SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 32
Baixar para ler offline
Cóntame como é o Nadal
panxoliñasesperanzareislediciaestrelafamiliaxia
leñasaboresaninovocantigaslembranzasnadaltur
acementopanxoliñasesperanzareislediciaestrelafa
miliaxiadaleñasaboresaninovocantigaslembranzasna
dalturrónnacementopanxoliñasesperanzareisledicia
estrelafamiliaxiadaleñasaboresaninovocantigaslem
branzasnadalturrónnacementopanxoliñasesperanzar
eislediciaestrelafamiliaxiadaleñasaboresaninovo
ntigaslembranzasnadalturrónnacementopanxol
peranzareislediciaestrelafamiliaxiadaleñasabore
aninovocantigaslembranzasnadalturrónnaceme


                                                   1
BUSCANDO UNHA ESTRELA

Os pitiños,
buscaban unha estrela
e cando a atoparon
bailaron con ela.
(bis)

Lai la ra lai la ra la,
a quen queres ti alumear?
Ao neno que xa naceu
nesta noite de Nadal.
(bis)

Os gatiños,
buscaban unha estrela
e cando a atoparon
bailaron con ela
(bis) (retrouso)

Os peixiños,
Buscaban unha estrela
e cando a atoparon
Bailaron con ela
(bis) (retrouso)


                            2
24 e 25 de decembro: Noiteboa e Nadal
Xa se achega noiteboa. Hai xa dúas semanas que Vigo está cheo de luces. Gústame ver as luces acesas pola noite.

O outro día no cole fixemos colares de castañas cocidas. A mestra díxonos “podedes ir comendo cinco castañas por día ata
noiteboa”.




A min gústanme tanto as castañas, que xa non me queda ningunha…
Así que esta noiteboa virá o Apalpador, o xigante carboeiro que
baixará da montaña onde vive a apalpar o meu ventre para ver se como ben.
Deixarame como agasallo máis castañas quentiñas!




                                                                                                                      3
DA ROSA ROSIÑA


Da rosa, rosiña
naceu unha flor.
ron ron ron que si,
ron ron ron que non.
(bis)
                            Os fillos, fillos dos ricos
Son unha probe pastora      nas súas camas doradas.
que veño de Valdoviño.      I este noso pequeniño
o que traguía para o neno   deitadiño nunhas pallas.
deixeino polo camiño.       I este noso pequeniño
O que traguía pra o neno    deitadiño nunhas pallas.
deixeino polo camiño.       (retrouso)
(retrouso)
                            Adeus ti, meu pequeniño.
                            Adeus ti, meu diamante.
                            Leda vin e triste marcho
                            porque non puiden bicarte.
                            Leda vin e triste marcho
                            porque non puide bicarte.
                            (retrouso)




                                                          4
Noiteboa é especial porque te reúnes coa familia.
Coma todos os anos imos ir todos á casa da avoa e do avó.

Miña avoa fai unha cousa en Noiteboa dende que era unha
nena, e hoxe vouna axudar.

Vai queimar no lume un tizón de Nadal moi grande e vaino
deixar arder ata o día de Fin de Ano.

A avoa di que a borralla servirá para curar enfermidades.
A min paréceme unha cousa un pouco rara isto que di...
Mais non me importa. Vai ir frío en Noiteboa e, ao carón
do lume estase quente.

E esta noite virá Papá Noel. Estamos con montes de desexos
de ver os agasallos que nos trae.

Esta Noiteboa penso pasalo xenial!




                                                             5
O PELO ROXIÑO

Xesusiño está nas pallas
súa nai está con el,
xunto a el tamén están
o boi, a mula e máis xosé.
(bis)

E vamos a ver,
e vamos a ver,
ao noso meniño
que naceu
cos ollos azuis
e o pelo roxiño.
(bis)

Acendede catro pallas
e vámonos pra Belén
cantarlle ron ron ao neno
pra facelo durmir ben.
(bis)
(retrouso)

Estas uviñas, uviñas,
i estas castañas con mel
son pro meu meniño meigo
pro meu meniño Manuel.
(bis)
(retrouso)


                             6
28 de decembro: os Inocentes
Na casa contáronme que o 28 de decembro é
unha data para facer trasnadas á xente.

Nalgúns lugares os bromistas atrancan as cancelas
dos veciños e veciñas, atravesan cousas nos
camiños e cambian os testos de sitio.

O avó contoume que hai moito tempo, neste día
celebrábase o bispiño.
Collíase un rapaz, vestíaselle coma un bispo,
e púñaselle a dar misa e a dirixir un coro na igrexa.
Que vergoña só de pensalo!


Eu o que fago neste día é recortar
un meco de papel coma este e
pegarllo nas costas á xente da casa.
Mais sempre me cachan...

A que agardas para recortalo?




                                                        7
31 de decembro: o san Silvestre
Vai rematar o ano e esta é a derradeira noite! Desta volta a avoíña e máis o avó virán a cear á nosa casa. A avoa conta que
é unha noite de meigas. Como é moi vella é sabida neses temas, eu berrarei con ela cando soe a última badalada do ano:

                                         ...san Silvestre, meigas fóra!
Logo, nun calendario de Ano Novo
fará as sortes e resortes. Porá un
pouco de sal gordo enriba de cada
un dos doce primeiros días do Ano
Novo. Cando pasen eses doce días,
ollará o sal, e a avoa será quen de
saber o tempo que irá durante cada
un dos doce meses do ano!



A miña nai di que son cousas raras, pero a min
parécenme moi divertidas. Tentarei non atragoar
coas uvas e mamá porame algo de cor vermella.
Eu no que xa estou pensando é na Noite de Reis!




                                                                                                                         8
METIDO NUN OVO

Os tres reises magos
van para Belén,
quitaron os zocos
para correr ben.
Lupe de Caveira
failles o café,
Esperanza de Macario
peneira de pé.
(bis)

Escoiten señores o aguinaldo novo
que naceu o neno metido nun ovo.

