SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 46
I+D MEDIA
2014-2015
2014-2015
Proxecto para Ciencias Sociais 2ºESO
A cidade
medieval de A
Coruña
I+D MEDIA 2
INDICE
1. O proxecto....................................................................................................................3
2. Contexto.......................................................................................................................3
3. Xustificación.................................................................................................................4
4. Metodoloxía.................................................................................................................5
5. Avaliación.....................................................................................................................5
Programación e desenvolvemento do proxecto......................................................................7
1ª FASE: COÑECEMENTOS PREVIOS ......................................................................................7
2ª FASE: PROCURA DE INFORMACIÓN...................................................................................7
3ª FASE: A CIDADE VELLA ..................................................................................................9
4ª FASE:AS TICS...............................................................................................................10
5ª FASE: O SAFARI FOTOGRÁFICO ......................................................................................11
6ª FASE: XEOLOCALIZACIÓN .............................................................................................12
7ª FASE: OS CÓDIGOS QR ..................................................................................................13
8ª FASE: A EXPOSICIÓN .....................................................................................................14
9ª FASE: A DIFUSIÓN DO PROXECTO ..................................................................................15
Anexos..............................................................................................................................18
I. A HBO: Actividadesparaaprocura de información 17
II. A Cidade Vella:Procuradoslugares 29
III. A Cidade Vella:Fotografía 31
IV. Instrumentosde avaliación 33
V. RecursosTICS 42
I+D MEDIA 3
1. O proxecto
O proxecto “Aumentando a Idade Media” ten como obxectivo principal achegar
ao alumnado ao coñecemento do pasado histórico, empregando como fío condutor o seu
entorno máis próximo: a Cidade Vella de A Coruña. Neste proceso de aprendizaxe o
alumno será o protagonista activo do mesmo para converterse a través do uso das TICS
, no creador do proxecto final.
O longo percorrido a realizar garda unha estreita relación co establecido polo
Decreto 133/2007do 5 de xullo en canto ás competencias básicas, aos obxectivos
xerais de etapa, aos obxectivos da área ciencias sociais, xeografía e historia e ao bloque
de contidos do 2º curso da ESO
2. Contexto
O CPR Plurilingüe Calasancias está situado na Estrada dos Fortes, en A Coruña. Os
barrios máis próximos a el son: Labañou, e S. Pedro de Visma (que xa existían cando se
fundou o colexio) e Los Rosales, de nova creación. Estamos nunha zona que, a nivel
educativo, presenta unha oferta variada: dous centros concertados-privados, dous
centros públicos de infantil e primaria, dous centros públicos de secundaria e
bacharelato, e un centro de formación profesional. Ademais, na mesma Estrada dos
Fortes levántase un centro comercial, e nos barrios sinalados anteriormente cabe
destacar a presenza da pequena empresa (comercio e servizos). Finalmente, é
importante sinalar a proximidade da Escola Oficial de Idiomas, o Centro de Formación
e Recursos, a Escola de Música, etc.
Características do centro.
É un centro privado-concertado con ideario propio que dá resposta ó desexo de
educación cristiá que manifestan moitas familias. En actitude de respecto, permanece
aberto a todo o que desexe o tipo de educación que nel se imparte. Fundamenta o seu
labor educativo nun concepto cristián do home e do mundo.
O alumno é o principal protagonista da acción educativa, a súa razón de ser e o
seu estímulo. Participa activamente de acordo coas esixencias propias da súa idade na
vida do centro.
I+D MEDIA 4
Promóvense todas aquelas actividades escolares e extraescolares que favorecen a
educación no tempo libre e espertan interese e afeccións segundo as diversas idades do
alumnado. Favorécese, tamén, a posibilidade de expresarse de forma bilingüe de acordo
á realidade da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os docentes son os principias educadores dos alumnos no colexio. Colaboran e
interveñen activamente no centro a través dos órganos que se establecen no
Regulamento de Réxime Interno. O persoal de Administración e Servizos constitúe
unha parte importante da Comunidade Educativa e presta unha valiosa colaboración a
toda ela.
O colexio cumpre os requisitos para a implantación da E. Infantil, E. Primaria e
E. Secundaria Obrigatoria. Ademais, impártese a etapa post-obrigatoria de Bacharelato,
ofertándose dúas das tres modalidades: Humanidades e Ciencias Sociais, e Ciencias da
Natureza e Saúde. É un centro integrado no que se imparte o ensino en todos estes
niveis educativos..
Características das familias.
O nivel socio–económico e cultural das familias é dun nivel medio, aínda que hai
familias de todos os estratos sociais e de todos os niveis económicos e culturais.
Características dos alumnos.
Maioritariamente os alumnos que se escolarizan no centro pertencen a familias de
nivel medio. Son unha terceira xeración de escolarización neste centro, con formación
media. Non destacan maioritariamente necesidades específicas.
No alumnado tamén se integran nenos estranxeiros nos diferentes niveis
educativos, aínda que a súa presenza é mínima.
3. Xustificación
O alumnado de 2ºESO ten con carácter xeral unha idade comprendida entre os 13
e 14 anos. É capaz de analizar os retos que se lle presentan; é capaz de formular
preguntas cada vez máis complexas; é capaz de formular hipóteses, comprobando
resultados, utilizando un pensamento lóxico, e é capaz de planificar accións. Todas estas
capacidades deben ser desenvolvidas para o proceso de aprendizaxe plantexado neste
proxecto.
O proxecto “A Cidade Medieval aumentada” débelle proporcionar ao
alumnado un coñecemento global que resulta necesario para entender o presente e para
mellorar o futuro. Permitíndolle desenvolver unha metodoloxía que compare o
inmediato e o afastado, o propio e o alleo, o máis concreto e o máis abstracto, a
importancia de saber interpretar fontes de diversa tipoloxía, a comprensión da
multicausalidade e a intencionalidade na interpretación dos procesos, o uso adecuado
da información e o manexo da documentación.
I+D MEDIA 5
Ademais é innegable a importancia do uso das TICS para a comprensión dos
fenómenos sociais e históricos. Poder contar con certas habilidades para buscar, obter,
procesar e comunicar a información e transformala en coñecemento. As TIC resultan
imprescindibles na sociedade da información en que vivimos, aumentan as posibilidades
de comunicación e axilizan os intercambios, mesmo poden propiciar formas de traballo
cooperativo que abarquen espazos físicos e sociais cada vez máis amplos, que son
precisamente os que interesa coñecer desde esta área
4. Metodoloxía
Desde unha perspectiva constructivista, debemos concibir a educación como un
proceso no que a actitude que manteñen profesor e alumno permite unha aprendizaxe
significativa. Como consecuencia desta concepción de ensino, o alumno convértese en
motor do seu propio proceso de aprendizaxe ao modificar el mesmo os seus esquemas
de coñecemento. Xunto a el, o profesor debe exercer o papel de guía
A metodoloxía proposta nesta programación, apropiada a un proceso de
aprendizaxe así concibida, cumpre os seguintes requisitos:
 Parte do nivel de desenvolvemento do alumno, das súas características
psicoevolutivas e das súas aprendizaxes previas
 Asegura a construción de aprendizaxes significativas a través da
mobilización dos seus coñecementos previos e o traballo das
competencias básicas
 Posibilita que os alumnos realicen aprendizaxes significativas por si só:
 Proporciona situacións de aprendizaxe nas que os alumnos deben
actualizar os seus coñecementos e que teñen sentido para eles, co fin de
que resulten motivadoras
5. Avaliación
A avaliación é o conxunto de prácticas que serven ao profesorado para determinar o
grao de progreso alcanzado respecto das intencións educativas, para axustar a
intervención pedagóxica ás características e necesidades dos alumnos. Como parte dun
proceso integral, debemos considerar a avaliación dunha forma: Individualizada,
integradora, cualitativa, orientadora e continua.
Para levar a cabo o proceso de avaliación empregarse a observación sistemática coa
posterior recollida de información no rexistro anecdótico persoal e as ferramentas de
avaliación aportadas nos documentos de plantillas de avaliación axuntadas
I+D MEDIA 6
I+D MEDIA 7
Programacióne desenvolvemento do proxecto
1ª FASE: COÑECEMENTOS PREVIOS
Obxectivos  Avaliar os coñecementos previos do alumnado
 Iniciar o proceso de aprendizaxe
Actividades  Proba escrita
Recursos  Folios impresos coa proba
Desenvolvemento  Individual mente cada alumno contestara á
proba escrita
Temporalización 1 sesión
Instrumentos e
ferramentas de
avaliación
 A proba escrita
 As plantillas de avaliación
2ª FASE: PROCURA DE INFORMACIÓN
Competencias
básicas
 Comunicación lingüística
 Tratamento da información e competencia
dixital
 Social e cidadán
Obxectivos  Coñecer e diferenciar, utilizando información
procedente de distintas fontes, as características
principais da sociedade feudal,
 Coñecer e diferenciar as causas producidas na
Plena Idade Media que conducen ao
renacemento urbano
 Coñecer o mundo urbano (político,social e
económico) na Plena Idade Media
 Coñecer as manifestacións culturais e artísticas
deste período, o que permitirá avaliar e
respectar o patrimonio e asumir unha certa
responsabilidade á hora de conservalo.
 Coñecer e utilizar o vocabulario específico
 Practicar a tolerancia, a cooperación e a
solidariedade entre as persoas e grupos
 Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina,
estudo e traballo en equipo
 Desenvolver destrezas básicas na utilización
das fontes da información para, con sentido
crítico, adquirir novos coñecementos
 Comprender e expresar con corrección,
oralmente e por escrito na lingua galega
Contidos  A sociedade e as relacións persoais estamentais
 A expansión agraria e as súas consecuencias.
 O renacemento das cidades.
 A cidade medieval.
I+D MEDIA 8
 As actividades económicas urbanas.
 A sociedade e a vida cotiá.
 A relixiosidade e a cultura.
 A arte gótica.
 A Baixa Idade Media.
 Obtención de información histórica a partir de
distintos tipos de documentos
 Interpretación e representación de procesos de
cambio histórico mediante eixes cronolóxicos,
documentos e mapas.
 Elaboración de sínteses sobre os
acontecementos históricos
 Rigor e obxectividade nas explicacións dos
acontecementos históricos, políticos, sociais e
económicos e a súa repercusión no proceso
histórico universal
 Participación en actividades grupais
Actividades  A HBO
 WhenIntime: A liña da Idade Media
Recursos  Aula de informática con conexión a internet
 Programas de presentación e editores de texto
 Aplicación gratuíta “Whenintime”
Desenvolvemento  Traballo individual
 Cada unha deberá contestar ás cuestións
plantexadas no moodle.
 Elaborar unha liña do tempo coa aplicación
“Whenintime”
Temporalización 4-6 sesións
Criterios de
avaliación
 Enumerar os elementos esenciais que nos
serven para caracterizar a sociedade feudal
 Analizar as características máis importantes das
sociedades medievais, xerando un esquema ao
respecto
 Enumerar os elementos esenciais que nos
serven para caracterizar as cidades feudais
 Comparar os diferentes acontecementos
establecendo as diferenzas e semellanzas, e
salientando aquelas características máis
significativas, como por exemplo as cidades ou
a economía.
 Analizar as características máis importantes das
cidades medievais, a súa actividade,
 Describir ou traballar sobre algunha obra
artística importante ou salientable do estilo
románico e gótico
 Demostrar capacidade para traballar en
actividades grupais
I+D MEDIA 9
Instrumentos e
ferramentas de
avaliación
 Observación do traballo diario desenvolvido na
aula
 Corrección das cuestións
 Plantillas de avaliación
3ª FASE: A CIDADE VELLA
Competencias
básicas
 Coñecemento e interacción co mundo físico
 Competencia cultural e artística
