SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 30
O FRANQUISMO E A REPRESIÓN
      CONTRA A MULLER

RAPADAS, VIOLADAS, EXCLUÍDAS,
        SILENCIADAS
1- A GUERRA E OS PRIMEIROS
   ANOS DO FRANQUISMO
Durante a guerra e os primeiros anos do
franquismo, os fascistas exerceron unha
violencia específica contra a muller. A
violación, o abuso físico de todo tipo, a
violencia sobre os seus fillos, e tralo
asasinato dos seus compañeiros, a negación
do seu estado de viuvez, a prohibición de
levar loito ou exteriorizar a dor.

A negación sistemática de traballos cos que
puidesen manterse e manter os seus fillos e
fillas, son formas de violencia que se
exerceron especificamente contra as mulleres
republicanas ou mulleres con familiares
republicanos.
A violación das mulleres nos conflitos
bélicos ven de moi lonxe e chega ata
os nosos días.
Os Convenios de Xenebra, convenios
internacionais que rexen os conflitos
armados e que foron firmados hai
medio século, prohíbena. Neles dise:
«As mulleres serán especialmente
protexidas... contra a violación, a
prostitución forzada e todo atentado
ao seu pudor».
Sen embargo, en case todos os
conflitos bélicos se producen, porque
o corpo das mulleres está considerado
parte do botín de guerra.
A violación como arma de guerra
non é senón un reflexo da
desigualdade da nosa sociedade.
Os exemplos máis recentes témolos
no Congo, onde arredor de medio
millón de persoas (na maioría
mulleres) foron violadas na guerra.
Cifras similares se barallan en
Ruanda.
Na guerra de Bosnia (antiga
Iuogoeslavia), entre 20.000 e
40.000 mulleres foron violadas de
maneira sistemática.
Mención especial merece o sufrimento que houberon de soportar as miles de
vítimas femininas colaterais, é dicir, as nais, as viúvas e as orfas dos asasinados.


  Marcadas socialmente
  polo seu parentesco e
  a miúdo arruinadas
  economicamente pola
  incautación de bens e
  a falta do sostén da
  familia, tiveron que
  padecer en silencio as
  súas traxedias, ás
  veces en completa
  soidade.




Non é de estrañar que moitas delas toleasen de dor como Antonia Pardo Méndez,
viúva do artista e nai do polifacético Isaac Díaz Pardo.
TESTEMUÑA: FORON CINCO
“En Cantabria, moitas mulleres, tras a entrada dos “nacionais”, foron
represaliadas:     detencións,    encarceramentos,       fusilamentos,
vexacións, etc.
No Salón Olimpia de Torrelavega, habilitado como cárcere, estiveron
presas Antolina Materranz e unha moza moi guapa, duns dezasete
anos, que se chamaba Fidelita, que era case unha nena, unha
rapaza encantadora, pero cuxo delito foi ser filla duns pais de
esquerdas e recitar poesía no teatro (...) A Fidelita as carcereiras
cortáronlle o pelo ao cero e, para ridiculizala aínda máis, deixáronlle
un guedello longo atrás, para amarrarlle un lazo vermello (...)
Visitaron o cárcere cinco falanxistas e acordaron, xunto ás gardiás,
sacala aquela noite. As compañeiras quedaron horrorizadas cando,
ás poucas horas, viron chegar a Fidelita feita un farrapo humano.
Caeu de fociños e as compañeiras non foron quen de que ela
contase que fixeran con ela aqueles asasinos. Só podía dicir: “Foron
cinco, foron cinco”.
QUEIPO DE LLANO: HOMES DE VERDADE
“Nuestros valientes legionarios y regulares han enseñado a los
cobardes de los rojos lo que significa ser hombre. Y, de paso,
también a las mujeres. Después de todo, estas comunistas y
anarquistas se lo merecen, ¿no han estado jugando al amor
libre? Ahora por lo menos sabrán lo que son hombres de verdad
y no milicianos maricas. No se van a librar por mucho que
forcejeen y pataleen”. Gonzalo Queipo de Llano (1875-1951,
tenente xeneral)
Dispararon á cabeza da mapoula,
   máis medraron libres as silveiras
          e nunca desfaleceron as
ideas.