Escoiten señores o aguinaldo vello
que naceu o neno metido nun cesto.

Déano-lo aguinaldo
anque sexa pouco,
un bo bacallao
e a metade doutro.
De postre castañas
boas e ben grandes,
un molete enteiro
e un queixo de flandes.
(bis) (retrouso)




                                     9
5 e 6 de xaneiro: Noite e Día de Reis
A véspera do Día de Reis, que por certo é o día 5 de xaneiro, estou con moreas de nervios por saber se os Reis trouxeron
o que pedín. De noite sempre lles deixo algo de comer no sitio onde me van deixar os agasallos.

Ese día haberá en Vigo unha cabalgata de reis enorme na que podes coller caramelos para todo o ano!

Cando esperto a mañá do día 6 póñome a xogar. En resumo, un dos mellores días do ano. Sempre é bo escribirlles unha
carta aos Reis Magos para pedir as cousas que queiras con antelación.

A miña nai e o meu pai din que son magos, mais precisan organizárense con tempo, porque somos moitos nenos e nenas
para repartir.




                                                                                                                      10
MARCHEMOS ALEGRES

Marchemos alegres con esta canción
para ver os reises que bonitos son,
marchemos alegres imos a cantar
ao neno fermoso que está no portal.
(bis)

Se os tres reises souberan
que o neno quería festa
houbéranlle regalado
tres pares de castañuelas.
(bis)
(retrouso)

María fía na roca
e Xosé pica na leña
para quentar ao pequeno
que de frío se conxela.
(bis)
(retrouso)




                                      11
As nenas e nenos do mundo contan como é o seu Nadal




                                                      12
Non todo o mundo celebra o Nadal, e non todos os nenos e nenas que o celebran fan o mesmo que facemos nós. Aquí tes
distintos rapaces e rapazas de todo o mundo que nos contan como é o seu Nadal.




Eu son Paul. En Irlanda temos a tradición de empregar candeas no Nadal. Na casa
colocamos unha moi grande de cor branca na entrada ou nunha xanela, e como eu son
o máis pequeno da casa tócame acendela en Noiteboa.




                         O meu nome e Alicja. En Polonia os nacementos son moi divertidos xa que se representan con
                         monicreques.
                         Na cea de Noiteboa mamá pon sempre un cuberto de máis para lembrármonos das persoas
                         ausentes.



                                                                                                                 13
Eu chámome Mike. En Inglaterra celebramos o Nadal e o Aninovo con pólas de acivro.
Dise que protexe contra os demos.
O que máis me gusta son os crackers, uns petardos que estouran ao partilos e que
dentro levan un gorro, un chiste e un agasallo sorpresa.




                             Ola! O meu nome é calev. Os xudeus non celebramos o Nadal, pero temos unha festa que
                             coincide e que se chama... Jánuka
                             Celebrámola en familia na casa e os nenos recibimos agasallos. O fin de ano si que o
                             clebramos e o felicitamos con estas verbas:
                             Shana tova !



                                                                                                               14
Eu son Madhuri. Na India tampouco celebramos o Nadal. Mais, na nosa relixión,
celebramos de xeito parecido o Diwali que pode caer entre o 21 de outubro e o 18 de
novembro.
Ceamos nas casas cas nosas familias, e enchemos as paredes da casa con lámpadas de
arxila e pequenas candeas. É a nosa festa máis entrañable, ao igual que o voso Nadal.
Felicitamos o Aninovo deste xeito: Shub naya baras !




                          Eu son Erik e son de Finlandia. Aquí o Nadal é tamén un tempo de irmandade con outras
                          culturas do mundo. Gústanos colocar fileiras de bandeiras doutros países na árbore de Nadal.
                          Unha semana antes da Noiteboa celebramos unha antiga tradición que se chama ”pikkujoulu”
                          ou pequeno Nadal. Neses días despois do colexio, facemos as decoracións de Nadal nas
                          casas.


                                                                                                                   15
Eu son Helmut e son xermano. O 25 de decembro as nenas e nenos agardamos o son
dunha campaíña detrás da porta do salón da casa. Cando soa, saímos correndo por que
iso quere dicir que debaixo da árbore se atopan xa os a agasallos.
Mais non poderemos abrilos ata que cantemos “Stille Nacht, heilige Nacht”, o voso “Noite
de paz”.




                                En Francia o Nadal comeza o 6 de decembro que é cando chega san Nicolás. Aínda que
                                xa se nota que vai chegar o Nadal o 25 de novembro, que é o día de sainte Catherine.
                                O día 6 de decembro abrimos os nosos calendarios de advento. Cada día que pasa
                                temos que abrir unha das xaneliñas.




                                                                                                                  16
Ola! Eu son Adriana. Son brasileira e vivo en Salvador de Bahía. Os nenos e nenas celebramos
o “Natal” xogando ó “amigo oculto”, cousa que creo xa sabedes o que é. En Bahía temos unha
tradición máxica. O primeiro día do ano facemos as ofrendas de flores a Yemanhá, a raíña
protectora dos mares. A xente pide os seus favores vestida de branco ofrecéndolle ao mar
flores brancas. Faise así por que se di que Yemanhá é unha raíña un chisco fachendosa.




                               O meu nome é Milena e son de Colombia. O noso Nadal aseméllase ó de vostedes, aínda
                               que empezamos a festexalo o 7 de decembro, a véspera da Inmaculada Concepción.
                               Nesa data celebramos o “Día de las Velitas”. Acendemos moitas indicando un caminiño na
                               entrada de casa, indicando á Virxe María por onde entrar para bendicila.




                                                                                                                  17
Pasatempos de Nadal




                      18
Se prestaches atención ao texto e sabes un pouco sobre o Nadal podes contestar sen dubidar a estas preguntas.


1.- En que mes se celebra o Nadal?