Obxectivos  Recoñecer as partes medievais da Cidade Vella
de A Coruña
 Coñecer os elementos característicos dun
núcleo urbano medieval e as súas funcións
 Interrelacionar a sociedade estamental coa
cidade medieval e os seus espazos
 Coñecer as manifestacións culturais e artísticas
características
 Coñecer e empregar o vocabulario específico
 Desenvolver destrezas básicas na utilización
das fontes da información para, con sentido
crítico, adquirir novos coñecementos
 Respectar o patrimonio e asumir unha certa
responsabilidade á hora de conservalo.
Contidos  A cidade medieval: urbanismo e elementos
 O grupos sociais urbanos
 A vida na cidade medieval
 Arte románico e arte gótico
 Elaboración de mapas conceptuais e sínteses
sobre o mundo urbano (social,económico,
político e artístico)
Actividade  Visita guiada á Cidade Medieval
 Dosier de actividades do caderno: A Coruña,
Cidade Educadora
Recursos  Compañía de transportes Autos Oróns
 Caderno de actividades “ A Coruña: Cidade
Educadora”
Desenvolvemento  A primeira actividade consistirá nunha visita
guiada pola cidade vella de A Coruña
 Trala visita, na aula e individualmente, os
alumnos contestarán ás cuestións plantexadas
no caderno de actividades
Temporalización 2 sesións
Criterios de
avaliación
 Identificar os elementos que definen unha
cidade medieval
I+D MEDIA 10
 Analizar os grupos sociais: características e
funcións
 Establecer relacións entre economía, sociedade
e estrutura urbana
 Describir ou traballar obras artísticas do estilo
románico e gótico
 Demostrar capacidade para traballar en
actividades grupais
Instrumentos e
ferramentas de
avaliación
 Observación do traballo diario desenvolvido na
aula
 Entrega das actividades do dosier para a súa
corrección individual
 Plantillas de avaliación
4ª FASE:AS TICS
Competencias
básicas
 Tratamento da información e competencia
dixital
 Matemática
Obxectivos  Coñecer os códigos QR
 Coñecer as aplicacións relacionadas co
xeoposicionamento
 Coñecer as aplicacións prácticas dos códigos
QR e as contornas de xeoposicionamento
 Consolidar hábitos de traballo en equipo
Contidos  Os códigos QR
 O xeoposicionamento
 As aplicacións Layar e Hoppala
 Elaboración de sínteses
 Xeolocalización
 Participación en actividades grupais
Actividade  Actividade cos códigos QR
 Actividade coa aplicación Hoppala
 Actividade coa aplicación Layar
Recursos  Aula de informática con conexión a internet
 Aplicacións informaticas: Android QR,
Hoppala e Layar
Desenvolvemento  As actividades desenvolveranse en parellas
 Elaboración de tres códigos QR: o primeiro
vincularía a unha páxina web,o segundo a un
vide oe o terceiro a unha “wiki”
 Establecemento dun punto de xeolocalización a
través da aplicación Hoppala. O punto fixado
sería o colexio e débese engadir información
sobre o mesmo
 Configuración dunha capa a través da
I+D MEDIA 11
aplicación Layar
Temporalización 2 sesións
Criterios de
avaliación
 Elaborar un punto de xeolocalización e un
código QR
 Demostrar capacidade para traballar en
actividades grupais
Instrumentos e
ferramentas de
avaliación
 Observación do traballo diario desenvolvido na
aula
 Corrección das actividades plantexadas
 Plantillas de avaliación
5ª FASE: O SAFARI FOTOGRÁFICO
Competencias
básicas
 Tratamento da información e competencia
dixital
 Competencia cultural e artística
 Aprender a aprender
Obxectivos  Recoñecer a cidade medieval dentro da Cidade
Vella de A Coruña
 Coñecer os elementos e emprazamentos da
cidade medieval de A Coruña
 Respectar o patrimonio e asumir unha certa
responsabilidade á hora de conservalo
 Consolidar hábitos de traballo en equipo
Contidos  A cidade medieval: urbanismo e elementos
 Arte románico e arte gótico
 Elaboración de montaxes fotográficos
Actividades  Safari fotográfico pola Cidade Vella de A
Coruña
 Álbum fotográfico
Recursos  Compañía de transportes Autos Oróns
 Cámaras dixitais
Desenvolvemento  En grupos de 5, os alumnos percorrerán a
Cidade Vella sacando fotos aos vestixios da
cidade medieval
 A continuación deberán elaborar un álbum
dixital que recolla os elementos e
emprazamentos medievais
Temporalización 2 sesións
Criterios de
avaliación
 Identificar os elementos da cidade medieval de
A Coruña
 Demostrar capacidade para traballar en
actividades grupais
I+D MEDIA 12
Instrumentos de
avaliación
 Corrección do álbum fotográfico
 Observación do traballo diario desenvolvido na
aula
 Plantillas de avaliación
6ª FASE: XEOLOCALIZACIÓN
Competencias
básicas
 Comunicación lingüística
 Matemática
 Tratamento da información e competencia
dixital
 Aprender a aprender
 Autonomía e iniciativa persoal
Obxectivos  Indicar e selecionar, empregando o
coñecemento adquirido nas anteriores fases, as
partes medievais da Cidade Vella de A Coruña
 Indicar e seleccionar, empregando o
coñecemento adquirido nas anteriores fases, os
elementos característicos dun núcleo urbano
medieval e as súas funcións
 Identificar, empregando o coñecemento
adquirido nas anteriores fases, as
manifestacións culturais e artísticas
características
 Xeolocalizar puntos nun plano da cidade
medieval de A Coruña
 Inferir, redactar e sintetizar, empregando o
coñecemento adquirido nas fases anteriores,
aspectos (sociais, económicos, políticos e
culturais) da cidade medieval
 Empregar vocabulario específico
 Consolidar hábitos de traballo en equipo
Contidos  A cidade medieval: urbanismo e elementos
 Arte románico e arte gótico
 Hoppala e Layar
 Xeolocalización
 Elaboración de sínteses
 Fixación de puntos de xeolocalización
 Participación en actividades grupais
Actividades  Xeolocalizando a cidade medieval
Recursos  Aula de informática con conexión a internet
 Aplicación informaticas: Android QR, Hoppala
e Layar
Desenvolvemento  A actividade desenvolverase en grupos de 5
 Cada grupo de deberá xeolocalizar puntos (rúas,
prazas, manifestacións artísticas) coa aplicación
Hoppala. Ademais cada punto deberá axuntar
I+D MEDIA 13
información sobre o mesmo
 Finalmente deberán crear unha capa coa
aplicación Layar
Temporalización 3 sesións
Criterios de
avaliación
 Identificar as partes dunha cidade medieval así
como os elementos que a compoñen
 Analizar e relacionar a urbe medieval e a
sociedade estamental
 Identificar elementos nunha xeolocalización
 Describir as características artísticas presentes
na cidade medieval
 Demostrar capacidade para traballar en
actividades grupais
Instrumentos e
ferramentas de
avaliación
 Observación do traballo diario desenvolvido na
aula
 Corrección dos puntos creados por cada un dos
grupos
 Plantillas de avaliación
7ª FASE: OS CÓDIGOS QR
Competencias
básicas
 Comunicación lingüística
 Tratamento da información e competencia
dixital
 Aprender a aprender
 Autonomía e iniciativa persoal
Obxectivos  Redactar e sintetizar contidos aprendidos nas
fases anteriores
 Deseñar “wikis”
 Crear codigos QR
 Consolidar hábitos de traballo en equipo
Contidos  A Idade Media
 A Sociedade Estamental
 A cidade medieval
 O románico
 O gótico
 Códigos QR
 Wikis
 Elaboración de “Wikis”
 Participación en actividades grupais
Actividades  As “Wikis”
 Os QR da cidade Medieval
Recursos  Aula de informática con conexión a internet
 Impresora
I+D MEDIA 14
 Papel
Desenvolvemento  A actividade desenvolverase en grupos de 5
 Cada grupo deberá crear unha serie de Wikis na
que se recolla a información que posteriormente
será a utilizada para dotar de contidos a
exposición
 Elaboradas as “Wikis”, crearanse os códigos
QR que enlacen á información das mesmas
 Finalmente imprimiranse os códigos QR
Temporalización 4 sesións
Criterios de
avaliación
 Analizar a sociedade estamental
 Identificar as partes dunha cidade medieval así
como os elementos que a compoñen
 Analizar e relacionar a urbe medieval e a
sociedade estamental
 Describir as características artísticas presentes
na cidade medieval
 Demostrar capacidade para traballar en
actividades grupais
Instrumentos e
ferramentas de
avaliación
 Observación do traballo diario desenvolvido na
aula
 Corrección das “Wikis”
 Plantillas de avaliación
8ª FASE: A EXPOSICIÓN
Xustificación É o produto final de todo o proceso de aprendizaxe.
Descrición No centro realizarase unha exposición deseñada polo
alumnado que teña como tema central “A cidade
medieval de A Coruña”
Organización A exposición dividirase en distintos paneis.
1) Un panel no que explique que aplicacións
informáticas precisaranse para seguir a
exposición correctamente
2) O resto de paneis conterían o seguinte:
a) Fotografías
b) Códigos QR que enlazarían ás Wiki
c) Capas Layar que enlazarían á
xeolocalización de cada elemento
Recursos  Paneis para a montaxe
 Impresora para as fotografías e os códigos QR
Destinatarios  Alumnado
 Persoal do centro
 Familias
I+D MEDIA 15
9ª FASE: A DIFUSIÓN DO PROXECTO
Xustificación A aplicación do proxecto fora do ámbito educativo
Descrición Coa posible colaboración do Concello de A Coruña,
colocaranse os códigos QR ,elaborados para a
exposición, nos puntos xeolocalizados.
Finalidade A información elaborada sirva para o resto da
cidadanía
Recursos  Paneis para os códigos QR
Destinatarios  A Cidadanía
I+D MEDIA 16
I. A HBO: Actividadespara a procura de información
A canle HBO, famosa pola súa superprodución “Games of Thrones”, ten en mente comezar a
rodar unha nova serie ambientada na Idade Media. HBO, moi esixente coas súas producións,
pretende alcanzar o éxito logrado con “Games of Thrones”. Por iso quere prestarlle moita
atención non só aos posibles escenarios, ambientación, personaxes, senón tamén a todo o
contexto histórico (sociedade, política, relixión). Dende a produtora esíxese o maior rigor e
exactitude para que o espectador desfrute durante 4 temporadas dun dos períodos máis
emocionantes da historia da humanidade, a Idade Media.
Estes son os motivos polos que nos poñemos en contacto con vostede. Precisamos dun
experto documentalista que nos asesore en todo o proceso de creación, dende os grandes
detallesate osmáisminuciosos.Son moitas as series ou filmes que cometeron grandes erros
históricos (aquí ten un enlace onde pode comprobalo por si mesmo), e nos dende HBO
queremos evitar e non repetir isto. O noso obxectivo non só debe ser o entretemento do
espectador senón que aprendan con nos.
Polo tanto e xa para finalizar, o seu éxito é o noso éxito. A nosa audiencia será a súa
recompensa,daque falaremosse chegamos a alcanzar as cotas de share marcadas polo xunta
de accionistas e o seu presidente
I+D MEDIA 17
Primeratemporada:A SociedadeMedieval
Nos primeiros capítulos o director D.B Weiss quere
achegar ao espectador a sociedade da Idade Media. O
principal problema é que todo o equipo é de orixe
estadounidense, polo tanto descoñecen absolutamente o
período que se desenvolveu en Europa entre os séculos V-
XV. O pouco que saben é a través das películas de Ridley
Scott (O Reino dos Ceos e Robin Hood).
Precisamos polo tanto do seu preciso traballo de
documentación sobre a sociedade de Idade Media:
formación, división.. Lembre
dúas cousas fundamentais:
1. Ten que ser totalmente
verídica e contrastada
2. Toda a información
redactada deberállela
explicar ao equipo de
guionistas
Para axudarte neste proceso
conta coa axuda cun dos historiadores medievalistas máis
importantes, o doutor Georges Duby. Aquí ten
información e un guión para seguir e encher que en
palabras o doutor “-é esencial para a comprensión da
sociedade medieval”
http://es.slideshare.net/ruizmas
o/la-sociedad-estamental
https://www.youtube.com/wat
ch?v=4GgNif8OveE
http://definicion.mx/sociedad-
estamental/
http://es.wikipedia.org/wiki/Es
tamento
http://es.wikipedia.org/wiki/Es
tamento
I+D MEDIA 18
Encha o seguinte cuestionario que seráposteriormente explicado
e entregado ao equipo de dirección
1. No primeiro capítulo preténdese explicar ao
espectador que a sociedade medieval é
completamente distinta a do século XXI. O doutor
Georges Duby falou sobre o estamento, a súa
explicación foi demasiado científica; precisamos
transmitir dun xeito máis doado que é “estamento”. A
súa primeira labor será elaborar unha explicación
sobre este termo
2. Cara ao cuarto capítulo da temporada comezarán a
aparecer os distintos grupos que forman a sociedade
medieval. A súa división non está moi clara para o
noso equipo de guionistas, Duby aportou esta
documentación para explicala pero despois de tres
horas dándolle voltas, a incomprensión continuaba.
Precisamos da súa axuda para dar unha explicación
clara para o noso equipo sobre o por que da división,
grupos….Toda a información que sexa posible
I+D MEDIA 19
SegundaTemporada:ORománico
Despois de examinar o seu primeiro traballo, o director
quere continuar contando coa a súa axuda para a segunda
temporada da serie. Para a rodaxe D.B Weiss quere darlle
moita importancia aos escenarios tanto interiores como
exteriores.