Dispararon ao corazón de rosa
    mais volveron voar as bolboretas
             e nunca feneceron os
amores.

Matárona co prexuízo sen xuízo
      como quen queima xestas
florecidas        e por iso é
patrimonio da xustiza.

Chamábase Juana Capdevielle
   como podía chamarse a vida
mesma:      morreu, como viviu, de
amor e liberdade.

En Rábade deixounos un carabel
     para reinventar o amar, un
xirasol          co que pacer a paz, e
unha violeta          para fabricar
Ante o temor da tortura e dunha
morte indigna, moitos antifascistas
preferiron suicidarse antes que caer en
mans do inimigo. O suicidio colectivo
máis numeroso foi o protagonizado por
nove fuxitivos que pretendían escapar no
bou Eva, dende o porto de Vigo, o 23 de
abril de 1937. Entre eles atopábase
Carmen de Miguel Agra, nai moza de
dúas fillas, que preferiu suicidarse co seu
marido, Ángel Nogueira Nogueira, antes
de ser apresada.
REPRESALIADAS EN COMPOSTELA: AS MARÍAS

As Marías
“Entre as pedras que máis amo pisar e
aínda paseo están as da vella
Compostela antiga. Cando as piso
paseando pasades vós, as tres
Marías, miñas mulleres da irmandade
anarquistas    dos     Fandiño,    que
sabedes, por amor, da loita libertaria,
do exilio, do cárcere, do maltrato, da
tortura e da morte provocada polo
fascismo. E con vós pasa e queda
para sempre en Compostela o orco da
vella da vida multicolor que levades
nos vosos corpos, co branco da vosa
alba inocencia e o negro da acracia
que nace no máis vermello do voso
corazón.”
(A memoria esquecida: Peladas,
presas, paseadas)
Maruxa e Coralia Fandiño, popularmente
coñecidas como “As Marías”, naceron en
Santiago (Maruxa en 1898, Coralia en
1914), nunha familia humilde: pai zapateiro
e nai costureira.
Os seus irmáns eran líderes destacados
do sindicato CNT. Ao producirse a
sublevación franquista, un deles foi
“paseado”, e os outros dous fuxiron.
Foi a elas a quen lles tocou vivir a
represión. Cóntase que sufriron torturas
para que confesasen onde estaban os
seus irmás. Dise que foron rapadas,
espidas na rúa, humilladas...dise tamén
que foron violadas.
Rapar o pelo era un xeito habitual de
represalia contra as mulleres de familias
“roxas”.
Traballaban como costureiras, pero a raíz
das represalias, perderon o seu medio de
vida, xa que ninguén lles quería encargar
vestidos por medo a seren vinculados con
elas e sufrir represalias tamén.
Para quen non coñecía a súa historia, eran
dúas tolas que se vestían de xeito
estrafalario. Pero sabendo o que sufriron,
podemos entender como a loucura foi para
elas unha maneira de fuxir da realidade, e
a indumentaria estrafalaria un xeito de
negar o lado gris da vida por medio do
colorido das súas roupas.
En 1994 instalouse na Alameda de
Santiago unha escultura que recorda ás
dúas irmás.
As Marías representan dalgún modo a
tódalas mulleres que sofren a represión
por causa das guerras.
TESTEMUÑA SOBRE AS PELAS. VILAGARCÍA DE AROUSA:
           Saímos da habitación. Sen saber como, fómonos sentando nas escaleiras. A tía Carlota comezou a
contarnos o sucedido:
           -Chegamos alí. Na porta había dous falanxistas con fusís facendo garda. Dixémoslles que nos
mandaran chamar. "Suban ao primeiro andar". Polo camiño ouvimos algúns gritos de mulleres. Luísa quería
dar volta atrás. En seguida saíu un falanxista que nos dixo autoritario: “Veñan por aquí”. Fíxonos entrar nunha
habitación e alí atopamos o que nos agardaba. Sete ou oito mulleres, unhas co pelo xa cortado e outras ás
que llelo estaban a cortar, aínda, pola forza, Luísa, ao ver aquilo parecía que ía volverse tola: “A min non, a
min non”, empezou a gritar. “a min non mo van cortar!”, e correu cara á porta . Dous falanxistas abalanzáronse
sobre ela e a suxeitaron. Ela, impotente dicíalles: “Mátenme, mátenme, pero eu non mo deixo cortar”.
Arrastrárona até unha cadeira. Ela defendíase como podía, cos puños e cos pés. “Mátenme, mátenme!”,
insistía. Veu un terceiro e empezou a cortar. Ela, suxeita xa polos brazos, daba golpes coa cabeza, lla
inmobilizaron tamén. Esgotada, desfeita xa, continuaba: “Mátenme, mátenme!”, pero non rematou aí a felonía
deste. Ao rematar co pelo, marcáronlle a fronte, con nitrato de prata unhas letras; deixárona ao fin alí tirada,
presa dun verdadeiro ataque de nervios. Eles mentres tanto, facíana obxecto das máis crueis burlas. Despois
tocoume a vez a min, pero eu non ía darlles o gusto. Sentei, o máis oronda e díxenlles: “Que ben, así vanme
aforrar por un tempo o perruqueiro”.
           A tía Carlota deu por rematado o seu relato.
“O rapado público do pelo tiña a
virtualidade de facer que as
mulleres transgresoras da orde
tradicional, seguindo os ditados da
Segunda República, volvesen ao
ámbito       privado     do    fogar,
avergonzadas e “marcadas” para
sempre. Se durante a República
algunhas        mulleres    puideran
legalmente “soltar o pelo”, agora
eran peladas para castigar a súa
insubmisión á orde social tradicional
que os que ían vencendo na Guerra
Española querían impoñer a toda
costa, para retraelas socialmente
aos seus fogares, fogares que en
moitos casos a guerra destruíra,
devolvéndoas aos seus redutos
domésticos, dos que nunca deberon
ter saído.”
“Las rapadas. El franquismo contra
la mujer” Enrique González Duro
“Y lo peor son los domingos, cuando la Plaza del Castillo se
llena de gente después de la salida de misa de doce y todo están
tomando el aperitivo. Es cuando aprovechaban para pasear en fila a
las mujeres que pasaban por rojas, desaliñadas del todo, cortado el
pelo al rape y afeitadas las cejas. ¡Hay que ver cómo las insultan y qué
cosas se les dice!”
Algunhas mulleres tiñan o coraxe de afrontar o rapado con rebeldía e a
cabeza ben alta.


