SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 88
Baixar para ler offline
VOZ NATURA
II EXPOSICIÓN FROITOS OUTONO
SAMAÍN
MAGOSTO
NADAL
DIA DA PAZ
DÍA DO DEPORTE
ENTROIDO
BROCHETA DE FROITAS
O INVERNADOIRO
OS MAIOS
CONTOS DE ANDERSEN
A VISITA DE CARDIO
PLANTAS SILVESTRES O MUIÑO
ADIVIÑAS
XOGOS POPULARES
PROGRMA SI
COÑECE ALGÚNS PAXAROS
LETRAS GALEGAS
XIÁN E OS CHÍCHAROS
PAN DE MILLO
UN COMEDOR 5S
FOMOS NOTICIA
INTERVIEW
ENGLISH RECIPES
AS NOSAS SAÍDAS
A RECICLAXE
PARQUES NATURAIS
ENTREVISTA ORIENTADORA
BIBLIOTECA
ROSALÍA DE CASTRO
DEP. ORIENTACIÓN
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Por segundo ano consecutivo participamos no programa de educación ambiental “Voz Natura” patrocina-
do pola Fundación Santiago Rey Fdez-Latorre co noso proxecto “Re-xeneración: Verde no canto de
marrón...” , e tamén este ano obtivemos un premio. Acadamos o premio ao mellor proxecto da provincia
de Ourense. E para unirnos a gran festa que “Voz Natura” organiza ao final de cada curso e para recoller
o noso premio, acudimos o sábado 4 de xuño ao Parque de Acea de Ama en Culleredo, onde nos unimos a
outros colexios de Galicia que participan no programa.
Primeiro visitamos as salas onde estaban expostos os traballos de todos os centros participantes. Alí tamén
estaba a exposición do noso colexio, cunha mostra dalgún dos traballos que se realizaron ao longo do curso:
Despois os nenos e nenas que nos acompañaron ata Coruña (5 e 6º de EI e 4º de EP) estiveron disfrutando das
distintas actividades que se ofrecían dentro do gran recinto do parque:
E a esperada entrega de premios, a profesora Conchi Reza e os nenos Martiño (5º EI) e Candela (6º EI) recolleron, en nome
do resto de profesorado e alumnado que traballaron no proxecto “Re-xeneración: verde no canto de marrón...”, o diplo-
ma que nos acredita como o mellor proxecto ambiental provincia de Ourense da 19ª edición 2015-2016 do programa “Voz
Natura”.
Xurxo, Nicolás, Marti-
ño e Daniel con Terri,
a mascota de Voz Na-
tura.
Juan de porteiro e J. Daniel de defensa,
no futbolín “humano”.
Antía, Isamar, Naiara, Aissatou
e Nadia participando nun taller
de confección de chapas.
Marcos a punto
de deslizarse por
un “hinchable”
Ao longo de outubro solicitamos a colaboración das
familias para recoller e traer froitos do outono, secos e
carnosos, para facer unha exposición na escola.
O éxito foi tal que nos xuntamos
cunha gran variedade de produtos,
algúns descoñecidos para os nenos.
Os productos foron etiquetados en
galego para ampliar vocabulario.
Un ano máis xa chegou o día do
SAMAÍN - HALLOWEEN, e no
cole fixemos diferentes tipos de
actividades relacionadas con esta
data.
Os alumnos/as de
Educación Infantil
traballaron unha
unidade didáctica
sobre o Samaín e
plasmaron con
distintas técnicas o
mundo "dos seres
terroríficos" .
Pintaron
pedras, fixeron
banderíns,
pintaron rolos
de papel,
confeccionaron
carautas...
Nenos e nenas de 1º e 2º de Educación
Primaria traballaron na área de plástica
(materia impartida en inglés) a festividade
de Halloween e confeccionaron cabazas con
cartolina. En 4º de Educación Primaria
xogaron cos famosos "hama-beads" para
realizar caveiras, bruxas......
E como sempre non faltou a decoración en todo o colexio: murais, debuxos,
guirnaldas... polas aulas e corredores!!
E por suposto na biblioteca do centro non faltaron as actividades relacionadas con estas
celebracións: concurso de carteis sobre os personaxes malvados dos contos, taller de
confección de cabazas, terceira edición do concurso de contos de medo e unha ampla
exposición dos fondos existentes na biblioteca relacionados con esta temática.
O martes 10 de novembro celebramos
o MAGOSTO no cole, o tempo, por
fin, axudounos (fixo un día
espléndido!!!) e puidemos disfrutar da
fogueira, das castañas, dos xogos e
como non: tisnarnos a cara, correr e
saltar ... !!!
E……………que rico está o xantar do Magosto!!!!!!!
MAGOSTO 2015
Que artistiñas temos no centro!!!!
Este foi o resultado do noso concurso de postais de Nadal
A postal de Xiana Carderí Jardón
foi seleccionada para felicitar
ás familias polo Nadal
Tamén fixemos unha exposición de árbores de Nadal
3
anos
4
anos
5
anos
Presentadores
1º
primaria
2º
primaria
3º
primaria
4º
primaria
5º
primaria
6º
primaria
O 30 de xaneiro celebramos o “día da non violencia e da paz”
Coma todos os anos, no noso cole festexámolo desenvolvendo diversas actividades nas que tentamos
traballar e fomentar valores coma: respecto, convivencia, solidariedade, igualdade, diferenzas culturais..
Este ano a actividade principal na que participamos todos os nen@s do centro foi unha coreografía que
preparamos coa profe Maite, coa música e letra da canción “ Todos somos iguales“ do grupo “ Panda”.
Todos os alumn@s fomos saíndo ao patio por cursos e colocámonos formando círculos. Cando a música
comezou a soar bailamos acompasados e pasámolo moi ben, tanto, que o repetimos varias veces e, por un
ratiño, non houbo ningún tipo de problema ou altercados que perturbasen a Paz.
Quizás se bailasemos máis o mundo sería un lugar mellor.
1ª
semana
2ª
semana
3ª
semana
4ª
semana
5ª
semana
6ª
semana
O martes 19 de abril celebramos o DÍA DO DEPORTE como
complemento e remate do programa CANDO XOGO... EN
GALEGO!!, o cal estivemos realizando ao longo de 6 semanas.
Co mesmo tratabamos de aunar o fomento de hábitos saudables, como é o da
actividade deportiva, e o fomento da nosa lingua dando a coñecer, para o seu
posterior uso, o vocabulario específico en galego dos deportes máis coñecidos.
Tratouse tamén de fomentarse o espíritu deportivo, o compañeirismo e a
autoestima.
Agradecemos a Ourense C.F. / Ourense- Envialia F.S. e o Clube de Atletas Veteranos de Ourense
a súa colaboración na organización deste día e a súa participación nas diferentes actividades
Tenis Ciclismo
Baloncesto
Xogos populares
Fútbol
Atletismo
E case sen darnos conta chegou o ENTROIDO.
E coma todos
os anos
comezamos
coas ORDES
DO MECO.
Os nenos de 4 anos estiveron
atentos as mesmas e non se
despistaron!!!!!
P L A N T A S S I L V E S T R E S
Os nenos/as de 1º tivemos unha clase de naturais ao aire
libre para descubrir plantas silvestres e saber se son ou non
tóxicas.
Fixemos un pequeno mural con elas na clase e puxémoslle os
nomes en galego e castelán e tamen unha pegatina vermella,
amarela ou verde; dependendo da súa toxicidade .
Nomes das plantas:
Fumaria
Lingua de ovella, Sete
costelas (Llantén)
Fionllo (Hinojo)
Ceruda (Celidonia)
Rompe muros, Escacha pedras (Parietaria)
Dente de león
Malva
Peite da bruxa
Zurrón de pastor
Meldrastro (Menta silvestre)
Hedra (Hiedra)
Vincapervinca …
Os alumnos de terceiro participamos no “Programa SI”
Como viñemos facendo estes últimos anos, tamén durante este curso participamos no
“Programa SI”, no cal, traballamos temas e actividades que nos axudaron a proporcionar
a todos os nenos e nenas de terceiro curso as ferramentas básicas que nos permiten o
noso deselvolvemento persoal e social e, tamén, a adquisición de habilidades e
competencias culturais e sociais.
Ademais, elaboramos nas nosas casas un corazón de papel, seguindo as instrucións
dun vídeo de internet, e quedaron moi chulos ,como se pode ver na foto.
Entre outros temas, traballamos que facer deporte non é cousa de
nenos ou de nenas, senón que todos e cada un de nós pode e debe
practicar aquelo que lle gusta, sen pensar no que digan ou no que
opinen os demais, xa que cada quen é capaz de actuar por si mesmo.
Outro tema interesante foi o de que é moi importante facer un almorzo
completo e saudable, xa que ademais de que necesitamos enerxía para os
nosos músculos, resulta que o órgano que máis enerxía necesita é o noso
cerebro, que bota moitas horas funcionando con tanta explicación e tantos
exercicios ao longo de toda a mañá. Case todos os compañeiros nos demos
conta de que non facemos un bo almorzo, que debe constar de hidratos de
carbono,lácteos e froita.
O que máis nos chamou a atención polos vídeos que vimos, foi o tema que
falaba do noso corazón e o sistema circulatorio. Neles puidemos ver como o
sangue circula polo corpo a través de veas, arterias e capilares e como reparte
nutrintes e osíxeno a todas as células e órganos.
Un dos últimos temas traballados foi o que falaba da importancia que ten para a nosa
saúde comer peixe.
A maioría de nós somos reacios a comer o peixe que nos poñen no prato, pero
démonos conta de que o chamado “ peixe azul” sobre todo , é moi beneficioso para a