Todo trono real que rija sabiamente se apoya en tres elementos: uno son los oratores; otro, los
laboratores; eltercero,losbellatores. Los oratores son hombres de oración, que día y noche deben
rezar aDiosy rogarle por todoel pueblo.los laboratores sonhombresde trabajo, que proporcionan
todolo necesarioparaque el pueblopuedavivir.Los bellatores son hombres de guerra, que luchan
con lasarmas para defender la tierra. Sobre estos tres pilares debe regirse con justicia cualquier
trono real

Tripleeslacasade Diosque creemosuna:eneste mundo unos oran, otros combaten y otros, además,
trabajan; estostresestánjuntosynotoleranestar desunidos, de manera tal que sobre la función de
uno descansan las obras de los otros dos, todos a su turno ayudando a los otros dos

I+D MEDIA 20
A produtora HBO conta co mellor equipo, traballou
duramente en filmes como el Hobbit ou La legión del
águila. Levan semanas viaxando por Europa buscando
emprazamentos para a rodaxe da segunda temporada. A
súa labor centrouse na
recopilación de imaxes,
videos e información dada
polos conselleiros de cultura
das rexións visitadas que só
falan da importancia e a
presencia que debe ter o
románico na segunda temporada da serie
Neste punto antes de iniciar a rodaxe precisamos da súa
labor como documentalista. A produtora ten toda unha
serie de dúbidas que precisa que a súa labor como
documentalista dea resposta
Dúbidas da productora
1. Nesta imaxe aportada polo equipo de exteriores
parace haber unha relación co románico. Segundo os
conselleiros poderon coincidir no tempo, podería
explicarnos se isto é certo e por que
http://olmo.pntic.mec.es/~mdem001
1/caracteristicas.htm
http://historiadelarte07.blogspot.com
.es/2008/08/arte-romnico.html
https://www.youtube.com/watch?v=j
FyoJhXMguM
I+D MEDIA 21
2. A continuación enviaron este mapa e texto. Non
comprendemos que queren dicer con isto, que
relación pode ter cos exteriores
da segunda temporada??
3. O director acaba de enviarnos todas estas imaxes
como posibles escenarios e elementos de
ambientación dos mesmos. Son unha gran cantidade
polo que pedimos que escolla vostede os que serán
empregados para esta
segunda temporada.
Lembre que ten que
explicarlle a súa elección ao
noso equipo de exteriores
I+D MEDIA 22
I+D MEDIA 23
TerceiraTemporada:APlenaIdadeMedia
Está xa no ecuador da serie, a produtora e o equipo de
dirección aprecian a súa dedicación e traballo. Nesta
última semana HBO acaba de ampliar o presuposto
dedicado para esta
tercera temporada que
se chamará “O renacer
da Idade Media”.
Queremos que o
protagonista sexa o
tres veces nominado
aos Oscar de
Hollywood Bradley
Cooper. A produtora quere aproveitar o tirón do actor
americano e convertelo na verdadeira estrela desta
temporada; agarda o incremento da audiencia que servirá
para continuar varias temporadas máis.
Bradley Cooper atópase nestes momentos na súa mansión
de Malibú e agarda que lle cheguen os primeiros guións
para comprobar a calidade da serie e así firmar un acordo
millonario coa HBO.
Necesitamos a súa axuda de novo, precisamos crear un
personaxe que non só guste ao actor senón que sexa un
referente para a audiencia e ocupe as portadas máis
importantes do mundo audiovisual.Así que ten vostede
moito traballo por diante.
I+D MEDIA 24
A continuación ten un plan de traballo a seguir para
conseguir o éxito desexado. Insistímoslle que traballe coa
máxima
profesional
idade, o
futuro da
serie e do seu traballo está nas súas mans.
1. Como lle comentamos, Bradley Cooper agarda por
nos na súa mansión de Malibú. Antes de nada temos
que enviarlle ao seu axente un resumo sobre o
período no que se desenvolverá o protagonista. Aquí
ten información suficiente para poder confeccionar
un texto que sexa do agrado do seu axente. Lembre
que se non convence ao axente do señor Cooper, este
texto nunca chegará a ser lido polo autor.
http://es.slideshare.net/martadelatorre/la-plena-edad-media-7924943
I+D MEDIA 25
CuartaTemporada:ACidade
Chegamos á penúltima temporada, pero antes de nada
temos que felicitarlle. Grazas ao seu esforzo e gran
traballo contaremos para a penúltima e última temporada
coa participación de Bradley Cooper como actor
protagonista.
Para esta última temporada a produtora e o equipo de
dirección decidiron trasladar a rodaxe a unha cidade
medieval emplazada no continente europeo. Ademais toda
esta temporada estará protagonizada polo señor Cooper,
polo que é preciso crear un personaxe a súa altura.
I+D MEDIA 26
1. Esta é a cidade á que temos pensado trasladar todo o
equipo de
rodaxe. Son
moitas as
historias que
escoitamos
sobre a
cidade de
Carcassone
pero hai
unha que nos
chamou
moito a atención e que nos non somos capaz de saber
o por que.
Contan os máis vellos do lugar que a cidade foi
completamente destruida por uns homes altos, rubios
e que portaban uns cascos con cornos. Arrasaron e
saquearon sen deixar nada en pé; a poboación
marchou cara o rural buscando a protección duns
señores pois só eles portaban espadas. Pasaron os
séculos e xa case ninguén lembrábase do nome de
aquela cidade ate que chegou o século XII. No século
XII ,aquela olvidada cidade de Carcassone, renaceu
do pasado para converterse nunha das cidades máis
importantes do Reino de Francia.
I+D MEDIA 27
O director leva toda a semana facendo preguntas aos
vellos do lugar pero ninguén é capaz de darlle
respostas, só vellas historias. Agora precisamos do
seu coñecementos, precisamos resolver o misterio
que fixo desaparecer á cidade de Carcassone e o seu
renacemento séculos despois
2. No mes de marzo os directivos de HBO queren facer
unha visita á cidade de Carcassone. Estarán tres días
de visita na cidade e queremos que vostede
encárguese de facer unha ruta guiada pola cidade.
Debe levalos a facer un percorrido pola cidade
medieval, amosándolle os lugares máis importantes
dunha cidade medieval, características do seu
plano…
Aquí deixámoslle unha serie de imaxes para que
confeccione a visita. Lembre que os directivos son os
que conseguen os cartos para a HBO
I+D MEDIA 28
I+D MEDIA 29
3. Como xa sabe para esta temporada contamos coa
estrela Bradley Cooper. O director xunto co equipo
de guionistas están pensando que o seu personaxe
sexa o mestre do gremio de zapateiros. Nos primeiros
capítulos narrarase as súas orixes e os seus inicios no
mundo gremial. Á metade da temporada o personaxe
debe trasladarse dende a súa cidade de orixe (Toledo)
ate a cidade de Colonia onde dirixirá un taller ate os
50 anos.
Con estas ideas aportadas polo director e o equipo de
guionistas, debe elaborar a historia do personaxe que
se desenvolverá ao longo desta cuarta temporada.
Lembre que a través do protagonista o espectador
http://es.wikipedia.org/wiki/Ciudad_medieval
http://es.slideshare.net/JoseAngelMartinez/la-ciudad-medieval-7280916
https://www.youtube.com/watch?v=QOvY2gzDuvU
I+D MEDIA 30
debe coñecer o
mundo dos
gremios, as
cidades, o
comercio…..
Por fín chegamos á última temporada, o desenlace da serie. Queremos que os últimos
capítulos sexan espectaculares e por iso pensamos en empregrar escenarios interiores e
exteriores relacionados co gótico.
O seu traballo consistirá en seleccionar de todas estas imaxes Carquitectura, escultura e
pintura) asque podan serempregadasparaa serie.Lembre que non só ten que seleccionalas,
tamén ten que explicar por que as escolleu
https://www.youtube.com/watch?v=F_LGld8IdMU
https://picarrsa.wordpress.com/2010/07/12/escultura-gotica-caracteristicas-generales/
I+D MEDIA 31
II. A Cidade Vella:Procura dos lugares
Os seguintesnomesestánrelacionadoscoa Cidade Vellade A Coruña. O primeiroque debes
facer é descubrir
cales están
relacionadoscoa
Idade Media.
Unha vezfeita a
selección,
completaa táboa
poñendoo nome,
século,función
(relixiosa,
económicaou por
que foi
importante) e
estilo(no casode ser arquitectura)
Casa Emilia Pardo Bazán,Palacio do MarquésdeSan Martín,Igrexa deSantiago,Praza de
Azcárraga,Casa Rosalía deCastro,Igrexa deSanto Domingo,Convento ePraza dasBárbaras,
Casa María Pita, Casa Palacio Cornide,Colexiata Santa María do Campo,Goberno Militar,
Xardín de San Carlos,Arquivo Reino de Galicia, Igrexa Orden Terceira, Castelo San Antón,Rúa
Alfonso IX,Rúa Ferreríase Rúa Zapaterías.
NOME SÉCULO FUNCIÓN ESTILO
I+D MEDIA 32
I+D MEDIA 33
III. A Cidade Vella:Fotografía
Integrantes do grupo:
I+D MEDIA 34
ESPACIO FOTOGRAFIADO
Igrexa de Santiago
Praza de Azcárraga
Convento e Praza das
Bárbaras
Colexiata Santa María do
Campo
Xardín de San Carlos e
muralla
Rúa Alfonso IX
Rúa Zapaterías
I+D MEDIA 35
IV. Instrumentosde avaliación
I+D MEDIA 36
AVALIACIÓN COÑECEMENTOS
Criterios de avaliación
de coñecementos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Define conceptossociais,políticose económicos
Relacionaconceptosde sociedade,políticae economía
Identificae describeaspartesdunhacidade medieval
Identificae describeoselementosdunhacidade
medieval e asrelaciónscoasociedade e aeconomía
Coñece e aplica o coñecementoaprendido
Clasificade formaordenadae coherente osfeitos
históricos
Extrae informaciónsobre imaxes,textos,gráficas…
Utilizaunhalinguaxe correctae específica
AVALIACIÓNGRUPAL
I+D MEDIA 37
Nome do grupo Membrosdo grupo
Actividade Data
Avalia
ción
do
grupo
Cumplíronse as
metas fixadas?
S
I
N
O
Que poderiadesmellorar?
