SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 7
-337185128905O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper todas as  normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.
Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.
Outros protagonistas do Entroido son os quot;
xeneraisquot;
en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas que dende o pasado domingo Corredoiro ata o día 1 de marzo percorren Xinzo de Limia, os boteiros e quot;
foliósquot;
en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa tque se pechará un mércores de cinza coa queima do Momo e o Meco ou o enterro do Ravachol en Pontevedra.
Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas ou as filloas, son as comidas típicas destas festas.
LÉXICO BÁSICO DO ENTROIDO
Debido á enorme riqueza etnográfica e léxica de Galicia, as definicións que aquí se recollen teñen un carácter xenérico e poden presentar múltiples cambios ou variedades segundo os lugares.
1653540638175ANDROLLA: embutido típico do Entroido no interior de Galicia, que se fai coa tripa gorda do porco reenchida con costela, ósos e carne picada de porco, adobados con pemento, sal, allo e loureiro e curado ao fume.
4168139-220512BOTEIRO: personaxe do Entroido de Viana do Bolo que leva unha pesada máscara formada por unha carauta negra tallada en madeira cuns pequenos cornos, un gran sorriso e unha pantalla frontal colocada por riba da cabeza, feita con arame e cartón e adornada con figuras xeométricas, fitas e papeis de formas e cores variadas.Viste un pantalón vermello con flocos nos lados, camisa bordada e adornada con fitas de cores, faixa con picos e borlas, e un cinto con campaíñas. É a figura principal do folión. Tamén se dá en Vilariño de Conso, con algunhas diferenzas.
1977390589280BOTELO: embutido típico do Entroido, xeralmente na Galicia interior, elaborado con carne do porco non moi graxa, ósos da soá, rabo e algo de costela, todo adubado con pemento e sal, e embuchado no estómago do porco ou nas tripas grosas, que logo se cura ao fume e ao aire.
-13335319405
4234815651510CACHEIRA: cabeza de porco salgada e, frecuentemente, afumada. É un ingrediente habitual dos cocidos, sobre todo no Entroido. Tamén se lle chama cachola ou cachucha.
CARAUTA: obxecto con forma de cara, humana, animal ou fantástica, que se emprega para cubrir o rostro e non ser recoñecido. Tamén recibe os nomes de careta, caranta, carantoña ou máscara.
CHARRÚA: personaxe do Entroido de Allariz, que vai disfrazado de xeito estrafalario con roupa vella de moito colorido e carauta, que tradicionalmente ía pedindo viño e chourizos. Ten por misión enzoufar os zapatos da xente.
4168140276860CHICOTES: especie de xiringas feitas con canas de sabugueiro e un émbolo de estopa, que se empregaban para lanzar auga o domingo corredoiro.
205740777240CHOCALLO ou CHOCA: especie de campá de diferentes tamaños que levan os animais penduradas do pescozo, e que adoitan formar parte do vestiario dalgunhas máscaras do Entroido.
CHOQUEIRO ou CHOCALLEIRO: personaxe do Entroido propio do oriente da provincia de Ourense que, segundo os lugares, se denomina máis frecuentemente cigarrón ou peliqueiro.
41586151567180CICLO DO ENTROIDO: período de tempo en que se celebra o Entroido, xeralmente ao longo do mes de febreiro ou inicios de marzo, e con diferente duración segundo os lugares. Partindo do de Xinzo de Limia, que é o que se considera o máis longo, as súas datas fundamentais, aínda que non se celebran todas en todos os lugares, son, por orde cronolóxica: Domingo Fareleiro, Domingo Oleiro, Xoves de Compadres, Domingo Corredoiro, Xoves de Comadres, Domingo de Entroido, Luns de Entroido, Martes de Entroido, Mércores de Cinza e Domingo de Piñata, dos que o domingo, o luns e o martes de Entroido se consideran os días grandes.
40252652416175CIGARRÓN: personaxe do Entroido, tamén coñecido como peliqueiro, choqueiro ou chocalleiro, segundo os lugares, típico da zona de Verín e Laza. É en Verín onde se tende a designar como cigarrón, que golpea a xente cun látego ou cun pau rematado nunha vexiga, levántalles as saias ás rapazas e obriga a quen captura a convidalo a viño. É “intocable” por parte do público e mantén a súa identidade no anonimato. Viste camisa branca, gravata vermella, chaquetiña curta de seda con adornos dourados e panos de cores, faixa de seda sobre a que vai un cinto de coiro con cinco ou seis chocas de gran tamaño, calzón curto de seda con borlas de la de variadas cores, ligas, medias brancas de fantasía e zapatos baixos e negros. Leva unha carauta feita de madeira cunha especie de mitra de latón na que están pintados distintos animais.
DOMINGO CORREDOIRO: domingo anterior ao de Entroido en que se celebraba a corrida do galo, que consistía en pendurar a ave dunha corda tendida para que os mozos lle arrincasen a cabeza.
DOMINGO DE ENTROIDO: domingo anterior ao Martes de Entroido, no que se come en abundancia, especialmente carne de porco, para dar paso á Coresma.
3882390467995DOMINGO DE PIÑATA: celebración especialmente urbana, que ten lugar o primeiro domingo de Coresma, en que se tenta romper unha piñata cun pau e cos ollos tapados.
-1276351164590DOMINGO FARELEIRO: día en que principia o ciclo do Entroido. Recibe o nome de domingo fareleiro, borralleiro ou das trapalladas, segundo os lugares, e dependendo do material co que se saia á rúa para enzoufar a xente: fariña, borralla, chicotes, betume, ovos podres, lama, feluxe e mesmo formigas.
