SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 14
Baixar para ler offline
Había unha vez unha pescada chamada Aida que vivía nun océano moi grande, moi
grande, que se chama Océano Atlántico. Á pescada Aida gustáballe moito vivir
nas profundidades do mar, e pasaba o día alí, paseando e canturreando coa súa
familia e as súas amigas ata ven entrada a tardiña, que daquela subía á superficie
do mar a pescar outros peixes máis pequenos para poder cear a gusto.
Nunha desas viaxes entretívose e perdeuse!!!! A súa nai sempre   O polbo Venancio era un ser estraño que tiña un montón de brazos que
lle dicía que tiña que ir atenta e facerlle caso aos maiores,    movía coma se estivera bailando, contou ata oito brazos!!. Aida a pescada
pero Aida, aquela tarde, atopou o ser máis raro que vira en      quedou mirando para el fixamente, e Venancio colleu medo e encheu toda a
toda a súa vida no mar, o polbo Venancio.                        auga limpa do mar coa súa tinta. Foi aí cando Aida se perdeu.
Cando a auga se volveu limpiña de novo, Aida deuse conta que non había por
alí ninguén, as súas curmás, as pescadas, xa marcharan e ela non sabía volver
para a súa casa, entón, decidiu que volvería ela soa, pero equivocouse de camiño
e outra vez se atopou con Venancio, quen non lle tivo medo porque a viu moi
triste e preocupada. Entón achegouse a ela para consolala.