Traballaron todos
os membrosdo
grupo?
S
I
N
O
Aportáchedesalgo
novo?
S
I
N
O
Estades satisfeitos
co voso traballo?
S
I
N
O
AVALIACIÓN GRUPAL
I+D MEDIA 38
Nome do grupo Membrosdo grupo
Fase do traballo Data
Traballo Próxima sesión
► Que fixechedeshoxe,ostemasque faláchedes,
a informaciónbuscada,etc.
► Escribe o que acordáchedesfacerna vindeira
sesióne o que precidades paraa mesma
I+D MEDIA 39
Grado de descripción dos
descriptores Sempre
A maioría
das veces
Algunhas
veces Dificultades
1. Procura, síntese e transmisión da
información
Procura a infornación e avalía a súa
relevancia
Analiza a información atopada
Sintetiza a información
Transmite a información a través de
distintos soportes
2. Utilización das ferramentas
tecnolóxicas
Coñece o uso de editores de texto e
presentacións
Coñece o uso dos códigos QR
Coñece o uso da aplicación Hoppala
Coñece o uso da aplicación Layar
Coñece o uso da aplicación Whenintime
Coñece o uso das Wikis
Grado de descripción dos
descriptores Sempre
A maioría das
veces
Algunhas
veces Dificultades
1. Interación co medio
Coñece a acción antrópica
Coñece a relación medio-home
I+D MEDIA 40
Grado de descripción dos
descriptores Sempre
A maioría
das veces
Algunhas
veces Dificultades
1. Conciencia, xestión e control dun
mesmo
Construe e cultiva a autoestima
Coñece as súas fortalezas e as súas
debilidades
Potencia a motivación para o proceso de
aprendizaxe
Valora e traballa a responsabilidade
2. Aprender a pensar para construir
coñecemento
Desenvolve o pensamento crítico
Potencia o pensamento creativo
3. Metacognición
Sigue conscientemente os pasos
Valora os resultados
Avalia as necesidades para planificar os
actos
4. Manexo de recursos e estratexias
Aprendizaxe cooperativo
I+D MEDIA 41
Grado de descripción dos descriptores Sempre
A maioría
das veces
Algunhas
veces Dificultades
1. Expresión cultural e artística
Explora o pasado do ser humán a través da
expresión artítica e cultural
2. Sensibilidade estética
Experimenta a emoción estética admirando a arte
Analiza as manifestacións artísticas do románico e
gótico a través das súa cualidades
3. Respecto e aprecio do patrimonio
Coñece as manifestacións artísticas
Relaciona manifestacións románicas e góticas con
marco histórico
4. Apertura á diversidade
Manifesta disposición a coñecer culturas diferentes
I+D MEDIA 42
Grado de descripción dos
descriptores Sempre
A maioría
das veces
Algunhas
veces Dificultades
1. Comunicación oral
Participa en situacións de comunicación con uno
ou varios interlocutores
É capaz de interpretar diferentes roles e
estratexia
Desenvolve un criterio propio para expresarse
individualemente
Fai efectivo o dereito a falar e ser escoitado
Participa en situacións de debate e toma de
decisións
2. Comunicación escrita
Lee para a procura de información concreta
Lee para elaborar sínteses e pensamento crítico
Escribe para estruturar e transmitir información
Emprega un vocabulario científico
3. Usos da lingua
Sabe empregar a linguaxe noutros contextos
I+D MEDIA 43
Grado de descripción dos
descriptores Sempre
A maioría
das veces
Algunhas
veces Dificultades
1. Desenvolvemento persoal e social
Coñece e comprende a evolución histórica
Compara criticamente a sociedade medieval e
a actual
Desenvolve unha escala de valores propia
2. Participación cívica
Desenvolve as habilidades sociais que
permiten resolver conflitos
Mostra conductas de participación
democrática
3. Compromiso solidario
Amosa condustas de axuda e sentimentos
prosociais
Desenvolve modelos de colaboración co seu
entorno
I+D MEDIA 44
Grado de descripción dos
descriptores Sempre
A maioría
das veces
Algunhas
veces Dificultades
1. Sentimento de competencia persoal
Desenvolve as habilidades de comunicación
e negociación
Promove e dirixe o traballo en equipo
Asume riscos
Xera cambios e abre perspectivas
2. Innovación
Desenvolve a capacidade de emprender
accións
É creativo en ideas, procesos e accións
Desenvolve o espírito de superación
Manexa a frustración
3. Planificación e realización de
proxectos
Planifica e organiza as fases dun proxecto
Valora a posibilidade de mellora durante o
proxecto
Grado de descripción dos
descriptores Sempre
A maioría
das veces
Algunhas
veces Dificultades
1. Manexo de ferramentas elementos
matemáticos
Identifica os elementos dunha
xeolocalización
Utiliza os elementos dunha
xeolocalización
I+D MEDIA 45
V. RecursosTICS
I+D MEDIA 46

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a I+D MEDIA

PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22CEIPN1TUI
 
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01María Valbuena
 
As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-María Valbuena
 
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1María Valbuena
 
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1María Valbuena
 
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01María Valbuena
 
Plan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro florianiPlan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro florianipedrofloriani
 
As Competencias BáSicas Galicia
As Competencias BáSicas GaliciaAs Competencias BáSicas Galicia
As Competencias BáSicas Galiciaangelesares
 
Competencias Basicas Xunta
Competencias Basicas XuntaCompetencias Basicas Xunta
Competencias Basicas Xuntaceiparua
 
Competencias basicas
Competencias basicasCompetencias basicas
Competencias basicaslinguatics
 
COMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICASCOMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICASoleiros
 
Competencias Basicas
Competencias BasicasCompetencias Basicas
Competencias Basicasguest5795fb9
 
Competencias Básicas
Competencias BásicasCompetencias Básicas
Competencias Básicascontidos
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresIESVALADARES1
 
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaMaría Valbuena
 

Semelhante a I+D MEDIA (20)

PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
 
As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-
 
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
 
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
 
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
 
Oie
OieOie
Oie
 
Oie
OieOie
Oie
 
Plan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro florianiPlan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro floriani
 
Inspira ti cs
Inspira ti csInspira ti cs
Inspira ti cs
 
As Competencias BáSicas Galicia
As Competencias BáSicas GaliciaAs Competencias BáSicas Galicia
As Competencias BáSicas Galicia
 
Competencias Basicas Xunta
Competencias Basicas XuntaCompetencias Basicas Xunta
Competencias Basicas Xunta
 
Competencias basicas
Competencias basicasCompetencias basicas
Competencias basicas
 
Competencias básicas
Competencias básicasCompetencias básicas
Competencias básicas
 
COMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICASCOMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICAS
 
Competencias Basicas
Competencias BasicasCompetencias Basicas
Competencias Basicas
 
Competencias Básicas
Competencias BásicasCompetencias Básicas
Competencias Básicas
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadares
 
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17 Pxa 16 17
Pxa 16 17
 

Mais de David Barrán Ferreiro

Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidadesXeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidadesDavid Barrán Ferreiro
 
Xeografía e Historia 1º ESO Unidade 4 O tempo e o clima
Xeografía e Historia 1º ESO Unidade 4 O tempo e o climaXeografía e Historia 1º ESO Unidade 4 O tempo e o clima
Xeografía e Historia 1º ESO Unidade 4 O tempo e o climaDavid Barrán Ferreiro
 
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de España
 Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de España Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de España
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de EspañaDavid Barrán Ferreiro
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e Totalitarismos
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e TotalitarismosHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e Totalitarismos
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e TotalitarismosDavid Barrán Ferreiro
 
CCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización grega
CCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización gregaCCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización grega
CCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización gregaDavid Barrán Ferreiro
 
CCSS 1ºESO Unidade 7 As primeiras civilizacións
CCSS 1ºESO Unidade 7  As primeiras civilizaciónsCCSS 1ºESO Unidade 7  As primeiras civilizacións
CCSS 1ºESO Unidade 7 As primeiras civilizaciónsDavid Barrán Ferreiro
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución RusaHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución RusaDavid Barrán Ferreiro
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 6 A Primeira Guerra Mundial
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 6 A Primeira Guerra MundialHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 6 A Primeira Guerra Mundial
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 6 A Primeira Guerra MundialDavid Barrán Ferreiro
 
