Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Humanos
1. PROPOSTA PROXECTO
FIN DE MASTER
ENXEÑERÍA
INFORMÁTICA: TETRIS
DE DEREITOS HUMANOS
Titorizan:
Emilio Padrón (Universidade da Coruña)
Miguel Segade (Enxeñería Sen Fronteiras Galicia)
1
2. 1. Antecedentes
Enxeñería sen Fronteiras (en adiante ESF) é unha asociación independente, sen
ánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedade
mundial xusta e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e
poñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano. Neste sentido, o
proceso de participación voluntaria enténdese coma un fin en si mesmo e como un
mecanismo para a transformación persoal e social.
O 17 de novembro de 2012 aprobouse na segunda Asemblea anual de ESF Galicia
a nova Planificación Estratéxica da asociación (2013-2017). Dito documento,
realizado pola práctica totalidade das persoas que conforman a entidade, inclúe
como un dos piares máis importantes da acción da asociación o traballo en
Educación para o Desenvolvemento (en adiante EpD). Varias liñas estratéxicas de
traballo previstas nesa planificación entran dentro desta área de traballo, e
considéras necesaria a consecución de financiación externa para asegurar o seu
correcto desenvolvemento. Unha desas liñas fai referencia a transversalización de
contidos en dereitos humanos e EpD nos estudos universitarios tecnolóxicos, co
enfoque de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano e a emancipación, onde
ESF pretende especializarse. Ademais da elaboración de materiais didácticos e
organización de xornadas no eido formal e non formal, hai tempo que se queren
explorar novos xeitos de levar estes contidos a poboación “non sensibilizada”,
usando canles populares. O xogo é unha destas canles, que xa hai anos ESF
explora elaborando versións de xogos populares como o Risk (elaborando un Risk
enerxético) ou xogos de cartas máis elaborados con gran aceptación entre público
novo (e xa non tan novo), como o xogo de cartas Co-operación. O concepto de
ludificación ou gamificación1
no eido de impulsar aprendizaxes de conceptos,
actitudes e valores da educación para a emancipación non é, pois, novo para ESF,
pero si o é o facelo a través de xogos baseados en tecnoloxías informáticas, que é o
que se propón aquí.
Dado que o videoxogo elexido a priori, o Tetris2
, é xa parte da cultura pop, quérese
explorar o potencial para atraer público interesado en xogos (dende xente máis
nova xa a mediana idade) dándolle certo contido sensibilizador no eido dos
Dereitos Humanos. Deste xeito se intenta sensibilizar a xente que pode xogar co
producto elaborado (e pode ser que nin se fixe noutros contidos, de aí o desafío
técnico e gráfico de visibilizar os contidos en Dereitos Humanos integrándoo
1 https://es.wikipedia.org/wiki/Ludificaci%C3%B3n
2 https://es.wikipedia.org/wiki/Tetris
2
3. perfectamente coa dinámica do xogo), e ademais usar isto para transversalizar
actividades cun enfoque de educación para o desenvolvemento na facultade de
Enxeñería Informática, xa que a proposta é que o xogo se poida ofertar como
posible Proxecto Académico para a programación e o deseño gráfico, co
asesoramento dun titor académico (profesor na Facultade) e do seguemento do
grupo de EpD de ESF Galicia, apoiados polo técnico de EpD da asociación.
2. Obxecto da proposta e produtos esperados
Elaborar un videoxogo de “Tetris dos Dereitos Humanos”.
En concreto se pretende obter:
- O xogo en si como elemento de ludificación para achegar contidos de Dereitos
Humanos a persoas con pouco contacto con estes temas
- Un Proxecto Fin de Grao na Facultade de Informática con contidos de Educación
para o Desenvolvemento, como xeito de visibilizar a tecnoloxía como posible
ferramenta de ruptura co modelo extractivista no que as tecnoloxías dixitais
naceron, explorando o seu potencial emancipador, e todo iso dentro dunha
facultade onde se forman futuras profesionais (e exemplarizante tamén para
profesorado)
3. Idea de xogo e desenvolvemento
Se parte das premisas:
- que o xogo se poida usar en PC e tamén en teléfonos móbiles
- que teña apariencia sinxela, pero en cor (para poder usar as cores como
diferenciación de diversos servizos básicos aos susceptibles de ser Dereito
Humano)
- que poida integrar pequenas informacións en texto xunto coa aparición das pezas
a encaixar no proceso de xogo
- que teña algún nivel de dificultade para contrastar diferencias entre países
Existen diversos proxectos libres de desenvolvento do Tetris, que xa teñen
traballados deseños de pezas, fondos e outras capas ou librarías que se poderán
empregar.
A idea é que as pezas que se encaixan en cada nivel, que son de diversas formas e
cores, teñan asociadas:
- a cada cor un servizo básico de base tecnolóxica vencellado a un Dereito Humano
(nesta fase empezaríamos coas que soe traballar ESF Galicia: azuis a auga e
saneamento; amarelas a enerxía; laranxa as TIC; verde a alimentación)
- a cada forma un elemento que conforma a facilidade (as máis sinxelas de
encaixar) ou ameaza (as máis complicadas) para o aseguramento dun servizo
3
4. básico (por exemplo: as cadradas unha lexislación, participación e
institucionalidade axeitada; as alongadas unhas infraestruturas axeitadas; as de
forma de L eivas nas infraestruturas; as de forma de Z corrupción, etc.).
A idea é que ao inicio do nivel correspondente se informe brevemente do “entorno”
(país) no que se xogará ese nivel e en que servizo básico, con alguha información
do estado dese Dereito Humano ao servizo básico no país. Logo, a medida que
cada peza vai aparecendo, que apareza tamén o elemento do dereito humano a que
se refire a peza (para que se xogue, pero sendo consciente por que é máis ou
menos fácil de encaixar a peza en cuestión).
Os niveles virán dados polas cores das pezas, que logo poderán xa mezclarse para
xogar niveles con todas as cores (os 4 servizos, que en realidade van
interrelacionados), e tamén respecto ao país (que determinará a dificultade de
xogo tanto no número de pezas “complicadas” para encaixar como na velocidade á
que caen como mesmo no espazo de colocación das mesmas). A priori se propón
facer dous países ou rexións, que poden ser Honduras (ou o Golfo de Fonseca) e
España (ou Galicia), empregando datos reais para ilustrar cada peza e nivel.
4