SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 25
Por: Araceli Álvarez Copena
 Nos últimos años vivimos un cambio profundo na forma na
que os cidadáns, empresas e Administracións relacionánse
entre sí. Internet cambiou xa de xeito permanente a forma en
que traballamos, vivimos e nos relacionamos.
 En poucos anos Internet deixou de ser un sitio onde era
conveniente estar para ser un sitio onde é imprescindible
traballar.
 Cidadáns e empresas atopan facilidades e vantaxes no uso da
Rede que lles fai mais doado realizar algunhas das suas
actividades neste novo medio que no mundo físico
tradicional.
 Na súa orixe a Rede se comportou como una simple
extensión do mundo físico pero xa non é así. Internet
demostrou unha capacidade abraiante para almacenar e
difundir todo tipo de informacións de xeito inmediato.
 Máis aló da sua capacidade como fonte de información,
Internet é un espacio axeitado para a realización de
determinadas transaccións e así apareceron negocios como a
banca, o comercio ou a distribución de determinados bens
por vía electrónica.
 Tamén se consolida como o medio preferido polos mozos
para potenciar as relacións persoais e colectivas. A aparición
das redes sociais e a Web 2.0 abriron unha nova forma de
relación que permite a colaboración e cooperación masiva
nunca antes coñecida.
 Agora a Internet permitenos ser máis creativos e aumentar a
transparencia e a participación de todos.
 Os AAPP levan años invertindo para mellorar o seu
funcionamento interno, coa idea de que o aforro económico
conseguido co incremento da sua eficacia trasladaríase a os
ciudadáns e empresas.
 Nesta búsqueda da eficacia, as AAPP realizaron importantes
investimentos para incorporar o uso das TIC nas suas tarefas
cotiáns.
 En paralelo co uso das TIC para mellorar os procesos
internos, o desenvolvemento de internet xerou unha
demanda importante sobre empresas e Administracións para
que estas usasen a nova canle para facilitar aos seus usuarios
a información e ao acceso electrónico aos seus servizos.
 Pídese, basicamente, transformar unha Administración cuxa
misión principal era garantir que se cumpría a Lei a unha
Administración cuxa misión é poñerse ao servizo de cidadáns
e empresas para que estes desenvolvan do mellor xeito
posible os seus traballos.
 Para empezar reclama non ter que achegar datos que xa
obren en poder de calquera Administración; non ter que
coñecer a estrutura administrativa da Administración para
relacionarse con ela.
 É neste novo marco no que o Parlamento español aproba, en
xuño de 2007, a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos
Cidadáns aos Servizos Públicos co obxectivo de atender estas
novas demandas.
 O aspecto máis destacable desta Lei é o recoñecemento do
dereito dos cidadáns a relacionarse electronicamente coas
Administracións, o que leva consigo a obriga para estas de
dotarse dos medios necesarios para iso.
A lei non se limita a recoñecer o dereito á relación electrónica
entre a cidadanía e a administración. Tamén recoñece o
dereito a non achegar os datos e documentos que obren en
poder das AAOO, obrigando a esta a usar medios electrónicos
para solicitalos da Administración que os custodie e a esta
última a facilitar o acceso aos devanditos datos, con respecto
ao establecido na LOPD. Deste xeito, obrígase a que sexa a
Administración a que colabore entre os seus departamentos e
órganos e que non teña que ser o cidadán que teña que
percorrer distintas xanelas para achegar documentación que
xa posúe a Administración Pública.
 Os principios que reforzan o seu impacto na cidadanía son os
seguintes:
 *O respeto ó dereito á protección de datos de carácter
persoal.
 *O compromiso de igualdade . Nunca poden existir
restriccións o discriminacións para os cidadáns que elixan
outros procedementos.
 *A neutralidade tecnolóxica. Nunca unha AAPP pode imponer
a ningún cidadán o xeito para relacionarse con ela.
 *Proporcionalidade. Non impoñer condicións excesivas e
facilitar o desenvolvemento dos servicios electrónicos.
 A lei pretende facilitar o exercicio de dereitos e o
cumprimento de deberes por medios electrónicos.
Impulsar o desenvolvemento da sociedade da
información e aumentar a confianza no uso dos
medios electrónicos.
Aumentar a transparencia e proximidade da
Administración.
Contribuír á mellora do seu funcionamento interno
e á simplificación dos procedementos
administrativos.
 Que é a Administración Electrónica?
 Definicións:
 Comisión Europea da UE: "A administración
electrónica é o uso das TIC nas AAPP, combinado con
cambios organizativos e novas aptitudes, co fin de
mellorar os servizos públicos e os procesos
democráticos e reforzar o apoio ás políticas públicas“
 “É o uso das tecnoloxías da información e as
comunicacións na Administración para que,
combinadas con certos cambios organizativos e
novas capacidades dos empelados públicos, melloren
a eficacia, a produtividade, a axilidade e a
comodidade na prestación de servizos aos cidadáns"
A idea clave sobre a administración electrónica é que
non se trata simplemente de levar as TIC á actividade
administrativa, senón que constitúe un elemento
fundamental nos procesos de modernización
administrativa dentro dos cales se enmarca que debe
levar á mellora e simplificación dos servizos.
Dito doutro xeito: quérese menos burocracia non
unha burocracia por Internet.
Esta idea constitúe polo tanto un dos grandes eixes
da Lei 11/2007.
Vantaxes:
* Rapidez e comodidade para os usuarios (a calquera hora):
-Evitar colas, desprazamentos e horarios.
-Acceso á información máis cómodo, doado e rápido.
-Acceso universal. A situación xeográfica e proximidade de
oficinas administrativas deixa de ser un problema, algo
especialmente importante nun país como España.
*Fomento da participación dos cidadáns (caixas de correo,
cuestionarios, etc.), fomentar unha relación interactiva e máis
positiva.
*Impulso da sociedade da información: estimula a participación e
aprendizaxe do cidadán
*Simplificación dos procedementos e integración transparente de
diferentes administracións (solucións de xanela única).
*Para a Administración:
-Redución de custos, tempos de tramitación, menos erros ->mellor
eficiencia e produtividade.
-Mellora de relacións e imaxe, transparencia: co cidadán
*Impacto na economía:
-"os países que máis destacan en canto a apertura e eficiencia do
sector público e en preparación para a administración electrónica son
tamén os primeiros en canto a rendemento económico e
competitividade. “
-Impulso económico en rexións xeograficamente desfavorecidas.
-Menos carga para as empresas, redúcelles custos e aumenta a súa
produtividade: contratación electrónica, factura electrónica, modelos
de cotización electrónicos na seguridade social, etc.
Barreiras:
. Insuficiente penetración das TIC na poboación española.
. Accesibilidade e falta de experiencia no uso das TIC.
. Desconfianza nos medios electrónicos de intercambio de información.
. Descoñecemento da existencia da Administración online.
. Receo da administración coa seguridade electrónica.
. Falta de integración entre as diferentes administracións.
. Problemas de financiamento e de medios, especialmente para as EELL
(concellos pequenos, etc.)
 Para poder cumprir as finalidades establecidas usando os
principios enumerados anteriormente, a lei desenvolve o réxime
xurídico da Administración electrónica, definindo o concepto de
"sede electrónica" como pedra angular dende a que se prestarán
os servizos electrónicos da Administración Pública, esixindo
para estas sedes as condicións necesarias para garantir a
seguridade e a responsabilidade da Administración Pública
sobre todo o seu contido e sobre as actuacións realizadas a
través desta.
Unha vez establecido o concepto de sede, a Lei define os
distintos mecanismos de identificación e autenticación no
mundo electrónico para que poidan realizarse transaccións con
todas as garantías, á vez que se flexibilizan (usando o principio
de proporcionalidade) as esixencias de seguridade para que
poidan adaptarse os procesos ás necesidades dunha xestión áxil
e eficaz.
 Un dos apartados máis importante da Lei é o relativo á
cooperación entre Administracións. Prestar servizos
avanzados á cidadanía require dunha colaboración intensa
entre todas elas. Por esta razón, a Lei establece fortes
estruturas de cooperación que permita a interoperabilidade
dos sistemas desenvolvidos por cada unha delas. Destaca a
esixencia que fai a Lei para que se cree o Esquema Nacional
de Interoperabilidade e o Esquema Nacional de Seguridade,
pezas clave na cooperación entre Administracións.
Tamén se crea a Rede de comunicacións das Administracións
Públicas españolas, a Rede integrada de Atención ao
Cidadáns, os mecanismos de cooperación para o
desenvolvemento de aplicacións e para o intercambio destas,
o Centro de Transferencia de Tecnoloxías e a plataforma de
validación de certificados dixitais da Administració Pública.
 En primeiro lugar pódese citar polo seu carácter básico a rede de comunicacións
SARA que permite a comunicación electrónica segura entre todas as
Administracións do Estado, e que serve de punto de conexión destas á Rede
común europea TESTA. A rede SARA conectaba xa en xaneiro de 2009 a toda a
AGE e a todas as Comunidades Autónomas, Ceuta e Melilla ademais da un total de
1087 municipios.
A plataforma de validación de certificados dixitais @firma, que pon a disposición
de todas as Administracións unha plataforma para validade a firma electrónica e
os diferentes certificados admitidos polas Administracións, incluído en DNIe.
Ofrece igualmente servizos de selado de tempo.
A Plataforma de Intermediación de Datos ten por obxecto facer viable a difícil
tarefa de poñer a disposición de cada trámite os datos necesarios en poder de
unidades diferentes da que tramita. Posiblemente este servizo sexa a maior
achega da Administración electrónica xunto con evitar o desprazamento físico ás
oficinas da Administración.
Desenvolvéronse outros moitos servizos comúns: pasarela de pagamento,
plataforma de notificación, rexistro virtual, apoio ao redeseñar de procedementos,
plataforma de tradución, servizo de comunicación de cambio de domicilio,
arquivo electrónico, etc.
Confidencialidade:
gardar o segredo fronte a terceiros sobre
unha determinada información, xa sexa un
documento, comunicación, etc. A
ferramenta principal para lograr este
obxectivo é a criptografía.
Dispoñibilidade:
refírese á dispoñibilidade en todo momento
da información e/ou servizos. Isto implica
servizos de alta dispoñibilidade, servidores
redundados, centros de respaldo, etc.
Trazabilidade:
refírese á información histórica que é
importante coñecer e conservar, que cambios
sufriu a información?, quen accedeu a ela?
etc.
Conservación:
a correcta conservación e arquiva da
información de modo que se encontre
dispoñible e integra aínda despois de que
teñan longos períodos de tempo.