nosa saúde e o noso desenvolvemento, porque ten unhas propiedades moi boas que
nos achegan proteínas, vitaminas e minerais, ou sexa, que comer este tipo de peixe
achéganos prácticamente todos os nutrintes que necesitamos, pero o máis importante
é que as súas graxas son moi boas porque teñen omega 3, que seica son fenomenais
para o noso sistema circulatorio.
Seguro que a partires de agora veremos doutro xeito os xurelos, as cabalas, o
atún,etc…, cando os vexamos no prato do comedor escolar ou na casa. E nos vos
esquezades doutros peixes como a pescada, a palometa, o bacallau… que tamén están
moi ricos e son saudables.
Para rematar esta actividade fixemos un póster onde recomendamos comer peixe
azul, e farédelo se sodes listos!
Este ano un verdorolo e unha pomba bateron contra unha das ventás das clases de 4ºB e
de 4ªA respectivamente.
Os dous paxaros morreron, pobriños! Por iso
decidimos pór debuxos nos cristais das
fiestras para ver se así non topaban con eles
outras aves.
Por outra parte, no festival do Día das Letras
Galegas, cantamos a canción O cuco en
honor de Manuel María.
Para saber máis destes paxaros buscamos
información e fixemos algúns debuxos.
Verderolo común
Nome científico: Chloris chloris
Descrición:
• Lonxitude duns 14 cm e peso duns 30 g.
• Peteiro cónico, forte e grande.
• Patas e pés de cor carne.
• Iris do ollo de cor parda.
• Plumaxe grisácea tinguida de verde oliva escura nas partes superiores. Nas partes
inferiores, cor verde amarelada e amarela intensa. A plumaxe da femia é máis apagada.
• Extenso vocabulario de gritos e notas no seu canto.
• Vive entre dez e doce anos.
Distribución e hábitat. Esténdese por
Europa, Turquía, norte de Arabia e norte
de África. Habita libre en masas arbóreas
cercanas a campos cultivados. Tamén en
parques, xardíns e hortas.
As poboacións do norte de Europa
desprázanse ao sur no inverno. Na
Península Ibérica hai poboacións
sedentarias e outras pasan o inverno no
norte de África.
Alimentación: sementes e froitos.
Reprodución: Normalmente, dúas postas por ano, de
marzo a agosto. A femia pon de catro a seis ovos e os
incuba entre once e quince días. O macho alimenta a
femia mentres non nacen os polos. Ao naceren, as crías
son cebadas por ambos proxenitores. Voan aos doce ou
dezaseis días de naceren.
Distribución do verderolo común
Pomba
Nome científico: Columba livia doméstica
Descrición:
• Mide entre 29 cm e 37 cm de lonxitude. As
domésticas ou semidomésticas adoitan sobrepasar os
380 g.
•Segundo a especie ou híbrido de que se trate,
predomina na súa plumaxe a cor gris azulada ou a
marrón clara.
• Moitas presentan dúas bandas negras nas
ás e no rabo e unha zona iridescente de cor verde violácea no pescozo.
• Iris do ollo de cor laranxa, vermella ou dourada.
• Peteiro anegrado e patas de cor vermella.
• As pombas urbanas viven uns seis anos.
Distribución e hábitat. A distribución natural
das pombas bravías salvaxes –das que
proceden as pombas que temos nas cidades-
limítase ao sur de Europa, norte de África e
suroeste de Asia. Tras a súa domesticación
na antigüidade, moitas asilvestráronse e
mesturáronse con outras especies . Hoxe, a
poboación de pombas salvaxes e
asilvestradas é moi grande, só en Europa hai
uns dezaoito millóns de individuos.
Alimentación. Aliméntanse no chan de grans pero tamén de gromos, froitos, insectos,
vermes e caracois. Ao beber tragan a auga coa cabeza agachada e o peteiro sumerxido, sen
ter que levantar a cabeza e inclinala cara a atrás, a diferenza da maioría das aves.
Reprodución. Crían sobre todo en primavera e verán. As que viven nas cidades
sitúan o niño en gretas e ocos de edificacións. Adoitan pór dous ovos brancos. Macho e
femia incúbanos entre dezasete e vinte e un días. Os pichóns tardan uns trinta días en
medrar e deixar o niño.
Cuco común
Nome científico: Cuculus canorus
Descrición
• Mide sobre 33 cm de lonxitude, dos cales uns 14 cm
pertencen ao seu rabo. Os machos pesan uns 130 g e
as femias arredor de 110 g.
• Plumaxe da parte superior e peito de cor gris, abdome
e flancos cun listado branco e negro.
• Iris, base do peteiro e patas de cor amarela. Peteiro
aguzado e algo curvo. Patas curtas.
• O seu característico canto melodioso óese sobre todo en primavera.
• Vive entre dez e doce anos.
Distribución
Especie migratoria. Na primavera e no
verán esténdese pola maior parte de
Eurasia, onde cría, e en inverno migra á
África e sueste asiático. Habita en zonas
boscosas abertas, zonas con abundante
vexetación e campos de cultivo. Evita as
zonas montañosas altas, as rexións
deforestadas e as zonas demasiado
urbanizadas.
Alimentación
Ave insectívora que se alimenta especialmente de eirugas. Tamén come arañas, cempés e
lombrigas de terra.
Reprodución.
Por maio a femia deposita normalmente un ovo –ocasionalmente dous- no niño doutras
aves insectívoras. Retira un ovo da especie parasitada e o substitúe polo seu. Cun
intervalo de 48 horas pon de 12 a 15 ovos noutros tantos niños.
O ovo do cuco adoita ser o
primeiro en eclosionar, e o
polo retira do niño os ovos
ou os polos orixinais. Deste
xeito a femia alimenta un
único polo adoptivo ata que
ao cabo dunhas tres
semanas abandona o niño.
Alumnos 4º curso
Este ano dedícaselle o Día das
Letras Galegas a Manuel María,
poeta moi popular, comprometido
con Galicia e autor da obra poé-
tica máis extensa das nosas le-
tras.
Publicou máis de cincuenta li-
bros de poesía, trinta ensaios,
quince obras narrativas, vinte
pezas teatrais e moitos artigos
xornalísticos. Foi traducido a
numerosos idiomas e é o poeta
galego máis musicado. Toda a
súa obra reflicte o seu amor a
Galicia, á súa terra, á xente, á
lingua, ás cousas cotiás...
Dedicounos unha atención especial aos
nenos e nenas, galegos con poemarios,
contos e obras teatrais. No prólogo do li-
bro As rúas do vento ceibe di Manuel
María: “Si estes poemas, sinxelos e simples,
vos deprenderan a amar a nosa patria
Galicia, este voso vello amigo sería o
home máis feliz do mundo”. Pois ben, po-
derás entón sentirte moi feliz alá onde
esteas, porque conseguiches que cos teus
versos milleiros de nenos e nenas galegos
coñezamos e apreciemos máis ao noso
país, á vez que espertaches en moitos de
nós o gusto pola poesía. GRAZAS
Nós quixemos homenaxealo ilustrando cinco dos seus
poemas que vos mostramos a continuación.
Poema “Dorna” do libro As rúas do vento ceibe. 1978
Poema “O semáforo” do libro As rúas do vento ceibe .
As rúas do vento ceibe foi o
segundo libro de poemas
que escribiu para nenos,
“...dun xeito particular prós
nenos da cidade, un tanto
esquencidos no outro meu
libro para rapaces” escribe
Manuel María no prólogo
deste libro.
LETRAS GALEGAS
2016
A Terra Cha somentes éUn pobo aquí, outro acolá,mil arbres, monte raso,un ceo chumbo e tráxicono que andan as aves a voarO resto é soedá.
Terra Cha. 1954
A evocación da paisaxe da súa terra natal, a TERRA CHA, foi un dos temas prefe-
ridos de Manuel María, e unha constante na súa obra.
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Alumnos e alumnas de 5º recitando o
poema “A fala” de Manuel María
“A Fala”
Nube de palabras creada a partir do poema “A fala”
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2016
O día 19 de maio fixemos no colexio unha pequena homenaxe a Ma-
nuel María, autor ao que se lle dedica este ano 2016 o Día das Letras
Galegas. Este escritor non se olvidou dos máis pequenos e pequenas,
escribindo para eles poesía, contos e algunha obra de teatro.
Algún dos seus poemas foron cantados e/ou recitados no pequeno
festival que realizamos.
PROGRAMA
4º Ed. Infantil: O arco da vella (baile)
5º Ed. Infantil: Caracol (canción )
6º Ed. Infantil:: A roda , roda (canción e baile)
1º Ed. Primaria: O muíño (canción)
2º A e 2º B Ed. Primaria: Rap de Manuel María (rap)
3º Ed. Primaria: Lume novo e O Soñador (poemas)
4º A e 4º B Ed. Primaria: O cuco (canción)
5º Ed. Primaria: A fala (poema musicado)
6º A e 6º B Ed. Primaria: A emigración , O can e Galicia (poemas)
Os máis pequenos do centro bailaron o
poema musicado por Suso Vaamonde
“O arco da vella”.
“O caracol”, tamén musicado por Suso
Vaamonde, foi o poema que cantaron os
nenos e nenas de 4 anos.
Os nenos e nenas de 5 anos cantan e bailan “A
roda, roda”, outro poema de Manuel María
musicado por Suso Vaamonde.
“O muíño”, musicado por Alfredo González
Vilela, foi o poema que cantaron os alumnos
de 1º de primaria.
Os marchosos nenos e nenas de 2º A e 2º B
“rapearon” a vida de Manuel María co xa famoso
“Rap de Manuel María” que arrasa na rede.
Dou poemas: “Lume novo” e “O
