SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 17
Baixar para ler offline
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
Historia vivida por unha
voluntaria de Enxeñería Sen
Fronteiras
Informe de erros (e algún acerto tamén)
1
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
O gran erro sería non contalo
O gran acerto foi escribilo
Gracias a todas por vivila comigo
2
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
Este é un conto sobre a miña experiencia
dentro de Enxeñería Sen Fronteiras, para
compartila coas persoas que a forman no
presente e no futuro. Nela intento recoller
erros propios do Grupo de Sensibilización
e Incidencia Política. Pasando os anos, se
cadra lle sirva a alguén para mellorar e
que non se volvan a cometer.
A idea era facer un informe aséptico dos
erros para telos documentados e se
explicasen as solucións adoptadas para
solventalos, caso de as haber. Vaia por
diante que, na miña opinión, o feito de
estar escribindo este informe e unha
solución en si mesma para todos e cada
un dos erros que aquí se explican.
Comezou sendo un Informe de Erros, pero
converteuse nunha experiencia vital,
unha experiencia de erros, si, pero tamén
algún que outro acerto dentro do proceso.
É unha historia de aprendizaxe,
cooperación e amizade.
3
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
Inicios
Non recordo ben a primeira vez
que oín falar de Enxeñería Sen
Fronteiras. Pasei longos ratos
lendo exposicións sobre
Comercio Xusto e
problemáticas de auga. Carteis
de “Faltas tí”, nunha porta que
daba a un lugar oculto onde
debían suceder cousas
incribles, algo parecido o que
sucede no laboratorio de
cálculo, do que existe a lenda
de que gardan unha porta de
tele-transportación. Sentía
curiosidade por saber o que se
cocía alí dentro, pero non
convencín a ningún compinche
e o medo adolescente
impediume entrar.
Creo que este medo é algo
común que lle sucede a moita
xente. Pode ser que isto sexa un erro común a toda a Asociación que continua
no presente. Pode que o erro fose meu, por non ter valor a entrar.
Hai que tirar adiante coas conviccións e cruzar as portas que se queren cruzar.
Cruzando a porta.
Tempo despois, nos descansos da Escola, comecei a conversar cunha persoa
que era voluntaria en Enxeñería Sen Fronteiras. Entre planificacións
estratéxicas, Dereito Humano á
Auga, Honduras e Nicaragua,
descubrín cousas mais
concretas que se facían dentro da
asociación. Foi así como concretei
a miña primeira acollida, que
emoción!
Soamente recordo tres primeiras
leccións daquela cita. Con
perspectiva, este feito foi un
4
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
logro da persoa que ma ofreceu, xa que probablemente son as leccións mais
importantes a aprender. Tamén desterrei a idea de que ía axudar a facer pontes
e cálculos hidráulicos:
-Somos Enxeñería Sen Fronteiras, non Enxeñeiros Sen
Fronteiras.
-Para nós, o voluntariado é un fin en si mesmo.
-Somos unha asociación totalmente horizontal.
Por poñer unha pequena pega a
esta primeira acollida, con todo o
cariño do mundo, pois sei que
non era a intención, pero penso
que lle pode pasar a outra xente
que entra nova e que se atreven
a ir soas a primeira acollida,
sentinme un pouco así, como na
imaxe.
Na segunda acollida, confirmei
definitivamente que non ía
proxectar pontes. Creo que o
mais destacable foi coñecer a
unha das persoas que mellor representa os valores de Enxeñería Sen
Fronteiras. Pensei, é a personificación dunha ONGD.
Faláronme dos grupos de Programas Internacionais e de Sensibilización e
Incidencia Política. Non tiña claro en cal dos dous entrar, dábame igual, onde
mais fixese falta axuda. Finalmente entrei no grupo de Sensibilización.
O principio sentinme perdido, non
conseguín encaixar e non sabía onde
podía aportar cousas, a miña labor
como voluntario era puramente
testimonial. Escoitaba falar de
remunicipalización, osmosis inversa
ou desaladoras.
Penso que un dos grandes
erros neste punto, que eu
seguín cometendo tempo
despois sendo coordinador, é
que non había un esquema
claro de formación.
Soamente o itinerario formativo de Dereito Humano á Auga. Este concepto é,
para min, o mais importante, pero, onde podía atopar información rigurosa
sobre Xestión da Auga ou Ciclo Integral? Cal era o orden lóxico de estudio? Eu
5
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
entendía que non tiña sentido estudiar os tipos de floculación en Depuradoras
sen saber antes o que é o Ciclo Integral da Auga, digo mais, sen saber antes
que é a Auga.
Xa neste momento entendín que había que solucionar este problema, pero non
foi aquí onde me lancei a intentalo.
Intentando coordinar
Un día dixéronme:
- Vas a ser o novo coordinador do
grupo.
- Que? Como? Cando? Onde? Por que?
- Si, aquí tes a chave do local.
- Pero se eu non teño nin idea de
coordinar!
- Non pasa nada, aprenderás.
E foi certo, fun aprendendo. Daquela
pensaba que un coordinador era algo
parecido a un xefe, alguén que
dirixía ata unha dirección, hoxe sei que non. Sendo positivo penso que a
evolución é evidente, aínda que hai moito que mellorar. Botei en falta
algunha referencia sobre como se coordina dentro de
Enxeñería Sen Fronteiras, existe algo na Wiki, pero non un plan de
actuación e algunha referencia que explique dunha forma unificada cousas
como:
-A importancia do Compromiso de
Voluntariado. Recordo que me enviaron
un email para ir polo local a coñecer a xente
