SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 8
Baixar para ler offline
IV E R SI D A D
D




                                                            E
        af
              ect
                                               XU AL
                        ivo - sE



UN MES CONTRA A HOMOFOBIA:
            XUÑO CON ORGULLO
FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL
UN MES CONTRA A HOMOFOBIA:
FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL

                                             ACTIVIDADE 1
                                        Ideas previas e conceptos
A VER QUE SABES...
ACTIVIDADE DE IDENTIFICACIÓN DE IDEAS PREVIAS E DE CONCEPTUALIZACIÓN
Obxectivos:
Determinar o grao de coñecemento do alumnado en relación á cuestión da diversidade afectiva e sexual.
Metodoloxía:
Recursos: Fotocopia do cuestionario, encerado e xiz.
Distribución do grupo: Nunha primeira fase, individual. Posteriormente faise unha posta en común con
toda a clase.
Para 2º ciclo de ESO, Bacharelato e FP Grao Medio.
Descrición da actividade:
Trátase dun cuestionario de ideas previas que nos serven para extraer cales son os coñecementos iniciais
que posúe o alumnado con respeito a este centro de interese. Estas ideas iniciais dános unha importante
información sobre como propor a unidade didáctica. En principio pasarase o cuestionario aos/ás alumnas
para que o enchan de forma individual. Posteriormente o/a profesor/a xerará un debate para que expoñan
en público as respostas. A participación do alumnado será voluntaria mais sería interesante que todo o
mundo participase para fomentar un primeiro achegamento á cuestión.
Nota: Lembrar ao profesorado que ten un glosario básico na Guía de recursos da diversidade afectiva e sexual
da Steg do ano 2010 por se o quere distribuír entre o alumnado despois de faceren o cuestionario.
Introdución do tema da diversidade afectivo-sexual na aula:
Unha suxestión é que a introdución do tema da diversidade afectivo-sexual na aula pode propiciarse
aproveitando a celebración de varios xornadas sinaladas:
-26 de abril, día da visibilidade lésbica.
-17 de maio, día contra a homofobia.
-28 de xuño, día do orgullo lésbico, gai, bisexual e transexual.



                         Ideas previas e conceptos... A VER QUE SABES...
1. Serías capaz de definir os seguintes conceptos?
   Homosexualidade
   Heterosexualidade
   Gais
   Lesbianas
   Homofobia
   Transexual




                                                                                                               1
   www.stegsindicato.org                                                       steg@stegsindicato.org
UN MES CONTRA A HOMOFOBIA:
FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL


2. Responde Verdadeiro ou Falso as seguintes cuestións:
  • A homosexualidade é un vicio.
  • As persoas homosexuais desfrutan dos mesmos dereitos que calquera outra persoa.
  • A homosexualidade é unha forma máis de vivir a sexualidade e a afectividade dunha persoa.
  • A homosexualidade pode condicionar as túas aspiracións profesionais.
3. Coñeces a algunha persoa homosexual? Se non a coñeces, como a imaxinas?
4. Sinceramente, se o teu mellor amigo / a túa mellor amiga faiche saber que é homosexual como
reaccionarias?
 a.   apartaríame del/dela porque non sabería como reaccionar.
 b.   falaría con el/ela para saber se necesita axuda.
 c.   falaría do tema co /coa tutor(a) ou un(ha) profesor(a).
 d.   seguiríalle tratando igual.
5. Que porcentaxe da poboación cres que é homosexual?
6. Que cres que te define como un home ou como unha muller?
7. Por que cres que a homosexualidade é un tema tabú ou ben obxecto de burlas?
8. Finalmente comenta calquera outro aspecto que che gostaría saber ou preguntar. Se queres dá a túa
opinión sobre a homosexualidade e se tería que tratarse nos institutos.



