SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 8
Baixar para ler offline
Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019
CONVOCATORIA DE PRAZA DO PROGRAMA DE
COÑECEMENTO DA REALIDADE (PCR) REDES DE
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA (ESF GALICIA),
ANO 2019
1
Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019
1. PRAZA OFERTADA
Tipo de PCR PCR Redes en Honduras
Nome do
grupo
Comisión PCR
País Honduras
Zona Golfo de Fonseca
Prazas 1
Duración Dende o 15 de xuño ao 15 de decembro 2019
(Incorporación desde o 15 de Xuño 2019 a ESF para a
formación previa, estadía en terreo do 19 de agosto
ao 19 de setembro e voluntariado en Galicia de 3
meses trala chegada).
Datas da
estancia*
1 mes entre o 19 de agosto e o 19 de setembro (as
datas da viaxe poden variar 1-2 días)
*A realización da viaxe estará supeditada a que a situación política no país
ofreza unhas condicións mínimas de estabilidade e seguridade.
2
Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019
2. QUE É UNHA PERSOA PCR?
ESF GALICIA organiza o Programa de Coñecemento de Realidade co
obxectivo final de promover unha cidadanía global crítica e solidaria,
potenciando o proceso de aprendizaxe das persoas da nosa sociedade a
través do coñecemento de primeira man das desigualdades entre países.
Quérese con isto que as persoas participantes adquiran conceptos,
procedementos e actitudes como parte do proceso de afondamento nas
causas das desigualdades no mundo e que interioricen nas súas vidas e no
seu entorno actitudes de cambio social para superar a inxustiza social. O
PCR promovido por ESF é un instrumento de Educación para o
Desenvolvemento xa que permite desenvolver nas persoas participantes
coñecementos, valores e actitudes baseados no diálogo, o respecto activo e
a solidariedade. Trátase de facilitar unha experiencia de sensibilización a
pequenos grupos de persoas, que ao ser seleccionadas se converterán en
persoas voluntarias de ESF e participarán no día a día da asociación,
contribuíndo ao seu crecemento persoal e social.
As seguintes características do PCR son importantes tanto para ESF
como para as persoas participantes:
- Coa participación no PCR perséguese fomentar unha formación
integral, é dicir, preténdese o desenvolvemento de capacidades técnicas e
metodolóxicas cun enfoque social global.
- O PCR difúndese principalmente na universidade, pero ser parte da
comunidade universitaria non é un requisito para participar no programa.
- O PCR supón, por unha banda, unha forma de integración de novas
persoas voluntarias e, polo tanto unha vía de apoio á realización de
actividades nas diferentes áreas de traballo de ESF. Por outra banda, supón
unha parte do ciclo formativo do voluntariado dentro de ESF e das súas
actividades, destacando a concepción que ESF ten do voluntariado como
axente transformador dunha sociedade inxusta e con desigualdade de
oportunidades de desenvolvemento para as persoas e os pobos.
2.1. PCR Redes
O PCR Redes consiste na participación de redes de traballo estatais ou
internacionais de incidencia política e sensibilización das que ESF Galicia ou
a Federación Española de Ingeniería sin Fronteras forma parte, ou ben coas
que se quere establecer un vínculo.
O principal obxectivo de participar directamente nestes movementos é a
3
Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019
oferta de formación específica avanzada a través das actividades que se
leven a cabo, xunto con outras persoas e organizacións que conforman a
rede. Ademais, a persoa participante contribuirá á rede, establecendo lazos
con persoas que desenvolven proxectos e campañas noutras rexións
xeográficas.
O traballo levado a cabo durante a estancia pode formar parte dalgunha das
campañas que se estea levando a cabo en Galicia no mesmo ano, sendo
coherente coa temática e os obxectivos do mesmo proceso. Por último, os
coñecementos adquiridos favorecerán o desenvolvemento das actividades