que alí traballa, non entendo como non fora
antes pois foi reconfortante e fundamental
en moitos momentos de val. Entregáronme
o Compromiso.
-A importancia de Cubrir Acta e
enviar Ordes do Día. A solución a
isto é sinxela se tes un esquema claro de
traballo e de onde estamos en cada
momento. A ferramenta Doodle (o entrar
xente de Software Libre desterrámola,
pero neste punto foi interesante)
6
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
-Pódense facilitar as cousas á xente nova, enviando enlaces tipo . Pero hai
xente que non lee é penso que é importante dedicarlle tempo a explicar
estas cousas de forma presencial.
-A importancia dunha formación ordenada dos novos voluntarios.
-Recibimos formación de Marco Lóxico.
Intentei entender e algo entendín, pero naquel
momento non lle din a importancia que
merecía. O Marco Lóxico é importante pois é a
linguaxe na que se escribe a planificación
estratéxica, é o punto de partida, non
soamente para comprender as bases, senón
para escribilas. A álxebra para o
Desenvolvemento? Acabo de aprender agora
mesmo, escribindo, que hai críticas sobre esta
idea. O Marco Lóxico, o menos lóxico de todos
os marcos? Queda dito.
-Recibimos formación en Xestión da
Auga en Galicia. Considero
fundamental esta formación os
voluntarios que traballan na temática
de Auga. Foi un gran acerto por parte
da persoa que o organizou e hai que
agradecer o esforzo da persoa que o
impartiu. Aprendimos e tamén tivemos
ocasión de asesorarnos de forma
presencial sobre o tema que estaba a
acontecer en Ferrol.
-Saber pisar o freo e non estirar o grupo.
Primeira charla externa.
Para esta época chamáronnos para ir dar unha charla a Ferrol. Antes de ir
preguntamos na lista de Asesores pola problemática. Recibimos información e
opinións moi interesantes sobre o tema, pero recoñezo aquí un erro persoal
7
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
neste punto. Quedei con moitas dubidas en detalles técnicos e non me atrevín
a ir preguntar de forma presencial a algún dos asesores. Penso que este erro,
podíase solucionar, tanto pola miña parte sendo mais osado, como organizando
unha reunión presencial entre toda a xente que está nesa lista. É algo que
aínda está pendente pero que seguro que pronto se fará.
Outra das leccións mais
importantes que aprendín. A
importancia de Enxeñería
Sen Fronteiras como
ponte entre os técnicos e
os cidadáns. Recollín esta
idea como pauta de
comportamento e comecei a
interiorizar o estudio e o rigor no
discurso como primeiro paso para
facer Incidencia Política. Non me
sentía capaz de opinar sobre un
tema tan complicado como o proxecto de Ferrol. Limiteime a escoitar e intentar
trasladar as opinións das persoas que consultamos.
Pero ir alí supuxo un novo dilema para min.
Realmente sentíanse impotentes para loitar por
algo no que, estando equivocados ou non,
creian. Impotentes na técnica para valorar un
proxecto tan complicado. Como ofreces
participación, nun proxecto así, a
xente sen formación técnica
especifica? Aínda non estou seguro da
resposta, é complicada.
Aquí escoitei falar por primeira vez dos
métodos de saneamento
alternativos. Intereseime moito pola
temática, pero entronco co erro da falta
de orde na formación. Neste punto aínda
non tiña un coñecemento profundo sobre
o Ciclo Integral da Auga (agora mellorei,
pero aínda me falta), e agora recoñezo
como un erro lanzarme o estudio de algo tan específico. Creo que xa é evidente
o repetitivo que é este erro.
8
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
Intentando planificar e organizar.
Chegou Decembro e había que planificar
actividades para o ano seguinte. Que
imos facer? Aquí foi onde xurdiu por
primeira vez a idea de facer un vídeo. Un
vídeo ou un documental. Aínda hoxe non
sei cal é a diferencia entre un vídeo, un
documental, unha reportaxe, un vídeo-
reportaxe-documental, O meu avó tiña
unha igual, Jordi Évole en Salvados.
Tamén a facer unhas Xornadas sobre
Auga e planificouse o PCR en Redes, para
a época do Día Mundial da Auga. Así, chegou Marzo.
PCR en Redes
Para o PCR en Redes, destacaría un erro. Na
miña opinión non se formou o suficiente a
persoa que foi, ou polo menos non lle
dimos un guión con preguntas ou unhas
nocións sobre a información interesante
que podía recoller. Este ano, aínda que a
formación nunca é suficiente, mellorouse, e
faremos un guión de preguntas para os
foros nos que participemos e poder
trasladalas a Galicia. Outra forma de
solventar isto é que vaian dúas persoas,
unha nova e outra con experiencia na
temática e dentro do grupo.
Xornadas Galegas da Auga
Esta actividade ocorreu en Santiago.
Botando a vista atrás e facendo
balance, para min a experiencia foi
positiva.
Destaco erros propios, que
teñen que ver tamén coa
formación na coordinación
do grupo.
9
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
-A importancia de ensinar a cubrir o protocolo de gastos e
explicar de antemán que non podemos pagar peaxes se non temos os tickets.
-Houbo un solape con un curso que
organizaba, no mesmo lugar,
compañeiros de outras Sedes. Non
participamos na organización do
almorzo, que debería ser común. O
problema do solape tiña difícil solución,
xa que aprazaramos as nosas Xornadas
unha vez, e creo que non se podían
volver aprazar. Pero o tema do almorzo
conxunto foi un erro noso, e era tan
sinxelo de solucionar como facer
unha chamada para ofrecer colaboración.
-Non grabamos as poñencias. Creo que é importante, hoxe sería unha
