2. Conceptos Básicos de sonido Dixital
FRECUENCIA
TASA DE MUESTREO
RESOLUCIÓN
VELOCIDAD DE TRANSMISIÓN
CBR/VBR
CODEC
DECIBELIO
3. FRECUENCIA
É o número de vibracións por segundo que da orixe
o sonido analóxico (informa de ondas sonoras
transmítese polo espacio). Mídese en Hz. Un
hercio sería unha vibración por segundo.
O oído humano é capaz de captar sonido
comprendidos entre 20 Hz e 20000 Hz.
4. TASA DE MOSTREO
Un audio dixital é unha secuencia de ceros e uns que
se obteñen como mostreo do sinal analóxico. A tasa
de mostreo define cada canto tempo tomaráse o
valor do sinal analóxico para xerar o audio dixital.
Mídese en Hz. Por exemplo: 44100 Hz indícanos que
nun segundo se tomarán 44100 mostras do sinal
analóxico do audio para crear o audio dixital
correspondente. Un audio terá máis calidade canto
maior sexa a sua tasa de mostreo. Algunhas
frecuencias estándars son 44100 Hz, 22050 Hz e 11025
Hz.
5. RESOLUCIÓN
É o número de bits utilizados para definir cada
mostra do sinal analóxico. Unha resolución de 8
bits proporciona 256 (2 ^ 8) niveles de amplitude
mentres que unha resolución de 16 bits alcanza
65536 (2 ^ 16). Un audio dixital terá máis calidade
canto maior sexa a súa resolución. Un audio de
calidade CD soe ter un son de 44100 Hz 16 bits
estéreo.
6. CBR/VBR
Constant/ Variable Bitrate. CBR indica que o audio
foi codificado mantendo o Bitrate constante ó
longo do clip de audio mentres que VBR varía
entre un rango máximo e mínimo en función da
tasa de transferencia.
7. CODECS
Acrónimo de “Codificación/ decodificación”. Un
codec é un algoritmo especial que reduce o
número de bytes que ocupa un arquivo de
audio. Os arquivos codificados con un codec
específico requiren o mesmo codec para ser
decodificado e reproducido. O codec máis
utilizado é o MP3.
8. DECIBELIO
Unidade de medida do volume ou intensidade do
son. O silencio ou ausencia de son cuantificase
con 0 dB e umbral de dor para o oído humano
sitúase en torno ós 130-140 dB.
9. FORMATOS DE ARQUIVO DE AUDIO
WAV
MP3
OGG
MIDI*
Os audios dixitais pódense gardar en distintos formatos.
Existen moitos tipos de formatos de audio e non
todos se poden escoitar utilizando o mesmo
reproductor: Windows Media Player, QuickTime,
WinAmp, Real Player, VLC...
Trataremos os formatos máis empregados e universais:
WAV, MP3 e OGG.
10. FORMATO WAV
O formato WAV (Waveform Audio File) é un arquivo que
desenvolveu orixinalmente Microsoft para gardar audio. Os
arquivos teñen extensión .WAV.
Os arquivos WAV pódense gardar con distintos tipos de
compresión. As máis empregadas son a compresión PCM e a
compresión ADPCM.
É un formato de excelente calidade de audio.
Sin embargo produce arquivos dun peso enorme.
Unha canción extraída dun CD (16 bits, 44100 Hz e estéreo) pode
ocupar entre 20 e 30 Mb.
O formato WAV sóese empregar para fragmentos moi curtos
(non superiores a 3-4 segundos), normalmente en calidade
monoe cunha compresión Microsotf ADPCM 4.
11. FORMATO MP3
O formato MP3 (MPEG 1 Layer 3) foi creado polo instituto
Fraunhonfer e polo seu extraordinario grado de compresión e
alta calidade está prácticamente monopolizando o mundo do
audio díxital.
É ideal para publicar audios na web. Pódese escoitar dende a
maioría de reproductores.
A transformación de WAV a MP3 ou a publicación directa dunha
grabación en formato MP3 é un proceso fácil e ó alcance dos
principais editores de audio.
Ten un enorme nivel de compresión respecto ó WAV. En
igualdade do resto de condicións reproduciría o tamaño do
arquivo dun fragmento musical con un factor entre 1/10 e 1/12.
Presenta unha mínima de perda de calidade.
12. FORMATO OGG
Foi desenvolto pola Fundación Xiph.org.
É o formato máis recente e xurdíu como alternativa libre e
de código aberto (a diferencia do formato MP3).
Mostra un grao de compresión similar ó MP3, pero segundo
os expertos en música a calidade de reproducción é
lixeiramente superior.
Non tódolos reproductores multimedia son capaces de ler
por defecto este formato. Nalgúns casos é necesario
instalar os códecs ou filtros oportunos.
O formato OGG pode conter audio e vídeo.
13. FORMATO MIDI
Non é un formato de audio propiamente dito.
O formato MIDI (Interface Díxital para Instrumentos Musicais) en
realidade non resulta un proceso de dixitalización dun son
analóxico. Un arquivo con extensión .mid almacena
secuencias de diapositivos MIDI (Sintetizadores) donde se
recolle que instrumentos interveñen, en que foma o fan e
cando.
Este formato é interpretado polos principais reproductores de
mercado: wmp, QT...
Os arquivos MIDI permiten audios de certa duración cun
reducido peso. Esto é porque non gardan o son se non que a
información ou partitura necesario para que o ordenador a
compoña e reproduza pola tarxeta de son.
Soe empregarse en son de fondos de páxinas HTML ou para
escoitar composicións musicais de carácter instrumental.
14. OPTIMIZACIÓN DE ARQUIVOS DE
AUDIO
Para optimizar o peso dun arquivo de audio será necesario empregar un editor
para reducir algún ou algúns dos seguintes parámetros:
Tasa de mostreo: Definir valores interiores: 44100 Hz, 220050 Hz, 11025 Hz.
Resolución: Establecer resolucións máis pequenas 32 bits, 16 bits, 8 bits.
Duración: En ocasión pódense utilizar fragmentos máis pequenos reproducidos
en bucle.
Calidade estéreo/ mono: reproducir a calidade a mono reduce
considerablemente o peso do arquivo. Para a maioría de audios e de
público apenas é perceptible.
Fortmato: É preferible empregar MP3 en vez de WAV polo seu potente factor
de compresión e aceptable calidade de audio.
Factor de compresión: O formato WAV admite distintos formatos de
compresión: PCM e ADPCM.