SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 12
Baixar para ler offline
A Revolución Rusa de 1917 e o seu impacto
na política europea alentou nos Estados
Unidos a primeira vaga da “Red Scare”, o
medo á ameaza vermella, unha paranoia
alimentada polas grandes folgas deses
anos promovidas pola Industrial Workers
of the World (os “Wobblies”).
O delirante pánico a unha revolución
bolxevique en solo americano exacerbou
os sentimentos patrióticos, a defensa dos
valores conservadores e o anticomunismo,
estratexia da que participou durante anos
con certo entusiasmo o cinema de
Hollywood.
Imaxe: Outubro (Sergei Eisenstein, 1927).
A prosperidade económica dos anos 20 fixo
minguar o medo ao comunismo. A fe no
crecemento decae co crack de 1929, que
inspira cambios na creación de discursos e
favorece a gratificante explosión do cinema
“pre-Code”, coa crítica implícita a un sistema
inxusto.
En 1933 chega á presidencia Franklin Delano
Roosevelt, que establece unha política
intervencionista para a recuperación, o “New
Deal”. Roosevelt normalizou relacións coa
Unión Soviética, país que oficialmente os
Estados Unidos non quixera recoñecer
durante a década anterior.
Imaxe: Vincenzo Laviosa – Google Art Prject.
Dominio público.
Aínda así, na cultura popular e no cinema dos 30 prevaleceu unha visión chea de
prexuízos sobre a URSS comunista, aínda que fose desde a perspectiva do humor.
O 22 de xuño de 1941 Alemaña
inicia a invasión da URSS e
proclama oficialmente a
guerra. Uns meses despois, o 7
de decembro, Xapón ataca
Pearl Harbor, un episodio que
forza a entrada dos Estados
Unidos na Segunda Guerra
Mundial. As dúas potencias
opostas pasaban a ser aliadas
necesarias (tamén con China e
o Reino Unido) na loita contra
o fascismo.
Imaxe: destrución do USS Arizona durante o ataque de Pearl Harbor. Dominio público.
Iso supuña a necesidade urxente de
mudar a percepción da cidadanía
americana sobre a agora amiga Unión
Soviética. O goberno de Roosevelt
tomou moi en serio o empeño, que puxo
en mans da Office of War Information.
Dentro da OWI operaba o Bureau of
Motion Pictures, que se encargaba de
asesorar a Hollywood sobre como apoiar
o esforzo bélico.
Nun manual redactado para a industria
do cinema recoméndase expresamente
poñer énfase na resistencia heroica do
pobo soviético e a súa futura vitoria
sobre o invasor alemán: “We Americans
reject communism, but we do not reject
our Russian ally”.
Nun contexto de fomento gobernamental
da simpatía pola Unión Soviética, os
principais estudios de Hollywood
responden producindo filmes que se
axustan á recomendación oficial: Samuel
Goldwyn con The North Star (1943), MGM
con Song of Russia (1944), United Artist
con Three Russian Girls (1943), a Warner
con Mission to Moscow (1943), a RKO con
Days of Glory (1944) e a Columbia con Boy
from Staingrad (1943) e Counter Attack
(1945).
Anne Baxter, Dana Andrews, Farley
Granger, Jane Withers, Walter Huston,
Walter Brennan e Erich von Stroheim
integran o espectacular elenco de The
North Star (1943), dirixida por Lewis
Milestone a partir dun guión de Lillian
Hellman e con música de Aaron Copland.
O guión e a música recibiron dúas das
seis candidaturas ao Oscar que obtivo o
filme, un relato da organización popular
contra os alemáns nunha bucólica vila
ucraína.
En Song of Russia (Gregory Ratoff, 1944)
Robert Taylor é un director de orquestra
que se namora dunha moza soviética
(Susan Peters, actriz de vida tráxica) e
casa con ela en vésperas da invasión
alemá. O filme é outro canto á resistencia
heroica da nación e a súa defensa da
cultura.
Mission to Moscow (Michael Curtiz, 1943) é
o exemplo máis fascinante deste breve
período. Baseada no moi vendido libro de
memorias dun embaixador americano na
URSS, Joseph E. Davies, contou coa
intervención expresa deste no esforzo por
xerar simpatías pola URSS, mesmo
xustificando a “necesidade” das purgas
de Stalin ou o pacto con Hitler.
Non funcionou ben nos EEUU, mais pola
contra foi un dos primeiros filmes de
Hollywood en ter distribución en case
unha década, logo das restricións
impostas polo estalinismo contra a
influencia cultural estranxeira, e foi
eloxiada pola prensa nacional.