información moi valiosa e unha referencia para moita xente. Salvo o recordo,
perdeuse.
-Na miña opinión houbo
un erro no orde das
poñencias sobre
saneamento. O segundo
título, “Metodos de alternativos
de saneamento” debería ser o
título de toda esta parte e non
soamente o de dúas poñencias.
Outro detalle, anecdótico, é que
un dos poñentes da tarde era...,
daquela ainda non era coñecido.
Non, non veu a mesa redonda.
Aínda hoxe non sei porque se
puxo ese nome.
De forma paralela, ocorreron uns
debates moi potentes e
interesantes nas listas da
asociación. Aínda é hoxe cando, de
vez en cando, volvo a ler aqueles
debates na procura de ideas. Para min
houbo moitas conclusións e puxéronse
de manifesto erros na organización das
10
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
Xornadas. Entenda eu que son erros ou non, o feito é que houbo xente que así
o creu.
Falta de técnica nas Xornadas e
de contrapuntos na primeira
mesa redonda da tarde. Non se
botou man da lista de Asesores. Este
problema ten fácil solución, e aínda que
este ano non botamos man da lista para as
nosas actividades, xa que estabamos moi
limitados tanto no tempo como no
económico, contamos con persoas
concretas que están na lista.
A importancia de
establecer sinerxias
entre os grupos de
Auga. Falta de
coordinación co Grupo de
Programas Internacionais
que entronca coa falta de
presencia das
problemáticas nos países de
traballo. Hoxe en día
mantemos un contacto
regular coa coordinadora do
grupo de proxectos, tiveron
un espazo nas actividades. Somos grupos distintos sobre o papel pero penso
que en esencia somos o mesmo grupo Auga. Pero tamén somos EpD. Tamén
somos voluntariado. Tamén somos
Soberanía alimentaria e Electrónica
Ética. Tamén somos Comunicación,
tamén somos Gatos Frescos e
Software Libre. Todas somos o
mesmo grupo. Todas somos
Enxeñería Sen Fronteiras.
- Pode ser que todos estes erros
sexan a proxección de outro, que
alguén nos comentou. Eramos
(penso que xa non tanto)
un grupo opaco. Non se sabía
o que estabamos facendo. Na
11
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
seguinte reunión propuxen que cada un de nos escribise algo no blogue sobre
algún tema que saise de forma periódica. Penso que en certo sentido foi como
unha obriga, un erro dentro do erro. Ou non tanto. A semana seguinte unha das
voluntarias fixera unha investigación sobre a remunicipalización. O final non foi
publicado, pero o feito de que ela fixera ese traballo e aprendera foi algo
positivo. Hoxe en día penso que ninguén pode cuestionar que melloramos este
aspecto con comunicación co resto da xente de Enxeñería Sen Fronteiras.
Foron moitos erros os que se cometeron
nesta organización, pero tamén hai que
dicir, que é difícil organizar un evento
así, e para case todo o grupo, a primeira
gran actividade. Intentaremos aprender
destes erros, tamén houbo
cousas positivas que, como dixen o
comezar, compensan todo o demais.
-Coñecer a Jaime Morell foi un antes e
un despois, tanto a nivel persoal como a
nivel intelectual.
-Aprendimos a importancia da
vertebración. Penso que entramos
case sen coñecernos, e logo de
compartir a organización deste
evento e botar uns bailes, saímos
coma un grupo unido.
-Recollimos moitas ideas.
Entendimos como puntos comúns a
transparencia e a participación
cidadán.
-A nivel persoal constatei a miña
convicción de que o primeiro
paso para facer Incidencia Política é unha formación
profunda.
Un novo despertar
Sen moito tempo para a reflexión,
chegou a Xuntanza de Enxeñería
Sen Fronteiras, a enésima, a
segunda para algúns e a primeira
para min. O lugar era
impresionante, na Comarca de
Bergantiños e o pé dunha praia
espectacular, a Pedra do Sal.
12
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
Chegamos tarde e xa entramos de forma directa nun taller de Xénero. Moi
interesante e sobre unha temática da que recoñezo que non estaba moi
informado. Coñecín a moita xente e xa tiven consciencia da enerxía especial
que se vive nestes eventos.
O día seguinte
ofrecéronnos un taller
sobre Electrónica Ética.
Algo novo para min,
coñecía algunhas cousas
das que nos falaron pero
non a filosofía. Recordo o
gráfico no que se
clasificaba distintas
marcas dacordo o respeto
que tiñan polo Medio Ambiente.
Difrutei unha das miñas primeiras dinámicas de grupo e
experimentei un dos instrumentos de debate (e de
celestineo) mais empregados
dentro de Enxeñería Sen
Fronteiras. O semáforo.
Pola tarde, antes da Asamblea,
había unha presentación onde se
explicaba como estaban os
grupos. Para min era un reto difícil,
a dicir verdade, non sabía moi ben
onde estabamos nin cara onde
iamos. Recordo que me temblaba
a voz falando de Saneamento Alternativo. Cometín
o erro de falar sen ter as ideas claras, un
erro que xa é moi repetitivo, e que ten que ver coa falta de
orde na formación.
Unhas das cousas que se fixeron para paliar este erro foi gracias o grupo de
Comunicación, que mais
adiante nos formou
sobre como falar en
público. Este taller foi
moi positivo para todas.
Logo da Asamblea,
fixemos unha dinámica
na que tiñamos que
rotarnos con xente de
outros grupos nos que
13
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
explicabamos todas o que se facía en cada un. Así coñecín o traballo que se
facía noutras Sedes e tamén cousas do grupo de Comunicación ou da Xunta
Directiva. Pero houbo unha pregunta especial, a que lle dín voltas durante