2.- En que estación estamos no Nadal?




3.- Cando se celebra a cabalgata de Reis?




4.- Cando é o día dos Inocentes?




5.- Que se facía antes o día dos Inocentes?




                                                                                                                19
6.- Sabes quen é o Apalpador?




7.- E que é o Tizón de Nadal?




Seguro que na túa casa non facedes todo igual que na historia. Como pasa ti o Nadal?




                                                                                       20
Temos unha sopa de letras e nela tes unha morea delas que agochan verbas relacionadas co Nadal. Podes atopalas?

Panxoliñas, Nadal, badalada, agasallos, Aninovo, decembro, bacallau, noces, Noiteboa e cabalgata.




                                                                                                                  21
Liches varias panxoliñas de Nadal. Son Buscando unha estrela, Da rosa rosiña, O pelo roxiño, Metido nun ovo e
Marchemos alegres, todas pertencentes ao libro-CD “O Quiquiriquí”. Cada unha delas ten un debuxo que podes colorear.
Coñeces algunha panxoliña máis? Podes pescudar na rede e atoparás moitas máis. Escribe algunha panxoliña que atopes.




                                                                                                                 22
No Nadal adóitanse tomar sobremesas e doces. Aquí tes a receita dun destes doces de Nadal, o bolo de reis.

BOLO DE REIS

Ingredientes

Para o fermento:                          Para a masa
-100 g de fariña                          -1 kg de fariña
-1 cullerada de manteiga de vaca          -100 g de manteiga de vaca
-1 dl de auga                             -100 g de fermento
-Un chisco de sal                         -8 ovos
                                          -350 g de azucre
Para decorar                              -1 dl de auga
-1 ovo
-100 g de azucre mollado


Comezamos facendo o fermento natural coa fariña, a auga, o sal e a manteiga, amasando todo e deixándoo á calor da
noite para a mañá.
Ao día seguinte prepárase a masa mesturando a fariña co fermento, a manteiga, o azucre, a auga e, logo, os ovos dun en
un. Hai que ir amasando ata que estea ben homoxénea, é dicir, que pareza unha masa toda igual. Agora tes que deixar que
creza a masa durante media hora. Pasado o tempo tes que facer unha bola agochando unha sorpresa dentro da masa e
deixas, de novo, que creza un pouco máis. Xa verás como aumenta de tamaño. Cun pincel para cociñar pinta con ovo
batido o bolo e pégalle azucre mollado pola parte de arriba. Para cocelo hai que metelo no forno quente, a 190º, durante
unha hora.
Ollo! Para facer isto, e sobre todo para empregar o forno, necesitas a axuda e supervisión dunha persoa adulta.




                                                                                                                      23
Colorea os debuxos e fíxate no nome dos distintos obxectos.



            A FOLERPA DE NEVE

                                                          O CHAPEO




               A PÓLA DA ÁRBORE
                                                      O NARIZ

                                                                             A ÁRBORE




                                                              A BUFANDA


                                                                    O PETO
                                         OS BOTÓNS




                                            MONECO DE NEVE


                                                                                        24
O BELÉN




A LÚA
                                          O ANXO
                                A
                             ESTRELA




                   O NENO




                     O BERCE


        O CAXATO                A PALLA




                                                   25
Lembras as palabras dos debuxos? Pois agora tócache buscar a palabra oculta. Queres unha pista? O que buscas é
o nome dun personaxe do noso Nadal.

Tes varias definicións dalgunhas das palabras que aparecen nos debuxos anteriores, colócaas no seu lugar e
atoparás ao noso personaxe sorpresa.

1.- Satélite da Terra
2.- Anaquiño de auga conxelada
3.- Planta de tamaño grande con tronco
4.- Prolongación que nace do toro ou talo das plantas
5.- Cano seco dos cereais que queda despois de sacar o gran.
6.- Pau que se leva na man para apoiarse ao andar
7.- Roupa que se pon ao redor do pescozo para abrigalo
8.- Saquiño que se cose á roupa para gardar cousas pequenas
9.- Cama de neno pequeno

                                      1
                           2
                                              3
                                      4
                                              5
                                          6
                           7
                                  8
                                      9


                                                                                                            26
Nesta familia todos queren chegar ao agasallo, mais só un ten o fío que chega ao paquete. De quen é o agasallo?




                                                                                           1       O pai



                                                                                           2       A nai



                                                                                           3       O curmá



O agasallo                                                                                 4       A avoa



                                                                                           5       O irmán




                                                                                                                   27
Temos unha serie de frases sobre o Nadal, pero algunhas non son verdade. Sabes dicirme cales son verdadeiras e
cales son falsas?

Escribe V se é verdadeiro e F se é falso.


___ Polo Nadal vai moita calor.

___ As fillos son a sobremesa típica do Nadal.

___ O Apalpador deixa agasallos aos nenos e nenas no Nadal.

___ En decembro montamos o Belén na casa.

___ A árbores típica do Nadal é o fento.

___ As abelás, as améndoas e noces son froitos que se adoitan comer no Nadal.

___ Os Reis Magos deixan os regalos o vinte e cinco de decembro.




                                                                                                           28
Aquí temos imaxes de personaxes do Nadal de distintas partes do mundo. Podes poñerlles nome e o lugar do que
proveñen?

Lugares
Italia
Alemaña
EEUU
España
Rusia
Galicia
País Vasco
Cataluña

                  ………………….            ……………………               …………………..              ………………….

Nomes              …………………..           ……………………               …………………..             ………………….
Babushka
Reis Magos
Apalpador
Olentzero
Caganer
Befana
Christkind
Santa Claus


                  …………………..            …………………...            …………………….               ………………….

                  …………………..            ……………………               …………………….              ………………….