       Fonte: Introducció a la diversitat afectiva i sexual, de Inclou. Adaptada




                                                                                                            2
      www.stegsindicato.org                                                        steg@stegsindicato.org
UN MES CONTRA A HOMOFOBIA:
FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL
                                              ACTIVIDADE 2
                                      Orientación do desexo sexual
Obxectivos
Aclarar os conceptos de: orientación do desexo, homosexualidade, heterosexualidade e transexualidade.
Diferenciar a identidade sexual da orientación do desexo.
Aceptar e respectar as diferentes formas de ser homes e de ser mulleres das persoas.
Conceptos clave
   Identidade sexual.
   A orientación sexual.
Elementos que conforman a identidade persoal.
   A diversidade sexual:
   Homosexualidade
   Heterosexualidade
  Bisexualidade.
Indicacións para o profesorado
O respecto á diversidade sexual, o respecto ás diferentes formas que temos de ser homes e mulleres, está
en la base de la convivencia pacífica entre los seres humanos. A nosa identidade persoal confórmase como
un puzzle de distintos elementos: a bioloxía, a familia, o noso sexo, a nosa orientación sexual, os roles e
estereotipos sociais, a nosa personalidade..., ao longo do tempo e en continua evolución.
É necesario aclarar os conceptos que nos axuden a entender todo isto.
Ademais, a través da banda deseñada podemos achegarnos a unha realidade que habitualmente
aparece estereotipada.
A homofobia é unha lacra da nosa sociedade e das nosas aulas e está na orixe de moitos casos de acoso e
violencia.
Recursos e materiais de apoio
Ficha 1, enquisa.
Ficha 2, esquema.
Banda deseñada.: Guille, un chico de mi instituto o Carol, una chica de mi instituto. Guía sobre diversidad
afectivo-sexual para adolescentes. Editados por COGAM e outros. É fácil descargar os documentos da rede.
25 cuestiones sobre la orientación sexual, guía dirixida a persoas educadoras elaborada pola Comisión de
Educación de COGAM e editada polo Defensor del Menor da Comunidade de Madrid no ano 1999. É fácil
descargar o documento da rede.
Dirixida a: Alumnado de 3º e 4º da ESO.
Fonte da actividade:
Ni ogros ni princesas. Guía para la educación afectivo-sexual en la ESO. Adaptado.
Ed. Consejería de Salud y Servicios Sanitarios de Asturias. 2007.
Desenvolvemento:
1. Para comezar, pídeselles que individualmente contesten á enquisa (ver Ficha 1). Non se pretende con ela
máis que introducir o tema, pero se aparecera algunha dúbida ou pregunta é o momento de, entre todos
e todas, abordalas.
2. A continuación imos aclarar conceptos:
Pódese escribir no encerado este esquema e comentalo, para, posteriormente, pedirlles que completen a
                                                                                                              3
    www.stegsindicato.org                                                      steg@stegsindicato.org
UN MES CONTRA A HOMOFOBIA:
FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL
ficha 2 en grupos. Faise a posta en común e acláranse todas as dúbidas conceptuais que apareceran

                                              Quen son eu?




                                       A miña identidade persoal




  A miña identidade sexual        A miña orientación sexual           A miña identidade social
           MULLER                        HETEROSEXUAL                    Como son eu muller?
           HOME                           HOMOSEXUAL                     Como son eu home?
                                             BISEXUAL
(Se houbo un desacordo entre a identidade sexual e o propio corpo falaremos de transexualidade).
3. En terceiro lugar, proxectarase a banda deseñada e, a partir dela, levarase a cabo un coloquio no
tempo restante. Pódeselle pedir unha reflexión persoal por escrito como tarefa para casa.




                                                                                                        4
    www.stegsindicato.org                                                      steg@stegsindicato.org
UN MES CONTRA A HOMOFOBIA:
FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL
                                                 ACTIVIDADE 2
                                        Orientación do desexo sexual
                                                  FICHA 1 Enquisa


1. Cando descubriches a túa heterosexualidade?
 · De sempre. · Na miña adolescencia.            · Hai pouco.     · Aínda non o valorei.
2. Custouche moito aceptar que o es?
 · Si, aínda me custa.      · Un pouco.     · En realidade estou encantado.
3. Coñeces casos similares?
 · Si.           · Non.            · Non o sei. A xente non fala desas cousas.
4. Pensas contarllo aos teus pais ou titores?
 · Si, supoño, e penso que me entenderán. Son moi abertos.
  · Non, nunca lles contaría algo así.
 · Penso que lles custaría moito aceptalo. A súa educación é moi tradicional.
 · Xa o fixen.
5. E as túas amizades?
  · Si, supoño e penso que o entenderán, xa que algúns deles tamén son heterosexuais.
  · Non, nunca lles contaría algo así.
  · Supoño que lles custaría aceptalo.
  · Xa o compartín con eles.
6. Sentícheste algunha vez discriminado/a por ser heterosexual?
  · Algunhas veces.       · Si, continuamente.    · Non.   · No, porque oculto o que son.
7. Cantas veces fostes a un psicólogo/a para que te axude a aceptarte ou te faga deixar de ser
heterosexual?
  · Moitas.                        · Teño medo a que nin el me entenda.
  · Estou en tratamento.           · Non, non fun por este “problema”.
8. Cres que unha parella de distinto sexo pode formar unha familia e educar fillos sen que sexa un
trauma para eles?
  · Sí.                   · Non.          · Depende; porque, hai cada pai e nai!
9. Que sentes cando oes a expresión:”heterosexual de merda” ou as continuas bromas e chistes
gratuítos ao respecto?
 · Dóeme e gustaríame desaparecer.
 · Mentres non mo digan a min...
 · É que realmente os heterosexuais somos así.
 · Deféndome abertamente e defendo aos que son coma min.