                                       "Son unha rapada da represión. Fun
                                       humillada e vou marcada. Non me
                                       importa. Nada disto me penetra.
                                       Estou viva. Acariño o meu cranio cos
                                       seus pensamentos libres intactos e
                                       saio á rúa orgullosa do meu rapado.
                                       Eles cortáronme o pelo pero eu
                                       reafirmeime aínda máis na miña
                                       personalidade absolutamente libre. E
                                       solidarízome con todas as persoas
                                       peladas agraviadas polo poder. E
                                       proclamo a beleza da pel espida do
                                       cacume coa cabeza alta."
Asasináronas,
mais sempre estarán vivas en nós.

Encarceráronas,
mais sempre estarán libres en nós.

Exiliáronas,
mais sempre estarán dentro de nós.

Acaláronas,
mais sempre falarán para nós.

             Claudio Rodríguez
“Unha rapaza de quince anos, Laura
Contreras, foi violada no cuartel da
Garda Civil por un dos seus
gardiáns. Gardas civís, falanxistas,
requetés e gardas cívicos aplicaban
arbitraria e discrecionalmente o corte
de pelo e a inxesta de aceite de
ricino, como un método de castigo
máis ou menos visible. Ás veces
pasábanse co ricino -ata un litro
inxerido a través dun funil- e as
vítimas morrían ás poucas horas,
entre os vómitos sanguíneos e
fecais, con lesións intestinais,
irreversibles.    As    torturas,  as
malleiras e as vexacións eran
continuas, e a única maneira de
evitalas era fuxir ao monte ou ao
exilio.”
“Las rapadas. El franquismo contra
la mujer” Enrique González Duro
O EXILIO
Chámase exilio republicano español ao
conxunto de persoas que, por motivos
ideolóxicos    ou    por   temor     ás
represalias, se viron obrigadas a
abandonar España cando Franco
chegou ao poder.
Só en Francia, calculábase que ao final
da guerra civil española había máis de
400.000 persoas refuxiadas.
Algunhas desas persoas regresaron a
España cando a situación llelo permitiu.
Moitas outras, como María Casares,
acabaron por adaptarse ao país que as
acolleu.




