotografía, convocado por  El País , xornal onde publiquei as miñas fotos iniciáticas da América Latina na década dos oitenta e os meus mellores traballos realizados nos diversos conflitos do mundo durante a década dos noventa, moi particularmente as fotografías que tomei durante o cerco de Saraxevo.
Quero dar as grazas aos responsábeis  do  Heraldo de Aragón , do Magazine de  La Vanguardia  e da  Cadena Ser  por respectar sempre o meu traballo como xornalista e permitir que os protagonistas das miñas historias, tantas veces seres humanos extraviados nos desaugadoiros da historia, teñan un espazo onde  chorar e gritar.
Non quero esquecer as organizacións humanitarias  Intermon Oxfam ,  Mans Unidas   e  Médicos Sen Fronteiras , a compañía  DKV SEGUROS  e o meu editor  Leopoldo Blume  por me apoiaren sen fisuras nos últimos doce anos  e permitiren que o proxecto  “Vidas Minadas” ,  ao que pertence a fotografía que levou o premio, teña vida propia e un longo percorrido que pode  durar décadas.
Señoras e señores,  a índa que só teño un fillo natural, Diego Sánchez, podo dicir que como  Martin Luther King , o gran soñador afroamericano asasinado hai 40 anos, que tamén teño outros catro fillos vítimas das minas antipersoal: a mozambiqueña  Sofia Elface Fumo , a quen vostedes coñeceron xunto coa súa filla  Alia  na imaxe premiada, que concentra toda a dor das vítimas mais tamén a beleza da vida e, nomeadamente, a incansábel loita pola supervivencia e a dignidade das vítimas, o camboxano  Sokheurm Man , o bosnio  Adis Smajic  e a meniña colombiana  Mónica Paola Ojeda , que quedou cega após ser vítima dunha explosión aos oito anos.
Son os meus catro fillos adoptivos que vin á beira da morte, vinos chorar, berrar da dor, medrar, namorarse, ter fillos, chegar á universidade. Asegúrolles que non hai nada más belo no mundo que ver unha vítima da guerra procurar a felicidade. É certo que a guerra desfai as nosas mentes e roúbanos os soños, como se di no filme “Contos da lúa pálida” de Kenji Mizoguchi.
É certo que as armas que circulan polos campos de batalla acostuman fabricarse en estados desenvolvidos como o noso, que foi un grande exportador de minas no pasado e que hoxe dedica moi pouco esforzo a axudar as vítimas das minas e ao desminado.
É certo que todos os gobernos españois, desde o comezo da transición, encabezados polos presidentes  Adolfo Suarez ,  Leopoldo Calvo Sotelo ,  Felipe González ,  José María Aznar  e  José Luis Rodríguez Zapatero , permitiron e permiten a venda de armas españolas aos países con conflitos internos ou guerras abertas.
É certo que na anterior lexislatura  duplicouse a venda de armas españolas ao mesmo tempo que o presidente incidía na súa mensaxe contra a guerra e que hoxe fabricamos catro tipos distintos de bombas antipersoal cuxo comportamento no terreo é similar ao das minas antipersoal.
É certo que me sinto escandalizado  cada vez que me topo con armas españolas  nos esquecidos campos de batalla do terceiro mundo, e que me envergoño por causa dos meus representantes políticos.
Pero como Martin Luther King, non quero crer que o banco da xustiza estea en quebra, e como el, eu tamén teño un soño: que por fin un presidente dun goberno español teña a valentía suficiente para pór fin ao silencioso comercio de armas que converte o noso estado, tanto se nos gusta como se non, nun exportador da morte. Moitas grazas.
A foto que levou o premio: Sofia Elface Fumo ,  coa súa filla  Alia
… e outras fotos do Gervasio:
Sofia Elface Fumo Febreiro 1997 co seu fillo Leonaldo,  cos dous fillos   febreiro de 2002  marzo de 2007
Mónica Paola Ojeda ,  quedou cega e manca o 21 de febreiro de 2003 após a explosión dunha mina cando volvía da escola.
Mónica Paola Ojeda   na actualidade.
Sokheurm Man ,  unha mina  amputoulle unha perna co só 14 anos cando volvía da escola en Camboxa.
Sokheurm Man ,  coa súa muller Nin Lin e o seu fillo.  Actualmente traballa no Servizo Xesuíta para os Refuxiados e encárgase de documentar casos de novas vítimas de minas antipersoal.
Adis Smajic , dous días despois da explosión, Marzo de 1996
Adis Smajic   na actualidade, coa súa moza.
E o fotógrafo e xornalista que probabelmente no vai volver ver outro traballo seu premiado en España. Este é un correo que para o ben de todos/as. Se podes, reenvíao.

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Discurso do Gervasio Sánchez (en galego)

A Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóSA Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóS
tesouro
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
Lourenço Alvarez Ruiz
 

Semelhante a Discurso do Gervasio Sánchez (en galego) (9)

A Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóSA Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóS
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Presentación cartos non, traslado da poboación completo
Presentación cartos non, traslado da poboación completoPresentación cartos non, traslado da poboación completo
Presentación cartos non, traslado da poboación completo
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Primeiro franquismo (1939-1959)
Primeiro franquismo (1939-1959)Primeiro franquismo (1939-1959)
Primeiro franquismo (1939-1959)
 

Último

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Discurso do Gervasio Sánchez (en galego)