soñador”, foron recitados polos
alumnos e alumnas de 3º .
“O cuco”, na versión musicada de Suso Vaa-
monde foi cantado por todo o alumnado de 4º
de primaria. Alumnos e alumnas de 5º recitaron o
poema “A fala” acompañados á frauta
por Anxo e Carla.
Alumnos de 6º A e 6º B recitaron os poemas: “A emigración”, “O can” e o famoso poema “Galicia” ,
un dos máis coñecidos e significativos , que inicia o libro de poemas para nenos “Os soños na gaiola”.
XIÁN E OS CHÍCHAROS
Saboreando as letras: 2016 Ano Internacional dos Legumes. Nenos e nenas de Ed. Infantil
PPAANN DDEE MMIILLLLOO
Este ano seguimos desenvolvendo o noso taller de “cousas con raíz”, dentro do
proxecto “Re-xeneración , verde no canto de marrón”, co que participamos no programa
de educación ambiental Voz Natura.
Sergio, un avó da comunidade educativa, volveu á escola, para ensinarnos a facer pan
de millo.
Con esta actividade conseguimos que os nenos e as nenas fosen capaces de :
Achegarse a nosa contorna natural e sociocultural, traballando en grupo, aprender
pasándoo moi ben, coñecer a importancia do millo na nosa alimentación, valorar todo o
traballo que hai que realizar antes de que os alimentos cheguen ao noso prato, aumentar
o vocabulario, obter fariña para facer o pan, e farelo para a nosa brigada de “amigos
dos Paxaros”, que se encargan cada día de aliméntalos levándolles comida á zona do
areeiro, implicar a varios membros da comunidade educativa na realización da mesma
tarefa e comprobar como o esforzo trae bos resultados... neste caso en forma de pan.
Comezamos esta actividade cun traballo
previo que se desenvolveu na aula, escoitando,
aprendendo e cantando a canción “ pan de
millo”, do grupo Migallas.
Partindo desta canción dividimos o taller
en varias zonas.
A primeira estaba dedicada a GARDAR O
MILLO e nela puidemos ver un cabaceiro
con espigas.
Na segunda aprendemos a DEBULLAR, cando xa tiñamos o gran separado do carozo,
explicámoslle que había que moelo para conseguir fariña.
A continuación aprendemos a PENEIRAR, para separar a fariña do farelo.
O farelo gardámolo para entregarllo a nosa brigada de “Amigos dos Paxaros” que
cada día , se encargan de levarlles comida.
Coa fariña, Sergio ensinounos a AMASAR.
Na zona seguinte aprendemos a TENDER a masa, e fixemos o nosos boliños de pan.
E como isto era “pan comido” fomos á cociña para COCER o pan.
Rematamos PROBANDO o rico pan de broa.
E levando para a casa os nosos boliños para a
merenda e a nova mascota do comedor
“espiguín” , que ao longo do
curso acompañou aos nenos
e as nenas que se atreveron a
comer o millo, un dos novos
alimentos que introducimos
este ano no noso comedor
5S.
UUNN CCOOMMEEDDOORR 55SS
Para ensinar aos nenos a comer segundo os principios da dieta mediterránea,
rica en verdura, peixe e froita, e para que adquiran hábitos de bo
comportamento, temos un comedor con nome propio: un comedor 5S
Este ano “medramos”, propuxémonos conseguir un “ S “ máis. Por iso agora
somos un comedor 5S, en vez dun comedor 4S.
Este curso estivo cheo de cambios, de retos e de sorpresas. O primeiro cambio
foi o de persoal, coa chegada dos novos cociñeiros o equipo quedou formado
pola nosa “veterana “ Ángeles, por Rocio e por Rafael. Foi unha sorte contar con
estes tres expertos, sempre dispostos a prepararnos menús moi ricos e
saudables.
Coa súa axuda, e coa cooperación dos colaboradores e
colaboradoras do comedor , empregamos este servizo como un
recurso para educar nenos 5S:
-Saudables : capaces de coidar a súa saúde, gozando dunha dieta
equilibrada e variada.
-Solidarios: na medida na que dentro das súas posibilidades animan aos
máis cativos a probar “novos sabores”.
-Silenciosos: intentando evitar a contaminación acústica e promovendo
hábitos de orde e de silencio.
-Sorrintes: capaces de converter o comedor
escolar nun espazo cómodo e agradable para todos .
-Sensibles: co ecosistema, tendo en conta o
tipo de alimentos que estamos consumindo,
promovendo o uso de produtos ecolóxicos e dos
cultivados no noso horto, co traballo dos demais
valorando a importante tarefa dos nosos cociñeiros a
través dos comentarios que os nenos lles fixeron ao
longo de todo o curso, apreciando a calidade dos
menús, e coas necesidades e peculiaridades de
cada neno ofertando un menú xeral e varios menús específicos (sen glute, sen
ovo e hipocalórico).
Para educar aos nenos no tempo do xantar, xunto cos recursos que xa
empregamos os cursos anteriores (distintivos saudables, xogo do rei da mesa,
puntos saudables...) creamos outros novos, tales como foron: as novas
mascotas do comedor, ou o xogo: “Abre a ilusión ao entrar, pecha o orgullo ao
saír”
DISTINTIVOS SAUDABLES
Cando os nenos probaron algún prato que non lles gustaba entregámoslle
unha medalla saudable ou un distintivo, nos que especificamos o motivo polo
que se lles deu este premio, para que as familias nós axudasen ao chegar a casa,
dándolle parabéns polos seus logros, e fomentando o consumo destes
alimentos.
REI /RAÍÑA DA MESA
Aquel neno, ou aquela nena que conseguiu ser 5S ( saudable, solidario,
silencioso, sensible e sorrinte) converteuse no “ rei “ ou na “raíña da
mesa”. A estes nenos fixémoslles unha foto coa súa coroa e colocámola no
taboleiro dos reis da mesa . Ao pasar uns días levaron as fotos para as
casas, co fin de que as familias coñecesen e valorasen o esforzo dos cativos
e os obxectivos acadados.
AS MASCOTAS VIAXEIRAS
Un ano máis as nosas mascotas visitan os fogares dos
nenos 5S (saudables, solidarios, silenciosos, sensibles e
sorrintes) para informar as súas familias do seu bo
comportamento.
Este curso ademais da xa coñecida “mazá
saudable” tivemos novas mascotas viaxeiras.
20-04-2016
Tamén a visita ao colexio dos equipos de
fútbol Ourense CF e Envialia Feminino con
motivo da celebración do DÍA DO DEPORTE,
foi recollida polo xornal La Región.
FOMOS NOTICIA!!
NOS XORNAIS…
11-09-2015
A inauguración do curso escolar 2015/16 no noso centro encabezou a portada do xornal La Voz
de Galicia (edición Ourense) coa foto do primeiro día de curso dos nenos e nenas de 5º de infantil.
En páxinas interiores fotos tamén dos nosos alumnos (Xián e Jeray de infantil e Mario de 1º), ilus-
traron a nova do comezo de curso.
16-09-2015
No especial “De Volta” do xornal La Región dedi-
cado ao comezo de curso, o noso centro foi pro-
tagonista dunha das páxinas, con fotos de diver-
sos momentos do primeiro día lectivo.
PREMIO PROVINCIAL
Tanto na edición impresa coma na dixital, La Voz de Galicia fa-
cíase eco da concesión ao noso centro do 1º premio provincial
(OURENSE) ao proxecto do programa VOZ NATURA: “Re-
xeneración… verde no canto de marrón”, que levan a cabo as profe-
soras de 5º e 6º de infantil, coa colaboración doutros cursos e pro-
fesorado en actividades puntuais, e baixo a coordinación da profe-
sora Maite Sotelo. Un ano máis prémiase o traballo deste grupo que
este curso, ademais de continuar o traballo no horto escolar, dedi-
cáronse a actividades de reciclaxe, aforro de auga, apadriñamento
de árbores, mellora do entorno escolar, obradoiros de pan de millo,
estudo de animais do horto, hábitos saudables...
21-04-2016
Este mesmo xornal publicou a nova da inaugura-
ción do invernadoiro para sementeiros que se ins-
talou na zona do horto escolar.
20-04-2016
Así mesmo en La Voz de Galicia se informaba da ce-
lebración do DÍA DO DEPORTE como remate da cam-
paña CANDO XOGO … EN GALEGO!!, que se desen-
volveu no centro ao longo dos meses de marzo e de
abril.
21-05-2016
O 4 de maio, o especial “Aulas
Abertas” do xornal La Región foi
dedicado ao noso colexio, cunha
ampla reportaxe sobre o centro e
a grabación do programa de tele-
visión XORNAL ESCOLAR.
...E NA TELE!!!
O 7 de maio emitiuse na cadea de televisión
local TELEMIÑO outro programa da serie XOR-
NAL ESCOLAR protagonizado polo noso cole.
Coma o curso pasado, unha parte do programa
gravouse no centro e outra parte foi gravada
nos estudios de Telemiño.
Exerceron de copresentadores
Lola, Iker e Óscar e esta vez, de
“sufrido” concursante, foi o titor
de 6º B, José Rodríguez. Alumnos
de 4º de primaria asistiron á gra-
vación nos estudios de televisión.
Isamar e Miguel presentaron
a gravación feita no cole
04-05-2016
AN INTERVIEW TO SAMANTHA,
Our ENGLISH language assistant
What´s your name? (Como te chamas?)
Samantha Colleen.
How old are you? (Cantos anos tes?)
Twenty-six years old. (26 anos)
Where are you from? (De onde eres?)
Calgary, Alberta, Canada.
Have you got any brothers or sisters? (Tes irmáns ou irmás?)