DOMINGO OLEIRO: segundo domingo en que se practica o xogo das olas, no que os participantes, colocados en círculo, se van pasando recipientes de barro cheos de viño, auga ou fariña. Quen os deixe caer debe pagar unha rolda de viño ou unha merenda.
ENCONTROS: batallas verbais entre dous quot;
exércitosquot;
dirixidos por cadanseu xeneral, que se celebran na comarca da Ulla, nos concellos de Teo, Vedra, Boqueixón, A Estrada e Vila de Cruces, e mesmo nalgunha parroquia de concellos limítrofes de Padrón e Silleda. Parecen ter a súa orixe nos enfrontamentos armados que se deron na zona contra as tropas napoleónicas ou nas guerras carlistas. Os dous quot;
exércitosquot;
establecen un quot;
combatequot;
de coplas e regueifas nas que se satirizan os acontecementos máis destacados da actualidade. O encontro remata con quot;
vivasquot;
a determinados persoeiros, público e veciños, aos que se lles pide unha quot;
colaboraciónquot;
económica. Tamén se denominan altos, saltos, atranques ou arranques.
3358515635ENTERRO DA SARDIÑA: acto que se celebra xeralmente o Mércores de Cinza, derradeiro día do Entroido. Constitúe unha parodia dun enterro católico, no que o quot;
defuntoquot;
Entroido está representado por unha sardiña salgada. A comitiva encabézaa un devoto que leva un estandarte de folla de bacallau (en alusión á Coresma vindeira), e tras a caixa vai un crego rezando un responso cun sentido burlesco. As quot;
carpideirasquot;
choran e laméntanse polas liberdades perdidas e polo tempo de penitencia que comeza.
41871901666875ENTROIDO ou CARNAVAL: festa que parece ter as súas orixes nas celebracións dionisíacas gregas, que logo pasaron a Roma coas bacanais, saturnais e lupercais. Posteriormente foron asimiladas polo cristianismo e pola Igrexa católica relacionouno coa chegada da Coresma. Así, Entroido significaría a ‘entrada’ a este período de abstinencia, co que implicaría unha despedida da “carne”, e que abarcaría os tres días anteriores ao Mércores de Cinza, porta da vixilia, de onde toma o nome de carnaval, ‘quitar a carne’. Sería, pois, un tempo de licenza, transgresión e liberdade plena, no que se permitirían facer cousas prohibidas o resto do ano, criticando e ridiculizando feitos da vida cotiá. De xeito popular nalgúns lugares tamén se denomina Antroido
FELO: personaxe típico do Entroido de Allariz, Castro Caldelas e Celanova, que adoita ir en grupo ataviado cunha casaca negra con fitas de moitas cores, sobre a que vai cruzado un pano, pantalóns bombachos con franxa na liña da perna e polainas. A cabeza vai cuberta cun chapeu de ala, adornado de fitas e pequenos espellos.
FILLOAS ou FREIXÓNS: doce típico do Entroido que se fai con ovos, leite ou auga, fariña e sal ou azucre, segundo as zonas. Nalgúns lugares tamén se lles engade sangue de porco. Este amoado frítese nunha filloeira ou nunha tixola untada con touciño, formando unha capa moi fina. Cómense acompañadas de mel, azucre ou outros ingredientes. Unha variedade son as filloas da pedra, preparadas sobre unha laxe de pedra, que polo xeral son salgadas e en lugar de leite levan un caldo de carne ou auga.
4330065-3175FOLIÓN: grupo de veciños que percorre a aldea facendo un estrondoso balbordo coa axuda de instrumentos rudimentarios de percusión, como aixadas e bombos.
IRRIOS: personaxe característico do Entroido de Castro Caldelas, ataviado con máscara de madeira e frac con grandes botóns e unha pelica, coa que persegue e golpea o público.
LACÓN: pata dianteira do porco, salgada e posta a curar. O lacón con grelos é un dos pratos tradicionais do Entroido, xunto co cocido e toda a variedade de produtos que proveñen do porco: chourizos, cacheiras, androllas, botelos, etc.
3758565-118745MADAMAS e GALÁNS: personaxes típicos do Entroido, especialmente de Cangas e Vilaboa. Representan mulleres e homes extremadamente adobiados e sofisticados, con traxes cunha base branca adornados con colares e fitas de cores, e un sombreiro ou toucado moi rechamante con flores, plumas e abelorios. En Cotobade danse uns personaxes similares denominados madamas e madamitos.
MARTES DE ENTROIDO: día grande do Entroido, xunto co domingo e luns anteriores, nos que se fan as grandes esmorgas e enchentes, os desfiles e saídas de máscaras e os bailes de disfraces.
3806190678179MÁSCARA: xenericamente, denomínase así o obxecto feito con diferentes materiais que representa unha cara humana, animal ou fantástica, que serve para ocultar o rostro. De forma específica, tamén se emprega para designar os personaxes do Entroido.
MECO: boneco que se queima o Mércores de Cinza nalgúns lugares de Galicia para pechar o Entroido.
3949065226060MÉRCORES DE CINZA: primeiro día de Coresma no calendario católico, corenta e seis días antes da Pascua.
MORENA: vaca carnavalesca do Entroido de Laza, que ten unha cabeza de madeira con cornos e que vai cuberta cunha pel de carneiro negro.
243840502920ORELLAS: doce tradicional do Entroido que se elabora cunha masa de fariña, ovos, azucre, manteiga, anís e limón e á que se lle dá forma de orella tras fritila en aceite.
OSO DE SALCEDO: personaxe do Entroido propio da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. O disfrace está feito con peles de animais buscando a semellanza cun oso, que vai asustando a xente na compaña duns quot;
criadosquot;