  • 1. O pasado 7 de maio de 2008, o fotógrafo e xornalista Gervasio Sánchez foi recoller un de tantos premios, o Ortega e Gasset que outorga o xornal El País , perante unha asistencia concorrida entre a que se atopaba a vicepresidenta do goberno , o presidente do Senado , varios ministros , Esperanza Aguirre e o alcalde de Madrid, Alberto Ruiz Gallardón , alén de diversos medios de comunicación .
  • 2. Pois ben, disque non debeu ser do gusto de tan ilustre público o discurso que o Gervasio Sánchez pronunciou ao subir a recoller o premio, condenando o seu discurso ao ostracismo e ao esquecemento de toda a prensa. De modo que, como a maioría dos medios non llo quixeron publicar, elaboramos este powerpoint para que o lean algunhas persoas, e ademais en lingua galega. Cando o leades, ides comprender por que non lle quixeron dar publicidade.
  • 3. Discurso do Gervasio Sánchez
  • 4. Prezados membros do xuri, señoras e señores: É para min unha grande honra recibir o Premio “Ortega e Gasset” de fotografía, convocado por El País , xornal onde publiquei as miñas fotos iniciáticas da América Latina na década dos oitenta e os meus mellores traballos realizados nos diversos conflitos do mundo durante a década dos noventa, moi particularmente as fotografías que tomei durante o cerco de Saraxevo.
  • 5. Quero dar as grazas aos responsábeis do Heraldo de Aragón , do Magazine de La Vanguardia e da Cadena Ser por respectar sempre o meu traballo como xornalista e permitir que os protagonistas das miñas historias, tantas veces seres humanos extraviados nos desaugadoiros da historia, teñan un espazo onde chorar e gritar.
  • 6. Non quero esquecer as organizacións humanitarias Intermon Oxfam , Mans Unidas e Médicos Sen Fronteiras , a compañía DKV SEGUROS e o meu editor Leopoldo Blume por me apoiaren sen fisuras nos últimos doce anos e permitiren que o proxecto “Vidas Minadas” , ao que pertence a fotografía que levou o premio, teña vida propia e un longo percorrido que pode durar décadas.
  • 7. Señoras e señores, a índa que só teño un fillo natural, Diego Sánchez, podo dicir que como Martin Luther King , o gran soñador afroamericano asasinado hai 40 anos, que tamén teño outros catro fillos vítimas das minas antipersoal: a mozambiqueña Sofia Elface Fumo , a quen vostedes coñeceron xunto coa súa filla Alia na imaxe premiada, que concentra toda a dor das vítimas mais tamén a beleza da vida e, nomeadamente, a incansábel loita pola supervivencia e a dignidade das vítimas, o camboxano Sokheurm Man , o bosnio Adis Smajic e a meniña colombiana Mónica Paola Ojeda , que quedou cega após ser vítima dunha explosión aos oito anos.
  • 8. Son os meus catro fillos adoptivos que vin á beira da morte, vinos chorar, berrar da dor, medrar, namorarse, ter fillos, chegar á universidade. Asegúrolles que non hai nada más belo no mundo que ver unha vítima da guerra procurar a felicidade. É certo que a guerra desfai as nosas mentes e roúbanos os soños, como se di no filme “Contos da lúa pálida” de Kenji Mizoguchi.
  • 9. É certo que as armas que circulan polos campos de batalla acostuman fabricarse en estados desenvolvidos como o noso, que foi un grande exportador de minas no pasado e que hoxe dedica moi pouco esforzo a axudar as vítimas das minas e ao desminado.
  • 10. É certo que todos os gobernos españois, desde o comezo da transición, encabezados polos presidentes Adolfo Suarez , Leopoldo Calvo Sotelo , Felipe González , José María Aznar e José Luis Rodríguez Zapatero , permitiron e permiten a venda de armas españolas aos países con conflitos internos ou guerras abertas.
  • 11. É certo que na anterior lexislatura duplicouse a venda de armas españolas ao mesmo tempo que o presidente incidía na súa mensaxe contra a guerra e que hoxe fabricamos catro tipos distintos de bombas antipersoal cuxo comportamento no terreo é similar ao das minas antipersoal.
  • 12. É certo que me sinto escandalizado cada vez que me topo con armas españolas nos esquecidos campos de batalla do terceiro mundo, e que me envergoño por causa dos meus representantes políticos.
  • 13. Pero como Martin Luther King, non quero crer que o banco da xustiza estea en quebra, e como el, eu tamén teño un soño: que por fin un presidente dun goberno español teña a valentía suficiente para pór fin ao silencioso comercio de armas que converte o noso estado, tanto se nos gusta como se non, nun exportador da morte. Moitas grazas.
  • 14. A foto que levou o premio: Sofia Elface Fumo , coa súa filla Alia
  • 15. … e outras fotos do Gervasio:
  • 16. Sofia Elface Fumo Febreiro 1997 co seu fillo Leonaldo, cos dous fillos febreiro de 2002 marzo de 2007
  • 17. Mónica Paola Ojeda , quedou cega e manca o 21 de febreiro de 2003 após a explosión dunha mina cando volvía da escola.
  • 18. Mónica Paola Ojeda na actualidade.
  • 19. Sokheurm Man , unha mina amputoulle unha perna co só 14 anos cando volvía da escola en Camboxa.
  • 20. Sokheurm Man , coa súa muller Nin Lin e o seu fillo. Actualmente traballa no Servizo Xesuíta para os Refuxiados e encárgase de documentar casos de novas vítimas de minas antipersoal.
  • 21. Adis Smajic , dous días despois da explosión, Marzo de 1996
  • 22. Adis Smajic na actualidade, coa súa moza.
  • 23. E o fotógrafo e xornalista que probabelmente no vai volver ver outro traballo seu premiado en España. Este é un correo que para o ben de todos/as. Se podes, reenvíao.