por parte das persoas voluntarias que conforman a asociación.
2.2. Praza PCR Redes 2019
O obxectivo desta praza é que a persoa seleccionada participe no
Campamento da Red de Jóvenes en Acción por el Clima 2019, que terá
lugar en San Lorenzo, Honduras. Esta rede internacional conformouse por
mozas e mozos de Alemania, Bélxica, Nicaragua, Honduras e España, entre
outros, baixo o lema “¿Cales son as túas pegadas neste mundo? No traballo
da rede inclúense os seguintes temas: cambio climático, auga, agricultura
sostible, bosques, consumo responsable, enerxía renovable, migración e
xustiza ambiental.
No campamento de 2019 que terá lugar en San Lorenzo, Honduras,
abordaranse as seguintes temáticas:
• Percorrido e razón de ser da Red de Jóvenes en Acción por el Clima
• Clima e conflitos: situación no contexto do Golfo de Fonseca en
Honduras, análise de conflitos ambientais, transformación de conflitos
ambientais.
• Accións polo clima, intervencións e incidencia política.
• Visitas a lugares que presentan situación de conflitos ambientais.
As tarefas a desenvolver pola persoa seleccionada durante o PCR serán:
• Antes da estancia en terreo:
◦ Formación e autoformación previa á estancia, co acompañamento
de persoas voluntarias e contratadas de ESF (do 15 de xuño ao 19
de agosto). Esta formación será especialmente deseñada segundo o
perfil da persoa participante, e consistirá en lecturas seleccionadas
por ESF para o traballo individual da persoa seleccionada e na
4
Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019
asistencia a unha xornada de formación que terá lugar entre
xuño e xullo (data a concretar entre a persoa seleccionada e o
voluntariado de ESF)
• Durante a estancia en terreo:
◦ Colaboración na preparación do campamento (do 20 de agosto ao 1
de setembro)
◦ Participación no campamento (do 2 ao 13 de setembro)
◦ Peche do campamento e outras accións complementarias a deseñar
de xeito conxunto entre ESF e a persoa PCR (do 13 ao 19 de
setembro)
• Despois da estancia en terreo:
◦ Colaboración ao menos durante tres meses como voluntaria/o
nas actividades de ESF en Galicia vinculadas a Educación para o
Desenvolvemento e Sensibilización en torno a temática de creación
de pontes Honduras-Galicia, redes e temáticas ligadas á defensa do
territorio e medio ambiente.
3. COMPROMISOS DE ESF GALICIA
• Seguimento e xestión do programa a través da “Comisión PCR”.
• Selección da persoa participante.
• Organización da formación precisa para o correcto aproveitamento do
programa.
• Integración da persoa participantes na vida asociativa.
• Transmisión á persoa participante de información detallada sobre os
antecedentes da asociación no eido/zona de traballo.
• Busca de financiamento para os gastos da viaxe e seguro médico que
cubra ás persoas participantes durante a súa estancia.
• Xestión e busca de financiamento no seu caso para o aloxamento da
persoa participante durante a estancia en terreo.
• Organización da viaxe en colaboración coa persoa participante.
• Seguimento durante a estancia por parte da comisión PCR e do persoal
contratado á persoa participante.
• Coordinación coa persoa expatriada de ESF durante a estancia en
terreo.
• Dar seguimento e acompañamento á persoa PCR ao seu regreso,
5
Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019
incluíndo a planificación conxunta de actividades de voluntariado en
Galicia tras a estancia en terreo.
• Avaliación final do proceso xunto coa persoa participante.
4. COMPROMISOS XERAIS DAS PERSOAS SOLICITANTES
• Participación na formación previa á viaxe.
• Firma con ESF do compromiso de PCR antes da estancia, no que se
detallarán todas as condicións do programa.
• Facerse cargo da súa manutención (comida e gastos persoais) durante
a estancia en terreo.
• Participación nas actividades durante a estancia en terreo baixo as
indicacións da persoa expatriada de ESF e das persoas organizadoras
do evento.