                                                                                   - E logo ti, de quen ves sendo? -dixo Venancio. - Eu chámome Aida,
                                                                                   e son unha pescada -dixo ela, un pouco triste. - E ti quen es? Nunca
                                                                                   na miña vida vira un peixe tan raro coma ti -preguntou Aida. - Eu
                                                                                   sonche un polbo, non son un peixe!! -respondeu Venancio un pouco
                                                                                   enfadado.
Venancio convidou a Aida a durmir na súa cova porque xa era de noite, e ofreceulle unha nécora para cear, pero Aida non   Comezou ensinándolle a súa cova: - pero como? E logo ti non vives libre no mar coma min? -preguntou Aida. - Noooon!
sabía que era aquilo. Cantas cousas novas estaba a coñecer!!. Venancio deuse conta de que Aida só coñecía á súa familia   Eu vivo nunha cova, e paso o día alí agochado, só saio para buscar comida -repondeu Venancio. - E que é o que comes?
e a súa casa e decidiu ensinarlle un mundo novo.                                                                          Non comes pescadiños pequenos coma min? -dixo Aida. - Non, a min o que máis me gusta son as nécoras, acórdaste?
                                                                                                                          -dixo Venancio.
Aida e Venancio saíron de paseo polo mar, e Venancio íalle   Aida asustouse e recuou. - Tranquila, Aida -dixo Venancio- é a miña amiga Aurelia -.
contando cousas das rochas, das ondas, e dun montón de       - E porque levanta os brazos desa maneira? -preguntou Aida. - Porque as estrelas de
animais que ían aparecendo. Nun destes paseos, atopáronse    mar teñen os ollos nas puntiñas dos seus brazos, é a maneira que ten Aurelia de mirarte
con Aurelia, unha estrela de mar. Aida púxose a dar voltas   -explicou Venancio. - As estrelas viven nas rochas, e andan por elas moi amodiño con
darredor de Aurelia, e esta comezou a levantar as puntiñas   un feixe de pés moi, moi pequeniños e gústalles moito comer mexillóns, é o seu prato
dos seus cinco brazos para ver quen era ese peixe curioso    preferido -seguiu Venancio.
que andaba a mirar para ela.
Aurelia presentouse e convidou a Aida a quedar un anaquiño por aquelas      - Non te preocupes Aida, - dixo
rochas e díxolle que lle ía presentar a uns amigos. Cando ían paseando      Aurelia, é o meu curmán Bruno, un
paseniño rocha arriba, atoparon a Bruno, un ourizo de mar. Unha vez máis,   ourizo de mar, e os pinchos utilízaos
Aida quedou sorprendida e dixo: - Coidado!! Ten un montón de pinchos e      cando se ten que defender dos
pódenos facer dano!!!.                                                      outros animais -. - Ai si!! E se
                                                                            pensa que o queremos comer? Ao
                                                                            mellor quere defenderse e cómenos
                                                                            el a nós!!! - exclamou Aida. - Non
                                                                            te preocupes, - dixo Bruno - a min
                                                                            non me gusta comer peixes, eu son
                                                                            vexetariano, só como algas. Todos
                                                                            comezaron a rir, e Aida perdeu o
                                                                            medo e achegouse a Bruno para velo
                                                                            mellor.
Cando estaban todos de conversa pasou por alí cerca Antón, o melgacho.    Pero Antón, que era un peixe moi bo, achegouse a Aida e díxolle: -
E Aida advertiu aos seus amigos de que se agocharan porque ela sabía      Porque me botas fóra?? eu non vos vou facer dano - . - Como que
que Antón era un tiburón. A Venancio, o polbo, gustáballe moito cambiar   non? Ti es un tiburón -dixo Aida . - Si, eu son un tiburón, pero moi
de forma e de cor, e disfrazouse de rocha, para tapar a Aurelia e a       pequeniño, e só como peixes pequenos, o mesmo ca ti -respondeu Antón.
Bruno, que se movían moi amodiño, e mentres tanto, Aida intentou botar    - Daquela non nos vas facer dano? Non nos queres comer? -preguntou
fóra a Antón, alardeando da súa valentía.                                 curiosa Aida. - Nooon!! Xa che estou dicindo que eu como o mesmo ca
                                                                          ti. Chámome Antón, e son un melgacho -aclarou Antón.
Aida chamou aos seus amigos e presentoulles a Antón, que lles contou      Entón, Venancio falou con Antón e decidiron axudarlle a Aida
que el tamén era un peixe coma Aida, pero que en lugar de espiñas tiña    a buscar o seu fogar. Aida despediuse de Aurelia e de Bruno,
un osiños moi brandiños que se chaman cartílagos, que é o que teñen os    porque como viven nas rochas e andan moi amodiño, non podían
nenos nas orellas, e que vivía moi preto da area. Cando Antón comezou a   ir con eles, e emprendeu a viaxe de volta á súa casa.
falar da súa vida, Aida de repente púxose triste, tiña morriña, botaba
en falta aos seus pais e aos seus amigos.
Cando xa levaban un anaco nadando e chamando aos parentes de Aida, viron
que se escurecía o mar. Venancio e Antón colleron un pouquiño de medo, pero
sen embargo, Aida púxose moi contenta e comenzou a dar viravoltas na auga.
- Que fas? Ti non ves que aí ao lonxe ven algo moi grande? -dixo Venancio.
- Non é algo moi grande, son moitos peixes xuntos que forman un banco para
protexerse e buscar comida, é a miña familia, SON AS PESCADAS!!!! -
berrou Aida moi leda.