PANTALLA: personaxe típico do Entroido de Xinzo de Limia, que leva máscara, capa de distintas cores, aínda que normalmente é vermella, camisa branca de felpa, polainas negras, calzón branco, faixa vermella e cinto de coiro do que penduran axóuxeres e campaíñas, que poden chegar a cincuenta e seis. A pantalla, que é propiamente o nome da máscara, está feita de cartón, papel de periódico, feltro, fariña e auga. Realízase nunha soa peza que inclúe a carauta e o gorro ou cucurucho, que presenta unha estrutura ríxida que se dobra de atrás cara a diante que remata na fronte e está adornado con motivos astrais e animais fabulosos. Ten cara de diaño con cornos e rostro burlón, cuns flocos que lle fan de barba.
7232653272155PELIQUEIRO: personaxe do Entroido, tamén coñecido como cigarrón, choqueiro ou chocalleiro, segundo os lugares. É unha máscara típica de Laza, aínda que tamén se dá en Castro Caldelas. Os seus traxes teñen certas diferenzas segundo os lugares. Leva unha especie de látego feito cun pau e unha pel atada no extremo. A máscara está feita de madeira cunha barba curta de pel negra. A carauta remata cunha especie de mitra de chapa en forma de semicircunferencia pintada con representacións de follas, flores, animais e formas xeométricas. A parte posterior desta mitra é de pel dun animal, e cae pola parte traseira cubrindo a cabeza e parte das costas do peliqueiro e leva dous rabos no seu remate. O resto do traxe está formado por unha camisa branca, gravata rechamante e chaquetiña curta adornada con galóns e xarreteiras douradas, faixa de seda sobre a que vai un cinto de coiro do que penduran seis grandes chocas colocadas na parte traseira e que se fan soar ao moverse. Leva tamén un calzón curto de cores, con seis bandas de flocos arredor, alternando unha banda verde cunha vermella. O pantalón suxéitase con tirantes rechamantes. Leva medias de seda, ligas de veludo e zapatos negros con punta. Camiña a saltos para facer soar as chocas. Son “intocables” para a xente e non poden ser chamados polo seu nome real e, de seren descubertos, poden arremeter e atacar co pau. Non poden sacar a carauta nin deixar de saltar, pois se o fan poden ser collidos e levados á forza á taberna para pagar unha rolda de viños.
3672840-2540
PIÑATA: recipiente de barro cheo de doces e lambetadas que se pendura alto mentres a xente, normalmente os rapaces, tenta rompelo cun pau e os ollos vendados.
XENERAL: personaxe do Entroido da comarca da Ulla que vai dacabalo e viste un uniforme militar que lembra os da época napoleónica, con sombreiro e casaca coloridos adornados con medallas e fitas de cores. Van en grupo dirixindo un “exército” e establecen quot;
combates verbaisquot;
, chamados encontros.
147256510160
XOVES DE COMPADRES: primeiro xoves do Entroido, no que ten lugar unha simbólica guerra de sexos, na que as mozas fan uns bonecos ridículos con palla e trapos chamados compadres, que defenden dos mozos que tentan apoderarse deles para queimalos.
XOVES DE COMADRES: segundo xoves do Entroido, en que se inverte a loita celebrada o xoves de compadres, sendo os mozos os que protexen as comadres fronte ás mozas.