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Acceso a la administración electrónica 2013

Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónYago Araújo Piñeiro
 
Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónYago Araújo Piñeiro
 
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
10 evolucion historica das tic 1bach c doc
10 evolucion historica das tic 1bach c doc10 evolucion historica das tic 1bach c doc
10 evolucion historica das tic 1bach c docmiguelez25
 
CidadaníA Dixital
CidadaníA DixitalCidadaníA Dixital
CidadaníA Dixitaljoseangellc
 
Evolución históricaa
Evolución históricaaEvolución históricaa
Evolución históricaaleliii
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicialleliii
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicialleliii
 
CiudadaníA Dixital
CiudadaníA DixitalCiudadaníA Dixital
CiudadaníA Dixitaljoseangellc
 
Tics trabajo inicial.
Tics trabajo inicial.Tics trabajo inicial.
Tics trabajo inicial.Anaaraujotics
 
Nota_prensa_inicioactividades_gl
Nota_prensa_inicioactividades_glNota_prensa_inicioactividades_gl
Nota_prensa_inicioactividades_glFaite Dixit@l!
 
Evolución histórica
Evolución históricaEvolución histórica
Evolución históricaleliii
 
Tecnoloxias da información e a comunicación
Tecnoloxias da información e a comunicaciónTecnoloxias da información e a comunicación
Tecnoloxias da información e a comunicaciónAlbaParadaQueija
 
NotaPrensa_FaladoirosDixitais_gl
NotaPrensa_FaladoirosDixitais_glNotaPrensa_FaladoirosDixitais_gl
NotaPrensa_FaladoirosDixitais_glFaite Dixit@l!
 
Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010Jose A.
 