moito tempo, que me fixo unha voluntaria.
Que podo facer eu?
Naquel momento respostei, pois informarte, esixir e manifestarte. E logo
cousas transversais como non beber auga embotellada, non consumir
productos de marcas que non respeten o Dereito Humano á Auga... Pero non
tiña un esquema claro. Eu creo na
revolución de todos os días, debemos
empezar a cambiar cousas pequenas do día
a día antes de intentar cambiar o mundo.
Así xurdiu este esquema, xa é unha idea.
O día seguinte, un compañeiro de grupo,
fixo unha presentación coa experiencia
vivida participando na actividade de PCR en
Redes. E chegou o remate. Un remate coas
pilas cargadas. Coas pilas moi cargadas.
A persoas cun excesivo
entusiasmo natural, hai que dosificar a batería.
Sobrepasando o límite
Ainda coa resaca da Xuntanza e
se cadra cun excesivo
entusiasmo, comezamos a
traballar nos seguintes retos,
que se presentaban dificiles,
posto que dalgún xeito
quedamos orfos de experiencia
no grupo.
Había pendente un vídeo, do
que xa falei mais arriba, e unha
reunión federal cun punto da
orde do día, o taller federal da
Cósmica.
14
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
Eu propuxen nunha reunión de grupo levar unha proposta a federal, con pouco
tempo, poucas ideas, e sen
ningún coñecemento de como
se traballaba a nivel federal,
fixemos unha proposta.
Recoñezo aquí un erro de
precipitación. Un excesivo
entusiasmo, creo que ainda
soaban na miña cabeza ecos de
que “Llegaremos a tiempo.”
Un erro no vídeo foi que
non se presentaron
varios presupostos. Pola miña parte, isto non volverá a
suceder.
Era algo que se planificara facía tempo, e non tiñamos un guión claro, unha
idea, en realidade penso que non tiñamos nada. Soamente tiñamos a vontade
de sacar o proxecto adiante.
Mulleres e homes, non nos enganemos. No verán non se fai
practicamente nada. É un Craso Erro pensar o contrario.
Ao volver setembro, entrou xente nova. Recoñezo que estaba bastante canso
deste vídeo. Quería rematar canto antes e poder comezar dende cero, coas
ideas claras.
Sentando raices.
Descubrindo a planificación
estratéxica, descubrín que
o gran obxetivo era a
creación dunha rede
galega. Eu non creia que
iso fose posible, entendía
que xa se intentara e non se
conseguira, cheguei a
pensar na necesidade de
cambiar a planificación. Non
era consciente do que
supoñía iso. Deronme
ánimos para seguir
traballando, pensandoo ben,
15
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
igual si que temos a oportunidade de crear pontes.
Outro erro, que solucionei xa, foi non
agradecer a organización da Xuntanza.
En especial, non agradecer ao
grupo de Comunicación. De
camiño a casa, estaba pensando canto
tardarían en colgar a entrada no blogue.
Para a miña sorpresa, o chegar á casa
estaba colgada. Gracias polo traballo.
Tormenta Cósmica
É imposible definir. Foi un cúmulo de
sensacións, un bombardeo continuo de
ideas, Tronos de estímulos, aprendizaxe,
progresión consciente, cóxegas
neuronáis. Sempre había algo que
aprender, algo que debater, algo que
escoitar. O primeiro día estaba desexando volver a casa ordear as ideas e non
olvidalas, pero nunca querería marchar. Non me estenderei moito nos detalles,
por sorte, un gran acerto todas as entradas escritas no blogue. Lereinas
durante moito tempo, para recordar a miña primeira Cósmica. O gran erro
desta Cósmica foi o pouco tempo que durou, gustaríame ter coñecido a todas e
cada unha das persoas que alí estaban. Deixámolo para outra ocasión.
Recordo a historia do bambú. Non desesperes,
igual soamente estás botando raices. Un dos
talos mais fortes dese árbol, comezou a
medrar neste momento. A árbore en torno a
cooperación, en torno a idea de que o traballo
en cooperación é a mellor forma para acadar o
desenvolvemento humano. Dende este
momento, intento ser paciente, non
precipitarme e saber esperar o momento.
Aprendín as sorpresas que che poden dar as
persoas cando cres nelas.
Continúa e continuará.
Vai case un ano que levo escribindo este
16
Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras
informe. Pouco a pouco, como desafogo e como bon recordo de todas as
vivencias que nel se describen. Realmente está obsoleto, cambiei moitas das
miñas opinións, moitos dos proxectos xa están superados e hai novas
anécdotas que merecerían ser contadas... Así describo último erro deste
informe, está escrito en primeira persoa. Espero animar ao resto de
compañeiras a escribir algo sobre as actividades destes anos, se cadra non una
historia vivida, pero si algo, aínda que sexa aséptico.
Fosa Aséptica
Erros de coordinación. Solución, esquema de segunda acollida de novos
voluntarios.
Protocolo formativo. As
formacións transversais deben ser
pedidas na planificación anual por
todos os voluntarios.
As formacións propias do grupo
serán solucionadas con dito
esquema, e elaborando itinerarios
formativos na wiki, xa está
formulado.
Ainda que temos un gran exemplo
coa coordinación do grupo de
Programas Internacionais,
traballar sen coñecerse de forma
presencial pode ser realmente
difícil.
É moi importante tomar acta e ordes do día.
No compromiso de voluntariado hai que dicir a verdade. É importante.
Somos voluntarias e todas iguales. O coordinador non é un xefe.
O obxectivo da plani estratéxica está para algo. Fanse actividades para acadar
ese obxectivo, non para pasar o tempo.
Vídeo
Pedir varios presupostos
Ter un guión claro do que se quere facer dende o principio
17