Yes, one brother. (Si, un irmán)
What´s your father´s job? (En que traballa o teu pai?)
He works in a home and garden shop. (El traballa nunha tenda de xardinería e de cousas de
casa)
What´s your mother´s job? (En que traballa a túa nai?)
She works in an organic food store. (Ela traballa nunha tenda de comida ecolóxica)
What do you like doing in your free time? (Que che gusta facer no teu tempo libre?)
I like reading and hiking. (Gústame ler e pasear)
Do you like animals? Have you got any pet? (Gústanche os animais? Tes algunha masco-
ta?)
I love animals. No, I haven´t, but my mum has got two fat cats. (Encántanme os ani-
mais. Non, non teño, pero a miña nai ten dous gatos gordos)
Do you like sports?
(Gústanche os deportes?)
Yes, I do. (Si, gústanme)
What´s your favourite?
(Cal é o teu favorito?)
My favourite sport is skiing.
(O meu deporte favorito é esquiar)
What´s your favourite food?
(Cal é a túa comida favorita?)
Apple pie and chocolate.
(A tarta de mazá e o chocolate)
Do you like Galician food?
(Gústache a comida galega?)
I love galician food.
I like octopus the best.
(Encántame a comida galega. O
que máis me gusta é o polbo)
When you were a child, were you a good student?
(Cando eras pequena, eras unha boa estudante?)
Yes, I was. (Si, era)
What was your favourite subject? (Cal era a túa materia favorita?)
My favourite subjects were Biology and Spanish.
(As miñas materias favoritas eran bioloxía e español)
What kind of music do you like? (Que clase de música che gusta?)
I like music you can dance to. (Gústame a música coa que podes bailar)
What´s your favourite group or singer? (Cal é o teu grupo ou cantante favorito?)
My favourite group is a canadian band called Stars and my favourite singer is Tay-
lor Swift.
(O meu grupo favorito é unha banda de Canada chamada Stars e o meu cantante favorito é Taylor
Swift)
Do you like travelling? Did you visit other places in Spain?
(Gústache viaxar?) (Visitaches outros lugares de España?)
Yes, I do. Yes, I visited Madrid, Barcelona, Northern Spain and Galicia.
(Si, gústame. Visitei Madrid, Barcelona, o Norte de España e Galicia)
How about this year? Did you enjoy teaching us?
(Que tal este ano aquí con nós?) (Disfrutaches ensinándonos?)
I had a good year. Yes, I did. (Foi un bo ano para min. Si, paseino ben)
Did you like Ourense? (Gustouche Ourense?)
Yes, I did. My favourite part of Ourense was the river and the
food.
(Si, gustoume, o que maís me encantou foi o río e a comida)
What are your plans for the future? (Cales son os teus plans para o futuro?)
Next year I´m going back to Canada to be with my family. I want to go back to uni-
versity in Canada.
(O próximo ano volverei a Canada para estar coa miña familia e quero volver á universidade)
Entrevista realizada por alumnos e alumnas de 6º A e 6º B
ENGLISH RECIPES
JOSEMI—6º B
INÉS —6º B
SONIA—6º B
Mª EDUARDA– 6º A
ALGUNHAS DAS NOSAS SAÍDAS
TEATRO DE MARIONETAS: LA GUERRA DE TROYA
El martes 24 de noviembre de 2015, los alumnos y alumnas de 6º de
primaria, visitamos el Auditorio de Ourense para ver una obra de teatro
basada en el mito de la guerra de Troya. Fue representada con
marionetas que tenían como fondo en el escenario proyecciones de
viñetas alusivas a la obra. Había tres actores y diferentes marionetas,
que en vez de tener cuerdas, eran movidas con las manos. Una persona
era el narrador y las otras dos representaban diferentes personajes,
interpretando diferentes voces para las distintas marionetas.
La obra trataba sobre el príncipe Paris de Troya que se fuga con Helena de Esparta, hecho que da origen
al comienzo de la guerra de Troya entre los aqueos y troyanos. Es una obra mitológica y épica escrita por
Homero y recogida en La Ilíada y La Odisea.
VALORACIONES:
Me gustó mucho, lo que más me impactó fueron los cambios de voz tan rápidos de un personaje a otro
SANTIAGO
Me encantó, sobre todo cuando los actores cambiaban de voces para las diferentes marionetas.
MARCOS
Me llamó la atención las voces de los personajes. La obra fue muy interesante. ALDARA
Me gustaba como movían los muñecos y como los actores median sus movimientos con cuidado en el
escenario. MARÍA
Me sorprendió mucho la forma en que los actores movían las marionetas y como cambiaban las voces. El
narrador vocalizaba mucho. A mi me encantó y me gustaría ver más obras de este tipo.
ANTÓN
A mi, lo que más me impresionó era lo bien que contaban la historia. También como cambiaban de voz y
lo bien que vocalizaban. Actuaban muy bien y la representación fue excelente.
ISMAEL
ALUMNOSEALUMNASDE6º
ENCONTRO COA ESCRITORA… ÉRICA ESMORÍS
O martes 29 de marzo no Auditorio Municipal, os
alumnos/as de sexto participamos nunha actividade
chamada “Encontros coa autora”. Mantivemos una
conversa con Érica Esmorís, autora do libro “Nena e o
mar”, libro co que traballamos na clase e que
acababamos de ler.
Érica falounos da súa vida, dos seus estudos e da súa
paixón pola literatura. Durante a charla fixo unha
relación dos pasos que segue ela para escribir un
conto. Contounos que o libro “Nena e o mar” ten una banda sonora escrita polo seu mozo, provinte de
Irlanda.
Rematou a charla cunha rolda de preguntas e coa firma dalgúns
exemplares. Con este libro a autora acaba de gañar o Premio Merlín
de Literatura Infantil 2015.
Durante a charla estiveron
presentes xornalistas da Radio
Televisión Galega que, unha
vez rematado o acto,
entrevistaron aos nosos
compañeiros Ismael e Antonio
para que opinaran sobre o
libro de Érica Esmorís.
VALORACIÓNS:
A min o conto gustoume moito. Non é o mellor libro que lin, pero si que me gustou. O personaxe máis
interesante para min foi Noon.
ISMAEL
Como lle dixen a RTV Galega, cando me preguntaron o que me gustou foi que lle deran o premio Merlín,
porque opino que o merecía. Gustaríame facer máis saídas coma esta.
ANTONIO
A miña opinión sobre este encontro e o libro de Erica Esmorís é apaixonante. Gustaríame repetilo outro
día.
MARIA EDUARDA
A autora asinando libros
EXPOSICIÓN “A FRONTEIRA INFINDA”
Xa a piques de rematar o curso, os alumnos de 5º e 6º asistimos na sala
de exposicións Afundación, sita na Praza Maior de Ourense, á exposición
titulada “A frontera infinda”, que recolle unha colección de obras de
autores galegos vencellados coa emigración, tanto a América como a
Europa e que mostran a influencia da emigración no seu arte. Entre eles
temos obras se Isaac Díaz Pardo, Castelao, Maruja Mallo, Luis Seoane…
Destacamos a presenza de obras de Castelao con tema social e cultural
da Galicia do principio do século XX; doutros artistas que tras a Guerra
Civil marcharon a América e das xeneracións máis novas, os da
posguerra, que saíron cara Madrid.
A actividade deu comezo cun xogo por grupos, no que cada grupo tiña
que dar resposta a una serie de preguntas sobre un artista determinado. Una vez rematada esta primeira
fase, a guía da exposición ía dando información e explicacións sobre o artista e a súa obra.
Nunha segunda parte, cada grupo realizou un traballo expresando plásticamente os seus sentimentos e
inquedanzas.
“Liberáchete da gleba, deixache o terrón e fuche polo mundo.
Agora xa non mungues as vacas, nin podas as viñas, nin inxertas as mazairas.”
A Fronteira Infinda. Celso Emilio Ferreiro
Cadro de Isaac Díaz Pardo
Alumnos e alumnas de 6º de primaria
A RECICLAXE
A reciclaxe é o proceso polo cal se lle dá un uso adicional a certos
produtos (ou partes deles) que chegaron ao fin da súa utilidade. Por
exemplo, dos tapóns de plástico obtense novamente plástico para
facer botellas e outros produtos.
A regra máis importante para coidar o medio ambiente é a dos 3R.
Se seguimos esta regra, tiraremos menos lixo, poderemos aforrar diñeiro e seremos máis
responsables no coidado do medio ambiente. Estes son os 3R:
REDUCIR: tirar menos
REUTILIZAR: gardar e volver utilizar
RECICLAR: converter unha cousa vella nunha nova
Os beneficios da reciclaxe son tanto para os humanos como para o medio ambiente. Cando
reciclamos un envase evitamos que acabe nun vertedoiro fora de control. Reciclar supón:
reducir o consumo e os desperdicios, aforrar recursos naturais, reducir a dependencia que
temos do petróleo, diminuír a contaminación... Estes son só algúns dos beneficios que produce
a reciclaxe.
Podemos reciclar moitas cousas como envases de plástico,
bricks, latas, envases de papel e cartón, vidro, pilas e
baterías, aceite...
Este proceso empeza nas nosas casas ao tirar o lixo no
contedor correspondente. Despois os camións lévano ás