                                                                                                              5
     www.stegsindicato.org                                                           steg@stegsindicato.org
UN MES CONTRA A HOMOFOBIA:
FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL
                                 ACTIVIDADE 2
                           Orientación do desexo sexual
                                FICHA 2 Identidades
                                    Identidades
       Identidade sexual         Orientación sexual         Identidade social
                                                              Son sociable,
                                                           gústanme as motos,
           Son muller             Son homosexual           encántame bañarme
                                     (son lesbiana)              na praia,
                                                          non se me dan ben as
                                                              matemáticas ...
                                                               Son sociable
                                                           gústanme as motos,
                                                           encántame bañarme
             Son
                                                                 na praia,
                                                          non se me dan ben as
                                                              matemáticas ...
                                                               Son sociable
                                                           gústanme as motos,
                                                           encántame bañarme
                                                                 na praia,
                                                          non se me dan ben as
                                                              matemáticas ...
                                                              Son sociable,
                                                           gústanme as motos,
                                                           encántame bañarme
                                                                 na praia,
                                                          non se me dan ben as
                                                              matemáticas ...
                                 ACTIVIDADE 2
                           Orientación do desexo sexual
                                  Banda deseñada




                                                                                      6
  www.stegsindicato.org                                      steg@stegsindicato.org
UN MES CONTRA A HOMOFOBIA:
FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL
                                                    ACTIVIDADE 3
                            Busca de información sobre o día do orgullo gai

ACTIVIDADE DE REFORZO E AMPLIACIÓN (BUSCA DE INFORMACIÓN), SENSIBILIZACIÓN
Obxectivos:
Coñecer a historia do movemento GLBT e as principais reivindicacións do colectivo de gais, lesbianas,
bisexuais e transexuais.
Metodoloxía:
Recursos: Fotocopia para o alumnado.
Distribución do grupo: Individual e en grupo de clase.
Bacharelato e FP.
Descrición da actividade:
Os alumnos teñen que procurar información relacionada coa Festa do Orgullo Gai e responder as
preguntas que teñen no cuestionario que se lles distribuíu. Pódense deixar uns días antes de poñer
en común as respostas, para permitir acceder a internet, hemerotecas ou pedir información a algunha
asociación lgbt.

                                   Cuestionario: O DíA DO ORGULLO GAI
Procura información en hemerotecas ou en internet ou consulta algunha organización lgbt e responde as
seguintes preguntas:
 1. Cales son as cores que forman a bandeira insignia dos colectivos de gais, lesbianas, bisexuais e
  transexuais?
 2. Por que razón saen à rúa millares de persoas de todo o mundo no dia 28 de xuño
 3. Pensas que é necesaria a celebración deste dia? Por que?
 4. Que se reivindica neste dia?
 5. Cando e onde se celebrou por primeira no Estado español o Dia do Orgullo?
 6. Aproximadamente, cantas persoas lgbt hai en España?
 7. Cales son as frentes de loita dos colectivos lgbt?
 8. De que formas se poden presentar a homofobia e o rexeitamento social? É sempre violencia física?
 9. Que lles ocorre a moito(a)s adolescentes cando descobren a súa homosexualidade?
10. Hai familias homoparentais na actualidade? Como se formaron? Está recoñecida esta realidade?
11. Que demostraron os estudos de psicoloxía sobre as parellas do mesmo sexo con respeito á educación
  dos nenos? Son iguais os nenos criados por parellas «homo» aos criados por rellas «hetero»?
12. Comenta cal é a situaçión legal das persoas lgbt nos seguintes países: Holanda, Suráfrica, Gran Bretaña,
  Estados Unidos, Canadá, Arabia Saudí, Brasil, España.
Páxinas web onde se pode atopar máis facilmente esta información:
-Wikipedia/Galipedia nos ítems: Homosexualidade, Stonewall...
O catálogo LGBT da galipedia ten varias entradas interesantes.
-Páxina web de COGAM.
-Páxina web de ILGA (está en inglés).
      Fonte: Introducció a la diversitat afectiva i sexual, de Inclou. Adaptada.