Mais conteúdo relacionado

Mais de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalA tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoComunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 

Mais de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (20)

Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
 
Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016
 
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpDEstudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
 
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoA Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalA tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
 
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
 
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoComunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
 
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica éticaBreve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
 
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
 
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivoCrónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
 
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
 
Presentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativoPresentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativo
 
Informe final proyecto san jose de las conchas
Informe final proyecto san jose de las conchasInforme final proyecto san jose de las conchas
Informe final proyecto san jose de las conchas
 
Informe evaluacion externa gallardo fase ii
Informe evaluacion externa gallardo fase iiInforme evaluacion externa gallardo fase ii
Informe evaluacion externa gallardo fase ii
 
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
 
Tecnoloxias apropiadas antón román
Tecnoloxias apropiadas antón románTecnoloxias apropiadas antón román
Tecnoloxias apropiadas antón román
 
Pantallas intercentros sob al 2013
Pantallas intercentros sob al 2013Pantallas intercentros sob al 2013
Pantallas intercentros sob al 2013
 
Triptico sob al 2013
Triptico sob al 2013Triptico sob al 2013
Triptico sob al 2013
 
Canales interoceánicos en Centroamérica
Canales interoceánicos en CentroaméricaCanales interoceánicos en Centroamérica
Canales interoceánicos en Centroamérica
 

Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras

  • 1. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras Informe de erros (e algún acerto tamén) 1
  • 2. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras O gran erro sería non contalo O gran acerto foi escribilo Gracias a todas por vivila comigo 2
  • 3. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras Este é un conto sobre a miña experiencia dentro de Enxeñería Sen Fronteiras, para compartila coas persoas que a forman no presente e no futuro. Nela intento recoller erros propios do Grupo de Sensibilización e Incidencia Política. Pasando os anos, se cadra lle sirva a alguén para mellorar e que non se volvan a cometer. A idea era facer un informe aséptico dos erros para telos documentados e se explicasen as solucións adoptadas para solventalos, caso de as haber. Vaia por diante que, na miña opinión, o feito de estar escribindo este informe e unha solución en si mesma para todos e cada un dos erros que aquí se explican. Comezou sendo un Informe de Erros, pero converteuse nunha experiencia vital, unha experiencia de erros, si, pero tamén algún que outro acerto dentro do proceso. É unha historia de aprendizaxe, cooperación e amizade. 3
  • 4. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras Inicios Non recordo ben a primeira vez que oín falar de Enxeñería Sen Fronteiras. Pasei longos ratos lendo exposicións sobre Comercio Xusto e problemáticas de auga. Carteis de “Faltas tí”, nunha porta que daba a un lugar oculto onde debían suceder cousas incribles, algo parecido o que sucede no laboratorio de cálculo, do que existe a lenda de que gardan unha porta de tele-transportación. Sentía curiosidade por saber o que se cocía alí dentro, pero non convencín a ningún compinche e o medo adolescente impediume entrar. Creo que este medo é algo común que lle sucede a moita xente. Pode ser que isto sexa un erro común a toda a Asociación que continua no presente. Pode que o erro fose meu, por non ter valor a entrar. Hai que tirar adiante coas conviccións e cruzar as portas que se queren cruzar. Cruzando a porta. Tempo despois, nos descansos da Escola, comecei a conversar cunha persoa que era voluntaria en Enxeñería Sen Fronteiras. Entre planificacións estratéxicas, Dereito Humano á Auga, Honduras e Nicaragua, descubrín cousas mais concretas que se facían dentro da asociación. Foi así como concretei a miña primeira acollida, que emoción! Soamente recordo tres primeiras leccións daquela cita. Con perspectiva, este feito foi un 4
  • 5. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras logro da persoa que ma ofreceu, xa que probablemente son as leccións mais importantes a aprender. Tamén desterrei a idea de que ía axudar a facer pontes e cálculos hidráulicos: -Somos Enxeñería Sen Fronteiras, non Enxeñeiros Sen Fronteiras. -Para nós, o voluntariado é un fin en si mesmo. -Somos unha asociación totalmente horizontal. Por poñer unha pequena pega a esta primeira acollida, con todo o cariño do mundo, pois sei que non era a intención, pero penso que lle pode pasar a outra xente que entra nova e que se atreven a ir soas a primeira acollida, sentinme un pouco así, como na imaxe. Na segunda acollida, confirmei definitivamente que non ía proxectar pontes. Creo que o mais destacable foi coñecer a unha das persoas que mellor representa os valores de Enxeñería Sen Fronteiras. Pensei, é a personificación dunha ONGD. Faláronme dos grupos de Programas Internacionais e de Sensibilización e Incidencia Política. Non tiña claro en cal dos dous entrar, dábame igual, onde mais fixese falta axuda. Finalmente entrei no grupo de Sensibilización. O principio sentinme perdido, non conseguín encaixar e non sabía onde podía aportar cousas, a miña labor como voluntario era puramente testimonial. Escoitaba falar de remunicipalización, osmosis inversa ou desaladoras. Penso que un dos grandes erros neste punto, que eu seguín cometendo tempo despois sendo coordinador, é que non había un esquema claro de formación. Soamente o itinerario formativo de Dereito Humano á Auga. Este concepto é, para min, o mais importante, pero, onde podía atopar información rigurosa sobre Xestión da Auga ou Ciclo Integral? Cal era o orden lóxico de estudio? Eu 5
  • 6. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras entendía que non tiña sentido estudiar os tipos de floculación en Depuradoras sen saber antes o que é o Ciclo Integral da Auga, digo mais, sen saber antes que é a Auga. Xa neste momento entendín que había que solucionar este problema, pero non foi aquí onde me lancei a intentalo. Intentando coordinar Un día dixéronme: - Vas a ser o novo coordinador do grupo. - Que? Como? Cando? Onde? Por que? - Si, aquí tes a chave do local. - Pero se eu non teño nin idea de coordinar! - Non pasa nada, aprenderás. E foi certo, fun aprendendo. Daquela pensaba que un coordinador era algo parecido a un xefe, alguén que dirixía ata unha dirección, hoxe sei que non. Sendo positivo penso que a evolución é evidente, aínda que hai moito que mellorar. Botei en falta algunha referencia sobre como se coordina dentro de Enxeñería Sen Fronteiras, existe algo na Wiki, pero non un plan de actuación e algunha referencia que explique dunha forma unificada cousas como: -A importancia do Compromiso de Voluntariado. Recordo que me enviaron un email para ir polo local a coñecer a xente que alí traballa, non entendo como non fora antes pois foi reconfortante e fundamental en moitos momentos de val. Entregáronme o Compromiso. -A importancia de Cubrir Acta e enviar Ordes do Día. A solución a isto é sinxela se tes un esquema claro de traballo e de onde estamos en cada momento. A ferramenta Doodle (o entrar xente de Software Libre desterrámola, pero neste punto foi interesante) 6
  • 7. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras -Pódense facilitar as cousas á xente nova, enviando enlaces tipo . Pero hai xente que non lee é penso que é importante dedicarlle tempo a explicar estas cousas de forma presencial. -A importancia dunha formación ordenada dos novos voluntarios. -Recibimos formación de Marco Lóxico. Intentei entender e algo entendín, pero naquel momento non lle din a importancia que merecía. O Marco Lóxico é importante pois é a linguaxe na que se escribe a planificación estratéxica, é o punto de partida, non soamente para comprender as bases, senón para escribilas. A álxebra para o Desenvolvemento? Acabo de aprender agora mesmo, escribindo, que hai críticas sobre esta idea. O Marco Lóxico, o menos lóxico de todos os marcos? Queda dito. -Recibimos formación en Xestión da Auga en Galicia. Considero fundamental esta formación os voluntarios que traballan na temática de Auga. Foi un gran acerto por parte da persoa que o organizou e hai que agradecer o esforzo da persoa que o impartiu. Aprendimos e tamén tivemos ocasión de asesorarnos de forma presencial sobre o tema que estaba a acontecer en Ferrol. -Saber pisar o freo e non estirar o grupo. Primeira charla externa. Para esta época chamáronnos para ir dar unha charla a Ferrol. Antes de ir preguntamos na lista de Asesores pola problemática. Recibimos información e opinións moi interesantes sobre o tema, pero recoñezo aquí un erro persoal 7