plantas de reciclaxe. Alí, os envases recíclanse e convértense
en nova materia prima coa que se fabricarán novos produtos.
Antón, Marcial e Marcos – 6º A
PARQUES NATURAIS E NACIONAIS DE GALICIA
Un parque natural é un espazo que goza da categoría de área protexida pola súa riqueza
biolóxica e/ou paisaxística. Este status legal obriga a protexer e conservar a riqueza da súa
flora e da súa fauna. Os parques naturais poden ser marítimos ou terrestres e normalmente son
xestionados polas comunidades autónomas. Os parques naturais acadan a categoría de
nacionais cando polo seu alto valor son considerados como de interese para todo o estado.
En Galicia existen seis parques naturais: o Complexo Dunar de Corrubedo e as lagoas de
Carregal e Vixán, o Monte Aloia, as Fragas do Eume, a Serra do Invernadeiro, a Serra da
Enciña da Lastra e o Parque Natural Baixa-Limia- Serra do Xurés. O único parque nacional co
que contamos é o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS
Comprende os arquipélagos de Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada. Ten unha extensión de 1.194,8
ha terrestres e 7.285,2 ha de superficie marítima. Foi declarado como tal o 1 de xullo de 2002.
Fauna e flora
Este ecosistema marítimo-terrestre alberga un gran bosque de loureiro, e máis de 200 especies
de algas mariñas. Tamén destaca por ter moluscos, corais e anémonas. En canto a fauna
terrestre, pódense observar gaivotas, patiamarillas, cormoráns moñudos e araos.
Arquipélago das Cíes:
situado na boca da Ría de
Vigo está formado por
tres illas: Monteagudo, O
Faro e San Martiño. As
dúas primeiras unidas por
un longo areal, a Praia de
Rodas. Rodeadas de
augas cristalinas, cun
entorno natural que as
converten nun
observatorio de fauna e
flora único. Pertenecen ao
concello de Vigo. En novembro de 2013 o Concello de Vigo iniciou os trámites para que as
Illas sexan declaradas Patrimonio da Humanidade.
Arquipélago das Ons: situado na boca da Ría de Pontevedra. Composto pola illa de Ons, a
illa de Onza e outros peñascos.
Arquipélago de Cortegada: situado na provincia de Pontevedra, no interior da Ría de Arousa.
Ademais da illa de Cortegada conta con outras menores como as illas Malveiras.
Arquipélago de Sálvora: atópase na bocana da Ría de Arousa e ademais da illa de Sálvora
está composto por illotes como Vionta, Con de Noro, Gaboteira...
Antonio e Manuel – 6º A
ENTREVISTAMOS Á
ORIENTADORA DO CENTRO
Hoxe, os alumnos de 6º A, queremos coñecer un pouco
máis á profesora Nieves, que é a orientadora do noso
centro. Día a día está entre nós, non para impartirnos clase,
pero si para axudarnos cada vez que temos problemas.
P.- Cal é o teu nome completo?
R.- Chámome Nieves Rodríguez Vázquez.
P.- Cal era o teu soño cando eras pequena?
R.- Sempre quixen ser mestra, cando era
pequena encantábame ir á escola cunha
tía miña, que era mestra nun pobo de
Taboadela na que había nenos de todas as
idades, alí xogabamos e eu sempre facía
de mestra.
P.- Eras boa estudante e en que centro
estudaches?
R.- Era moi boa estudante, sempre quitei moi boas notas e sempre sempre me gustou
aprender novas cousas. Estudei no colexio das Carmelitas.
P.- Por que decidiches ser orientadora?
R.- No ano 1998 convocouse un concurso para os departamentos de orientación, eu
cumpría os requisitos que esixían e, como me entusiasman os novos retos,
presenteime a ese concurso e saín elixida.
P.- Que estudos tiveches que facer para selo?
R.-Había que presentar unha licenciatura de pedagoxía, psicoloxía ou psicopedagoxía.
No meu caso presentei a licenciatura en psicopedagoxía.
P.- Sempre traballaches de orientadora nos centros onde estiveches?
R.-Non, empecei sendo mestra de ciencias e matemáticas no ciclo superior de EXB,
despois fun mestra de primaria varios anos e, desde o ano 1998 traballo no
Departamento de Orientación.
P.- Gústache ser orientadora?
R.- Si, moitísimo, encántame. É un traballo apaixonante!.
P.- Que é o que máis che gusta de ser orientadora?
R.- Encántame aprender a resolver cada día novas dificultades, entender o por que de
moitas cousas, saber en que momento debo intervir para previr conflitos. Encántame
traballar cos nenos temas relacionados coa educación emocional, axudalos cando se
atopan en situacións difíciles e guialos para que aprendan a resolver conflitos
positivamente.
P.- En cantos centros traballaches anteriormente?
R.- Ao longo da miña vida traballei en moitos centros, antes
de estar neste traballei no colexio de Rairiz de Veiga, no da
Ponte de Ourense, no de Seixalvo, en Allariz, en Trives...
P.- Cantos anos levas exercendo de orientadora?
R.-Levo traballando como orientadora desde o ano 1998, é dicir dezaoito anos.
P.-Cántos anos levas neste centro?
R.-Cheguei a este centro en setembro do 2007, no ano en que vós empezabades
educación infantil
P.- En que consiste o teu traballo como orientadora?
R.-O meu traballo está relacionado con toda a Comunidade Educativa. Entre as tarefas
que debo desenvolver destaco:
Colaborar na prevención e detección de problemas de aprendizaxe.
Facer avaliacións psicopedagóxicas e coordinar cos mestres diferentes plans de traballo
para o alumnado que precisa medidas de atención educativa.
Participar na elaboración e desenvolvemento das adaptacións curriculares.
Asesorar, proporcionar recursos a mestres e pais.
Asesorar ás familias no labor educativo...
Colaborar con outras institucións como os Servizos Sociais, Atención Temperá, Saúde
Mental...
P.- Hai moitos casos con problemas neste
centro?
R.- Este centro, como outros moitos,
reflicte as problemáticas sociais,
económicas e persoais que atopamos
na sociedade. Vivimos momentos
difíciles e cada vez atopámonos con
máis alumnado que vive situacións
problemáticas que repercuten na
situación escolar.
P.- De non ser orientadora, que che gustaría
ser?
R.- Unha profesión relacionada coa ensinanza.
P.- De impartir clases, que materia che gustaría dar?
R.- Todas as materias relacionadas coas ciencias e as matemáticas.
P.- Ao saír do colexio, a que dedicas o teu tempo libre?
R.- Encántame camiñar, ler, facer encrucillados e por riba de todo manter longas
conversas cos amigos tomando un rico café.
P.- Teño entendido que traballas en dous centros, preferirías traballar só nun?
R.- Non, é moi enriquecedor para min traballar en dous centros tan diferentes.
P.-No centro CEE. O Pino, cantos alumnos hai?, as súas
problemáticas son moi diferentes comparadas coas dos nenos
do noso centro?
R.- Ese centro, polo que me preguntades, ten
escolarizados vinte nenos de idades comprendidas entre
os dezaseis e os vinteún anos, que presentan unhas
problemáticas totalmente diferentes ás que poidan ter os
nenos deste centro.
P.- Estás dacordo co uso das novas tecnoloxías na educación?
R.- Si, paréceme que son unhas ferramentas moi útiles e
imprescindibles na educación actual.
P.- Tendo en conta a evolución do ensino, que diferenza hai entre a educación de fai anos e a
de agora?
R.- Antes tiñamos unha educación máis memorística, traballabamos principalmente co
lapis e os cadernos. Na miña época era selectiva, non todos estudaban bacharelato xa
que os únicos centros para estudalo estaban nas cidades. Os nenos que seguían nas
escolas dos pobos só podían acadar o certificado de estudos primarios para acceder ao
mundo laboral.
P.-Que mellorarías na educación?
R.- Gustaríame unha educación na que o neno construíra a súa aprendizaxe mediante a
busca da información aplicando as novas tecnoloxías, relacionando e expoñendo os
contidos.
Debemos darlle máis importancia a educación emocional, estamos primando máis a
formación académica sen ter en conta a situación persoal do alumnado.
Debemos buscar unha educación na que non esteamos atados á liña marcada polos
libros de texto e a escravitude do número de temas por avaliación para acabar o libro.
En todos os cursos damos os mesmos temas, un pouco máis ampliados, e os nenos
perden a capacidade da curiosidade, que é o motor de queres saber máis e aprender
cousas novas.
Queremos darlle as grazas á profesora polo tempo que nos dedicou, e agradecerlle a axuda
prestada a cada un de nós ao longo do noso paso por este centro.
Alumnos e alumnas de 6º A
Buscamos e debuxamos aos malos dos contos
do mestre Xosé Carlos coa técnica do camishibai
Encantáronos as sesións de Contacontos
Que medo pasamos cando Isamar nos leu o seu conto: Narigota e os
monstros!
Mario Vázquez, Isamar lamelas, Rosana Fernández e Ariadne
Franco deleitáronos coas súas Historias de PAZ.