• Elaboración dun informe final da experiencia a entregar como moi
tarde dous meses despois da finalización da estancia PCR segundo
modelo facilitado por ESF.
• Informe das actividades na súa estancia a través de redes sociais
(facebook), telegram e correos nas listas.
• Compromiso de permanencia e participación activa como
persoa voluntaria na asociación ao menos tres meses en
Galicia tras a estancia en terreo,
5. PERFIL DA PERSOA PCR
Requisitos imprescindibles
• Ser menor de 30 anos (o campamento está dirixido a mozas/os de
entre 18 e 30 anos)
• Especial sensibilización e motivación en temas relacionados co medio
ambiente, cambio climático, xestión de residuos, consumo
responsable, etc.
• Dispoñibilidade nas datas establecidas para a formación previa e
estancia en terreo.
• Dispoñibilidade para a permanencia e participación activa como
persoa voluntaria na asociación ao menos tres meses en Galicia tras a
estancia en terreo.
6
Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019
• Ofimática e internet a nivel usuario.
Importante: Estes criterios son esixibles; polo tanto deberán quedar
perfectamente explicados e xustificados no CV (os máis obxectivos) e na carta
de motivación (os de carácter máis subxectivo).
Valóranse adicionalmente:
• Capacidade de traballo en equipos multidisciplinares e multiculturais e
capacidade de convivencia e de adaptación a realidades diferentes.
• Flexibilidade, habilidades comunicativas e empatía.
• Experiencia de participación en redes, asociacións ou movementos
sociais, experiencia de voluntariado.
• Formación (formal e/ou informal) en cooperación para o
desenvolvemento e/ou educación para o desenvolvemento.
MÁIS INFORMACIÓN:
● Enxeñeria Sen Fronteiras https://galicia.isf.es/?lang=es
● Blogue asociativo de ESF https://esfgalicia.blogspot.com/
● Blogue de ESF en Honduras https://esfhonduras.blogspot.com/
● Facebook ESF https://es-es.facebook.com/ESFGal/
● Wiki de ESF Galicia http://esf.gpul.org/
● Información da Red de Jóvenes en Acción por el Clima
https://alianzaporelclima.wordpress.com/acerca-de/Jóvenes en acción
por el clima
6. SOLICITUDE DE PRAZA
As persoas interesadas deben enviar, en formato PDF, un breve CV
cos datos máis relevantes para a praza, xunto cunha carta de motivación
tamén en pdf, ao correo info@galicia.isf.es, indicando no asunto o nome
da praza correspondente (PCR-redes).
Os criterios esixibles das prazas ofertadas deben quedar
perfectamente explicados e xustificados no CV (os máis obxectivos) e na
carta de motivación (os de carácter máis subxectivo). A carta de motivación
non debe ser un CV en palabras nin unha defensa da persoa como apta para
7
Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019
ocupar a praza. Ademais, deberase explicar, co detalle en que sexa posible:
1) Se existe o compromiso e dispoñibilidade de participar na formación
previa.
2) Se existe o compromiso e dispoñibilidade para a participación activa no
grupo de voluntariado vinculado ao PCR ao menos tres meses en Galicia tras
a estancia en terreo, así como nas actividades de sensibilización vinculadas
ao programa propostas.
As solicitudes que non inclúan ambos documentos no
formato indicado non entrarán no proceso de selección.
A data límite para a presentación de solicitudes é o 5 de
xuño de 2019, ás 23:59 horas. As solicitudes que sexan recibidas
despois deste momento non entrarán no proceso de selección.
A selección de persoas para a entrevista farase atendendo aos CV e ás
cartas de motivación. A cita para a entrevista concertarase por teléfono, as
entrevistas realizaranse previsiblemente na semana do 10 ao 14 de xuño. As
persoas non seleccionadas para a entrevista serán notificadas vía correo-e.
Ás persoas entrevistadas se lles comunicará por teléfono o resultado da
entrevista.
Se tes algunha dúbida sobre o concepto de PCR, a filosofía de ESF, a
convocatoria ou a túa solicitude podes contactar con info@galicia.isf.es
8