O entroido
O entroido
O entroido
O entroido
O entroido
O entroido

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

O entroido en Galiza. Ainhoa
O entroido en Galiza. AinhoaO entroido en Galiza. Ainhoa
O entroido en Galiza. Ainhoaiagohv

O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS
O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOSO entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS
O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOSBegoña Codesal

Presentación Samaín (Historia de Galicia- Octubre2015)
Presentación Samaín (Historia de Galicia- Octubre2015) Presentación Samaín (Historia de Galicia- Octubre2015)
Presentación Samaín (Historia de Galicia- Octubre2015) AnxelaVazquezDopico98

O magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en GalizaO magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en GalizaAgrela Elvixeo

Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezCelia Díaz

O ENTROIDO
O ENTROIDOO ENTROIDO
O ENTROIDOSanti P

O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroidololicid

Guía lectura de Entroido 2014
Guía lectura de Entroido 2014Guía lectura de Entroido 2014
Guía lectura de Entroido 2014Bibliotecadicoruna

Díptico da capela de Santa Lucía de Frieira Nova, Ove, Ribadeo
Díptico da capela de Santa Lucía de Frieira Nova, Ove, RibadeoDíptico da capela de Santa Lucía de Frieira Nova, Ove, Ribadeo
Díptico da capela de Santa Lucía de Frieira Nova, Ove, RibadeoAntonio Gregorio Montes

Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoYolanda Castro

A Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíNA Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíNSanti P

Mais procurados (18)

O entroido en Galiza. Ainhoa
O entroido en Galiza. AinhoaO entroido en Galiza. Ainhoa
O entroido en Galiza. Ainhoa

O entroido
O entroidoO entroido
O entroido

O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS
O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOSO entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS
O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS

Presentación Samaín (Historia de Galicia- Octubre2015)
Presentación Samaín (Historia de Galicia- Octubre2015) Presentación Samaín (Historia de Galicia- Octubre2015)
Presentación Samaín (Historia de Galicia- Octubre2015)

O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido

Samaín
SamaínSamaín
Samaín

O magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en GalizaO magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en Galiza

Entroido 3
Entroido 3Entroido 3
Entroido 3

Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez

O ENTROIDO
O ENTROIDOO ENTROIDO
O ENTROIDO

O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido

Guía lectura de Entroido 2014
Guía lectura de Entroido 2014Guía lectura de Entroido 2014
Guía lectura de Entroido 2014

Díptico da capela de Santa Lucía de Frieira Nova, Ove, Ribadeo
Díptico da capela de Santa Lucía de Frieira Nova, Ove, RibadeoDíptico da capela de Santa Lucía de Frieira Nova, Ove, Ribadeo
Díptico da capela de Santa Lucía de Frieira Nova, Ove, Ribadeo

Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido

Entroido
EntroidoEntroido
Entroido

MAGOSTO 2011
MAGOSTO 2011MAGOSTO 2011
MAGOSTO 2011

A Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíNA Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíN

María Soliña
María SoliñaMaría Soliña
María Soliña

Destaque

As palabras doces
As palabras docesAs palabras doces
As palabras docesbcode

No Time for User Research?
No Time for User Research?No Time for User Research?
No Time for User Research?Jenny Shirey

1112 SIBD Prototypes
1112 SIBD Prototypes1112 SIBD Prototypes
1112 SIBD PrototypesJenny Shirey

Artifacts Nov 11 2010
Artifacts Nov 11 2010Artifacts Nov 11 2010
Artifacts Nov 11 2010Jenny Shirey

2011 Master's Thesis Presentation
2011 Master's Thesis Presentation2011 Master's Thesis Presentation
2011 Master's Thesis PresentationJenny Shirey

Refined Prototype Presentation
Refined Prototype PresentationRefined Prototype Presentation
Refined Prototype PresentationJenny Shirey

SIBD Natural Cosmetics Presentation 1
SIBD Natural Cosmetics Presentation 1SIBD Natural Cosmetics Presentation 1
SIBD Natural Cosmetics Presentation 1Jenny Shirey

Destaque (8)

As palabras doces
As palabras docesAs palabras doces
As palabras doces

No Time for User Research?
No Time for User Research?No Time for User Research?
No Time for User Research?

1112 SIBD Prototypes
1112 SIBD Prototypes1112 SIBD Prototypes
1112 SIBD Prototypes

Artifacts Nov 11 2010
Artifacts Nov 11 2010Artifacts Nov 11 2010
Artifacts Nov 11 2010

2011 Master's Thesis Presentation
2011 Master's Thesis Presentation2011 Master's Thesis Presentation
2011 Master's Thesis Presentation

Refined Prototype Presentation
Refined Prototype PresentationRefined Prototype Presentation
Refined Prototype Presentation

SIBD Natural Cosmetics Presentation 1
SIBD Natural Cosmetics Presentation 1SIBD Natural Cosmetics Presentation 1
SIBD Natural Cosmetics Presentation 1

3rd Annual G.O.D. Awards Souvenir Program
3rd Annual G.O.D. Awards Souvenir Program3rd Annual G.O.D. Awards Souvenir Program
3rd Annual G.O.D. Awards Souvenir Program

Semelhante a O entroido

UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014REME BUDIÑO

Entroido diapositivas , Ainoha e Emma
Entroido diapositivas , Ainoha e EmmaEntroido diapositivas , Ainoha e Emma
Entroido diapositivas , Ainoha e EmmaMarta Pérez Lage

Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galizanoagaliza

O ENTROIDO EN GALICIA
O ENTROIDO EN GALICIAO ENTROIDO EN GALICIA
O ENTROIDO EN GALICIABiblioBece

Presentaciona
PresentacionaPresentaciona
Presentacionapablo_lq

Os cigarróns
Os cigarrónsOs cigarróns
Os cigarrónsbcode

O Entroido en Galiza. Tríptico. (Alaine Calvo e Marta Lorenzo - 4A)
O Entroido en Galiza. Tríptico. (Alaine Calvo e Marta Lorenzo - 4A)O Entroido en Galiza. Tríptico. (Alaine Calvo e Marta Lorenzo - 4A)
O Entroido en Galiza. Tríptico. (Alaine Calvo e Marta Lorenzo - 4A)Marlou