Para celebrar o día do Libro Lola, Adela e Miguel contáronos Historias
do Quixote
Que ben o pasamos no obradoiro de decoración de cabazas!
CONCURSO : CONTOS DE MEDO
Narigota, unha pinga de auga, foi a protagonista. Houbo unha gran
participación.
Conto elaborado polos nenos de 6º de infantil
O conto que fixeron os nenos de 1º de Primaria é moi interesante
Estes contos escribíronos nenos/as de 3º e 4º de EP
PREMIO NO CONCURSO CARTAS AO APALPADOR
Os nenos/nenas participaron no concurso Cartas ao Apalpador.
Recibimos a grata noticia de que a carta escrita por Miguel Vázquez,
alumno de 4º B, resultou gañadora. Recibiu agasallos...
É unha carta moi agarimosa:
FEBREIRO: MES DA POESÍA, MES DE
ROSALÍA
Os nenos máis pequenos copiaron e ilustraron poesías de Rosalía
Os nenos e nenas dos cursos superiores elaboraron fermosas
poesías. Estas son algunhas delas
APADRIÑAMENTO LECTOR
Co gallo do Día Internacional do Libro realizamos a III edición do
Apadriñamento Lector . Os “padriños e madriñas” (nenos/nenas
a partir de 3º de Primaria) levaron ao patio aos seus “afillados e
afilladas” ( os nenos/as de infantil e primeiros cursos de Primaria)
para lerlles un libro que seleccionaran previamente
Vivimos nunha sociedade moi
competitiva na que parece que
nada é suficiente e na que
todos temos a sensación de
que enseguida quedamos
desfasados, sendo varridos
constantemente polos novos
adiantos.
Por todo iso, nas últimas
décadas moitos pais e nais
asumiron un novo modelo de
educación sustentado na
hiperpaternidade. Trátase de
pais/nais que desexan que os
seus fillos estean preparados
para a vida, pero non no
sentido máis amplo do termo
senón no máis restrinxido:
queren que os seus fillos teñan os
coñecementos e as habilidades
necesarias para conseguir unha
magnífica profesión, obter un bo
traballo e gañar moitos cartos.
Estes pais/nais perseguen unha
única meta: que os seus fillos
sexan os mellores.
Para logralo, non dubidan en
apuntalos en múltiples actividades
extraescolares, facilitarlles o
camiño ata límites inverosímiles e,
por suposto, empurralos ao éxito a
calquera custo. E o peor de todo é
que eles están convencidos de que
o fan "polo seu ben".
Mira fillo, os luns ao sair da escola tes inglés e
karate, os martes guitarra e xadrez, os mércores
fútbol e teatro, os xoves inglés e piano, os venres
fútbol e ioga, os sábados…
Cando podo xogar contigo?
Xa o farás… Debes
aprender, é polo teu
ben!!
O principal problema deste modelo educativo é que lles engade unha presión
innecesaria aos nenos, unha presión que acaba roubándolles a súa infancia e
crea adultos emocionalmente rotos.
Esta presión innecesaria
róubanos a nosa infancia
Os nenos debemos aprender de
maneira divertida, temos dereito a
equivocarnos, a perder o tempo
deixando voar a nosa
imaxinación, a xogar con outros
nenos... Pretender que sexamos
os mellores obríganos a estar
sometidos a unha presión que non
é necesaria. Esta forma de educar
róubanos a infancia.
Provoca unha perda da nosa
motivación intrínseca
Cando os nosos pais atenden só aos
resultados sen ter en conta o noso
esforzo, perdemos a nosa
motivación intrínseca, pois
entendemos que se valora máis
mais importante a nota acadada que
o que realmente logramos aprender.
Fomenta en nós o medo ao fracaso e xera unha perda de autoestima
O medo ao fracaso é unha das sensacións máis limitadoras que podemos
experimentar. Empurrarnos desde moi pequenos cara ao éxito só serve para que
medre en nós o medo ao fracaso impedindo que nos convertamos en adultos
independentes e emprendedores. Os nenos que medramos coa idea de acadar a
perfección corremos o risco de ser adultos moi inseguros e cunha baixa autoestima.
OS PAIS/NAIS
DEBEMOS
RECORDAR :
 Que cada neno aprende ao seu ritmo e que non debemos
confundir a estimulación coa presión que o oprime.
 Que un factor que inflúe moito no rendemento académico
infantil é que os pais lles lean, que lles dediquen un tempo
cada noite para comezar xuntos a paixón pola lectura.
 Que a felicidade dun neno non se mide coas cualificacións
que acada.
 Que os nenos mais que xoguetes precisan unha vida
sinxela e despreocupada e tempo para estar coas seus
pais.
 Que os nenos precisan liberdade para explorar todo e
decidir por eles mesmos o que lles gusta e o que os fai
felices
-.
Departamento de Orientación
NÓS NECESITAMOS SABER :
 Que nos queredes de forma incondicional sen
importar os erros que poidamos cometer.
 Que nos protexeredes e apoiaredes sempre que
poidades.
 Que podemos elixir o que máis nos guste, sen
importar de que se trate.
 Que podemos deixar voar a nosa imaxinación e
no noso tempo libre podemos xogar ou facer o
que nos apetece.
 Que somos unhas persoas especiais para vós,
que merecemos respecto e que debemos
respectar os dereitos dos demais.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Un ano máis facemos un pequeño resumo das actividades realizadas ao longo deste
curso 2015/2016. Comezamos con …
Animación á lectura...
CONTACONTOS CON KAMISHIBAI
Día das bibliotecas escolares
Ed. Infantil e 1º EP (24-10-2015)
(na biblioteca do centro)
DÁLLE FORMA AOS TEUS CONTOS
XXVII Campaña de Animación á Lectura do
Concello de Ourense
Ed. Infantil (9-02-2016)
(na biblioteca do centro)
ENCONTROS CO AUTOR:
ÉRICA ESMORÍS
6º de EP (29-03-2016)
(na Escola de Teatro Municipal)
CONTOS CON PISTA
Contacontos de Raquel Queizás
2º, 3º, 5º e 6º de EP (18-04-2016)
(no salón de actos do centro)
III APADRIÑAMENTO LECTOR
Día Internacional do Libro
Todo o alumnado (25-04-2016)
(nos espazos exteriores do centro)
SABOREANDO AS LETRAS
Exposición de Animación á Lectura
Ed. Infantil (27-05-2016)
(no Museo Municipal)
SESIÓNS DE CONTACONTOS
Alumnos/as de 4º EP leron con-
tos aos nenos/as de Ed. Infantil e
1º EP en varias sesións ao longo
do curso
(na biblioteca do
centro)
Actividades musicais…
CONCERTO DE INAUGURACIÓN CURSO 2015-16
5º de EP (14-09-2015)
(na Praza de San Martiño)
COUSAS DE CATRO
3º e 4º de EP (11-02-2016)
(no Auditorio Municipal)
15 PRIMAVERAS
Mamá Cabra
Ed. Infantil (20-05-2016)
(no Auditorio Municipal)
… de danza
EN ESCENA: DANZA CONTEMPORÁNEA + OBRADOIRO
Compañía de Danza Sólodos
5º e 6º de EP (04-11-2016)
(na Escola Municipal de Artes Escénicas)
SESIÓN DE CONTACONTOS
CON SABELA
Ed. Infantil e 1º, 2º EP (02-06-2016)
(na biblioteca do centro)
Actividades de teatro, cine, monicreques…
NANA PARA UN SOLDADO
3º e 4º de EP (04-11-2015)
(no Auditorio Municipal)
MAIMIÑO E O ESPELLO MÁXICO
2º e 3º de EP (17-11-2015)
(no Auditorio Municipal )
LA GUERRA DE TROYA
5º e 6º de EP (24-11-2015)
(no Auditorio Municipal)
LÍO EN LA GRANJA
2º EP (15-12-2015)
(no Auditorio Municipal)
AURORA
5º e 6º de EI (16-02-2016)
(no Auditorio Municipal)
E tamén teatro en inglés
ALICE
5º e 6º de EP (18-01– 2016)
(no Auditorio Municipal)
THREE LITTLE PIGS
5º e 6º de EI (24-05-2016)
(no Auditorio Municipal)
ROBIN HOOD
3º e 4º EP (23-05-2016)
(no Auditorio Municipal)
Actividades relacionadas co medio ambiente e o seu coidado...
VISITA DO SEPRONA
Ed. Infantil (18-11-2015)
(no centro)
TALLERES PLAYENERGY
3º e 4º de EP (16-12-2015)
(no centro)
TI RECICLAS, OURENSE GAÑA
5º e 6º de EP (07-03-2016)
(no centro) VISITA Á ETAP
5º e 6º de EP (27-04-2016)
(estación de tratamento de augas
potables en Ourense)
PROTEXENDO O CAMIÑO
1º, 2º e 3º de EP (24-09-2015)
(no centro)
VISITA DA PATRULLA CALLEJERA
(protectora de animais)
6º EI (23-05-2016) (no centro)
Actividades relacionadas con hábitos saudables…
VISITA O TEU SUPER
6º de EP (23-09-2015)
(no centro e no supermercado Eroski)
VISITA DE CARDIO
Ed. Infantil e 1º de EP (04-05-2016)
(no centro)
OBRADOIRO DE FROITAS
1º de EP (12-05-2016)
(no centro)
OBRADOIRO DE MINIPIZZAS
4º EI e 2º A EP (18-05-2016)
(no centro)
DÍA DO DEPORTE
Todos os cursos (19-04-2016)
(no centro)
AULA CICLISTA
3º, 4º, 5º e 6º de EP (20-05-2016)
(no centro)
Actividades relacionadas coas novas tecnoloxías …
PLAN DIRECTOR: SEGURIDADE EN INTERNET
5º e 6º de EP (06-10-2015)
(no centro)
NAVEGA CON RUMBO POLA REDE
5º e 6º de EP (30-05-2016)
(no centro)
VISITA MUSEOS CORUÑESES
5º e 6º de EP (03-06-2016)
VISITAMOS MARCELLE
6º de EI (03-06-2016)
E excursións de final de curso… e de etapa...
XORNAL ESCOLAR
Alumnado de todos os cursos /
Gravación no centro (12-04-2016)
4º de EP (18-04-2016)
Gravación no estudio de Telemiño
coa televisión ... sen olvidar as nosas tradicións...
OBRADOIROS DE PAN DE MULLO
5º e 6º de EI, 1º e 2º de EP (24-02, 02-03-2016)
(no centro)
Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13
abalarcurros
 
Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015
biblionova
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
A Solaina
 

Mais procurados (20)

Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Anduriña 2017
Anduriña 2017Anduriña 2017
Anduriña 2017
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018
 
Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020
 
Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
Gandarela parte 1
Gandarela parte 1Gandarela parte 1
Gandarela parte 1
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Díptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeirasDíptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeiras
 
Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
Sofan News xaneiro
Sofan News xaneiroSofan News xaneiro
Sofan News xaneiro
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑO
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019
 

Destaque

Revista Escolar - CEIP PROFESOR ALBINO NÚÑEZ- 2012 /2013
Revista Escolar - CEIP PROFESOR ALBINO NÚÑEZ- 2012 /2013Revista Escolar - CEIP PROFESOR ALBINO NÚÑEZ- 2012 /2013
Revista Escolar - CEIP PROFESOR ALBINO NÚÑEZ- 2012 /2013
albinonunez
 
Voorstelling flitsalarm groep
Voorstelling flitsalarm groepVoorstelling flitsalarm groep
Voorstelling flitsalarm groep
Jo Swerts
 
PremKumarTR_Programmer
PremKumarTR_ProgrammerPremKumarTR_Programmer
PremKumarTR_Programmer
premrmdv
 
Florence + the machine magazine advert
Florence + the machine magazine advertFlorence + the machine magazine advert
Florence + the machine magazine advert
KiahHamilton
 
Educacion a distancia
Educacion a distanciaEducacion a distancia
Educacion a distancia
monita216
 

Destaque (18)

Revista escolar 2013- 14, CEIP Profesor Albino Núñez- Ourense
Revista escolar 2013- 14, CEIP Profesor Albino Núñez- OurenseRevista escolar 2013- 14, CEIP Profesor Albino Núñez- Ourense
Revista escolar 2013- 14, CEIP Profesor Albino Núñez- Ourense
 
Revista Escolar - CEIP PROFESOR ALBINO NÚÑEZ- 2012 /2013
Revista Escolar - CEIP PROFESOR ALBINO NÚÑEZ- 2012 /2013Revista Escolar - CEIP PROFESOR ALBINO NÚÑEZ- 2012 /2013
Revista Escolar - CEIP PROFESOR ALBINO NÚÑEZ- 2012 /2013
 
Mps development
Mps developmentMps development
Mps development
 
Img 20141207 0088
Img 20141207 0088Img 20141207 0088
Img 20141207 0088
 
Cinderella Power Point For Rhiana
Cinderella Power Point For RhianaCinderella Power Point For Rhiana
Cinderella Power Point For Rhiana
 
Voorstelling flitsalarm groep
Voorstelling flitsalarm groepVoorstelling flitsalarm groep
Voorstelling flitsalarm groep
 
Coursera EWX5KLFTMTX7
Coursera EWX5KLFTMTX7Coursera EWX5KLFTMTX7
Coursera EWX5KLFTMTX7
 
Tarlikova 35 grupa
Tarlikova 35 grupaTarlikova 35 grupa
Tarlikova 35 grupa
 
Why do we hate Facebook so much?
Why do we hate Facebook so much?Why do we hate Facebook so much?
Why do we hate Facebook so much?
 