                                                                                                          29
Esta é unha das cantigas que liches, podes completala?


O PELO ROXIÑO


     Xesusiño está nas _ _ _ _ _ _                       _ _ _ _ _ _ _ _ catro pallas
     súa nai está con el,                                e vámonos pra Belén
     xunto a el tamén están                              cantarlle ron ron ao neno
     o _ _ _, a mula e máis xosé.                        pra facelo _ _ _ _ _ _ ben.
     (bis)                                               (bis)
                                                         (retrouso)
     E vamos a ver,
     e vamos a ver,                                      Estas uviñas, uviñas,
     ao _ _ _ _ meniño                                   i estas _ _ _ _ _ _ _ _ con mel
     que naceu                                           son pro meu meniño _ _ _ _ _
     cos ollos _ _ _ _ _                                 pro _ _ _ meniño Manuel.
     e o pelo roxiño.                                    (bis)
     (bis)                                               (retrouso)




                                                                                           30
Os refráns son frases feitas de tradición popular que expresan coñecementos adquiridos pola experiencia ao longo do
tempo. Hai refráns sobre o tempo, as colleitas, a pesca… e ademais moitos deles fan referencia a datas concretas, meses
ou épocas do ano.
Aquí tes uns cantos sobre o Nadal, pero están un pouco desordenados. Une os anacos para descubrir os refráns sobre o
Nadal.

        A castaña no Nadal,                                                                                                           mes de capón a carón do lar

        Mentres Deus non é nacido                                                                                                     cada ovella ao seu corral

        Mes de Nadal,                                                                                                                 sabe ben e parte mal

        Polo Nadal,                                                                                                                   medio santeiro

        Nadal e Xaneiro,                                                                                                               nada é crecido

Coñeces algún refrán? Busca cinco refráns, un por de cada un dos primeiros meses do ano. O primeiro xa cho damos:

Xaneiro: En xaneiro polo día ao sol e a noite ao braseiro

Febreiro: ………..............................................................................................................................................

Marzo: ……………………………………………………………………………………………………………………….........

Abril: ……………………………………………………………………………………………………………………………….

Maio: ……………………………………………………………………………………………………………………………….


                                                                                                                                                                    31
32

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Presentación lecturas nadal
Presentación lecturas nadalPresentación lecturas nadal
Presentación lecturas nadal
loboagualada
 
Andoriña para blog
Andoriña para blogAndoriña para blog
Andoriña para blog
mafebesada
 
CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA
CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERACICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA
CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA
Chelo Alvarez Veira
 
Samain 2014 powerpoint
Samain 2014 powerpointSamain 2014 powerpoint
Samain 2014 powerpoint
bibliofloriani
 
Historia do samaín verdadeira
Historia do samaín verdadeiraHistoria do samaín verdadeira
Historia do samaín verdadeira
xestabranca
 
O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galicia
bibliobrozos
 
O Samaín en Galicia
O Samaín en GaliciaO Samaín en Galicia
O Samaín en Galicia
PaulaReySilva
 

Mais procurados (19)

Presentación lecturas nadal
Presentación lecturas nadalPresentación lecturas nadal
Presentación lecturas nadal
 
Andoriña para blog
Andoriña para blogAndoriña para blog
Andoriña para blog
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
O apalpador ud
O apalpador udO apalpador ud
O apalpador ud
 
Nadal en Galicia
Nadal en GaliciaNadal en Galicia
Nadal en Galicia
 
OS MAIOS
OS MAIOSOS MAIOS
OS MAIOS
 
Entroido 2021
Entroido 2021Entroido 2021
Entroido 2021
 
Monólogos de Nadal
Monólogos de NadalMonólogos de Nadal
Monólogos de Nadal
 
Catálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de CarnavalCatálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de Carnaval
 
Power samain magosto 2010
Power  samain magosto 2010Power  samain magosto 2010
Power samain magosto 2010
 
CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA
CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERACICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA
CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA
 
Samain 2014 powerpoint
Samain 2014 powerpointSamain 2014 powerpoint
Samain 2014 powerpoint
 
O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5
 
O entroido en galicia
O entroido en galicia O entroido en galicia
O entroido en galicia
 
L´esteru
L´esteruL´esteru
L´esteru
 
Historia do samaín verdadeira
Historia do samaín verdadeiraHistoria do samaín verdadeira
Historia do samaín verdadeira
 
Magán
MagánMagán
Magán
 
O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galicia
 
O Samaín en Galicia
O Samaín en GaliciaO Samaín en Galicia
O Samaín en Galicia
 

Semelhante a Unidade didactica nadal

O lobo que quería comer a Papá Noel
O lobo que quería comer a Papá NoelO lobo que quería comer a Papá Noel
O lobo que quería comer a Papá Noel
mariapousa
 
Conto de nadal
Conto de nadalConto de nadal
Conto de nadal
home
 
Samaín 2013
Samaín 2013Samaín 2013
Samaín 2013
rmplugo
 
Historia do samaín verdadeira
Historia do samaín verdadeiraHistoria do samaín verdadeira
Historia do samaín verdadeira
xestabranca
 
Andoriña nº 50
Andoriña nº 50Andoriña nº 50
Andoriña nº 50
ceiprandufe
 
Festas Andrade
Festas AndradeFestas Andrade
Festas Andrade
aurelio
 
Festas Andrade
Festas AndradeFestas Andrade
Festas Andrade
aurelio
 

Semelhante a Unidade didactica nadal (20)

Cantosde Nadal
Cantosde NadalCantosde Nadal
Cantosde Nadal
 
Coplas 2020
Coplas 2020Coplas 2020
Coplas 2020
 
As pantasmas de scrooge retocado definitivo e reducido
As pantasmas de scrooge retocado definitivo e reducidoAs pantasmas de scrooge retocado definitivo e reducido
As pantasmas de scrooge retocado definitivo e reducido
 
Letras de todas as panxoliñas
Letras de todas as panxoliñasLetras de todas as panxoliñas
Letras de todas as panxoliñas
 