                                                                                                               7
    www.stegsindicato.org                                                          steg@stegsindicato.org

Mais conteúdo relacionado

Destaque

Latihan bab6 cikgugeog
Latihan bab6 cikgugeogLatihan bab6 cikgugeog
Latihan bab6 cikgugeog
Kila Shakila
 
Alex - Von der idee zur premiere
Alex  - Von der idee zur premiereAlex  - Von der idee zur premiere
Alex - Von der idee zur premiere
Tobias Falke
 
Lte의 불편한 진실
Lte의 불편한 진실Lte의 불편한 진실
Lte의 불편한 진실
jihyae0265
 
אזרחות ומנהיגות יום פתוח
אזרחות ומנהיגות  יום פתוחאזרחות ומנהיגות  יום פתוח
אזרחות ומנהיגות יום פתוח
e-vak
 
가상현실 & 증강현실
가상현실 & 증강현실가상현실 & 증강현실
가상현실 & 증강현실
jihyae0265
 
Tablet pc가 우리의 삶에 미치는 영향
Tablet pc가 우리의 삶에 미치는 영향Tablet pc가 우리의 삶에 미치는 영향
Tablet pc가 우리의 삶에 미치는 영향
jihyae0265
 
Rebeca salas y hilary jimenes
Rebeca salas y hilary jimenesRebeca salas y hilary jimenes
Rebeca salas y hilary jimenes
Rebeca Salas
 

Destaque (16)

Latihan bab6 cikgugeog
Latihan bab6 cikgugeogLatihan bab6 cikgugeog
Latihan bab6 cikgugeog
 
Magnat_2015_
Magnat_2015_Magnat_2015_
Magnat_2015_
 
Very largeoptimizationparallel
Very largeoptimizationparallelVery largeoptimizationparallel
Very largeoptimizationparallel
 
Smm
SmmSmm
Smm
 
Alex - Von der idee zur premiere
Alex  - Von der idee zur premiereAlex  - Von der idee zur premiere
Alex - Von der idee zur premiere
 
Pipeline optimization Industrial Modeling Framework
Pipeline optimization Industrial Modeling FrameworkPipeline optimization Industrial Modeling Framework
Pipeline optimization Industrial Modeling Framework
 
Lte의 불편한 진실
Lte의 불편한 진실Lte의 불편한 진실
Lte의 불편한 진실
 
Planificaciones sonia 3 de enero
Planificaciones sonia 3 de eneroPlanificaciones sonia 3 de enero
Planificaciones sonia 3 de enero
 
אזרחות ומנהיגות יום פתוח
אזרחות ומנהיגות  יום פתוחאזרחות ומנהיגות  יום פתוח
אזרחות ומנהיגות יום פתוח
 
가상현실 & 증강현실
가상현실 & 증강현실가상현실 & 증강현실
가상현실 & 증강현실
 
Sample power point
Sample power pointSample power point
Sample power point
 
Tablet pc가 우리의 삶에 미치는 영향
Tablet pc가 우리의 삶에 미치는 영향Tablet pc가 우리의 삶에 미치는 영향
Tablet pc가 우리의 삶에 미치는 영향
 
Rebeca salas y hilary jimenes
Rebeca salas y hilary jimenesRebeca salas y hilary jimenes
Rebeca salas y hilary jimenes
 
Yanomami folket av aina
Yanomami folket av ainaYanomami folket av aina
Yanomami folket av aina
 
Joaquin and adam
Joaquin and adamJoaquin and adam
Joaquin and adam
 
Introduction cmg
Introduction cmgIntroduction cmg
Introduction cmg
 

Semelhante a 28 xunho ud_secundaria

Enquisa sobre a homofobia e sobre o racismo 4 final
Enquisa sobre a homofobia e sobre o racismo 4 finalEnquisa sobre a homofobia e sobre o racismo 4 final
Enquisa sobre a homofobia e sobre o racismo 4 final
igualdadesocial4
 
