2. É un dos territorios máis ao norte de cantos existen no
planeta. Este feito modela necesariamente tanto o seu clima
como a súa gran diversidade de paisaxes, e cómo non, as
costumes e tradicións dos seus habitantes.
3. Os seus grandes contrastes e as súas temperaturas
extremas fan que a miudo cando pensamos nela nos
veña a cabeza a imaxe dunha inmensa masa de xeo
con esquimós e osos polares.
4. É un dos territorios con
menor densidade de
poboación do mundo, pois
só conta cunha poboación
de 710.000 habitantes, o que
lle dá unha media de 3
hab./km2 .
Contrariamente ao que a
miudo se pensa, os esquimós
non son o único grupo
humano nativo de
Alaska, senón que hai ata
seis grandes grupos de
indíxenas ben diferenciados
entre eles.
5. • Pero o grupo máis numeroso de nativos é o dos inuit, unha
das grandes familias esquimais, extendida por todo o Ártico.
Habitan na zona norte e noroeste de Alaska e
tradicionalmente seguiron un estilo de vida nómada seguindo
as migracións dos animais que cazan, entre eles
caribúes, osos, baleas e focas.
6. Estes animais sumnístranlles todo o necesario para
alimentarse, abrigarse, cazar e construir vivendas.
Viven en grupos familiares organizados onde cada
membro ten asignada unha tarea específica. O trineo
ten unha especial importancia na vida deste pobo.
7. • Alaska conta cun dos espectáculos
naturais máis bonitos que se poidan
contemplar. Trátase da aurora boreal, que
se pode ver nas noites de octubre a
marzo e que luce especialmente
espectacular en Anchorage. Este curioso
fenómeno pinta o ceo de moitas cores
distintas, como se pode ver na imaxe.
8. Ademáis pola súa latitude polar, en algunhas zonas de Alaska pode
verse o sol de medianoite. De feito, os días de verán poden ter ata
22 horas de luz solar e en cambio durante o inverno danse as noites
polares nas que a penas si chega a amencer.