O lobo que quería comer a Papá Noel
O lobo que quería comer a Papá NoelO lobo que quería comer a Papá Noel
O lobo que quería comer a Papá Noel
 
Conto de nadal
Conto de nadalConto de nadal
Conto de nadal
 
A NOSA CLASE DE TRES ANOS
A NOSA CLASE DE TRES ANOSA NOSA CLASE DE TRES ANOS
A NOSA CLASE DE TRES ANOS
 
Presentación nadal 2010 con efectos
Presentación nadal 2010 con efectosPresentación nadal 2010 con efectos
Presentación nadal 2010 con efectos
 
Samaín 2013
Samaín 2013Samaín 2013
Samaín 2013
 
Historia do samaín verdadeira
Historia do samaín verdadeiraHistoria do samaín verdadeira
Historia do samaín verdadeira
 
A NOSA CLASE DE CATRO ANOS
A NOSA CLASE DE CATRO ANOSA NOSA CLASE DE CATRO ANOS
A NOSA CLASE DE CATRO ANOS
 
O soño de maría
O soño de maríaO soño de maría
O soño de maría
 
Andoriña nº 50
Andoriña nº 50Andoriña nº 50
Andoriña nº 50
 
Con sabor a monte
Con sabor a monteCon sabor a monte
Con sabor a monte
 
Sorpresa en nadal
Sorpresa en nadalSorpresa en nadal
Sorpresa en nadal
 
Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
Festas Andrade
Festas AndradeFestas Andrade
Festas Andrade
 
Festas Andrade
Festas AndradeFestas Andrade
Festas Andrade
 
O soño de maría
O soño de maríaO soño de maría
O soño de maría
 

Mais de ceipvirxedorocio

Tutorial 1 notebook 10. tema la paz
Tutorial  1   notebook 10. tema la pazTutorial  1   notebook 10. tema la paz
Tutorial 1 notebook 10. tema la paz
ceipvirxedorocio
 
Listaxe de todos os libros 2013 2014
Listaxe de todos os libros 2013 2014Listaxe de todos os libros 2013 2014
Listaxe de todos os libros 2013 2014
ceipvirxedorocio
 
Libros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primaria
Libros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primariaLibros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primaria
Libros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primaria
ceipvirxedorocio
 
Galego conto picolindo ENFADO
Galego conto picolindo ENFADOGalego conto picolindo ENFADO
Galego conto picolindo ENFADO
ceipvirxedorocio
 
Conto sobre el amor en galego
Conto sobre el amor en galegoConto sobre el amor en galego
Conto sobre el amor en galego
ceipvirxedorocio
 
Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1
Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1
Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1
ceipvirxedorocio
 
El tamaño del mied opara el blog
El tamaño del mied opara el blogEl tamaño del mied opara el blog
El tamaño del mied opara el blog
ceipvirxedorocio
 
El tamaño del miedo para ed. infantil
El tamaño del miedo para ed. infantilEl tamaño del miedo para ed. infantil
El tamaño del miedo para ed. infantil
ceipvirxedorocio
 

Mais de ceipvirxedorocio (20)

Expertos cine galego
Expertos  cine galegoExpertos  cine galego
Expertos cine galego
 
Tutorial 1 notebook 10. tema la paz
Tutorial  1   notebook 10. tema la pazTutorial  1   notebook 10. tema la paz
Tutorial 1 notebook 10. tema la paz
 
Listaxe de todos os libros 2013 2014
Listaxe de todos os libros 2013 2014Listaxe de todos os libros 2013 2014
Listaxe de todos os libros 2013 2014
 
A idade media
A idade mediaA idade media
A idade media
 
Libros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primaria
Libros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primariaLibros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primaria
Libros de texto 2012 2013 ed. infantil e ed. primaria
 
Pupi en merida 2
Pupi en merida 2Pupi en merida 2
Pupi en merida 2
 
Galego conto picolindo ENFADO
Galego conto picolindo ENFADOGalego conto picolindo ENFADO
Galego conto picolindo ENFADO
 
Conto sobre el amor en galego
Conto sobre el amor en galegoConto sobre el amor en galego
Conto sobre el amor en galego
 
Cuento picolindo alegria
Cuento picolindo  alegriaCuento picolindo  alegria
Cuento picolindo alegria
 
Conto en galego tristura
Conto en galego tristuraConto en galego tristura
Conto en galego tristura
 
Cuento sobre la tristeza
Cuento sobre la tristezaCuento sobre la tristeza
Cuento sobre la tristeza
 
Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1
Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1
Utf 8 '-'tríptico é bo que os nenos aprendan ben o galego-1
 
O tamaño do MEDO.
O tamaño do MEDO. O tamaño do MEDO.
O tamaño do MEDO.
 
O tamaño do medo
O tamaño do medo O tamaño do medo
O tamaño do medo
 
Angela novoa blanco
Angela novoa blancoAngela novoa blanco
Angela novoa blanco
 
El tamaño del mied opara el blog
El tamaño del mied opara el blogEl tamaño del mied opara el blog
El tamaño del mied opara el blog
 
El tamaño del miedo para ed. infantil
El tamaño del miedo para ed. infantilEl tamaño del miedo para ed. infantil
El tamaño del miedo para ed. infantil
 
Ramón maría aller ulloa
Ramón maría aller ulloaRamón maría aller ulloa
Ramón maría aller ulloa
 
Ramón maría aller ulloa
Ramón maría aller ulloaRamón maría aller ulloa
Ramón maría aller ulloa
 
Ramón María Aller Ulloa
Ramón María Aller UlloaRamón María Aller Ulloa
Ramón María Aller Ulloa
 