Xeografía 2ºBAC Unidade 8 Os espazos urbanos
Xeografía 2ºBAC Unidade 8 Os espazos urbanosXeografía 2ºBAC Unidade 8 Os espazos urbanos
Xeografía 2ºBAC Unidade 8 Os espazos urbanosDavid Barrán Ferreiro
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundo
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundoHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundo
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundoDavid Barrán Ferreiro
 
Xeografía 2ºBAC Unidade 7 A Poboación Española
Xeografía 2ºBAC Unidade 7 A Poboación EspañolaXeografía 2ºBAC Unidade 7 A Poboación Española
Xeografía 2ºBAC Unidade 7 A Poboación EspañolaDavid Barrán Ferreiro
 
CCSS 1ºESO Unidade 5 A diversidade bioclimática
CCSS 1ºESO Unidade 5 A diversidade bioclimáticaCCSS 1ºESO Unidade 5 A diversidade bioclimática
CCSS 1ºESO Unidade 5 A diversidade bioclimáticaDavid Barrán Ferreiro
 
Historia de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio Democrático
Historia de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio DemocráticoHistoria de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio Democrático
Historia de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio DemocráticoDavid Barrán Ferreiro
 
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución Francesa
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución FrancesaHistoria Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución Francesa
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución FrancesaDavid Barrán Ferreiro
 
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución Industrial
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución IndustrialHistoria Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución Industrial
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución IndustrialDavid Barrán Ferreiro
 
Historia de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VII
Historia de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VIIHistoria de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VII
Historia de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VIIDavid Barrán Ferreiro
 
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo Réxime
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo RéximeHistoria Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo Réxime
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo RéximeDavid Barrán Ferreiro
 
Xeografía 2ºBac Unidade 1 O relevo español
Xeografía 2ºBac Unidade 1 O relevo españolXeografía 2ºBac Unidade 1 O relevo español
Xeografía 2ºBac Unidade 1 O relevo españolDavid Barrán Ferreiro
 
Historia de España 2ºBac Unidade 1 A Guerra da Independencia
Historia de España 2ºBac Unidade 1 A Guerra da IndependenciaHistoria de España 2ºBac Unidade 1 A Guerra da Independencia
Historia de España 2ºBac Unidade 1 A Guerra da IndependenciaDavid Barrán Ferreiro
 

Mais de David Barrán Ferreiro (20)

Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidadesXeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 3 Un mundo de cidades
 
Xeografía e Historia 1º ESO Unidade 4 O tempo e o clima
Xeografía e Historia 1º ESO Unidade 4 O tempo e o climaXeografía e Historia 1º ESO Unidade 4 O tempo e o clima
Xeografía e Historia 1º ESO Unidade 4 O tempo e o clima
 
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de España
 Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de España Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de España
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 1 O medio físico e Os bioclimas de España
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e Totalitarismos
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e TotalitarismosHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e Totalitarismos
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 9 Democracias e Totalitarismos
 
CCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización grega
CCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización gregaCCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización grega
CCSS 1ºESO Unidade 8 A civilización grega
 
CCSS 1ºESO Unidade 7 As primeiras civilizacións
CCSS 1ºESO Unidade 7  As primeiras civilizaciónsCCSS 1ºESO Unidade 7  As primeiras civilizacións
CCSS 1ºESO Unidade 7 As primeiras civilizacións
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución RusaHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 6 A Primeira Guerra Mundial
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 6 A Primeira Guerra MundialHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 6 A Primeira Guerra Mundial
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 6 A Primeira Guerra Mundial
 
CCSS 1ºESO Unidade 6 A Prehistoria
CCSS 1ºESO Unidade 6  A PrehistoriaCCSS 1ºESO Unidade 6  A Prehistoria
CCSS 1ºESO Unidade 6 A Prehistoria
 
Xeografía 2ºBAC Unidade 8 Os espazos urbanos
Xeografía 2ºBAC Unidade 8 Os espazos urbanosXeografía 2ºBAC Unidade 8 Os espazos urbanos
Xeografía 2ºBAC Unidade 8 Os espazos urbanos
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundo
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundoHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundo
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 5 A dominación europea do mundo
 
Xeografía 2ºBAC Unidade 7 A Poboación Española
Xeografía 2ºBAC Unidade 7 A Poboación EspañolaXeografía 2ºBAC Unidade 7 A Poboación Española
Xeografía 2ºBAC Unidade 7 A Poboación Española
 
CCSS 1ºESO Unidade 5 A diversidade bioclimática
CCSS 1ºESO Unidade 5 A diversidade bioclimáticaCCSS 1ºESO Unidade 5 A diversidade bioclimática
CCSS 1ºESO Unidade 5 A diversidade bioclimática
 
Historia de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio Democrático
Historia de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio DemocráticoHistoria de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio Democrático
Historia de España 2ºBac Unidade 3 O Sexenio Democrático
 
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución Francesa
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución FrancesaHistoria Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución Francesa
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 3 Webquest A Revolución Francesa
 
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución Industrial
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución IndustrialHistoria Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución Industrial
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución Industrial
 
Historia de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VII
Historia de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VIIHistoria de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VII
Historia de España 2ºBac Unidade 1 O reinado de Fernando VII
 
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo Réxime
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo RéximeHistoria Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo Réxime
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 1 O Antigo Réxime
 
Xeografía 2ºBac Unidade 1 O relevo español
Xeografía 2ºBac Unidade 1 O relevo españolXeografía 2ºBac Unidade 1 O relevo español
Xeografía 2ºBac Unidade 1 O relevo español
 
Historia de España 2ºBac Unidade 1 A Guerra da Independencia
Historia de España 2ºBac Unidade 1 A Guerra da IndependenciaHistoria de España 2ºBac Unidade 1 A Guerra da Independencia
Historia de España 2ºBac Unidade 1 A Guerra da Independencia
 

