3. MF1582_3 PROMOCIÓN PARA A IGUALDADE EFECTIVA DE MULLERES E HOMES EN MATERIA DE EMPREGO
3
INTRODUCCIÓN
Nesta secuencia didáctica vanse mostrar e explicar as diferentes relacións que teñen as
persoas co mercado de traballo, partindo da clasificicación e investigación que proporciona a
Enquisa de Poboación Activa.
A Enquisa de Poboación Activa (EPA) é unha investigación continua e de periodicidade
trimestral dirixida ás familias dende 1964. A súa principal finalidade é obter datos da forza de
traballo e das súas diversas categorías, así como da poboación allea ó mercado de traballo. O
período de referencia da información é a semana anterior á entrevista e os resultados obtéñense
un mes e medio despois de finalizar o traballo de campo.
A EPA é levada a cabo polo INE (Instituto Nacional de Estadística), un organismo
autónomo de carácter administrativo, con personalidade xurídica e patrimonio propio.
4. MF1582_3 PROMOCIÓN PARA A IGUALDADE EFECTIVA DE MULLERES E HOMES EN MATERIA DE EMPREGO
4
1.- COMPOÑENTES DA SECUENCIA DIDÁCTICA
A seguinte secuencia didáctica forma parte do contido do Certificado de Profesionalidade
“Promoción para a igualdade efectiva de mulleres e homes”. A continuación móstrase,
exactamente, en que punto do curso se ubican os contidos desta secuencia didáctica
MÓDULO FORMATIVO: MF1582_3 Promoción para a igualdade efectiva de mulleres e homes
en materia de emprego.
UNIDADE FORMATIVA: UF2686 Análise do entorno laboral e xestión de relacións laboráis
dende a perspectiva de xénero.
UNIDADE DIDÁCTICA: Estudio do entorno laboral dende a perspectiva de xénero.
OBXECTIVO OPERATIVO: Coñecer e identificar as diferentes relacións da poboación co
mercado laboral.
CONTIDO: Concepto das relacións da poboación co mercado de traballo.
5. MF1582_3 PROMOCIÓN PARA A IGUALDADE EFECTIVA DE MULLERES E HOMES EN MATERIA DE EMPREGO
5
2.- CONCEPTO DAS RELACIÓNS DA POBOACIÓN CO MERCADO DE TRABALLO
Definicións da EPA en materia de mercado de traballo.
2.1.- POBOACIÓN ACTIVA
Aquelas persoas de 16 ou máis anos que suministran man de obra para a producción de
bens ou servizos ou están dispoñibles e en condicións de incorporarse a dita producción.
Á súa vez a poboación activa divídese en: Poboación Ocupada e Poboación Parada ou
Desempregada.
2.1.1.- Poboación Ocupada
Persoas de 16 ou máis anos que traballan durante, polo menos, unha hora a cambio de
retribución en diñeiro ou especie. Tamén se inclúen as persoas que, tendo traballo, estiveron
temporalmente ausentes do mesmo por enfermidade, vacacións… A Poboación Ocupada, pode
clasificarse:
- Atendendo á situación profesional:
* Non Asalariada (ou Por Conta Propia): persoas empregadoras, traballadores/as
independentes…
* Asalariada: público ou privado. Que en función do contrato, clasifícase en:
< Indefinido
< Temporal (fin do contrato por medio de condicións obxectivas)
- Atendendo á duración da xornada:
* Tempo Completo: Non inferior a 30 horas semanas.
* Tempo Parcial: Non superior a 35 horas semanas
2.1.2- Poboación Parada ou Desempregada
Persoas de 16 ou máis anos que non están traballando pero que están disponibles para
traballar ou están buscando activamente emprego.