Disfraces medievais
Disfraces medievaisDisfraces medievais
Disfraces medievaisLuis Lechuga

o magosto
o magostoo magosto
o magostomakeino

o magosto
o magostoo magosto
o magostomakeino

Entroido.marta.lucia.fabi 2 (2)
Entroido.marta.lucia.fabi 2 (2)Entroido.marta.lucia.fabi 2 (2)
Entroido.marta.lucia.fabi 2 (2)oitodivinos

Samain 2012
Samain 2012 Samain 2012
Samain 2012 noenunez

Semelhante a O entroido (19)

UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014

Entroido 2021
Entroido 2021Entroido 2021
Entroido 2021

Entroido
EntroidoEntroido
Entroido

Entroido diapositivas , Ainoha e Emma
Entroido diapositivas , Ainoha e EmmaEntroido diapositivas , Ainoha e Emma
Entroido diapositivas , Ainoha e Emma

Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galiza

Nadal en Galicia
Nadal en GaliciaNadal en Galicia
Nadal en Galicia

Nadal en Galicia
Nadal en GaliciaNadal en Galicia
Nadal en Galicia

Entroido carla
Entroido carlaEntroido carla
Entroido carla

O ENTROIDO EN GALICIA
O ENTROIDO EN GALICIAO ENTROIDO EN GALICIA
O ENTROIDO EN GALICIA

Presentaciona
PresentacionaPresentaciona
Presentaciona

Nadal no mundo
Nadal no mundo Nadal no mundo
Nadal no mundo

Biblioxogo entroido 2º e 3º ciclo
Biblioxogo entroido 2º e 3º cicloBiblioxogo entroido 2º e 3º ciclo
Biblioxogo entroido 2º e 3º ciclo

Os cigarróns
Os cigarrónsOs cigarróns
Os cigarróns

O Entroido en Galiza. Tríptico. (Alaine Calvo e Marta Lorenzo - 4A)
O Entroido en Galiza. Tríptico. (Alaine Calvo e Marta Lorenzo - 4A)O Entroido en Galiza. Tríptico. (Alaine Calvo e Marta Lorenzo - 4A)
O Entroido en Galiza. Tríptico. (Alaine Calvo e Marta Lorenzo - 4A)

Disfraces medievais
Disfraces medievaisDisfraces medievais
Disfraces medievais

o magosto
o magostoo magosto
o magosto

o magosto
o magostoo magosto
o magosto

Entroido.marta.lucia.fabi 2 (2)
Entroido.marta.lucia.fabi 2 (2)Entroido.marta.lucia.fabi 2 (2)
Entroido.marta.lucia.fabi 2 (2)

Samain 2012
Samain 2012 Samain 2012
Samain 2012

Mais de bcode

Concurso maquetas de contos
Concurso maquetas de contosConcurso maquetas de contos
Concurso maquetas de contosbcode

MAQUETAS DE CONTO
MAQUETAS DE CONTOMAQUETAS DE CONTO
MAQUETAS DE CONTObcode

Arturo y clementina
Arturo y clementinaArturo y clementina
Arturo y clementinabcode

Broche fieltro
Broche fieltroBroche fieltro
Broche fieltrobcode

O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º bbcode

O libriño de 3º c
O libriño de 3º cO libriño de 3º c
O libriño de 3º cbcode

O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º bbcode

O LIBRIÑO DE 3º A
O LIBRIÑO DE 3º AO LIBRIÑO DE 3º A
O LIBRIÑO DE 3º Abcode

A cebra camila
A cebra camilaA cebra camila
A cebra camilabcode

O galo quirico
O galo quiricoO galo quirico
O galo quiricobcode

A TORRE DE HÉRCULES
A TORRE DE HÉRCULESA TORRE DE HÉRCULES
A TORRE DE HÉRCULESbcode

A TORRE DE HÉRCULES.
A TORRE DE HÉRCULES.A TORRE DE HÉRCULES.
A TORRE DE HÉRCULES.bcode

A catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de CompostelaA catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostelabcode

O SOLDADIÑO DE CHUMBO
O SOLDADIÑO DE CHUMBOO SOLDADIÑO DE CHUMBO
O SOLDADIÑO DE CHUMBObcode

Pintamos os nosos corazóns
Pintamos os nosos corazónsPintamos os nosos corazóns
Pintamos os nosos corazónsbcode

Adiviñas
AdiviñasAdiviñas
Adiviñasbcode

Adiviñas
AdiviñasAdiviñas
Adiviñasbcode

PREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZ
PREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZPREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZ
PREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZbcode

Xogamos coa plasti
Xogamos coa plastiXogamos coa plasti
Xogamos coa plastibcode

Facemos pasta de papel
Facemos pasta de papelFacemos pasta de papel
Facemos pasta de papelbcode

Mais de bcode (20)

Concurso maquetas de contos
Concurso maquetas de contosConcurso maquetas de contos
Concurso maquetas de contos