Mais conteúdo relacionado

Mais de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Mais de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (20)

Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016
 
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpDEstudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
 
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoA Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalA tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
 
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
 
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoComunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen FronteirasExperiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
 
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
 
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica éticaBreve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
 
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
 
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivoCrónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
 
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
 
Presentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativoPresentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativo
 
Informe final proyecto san jose de las conchas
Informe final proyecto san jose de las conchasInforme final proyecto san jose de las conchas
Informe final proyecto san jose de las conchas
 
Informe evaluacion externa gallardo fase ii
Informe evaluacion externa gallardo fase iiInforme evaluacion externa gallardo fase ii
Informe evaluacion externa gallardo fase ii
 
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
 
Tecnoloxias apropiadas antón román
Tecnoloxias apropiadas antón románTecnoloxias apropiadas antón román
Tecnoloxias apropiadas antón román
 
Pantallas intercentros sob al 2013
Pantallas intercentros sob al 2013Pantallas intercentros sob al 2013
Pantallas intercentros sob al 2013
 
Triptico sob al 2013
Triptico sob al 2013Triptico sob al 2013
Triptico sob al 2013
 
Canales interoceánicos en Centroamérica
Canales interoceánicos en CentroaméricaCanales interoceánicos en Centroamérica
Canales interoceánicos en Centroamérica
 

