Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Copia de NON SÓ É LUME.proxecto. epva.pdf
1. NON SÓ É LUME
EDUCACIÓN PLÁSTICA VISUAL E AUDIOVISUAL
PLAN PROXECTA PLUS
Centro: IES Plurilingüe A Cachada, Boiro.
Curso: 2022-23.
ÍNDICE
1. Xustificación
2. Curso participante
3. Desenvolvemento. Recursos
4. Anexos
1. XUSTIFICACIÓN
Os incendios forestais son un problema que está moi presente nas nosas vidas, especialmente na época
da primavera e verán. Non só se cobran vidas humanas; maioritariamente arrasa coa flora e fauna por
onde pasan e este é un feito que imos destacar na materia de EPVA, partindo dos datos facilitados polo
Departamento de Matemáticas.
O traballo realizado na materia de EPVA fai fincapé sobre o patrimonio natural que temos nas nosas
terras: toda a flora e fauna que se ve afectada polos lumes. Con este proxecto interdisciplinar, desde a
área de EPVA queremos volver á vida a tódalas plantas, árbores e animais que foron arrasados polos
incendios.
2. CURSO PARTICIPANTE
▪ Alumnado de 1º ESO. Mesmos grupos que na actividade da materia de Matemáticas.
3. DESENVOLVEMENTO
Partimos dos datos recollidos nas sesións traballadas en matemáticas, onde o alumnado calculou as
áreas queimadas en varias zonas do mundo; especialmente en Barbanza e Galicia. A suma das áreas
queimadas quedan proxectadas no Google Earth, a través das seguintes formas poligonais: triángulos,
cuadriláteros, hexágonos e rombos. Unha vez calculada a área queimada e realizadas estas
representacións poligonais, o alumnado sacou pantallazos das áreas afectadas cos polígonos sobre esas
zonas afectadas. A partir de aquí, comeza o traballo na materia de EPVA, que é o seguinte: Partindo
2. destas capturas, decidimos substituir o interior dos polígonos que representan as superficies
queimadas, por debuxos, onde se amosa a flora e a fauna que foron arrasadas polas lapas. Os debuxos
son en cor, contrastando co resto da imaxe da captura que a pasamos a branco e negro para que o
contraste sea maior. De esta maneira, sustituimos a morte que deixan as lapas pola vida que existía con
anterioridade.
▪ A tarefa levada a cabo realízase en dúas sesións.
o 1º sesión (23/05/23) visionamos as capturas realizadas nas clases de matemáticas,
valorando a selección de flora e fauna que imos debuxar.
o 2º sesión (26/05/23), debuxamos en láminas DIN A4 a fauna e a flora afectadas, para
posteriormente colocar no lugar das formas poligonais das láminas DINA3.
▪ Recursos e materiais: Os debuxos fixéronse con cores, rotuladores e acuarelas sobre papel. Os
pantallazos imprimíronse en papel DINA3. Unha vez impresos, recortamos o interior dos polígonos e
sustituímos ese espazo polos debuxos do alumnado. Para rematar, colocamos nuns marcos as
montaxes e expoñémolos no instituto.
4. ANEXOS
Exemplos das capturas feitas na materia de Matemáticas no Google Earth.
Superficie queimada en Barbanza no 2022. Superficie queimada en Galicia no 2017.
3. Resultado do traballo realizado na materia de EPVA: Transformación das superficies queimadas, pola
flora e fauna autóctonas, que deberían de seguir con vida coma antes dos incendios.