MAQUETAS DE CONTO
MAQUETAS DE CONTOMAQUETAS DE CONTO
MAQUETAS DE CONTO

Arturo y clementina
Arturo y clementinaArturo y clementina
Arturo y clementina

Broche fieltro
Broche fieltroBroche fieltro
Broche fieltro

O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º b

O libriño de 3º c
O libriño de 3º cO libriño de 3º c
O libriño de 3º c

O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º b

O LIBRIÑO DE 3º A
O LIBRIÑO DE 3º AO LIBRIÑO DE 3º A
O LIBRIÑO DE 3º A

A cebra camila
A cebra camilaA cebra camila
A cebra camila

O galo quirico
O galo quiricoO galo quirico
O galo quirico

A TORRE DE HÉRCULES
A TORRE DE HÉRCULESA TORRE DE HÉRCULES
A TORRE DE HÉRCULES

A TORRE DE HÉRCULES.
A TORRE DE HÉRCULES.A TORRE DE HÉRCULES.
A TORRE DE HÉRCULES.

A catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de CompostelaA catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostela

O SOLDADIÑO DE CHUMBO
O SOLDADIÑO DE CHUMBOO SOLDADIÑO DE CHUMBO
O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Pintamos os nosos corazóns
Pintamos os nosos corazónsPintamos os nosos corazóns
Pintamos os nosos corazóns

Adiviñas
AdiviñasAdiviñas
Adiviñas

Adiviñas
AdiviñasAdiviñas
Adiviñas

PREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZ
PREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZPREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZ
PREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZ

Xogamos coa plasti
Xogamos coa plastiXogamos coa plasti
Xogamos coa plasti

Facemos pasta de papel
Facemos pasta de papelFacemos pasta de papel
Facemos pasta de papel

