2. 2
INDICE
1. O Plan de Banda Larga de Galicia
2. Axudas para a contratación de banda larga vía satélite
3. PLAN BANDA LARGA DE GALICIA
Antes do Plan …
… o 71,8% dos galegos dispoñía de cobertura de banda larga de calidade.
3
A fin de reverter esta situación, a Xunta de Galicia aprobou en febreiro de 2010 o Plan
Banda Larga que ten como obxectivo posibilitar a banda larga de calidade a todos os
galegos.
Para acadar estes obxectivos definíronse 6 actuacións de despregamento de redes de
telecomunicacións que xa están postas en marcha a día de hoxe.
Grazas a estas actuacións actualmente:
Superouse o 97% de poboación con cobertura de banda larga.
Máis do 91% dos concellos de Galicia xa superan o 90% da poboación cuberta.
A metade dos galegos teñen acceso ás redes de nova xeración de ata 200 megas.
4. PLAN BANDA LARGA DE GALICIA
A finais do Plan – Banda Larga
Unha vez rematado o Plan Banda Larga de Galicia...
Para garantir o acceso á banda larga ao 2% restante a
través de tecnoloxía satélite:
Creouse un programa de axudas a cidadáns e pemes
para o período 2012-2014 a través dun convenio
entre a AMTEGA e AGADER.
A día de hoxe beneficiáronse destas axudas preto de
2.000 usuarios
Actualmente atópase aberta a terceira convocatoria
de 2014.
Axudas a contratación de banda larga vía
satélite
Todos os galegos disporán de cobertura de banda larga:
O 98% terá cobertura de redes fixas ou sen fíos
O 2% restante poderá acceder mediante satélite.
98% 2%
4
Evolución da cobertura redes de banda larga (fixas e sen fíos)
Concellos con redes de 200Mbps
5. 5
1. O Plan de Banda Larga de Galicia
2. Axudas para a contratación de banda larga vía satélite
INDICE
6. PLAN BANDA LARGA DE GALICIA
Axudas para a contratación de banda larga vía satélite
Son axudas económicas de ata 150 euros para a contratación de novas
conexións a internet de banda larga vía satélite.
Estas axudas permiten reducir os custos iniciais dunha contratación deste tipo. Para iso a axuda
sufraga con ata 150 euros, que se descontan directamente na primeira factura, os custes de
instalación do sistema e o router wifi.
Así mesmo, a cota do primeiro mes será gratuíta para o beneficiario.
A axuda non abarca os custos de equipamento (parábola, módem satélite), se ben as empresas
colaboradoras ofertan dito equipamento en aluguer evitándose así que os cidadáns deban
adquirilo.
Para obter a subvención é preciso que a contratación se realice a través dunha entidade
colaboradora seleccionada por Agader.
En que consisten
6
7. PLAN BANDA LARGA DE GALICIA
Axudas para a contratación de banda larga vía satélite
Persoas físicas e Pemes.
Deben residir en Galicia (excepto os perímetros urbanos de A Coruña, Ferrol, Lugo,
Ourense, Vigo, Pontevedra e Santiago).
Non ter cobertura de internet de banda larga de, polo menos, 2 Mbps en sentido
rede - usuario mediante outra tecnoloxía no seu lugar de residencia (non se
inclúen segundas vivendas).
A axuda implica unha permanencia de 12 meses no servizo.
Quen pode solicitar estas axudas
7
Prazos O prazo de solicitude está aberto ata o 30 de agosto de 2014.
8. PLAN BANDA LARGA DE GALICIA
Axudas para a contratación de banda larga vía satélite
Velocidade mínima de 2 Mbps en sentido rede - usuario (descarga).
Garante 2GB mensuais de descarga á máxima velocidade, podendo reducirse a velocidade
unha vez superada esta cantidade.
Dispoñibilidade do servizo maior do 90% do tempo en intervalos mensuais.
A velocidade real deberá ser, cando menos, o 20% da máxima durante o 80% do tempo.
Resolución de incidencias en 24 horas no 95% dos casos.
Reparación ou substitución de equipos nun máximo de cinco días laborables.
Servizo mínimo incluído nas axudas
8
En xeral, os servizos que ofrecen as empresas colaboradoras teñen:
Velocidade: descarga ata 22Mbps e subida ata 6Mbps
Volume de descarga mensual á máxima velocidade: a partir de 10 GB
9. PLAN BANDA LARGA DE GALICIA
Axudas para a contratación de banda larga vía satélite
As entidades colaboradoras privadas que poden tramitar as axudas son as seguintes:
Duo Telecom
Web : www.duoteleco.es
Telf: 900 373 514
Eurona
Web: www.eurona.es e http://www.eurona.net/Galicia/
Telf: 900 84 84 04
Intermax
Web : www.redintermax.com
Telf: 900 866 972
Quantis
Web : http://www.quantis.es e http://www.bandalarga.es/
Telf: 900 102 50
Terrachá Technology
Web: www.terrachatechnology.es
Telf: 800 00 77 03
Entidades colaboradoras
9
10. PLAN BANDA LARGA DE GALICIA
Axudas para a contratación de banda larga vía satélite
Disponse de información pública actualizada a través das seguintes canles:
AGADER
Web : http://agader.xunta.es/Axudas_Agader.do
Telf: 981 54 73 82
Oficina de Banda Larga da Xunta de Galicia
email : oficina.bandalarga@xunta.es
Telf: 981 95 78 68
Máis información
10