I+D MEDIA

  • 1. I+D MEDIA 2014-2015 2014-2015 Proxecto para Ciencias Sociais 2ºESO A cidade medieval de A Coruña
  • 2. I+D MEDIA 2 INDICE 1. O proxecto....................................................................................................................3 2. Contexto.......................................................................................................................3 3. Xustificación.................................................................................................................4 4. Metodoloxía.................................................................................................................5 5. Avaliación.....................................................................................................................5 Programación e desenvolvemento do proxecto......................................................................7 1ª FASE: COÑECEMENTOS PREVIOS ......................................................................................7 2ª FASE: PROCURA DE INFORMACIÓN...................................................................................7 3ª FASE: A CIDADE VELLA ..................................................................................................9 4ª FASE:AS TICS...............................................................................................................10 5ª FASE: O SAFARI FOTOGRÁFICO ......................................................................................11 6ª FASE: XEOLOCALIZACIÓN .............................................................................................12 7ª FASE: OS CÓDIGOS QR ..................................................................................................13 8ª FASE: A EXPOSICIÓN .....................................................................................................14 9ª FASE: A DIFUSIÓN DO PROXECTO ..................................................................................15 Anexos..............................................................................................................................18 I. A HBO: Actividadesparaaprocura de información 17 II. A Cidade Vella:Procuradoslugares 29 III. A Cidade Vella:Fotografía 31 IV. Instrumentosde avaliación 33 V. RecursosTICS 42
  • 3. I+D MEDIA 3 1. O proxecto O proxecto “Aumentando a Idade Media” ten como obxectivo principal achegar ao alumnado ao coñecemento do pasado histórico, empregando como fío condutor o seu entorno máis próximo: a Cidade Vella de A Coruña. Neste proceso de aprendizaxe o alumno será o protagonista activo do mesmo para converterse a través do uso das TICS , no creador do proxecto final. O longo percorrido a realizar garda unha estreita relación co establecido polo Decreto 133/2007do 5 de xullo en canto ás competencias básicas, aos obxectivos xerais de etapa, aos obxectivos da área ciencias sociais, xeografía e historia e ao bloque de contidos do 2º curso da ESO 2. Contexto O CPR Plurilingüe Calasancias está situado na Estrada dos Fortes, en A Coruña. Os barrios máis próximos a el son: Labañou, e S. Pedro de Visma (que xa existían cando se fundou o colexio) e Los Rosales, de nova creación. Estamos nunha zona que, a nivel educativo, presenta unha oferta variada: dous centros concertados-privados, dous centros públicos de infantil e primaria, dous centros públicos de secundaria e bacharelato, e un centro de formación profesional. Ademais, na mesma Estrada dos Fortes levántase un centro comercial, e nos barrios sinalados anteriormente cabe destacar a presenza da pequena empresa (comercio e servizos). Finalmente, é importante sinalar a proximidade da Escola Oficial de Idiomas, o Centro de Formación e Recursos, a Escola de Música, etc. Características do centro. É un centro privado-concertado con ideario propio que dá resposta ó desexo de educación cristiá que manifestan moitas familias. En actitude de respecto, permanece aberto a todo o que desexe o tipo de educación que nel se imparte. Fundamenta o seu labor educativo nun concepto cristián do home e do mundo. O alumno é o principal protagonista da acción educativa, a súa razón de ser e o seu estímulo. Participa activamente de acordo coas esixencias propias da súa idade na vida do centro.
  • 4. I+D MEDIA 4 Promóvense todas aquelas actividades escolares e extraescolares que favorecen a educación no tempo libre e espertan interese e afeccións segundo as diversas idades do alumnado. Favorécese, tamén, a posibilidade de expresarse de forma bilingüe de acordo á realidade da Comunidade Autónoma de Galicia. Os docentes son os principias educadores dos alumnos no colexio. Colaboran e interveñen activamente no centro a través dos órganos que se establecen no Regulamento de Réxime Interno. O persoal de Administración e Servizos constitúe unha parte importante da Comunidade Educativa e presta unha valiosa colaboración a toda ela. O colexio cumpre os requisitos para a implantación da E. Infantil, E. Primaria e E. Secundaria Obrigatoria. Ademais, impártese a etapa post-obrigatoria de Bacharelato, ofertándose dúas das tres modalidades: Humanidades e Ciencias Sociais, e Ciencias da Natureza e Saúde. É un centro integrado no que se imparte o ensino en todos estes niveis educativos.. Características das familias. O nivel socio–económico e cultural das familias é dun nivel medio, aínda que hai familias de todos os estratos sociais e de todos os niveis económicos e culturais. Características dos alumnos. Maioritariamente os alumnos que se escolarizan no centro pertencen a familias de nivel medio. Son unha terceira xeración de escolarización neste centro, con formación media. Non destacan maioritariamente necesidades específicas. No alumnado tamén se integran nenos estranxeiros nos diferentes niveis educativos, aínda que a súa presenza é mínima. 3. Xustificación O alumnado de 2ºESO ten con carácter xeral unha idade comprendida entre os 13 e 14 anos. É capaz de analizar os retos que se lle presentan; é capaz de formular preguntas cada vez máis complexas; é capaz de formular hipóteses, comprobando resultados, utilizando un pensamento lóxico, e é capaz de planificar accións. Todas estas capacidades deben ser desenvolvidas para o proceso de aprendizaxe plantexado neste proxecto. O proxecto “A Cidade Medieval aumentada” débelle proporcionar ao alumnado un coñecemento global que resulta necesario para entender o presente e para mellorar o futuro. Permitíndolle desenvolver unha metodoloxía que compare o inmediato e o afastado, o propio e o alleo, o máis concreto e o máis abstracto, a importancia de saber interpretar fontes de diversa tipoloxía, a comprensión da multicausalidade e a intencionalidade na interpretación dos procesos, o uso adecuado da información e o manexo da documentación.
  • 5. I+D MEDIA 5 Ademais é innegable a importancia do uso das TICS para a comprensión dos fenómenos sociais e históricos. Poder contar con certas habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar a información e transformala en coñecemento. As TIC resultan imprescindibles na sociedade da información en que vivimos, aumentan as posibilidades de comunicación e axilizan os intercambios, mesmo poden propiciar formas de traballo cooperativo que abarquen espazos físicos e sociais cada vez máis amplos, que son precisamente os que interesa coñecer desde esta área 4. Metodoloxía Desde unha perspectiva constructivista, debemos concibir a educación como un proceso no que a actitude que manteñen profesor e alumno permite unha aprendizaxe significativa. Como consecuencia desta concepción de ensino, o alumno convértese en motor do seu propio proceso de aprendizaxe ao modificar el mesmo os seus esquemas de coñecemento. Xunto a el, o profesor debe exercer o papel de guía A metodoloxía proposta nesta programación, apropiada a un proceso de aprendizaxe así concibida, cumpre os seguintes requisitos:  Parte do nivel de desenvolvemento do alumno, das súas características psicoevolutivas e das súas aprendizaxes previas  Asegura a construción de aprendizaxes significativas a través da mobilización dos seus coñecementos previos e o traballo das competencias básicas  Posibilita que os alumnos realicen aprendizaxes significativas por si só:  Proporciona situacións de aprendizaxe nas que os alumnos deben actualizar os seus coñecementos e que teñen sentido para eles, co fin de que resulten motivadoras 5. Avaliación A avaliación é o conxunto de prácticas que serven ao profesorado para determinar o grao de progreso alcanzado respecto das intencións educativas, para axustar a intervención pedagóxica ás características e necesidades dos alumnos. Como parte dun proceso integral, debemos considerar a avaliación dunha forma: Individualizada, integradora, cualitativa, orientadora e continua. Para levar a cabo o proceso de avaliación empregarse a observación sistemática coa posterior recollida de información no rexistro anecdótico persoal e as ferramentas de avaliación aportadas nos documentos de plantillas de avaliación axuntadas
  • 7. I+D MEDIA 7 Programacióne desenvolvemento do proxecto 1ª FASE: COÑECEMENTOS PREVIOS Obxectivos  Avaliar os coñecementos previos do alumnado  Iniciar o proceso de aprendizaxe Actividades  Proba escrita Recursos  Folios impresos coa proba Desenvolvemento  Individual mente cada alumno contestara á proba escrita Temporalización 1 sesión Instrumentos e ferramentas de avaliación  A proba escrita  As plantillas de avaliación 2ª FASE: PROCURA DE INFORMACIÓN Competencias básicas  Comunicación lingüística  Tratamento da información e competencia dixital  Social e cidadán Obxectivos  Coñecer e diferenciar, utilizando información procedente de distintas fontes, as características principais da sociedade feudal,  Coñecer e diferenciar as causas producidas na Plena Idade Media que conducen ao renacemento urbano  Coñecer o mundo urbano (político,social e económico) na Plena Idade Media  Coñecer as manifestacións culturais e artísticas deste período, o que permitirá avaliar e respectar o patrimonio e asumir unha certa responsabilidade á hora de conservalo.  Coñecer e utilizar o vocabulario específico  Practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos  Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo en equipo  Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes da información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos  Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito na lingua galega Contidos  A sociedade e as relacións persoais estamentais  A expansión agraria e as súas consecuencias.  O renacemento das cidades.  A cidade medieval.
  • 8. I+D MEDIA 8  As actividades económicas urbanas.  A sociedade e a vida cotiá.  A relixiosidade e a cultura.  A arte gótica.  A Baixa Idade Media.  Obtención de información histórica a partir de distintos tipos de documentos  Interpretación e representación de procesos de cambio histórico mediante eixes cronolóxicos, documentos e mapas.  Elaboración de sínteses sobre os acontecementos históricos  Rigor e obxectividade nas explicacións dos acontecementos históricos, políticos, sociais e económicos e a súa repercusión no proceso histórico universal  Participación en actividades grupais Actividades  A HBO  WhenIntime: A liña da Idade Media Recursos  Aula de informática con conexión a internet  Programas de presentación e editores de texto  Aplicación gratuíta “Whenintime” Desenvolvemento  Traballo individual  Cada unha deberá contestar ás cuestións plantexadas no moodle.  Elaborar unha liña do tempo coa aplicación “Whenintime” Temporalización 4-6 sesións Criterios de avaliación  Enumerar os elementos esenciais que nos serven para caracterizar a sociedade feudal  Analizar as características máis importantes das sociedades medievais, xerando un esquema ao respecto  Enumerar os elementos esenciais que nos serven para caracterizar as cidades feudais  Comparar os diferentes acontecementos establecendo as diferenzas e semellanzas, e salientando aquelas características máis significativas, como por exemplo as cidades ou a economía.  Analizar as características máis importantes das cidades medievais, a súa actividade,  Describir ou traballar sobre algunha obra artística importante ou salientable do estilo románico e gótico  Demostrar capacidade para traballar en actividades grupais