O entroido

• 1. -337185128905O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper todas as normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.
Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.
Outros protagonistas do Entroido son os quot; xeneraisquot; en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas que dende o pasado domingo Corredoiro ata o día 1 de marzo percorren Xinzo de Limia, os boteiros e quot; foliósquot; en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa tque se pechará un mércores de cinza coa queima do Momo e o Meco ou o enterro do Ravachol en Pontevedra.
Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas ou as filloas, son as comidas típicas destas festas.
LÉXICO BÁSICO DO ENTROIDO
Debido á enorme riqueza etnográfica e léxica de Galicia, as definicións que aquí se recollen teñen un carácter xenérico e poden presentar múltiples cambios ou variedades segundo os lugares.
1653540638175ANDROLLA: embutido típico do Entroido no interior de Galicia, que se fai coa tripa gorda do porco reenchida con costela, ósos e carne picada de porco, adobados con pemento, sal, allo e loureiro e curado ao fume.
4168139-220512BOTEIRO: personaxe do Entroido de Viana do Bolo que leva unha pesada máscara formada por unha carauta negra tallada en madeira cuns pequenos cornos, un gran sorriso e unha pantalla frontal colocada por riba da cabeza, feita con arame e cartón e adornada con figuras xeométricas, fitas e papeis de formas e cores variadas.Viste un pantalón vermello con flocos nos lados, camisa bordada e adornada con fitas de cores, faixa con picos e borlas, e un cinto con campaíñas. É a figura principal do folión. Tamén se dá en Vilariño de Conso, con algunhas diferenzas.
1977390589280BOTELO: embutido típico do Entroido, xeralmente na Galicia interior, elaborado con carne do porco non moi graxa, ósos da soá, rabo e algo de costela, todo adubado con pemento e sal, e embuchado no estómago do porco ou nas tripas grosas, que logo se cura ao fume e ao aire.
-13335319405
4234815651510CACHEIRA: cabeza de porco salgada e, frecuentemente, afumada. É un ingrediente habitual dos cocidos, sobre todo no Entroido. Tamén se lle chama cachola ou cachucha.
CARAUTA: obxecto con forma de cara, humana, animal ou fantástica, que se emprega para cubrir o rostro e non ser recoñecido. Tamén recibe os nomes de careta, caranta, carantoña ou máscara.
CHARRÚA: personaxe do Entroido de Allariz, que vai disfrazado de xeito estrafalario con roupa vella de moito colorido e carauta, que tradicionalmente ía pedindo viño e chourizos. Ten por misión enzoufar os zapatos da xente.
4168140276860CHICOTES: especie de xiringas feitas con canas de sabugueiro e un émbolo de estopa, que se empregaban para lanzar auga o domingo corredoiro.
205740777240CHOCALLO ou CHOCA: especie de campá de diferentes tamaños que levan os animais penduradas do pescozo, e que adoitan formar parte do vestiario dalgunhas máscaras do Entroido.
CHOQUEIRO ou CHOCALLEIRO: personaxe do Entroido propio do oriente da provincia de Ourense que, segundo os lugares, se denomina máis frecuentemente cigarrón ou peliqueiro.
41586151567180CICLO DO ENTROIDO: período de tempo en que se celebra o Entroido, xeralmente ao longo do mes de febreiro ou inicios de marzo, e con diferente duración segundo os lugares. Partindo do de Xinzo de Limia, que é o que se considera o máis longo, as súas datas fundamentais, aínda que non se celebran todas en todos os lugares, son, por orde cronolóxica: Domingo Fareleiro, Domingo Oleiro, Xoves de Compadres, Domingo Corredoiro, Xoves de Comadres, Domingo de Entroido, Luns de Entroido, Martes de Entroido, Mércores de Cinza e Domingo de Piñata, dos que o domingo, o luns e o martes de Entroido se consideran os días grandes.
40252652416175CIGARRÓN: personaxe do Entroido, tamén coñecido como peliqueiro, choqueiro ou chocalleiro, segundo os lugares, típico da zona de Verín e Laza. É en Verín onde se tende a designar como cigarrón, que golpea a xente cun látego ou cun pau rematado nunha vexiga, levántalles as saias ás rapazas e obriga a quen captura a convidalo a viño. É “intocable” por parte do público e mantén a súa identidade no anonimato. Viste camisa branca, gravata vermella, chaquetiña curta de seda con adornos dourados e panos de cores, faixa de seda sobre a que vai un cinto de coiro con cinco ou seis chocas de gran tamaño, calzón curto de seda con borlas de la de variadas cores, ligas, medias brancas de fantasía e zapatos baixos e negros. Leva unha carauta feita de madeira cunha especie de mitra de latón na que están pintados distintos animais.
DOMINGO CORREDOIRO: domingo anterior ao de Entroido en que se celebraba a corrida do galo, que consistía en pendurar a ave dunha corda tendida para que os mozos lle arrincasen a cabeza.
DOMINGO DE ENTROIDO: domingo anterior ao Martes de Entroido, no que se come en abundancia, especialmente carne de porco, para dar paso á Coresma.
3882390467995DOMINGO DE PIÑATA: celebración especialmente urbana, que ten lugar o primeiro domingo de Coresma, en que se tenta romper unha piñata cun pau e cos ollos tapados.
-1276351164590DOMINGO FARELEIRO: día en que principia o ciclo do Entroido. Recibe o nome de domingo fareleiro, borralleiro ou das trapalladas, segundo os lugares, e dependendo do material co que se saia á rúa para enzoufar a xente: fariña, borralla, chicotes, betume, ovos podres, lama, feluxe e mesmo formigas.
DOMINGO OLEIRO: segundo domingo en que se practica o xogo das olas, no que os participantes, colocados en círculo, se van pasando recipientes de barro cheos de viño, auga ou fariña. Quen os deixe caer debe pagar unha rolda de viño ou unha merenda.
ENCONTROS: batallas verbais entre dous quot; exércitosquot; dirixidos por cadanseu xeneral, que se celebran na comarca da Ulla, nos concellos de Teo, Vedra, Boqueixón, A Estrada e Vila de Cruces, e mesmo nalgunha parroquia de concellos limítrofes de Padrón e Silleda. Parecen ter a súa orixe nos enfrontamentos armados que se deron na zona contra as tropas napoleónicas ou nas guerras carlistas. Os dous quot; exércitosquot; establecen un quot; combatequot; de coplas e regueifas nas que se satirizan os acontecementos máis destacados da actualidade. O encontro remata con quot; vivasquot; a determinados persoeiros, público e veciños, aos que se lles pide unha quot; colaboraciónquot; económica. Tamén se denominan altos, saltos, atranques ou arranques.
3358515635ENTERRO DA SARDIÑA: acto que se celebra xeralmente o Mércores de Cinza, derradeiro día do Entroido. Constitúe unha parodia dun enterro católico, no que o quot; defuntoquot; Entroido está representado por unha sardiña salgada. A comitiva encabézaa un devoto que leva un estandarte de folla de bacallau (en alusión á Coresma vindeira), e tras a caixa vai un crego rezando un responso cun sentido burlesco. As quot; carpideirasquot; choran e laméntanse polas liberdades perdidas e polo tempo de penitencia que comeza.