                                                                              - Moitas grazas por todo, rapaces, -dixo Aida- aprendín un montón de
                                                                              cousas convosco, e coñecín outras maneiras de vivir no mar. Nunca vos
                                                                              vou esquecer!! -E dicindo iso, deu media volta e nadou todo o rápido que
                                                                              puido ata unirse outra vez coa súa familia: o banco de pescadas. E colorín
                                                                              colorado, este conto está rematado!!!
AIDA                                                                             AURELIA
                               Especie: Pescada                                                         Especie: estrela de Mar (equinodermo)
                               Forma: é un peixe mariño de corpo longo,                                 Forma: forma de estrela , ten cinco tentáculos en
                               delgado e cabeza ancha.                                                  torno a un núcleo onde contén a boca, os ollos están
                               Talla mínima: 20cm                                                       nas extremidades de cada tentáculo. Algunhas especies
                               Cor: ten as costas de cor gris, cun toque                                teñen máis brazos que cinco.
                               pardo e azulado. Os laterais presentan unha                              Hábitat: fondo mariño, arrecifes, pedras
                               cor prateada clara que se volve branca no                                Alimentación: aliméntanse de moitos tipos de animais,
                               ventre.                                                                  como as esponxas, anemones, pólipos de corais, outros
Lonxitude e peso: pode medir 1,8m e pesar 11 kilos. As pescadas máis                                    quinodermos, caracois, incluso peixes pequenos.
pequenas teñen unha talla media de 20-30cm.                                      Curiosidades: desprázanse grazas as ventosas que teñen nos seus brazos.
Alimentación: aliméntanse de crustáceos e de peixes pequenos.                    Non hai animais que as coman, son duras de sabor desagradable. Os peixes
Curiosidades: segundo o seu tamaño e peso, a pescada recibe diferentes           que se alimentan de estrelas de mar posúen fortes dentaduras en viven
nomes, aínda que o seu peso tamén varía en función das zonas nas que vive.       nas zonas fronterizas entre as rochas e a area. Son de gran importancia
As pescádellas son as menores de 2 kilos.                                        ecolóxica pola cantidade de bichos que comen.


VENANCIO                                                                         ANTÓN
                         Especie: polbo                                                                    Especie: melgacho (peixe cartilaxinoso - tiburón)
                         Forma: o molusco ten 8 tentáculos longos do mesmo                                 Forma: acostuma a ser marrón con manchas
                         tamaño                                                                            escuras, e ten a forma similar a de un violín.
                         Talla: 50cm ata 1m                                                                Lonxitude: máximo 1m
                         Peso: ata 10kg                                                                    Hábitat: océano Atlántico. Vive en fondos de área,
                         Hábitat: fendas e covas en fondos rochosos.                                       lodo e cascallo a 400m de profundidade.
                         Alimentación: crustáceos, bivalvos e peixes pequenos                              Alimentación: moluscos e crustáceos.
                         Curiosidades: o polbo cambia de cor rapidamente                                   Curiosidades: durante o día póusanse sobre
                         para confundirse co fondo ou cando o molestan.                                    o fondo, agardando a que chegue a noite
                         Para evadir aos seus inimigos tira un chorro de tinta                             para comezar a súa actividade depredadora,
                         e fuxe expulsando un chorro de auga polo sifón.         capturando moluscos e crustáceos. Si se lles molesta durante o descanso,
                                                                                 enróscanse e forman un novelo sobre o fondo.

BRUNO
                         Especie: ourizo (equinoderno)
                         Forma: teñen aspecto máis ou menos esférico e
                         están recubertos de espiñas. Non teñen brazos.
                         Hábitat: fondos areosos, e rochas.
                         Alimentación: aliméntanse principalmente de algas
                         que obteñen rapando coa boca na superficie
                         das rochas. Os ourizos irregulares que viven
                         soterrados aliméntanse de sedimento.
                         Curiosidades: conteñen espiñas velenosas, que son
                         as máis pequenas e poden producir lesións graves.
Aida coñece o mar
Aida coñece o mar

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Aida coñece o mar

Semelhante a Aida coñece o mar (6)

Cuento adela ainoa
Cuento adela ainoaCuento adela ainoa
Cuento adela ainoa
 
Primeira aventura 2014
Primeira aventura 2014Primeira aventura 2014
Primeira aventura 2014
 
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing booksSwimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
 
Manatís relato
Manatís relatoManatís relato
Manatís relato
 
Relato de un manatí
Relato de un manatíRelato de un manatí
Relato de un manatí
 
Nadarín. Día da paz 2014
Nadarín. Día da paz 2014Nadarín. Día da paz 2014
Nadarín. Día da paz 2014
 