  • 9. I+D MEDIA 9 Instrumentos e ferramentas de avaliación  Observación do traballo diario desenvolvido na aula  Corrección das cuestións  Plantillas de avaliación 3ª FASE: A CIDADE VELLA Competencias básicas  Coñecemento e interacción co mundo físico  Competencia cultural e artística Obxectivos  Recoñecer as partes medievais da Cidade Vella de A Coruña  Coñecer os elementos característicos dun núcleo urbano medieval e as súas funcións  Interrelacionar a sociedade estamental coa cidade medieval e os seus espazos  Coñecer as manifestacións culturais e artísticas características  Coñecer e empregar o vocabulario específico  Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes da información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos  Respectar o patrimonio e asumir unha certa responsabilidade á hora de conservalo. Contidos  A cidade medieval: urbanismo e elementos  O grupos sociais urbanos  A vida na cidade medieval  Arte románico e arte gótico  Elaboración de mapas conceptuais e sínteses sobre o mundo urbano (social,económico, político e artístico) Actividade  Visita guiada á Cidade Medieval  Dosier de actividades do caderno: A Coruña, Cidade Educadora Recursos  Compañía de transportes Autos Oróns  Caderno de actividades “ A Coruña: Cidade Educadora” Desenvolvemento  A primeira actividade consistirá nunha visita guiada pola cidade vella de A Coruña  Trala visita, na aula e individualmente, os alumnos contestarán ás cuestións plantexadas no caderno de actividades Temporalización 2 sesións Criterios de avaliación  Identificar os elementos que definen unha cidade medieval
  • 10. I+D MEDIA 10  Analizar os grupos sociais: características e funcións  Establecer relacións entre economía, sociedade e estrutura urbana  Describir ou traballar obras artísticas do estilo románico e gótico  Demostrar capacidade para traballar en actividades grupais Instrumentos e ferramentas de avaliación  Observación do traballo diario desenvolvido na aula  Entrega das actividades do dosier para a súa corrección individual  Plantillas de avaliación 4ª FASE:AS TICS Competencias básicas  Tratamento da información e competencia dixital  Matemática Obxectivos  Coñecer os códigos QR  Coñecer as aplicacións relacionadas co xeoposicionamento  Coñecer as aplicacións prácticas dos códigos QR e as contornas de xeoposicionamento  Consolidar hábitos de traballo en equipo Contidos  Os códigos QR  O xeoposicionamento  As aplicacións Layar e Hoppala  Elaboración de sínteses  Xeolocalización  Participación en actividades grupais Actividade  Actividade cos códigos QR  Actividade coa aplicación Hoppala  Actividade coa aplicación Layar Recursos  Aula de informática con conexión a internet  Aplicacións informaticas: Android QR, Hoppala e Layar Desenvolvemento  As actividades desenvolveranse en parellas  Elaboración de tres códigos QR: o primeiro vincularía a unha páxina web,o segundo a un vide oe o terceiro a unha “wiki”  Establecemento dun punto de xeolocalización a través da aplicación Hoppala. O punto fixado sería o colexio e débese engadir información sobre o mesmo  Configuración dunha capa a través da
  • 11. I+D MEDIA 11 aplicación Layar Temporalización 2 sesións Criterios de avaliación  Elaborar un punto de xeolocalización e un código QR  Demostrar capacidade para traballar en actividades grupais Instrumentos e ferramentas de avaliación  Observación do traballo diario desenvolvido na aula  Corrección das actividades plantexadas  Plantillas de avaliación 5ª FASE: O SAFARI FOTOGRÁFICO Competencias básicas  Tratamento da información e competencia dixital  Competencia cultural e artística  Aprender a aprender Obxectivos  Recoñecer a cidade medieval dentro da Cidade Vella de A Coruña  Coñecer os elementos e emprazamentos da cidade medieval de A Coruña  Respectar o patrimonio e asumir unha certa responsabilidade á hora de conservalo  Consolidar hábitos de traballo en equipo Contidos  A cidade medieval: urbanismo e elementos  Arte románico e arte gótico  Elaboración de montaxes fotográficos Actividades  Safari fotográfico pola Cidade Vella de A Coruña  Álbum fotográfico Recursos  Compañía de transportes Autos Oróns  Cámaras dixitais Desenvolvemento  En grupos de 5, os alumnos percorrerán a Cidade Vella sacando fotos aos vestixios da cidade medieval  A continuación deberán elaborar un álbum dixital que recolla os elementos e emprazamentos medievais Temporalización 2 sesións Criterios de avaliación  Identificar os elementos da cidade medieval de A Coruña  Demostrar capacidade para traballar en actividades grupais
  • 12. I+D MEDIA 12 Instrumentos de avaliación  Corrección do álbum fotográfico  Observación do traballo diario desenvolvido na aula  Plantillas de avaliación 6ª FASE: XEOLOCALIZACIÓN Competencias básicas  Comunicación lingüística  Matemática  Tratamento da información e competencia dixital  Aprender a aprender  Autonomía e iniciativa persoal Obxectivos  Indicar e selecionar, empregando o coñecemento adquirido nas anteriores fases, as partes medievais da Cidade Vella de A Coruña  Indicar e seleccionar, empregando o coñecemento adquirido nas anteriores fases, os elementos característicos dun núcleo urbano medieval e as súas funcións  Identificar, empregando o coñecemento adquirido nas anteriores fases, as manifestacións culturais e artísticas características  Xeolocalizar puntos nun plano da cidade medieval de A Coruña  Inferir, redactar e sintetizar, empregando o coñecemento adquirido nas fases anteriores, aspectos (sociais, económicos, políticos e culturais) da cidade medieval  Empregar vocabulario específico  Consolidar hábitos de traballo en equipo Contidos  A cidade medieval: urbanismo e elementos  Arte románico e arte gótico  Hoppala e Layar  Xeolocalización  Elaboración de sínteses  Fixación de puntos de xeolocalización  Participación en actividades grupais Actividades  Xeolocalizando a cidade medieval Recursos  Aula de informática con conexión a internet  Aplicación informaticas: Android QR, Hoppala e Layar Desenvolvemento  A actividade desenvolverase en grupos de 5  Cada grupo de deberá xeolocalizar puntos (rúas, prazas, manifestacións artísticas) coa aplicación Hoppala. Ademais cada punto deberá axuntar
  • 13. I+D MEDIA 13 información sobre o mesmo  Finalmente deberán crear unha capa coa aplicación Layar Temporalización 3 sesións Criterios de avaliación  Identificar as partes dunha cidade medieval así como os elementos que a compoñen  Analizar e relacionar a urbe medieval e a sociedade estamental  Identificar elementos nunha xeolocalización  Describir as características artísticas presentes na cidade medieval  Demostrar capacidade para traballar en actividades grupais Instrumentos e ferramentas de avaliación  Observación do traballo diario desenvolvido na aula  Corrección dos puntos creados por cada un dos grupos  Plantillas de avaliación 7ª FASE: OS CÓDIGOS QR Competencias básicas  Comunicación lingüística  Tratamento da información e competencia dixital  Aprender a aprender  Autonomía e iniciativa persoal Obxectivos  Redactar e sintetizar contidos aprendidos nas fases anteriores  Deseñar “wikis”  Crear codigos QR  Consolidar hábitos de traballo en equipo Contidos  A Idade Media  A Sociedade Estamental  A cidade medieval  O románico  O gótico  Códigos QR  Wikis  Elaboración de “Wikis”  Participación en actividades grupais Actividades  As “Wikis”  Os QR da cidade Medieval Recursos  Aula de informática con conexión a internet  Impresora
  • 14. I+D MEDIA 14  Papel Desenvolvemento  A actividade desenvolverase en grupos de 5  Cada grupo deberá crear unha serie de Wikis na que se recolla a información que posteriormente será a utilizada para dotar de contidos a exposición  Elaboradas as “Wikis”, crearanse os códigos QR que enlacen á información das mesmas  Finalmente imprimiranse os códigos QR Temporalización 4 sesións Criterios de avaliación  Analizar a sociedade estamental  Identificar as partes dunha cidade medieval así como os elementos que a compoñen  Analizar e relacionar a urbe medieval e a sociedade estamental  Describir as características artísticas presentes na cidade medieval  Demostrar capacidade para traballar en actividades grupais Instrumentos e ferramentas de avaliación  Observación do traballo diario desenvolvido na aula  Corrección das “Wikis”  Plantillas de avaliación 8ª FASE: A EXPOSICIÓN Xustificación É o produto final de todo o proceso de aprendizaxe. Descrición No centro realizarase unha exposición deseñada polo alumnado que teña como tema central “A cidade medieval de A Coruña” Organización A exposición dividirase en distintos paneis. 1) Un panel no que explique que aplicacións informáticas precisaranse para seguir a exposición correctamente 2) O resto de paneis conterían o seguinte: a) Fotografías b) Códigos QR que enlazarían ás Wiki c) Capas Layar que enlazarían á xeolocalización de cada elemento Recursos  Paneis para a montaxe  Impresora para as fotografías e os códigos QR Destinatarios  Alumnado  Persoal do centro  Familias
  • 15. I+D MEDIA 15 9ª FASE: A DIFUSIÓN DO PROXECTO Xustificación A aplicación do proxecto fora do ámbito educativo Descrición Coa posible colaboración do Concello de A Coruña, colocaranse os códigos QR ,elaborados para a exposición, nos puntos xeolocalizados. Finalidade A información elaborada sirva para o resto da cidadanía Recursos  Paneis para os códigos QR Destinatarios  A Cidadanía
  • 16. I+D MEDIA 16 I. A HBO: Actividadespara a procura de información A canle HBO, famosa pola súa superprodución “Games of Thrones”, ten en mente comezar a rodar unha nova serie ambientada na Idade Media. HBO, moi esixente coas súas producións, pretende alcanzar o éxito logrado con “Games of Thrones”. Por iso quere prestarlle moita atención non só aos posibles escenarios, ambientación, personaxes, senón tamén a todo o contexto histórico (sociedade, política, relixión). Dende a produtora esíxese o maior rigor e exactitude para que o espectador desfrute durante 4 temporadas dun dos períodos máis emocionantes da historia da humanidade, a Idade Media. Estes son os motivos polos que nos poñemos en contacto con vostede. Precisamos dun experto documentalista que nos asesore en todo o proceso de creación, dende os grandes detallesate osmáisminuciosos.Son moitas as series ou filmes que cometeron grandes erros históricos (aquí ten un enlace onde pode comprobalo por si mesmo), e nos dende HBO queremos evitar e non repetir isto. O noso obxectivo non só debe ser o entretemento do espectador senón que aprendan con nos. Polo tanto e xa para finalizar, o seu éxito é o noso éxito. A nosa audiencia será a súa recompensa,daque falaremosse chegamos a alcanzar as cotas de share marcadas polo xunta de accionistas e o seu presidente
  • 17. I+D MEDIA 17 Primeratemporada:A SociedadeMedieval Nos primeiros capítulos o director D.B Weiss quere achegar ao espectador a sociedade da Idade Media. O principal problema é que todo o equipo é de orixe estadounidense, polo tanto descoñecen absolutamente o período que se desenvolveu en Europa entre os séculos V- XV. O pouco que saben é a través das películas de Ridley Scott (O Reino dos Ceos e Robin Hood). Precisamos polo tanto do seu preciso traballo de documentación sobre a sociedade de Idade Media: formación, división.. Lembre dúas cousas fundamentais: 1. Ten que ser totalmente verídica e contrastada 2. Toda a información redactada deberállela explicar ao equipo de guionistas Para axudarte neste proceso conta coa axuda cun dos historiadores medievalistas máis importantes, o doutor Georges Duby. Aquí ten información e un guión para seguir e encher que en palabras o doutor “-é esencial para a comprensión da sociedade medieval” http://es.slideshare.net/ruizmas o/la-sociedad-estamental https://www.youtube.com/wat ch?v=4GgNif8OveE http://definicion.mx/sociedad- estamental/ http://es.wikipedia.org/wiki/Es tamento http://es.wikipedia.org/wiki/Es tamento
  • 18. I+D MEDIA 18 Encha o seguinte cuestionario que seráposteriormente explicado e entregado ao equipo de dirección 1. No primeiro capítulo preténdese explicar ao espectador que a sociedade medieval é completamente distinta a do século XXI. O doutor Georges Duby falou sobre o estamento, a súa explicación foi demasiado científica; precisamos transmitir dun xeito máis doado que é “estamento”. A súa primeira labor será elaborar unha explicación sobre este termo 2. Cara ao cuarto capítulo da temporada comezarán a aparecer os distintos grupos que forman a sociedade medieval. A súa división non está moi clara para o noso equipo de guionistas, Duby aportou esta documentación para explicala pero despois de tres horas dándolle voltas, a incomprensión continuaba. Precisamos da súa axuda para dar unha explicación clara para o noso equipo sobre o por que da división, grupos….Toda a información que sexa posible
  • 19. I+D MEDIA 19 SegundaTemporada:ORománico Despois de examinar o seu primeiro traballo, o director quere continuar contando coa a súa axuda para a segunda temporada da serie. Para a rodaxe D.B Weiss quere darlle moita importancia aos escenarios tanto interiores como exteriores.  Todo trono real que rija sabiamente se apoya en tres elementos: uno son los oratores; otro, los laboratores; eltercero,losbellatores. Los oratores son hombres de oración, que día y noche deben rezar aDiosy rogarle por todoel pueblo.los laboratores sonhombresde trabajo, que proporcionan todolo necesarioparaque el pueblopuedavivir.Los bellatores son hombres de guerra, que luchan con lasarmas para defender la tierra. Sobre estos tres pilares debe regirse con justicia cualquier trono real  Tripleeslacasade Diosque creemosuna:eneste mundo unos oran, otros combaten y otros, además, trabajan; estostresestánjuntosynotoleranestar desunidos, de manera tal que sobre la función de uno descansan las obras de los otros dos, todos a su turno ayudando a los otros dos 