41871901666875ENTROIDO ou CARNAVAL: festa que parece ter as súas orixes nas celebracións dionisíacas gregas, que logo pasaron a Roma coas bacanais, saturnais e lupercais. Posteriormente foron asimiladas polo cristianismo e pola Igrexa católica relacionouno coa chegada da Coresma. Así, Entroido significaría a ‘entrada’ a este período de abstinencia, co que implicaría unha despedida da “carne”, e que abarcaría os tres días anteriores ao Mércores de Cinza, porta da vixilia, de onde toma o nome de carnaval, ‘quitar a carne’. Sería, pois, un tempo de licenza, transgresión e liberdade plena, no que se permitirían facer cousas prohibidas o resto do ano, criticando e ridiculizando feitos da vida cotiá. De xeito popular nalgúns lugares tamén se denomina Antroido
FELO: personaxe típico do Entroido de Allariz, Castro Caldelas e Celanova, que adoita ir en grupo ataviado cunha casaca negra con fitas de moitas cores, sobre a que vai cruzado un pano, pantalóns bombachos con franxa na liña da perna e polainas. A cabeza vai cuberta cun chapeu de ala, adornado de fitas e pequenos espellos.
FILLOAS ou FREIXÓNS: doce típico do Entroido que se fai con ovos, leite ou auga, fariña e sal ou azucre, segundo as zonas. Nalgúns lugares tamén se lles engade sangue de porco. Este amoado frítese nunha filloeira ou nunha tixola untada con touciño, formando unha capa moi fina. Cómense acompañadas de mel, azucre ou outros ingredientes. Unha variedade son as filloas da pedra, preparadas sobre unha laxe de pedra, que polo xeral son salgadas e en lugar de leite levan un caldo de carne ou auga.
4330065-3175FOLIÓN: grupo de veciños que percorre a aldea facendo un estrondoso balbordo coa axuda de instrumentos rudimentarios de percusión, como aixadas e bombos.
IRRIOS: personaxe característico do Entroido de Castro Caldelas, ataviado con máscara de madeira e frac con grandes botóns e unha pelica, coa que persegue e golpea o público.
LACÓN: pata dianteira do porco, salgada e posta a curar. O lacón con grelos é un dos pratos tradicionais do Entroido, xunto co cocido e toda a variedade de produtos que proveñen do porco: chourizos, cacheiras, androllas, botelos, etc.
3758565-118745MADAMAS e GALÁNS: personaxes típicos do Entroido, especialmente de Cangas e Vilaboa. Representan mulleres e homes extremadamente adobiados e sofisticados, con traxes cunha base branca adornados con colares e fitas de cores, e un sombreiro ou toucado moi rechamante con flores, plumas e abelorios. En Cotobade danse uns personaxes similares denominados madamas e madamitos.
MARTES DE ENTROIDO: día grande do Entroido, xunto co domingo e luns anteriores, nos que se fan as grandes esmorgas e enchentes, os desfiles e saídas de máscaras e os bailes de disfraces.
3806190678179MÁSCARA: xenericamente, denomínase así o obxecto feito con diferentes materiais que representa unha cara humana, animal ou fantástica, que serve para ocultar o rostro. De forma específica, tamén se emprega para designar os personaxes do Entroido.
MECO: boneco que se queima o Mércores de Cinza nalgúns lugares de Galicia para pechar o Entroido.
3949065226060MÉRCORES DE CINZA: primeiro día de Coresma no calendario católico, corenta e seis días antes da Pascua.
MORENA: vaca carnavalesca do Entroido de Laza, que ten unha cabeza de madeira con cornos e que vai cuberta cunha pel de carneiro negro.
243840502920ORELLAS: doce tradicional do Entroido que se elabora cunha masa de fariña, ovos, azucre, manteiga, anís e limón e á que se lle dá forma de orella tras fritila en aceite.
OSO DE SALCEDO: personaxe do Entroido propio da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. O disfrace está feito con peles de animais buscando a semellanza cun oso, que vai asustando a xente na compaña duns quot; criadosquot; .
PANTALLA: personaxe típico do Entroido de Xinzo de Limia, que leva máscara, capa de distintas cores, aínda que normalmente é vermella, camisa branca de felpa, polainas negras, calzón branco, faixa vermella e cinto de coiro do que penduran axóuxeres e campaíñas, que poden chegar a cincuenta e seis. A pantalla, que é propiamente o nome da máscara, está feita de cartón, papel de periódico, feltro, fariña e auga. Realízase nunha soa peza que inclúe a carauta e o gorro ou cucurucho, que presenta unha estrutura ríxida que se dobra de atrás cara a diante que remata na fronte e está adornado con motivos astrais e animais fabulosos. Ten cara de diaño con cornos e rostro burlón, cuns flocos que lle fan de barba.
7232653272155PELIQUEIRO: personaxe do Entroido, tamén coñecido como cigarrón, choqueiro ou chocalleiro, segundo os lugares. É unha máscara típica de Laza, aínda que tamén se dá en Castro Caldelas. Os seus traxes teñen certas diferenzas segundo os lugares. Leva unha especie de látego feito cun pau e unha pel atada no extremo. A máscara está feita de madeira cunha barba curta de pel negra. A carauta remata cunha especie de mitra de chapa en forma de semicircunferencia pintada con representacións de follas, flores, animais e formas xeométricas. A parte posterior desta mitra é de pel dun animal, e cae pola parte traseira cubrindo a cabeza e parte das costas do peliqueiro e leva dous rabos no seu remate. O resto do traxe está formado por unha camisa branca, gravata rechamante e chaquetiña curta adornada con galóns e xarreteiras douradas, faixa de seda sobre a que vai un cinto de coiro do que penduran seis grandes chocas colocadas na parte traseira e que se fan soar ao moverse. Leva tamén un calzón curto de cores, con seis bandas de flocos arredor, alternando unha banda verde cunha vermella. O pantalón suxéitase con tirantes rechamantes. Leva medias de seda, ligas de veludo e zapatos negros con punta. Camiña a saltos para facer soar as chocas. Son “intocables” para a xente e non poden ser chamados polo seu nome real e, de seren descubertos, poden arremeter e atacar co pau. Non poden sacar a carauta nin deixar de saltar, pois se o fan poden ser collidos e levados á forza á taberna para pagar unha rolda de viños.
3672840-2540
PIÑATA: recipiente de barro cheo de doces e lambetadas que se pendura alto mentres a xente, normalmente os rapaces, tenta rompelo cun pau e os ollos vendados.
XENERAL: personaxe do Entroido da comarca da Ulla que vai dacabalo e viste un uniforme militar que lembra os da época napoleónica, con sombreiro e casaca coloridos adornados con medallas e fitas de cores. Van en grupo dirixindo un “exército” e establecen quot; combates verbaisquot; , chamados encontros.