Cartas de-amor
Cartas de-amorCartas de-amor
Cartas de-amor
satelite1
 

Semelhante a 28 xunho ud_secundaria (20)

Xornada contra homofobia
Xornada contra homofobiaXornada contra homofobia
Xornada contra homofobia
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Sexismo
SexismoSexismo
Sexismo
 
Repaso tema 1
Repaso tema 1Repaso tema 1
Repaso tema 1
 
Sexismo
SexismoSexismo
Sexismo
 
Guía de coeducación gallego
Guía de coeducación gallegoGuía de coeducación gallego
Guía de coeducación gallego
 
Bel olid
Bel olid Bel olid
Bel olid
 
Estereotipos
EstereotiposEstereotipos
Estereotipos
 
Actividades
ActividadesActividades
Actividades
 
Diversidade sexual e de xénero
Diversidade sexual e de xéneroDiversidade sexual e de xénero
Diversidade sexual e de xénero
 
Enquisa sobre a homofobia e sobre o racismo 4 final
Enquisa sobre a homofobia e sobre o racismo 4 finalEnquisa sobre a homofobia e sobre o racismo 4 final
Enquisa sobre a homofobia e sobre o racismo 4 final
 
Muller con i de igualdade
Muller con i de igualdadeMuller con i de igualdade
Muller con i de igualdade
 
Muller escríbese con «i» de igualdade
Muller escríbese con «i» de igualdadeMuller escríbese con «i» de igualdade
Muller escríbese con «i» de igualdade
 
Cartas de-amor
Cartas de-amorCartas de-amor
Cartas de-amor
 
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
 
Relacións entre mozas e mozos.
Relacións entre mozas e mozos.Relacións entre mozas e mozos.
Relacións entre mozas e mozos.
 
Emocións e sexismo
Emocións e sexismoEmocións e sexismo
Emocións e sexismo
 
A socialización diferencial
A socialización diferencialA socialización diferencial
A socialización diferencial
 
Linguaxe sexista power point
Linguaxe sexista   power pointLinguaxe sexista   power point
Linguaxe sexista power point
 
Publicación paxina web quérote (1)
Publicación paxina web quérote (1)Publicación paxina web quérote (1)
Publicación paxina web quérote (1)
 

Mais de educacionenigualdade

Artigo habitos sexuales de los gallegos
Artigo habitos sexuales de los gallegosArtigo habitos sexuales de los gallegos
Artigo habitos sexuales de los gallegos
educacionenigualdade
 

Mais de educacionenigualdade (20)

Sexo con seso
Sexo con sesoSexo con seso
Sexo con seso
 
Artigo habitos sexuales de los gallegos
Artigo habitos sexuales de los gallegosArtigo habitos sexuales de los gallegos
Artigo habitos sexuales de los gallegos
 
Nuestro cuento[1]
Nuestro cuento[1]Nuestro cuento[1]
Nuestro cuento[1]
 
Iguales parahoy bachillerato
Iguales parahoy bachilleratoIguales parahoy bachillerato
Iguales parahoy bachillerato
 
Iguales parahoy 3y4eso
Iguales parahoy 3y4esoIguales parahoy 3y4eso
Iguales parahoy 3y4eso
 
Iguales parahoy 1y2eso
Iguales parahoy 1y2esoIguales parahoy 1y2eso
Iguales parahoy 1y2eso
 
Atentado conta a saude
Atentado conta a saudeAtentado conta a saude
Atentado conta a saude
 
As mestras e a literatura
As mestras e  a  literaturaAs mestras e  a  literatura
As mestras e a literatura
 
Actividades secundaria
Actividades secundariaActividades secundaria
Actividades secundaria
 
8 anexo
8 anexo8 anexo
8 anexo
 
7 obradoiros de supervivencia doméstica
7 obradoiros de supervivencia doméstica7 obradoiros de supervivencia doméstica
7 obradoiros de supervivencia doméstica
 
6 alimentacion e cociña basica
6 alimentacion e cociña basica6 alimentacion e cociña basica
6 alimentacion e cociña basica
 
5 organización, compra e limpeza
5 organización, compra e limpeza5 organización, compra e limpeza
5 organización, compra e limpeza
 
4 modelos de socialización
4 modelos de socialización4 modelos de socialización
4 modelos de socialización
 
3 as relacións e negociacións dentro da parella
3 as relacións e negociacións dentro da parella3 as relacións e negociacións dentro da parella
3 as relacións e negociacións dentro da parella
 