Unidade didactica nadal

  • 1. Cóntame como é o Nadal panxoliñasesperanzareislediciaestrelafamiliaxia leñasaboresaninovocantigaslembranzasnadaltur acementopanxoliñasesperanzareislediciaestrelafa miliaxiadaleñasaboresaninovocantigaslembranzasna dalturrónnacementopanxoliñasesperanzareisledicia estrelafamiliaxiadaleñasaboresaninovocantigaslem branzasnadalturrónnacementopanxoliñasesperanzar eislediciaestrelafamiliaxiadaleñasaboresaninovo ntigaslembranzasnadalturrónnacementopanxol peranzareislediciaestrelafamiliaxiadaleñasabore aninovocantigaslembranzasnadalturrónnaceme 1
  • 2. BUSCANDO UNHA ESTRELA Os pitiños, buscaban unha estrela e cando a atoparon bailaron con ela. (bis) Lai la ra lai la ra la, a quen queres ti alumear? Ao neno que xa naceu nesta noite de Nadal. (bis) Os gatiños, buscaban unha estrela e cando a atoparon bailaron con ela (bis) (retrouso) Os peixiños, Buscaban unha estrela e cando a atoparon Bailaron con ela (bis) (retrouso) 2
  • 3. 24 e 25 de decembro: Noiteboa e Nadal Xa se achega noiteboa. Hai xa dúas semanas que Vigo está cheo de luces. Gústame ver as luces acesas pola noite. O outro día no cole fixemos colares de castañas cocidas. A mestra díxonos “podedes ir comendo cinco castañas por día ata noiteboa”. A min gústanme tanto as castañas, que xa non me queda ningunha… Así que esta noiteboa virá o Apalpador, o xigante carboeiro que baixará da montaña onde vive a apalpar o meu ventre para ver se como ben. Deixarame como agasallo máis castañas quentiñas! 3
  • 4. DA ROSA ROSIÑA Da rosa, rosiña naceu unha flor. ron ron ron que si, ron ron ron que non. (bis) Os fillos, fillos dos ricos Son unha probe pastora nas súas camas doradas. que veño de Valdoviño. I este noso pequeniño o que traguía para o neno deitadiño nunhas pallas. deixeino polo camiño. I este noso pequeniño O que traguía pra o neno deitadiño nunhas pallas. deixeino polo camiño. (retrouso) (retrouso) Adeus ti, meu pequeniño. Adeus ti, meu diamante. Leda vin e triste marcho porque non puiden bicarte. Leda vin e triste marcho porque non puide bicarte. (retrouso) 4
  • 5. Noiteboa é especial porque te reúnes coa familia. Coma todos os anos imos ir todos á casa da avoa e do avó. Miña avoa fai unha cousa en Noiteboa dende que era unha nena, e hoxe vouna axudar. Vai queimar no lume un tizón de Nadal moi grande e vaino deixar arder ata o día de Fin de Ano. A avoa di que a borralla servirá para curar enfermidades. A min paréceme unha cousa un pouco rara isto que di... Mais non me importa. Vai ir frío en Noiteboa e, ao carón do lume estase quente. E esta noite virá Papá Noel. Estamos con montes de desexos de ver os agasallos que nos trae. Esta Noiteboa penso pasalo xenial! 5
  • 6. O PELO ROXIÑO Xesusiño está nas pallas súa nai está con el, xunto a el tamén están o boi, a mula e máis xosé. (bis) E vamos a ver, e vamos a ver, ao noso meniño que naceu cos ollos azuis e o pelo roxiño. (bis) Acendede catro pallas e vámonos pra Belén cantarlle ron ron ao neno pra facelo durmir ben. (bis) (retrouso) Estas uviñas, uviñas, i estas castañas con mel son pro meu meniño meigo pro meu meniño Manuel. (bis) (retrouso) 6
  • 7. 28 de decembro: os Inocentes Na casa contáronme que o 28 de decembro é unha data para facer trasnadas á xente. Nalgúns lugares os bromistas atrancan as cancelas dos veciños e veciñas, atravesan cousas nos camiños e cambian os testos de sitio. O avó contoume que hai moito tempo, neste día celebrábase o bispiño. Collíase un rapaz, vestíaselle coma un bispo, e púñaselle a dar misa e a dirixir un coro na igrexa. Que vergoña só de pensalo! Eu o que fago neste día é recortar un meco de papel coma este e pegarllo nas costas á xente da casa. Mais sempre me cachan... A que agardas para recortalo? 7
  • 8. 31 de decembro: o san Silvestre Vai rematar o ano e esta é a derradeira noite! Desta volta a avoíña e máis o avó virán a cear á nosa casa. A avoa conta que é unha noite de meigas. Como é moi vella é sabida neses temas, eu berrarei con ela cando soe a última badalada do ano: ...san Silvestre, meigas fóra! Logo, nun calendario de Ano Novo fará as sortes e resortes. Porá un pouco de sal gordo enriba de cada un dos doce primeiros días do Ano Novo. Cando pasen eses doce días, ollará o sal, e a avoa será quen de saber o tempo que irá durante cada un dos doce meses do ano! A miña nai di que son cousas raras, pero a min parécenme moi divertidas. Tentarei non atragoar coas uvas e mamá porame algo de cor vermella. Eu no que xa estou pensando é na Noite de Reis! 8
  • 9. METIDO NUN OVO Os tres reises magos van para Belén, quitaron os zocos para correr ben. Lupe de Caveira failles o café, Esperanza de Macario peneira de pé. (bis) Escoiten señores o aguinaldo novo que naceu o neno metido nun ovo. Escoiten señores o aguinaldo vello que naceu o neno metido nun cesto. Déano-lo aguinaldo anque sexa pouco, un bo bacallao e a metade doutro. De postre castañas boas e ben grandes, un molete enteiro e un queixo de flandes. (bis) (retrouso) 9