  • 8. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras neste punto. Quedei con moitas dubidas en detalles técnicos e non me atrevín a ir preguntar de forma presencial a algún dos asesores. Penso que este erro, podíase solucionar, tanto pola miña parte sendo mais osado, como organizando unha reunión presencial entre toda a xente que está nesa lista. É algo que aínda está pendente pero que seguro que pronto se fará. Outra das leccións mais importantes que aprendín. A importancia de Enxeñería Sen Fronteiras como ponte entre os técnicos e os cidadáns. Recollín esta idea como pauta de comportamento e comecei a interiorizar o estudio e o rigor no discurso como primeiro paso para facer Incidencia Política. Non me sentía capaz de opinar sobre un tema tan complicado como o proxecto de Ferrol. Limiteime a escoitar e intentar trasladar as opinións das persoas que consultamos. Pero ir alí supuxo un novo dilema para min. Realmente sentíanse impotentes para loitar por algo no que, estando equivocados ou non, creian. Impotentes na técnica para valorar un proxecto tan complicado. Como ofreces participación, nun proxecto así, a xente sen formación técnica especifica? Aínda non estou seguro da resposta, é complicada. Aquí escoitei falar por primeira vez dos métodos de saneamento alternativos. Intereseime moito pola temática, pero entronco co erro da falta de orde na formación. Neste punto aínda non tiña un coñecemento profundo sobre o Ciclo Integral da Auga (agora mellorei, pero aínda me falta), e agora recoñezo como un erro lanzarme o estudio de algo tan específico. Creo que xa é evidente o repetitivo que é este erro. 8
  • 9. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras Intentando planificar e organizar. Chegou Decembro e había que planificar actividades para o ano seguinte. Que imos facer? Aquí foi onde xurdiu por primeira vez a idea de facer un vídeo. Un vídeo ou un documental. Aínda hoxe non sei cal é a diferencia entre un vídeo, un documental, unha reportaxe, un vídeo- reportaxe-documental, O meu avó tiña unha igual, Jordi Évole en Salvados. Tamén a facer unhas Xornadas sobre Auga e planificouse o PCR en Redes, para a época do Día Mundial da Auga. Así, chegou Marzo. PCR en Redes Para o PCR en Redes, destacaría un erro. Na miña opinión non se formou o suficiente a persoa que foi, ou polo menos non lle dimos un guión con preguntas ou unhas nocións sobre a información interesante que podía recoller. Este ano, aínda que a formación nunca é suficiente, mellorouse, e faremos un guión de preguntas para os foros nos que participemos e poder trasladalas a Galicia. Outra forma de solventar isto é que vaian dúas persoas, unha nova e outra con experiencia na temática e dentro do grupo. Xornadas Galegas da Auga Esta actividade ocorreu en Santiago. Botando a vista atrás e facendo balance, para min a experiencia foi positiva. Destaco erros propios, que teñen que ver tamén coa formación na coordinación do grupo. 9
  • 10. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras -A importancia de ensinar a cubrir o protocolo de gastos e explicar de antemán que non podemos pagar peaxes se non temos os tickets. -Houbo un solape con un curso que organizaba, no mesmo lugar, compañeiros de outras Sedes. Non participamos na organización do almorzo, que debería ser común. O problema do solape tiña difícil solución, xa que aprazaramos as nosas Xornadas unha vez, e creo que non se podían volver aprazar. Pero o tema do almorzo conxunto foi un erro noso, e era tan sinxelo de solucionar como facer unha chamada para ofrecer colaboración. -Non grabamos as poñencias. Creo que é importante, hoxe sería unha información moi valiosa e unha referencia para moita xente. Salvo o recordo, perdeuse. -Na miña opinión houbo un erro no orde das poñencias sobre saneamento. O segundo título, “Metodos de alternativos de saneamento” debería ser o título de toda esta parte e non soamente o de dúas poñencias. Outro detalle, anecdótico, é que un dos poñentes da tarde era..., daquela ainda non era coñecido. Non, non veu a mesa redonda. Aínda hoxe non sei porque se puxo ese nome. De forma paralela, ocorreron uns debates moi potentes e interesantes nas listas da asociación. Aínda é hoxe cando, de vez en cando, volvo a ler aqueles debates na procura de ideas. Para min houbo moitas conclusións e puxéronse de manifesto erros na organización das 10
  • 11. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras Xornadas. Entenda eu que son erros ou non, o feito é que houbo xente que así o creu. Falta de técnica nas Xornadas e de contrapuntos na primeira mesa redonda da tarde. Non se botou man da lista de Asesores. Este problema ten fácil solución, e aínda que este ano non botamos man da lista para as nosas actividades, xa que estabamos moi limitados tanto no tempo como no económico, contamos con persoas concretas que están na lista. A importancia de establecer sinerxias entre os grupos de Auga. Falta de coordinación co Grupo de Programas Internacionais que entronca coa falta de presencia das problemáticas nos países de traballo. Hoxe en día mantemos un contacto regular coa coordinadora do grupo de proxectos, tiveron un espazo nas actividades. Somos grupos distintos sobre o papel pero penso que en esencia somos o mesmo grupo Auga. Pero tamén somos EpD. Tamén somos voluntariado. Tamén somos Soberanía alimentaria e Electrónica Ética. Tamén somos Comunicación, tamén somos Gatos Frescos e Software Libre. Todas somos o mesmo grupo. Todas somos Enxeñería Sen Fronteiras. - Pode ser que todos estes erros sexan a proxección de outro, que alguén nos comentou. Eramos (penso que xa non tanto) un grupo opaco. Non se sabía o que estabamos facendo. Na 11
  • 12. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras seguinte reunión propuxen que cada un de nos escribise algo no blogue sobre algún tema que saise de forma periódica. Penso que en certo sentido foi como unha obriga, un erro dentro do erro. Ou non tanto. A semana seguinte unha das voluntarias fixera unha investigación sobre a remunicipalización. O final non foi publicado, pero o feito de que ela fixera ese traballo e aprendera foi algo positivo. Hoxe en día penso que ninguén pode cuestionar que melloramos este aspecto con comunicación co resto da xente de Enxeñería Sen Fronteiras. Foron moitos erros os que se cometeron nesta organización, pero tamén hai que dicir, que é difícil organizar un evento así, e para case todo o grupo, a primeira gran actividade. Intentaremos aprender destes erros, tamén houbo cousas positivas que, como dixen o comezar, compensan todo o demais. -Coñecer a Jaime Morell foi un antes e un despois, tanto a nivel persoal como a nivel intelectual. -Aprendimos a importancia da vertebración. Penso que entramos case sen coñecernos, e logo de compartir a organización deste evento e botar uns bailes, saímos coma un grupo unido. -Recollimos moitas ideas. Entendimos como puntos comúns a transparencia e a participación cidadán. -A nivel persoal constatei a miña convicción de que o primeiro paso para facer Incidencia Política é unha formación profunda. Un novo despertar Sen moito tempo para a reflexión, chegou a Xuntanza de Enxeñería Sen Fronteiras, a enésima, a segunda para algúns e a primeira para min. O lugar era impresionante, na Comarca de Bergantiños e o pé dunha praia espectacular, a Pedra do Sal. 12