Convocatoria PCR 2019 Honduras

  • 1. Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019 CONVOCATORIA DE PRAZA DO PROGRAMA DE COÑECEMENTO DA REALIDADE (PCR) REDES DE ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA (ESF GALICIA), ANO 2019 1
  • 2. Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019 1. PRAZA OFERTADA Tipo de PCR PCR Redes en Honduras Nome do grupo Comisión PCR País Honduras Zona Golfo de Fonseca Prazas 1 Duración Dende o 15 de xuño ao 15 de decembro 2019 (Incorporación desde o 15 de Xuño 2019 a ESF para a formación previa, estadía en terreo do 19 de agosto ao 19 de setembro e voluntariado en Galicia de 3 meses trala chegada). Datas da estancia* 1 mes entre o 19 de agosto e o 19 de setembro (as datas da viaxe poden variar 1-2 días) *A realización da viaxe estará supeditada a que a situación política no país ofreza unhas condicións mínimas de estabilidade e seguridade. 2
  • 3. Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019 2. QUE É UNHA PERSOA PCR? ESF GALICIA organiza o Programa de Coñecemento de Realidade co obxectivo final de promover unha cidadanía global crítica e solidaria, potenciando o proceso de aprendizaxe das persoas da nosa sociedade a través do coñecemento de primeira man das desigualdades entre países. Quérese con isto que as persoas participantes adquiran conceptos, procedementos e actitudes como parte do proceso de afondamento nas causas das desigualdades no mundo e que interioricen nas súas vidas e no seu entorno actitudes de cambio social para superar a inxustiza social. O PCR promovido por ESF é un instrumento de Educación para o Desenvolvemento xa que permite desenvolver nas persoas participantes coñecementos, valores e actitudes baseados no diálogo, o respecto activo e a solidariedade. Trátase de facilitar unha experiencia de sensibilización a pequenos grupos de persoas, que ao ser seleccionadas se converterán en persoas voluntarias de ESF e participarán no día a día da asociación, contribuíndo ao seu crecemento persoal e social. As seguintes características do PCR son importantes tanto para ESF como para as persoas participantes: - Coa participación no PCR perséguese fomentar unha formación integral, é dicir, preténdese o desenvolvemento de capacidades técnicas e metodolóxicas cun enfoque social global. - O PCR difúndese principalmente na universidade, pero ser parte da comunidade universitaria non é un requisito para participar no programa. - O PCR supón, por unha banda, unha forma de integración de novas persoas voluntarias e, polo tanto unha vía de apoio á realización de actividades nas diferentes áreas de traballo de ESF. Por outra banda, supón unha parte do ciclo formativo do voluntariado dentro de ESF e das súas actividades, destacando a concepción que ESF ten do voluntariado como axente transformador dunha sociedade inxusta e con desigualdade de oportunidades de desenvolvemento para as persoas e os pobos. 2.1. PCR Redes O PCR Redes consiste na participación de redes de traballo estatais ou internacionais de incidencia política e sensibilización das que ESF Galicia ou a Federación Española de Ingeniería sin Fronteras forma parte, ou ben coas que se quere establecer un vínculo. O principal obxectivo de participar directamente nestes movementos é a 3
  • 4. Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019 oferta de formación específica avanzada a través das actividades que se leven a cabo, xunto con outras persoas e organizacións que conforman a rede. Ademais, a persoa participante contribuirá á rede, establecendo lazos con persoas que desenvolven proxectos e campañas noutras rexións xeográficas. O traballo levado a cabo durante a estancia pode formar parte dalgunha das campañas que se estea levando a cabo en Galicia no mesmo ano, sendo coherente coa temática e os obxectivos do mesmo proceso. Por último, os coñecementos adquiridos favorecerán o desenvolvemento das actividades por parte das persoas voluntarias que conforman a asociación. 2.2. Praza PCR Redes 2019 O obxectivo desta praza é que a persoa seleccionada participe no Campamento da Red de Jóvenes en Acción por el Clima 2019, que terá lugar en San Lorenzo, Honduras. Esta rede internacional conformouse por mozas e mozos de Alemania, Bélxica, Nicaragua, Honduras e España, entre outros, baixo o lema “¿Cales son as túas pegadas neste mundo? No traballo da rede inclúense os seguintes temas: cambio climático, auga, agricultura sostible, bosques, consumo responsable, enerxía renovable, migración e xustiza ambiental. No campamento de 2019 que terá lugar en San Lorenzo, Honduras, abordaranse as seguintes temáticas: • Percorrido e razón de ser da Red de Jóvenes en Acción por el Clima • Clima e conflitos: situación no contexto do Golfo de Fonseca en Honduras, análise de conflitos ambientais, transformación de conflitos ambientais. • Accións polo clima, intervencións e incidencia política. • Visitas a lugares que presentan situación de conflitos ambientais. As tarefas a desenvolver pola persoa seleccionada durante o PCR serán: • Antes da estancia en terreo: ◦ Formación e autoformación previa á estancia, co acompañamento de persoas voluntarias e contratadas de ESF (do 15 de xuño ao 19 de agosto). Esta formación será especialmente deseñada segundo o perfil da persoa participante, e consistirá en lecturas seleccionadas por ESF para o traballo individual da persoa seleccionada e na 4