  • 10. 5 e 6 de xaneiro: Noite e Día de Reis A véspera do Día de Reis, que por certo é o día 5 de xaneiro, estou con moreas de nervios por saber se os Reis trouxeron o que pedín. De noite sempre lles deixo algo de comer no sitio onde me van deixar os agasallos. Ese día haberá en Vigo unha cabalgata de reis enorme na que podes coller caramelos para todo o ano! Cando esperto a mañá do día 6 póñome a xogar. En resumo, un dos mellores días do ano. Sempre é bo escribirlles unha carta aos Reis Magos para pedir as cousas que queiras con antelación. A miña nai e o meu pai din que son magos, mais precisan organizárense con tempo, porque somos moitos nenos e nenas para repartir. 10
  • 11. MARCHEMOS ALEGRES Marchemos alegres con esta canción para ver os reises que bonitos son, marchemos alegres imos a cantar ao neno fermoso que está no portal. (bis) Se os tres reises souberan que o neno quería festa houbéranlle regalado tres pares de castañuelas. (bis) (retrouso) María fía na roca e Xosé pica na leña para quentar ao pequeno que de frío se conxela. (bis) (retrouso) 11
  • 12. As nenas e nenos do mundo contan como é o seu Nadal 12
  • 13. Non todo o mundo celebra o Nadal, e non todos os nenos e nenas que o celebran fan o mesmo que facemos nós. Aquí tes distintos rapaces e rapazas de todo o mundo que nos contan como é o seu Nadal. Eu son Paul. En Irlanda temos a tradición de empregar candeas no Nadal. Na casa colocamos unha moi grande de cor branca na entrada ou nunha xanela, e como eu son o máis pequeno da casa tócame acendela en Noiteboa. O meu nome e Alicja. En Polonia os nacementos son moi divertidos xa que se representan con monicreques. Na cea de Noiteboa mamá pon sempre un cuberto de máis para lembrármonos das persoas ausentes. 13
  • 14. Eu chámome Mike. En Inglaterra celebramos o Nadal e o Aninovo con pólas de acivro. Dise que protexe contra os demos. O que máis me gusta son os crackers, uns petardos que estouran ao partilos e que dentro levan un gorro, un chiste e un agasallo sorpresa. Ola! O meu nome é calev. Os xudeus non celebramos o Nadal, pero temos unha festa que coincide e que se chama... Jánuka Celebrámola en familia na casa e os nenos recibimos agasallos. O fin de ano si que o clebramos e o felicitamos con estas verbas: Shana tova ! 14
  • 15. Eu son Madhuri. Na India tampouco celebramos o Nadal. Mais, na nosa relixión, celebramos de xeito parecido o Diwali que pode caer entre o 21 de outubro e o 18 de novembro. Ceamos nas casas cas nosas familias, e enchemos as paredes da casa con lámpadas de arxila e pequenas candeas. É a nosa festa máis entrañable, ao igual que o voso Nadal. Felicitamos o Aninovo deste xeito: Shub naya baras ! Eu son Erik e son de Finlandia. Aquí o Nadal é tamén un tempo de irmandade con outras culturas do mundo. Gústanos colocar fileiras de bandeiras doutros países na árbore de Nadal. Unha semana antes da Noiteboa celebramos unha antiga tradición que se chama ”pikkujoulu” ou pequeno Nadal. Neses días despois do colexio, facemos as decoracións de Nadal nas casas. 15
  • 16. Eu son Helmut e son xermano. O 25 de decembro as nenas e nenos agardamos o son dunha campaíña detrás da porta do salón da casa. Cando soa, saímos correndo por que iso quere dicir que debaixo da árbore se atopan xa os a agasallos. Mais non poderemos abrilos ata que cantemos “Stille Nacht, heilige Nacht”, o voso “Noite de paz”. En Francia o Nadal comeza o 6 de decembro que é cando chega san Nicolás. Aínda que xa se nota que vai chegar o Nadal o 25 de novembro, que é o día de sainte Catherine. O día 6 de decembro abrimos os nosos calendarios de advento. Cada día que pasa temos que abrir unha das xaneliñas. 16
  • 17. Ola! Eu son Adriana. Son brasileira e vivo en Salvador de Bahía. Os nenos e nenas celebramos o “Natal” xogando ó “amigo oculto”, cousa que creo xa sabedes o que é. En Bahía temos unha tradición máxica. O primeiro día do ano facemos as ofrendas de flores a Yemanhá, a raíña protectora dos mares. A xente pide os seus favores vestida de branco ofrecéndolle ao mar flores brancas. Faise así por que se di que Yemanhá é unha raíña un chisco fachendosa. O meu nome é Milena e son de Colombia. O noso Nadal aseméllase ó de vostedes, aínda que empezamos a festexalo o 7 de decembro, a véspera da Inmaculada Concepción. Nesa data celebramos o “Día de las Velitas”. Acendemos moitas indicando un caminiño na entrada de casa, indicando á Virxe María por onde entrar para bendicila. 17
  • 19. Se prestaches atención ao texto e sabes un pouco sobre o Nadal podes contestar sen dubidar a estas preguntas. 1.- En que mes se celebra o Nadal? 2.- En que estación estamos no Nadal? 3.- Cando se celebra a cabalgata de Reis? 4.- Cando é o día dos Inocentes? 5.- Que se facía antes o día dos Inocentes? 19
  • 20. 6.- Sabes quen é o Apalpador? 7.- E que é o Tizón de Nadal? Seguro que na túa casa non facedes todo igual que na historia. Como pasa ti o Nadal? 20
  • 21. Temos unha sopa de letras e nela tes unha morea delas que agochan verbas relacionadas co Nadal. Podes atopalas? Panxoliñas, Nadal, badalada, agasallos, Aninovo, decembro, bacallau, noces, Noiteboa e cabalgata. 21
  • 22. Liches varias panxoliñas de Nadal. Son Buscando unha estrela, Da rosa rosiña, O pelo roxiño, Metido nun ovo e Marchemos alegres, todas pertencentes ao libro-CD “O Quiquiriquí”. Cada unha delas ten un debuxo que podes colorear. Coñeces algunha panxoliña máis? Podes pescudar na rede e atoparás moitas máis. Escribe algunha panxoliña que atopes. 22
