SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 7
Baixar para ler offline
Como se fai unha película
Deseño de produción
Deseñador de produción (Prodution designer)
Adaptado do Art Directors Guild
O deseñador de produción crea e desenvolve o aspecto xeral e a atmosfera na 
que sucede o relato. Consulta principalmente co director a concepción e creación 
de  escenarios  e  a  selección  e  alteración  de  localizacións  e  fondos.  Tamén 
colabora co equipo de efectos visuais e proporciona os deseños necesarios para 
manter  a  coherencia  do  material  no  proceso  de  produción,  filmación  e 
posprodución.
O equipo do deseñador de produción inclúe polo usual un director de arte e/ou 
un axudante do director de arte que traballan no desenvolvemento técnico dos 
conceptos de deseño para producir os escenarios finais. 
*A miúdo se manexan de forma intercambiábel os conceptos “deseño de produción” e 
“dirección de arte”.
Fonte: http://www.adg.org/?art=about­the­guild
Deseñador de produción (Prodution designer)
Adaptado do Art Directors Guild
As funcións que lle corresponden ao deseñador de produción son:
­Colaborar co director e produtor para interpretar o guión, elixir localizacións e 
decorados e decidir o estilo e achegamento visual do filme á historia.
­Escoller o director de arte e/ou axudante do director de arte e supervisar o seu 
traballo.
­Traballa  de  forma  estreita  con  moitos  departamentos,  en  particular  os  de 
fotografía, vestiario, maquillaxe e peiteados, etc, na procura dun deseño visual 
xeral coherente.
­Traballa de forma coordinada co equipo de son no que atinxe  á situación dos 
micrófonos nos diferentes decorados; e cos de efectos visuais para  asegurarse de 
que os decorados se adaptan ben aos cromas.
 Fonte: http://www.adg.org/?art=about­the­guild
Director de arte (Art director)
Adaptado do Art Directors Guild
A principal función do director de arte é apoiar e proseguir os conceptos visuais 
da produción segundo o especificado polo deseñador de produción e o director. 
Iso implica poñer en práctica habilidades creativas e de xestión.
Ademais,  o  director  de  arte  é  o  máximo  responsábel  de  diversos  equipos  da 
produción:  o  departamento  de  arte,  os  que  se  encargan  da  construción  e 
equipamento do decorados, localizacións, efectos especiais, etc.
Axudante do director de arte (Assistant art director)
Os  axudantes  do  director  de  arte  traballan  co  coordinador  de  construción, 
capataces,  pintores,  xeseiros,  traballadores  do  metal,  persoal  de  obradoiros, 
construtores de efectos mecánicos, greenspeople, etc.
Tamén é responsábel da adquisición de materiais necesarios para a produción, 
da investigación precisa para o deseño de época e contemporáneo e en axudar 
ao deseñador de produción e director de arte no que sexa preciso.
Fonte: http://www.adg.org/?art=about­the­guild
Oficios relacionados co deseño de produción
Adaptado do Art Directors Guild
Deseñadores  de  decorados:  elaboran  planos  técnicos  para  construír  ou 
modificar os decorados, localizacións, vehículos e sinais.
Decoradores:  visten  os  decorados  con  mobles  e  accesorios,  incluídos  os 
elementos téxtiles (cortinas, alfombras, etc). 
Ilustradores:  crean  ilustracións  3D,  debuxos  e  bocetos  que  se  empregan  na 
preparación e produción dos elementos artísticos do filme.
Artistas  gráficos:  crean  todos  os  elementos  gráficos  precisos,  incluíndo  sinais, 
libros, carteis, etc. empregados na escena.
Modelistas: crean modelos dos decorados propostos.
Coordinadores  do  departamento  de  arte:  ofrecen  apoio  loxístico  e 
investigación necesaria para o traballo de arte.
 Fonte: http://www.adg.org/?art=about­the­guild
Oficios relacionados co deseño de produción
Adaptado do Art Directors Guild
Xefes de localización e buscadores de localizacións: localizan posíbeis lugares 
de rodaxe e xestionan os permisos e necesidades que correspondan.
Atrezzista  (Propery  Master):  proporciona  calquera  obxecto  que  vaia  ser 
empregado durante a rodaxe. En inglés chámase props aos elementos móbiles ou 
portátiles da escena (fóra dos decorados, vestiario, equipamento eléctrico, etc).
Coordinadores de construción: dirixen o traballo dos obreiros, pintores, artistas 
escénicos, greenpersons... na construción de decorados
Equipo de efectos visuais: incluídos artistas de matte painting, modelistas, etc.
Equipo de efectos especiais: deseñan, producen e integran os efectos físicos e 
mecánicos en coordinación co departamento de arte.
Coordinadores  de  vehículos:  escollen  vehículos  axeitados  para  a  acción  e  os 
fondos.
 Fonte: http://www.adg.org/?art=about­the­guild
Matte painting en Raiders of the Lost Ark. O almacén gobernamental ao final do filme foi 
pintado sobre cristal por Michael Pangrazio (de Industrial Light & Magic) e mesturado 
con imaxes reais dun actor empuxando un cargamento polo corredor central.

Mais conteúdo relacionado

Mais de filmotecaforum

A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosfilmotecaforum
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinemafilmotecaforum
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugalfilmotecaforum
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilfilmotecaforum
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasfilmotecaforum
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60filmotecaforum
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembènefilmotecaforum
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80filmotecaforum
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasfilmotecaforum
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosfilmotecaforum
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesafilmotecaforum
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50filmotecaforum
 
As orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericanoAs orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericanofilmotecaforum
 

Mais de filmotecaforum (20)

A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
 
As orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericanoAs orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericano
 
John Ford
John FordJohn Ford
John Ford
 
Cinema Pre-Code
Cinema Pre-CodeCinema Pre-Code
Cinema Pre-Code
 
Hollywood en crise
Hollywood en criseHollywood en crise
Hollywood en crise
 

Deseño de produción