  • 5. Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019 asistencia a unha xornada de formación que terá lugar entre xuño e xullo (data a concretar entre a persoa seleccionada e o voluntariado de ESF) • Durante a estancia en terreo: ◦ Colaboración na preparación do campamento (do 20 de agosto ao 1 de setembro) ◦ Participación no campamento (do 2 ao 13 de setembro) ◦ Peche do campamento e outras accións complementarias a deseñar de xeito conxunto entre ESF e a persoa PCR (do 13 ao 19 de setembro) • Despois da estancia en terreo: ◦ Colaboración ao menos durante tres meses como voluntaria/o nas actividades de ESF en Galicia vinculadas a Educación para o Desenvolvemento e Sensibilización en torno a temática de creación de pontes Honduras-Galicia, redes e temáticas ligadas á defensa do territorio e medio ambiente. 3. COMPROMISOS DE ESF GALICIA • Seguimento e xestión do programa a través da “Comisión PCR”. • Selección da persoa participante. • Organización da formación precisa para o correcto aproveitamento do programa. • Integración da persoa participantes na vida asociativa. • Transmisión á persoa participante de información detallada sobre os antecedentes da asociación no eido/zona de traballo. • Busca de financiamento para os gastos da viaxe e seguro médico que cubra ás persoas participantes durante a súa estancia. • Xestión e busca de financiamento no seu caso para o aloxamento da persoa participante durante a estancia en terreo. • Organización da viaxe en colaboración coa persoa participante. • Seguimento durante a estancia por parte da comisión PCR e do persoal contratado á persoa participante. • Coordinación coa persoa expatriada de ESF durante a estancia en terreo. • Dar seguimento e acompañamento á persoa PCR ao seu regreso, 5
  • 6. Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019 incluíndo a planificación conxunta de actividades de voluntariado en Galicia tras a estancia en terreo. • Avaliación final do proceso xunto coa persoa participante. 4. COMPROMISOS XERAIS DAS PERSOAS SOLICITANTES • Participación na formación previa á viaxe. • Firma con ESF do compromiso de PCR antes da estancia, no que se detallarán todas as condicións do programa. • Facerse cargo da súa manutención (comida e gastos persoais) durante a estancia en terreo. • Participación nas actividades durante a estancia en terreo baixo as indicacións da persoa expatriada de ESF e das persoas organizadoras do evento. • Elaboración dun informe final da experiencia a entregar como moi tarde dous meses despois da finalización da estancia PCR segundo modelo facilitado por ESF. • Informe das actividades na súa estancia a través de redes sociais (facebook), telegram e correos nas listas. • Compromiso de permanencia e participación activa como persoa voluntaria na asociación ao menos tres meses en Galicia tras a estancia en terreo, 5. PERFIL DA PERSOA PCR Requisitos imprescindibles • Ser menor de 30 anos (o campamento está dirixido a mozas/os de entre 18 e 30 anos) • Especial sensibilización e motivación en temas relacionados co medio ambiente, cambio climático, xestión de residuos, consumo responsable, etc. • Dispoñibilidade nas datas establecidas para a formación previa e estancia en terreo. • Dispoñibilidade para a permanencia e participación activa como persoa voluntaria na asociación ao menos tres meses en Galicia tras a estancia en terreo. 6
  • 7. Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019 • Ofimática e internet a nivel usuario. Importante: Estes criterios son esixibles; polo tanto deberán quedar perfectamente explicados e xustificados no CV (os máis obxectivos) e na carta de motivación (os de carácter máis subxectivo). Valóranse adicionalmente: • Capacidade de traballo en equipos multidisciplinares e multiculturais e capacidade de convivencia e de adaptación a realidades diferentes. • Flexibilidade, habilidades comunicativas e empatía. • Experiencia de participación en redes, asociacións ou movementos sociais, experiencia de voluntariado. • Formación (formal e/ou informal) en cooperación para o desenvolvemento e/ou educación para o desenvolvemento. MÁIS INFORMACIÓN: ● Enxeñeria Sen Fronteiras https://galicia.isf.es/?lang=es ● Blogue asociativo de ESF https://esfgalicia.blogspot.com/ ● Blogue de ESF en Honduras https://esfhonduras.blogspot.com/ ● Facebook ESF https://es-es.facebook.com/ESFGal/ ● Wiki de ESF Galicia http://esf.gpul.org/ ● Información da Red de Jóvenes en Acción por el Clima https://alianzaporelclima.wordpress.com/acerca-de/Jóvenes en acción por el clima 6. SOLICITUDE DE PRAZA As persoas interesadas deben enviar, en formato PDF, un breve CV cos datos máis relevantes para a praza, xunto cunha carta de motivación tamén en pdf, ao correo info@galicia.isf.es, indicando no asunto o nome da praza correspondente (PCR-redes). Os criterios esixibles das prazas ofertadas deben quedar perfectamente explicados e xustificados no CV (os máis obxectivos) e na carta de motivación (os de carácter máis subxectivo). A carta de motivación non debe ser un CV en palabras nin unha defensa da persoa como apta para 7
  • 8. Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade - Redes de ESF Galicia 2019 ocupar a praza. Ademais, deberase explicar, co detalle en que sexa posible: 1) Se existe o compromiso e dispoñibilidade de participar na formación previa. 2) Se existe o compromiso e dispoñibilidade para a participación activa no grupo de voluntariado vinculado ao PCR ao menos tres meses en Galicia tras a estancia en terreo, así como nas actividades de sensibilización vinculadas ao programa propostas. As solicitudes que non inclúan ambos documentos no formato indicado non entrarán no proceso de selección. A data límite para a presentación de solicitudes é o 5 de xuño de 2019, ás 23:59 horas. As solicitudes que sexan recibidas despois deste momento non entrarán no proceso de selección. A selección de persoas para a entrevista farase atendendo aos CV e ás cartas de motivación. A cita para a entrevista concertarase por teléfono, as entrevistas realizaranse previsiblemente na semana do 10 ao 14 de xuño. As persoas non seleccionadas para a entrevista serán notificadas vía correo-e. Ás persoas entrevistadas se lles comunicará por teléfono o resultado da entrevista. Se tes algunha dúbida sobre o concepto de PCR, a filosofía de ESF, a convocatoria ou a túa solicitude podes contactar con info@galicia.isf.es 8