1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 39 marzo de 2013
2. PANADARÍA ou PANADERÍA?
As dúas formas son correctas, porén debemos escoller aquela que supón un mellor galego e empre-
gar con preferencia a solución co sufixo –ARÍA, o mesmo que levan palabras como comisaría, notaría ou
secretaría.
Así, falando de estabelecementos ou seccións comerciais podemos e debemos dicir e escribir:
CARNIZARÍA CHACINARÍA CONFEITARÍA DROGARÍA
FERRAXARÍA FROITARÍA LIBRARÍA PANADARÍA
PAPELARÍA PEIXARÍA PERFUMARÍA QUEIXARÍA...
Ou tamén: ARMARÍA ARTILLARÍA BRUXARÍA CAFETARÍA
CAMISARÍA CARPINTARÍA CERVEXARÍA CESTARÍA CHARLATANARÍA
CHOCOLATARÍA CONSELLARÍA ENFERMARÍA ENXEÑARÍA FERRARÍA
GANDARÍA INFANTARÍA LAVANDARÍA LEPROSARÍA PEDRARÍA
PRADARÍA REFINARÍA RELOXARÍA TESOURARÍA TINTURARÍA
XARDINARÍA ZAPATARÍA...
Mais hai algunhas palabras que SÓ admiten a terminación en –ERÍA:
BATERÍA BIXUTERÍA GALANTERÍA GALERÍA
MERCERÍA MASONERÍA PEDANTERÍA
Lista da compra: Un
quilo de laranxas na Prácticas de
froitaría, un alicates condución
na ferraxaría e unha nunha
tinguidura cor caoba escola de
na drogaría para me bruxaría.
tinxir o cabelo.