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Hollywood ❤️ URSS

O neno do pixama a raias
O neno do pixama a raiasO neno do pixama a raias
O neno do pixama a raias
carmeman
 
Traballonazismo iria lopez
Traballonazismo iria lopezTraballonazismo iria lopez
Traballonazismo iria lopez
xiztoria
 
Conflitos do século xx e cine
Conflitos do século xx e cineConflitos do século xx e cine
Conflitos do século xx e cine
30an236
 
Historiatema11 guerra fria
Historiatema11 guerra friaHistoriatema11 guerra fria
Historiatema11 guerra fria
eva gerpe
 
Ficha Nº 4 Shostakovich
Ficha Nº 4 ShostakovichFicha Nº 4 Shostakovich
Ficha Nº 4 Shostakovich
gueste4a538a
 
Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02
Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02
Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02
Emilio
 
Tema 9 A Guerra FríA 1945 1991 Lecciones 1 6
Tema 9  A Guerra FríA  1945 1991  Lecciones 1 6Tema 9  A Guerra FríA  1945 1991  Lecciones 1 6
Tema 9 A Guerra FríA 1945 1991 Lecciones 1 6
dudashistoria
 

Semelhante a Hollywood ❤️ URSS (20)

Revolución Rusa
Revolución RusaRevolución Rusa
Revolución Rusa
 
O neno do pixama a raias
O neno do pixama a raiasO neno do pixama a raias
O neno do pixama a raias
 
Traballonazismo iria lopez
Traballonazismo iria lopezTraballonazismo iria lopez
Traballonazismo iria lopez
 
Unidade 7 Revolución Rusa
Unidade 7 Revolución RusaUnidade 7 Revolución Rusa
Unidade 7 Revolución Rusa
 
Plantilla naipes timeline
Plantilla naipes timeline Plantilla naipes timeline
Plantilla naipes timeline
 
Orson Welles
Orson WellesOrson Welles
Orson Welles
 
Cinema Pre-Code
Cinema Pre-CodeCinema Pre-Code
Cinema Pre-Code
 
Historia, tema 11
Historia, tema 11Historia, tema 11
Historia, tema 11
 
Conflitos do século xx e cine
Conflitos do século xx e cineConflitos do século xx e cine
Conflitos do século xx e cine
 
Historiatema11 guerra fria
Historiatema11 guerra friaHistoriatema11 guerra fria
Historiatema11 guerra fria
 
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdfO NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
 
A Segunda Guerra Mundial: un final e un principio
A Segunda Guerra Mundial: un final e un principioA Segunda Guerra Mundial: un final e un principio
A Segunda Guerra Mundial: un final e un principio
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
 
Ficha Nº 4 Shostakovich
Ficha Nº 4 ShostakovichFicha Nº 4 Shostakovich
Ficha Nº 4 Shostakovich
 
As mellores biografías. Guía de lectura
As mellores biografías. Guía de lecturaAs mellores biografías. Guía de lectura
As mellores biografías. Guía de lectura
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02
Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02
Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02
 
Tema 9 A Guerra FríA 1945 1991 Lecciones 1 6
Tema 9  A Guerra FríA  1945 1991  Lecciones 1 6Tema 9  A Guerra FríA  1945 1991  Lecciones 1 6
Tema 9 A Guerra FríA 1945 1991 Lecciones 1 6
 
TEMA 9
TEMA 9TEMA 9
TEMA 9
 
Tema11 A Guerra Fría
Tema11 A Guerra FríaTema11 A Guerra Fría
Tema11 A Guerra Fría
 

Mais de filmotecaforum

Mais de filmotecaforum (20)

DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
 
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 

Hollywood ❤️ URSS

  • 1.
  • 2. A Revolución Rusa de 1917 e o seu impacto na política europea alentou nos Estados Unidos a primeira vaga da “Red Scare”, o medo á ameaza vermella, unha paranoia alimentada polas grandes folgas deses anos promovidas pola Industrial Workers of the World (os “Wobblies”). O delirante pánico a unha revolución bolxevique en solo americano exacerbou os sentimentos patrióticos, a defensa dos valores conservadores e o anticomunismo, estratexia da que participou durante anos con certo entusiasmo o cinema de Hollywood. Imaxe: Outubro (Sergei Eisenstein, 1927).
  • 3. A prosperidade económica dos anos 20 fixo minguar o medo ao comunismo. A fe no crecemento decae co crack de 1929, que inspira cambios na creación de discursos e favorece a gratificante explosión do cinema “pre-Code”, coa crítica implícita a un sistema inxusto. En 1933 chega á presidencia Franklin Delano Roosevelt, que establece unha política intervencionista para a recuperación, o “New Deal”. Roosevelt normalizou relacións coa Unión Soviética, país que oficialmente os Estados Unidos non quixera recoñecer durante a década anterior. Imaxe: Vincenzo Laviosa – Google Art Prject. Dominio público.
  • 4. Aínda así, na cultura popular e no cinema dos 30 prevaleceu unha visión chea de prexuízos sobre a URSS comunista, aínda que fose desde a perspectiva do humor.
  • 5. O 22 de xuño de 1941 Alemaña inicia a invasión da URSS e proclama oficialmente a guerra. Uns meses despois, o 7 de decembro, Xapón ataca Pearl Harbor, un episodio que forza a entrada dos Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial. As dúas potencias opostas pasaban a ser aliadas necesarias (tamén con China e o Reino Unido) na loita contra o fascismo. Imaxe: destrución do USS Arizona durante o ataque de Pearl Harbor. Dominio público.
  • 6. Iso supuña a necesidade urxente de mudar a percepción da cidadanía americana sobre a agora amiga Unión Soviética. O goberno de Roosevelt tomou moi en serio o empeño, que puxo en mans da Office of War Information. Dentro da OWI operaba o Bureau of Motion Pictures, que se encargaba de asesorar a Hollywood sobre como apoiar o esforzo bélico. Nun manual redactado para a industria do cinema recoméndase expresamente poñer énfase na resistencia heroica do pobo soviético e a súa futura vitoria sobre o invasor alemán: “We Americans reject communism, but we do not reject our Russian ally”.
  • 7. Nun contexto de fomento gobernamental da simpatía pola Unión Soviética, os principais estudios de Hollywood responden producindo filmes que se axustan á recomendación oficial: Samuel Goldwyn con The North Star (1943), MGM con Song of Russia (1944), United Artist con Three Russian Girls (1943), a Warner con Mission to Moscow (1943), a RKO con Days of Glory (1944) e a Columbia con Boy from Staingrad (1943) e Counter Attack (1945).
  • 8.
  • 9.
  • 10. Anne Baxter, Dana Andrews, Farley Granger, Jane Withers, Walter Huston, Walter Brennan e Erich von Stroheim integran o espectacular elenco de The North Star (1943), dirixida por Lewis Milestone a partir dun guión de Lillian Hellman e con música de Aaron Copland. O guión e a música recibiron dúas das seis candidaturas ao Oscar que obtivo o filme, un relato da organización popular contra os alemáns nunha bucólica vila ucraína.
  • 11. En Song of Russia (Gregory Ratoff, 1944) Robert Taylor é un director de orquestra que se namora dunha moza soviética (Susan Peters, actriz de vida tráxica) e casa con ela en vésperas da invasión alemá. O filme é outro canto á resistencia heroica da nación e a súa defensa da cultura.
  • 12. Mission to Moscow (Michael Curtiz, 1943) é o exemplo máis fascinante deste breve período. Baseada no moi vendido libro de memorias dun embaixador americano na URSS, Joseph E. Davies, contou coa intervención expresa deste no esforzo por xerar simpatías pola URSS, mesmo xustificando a “necesidade” das purgas de Stalin ou o pacto con Hitler. Non funcionou ben nos EEUU, mais pola contra foi un dos primeiros filmes de Hollywood en ter distribución en case unha década, logo das restricións impostas polo estalinismo contra a influencia cultural estranxeira, e foi eloxiada pola prensa nacional.