Mais de ASOAR-ARMEGA

Plan experimental do polbo 2014 2015
Plan experimental do polbo 2014 2015Plan experimental do polbo 2014 2015
Plan experimental do polbo 2014 2015ASOAR-ARMEGA
 
Agenda congreso def
Agenda congreso defAgenda congreso def
Agenda congreso defASOAR-ARMEGA
 
Analisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 def
Analisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 defAnalisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 def
Analisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 defASOAR-ARMEGA
 
Plan xestion polbo maio 2013
Plan xestion polbo maio 2013Plan xestion polbo maio 2013
Plan xestion polbo maio 2013ASOAR-ARMEGA
 
Plan xestion centola maio 2013
Plan xestion centola maio 2013Plan xestion centola maio 2013
Plan xestion centola maio 2013ASOAR-ARMEGA
 
Plan de emprego asoar 2012 castellano
Plan de emprego asoar 2012  castellanoPlan de emprego asoar 2012  castellano
Plan de emprego asoar 2012 castellanoASOAR-ARMEGA
 
MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...
MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...
MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...ASOAR-ARMEGA
 
GESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORA
GESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORAGESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORA
GESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORAASOAR-ARMEGA
 
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artes
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artesDecreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artes
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artesASOAR-ARMEGA
 
Plan vixía (issga)
Plan vixía (issga)Plan vixía (issga)
Plan vixía (issga)ASOAR-ARMEGA
 
Os ep is e a súa correcta utilización (issga)
Os ep is e a súa correcta utilización (issga)Os ep is e a súa correcta utilización (issga)
Os ep is e a súa correcta utilización (issga)ASOAR-ARMEGA
 
Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)
Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)
Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)ASOAR-ARMEGA
 
Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)
Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)
Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)ASOAR-ARMEGA
 
Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)
Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)
Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)ASOAR-ARMEGA
 
Ntp 623 acuicultura (insht)
Ntp 623 acuicultura (insht)Ntp 623 acuicultura (insht)
Ntp 623 acuicultura (insht)ASOAR-ARMEGA
 
Guía práctica de la pesca y la prevención en el trabajo
Guía práctica de la pesca y la prevención en el trabajoGuía práctica de la pesca y la prevención en el trabajo
Guía práctica de la pesca y la prevención en el trabajoASOAR-ARMEGA
 
Guía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. insht
Guía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. inshtGuía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. insht
Guía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. inshtASOAR-ARMEGA
 
Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)
Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)
Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)ASOAR-ARMEGA
 
Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...
Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...
Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...ASOAR-ARMEGA
 

Mais de ASOAR-ARMEGA (20)

Plan experimental do polbo 2014 2015
Plan experimental do polbo 2014 2015Plan experimental do polbo 2014 2015
Plan experimental do polbo 2014 2015
 
Agenda congreso def
Agenda congreso defAgenda congreso def
Agenda congreso def
 
Analisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 def
Analisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 defAnalisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 def
Analisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 def
 
Plan xestion polbo maio 2013
Plan xestion polbo maio 2013Plan xestion polbo maio 2013
Plan xestion polbo maio 2013
 
Plan xestion centola maio 2013
Plan xestion centola maio 2013Plan xestion centola maio 2013
Plan xestion centola maio 2013
 
Plan de emprego asoar 2012 castellano
Plan de emprego asoar 2012  castellanoPlan de emprego asoar 2012  castellano
Plan de emprego asoar 2012 castellano
 
Un día de mar
Un día de marUn día de mar
Un día de mar
 
MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...
MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...
MANUAL PARA A AVALIACION E PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NA PESCA CON ARTES M...
 
GESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORA
GESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORAGESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORA
GESTION DE RESIDUOS A BORDO DE BUQUES DE PEQUEÑA ESLORA
 
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artes
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artesDecreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artes
Decreto 15 2011 de 28 de xaneiro de artes
 
Plan vixía (issga)
Plan vixía (issga)Plan vixía (issga)
Plan vixía (issga)
 
Os ep is e a súa correcta utilización (issga)
Os ep is e a súa correcta utilización (issga)Os ep is e a súa correcta utilización (issga)
Os ep is e a súa correcta utilización (issga)
 
Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)
Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)
Ntp 625 riscos biolóxicos na pesca (insht)
 
Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)
Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)
Ntp 624 riscos laborais na pesca de baixura (insht)
 
Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)
Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)
Guía técnica ev. y prev. a bordo de buques rd 1216 1997 (insht)
 
Ntp 623 acuicultura (insht)
Ntp 623 acuicultura (insht)Ntp 623 acuicultura (insht)
Ntp 623 acuicultura (insht)
 
Guía práctica de la pesca y la prevención en el trabajo
Guía práctica de la pesca y la prevención en el trabajoGuía práctica de la pesca y la prevención en el trabajo
Guía práctica de la pesca y la prevención en el trabajo
 
Guía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. insht
Guía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. inshtGuía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. insht
Guía orientativa para la elección y utilización de chalecos salvavidas. insht
 
Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)
Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)
Enfermedades relacionadas con el trabajo en el sector pesquero (arvi)
 
Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...
Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...
Adecuación de los equipos de trabajo a bordo rd 1215 1997 litoral y bajura (a...
 