2 corresponsabilidade
2 corresponsabilidade2 corresponsabilidade
2 corresponsabilidade
 
1 uso do tempo e do espazo
1 uso do tempo e do espazo1 uso do tempo e do espazo
1 uso do tempo e do espazo
 
Violencedomestique
ViolencedomestiqueViolencedomestique
Violencedomestique
 
Resultados enquisa adolescentes 3
Resultados enquisa adolescentes 3Resultados enquisa adolescentes 3
Resultados enquisa adolescentes 3
 
Mulleres artistas
Mulleres artistasMulleres artistas
Mulleres artistas
 

28 xunho ud_secundaria

  • 1. IV E R SI D A D D E af ect XU AL ivo - sE UN MES CONTRA A HOMOFOBIA: XUÑO CON ORGULLO FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL
  • 2. UN MES CONTRA A HOMOFOBIA: FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL ACTIVIDADE 1 Ideas previas e conceptos A VER QUE SABES... ACTIVIDADE DE IDENTIFICACIÓN DE IDEAS PREVIAS E DE CONCEPTUALIZACIÓN Obxectivos: Determinar o grao de coñecemento do alumnado en relación á cuestión da diversidade afectiva e sexual. Metodoloxía: Recursos: Fotocopia do cuestionario, encerado e xiz. Distribución do grupo: Nunha primeira fase, individual. Posteriormente faise unha posta en común con toda a clase. Para 2º ciclo de ESO, Bacharelato e FP Grao Medio. Descrición da actividade: Trátase dun cuestionario de ideas previas que nos serven para extraer cales son os coñecementos iniciais que posúe o alumnado con respeito a este centro de interese. Estas ideas iniciais dános unha importante información sobre como propor a unidade didáctica. En principio pasarase o cuestionario aos/ás alumnas para que o enchan de forma individual. Posteriormente o/a profesor/a xerará un debate para que expoñan en público as respostas. A participación do alumnado será voluntaria mais sería interesante que todo o mundo participase para fomentar un primeiro achegamento á cuestión. Nota: Lembrar ao profesorado que ten un glosario básico na Guía de recursos da diversidade afectiva e sexual da Steg do ano 2010 por se o quere distribuír entre o alumnado despois de faceren o cuestionario. Introdución do tema da diversidade afectivo-sexual na aula: Unha suxestión é que a introdución do tema da diversidade afectivo-sexual na aula pode propiciarse aproveitando a celebración de varios xornadas sinaladas: -26 de abril, día da visibilidade lésbica. -17 de maio, día contra a homofobia. -28 de xuño, día do orgullo lésbico, gai, bisexual e transexual. Ideas previas e conceptos... A VER QUE SABES... 1. Serías capaz de definir os seguintes conceptos?  Homosexualidade  Heterosexualidade  Gais  Lesbianas  Homofobia  Transexual 1 www.stegsindicato.org steg@stegsindicato.org
  • 3. UN MES CONTRA A HOMOFOBIA: FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL 2. Responde Verdadeiro ou Falso as seguintes cuestións: • A homosexualidade é un vicio. • As persoas homosexuais desfrutan dos mesmos dereitos que calquera outra persoa. • A homosexualidade é unha forma máis de vivir a sexualidade e a afectividade dunha persoa. • A homosexualidade pode condicionar as túas aspiracións profesionais. 3. Coñeces a algunha persoa homosexual? Se non a coñeces, como a imaxinas? 4. Sinceramente, se o teu mellor amigo / a túa mellor amiga faiche saber que é homosexual como reaccionarias? a. apartaríame del/dela porque non sabería como reaccionar. b. falaría con el/ela para saber se necesita axuda. c. falaría do tema co /coa tutor(a) ou un(ha) profesor(a). d. seguiríalle tratando igual. 5. Que porcentaxe da poboación cres que é homosexual? 6. Que cres que te define como un home ou como unha muller? 7. Por que cres que a homosexualidade é un tema tabú ou ben obxecto de burlas? 8. Finalmente comenta calquera outro aspecto que che gostaría saber ou preguntar. Se queres dá a túa opinión sobre a homosexualidade e se tería que tratarse nos institutos. Fonte: Introducció a la diversitat afectiva i sexual, de Inclou. Adaptada 2 www.stegsindicato.org steg@stegsindicato.org
