1. Ola, este curso imos aprender a
alimentarnos de forma saudable, e de
paso, a cociñar. Queredes aprender
con nós?
Pois mirade…..
Xa sabemos que hai moitos tipos de alimentos segundo os nutrientes que teñan.
Hai alimentos construtores, enerxéticos e reguladores.
Unha DIETA SAUDABLE é aquela que ten alimentos dos tres tipos na medida en que os
necesitamos. Hoxe coñecemos unha froita nova e imos cociñala.
Marmelo
É unha froita que se recolle ao final do verán
ou no outono, e da que hai moita en Galicia.
Se queres coñecer as súas propiedades mira
aquí:
http://frutas.consumer.es/documentos/fresca
s/membrillo/intro.php
E pode que ata che interese coñecer a árbore que a produce. Mira neste enlace:
http://articulos.infojardin.com/Frutales/fichas/membrillo-membrillos.htm
as flores
os froitos
2. .
E aquí está a nosa receita:
Ingredientes:
• Marmelo
• Azucre
• Auga
O marmelo é unha froita que ten moitas vitaminas e minerais, polo tanto é un
alimento regulador, que fará que os nosos órganos funcionen ben.
O azucre é un alimento que ten hidratos de carbono, polo tanto é un alimento
enerxético, así que o precisamos para poder movernos, xogar, correr…..
Tamén precisamos:
• Unha cociña
Creo que xa o
• Unha pota
teño todo.
• Un coitelo
• Paus para remexer
• Un cullerón
• Unha batedora
Pois a traballar.
• O primeiro é lavar moi
ben os marmelos.
Teñen unha pelusiña por
fóra que lle hai que limpar
ben limpiña.
3. • Cortámolos con moito
coidadiño en anacos
pequenos. Mira como son
por dentro. Teñen pebidas
coma as mazás, e olen moi
ben, pero se os probamos
crus non sabe moito e
rasca a lingua.
• Saíronnos uns catro quilos de
marmelo. Hai que pesalo porque lle
engadiremos a metade do seu paso en
azucre. Así que lle toca neste caso
dous quilos de azucre.
• Botámoslle un litro de auga e
poñémolo a cocer.
• Para que non se queime terás coidado
de facelo a lume lento, e remexer de
cando en cando.
• Cando vexas que cambia de cor e
xa está brando pásalle a batedora.
• Mira como queda na foto.
4. • É o momento de engadirlle o
azucre. Un bota o azucre e outro
remexerá con coidado de
mesturar todo ben.
Coidadiño!!!!!
Saltan burbullas…..
….. e como queiman!!!!!!
• Deixarás que coza algo máis e saberás que xa está feito cando cambie
de cor e se poña máis escuro.
5. • Cando arrefríe xa se pode comer.
Se ademais o comes con queixo terás unha sobremesa riquísima e completa,
porque o queixo é un lácteo e polo tanto un alimento construtor.
Bo proveito!!!
Pero aínda podes facer algunha receita máis co marmelo. Mira nestes enlaces:
http://cachiodoce.blogspot.com.es/2010/11/galletas-recheas-de-marmelo.html
Galletas recheas de marmelo
E tamén http://www.centrovegetariano.org/receitas/Cat-133-Receitas%2Bcom%2BMarmelo.html
http://lacasitaverde.blogspot.com.es/2008/11/tarta-tatin-de-membrillo-tarte-tatin-de.html
Bo proveito!!!!