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Roberto Touza David
 
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminadoGabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminadoGaabiverin7
 

Semelhante a Acceso a la administración electrónica 2013 (20)

Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicación
 
Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicación
 
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
 
10 evolucion historica das tic 1bach c doc
10 evolucion historica das tic 1bach c doc10 evolucion historica das tic 1bach c doc
10 evolucion historica das tic 1bach c doc
 
CidadaníA Dixital
CidadaníA DixitalCidadaníA Dixital
CidadaníA Dixital
 
Evolución históricaa
Evolución históricaaEvolución históricaa
Evolución históricaa
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicial
 
Traballo inicial
Traballo inicialTraballo inicial
Traballo inicial
 
CiudadaníA Dixital
CiudadaníA DixitalCiudadaníA Dixital
CiudadaníA Dixital
 
Tics trabajo inicial.
Tics trabajo inicial.Tics trabajo inicial.
Tics trabajo inicial.
 
Nota_prensa_inicioactividades_gl
Nota_prensa_inicioactividades_glNota_prensa_inicioactividades_gl
Nota_prensa_inicioactividades_gl
 
Nota_prensa_inicioactividades_gl
Nota_prensa_inicioactividades_glNota_prensa_inicioactividades_gl
Nota_prensa_inicioactividades_gl
 
Evolución histórica
Evolución históricaEvolución histórica
Evolución histórica
 
NP_Presentacion_FD
NP_Presentacion_FDNP_Presentacion_FD
NP_Presentacion_FD
 
Tecnoloxias da información e a comunicación
Tecnoloxias da información e a comunicaciónTecnoloxias da información e a comunicación
Tecnoloxias da información e a comunicación
 
NotaPrensa_FaladoirosDixitais_gl
NotaPrensa_FaladoirosDixitais_glNotaPrensa_FaladoirosDixitais_gl
NotaPrensa_FaladoirosDixitais_gl
 
Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010
 
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
 
actividades 3 e 4
actividades 3 e 4 actividades 3 e 4
actividades 3 e 4
 
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminadoGabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
 