                                               A actriz de orixe galego María Casares




                                  Ao estoupar a 2ª guerra mundial, unha
                                  parte dos exiliados españois foi parar a
                                  campos de concentración alemáns



Exiliados españois en Mathausen
Algunhas persoas exiliadas, como María Casares, non quixeron volver a
saber da súa patria, onde tanto sufriran.

"Vin a luz por primeira vez en 1922. A terra coa que fun feita é Galicia.
Nacín no teatro Mathurins.
A miña patria é o teatro, e o meu país de orixe a España Refuxiada.
A miña patria é o teatro; e os dramas, as traxedias, as farsas,
melodramas, sainetes, comedietas, milagres ou misterios, toda a
comedia humana, en fin, que nel se representa, é a que vivo".

"Residente privilexiada", María Casares
A REPRESIÓN DAS MULLERES
 DURANTE O FRANQUISMO
Durante o franquismo os cargos políticos ocupábanse por
designación, non por elección. O dereito ao sufraxio universal
(voto) desapareceu.
Os partidos políticos estaban prohibidos, e os dereitos de reunión
e asociación, restrinxidos. Non se podían reunir máis de 20
persoas sen permiso expreso do gobernador civil.
A prensa estaba sometida a censura previa, para evitar que se
publicasen noticias ou contidos contrarios ao réxime.




           Na imaxe, Franco co militar nazi Himmler
As mulleres perderon os dereitos que lles
tiña outorgado a constitución de 1931,
como o dereito a voto ou a igualdade co
varón.
Tampouco tiñan acceso ao mercado
laboral, só podían traballar se eran
solteiras ou viúvas. Ao casar, tiñan que
firmar o despido voluntario un mes antes
da voda.
A situación da muller mellorou un pouco a
partir de 1959, co chamado "Plan de
estabilización", que permitía o seu acceso
ao mercado laboral.




                                             Na imaxe: mulleres exercendo o voto en 1933. Co
                                             franquismo, perderían ese dereito recén adquirido.
A muller quedou relegada ao
                                         territorio do doméstico, impedíndose
                                         o seu desenvolvemento profesional.
                                         Dependía para todo do seu pai ou
                                         do seu marido, a lei considerábaa
                                         como unha menor de idade.
                                         Pasouse así dunha represión física,
                                         a da guerra e os primeiros anos do
                                         franquismo (violacións, rapado,
                                         ricino, torturas…) á represión
                                         psicolóxica e social, que lle negaba
                                         á muller un papel de suxeito de
                                         pleno dereito na sociedade.


“Cada cosa en su sitio. Y el de la mujer no es el foro, ni el taller, ni la
fábrica, sino el hogar, cuidando de la casa y de los hijos, y de los hábitos
primeros y fundamentales de su vida volitiva y poniendo en los ocios del
marido una suave lumbre de espiritualidad y de amor».
MAILLO, A. Educación y revolución. Los fundamentos de una Educación
nacional. Madrid. Editora Nacional. 1943. Páxs 93−94
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoria

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

A Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóSA Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóStesouro
 
Proxecto Miguel de Cervantes de Carlos García Guerra
Proxecto Miguel de Cervantes de Carlos García GuerraProxecto Miguel de Cervantes de Carlos García Guerra
Proxecto Miguel de Cervantes de Carlos García GuerraCarmela Garcia
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivoosnososavos
 
Lite posguerra
Lite posguerraLite posguerra
Lite posguerramelixanro
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalíaxenevra
 
Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Marlou
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...mercedesdans
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)Xenza
 

Mais procurados (12)

A Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóSA Memoria Dos Nosos AvóS
A Memoria Dos Nosos AvóS
 
Proxecto Miguel de Cervantes de Carlos García Guerra
Proxecto Miguel de Cervantes de Carlos García GuerraProxecto Miguel de Cervantes de Carlos García Guerra
Proxecto Miguel de Cervantes de Carlos García Guerra
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 
Terror galego
Terror galegoTerror galego
Terror galego
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
Lite posguerra
Lite posguerraLite posguerra
Lite posguerra
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Poesia social
Poesia socialPoesia social
Poesia social
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 

Semelhante a Ultraxadas mulleres na nosa memoria

Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Marlou
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castrotrafegandoronseis
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Marlou
 
Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014trasnoparoleiro
 
Non a violencia de xénero
Non a violencia de xéneroNon a violencia de xénero
Non a violencia de xéneroanlly14
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papeltudense
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoBibliotecadicoruna
 

Semelhante a Ultraxadas mulleres na nosa memoria (20)

Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Muller Na Lite2
Muller Na Lite2Muller Na Lite2
Muller Na Lite2
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
 
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
 
Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014
 
Non a violencia de xénero
Non a violencia de xéneroNon a violencia de xénero
Non a violencia de xénero
 
As irmás touza
As irmás touzaAs irmás touza
As irmás touza
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Cidades na literatura
Cidades na literaturaCidades na literatura
Cidades na literatura
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galego
 