  • 23. No Nadal adóitanse tomar sobremesas e doces. Aquí tes a receita dun destes doces de Nadal, o bolo de reis. BOLO DE REIS Ingredientes Para o fermento: Para a masa -100 g de fariña -1 kg de fariña -1 cullerada de manteiga de vaca -100 g de manteiga de vaca -1 dl de auga -100 g de fermento -Un chisco de sal -8 ovos -350 g de azucre Para decorar -1 dl de auga -1 ovo -100 g de azucre mollado Comezamos facendo o fermento natural coa fariña, a auga, o sal e a manteiga, amasando todo e deixándoo á calor da noite para a mañá. Ao día seguinte prepárase a masa mesturando a fariña co fermento, a manteiga, o azucre, a auga e, logo, os ovos dun en un. Hai que ir amasando ata que estea ben homoxénea, é dicir, que pareza unha masa toda igual. Agora tes que deixar que creza a masa durante media hora. Pasado o tempo tes que facer unha bola agochando unha sorpresa dentro da masa e deixas, de novo, que creza un pouco máis. Xa verás como aumenta de tamaño. Cun pincel para cociñar pinta con ovo batido o bolo e pégalle azucre mollado pola parte de arriba. Para cocelo hai que metelo no forno quente, a 190º, durante unha hora. Ollo! Para facer isto, e sobre todo para empregar o forno, necesitas a axuda e supervisión dunha persoa adulta. 23
  • 24. Colorea os debuxos e fíxate no nome dos distintos obxectos. A FOLERPA DE NEVE O CHAPEO A PÓLA DA ÁRBORE O NARIZ A ÁRBORE A BUFANDA O PETO OS BOTÓNS MONECO DE NEVE 24
  • 25. O BELÉN A LÚA O ANXO A ESTRELA O NENO O BERCE O CAXATO A PALLA 25
  • 26. Lembras as palabras dos debuxos? Pois agora tócache buscar a palabra oculta. Queres unha pista? O que buscas é o nome dun personaxe do noso Nadal. Tes varias definicións dalgunhas das palabras que aparecen nos debuxos anteriores, colócaas no seu lugar e atoparás ao noso personaxe sorpresa. 1.- Satélite da Terra 2.- Anaquiño de auga conxelada 3.- Planta de tamaño grande con tronco 4.- Prolongación que nace do toro ou talo das plantas 5.- Cano seco dos cereais que queda despois de sacar o gran. 6.- Pau que se leva na man para apoiarse ao andar 7.- Roupa que se pon ao redor do pescozo para abrigalo 8.- Saquiño que se cose á roupa para gardar cousas pequenas 9.- Cama de neno pequeno 1 2 3 4 5 6 7 8 9 26
  • 27. Nesta familia todos queren chegar ao agasallo, mais só un ten o fío que chega ao paquete. De quen é o agasallo? 1 O pai 2 A nai 3 O curmá O agasallo 4 A avoa 5 O irmán 27
  • 28. Temos unha serie de frases sobre o Nadal, pero algunhas non son verdade. Sabes dicirme cales son verdadeiras e cales son falsas? Escribe V se é verdadeiro e F se é falso. ___ Polo Nadal vai moita calor. ___ As fillos son a sobremesa típica do Nadal. ___ O Apalpador deixa agasallos aos nenos e nenas no Nadal. ___ En decembro montamos o Belén na casa. ___ A árbores típica do Nadal é o fento. ___ As abelás, as améndoas e noces son froitos que se adoitan comer no Nadal. ___ Os Reis Magos deixan os regalos o vinte e cinco de decembro. 28
  • 29. Aquí temos imaxes de personaxes do Nadal de distintas partes do mundo. Podes poñerlles nome e o lugar do que proveñen? Lugares Italia Alemaña EEUU España Rusia Galicia País Vasco Cataluña …………………. …………………… ………………….. …………………. Nomes ………………….. …………………… ………………….. …………………. Babushka Reis Magos Apalpador Olentzero Caganer Befana Christkind Santa Claus ………………….. …………………... ……………………. …………………. ………………….. …………………… ……………………. …………………. 29
  • 30. Esta é unha das cantigas que liches, podes completala? O PELO ROXIÑO Xesusiño está nas _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ catro pallas súa nai está con el, e vámonos pra Belén xunto a el tamén están cantarlle ron ron ao neno o _ _ _, a mula e máis xosé. pra facelo _ _ _ _ _ _ ben. (bis) (bis) (retrouso) E vamos a ver, e vamos a ver, Estas uviñas, uviñas, ao _ _ _ _ meniño i estas _ _ _ _ _ _ _ _ con mel que naceu son pro meu meniño _ _ _ _ _ cos ollos _ _ _ _ _ pro _ _ _ meniño Manuel. e o pelo roxiño. (bis) (bis) (retrouso) 30
  • 31. Os refráns son frases feitas de tradición popular que expresan coñecementos adquiridos pola experiencia ao longo do tempo. Hai refráns sobre o tempo, as colleitas, a pesca… e ademais moitos deles fan referencia a datas concretas, meses ou épocas do ano. Aquí tes uns cantos sobre o Nadal, pero están un pouco desordenados. Une os anacos para descubrir os refráns sobre o Nadal. A castaña no Nadal, mes de capón a carón do lar Mentres Deus non é nacido cada ovella ao seu corral Mes de Nadal, sabe ben e parte mal Polo Nadal, medio santeiro Nadal e Xaneiro, nada é crecido Coñeces algún refrán? Busca cinco refráns, un por de cada un dos primeiros meses do ano. O primeiro xa cho damos: Xaneiro: En xaneiro polo día ao sol e a noite ao braseiro Febreiro: ……….............................................................................................................................................. Marzo: ………………………………………………………………………………………………………………………......... Abril: ………………………………………………………………………………………………………………………………. Maio: ………………………………………………………………………………………………………………………………. 31
  • 32. 32