  • 13. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras Chegamos tarde e xa entramos de forma directa nun taller de Xénero. Moi interesante e sobre unha temática da que recoñezo que non estaba moi informado. Coñecín a moita xente e xa tiven consciencia da enerxía especial que se vive nestes eventos. O día seguinte ofrecéronnos un taller sobre Electrónica Ética. Algo novo para min, coñecía algunhas cousas das que nos falaron pero non a filosofía. Recordo o gráfico no que se clasificaba distintas marcas dacordo o respeto que tiñan polo Medio Ambiente. Difrutei unha das miñas primeiras dinámicas de grupo e experimentei un dos instrumentos de debate (e de celestineo) mais empregados dentro de Enxeñería Sen Fronteiras. O semáforo. Pola tarde, antes da Asamblea, había unha presentación onde se explicaba como estaban os grupos. Para min era un reto difícil, a dicir verdade, non sabía moi ben onde estabamos nin cara onde iamos. Recordo que me temblaba a voz falando de Saneamento Alternativo. Cometín o erro de falar sen ter as ideas claras, un erro que xa é moi repetitivo, e que ten que ver coa falta de orde na formación. Unhas das cousas que se fixeron para paliar este erro foi gracias o grupo de Comunicación, que mais adiante nos formou sobre como falar en público. Este taller foi moi positivo para todas. Logo da Asamblea, fixemos unha dinámica na que tiñamos que rotarnos con xente de outros grupos nos que 13
  • 14. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras explicabamos todas o que se facía en cada un. Así coñecín o traballo que se facía noutras Sedes e tamén cousas do grupo de Comunicación ou da Xunta Directiva. Pero houbo unha pregunta especial, a que lle dín voltas durante moito tempo, que me fixo unha voluntaria. Que podo facer eu? Naquel momento respostei, pois informarte, esixir e manifestarte. E logo cousas transversais como non beber auga embotellada, non consumir productos de marcas que non respeten o Dereito Humano á Auga... Pero non tiña un esquema claro. Eu creo na revolución de todos os días, debemos empezar a cambiar cousas pequenas do día a día antes de intentar cambiar o mundo. Así xurdiu este esquema, xa é unha idea. O día seguinte, un compañeiro de grupo, fixo unha presentación coa experiencia vivida participando na actividade de PCR en Redes. E chegou o remate. Un remate coas pilas cargadas. Coas pilas moi cargadas. A persoas cun excesivo entusiasmo natural, hai que dosificar a batería. Sobrepasando o límite Ainda coa resaca da Xuntanza e se cadra cun excesivo entusiasmo, comezamos a traballar nos seguintes retos, que se presentaban dificiles, posto que dalgún xeito quedamos orfos de experiencia no grupo. Había pendente un vídeo, do que xa falei mais arriba, e unha reunión federal cun punto da orde do día, o taller federal da Cósmica. 14
  • 15. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras Eu propuxen nunha reunión de grupo levar unha proposta a federal, con pouco tempo, poucas ideas, e sen ningún coñecemento de como se traballaba a nivel federal, fixemos unha proposta. Recoñezo aquí un erro de precipitación. Un excesivo entusiasmo, creo que ainda soaban na miña cabeza ecos de que “Llegaremos a tiempo.” Un erro no vídeo foi que non se presentaron varios presupostos. Pola miña parte, isto non volverá a suceder. Era algo que se planificara facía tempo, e non tiñamos un guión claro, unha idea, en realidade penso que non tiñamos nada. Soamente tiñamos a vontade de sacar o proxecto adiante. Mulleres e homes, non nos enganemos. No verán non se fai practicamente nada. É un Craso Erro pensar o contrario. Ao volver setembro, entrou xente nova. Recoñezo que estaba bastante canso deste vídeo. Quería rematar canto antes e poder comezar dende cero, coas ideas claras. Sentando raices. Descubrindo a planificación estratéxica, descubrín que o gran obxetivo era a creación dunha rede galega. Eu non creia que iso fose posible, entendía que xa se intentara e non se conseguira, cheguei a pensar na necesidade de cambiar a planificación. Non era consciente do que supoñía iso. Deronme ánimos para seguir traballando, pensandoo ben, 15
  • 16. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras igual si que temos a oportunidade de crear pontes. Outro erro, que solucionei xa, foi non agradecer a organización da Xuntanza. En especial, non agradecer ao grupo de Comunicación. De camiño a casa, estaba pensando canto tardarían en colgar a entrada no blogue. Para a miña sorpresa, o chegar á casa estaba colgada. Gracias polo traballo. Tormenta Cósmica É imposible definir. Foi un cúmulo de sensacións, un bombardeo continuo de ideas, Tronos de estímulos, aprendizaxe, progresión consciente, cóxegas neuronáis. Sempre había algo que aprender, algo que debater, algo que escoitar. O primeiro día estaba desexando volver a casa ordear as ideas e non olvidalas, pero nunca querería marchar. Non me estenderei moito nos detalles, por sorte, un gran acerto todas as entradas escritas no blogue. Lereinas durante moito tempo, para recordar a miña primeira Cósmica. O gran erro desta Cósmica foi o pouco tempo que durou, gustaríame ter coñecido a todas e cada unha das persoas que alí estaban. Deixámolo para outra ocasión. Recordo a historia do bambú. Non desesperes, igual soamente estás botando raices. Un dos talos mais fortes dese árbol, comezou a medrar neste momento. A árbore en torno a cooperación, en torno a idea de que o traballo en cooperación é a mellor forma para acadar o desenvolvemento humano. Dende este momento, intento ser paciente, non precipitarme e saber esperar o momento. Aprendín as sorpresas que che poden dar as persoas cando cres nelas. Continúa e continuará. Vai case un ano que levo escribindo este 16
  • 17. Historia vivida por unha voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras informe. Pouco a pouco, como desafogo e como bon recordo de todas as vivencias que nel se describen. Realmente está obsoleto, cambiei moitas das miñas opinións, moitos dos proxectos xa están superados e hai novas anécdotas que merecerían ser contadas... Así describo último erro deste informe, está escrito en primeira persoa. Espero animar ao resto de compañeiras a escribir algo sobre as actividades destes anos, se cadra non una historia vivida, pero si algo, aínda que sexa aséptico. Fosa Aséptica Erros de coordinación. Solución, esquema de segunda acollida de novos voluntarios. Protocolo formativo. As formacións transversais deben ser pedidas na planificación anual por todos os voluntarios. As formacións propias do grupo serán solucionadas con dito esquema, e elaborando itinerarios formativos na wiki, xa está formulado. Ainda que temos un gran exemplo coa coordinación do grupo de Programas Internacionais, traballar sen coñecerse de forma presencial pode ser realmente difícil. É moi importante tomar acta e ordes do día. No compromiso de voluntariado hai que dicir a verdade. É importante. Somos voluntarias e todas iguales. O coordinador non é un xefe. O obxectivo da plani estratéxica está para algo. Fanse actividades para acadar ese obxectivo, non para pasar o tempo. Vídeo Pedir varios presupostos Ter un guión claro do que se quere facer dende o principio 17