Ultraxadas mulleres na nosa memoria

  • 1. O FRANQUISMO E A REPRESIÓN CONTRA A MULLER RAPADAS, VIOLADAS, EXCLUÍDAS, SILENCIADAS
  • 2. 1- A GUERRA E OS PRIMEIROS ANOS DO FRANQUISMO
  • 3. Durante a guerra e os primeiros anos do franquismo, os fascistas exerceron unha violencia específica contra a muller. A violación, o abuso físico de todo tipo, a violencia sobre os seus fillos, e tralo asasinato dos seus compañeiros, a negación do seu estado de viuvez, a prohibición de levar loito ou exteriorizar a dor. A negación sistemática de traballos cos que puidesen manterse e manter os seus fillos e fillas, son formas de violencia que se exerceron especificamente contra as mulleres republicanas ou mulleres con familiares republicanos.
  • 4. A violación das mulleres nos conflitos bélicos ven de moi lonxe e chega ata os nosos días. Os Convenios de Xenebra, convenios internacionais que rexen os conflitos armados e que foron firmados hai medio século, prohíbena. Neles dise: «As mulleres serán especialmente protexidas... contra a violación, a prostitución forzada e todo atentado ao seu pudor». Sen embargo, en case todos os conflitos bélicos se producen, porque o corpo das mulleres está considerado parte do botín de guerra.
  • 5. A violación como arma de guerra non é senón un reflexo da desigualdade da nosa sociedade. Os exemplos máis recentes témolos no Congo, onde arredor de medio millón de persoas (na maioría mulleres) foron violadas na guerra. Cifras similares se barallan en Ruanda. Na guerra de Bosnia (antiga Iuogoeslavia), entre 20.000 e 40.000 mulleres foron violadas de maneira sistemática.
  • 6. Mención especial merece o sufrimento que houberon de soportar as miles de vítimas femininas colaterais, é dicir, as nais, as viúvas e as orfas dos asasinados. Marcadas socialmente polo seu parentesco e a miúdo arruinadas economicamente pola incautación de bens e a falta do sostén da familia, tiveron que padecer en silencio as súas traxedias, ás veces en completa soidade. Non é de estrañar que moitas delas toleasen de dor como Antonia Pardo Méndez, viúva do artista e nai do polifacético Isaac Díaz Pardo.
  • 7. TESTEMUÑA: FORON CINCO “En Cantabria, moitas mulleres, tras a entrada dos “nacionais”, foron represaliadas: detencións, encarceramentos, fusilamentos, vexacións, etc. No Salón Olimpia de Torrelavega, habilitado como cárcere, estiveron presas Antolina Materranz e unha moza moi guapa, duns dezasete anos, que se chamaba Fidelita, que era case unha nena, unha rapaza encantadora, pero cuxo delito foi ser filla duns pais de esquerdas e recitar poesía no teatro (...) A Fidelita as carcereiras cortáronlle o pelo ao cero e, para ridiculizala aínda máis, deixáronlle un guedello longo atrás, para amarrarlle un lazo vermello (...) Visitaron o cárcere cinco falanxistas e acordaron, xunto ás gardiás, sacala aquela noite. As compañeiras quedaron horrorizadas cando, ás poucas horas, viron chegar a Fidelita feita un farrapo humano. Caeu de fociños e as compañeiras non foron quen de que ela contase que fixeran con ela aqueles asasinos. Só podía dicir: “Foron cinco, foron cinco”.
  • 8. QUEIPO DE LLANO: HOMES DE VERDADE “Nuestros valientes legionarios y regulares han enseñado a los cobardes de los rojos lo que significa ser hombre. Y, de paso, también a las mujeres. Después de todo, estas comunistas y anarquistas se lo merecen, ¿no han estado jugando al amor libre? Ahora por lo menos sabrán lo que son hombres de verdad y no milicianos maricas. No se van a librar por mucho que forcejeen y pataleen”. Gonzalo Queipo de Llano (1875-1951, tenente xeneral)
  • 9. Dispararon á cabeza da mapoula, máis medraron libres as silveiras e nunca desfaleceron as ideas. Dispararon ao corazón de rosa mais volveron voar as bolboretas e nunca feneceron os amores. Matárona co prexuízo sen xuízo como quen queima xestas florecidas e por iso é patrimonio da xustiza. Chamábase Juana Capdevielle como podía chamarse a vida mesma: morreu, como viviu, de amor e liberdade. En Rábade deixounos un carabel para reinventar o amar, un xirasol co que pacer a paz, e unha violeta para fabricar
  • 10. Ante o temor da tortura e dunha morte indigna, moitos antifascistas preferiron suicidarse antes que caer en mans do inimigo. O suicidio colectivo máis numeroso foi o protagonizado por nove fuxitivos que pretendían escapar no bou Eva, dende o porto de Vigo, o 23 de abril de 1937. Entre eles atopábase Carmen de Miguel Agra, nai moza de dúas fillas, que preferiu suicidarse co seu marido, Ángel Nogueira Nogueira, antes de ser apresada.