  • 20. I+D MEDIA 20 A produtora HBO conta co mellor equipo, traballou duramente en filmes como el Hobbit ou La legión del águila. Levan semanas viaxando por Europa buscando emprazamentos para a rodaxe da segunda temporada. A súa labor centrouse na recopilación de imaxes, videos e información dada polos conselleiros de cultura das rexións visitadas que só falan da importancia e a presencia que debe ter o románico na segunda temporada da serie Neste punto antes de iniciar a rodaxe precisamos da súa labor como documentalista. A produtora ten toda unha serie de dúbidas que precisa que a súa labor como documentalista dea resposta Dúbidas da productora 1. Nesta imaxe aportada polo equipo de exteriores parace haber unha relación co románico. Segundo os conselleiros poderon coincidir no tempo, podería explicarnos se isto é certo e por que http://olmo.pntic.mec.es/~mdem001 1/caracteristicas.htm http://historiadelarte07.blogspot.com .es/2008/08/arte-romnico.html https://www.youtube.com/watch?v=j FyoJhXMguM
  • 21. I+D MEDIA 21 2. A continuación enviaron este mapa e texto. Non comprendemos que queren dicer con isto, que relación pode ter cos exteriores da segunda temporada?? 3. O director acaba de enviarnos todas estas imaxes como posibles escenarios e elementos de ambientación dos mesmos. Son unha gran cantidade polo que pedimos que escolla vostede os que serán empregados para esta segunda temporada. Lembre que ten que explicarlle a súa elección ao noso equipo de exteriores
  • 23. I+D MEDIA 23 TerceiraTemporada:APlenaIdadeMedia Está xa no ecuador da serie, a produtora e o equipo de dirección aprecian a súa dedicación e traballo. Nesta última semana HBO acaba de ampliar o presuposto dedicado para esta tercera temporada que se chamará “O renacer da Idade Media”. Queremos que o protagonista sexa o tres veces nominado aos Oscar de Hollywood Bradley Cooper. A produtora quere aproveitar o tirón do actor americano e convertelo na verdadeira estrela desta temporada; agarda o incremento da audiencia que servirá para continuar varias temporadas máis. Bradley Cooper atópase nestes momentos na súa mansión de Malibú e agarda que lle cheguen os primeiros guións para comprobar a calidade da serie e así firmar un acordo millonario coa HBO. Necesitamos a súa axuda de novo, precisamos crear un personaxe que non só guste ao actor senón que sexa un referente para a audiencia e ocupe as portadas máis importantes do mundo audiovisual.Así que ten vostede moito traballo por diante.
  • 24. I+D MEDIA 24 A continuación ten un plan de traballo a seguir para conseguir o éxito desexado. Insistímoslle que traballe coa máxima profesional idade, o futuro da serie e do seu traballo está nas súas mans. 1. Como lle comentamos, Bradley Cooper agarda por nos na súa mansión de Malibú. Antes de nada temos que enviarlle ao seu axente un resumo sobre o período no que se desenvolverá o protagonista. Aquí ten información suficiente para poder confeccionar un texto que sexa do agrado do seu axente. Lembre que se non convence ao axente do señor Cooper, este texto nunca chegará a ser lido polo autor. http://es.slideshare.net/martadelatorre/la-plena-edad-media-7924943
  • 25. I+D MEDIA 25 CuartaTemporada:ACidade Chegamos á penúltima temporada, pero antes de nada temos que felicitarlle. Grazas ao seu esforzo e gran traballo contaremos para a penúltima e última temporada coa participación de Bradley Cooper como actor protagonista. Para esta última temporada a produtora e o equipo de dirección decidiron trasladar a rodaxe a unha cidade medieval emplazada no continente europeo. Ademais toda esta temporada estará protagonizada polo señor Cooper, polo que é preciso crear un personaxe a súa altura.
  • 26. I+D MEDIA 26 1. Esta é a cidade á que temos pensado trasladar todo o equipo de rodaxe. Son moitas as historias que escoitamos sobre a cidade de Carcassone pero hai unha que nos chamou moito a atención e que nos non somos capaz de saber o por que. Contan os máis vellos do lugar que a cidade foi completamente destruida por uns homes altos, rubios e que portaban uns cascos con cornos. Arrasaron e saquearon sen deixar nada en pé; a poboación marchou cara o rural buscando a protección duns señores pois só eles portaban espadas. Pasaron os séculos e xa case ninguén lembrábase do nome de aquela cidade ate que chegou o século XII. No século XII ,aquela olvidada cidade de Carcassone, renaceu do pasado para converterse nunha das cidades máis importantes do Reino de Francia.
  • 27. I+D MEDIA 27 O director leva toda a semana facendo preguntas aos vellos do lugar pero ninguén é capaz de darlle respostas, só vellas historias. Agora precisamos do seu coñecementos, precisamos resolver o misterio que fixo desaparecer á cidade de Carcassone e o seu renacemento séculos despois 2. No mes de marzo os directivos de HBO queren facer unha visita á cidade de Carcassone. Estarán tres días de visita na cidade e queremos que vostede encárguese de facer unha ruta guiada pola cidade. Debe levalos a facer un percorrido pola cidade medieval, amosándolle os lugares máis importantes dunha cidade medieval, características do seu plano… Aquí deixámoslle unha serie de imaxes para que confeccione a visita. Lembre que os directivos son os que conseguen os cartos para a HBO
  • 29. I+D MEDIA 29 3. Como xa sabe para esta temporada contamos coa estrela Bradley Cooper. O director xunto co equipo de guionistas están pensando que o seu personaxe sexa o mestre do gremio de zapateiros. Nos primeiros capítulos narrarase as súas orixes e os seus inicios no mundo gremial. Á metade da temporada o personaxe debe trasladarse dende a súa cidade de orixe (Toledo) ate a cidade de Colonia onde dirixirá un taller ate os 50 anos. Con estas ideas aportadas polo director e o equipo de guionistas, debe elaborar a historia do personaxe que se desenvolverá ao longo desta cuarta temporada. Lembre que a través do protagonista o espectador http://es.wikipedia.org/wiki/Ciudad_medieval http://es.slideshare.net/JoseAngelMartinez/la-ciudad-medieval-7280916 https://www.youtube.com/watch?v=QOvY2gzDuvU
  • 30. I+D MEDIA 30 debe coñecer o mundo dos gremios, as cidades, o comercio….. Por fín chegamos á última temporada, o desenlace da serie. Queremos que os últimos capítulos sexan espectaculares e por iso pensamos en empregrar escenarios interiores e exteriores relacionados co gótico. O seu traballo consistirá en seleccionar de todas estas imaxes Carquitectura, escultura e pintura) asque podan serempregadasparaa serie.Lembre que non só ten que seleccionalas, tamén ten que explicar por que as escolleu https://www.youtube.com/watch?v=F_LGld8IdMU https://picarrsa.wordpress.com/2010/07/12/escultura-gotica-caracteristicas-generales/
  • 31. I+D MEDIA 31 II. A Cidade Vella:Procura dos lugares Os seguintesnomesestánrelacionadoscoa Cidade Vellade A Coruña. O primeiroque debes facer é descubrir cales están relacionadoscoa Idade Media. Unha vezfeita a selección, completaa táboa poñendoo nome, século,función (relixiosa, económicaou por que foi importante) e estilo(no casode ser arquitectura) Casa Emilia Pardo Bazán,Palacio do MarquésdeSan Martín,Igrexa deSantiago,Praza de Azcárraga,Casa Rosalía deCastro,Igrexa deSanto Domingo,Convento ePraza dasBárbaras, Casa María Pita, Casa Palacio Cornide,Colexiata Santa María do Campo,Goberno Militar, Xardín de San Carlos,Arquivo Reino de Galicia, Igrexa Orden Terceira, Castelo San Antón,Rúa Alfonso IX,Rúa Ferreríase Rúa Zapaterías. NOME SÉCULO FUNCIÓN ESTILO
  • 33. I+D MEDIA 33 III. A Cidade Vella:Fotografía Integrantes do grupo:
  • 34. I+D MEDIA 34 ESPACIO FOTOGRAFIADO Igrexa de Santiago Praza de Azcárraga Convento e Praza das Bárbaras Colexiata Santa María do Campo Xardín de San Carlos e muralla Rúa Alfonso IX Rúa Zapaterías
  • 35. I+D MEDIA 35 IV. Instrumentosde avaliación
  • 36. I+D MEDIA 36 AVALIACIÓN COÑECEMENTOS Criterios de avaliación de coñecementos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Define conceptossociais,políticose económicos Relacionaconceptosde sociedade,políticae economía Identificae describeaspartesdunhacidade medieval Identificae describeoselementosdunhacidade medieval e asrelaciónscoasociedade e aeconomía Coñece e aplica o coñecementoaprendido Clasificade formaordenadae coherente osfeitos históricos Extrae informaciónsobre imaxes,textos,gráficas… Utilizaunhalinguaxe correctae específica AVALIACIÓNGRUPAL
  • 37. I+D MEDIA 37 Nome do grupo Membrosdo grupo Actividade Data Avalia ción do grupo Cumplíronse as metas fixadas? S I N O Que poderiadesmellorar? Traballaron todos os membrosdo grupo? S I N O Aportáchedesalgo novo? S I N O Estades satisfeitos co voso traballo? S I N O AVALIACIÓN GRUPAL
  • 38. I+D MEDIA 38 Nome do grupo Membrosdo grupo Fase do traballo Data Traballo Próxima sesión ► Que fixechedeshoxe,ostemasque faláchedes, a informaciónbuscada,etc. ► Escribe o que acordáchedesfacerna vindeira sesióne o que precidades paraa mesma
  • 39. I+D MEDIA 39 Grado de descripción dos descriptores Sempre A maioría das veces Algunhas veces Dificultades 1. Procura, síntese e transmisión da información Procura a infornación e avalía a súa relevancia Analiza a información atopada Sintetiza a información Transmite a información a través de distintos soportes 2. Utilización das ferramentas tecnolóxicas Coñece o uso de editores de texto e presentacións Coñece o uso dos códigos QR Coñece o uso da aplicación Hoppala Coñece o uso da aplicación Layar Coñece o uso da aplicación Whenintime Coñece o uso das Wikis Grado de descripción dos descriptores Sempre A maioría das veces Algunhas veces Dificultades 1. Interación co medio Coñece a acción antrópica Coñece a relación medio-home
  • 40. I+D MEDIA 40 Grado de descripción dos descriptores Sempre A maioría das veces Algunhas veces Dificultades 1. Conciencia, xestión e control dun mesmo Construe e cultiva a autoestima Coñece as súas fortalezas e as súas debilidades Potencia a motivación para o proceso de aprendizaxe Valora e traballa a responsabilidade 2. Aprender a pensar para construir coñecemento Desenvolve o pensamento crítico Potencia o pensamento creativo 3. Metacognición Sigue conscientemente os pasos Valora os resultados Avalia as necesidades para planificar os actos 4. Manexo de recursos e estratexias Aprendizaxe cooperativo
  • 41. I+D MEDIA 41 Grado de descripción dos descriptores Sempre A maioría das veces Algunhas veces Dificultades 1. Expresión cultural e artística Explora o pasado do ser humán a través da expresión artítica e cultural 2. Sensibilidade estética Experimenta a emoción estética admirando a arte Analiza as manifestacións artísticas do románico e gótico a través das súa cualidades 3. Respecto e aprecio do patrimonio Coñece as manifestacións artísticas Relaciona manifestacións románicas e góticas con marco histórico 4. Apertura á diversidade Manifesta disposición a coñecer culturas diferentes
  • 42. I+D MEDIA 42 Grado de descripción dos descriptores Sempre A maioría das veces Algunhas veces Dificultades 1. Comunicación oral Participa en situacións de comunicación con uno ou varios interlocutores É capaz de interpretar diferentes roles e estratexia Desenvolve un criterio propio para expresarse individualemente Fai efectivo o dereito a falar e ser escoitado Participa en situacións de debate e toma de decisións 2. Comunicación escrita Lee para a procura de información concreta Lee para elaborar sínteses e pensamento crítico Escribe para estruturar e transmitir información Emprega un vocabulario científico 3. Usos da lingua Sabe empregar a linguaxe noutros contextos
  • 43. I+D MEDIA 43 Grado de descripción dos descriptores Sempre A maioría das veces Algunhas veces Dificultades 1. Desenvolvemento persoal e social Coñece e comprende a evolución histórica Compara criticamente a sociedade medieval e a actual Desenvolve unha escala de valores propia 2. Participación cívica Desenvolve as habilidades sociais que permiten resolver conflitos Mostra conductas de participación democrática 3. Compromiso solidario Amosa condustas de axuda e sentimentos prosociais Desenvolve modelos de colaboración co seu entorno
  • 44. I+D MEDIA 44 Grado de descripción dos descriptores Sempre A maioría das veces Algunhas veces Dificultades 1. Sentimento de competencia persoal Desenvolve as habilidades de comunicación e negociación Promove e dirixe o traballo en equipo Asume riscos Xera cambios e abre perspectivas 2. Innovación Desenvolve a capacidade de emprender accións É creativo en ideas, procesos e accións Desenvolve o espírito de superación Manexa a frustración 3. Planificación e realización de proxectos Planifica e organiza as fases dun proxecto Valora a posibilidade de mellora durante o proxecto Grado de descripción dos descriptores Sempre A maioría das veces Algunhas veces Dificultades 1. Manexo de ferramentas elementos matemáticos Identifica os elementos dunha xeolocalización Utiliza os elementos dunha xeolocalización
  • 45. I+D MEDIA 45 V. RecursosTICS