  • 4. UN MES CONTRA A HOMOFOBIA: FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL ACTIVIDADE 2 Orientación do desexo sexual Obxectivos Aclarar os conceptos de: orientación do desexo, homosexualidade, heterosexualidade e transexualidade. Diferenciar a identidade sexual da orientación do desexo. Aceptar e respectar as diferentes formas de ser homes e de ser mulleres das persoas. Conceptos clave  Identidade sexual.  A orientación sexual. Elementos que conforman a identidade persoal.  A diversidade sexual:  Homosexualidade  Heterosexualidade  Bisexualidade. Indicacións para o profesorado O respecto á diversidade sexual, o respecto ás diferentes formas que temos de ser homes e mulleres, está en la base de la convivencia pacífica entre los seres humanos. A nosa identidade persoal confórmase como un puzzle de distintos elementos: a bioloxía, a familia, o noso sexo, a nosa orientación sexual, os roles e estereotipos sociais, a nosa personalidade..., ao longo do tempo e en continua evolución. É necesario aclarar os conceptos que nos axuden a entender todo isto. Ademais, a través da banda deseñada podemos achegarnos a unha realidade que habitualmente aparece estereotipada. A homofobia é unha lacra da nosa sociedade e das nosas aulas e está na orixe de moitos casos de acoso e violencia. Recursos e materiais de apoio Ficha 1, enquisa. Ficha 2, esquema. Banda deseñada.: Guille, un chico de mi instituto o Carol, una chica de mi instituto. Guía sobre diversidad afectivo-sexual para adolescentes. Editados por COGAM e outros. É fácil descargar os documentos da rede. 25 cuestiones sobre la orientación sexual, guía dirixida a persoas educadoras elaborada pola Comisión de Educación de COGAM e editada polo Defensor del Menor da Comunidade de Madrid no ano 1999. É fácil descargar o documento da rede. Dirixida a: Alumnado de 3º e 4º da ESO. Fonte da actividade: Ni ogros ni princesas. Guía para la educación afectivo-sexual en la ESO. Adaptado. Ed. Consejería de Salud y Servicios Sanitarios de Asturias. 2007. Desenvolvemento: 1. Para comezar, pídeselles que individualmente contesten á enquisa (ver Ficha 1). Non se pretende con ela máis que introducir o tema, pero se aparecera algunha dúbida ou pregunta é o momento de, entre todos e todas, abordalas. 2. A continuación imos aclarar conceptos: Pódese escribir no encerado este esquema e comentalo, para, posteriormente, pedirlles que completen a 3 www.stegsindicato.org steg@stegsindicato.org
  • 5. UN MES CONTRA A HOMOFOBIA: FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL ficha 2 en grupos. Faise a posta en común e acláranse todas as dúbidas conceptuais que apareceran Quen son eu? A miña identidade persoal A miña identidade sexual A miña orientación sexual A miña identidade social MULLER HETEROSEXUAL Como son eu muller? HOME HOMOSEXUAL Como son eu home? BISEXUAL (Se houbo un desacordo entre a identidade sexual e o propio corpo falaremos de transexualidade). 3. En terceiro lugar, proxectarase a banda deseñada e, a partir dela, levarase a cabo un coloquio no tempo restante. Pódeselle pedir unha reflexión persoal por escrito como tarefa para casa. 4 www.stegsindicato.org steg@stegsindicato.org
  • 6. UN MES CONTRA A HOMOFOBIA: FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL ACTIVIDADE 2 Orientación do desexo sexual FICHA 1 Enquisa 1. Cando descubriches a túa heterosexualidade? · De sempre. · Na miña adolescencia. · Hai pouco. · Aínda non o valorei. 2. Custouche moito aceptar que o es? · Si, aínda me custa. · Un pouco. · En realidade estou encantado. 3. Coñeces casos similares? · Si. · Non. · Non o sei. A xente non fala desas cousas. 4. Pensas contarllo aos teus pais ou titores? · Si, supoño, e penso que me entenderán. Son moi abertos. · Non, nunca lles contaría algo así. · Penso que lles custaría moito aceptalo. A súa educación é moi tradicional. · Xa o fixen. 