  • 11. REPRESALIADAS EN COMPOSTELA: AS MARÍAS As Marías “Entre as pedras que máis amo pisar e aínda paseo están as da vella Compostela antiga. Cando as piso paseando pasades vós, as tres Marías, miñas mulleres da irmandade anarquistas dos Fandiño, que sabedes, por amor, da loita libertaria, do exilio, do cárcere, do maltrato, da tortura e da morte provocada polo fascismo. E con vós pasa e queda para sempre en Compostela o orco da vella da vida multicolor que levades nos vosos corpos, co branco da vosa alba inocencia e o negro da acracia que nace no máis vermello do voso corazón.” (A memoria esquecida: Peladas, presas, paseadas)
  • 12. Maruxa e Coralia Fandiño, popularmente coñecidas como “As Marías”, naceron en Santiago (Maruxa en 1898, Coralia en 1914), nunha familia humilde: pai zapateiro e nai costureira. Os seus irmáns eran líderes destacados do sindicato CNT. Ao producirse a sublevación franquista, un deles foi “paseado”, e os outros dous fuxiron. Foi a elas a quen lles tocou vivir a represión. Cóntase que sufriron torturas para que confesasen onde estaban os seus irmás. Dise que foron rapadas, espidas na rúa, humilladas...dise tamén que foron violadas. Rapar o pelo era un xeito habitual de represalia contra as mulleres de familias “roxas”.
  • 13. Traballaban como costureiras, pero a raíz das represalias, perderon o seu medio de vida, xa que ninguén lles quería encargar vestidos por medo a seren vinculados con elas e sufrir represalias tamén. Para quen non coñecía a súa historia, eran dúas tolas que se vestían de xeito estrafalario. Pero sabendo o que sufriron, podemos entender como a loucura foi para elas unha maneira de fuxir da realidade, e a indumentaria estrafalaria un xeito de negar o lado gris da vida por medio do colorido das súas roupas. En 1994 instalouse na Alameda de Santiago unha escultura que recorda ás dúas irmás. As Marías representan dalgún modo a tódalas mulleres que sofren a represión por causa das guerras.
  • 14. TESTEMUÑA SOBRE AS PELAS. VILAGARCÍA DE AROUSA: Saímos da habitación. Sen saber como, fómonos sentando nas escaleiras. A tía Carlota comezou a contarnos o sucedido: -Chegamos alí. Na porta había dous falanxistas con fusís facendo garda. Dixémoslles que nos mandaran chamar. "Suban ao primeiro andar". Polo camiño ouvimos algúns gritos de mulleres. Luísa quería dar volta atrás. En seguida saíu un falanxista que nos dixo autoritario: “Veñan por aquí”. Fíxonos entrar nunha habitación e alí atopamos o que nos agardaba. Sete ou oito mulleres, unhas co pelo xa cortado e outras ás que llelo estaban a cortar, aínda, pola forza, Luísa, ao ver aquilo parecía que ía volverse tola: “A min non, a min non”, empezou a gritar. “a min non mo van cortar!”, e correu cara á porta . Dous falanxistas abalanzáronse sobre ela e a suxeitaron. Ela, impotente dicíalles: “Mátenme, mátenme, pero eu non mo deixo cortar”. Arrastrárona até unha cadeira. Ela defendíase como podía, cos puños e cos pés. “Mátenme, mátenme!”, insistía. Veu un terceiro e empezou a cortar. Ela, suxeita xa polos brazos, daba golpes coa cabeza, lla inmobilizaron tamén. Esgotada, desfeita xa, continuaba: “Mátenme, mátenme!”, pero non rematou aí a felonía deste. Ao rematar co pelo, marcáronlle a fronte, con nitrato de prata unhas letras; deixárona ao fin alí tirada, presa dun verdadeiro ataque de nervios. Eles mentres tanto, facíana obxecto das máis crueis burlas. Despois tocoume a vez a min, pero eu non ía darlles o gusto. Sentei, o máis oronda e díxenlles: “Que ben, así vanme aforrar por un tempo o perruqueiro”. A tía Carlota deu por rematado o seu relato.
  • 15. “O rapado público do pelo tiña a virtualidade de facer que as mulleres transgresoras da orde tradicional, seguindo os ditados da Segunda República, volvesen ao ámbito privado do fogar, avergonzadas e “marcadas” para sempre. Se durante a República algunhas mulleres puideran legalmente “soltar o pelo”, agora eran peladas para castigar a súa insubmisión á orde social tradicional que os que ían vencendo na Guerra Española querían impoñer a toda costa, para retraelas socialmente aos seus fogares, fogares que en moitos casos a guerra destruíra, devolvéndoas aos seus redutos domésticos, dos que nunca deberon ter saído.” “Las rapadas. El franquismo contra la mujer” Enrique González Duro
  • 16. “Y lo peor son los domingos, cuando la Plaza del Castillo se llena de gente después de la salida de misa de doce y todo están tomando el aperitivo. Es cuando aprovechaban para pasear en fila a las mujeres que pasaban por rojas, desaliñadas del todo, cortado el pelo al rape y afeitadas las cejas. ¡Hay que ver cómo las insultan y qué cosas se les dice!”