Último

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

Aida coñece o mar

  • 1.
  • 2. Había unha vez unha pescada chamada Aida que vivía nun océano moi grande, moi grande, que se chama Océano Atlántico. Á pescada Aida gustáballe moito vivir nas profundidades do mar, e pasaba o día alí, paseando e canturreando coa súa familia e as súas amigas ata ven entrada a tardiña, que daquela subía á superficie do mar a pescar outros peixes máis pequenos para poder cear a gusto.
  • 3. Nunha desas viaxes entretívose e perdeuse!!!! A súa nai sempre O polbo Venancio era un ser estraño que tiña un montón de brazos que lle dicía que tiña que ir atenta e facerlle caso aos maiores, movía coma se estivera bailando, contou ata oito brazos!!. Aida a pescada pero Aida, aquela tarde, atopou o ser máis raro que vira en quedou mirando para el fixamente, e Venancio colleu medo e encheu toda a toda a súa vida no mar, o polbo Venancio. auga limpa do mar coa súa tinta. Foi aí cando Aida se perdeu.
  • 4. Cando a auga se volveu limpiña de novo, Aida deuse conta que non había por alí ninguén, as súas curmás, as pescadas, xa marcharan e ela non sabía volver para a súa casa, entón, decidiu que volvería ela soa, pero equivocouse de camiño e outra vez se atopou con Venancio, quen non lle tivo medo porque a viu moi triste e preocupada. Entón achegouse a ela para consolala. - E logo ti, de quen ves sendo? -dixo Venancio. - Eu chámome Aida, e son unha pescada -dixo ela, un pouco triste. - E ti quen es? Nunca na miña vida vira un peixe tan raro coma ti -preguntou Aida. - Eu sonche un polbo, non son un peixe!! -respondeu Venancio un pouco enfadado.
  • 5. Venancio convidou a Aida a durmir na súa cova porque xa era de noite, e ofreceulle unha nécora para cear, pero Aida non Comezou ensinándolle a súa cova: - pero como? E logo ti non vives libre no mar coma min? -preguntou Aida. - Noooon! sabía que era aquilo. Cantas cousas novas estaba a coñecer!!. Venancio deuse conta de que Aida só coñecía á súa familia Eu vivo nunha cova, e paso o día alí agochado, só saio para buscar comida -repondeu Venancio. - E que é o que comes? e a súa casa e decidiu ensinarlle un mundo novo. Non comes pescadiños pequenos coma min? -dixo Aida. - Non, a min o que máis me gusta son as nécoras, acórdaste? -dixo Venancio.
  • 6. Aida e Venancio saíron de paseo polo mar, e Venancio íalle Aida asustouse e recuou. - Tranquila, Aida -dixo Venancio- é a miña amiga Aurelia -. contando cousas das rochas, das ondas, e dun montón de - E porque levanta os brazos desa maneira? -preguntou Aida. - Porque as estrelas de animais que ían aparecendo. Nun destes paseos, atopáronse mar teñen os ollos nas puntiñas dos seus brazos, é a maneira que ten Aurelia de mirarte con Aurelia, unha estrela de mar. Aida púxose a dar voltas -explicou Venancio. - As estrelas viven nas rochas, e andan por elas moi amodiño con darredor de Aurelia, e esta comezou a levantar as puntiñas un feixe de pés moi, moi pequeniños e gústalles moito comer mexillóns, é o seu prato dos seus cinco brazos para ver quen era ese peixe curioso preferido -seguiu Venancio. que andaba a mirar para ela.
  • 7. Aurelia presentouse e convidou a Aida a quedar un anaquiño por aquelas - Non te preocupes Aida, - dixo rochas e díxolle que lle ía presentar a uns amigos. Cando ían paseando Aurelia, é o meu curmán Bruno, un paseniño rocha arriba, atoparon a Bruno, un ourizo de mar. Unha vez máis, ourizo de mar, e os pinchos utilízaos Aida quedou sorprendida e dixo: - Coidado!! Ten un montón de pinchos e cando se ten que defender dos pódenos facer dano!!!. outros animais -. - Ai si!! E se pensa que o queremos comer? Ao mellor quere defenderse e cómenos el a nós!!! - exclamou Aida. - Non te preocupes, - dixo Bruno - a min non me gusta comer peixes, eu son vexetariano, só como algas. Todos comezaron a rir, e Aida perdeu o medo e achegouse a Bruno para velo mellor.
  • 8. Cando estaban todos de conversa pasou por alí cerca Antón, o melgacho. Pero Antón, que era un peixe moi bo, achegouse a Aida e díxolle: - E Aida advertiu aos seus amigos de que se agocharan porque ela sabía Porque me botas fóra?? eu non vos vou facer dano - . - Como que que Antón era un tiburón. A Venancio, o polbo, gustáballe moito cambiar non? Ti es un tiburón -dixo Aida . - Si, eu son un tiburón, pero moi de forma e de cor, e disfrazouse de rocha, para tapar a Aurelia e a pequeniño, e só como peixes pequenos, o mesmo ca ti -respondeu Antón. Bruno, que se movían moi amodiño, e mentres tanto, Aida intentou botar - Daquela non nos vas facer dano? Non nos queres comer? -preguntou fóra a Antón, alardeando da súa valentía. curiosa Aida. - Nooon!! Xa che estou dicindo que eu como o mesmo ca ti. Chámome Antón, e son un melgacho -aclarou Antón.