5. E as túas amizades? · Si, supoño e penso que o entenderán, xa que algúns deles tamén son heterosexuais. · Non, nunca lles contaría algo así. · Supoño que lles custaría aceptalo. · Xa o compartín con eles. 6. Sentícheste algunha vez discriminado/a por ser heterosexual? · Algunhas veces. · Si, continuamente. · Non. · No, porque oculto o que son. 7. Cantas veces fostes a un psicólogo/a para que te axude a aceptarte ou te faga deixar de ser heterosexual? · Moitas. · Teño medo a que nin el me entenda. · Estou en tratamento. · Non, non fun por este “problema”. 8. Cres que unha parella de distinto sexo pode formar unha familia e educar fillos sen que sexa un trauma para eles? · Sí. · Non. · Depende; porque, hai cada pai e nai! 9. Que sentes cando oes a expresión:”heterosexual de merda” ou as continuas bromas e chistes gratuítos ao respecto? · Dóeme e gustaríame desaparecer. · Mentres non mo digan a min... · É que realmente os heterosexuais somos así. · Deféndome abertamente e defendo aos que son coma min. 5 www.stegsindicato.org steg@stegsindicato.org
  • 7. UN MES CONTRA A HOMOFOBIA: FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL ACTIVIDADE 2 Orientación do desexo sexual FICHA 2 Identidades Identidades Identidade sexual Orientación sexual Identidade social Son sociable, gústanme as motos, Son muller Son homosexual encántame bañarme (son lesbiana) na praia, non se me dan ben as matemáticas ... Son sociable gústanme as motos, encántame bañarme Son na praia, non se me dan ben as matemáticas ... Son sociable gústanme as motos, encántame bañarme na praia, non se me dan ben as matemáticas ... Son sociable, gústanme as motos, encántame bañarme na praia, non se me dan ben as matemáticas ... ACTIVIDADE 2 Orientación do desexo sexual Banda deseñada 6 www.stegsindicato.org steg@stegsindicato.org
  • 8. UN MES CONTRA A HOMOFOBIA: FICHAS PARA TRABALLAR EN secundaria SOBRE DIVERSIDADE AFECTIVA E SEXUAL ACTIVIDADE 3 Busca de información sobre o día do orgullo gai ACTIVIDADE DE REFORZO E AMPLIACIÓN (BUSCA DE INFORMACIÓN), SENSIBILIZACIÓN Obxectivos: Coñecer a historia do movemento GLBT e as principais reivindicacións do colectivo de gais, lesbianas, bisexuais e transexuais. Metodoloxía: Recursos: Fotocopia para o alumnado. Distribución do grupo: Individual e en grupo de clase. Bacharelato e FP. Descrición da actividade: Os alumnos teñen que procurar información relacionada coa Festa do Orgullo Gai e responder as preguntas que teñen no cuestionario que se lles distribuíu. Pódense deixar uns días antes de poñer en común as respostas, para permitir acceder a internet, hemerotecas ou pedir información a algunha asociación lgbt. Cuestionario: O DíA DO ORGULLO GAI Procura información en hemerotecas ou en internet ou consulta algunha organización lgbt e responde as seguintes preguntas: 1. Cales son as cores que forman a bandeira insignia dos colectivos de gais, lesbianas, bisexuais e transexuais? 2. Por que razón saen à rúa millares de persoas de todo o mundo no dia 28 de xuño 3. Pensas que é necesaria a celebración deste dia? Por que? 4. Que se reivindica neste dia? 5. Cando e onde se celebrou por primeira no Estado español o Dia do Orgullo? 6. Aproximadamente, cantas persoas lgbt hai en España? 7. Cales son as frentes de loita dos colectivos lgbt? 8. De que formas se poden presentar a homofobia e o rexeitamento social? É sempre violencia física? 9. Que lles ocorre a moito(a)s adolescentes cando descobren a súa homosexualidade? 10. Hai familias homoparentais na actualidade? Como se formaron? Está recoñecida esta realidade? 11. Que demostraron os estudos de psicoloxía sobre as parellas do mesmo sexo con respeito á educación dos nenos? Son iguais os nenos criados por parellas «homo» aos criados por rellas «hetero»? 12. Comenta cal é a situaçión legal das persoas lgbt nos seguintes países: Holanda, Suráfrica, Gran Bretaña, Estados Unidos, Canadá, Arabia Saudí, Brasil, España. Páxinas web onde se pode atopar máis facilmente esta información: -Wikipedia/Galipedia nos ítems: Homosexualidade, Stonewall... O catálogo LGBT da galipedia ten varias entradas interesantes. -Páxina web de COGAM. -Páxina web de ILGA (está en inglés). Fonte: Introducció a la diversitat afectiva i sexual, de Inclou. Adaptada. 7 www.stegsindicato.org steg@stegsindicato.org