  • 17. Algunhas mulleres tiñan o coraxe de afrontar o rapado con rebeldía e a cabeza ben alta. "Son unha rapada da represión. Fun humillada e vou marcada. Non me importa. Nada disto me penetra. Estou viva. Acariño o meu cranio cos seus pensamentos libres intactos e saio á rúa orgullosa do meu rapado. Eles cortáronme o pelo pero eu reafirmeime aínda máis na miña personalidade absolutamente libre. E solidarízome con todas as persoas peladas agraviadas polo poder. E proclamo a beleza da pel espida do cacume coa cabeza alta."
  • 18. Asasináronas, mais sempre estarán vivas en nós. Encarceráronas, mais sempre estarán libres en nós. Exiliáronas, mais sempre estarán dentro de nós. Acaláronas, mais sempre falarán para nós. Claudio Rodríguez
  • 19. “Unha rapaza de quince anos, Laura Contreras, foi violada no cuartel da Garda Civil por un dos seus gardiáns. Gardas civís, falanxistas, requetés e gardas cívicos aplicaban arbitraria e discrecionalmente o corte de pelo e a inxesta de aceite de ricino, como un método de castigo máis ou menos visible. Ás veces pasábanse co ricino -ata un litro inxerido a través dun funil- e as vítimas morrían ás poucas horas, entre os vómitos sanguíneos e fecais, con lesións intestinais, irreversibles. As torturas, as malleiras e as vexacións eran continuas, e a única maneira de evitalas era fuxir ao monte ou ao exilio.” “Las rapadas. El franquismo contra la mujer” Enrique González Duro
  • 21. Chámase exilio republicano español ao conxunto de persoas que, por motivos ideolóxicos ou por temor ás represalias, se viron obrigadas a abandonar España cando Franco chegou ao poder. Só en Francia, calculábase que ao final da guerra civil española había máis de 400.000 persoas refuxiadas.
  • 22. Algunhas desas persoas regresaron a España cando a situación llelo permitiu. Moitas outras, como María Casares, acabaron por adaptarse ao país que as acolleu. A actriz de orixe galego María Casares Ao estoupar a 2ª guerra mundial, unha parte dos exiliados españois foi parar a campos de concentración alemáns Exiliados españois en Mathausen
  • 23. Algunhas persoas exiliadas, como María Casares, non quixeron volver a saber da súa patria, onde tanto sufriran. "Vin a luz por primeira vez en 1922. A terra coa que fun feita é Galicia. Nacín no teatro Mathurins. A miña patria é o teatro, e o meu país de orixe a España Refuxiada. A miña patria é o teatro; e os dramas, as traxedias, as farsas, melodramas, sainetes, comedietas, milagres ou misterios, toda a comedia humana, en fin, que nel se representa, é a que vivo". "Residente privilexiada", María Casares
  • 24. A REPRESIÓN DAS MULLERES DURANTE O FRANQUISMO
  • 25. Durante o franquismo os cargos políticos ocupábanse por designación, non por elección. O dereito ao sufraxio universal (voto) desapareceu. Os partidos políticos estaban prohibidos, e os dereitos de reunión e asociación, restrinxidos. Non se podían reunir máis de 20 persoas sen permiso expreso do gobernador civil. A prensa estaba sometida a censura previa, para evitar que se publicasen noticias ou contidos contrarios ao réxime. Na imaxe, Franco co militar nazi Himmler
  • 26. As mulleres perderon os dereitos que lles tiña outorgado a constitución de 1931, como o dereito a voto ou a igualdade co varón. Tampouco tiñan acceso ao mercado laboral, só podían traballar se eran solteiras ou viúvas. Ao casar, tiñan que firmar o despido voluntario un mes antes da voda. A situación da muller mellorou un pouco a partir de 1959, co chamado "Plan de estabilización", que permitía o seu acceso ao mercado laboral. Na imaxe: mulleres exercendo o voto en 1933. Co franquismo, perderían ese dereito recén adquirido.
  • 27. A muller quedou relegada ao territorio do doméstico, impedíndose o seu desenvolvemento profesional. Dependía para todo do seu pai ou do seu marido, a lei considerábaa como unha menor de idade. Pasouse así dunha represión física, a da guerra e os primeiros anos do franquismo (violacións, rapado, ricino, torturas…) á represión psicolóxica e social, que lle negaba á muller un papel de suxeito de pleno dereito na sociedade. “Cada cosa en su sitio. Y el de la mujer no es el foro, ni el taller, ni la fábrica, sino el hogar, cuidando de la casa y de los hijos, y de los hábitos primeros y fundamentales de su vida volitiva y poniendo en los ocios del marido una suave lumbre de espiritualidad y de amor». MAILLO, A. Educación y revolución. Los fundamentos de una Educación nacional. Madrid. Editora Nacional. 1943. Páxs 93−94