Acceso a la administración electrónica 2013

  • 2.
  • 3.  Nos últimos años vivimos un cambio profundo na forma na que os cidadáns, empresas e Administracións relacionánse entre sí. Internet cambiou xa de xeito permanente a forma en que traballamos, vivimos e nos relacionamos.  En poucos anos Internet deixou de ser un sitio onde era conveniente estar para ser un sitio onde é imprescindible traballar.  Cidadáns e empresas atopan facilidades e vantaxes no uso da Rede que lles fai mais doado realizar algunhas das suas actividades neste novo medio que no mundo físico tradicional.  Na súa orixe a Rede se comportou como una simple extensión do mundo físico pero xa non é así. Internet demostrou unha capacidade abraiante para almacenar e difundir todo tipo de informacións de xeito inmediato.
  • 4.  Máis aló da sua capacidade como fonte de información, Internet é un espacio axeitado para a realización de determinadas transaccións e así apareceron negocios como a banca, o comercio ou a distribución de determinados bens por vía electrónica.  Tamén se consolida como o medio preferido polos mozos para potenciar as relacións persoais e colectivas. A aparición das redes sociais e a Web 2.0 abriron unha nova forma de relación que permite a colaboración e cooperación masiva nunca antes coñecida.  Agora a Internet permitenos ser máis creativos e aumentar a transparencia e a participación de todos.
  • 5.  Os AAPP levan años invertindo para mellorar o seu funcionamento interno, coa idea de que o aforro económico conseguido co incremento da sua eficacia trasladaríase a os ciudadáns e empresas.  Nesta búsqueda da eficacia, as AAPP realizaron importantes investimentos para incorporar o uso das TIC nas suas tarefas cotiáns.  En paralelo co uso das TIC para mellorar os procesos internos, o desenvolvemento de internet xerou unha demanda importante sobre empresas e Administracións para que estas usasen a nova canle para facilitar aos seus usuarios a información e ao acceso electrónico aos seus servizos.
  • 6.  Pídese, basicamente, transformar unha Administración cuxa misión principal era garantir que se cumpría a Lei a unha Administración cuxa misión é poñerse ao servizo de cidadáns e empresas para que estes desenvolvan do mellor xeito posible os seus traballos.  Para empezar reclama non ter que achegar datos que xa obren en poder de calquera Administración; non ter que coñecer a estrutura administrativa da Administración para relacionarse con ela.  É neste novo marco no que o Parlamento español aproba, en xuño de 2007, a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos co obxectivo de atender estas novas demandas.
  • 7.  O aspecto máis destacable desta Lei é o recoñecemento do dereito dos cidadáns a relacionarse electronicamente coas Administracións, o que leva consigo a obriga para estas de dotarse dos medios necesarios para iso. A lei non se limita a recoñecer o dereito á relación electrónica entre a cidadanía e a administración. Tamén recoñece o dereito a non achegar os datos e documentos que obren en poder das AAOO, obrigando a esta a usar medios electrónicos para solicitalos da Administración que os custodie e a esta última a facilitar o acceso aos devanditos datos, con respecto ao establecido na LOPD. Deste xeito, obrígase a que sexa a Administración a que colabore entre os seus departamentos e órganos e que non teña que ser o cidadán que teña que percorrer distintas xanelas para achegar documentación que xa posúe a Administración Pública.
  • 8.  Os principios que reforzan o seu impacto na cidadanía son os seguintes:  *O respeto ó dereito á protección de datos de carácter persoal.  *O compromiso de igualdade . Nunca poden existir restriccións o discriminacións para os cidadáns que elixan outros procedementos.  *A neutralidade tecnolóxica. Nunca unha AAPP pode imponer a ningún cidadán o xeito para relacionarse con ela.  *Proporcionalidade. Non impoñer condicións excesivas e facilitar o desenvolvemento dos servicios electrónicos.
  • 9.  A lei pretende facilitar o exercicio de dereitos e o cumprimento de deberes por medios electrónicos. Impulsar o desenvolvemento da sociedade da información e aumentar a confianza no uso dos medios electrónicos. Aumentar a transparencia e proximidade da Administración. Contribuír á mellora do seu funcionamento interno e á simplificación dos procedementos administrativos.
  • 10.  Que é a Administración Electrónica?  Definicións:  Comisión Europea da UE: "A administración electrónica é o uso das TIC nas AAPP, combinado con cambios organizativos e novas aptitudes, co fin de mellorar os servizos públicos e os procesos democráticos e reforzar o apoio ás políticas públicas“  “É o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións na Administración para que, combinadas con certos cambios organizativos e novas capacidades dos empelados públicos, melloren a eficacia, a produtividade, a axilidade e a comodidade na prestación de servizos aos cidadáns"
  • 11. A idea clave sobre a administración electrónica é que non se trata simplemente de levar as TIC á actividade administrativa, senón que constitúe un elemento fundamental nos procesos de modernización administrativa dentro dos cales se enmarca que debe levar á mellora e simplificación dos servizos. Dito doutro xeito: quérese menos burocracia non unha burocracia por Internet. Esta idea constitúe polo tanto un dos grandes eixes da Lei 11/2007.