  • 9. Aida chamou aos seus amigos e presentoulles a Antón, que lles contou Entón, Venancio falou con Antón e decidiron axudarlle a Aida que el tamén era un peixe coma Aida, pero que en lugar de espiñas tiña a buscar o seu fogar. Aida despediuse de Aurelia e de Bruno, un osiños moi brandiños que se chaman cartílagos, que é o que teñen os porque como viven nas rochas e andan moi amodiño, non podían nenos nas orellas, e que vivía moi preto da area. Cando Antón comezou a ir con eles, e emprendeu a viaxe de volta á súa casa. falar da súa vida, Aida de repente púxose triste, tiña morriña, botaba en falta aos seus pais e aos seus amigos.
  • 10. Cando xa levaban un anaco nadando e chamando aos parentes de Aida, viron que se escurecía o mar. Venancio e Antón colleron un pouquiño de medo, pero sen embargo, Aida púxose moi contenta e comenzou a dar viravoltas na auga. - Que fas? Ti non ves que aí ao lonxe ven algo moi grande? -dixo Venancio. - Non é algo moi grande, son moitos peixes xuntos que forman un banco para protexerse e buscar comida, é a miña familia, SON AS PESCADAS!!!! - berrou Aida moi leda. - Moitas grazas por todo, rapaces, -dixo Aida- aprendín un montón de cousas convosco, e coñecín outras maneiras de vivir no mar. Nunca vos vou esquecer!! -E dicindo iso, deu media volta e nadou todo o rápido que puido ata unirse outra vez coa súa familia: o banco de pescadas. E colorín colorado, este conto está rematado!!!
  • 11.
  • 12. AIDA AURELIA Especie: Pescada Especie: estrela de Mar (equinodermo) Forma: é un peixe mariño de corpo longo, Forma: forma de estrela , ten cinco tentáculos en delgado e cabeza ancha. torno a un núcleo onde contén a boca, os ollos están Talla mínima: 20cm nas extremidades de cada tentáculo. Algunhas especies Cor: ten as costas de cor gris, cun toque teñen máis brazos que cinco. pardo e azulado. Os laterais presentan unha Hábitat: fondo mariño, arrecifes, pedras cor prateada clara que se volve branca no Alimentación: aliméntanse de moitos tipos de animais, ventre. como as esponxas, anemones, pólipos de corais, outros Lonxitude e peso: pode medir 1,8m e pesar 11 kilos. As pescadas máis quinodermos, caracois, incluso peixes pequenos. pequenas teñen unha talla media de 20-30cm. Curiosidades: desprázanse grazas as ventosas que teñen nos seus brazos. Alimentación: aliméntanse de crustáceos e de peixes pequenos. Non hai animais que as coman, son duras de sabor desagradable. Os peixes Curiosidades: segundo o seu tamaño e peso, a pescada recibe diferentes que se alimentan de estrelas de mar posúen fortes dentaduras en viven nomes, aínda que o seu peso tamén varía en función das zonas nas que vive. nas zonas fronterizas entre as rochas e a area. Son de gran importancia As pescádellas son as menores de 2 kilos. ecolóxica pola cantidade de bichos que comen. VENANCIO ANTÓN Especie: polbo Especie: melgacho (peixe cartilaxinoso - tiburón) Forma: o molusco ten 8 tentáculos longos do mesmo Forma: acostuma a ser marrón con manchas tamaño escuras, e ten a forma similar a de un violín. Talla: 50cm ata 1m Lonxitude: máximo 1m Peso: ata 10kg Hábitat: océano Atlántico. Vive en fondos de área, Hábitat: fendas e covas en fondos rochosos. lodo e cascallo a 400m de profundidade. Alimentación: crustáceos, bivalvos e peixes pequenos Alimentación: moluscos e crustáceos. Curiosidades: o polbo cambia de cor rapidamente Curiosidades: durante o día póusanse sobre para confundirse co fondo ou cando o molestan. o fondo, agardando a que chegue a noite Para evadir aos seus inimigos tira un chorro de tinta para comezar a súa actividade depredadora, e fuxe expulsando un chorro de auga polo sifón. capturando moluscos e crustáceos. Si se lles molesta durante o descanso, enróscanse e forman un novelo sobre o fondo. BRUNO Especie: ourizo (equinoderno) Forma: teñen aspecto máis ou menos esférico e están recubertos de espiñas. Non teñen brazos. Hábitat: fondos areosos, e rochas. Alimentación: aliméntanse principalmente de algas que obteñen rapando coa boca na superficie das rochas. Os ourizos irregulares que viven soterrados aliméntanse de sedimento. Curiosidades: conteñen espiñas velenosas, que son as máis pequenas e poden producir lesións graves.