  • 12. Vantaxes: * Rapidez e comodidade para os usuarios (a calquera hora): -Evitar colas, desprazamentos e horarios. -Acceso á información máis cómodo, doado e rápido. -Acceso universal. A situación xeográfica e proximidade de oficinas administrativas deixa de ser un problema, algo especialmente importante nun país como España. *Fomento da participación dos cidadáns (caixas de correo, cuestionarios, etc.), fomentar unha relación interactiva e máis positiva. *Impulso da sociedade da información: estimula a participación e aprendizaxe do cidadán
  • 13. *Simplificación dos procedementos e integración transparente de diferentes administracións (solucións de xanela única). *Para a Administración: -Redución de custos, tempos de tramitación, menos erros ->mellor eficiencia e produtividade. -Mellora de relacións e imaxe, transparencia: co cidadán *Impacto na economía: -"os países que máis destacan en canto a apertura e eficiencia do sector público e en preparación para a administración electrónica son tamén os primeiros en canto a rendemento económico e competitividade. “ -Impulso económico en rexións xeograficamente desfavorecidas. -Menos carga para as empresas, redúcelles custos e aumenta a súa produtividade: contratación electrónica, factura electrónica, modelos de cotización electrónicos na seguridade social, etc.
  • 14. Barreiras: . Insuficiente penetración das TIC na poboación española. . Accesibilidade e falta de experiencia no uso das TIC. . Desconfianza nos medios electrónicos de intercambio de información. . Descoñecemento da existencia da Administración online. . Receo da administración coa seguridade electrónica. . Falta de integración entre as diferentes administracións. . Problemas de financiamento e de medios, especialmente para as EELL (concellos pequenos, etc.)
  • 15.  Para poder cumprir as finalidades establecidas usando os principios enumerados anteriormente, a lei desenvolve o réxime xurídico da Administración electrónica, definindo o concepto de "sede electrónica" como pedra angular dende a que se prestarán os servizos electrónicos da Administración Pública, esixindo para estas sedes as condicións necesarias para garantir a seguridade e a responsabilidade da Administración Pública sobre todo o seu contido e sobre as actuacións realizadas a través desta. Unha vez establecido o concepto de sede, a Lei define os distintos mecanismos de identificación e autenticación no mundo electrónico para que poidan realizarse transaccións con todas as garantías, á vez que se flexibilizan (usando o principio de proporcionalidade) as esixencias de seguridade para que poidan adaptarse os procesos ás necesidades dunha xestión áxil e eficaz.
  • 16.  Un dos apartados máis importante da Lei é o relativo á cooperación entre Administracións. Prestar servizos avanzados á cidadanía require dunha colaboración intensa entre todas elas. Por esta razón, a Lei establece fortes estruturas de cooperación que permita a interoperabilidade dos sistemas desenvolvidos por cada unha delas. Destaca a esixencia que fai a Lei para que se cree o Esquema Nacional de Interoperabilidade e o Esquema Nacional de Seguridade, pezas clave na cooperación entre Administracións. Tamén se crea a Rede de comunicacións das Administracións Públicas españolas, a Rede integrada de Atención ao Cidadáns, os mecanismos de cooperación para o desenvolvemento de aplicacións e para o intercambio destas, o Centro de Transferencia de Tecnoloxías e a plataforma de validación de certificados dixitais da Administració Pública.
  • 17.  En primeiro lugar pódese citar polo seu carácter básico a rede de comunicacións SARA que permite a comunicación electrónica segura entre todas as Administracións do Estado, e que serve de punto de conexión destas á Rede común europea TESTA. A rede SARA conectaba xa en xaneiro de 2009 a toda a AGE e a todas as Comunidades Autónomas, Ceuta e Melilla ademais da un total de 1087 municipios. A plataforma de validación de certificados dixitais @firma, que pon a disposición de todas as Administracións unha plataforma para validade a firma electrónica e os diferentes certificados admitidos polas Administracións, incluído en DNIe. Ofrece igualmente servizos de selado de tempo. A Plataforma de Intermediación de Datos ten por obxecto facer viable a difícil tarefa de poñer a disposición de cada trámite os datos necesarios en poder de unidades diferentes da que tramita. Posiblemente este servizo sexa a maior achega da Administración electrónica xunto con evitar o desprazamento físico ás oficinas da Administración. Desenvolvéronse outros moitos servizos comúns: pasarela de pagamento, plataforma de notificación, rexistro virtual, apoio ao redeseñar de procedementos, plataforma de tradución, servizo de comunicación de cambio de domicilio, arquivo electrónico, etc.
  • 18.
  • 19.
  • 20.
  • 21.
  • 22. Confidencialidade: gardar o segredo fronte a terceiros sobre unha determinada información, xa sexa un documento, comunicación, etc. A ferramenta principal para lograr este obxectivo é a criptografía.
  • 23. Dispoñibilidade: refírese á dispoñibilidade en todo momento da información e/ou servizos. Isto implica servizos de alta dispoñibilidade, servidores redundados, centros de respaldo, etc.
  • 24. Trazabilidade: refírese á información histórica que é importante coñecer e conservar, que cambios sufriu a información?, quen accedeu a ela? etc.
  • 25. Conservación: a correcta conservación e arquiva da información de modo que se encontre dispoñible e integra aínda despois de que teñan longos períodos de tempo.