Cultivo una rosa blanca
Cultivo una rosa blancaCultivo una rosa blanca
Cultivo una rosa blanca
 
PremKumarTR_Programmer
PremKumarTR_ProgrammerPremKumarTR_Programmer
PremKumarTR_Programmer
 
Florence + the machine magazine advert
Florence + the machine magazine advertFlorence + the machine magazine advert
Florence + the machine magazine advert
 
Secured Options Binary Options - Stocks you must Buy
Secured Options Binary Options - Stocks you must BuySecured Options Binary Options - Stocks you must Buy
Secured Options Binary Options - Stocks you must Buy
 
Educacion a distancia
Educacion a distanciaEducacion a distancia
Educacion a distancia
 
Forex Basics
Forex BasicsForex Basics
Forex Basics
 
Langkah awal penggunaan multimeter
Langkah awal penggunaan multimeterLangkah awal penggunaan multimeter
Langkah awal penggunaan multimeter
 
Fenómenos Meteorológicos
Fenómenos MeteorológicosFenómenos Meteorológicos
Fenómenos Meteorológicos
 
Insulation to seal the air duct
Insulation to seal the air ductInsulation to seal the air duct
Insulation to seal the air duct
 

Semelhante a Revista o formigueiro curso 2016 versión final

Retallos 2013
Retallos 2013Retallos 2013
Retallos 2013
A Solaina
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010
A Solaina
 
Actividades 4º e.i.
Actividades 4º e.i.Actividades 4º e.i.
Actividades 4º e.i.
colecabalo
 
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
bibliobrozos
 
Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)
REME BUDIÑO
 
CARBALLAL.gal ing
CARBALLAL.gal ingCARBALLAL.gal ing
CARBALLAL.gal ing
masalfe
 
3º ciclo unidad profesor3-2014
3º ciclo unidad profesor3-20143º ciclo unidad profesor3-2014
3º ciclo unidad profesor3-2014
Marta Pérez Lage
 

Semelhante a Revista o formigueiro curso 2016 versión final (20)

Revista cep-campolongo-2017
Revista cep-campolongo-2017Revista cep-campolongo-2017
Revista cep-campolongo-2017
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Family engagement
Family engagementFamily engagement
Family engagement
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Feira do turismo sostible
Feira do turismo sostibleFeira do turismo sostible
Feira do turismo sostible
 
Retallos 2013
Retallos 2013Retallos 2013
Retallos 2013
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010
 
Actividades 4º e.i.
Actividades 4º e.i.Actividades 4º e.i.
Actividades 4º e.i.
 
Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10
 
Programa magosto uncas radio escolar
Programa  magosto uncas radio escolarPrograma  magosto uncas radio escolar
Programa magosto uncas radio escolar
 
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
 
Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)
 
CARBALLAL.gal ing
CARBALLAL.gal ingCARBALLAL.gal ing
CARBALLAL.gal ing
 
REVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdfREVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdf
 
3º ciclo unidad profesor3-2014
3º ciclo unidad profesor3-20143º ciclo unidad profesor3-2014
3º ciclo unidad profesor3-2014
 
Xermoliño
XermoliñoXermoliño
Xermoliño
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
 
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
 
Xermoliño
XermoliñoXermoliño
Xermoliño
 

Mais de albinonunez

Mais de albinonunez (20)

Traballo sobre Frida Kahlo.
Traballo sobre Frida Kahlo. Traballo sobre Frida Kahlo.
Traballo sobre Frida Kahlo.
 
COÑECENDO A FRIDA KAHLO
COÑECENDO A FRIDA KAHLOCOÑECENDO A FRIDA KAHLO
COÑECENDO A FRIDA KAHLO
 
O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA
O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA
O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA
 
Christmas
ChristmasChristmas
Christmas
 
Thanksgiving 2016
Thanksgiving 2016Thanksgiving 2016
Thanksgiving 2016
 
Halloween
HalloweenHalloween
Halloween
 
Tennessee
TennesseeTennessee
Tennessee
 
A xesta
A xestaA xesta
A xesta
 
Wangari
WangariWangari
Wangari
 
Natu poemas
Natu poemasNatu poemas
Natu poemas
 
FICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLO
FICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLOFICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLO
FICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLO
 
Taller de pan de millo
Taller de pan de milloTaller de pan de millo
Taller de pan de millo
 
Comprometidos coa saude
Comprometidos coa saude Comprometidos coa saude
Comprometidos coa saude
 
FICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNS
FICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNSFICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNS
FICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNS
 
Narigota vai á casa
Narigota vai á casaNarigota vai á casa
Narigota vai á casa
 
Contos ecolóxicos
Contos ecolóxicosContos ecolóxicos
Contos ecolóxicos
 
Ideas para decorar no nadal
Ideas para decorar no nadalIdeas para decorar no nadal
Ideas para decorar no nadal
 
O noso ecosistema
O noso ecosistema O noso ecosistema
O noso ecosistema
 
Refrans e cantigas
Refrans e cantigasRefrans e cantigas
Refrans e cantigas
 
Grilos
GrilosGrilos
Grilos
 

Último

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

Revista o formigueiro curso 2016 versión final

  • 1.
  • 2. VOZ NATURA II EXPOSICIÓN FROITOS OUTONO SAMAÍN MAGOSTO NADAL DIA DA PAZ DÍA DO DEPORTE ENTROIDO BROCHETA DE FROITAS O INVERNADOIRO OS MAIOS CONTOS DE ANDERSEN A VISITA DE CARDIO PLANTAS SILVESTRES O MUIÑO ADIVIÑAS XOGOS POPULARES PROGRMA SI COÑECE ALGÚNS PAXAROS LETRAS GALEGAS XIÁN E OS CHÍCHAROS PAN DE MILLO UN COMEDOR 5S FOMOS NOTICIA INTERVIEW ENGLISH RECIPES AS NOSAS SAÍDAS A RECICLAXE PARQUES NATURAIS ENTREVISTA ORIENTADORA BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO DEP. ORIENTACIÓN ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
  • 3. Por segundo ano consecutivo participamos no programa de educación ambiental “Voz Natura” patrocina- do pola Fundación Santiago Rey Fdez-Latorre co noso proxecto “Re-xeneración: Verde no canto de marrón...” , e tamén este ano obtivemos un premio. Acadamos o premio ao mellor proxecto da provincia de Ourense. E para unirnos a gran festa que “Voz Natura” organiza ao final de cada curso e para recoller o noso premio, acudimos o sábado 4 de xuño ao Parque de Acea de Ama en Culleredo, onde nos unimos a outros colexios de Galicia que participan no programa. Primeiro visitamos as salas onde estaban expostos os traballos de todos os centros participantes. Alí tamén estaba a exposición do noso colexio, cunha mostra dalgún dos traballos que se realizaron ao longo do curso: Despois os nenos e nenas que nos acompañaron ata Coruña (5 e 6º de EI e 4º de EP) estiveron disfrutando das distintas actividades que se ofrecían dentro do gran recinto do parque: E a esperada entrega de premios, a profesora Conchi Reza e os nenos Martiño (5º EI) e Candela (6º EI) recolleron, en nome do resto de profesorado e alumnado que traballaron no proxecto “Re-xeneración: verde no canto de marrón...”, o diplo- ma que nos acredita como o mellor proxecto ambiental provincia de Ourense da 19ª edición 2015-2016 do programa “Voz Natura”. Xurxo, Nicolás, Marti- ño e Daniel con Terri, a mascota de Voz Na- tura. Juan de porteiro e J. Daniel de defensa, no futbolín “humano”. Antía, Isamar, Naiara, Aissatou e Nadia participando nun taller de confección de chapas. Marcos a punto de deslizarse por un “hinchable”
  • 4. Ao longo de outubro solicitamos a colaboración das familias para recoller e traer froitos do outono, secos e carnosos, para facer unha exposición na escola. O éxito foi tal que nos xuntamos cunha gran variedade de produtos, algúns descoñecidos para os nenos. Os productos foron etiquetados en galego para ampliar vocabulario.
  • 5.
  • 6. Un ano máis xa chegou o día do SAMAÍN - HALLOWEEN, e no cole fixemos diferentes tipos de actividades relacionadas con esta data. Os alumnos/as de Educación Infantil traballaron unha unidade didáctica sobre o Samaín e plasmaron con distintas técnicas o mundo "dos seres terroríficos" . Pintaron pedras, fixeron banderíns, pintaron rolos de papel, confeccionaron carautas...
  • 7. Nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria traballaron na área de plástica (materia impartida en inglés) a festividade de Halloween e confeccionaron cabazas con cartolina. En 4º de Educación Primaria xogaron cos famosos "hama-beads" para realizar caveiras, bruxas...... E como sempre non faltou a decoración en todo o colexio: murais, debuxos, guirnaldas... polas aulas e corredores!! E por suposto na biblioteca do centro non faltaron as actividades relacionadas con estas celebracións: concurso de carteis sobre os personaxes malvados dos contos, taller de confección de cabazas, terceira edición do concurso de contos de medo e unha ampla exposición dos fondos existentes na biblioteca relacionados con esta temática.
  • 8. O martes 10 de novembro celebramos o MAGOSTO no cole, o tempo, por fin, axudounos (fixo un día espléndido!!!) e puidemos disfrutar da fogueira, das castañas, dos xogos e como non: tisnarnos a cara, correr e saltar ... !!! E……………que rico está o xantar do Magosto!!!!!!! MAGOSTO 2015
  • 9. Que artistiñas temos no centro!!!! Este foi o resultado do noso concurso de postais de Nadal A postal de Xiana Carderí Jardón foi seleccionada para felicitar ás familias polo Nadal
  • 10. Tamén fixemos unha exposición de árbores de Nadal
  • 14. O 30 de xaneiro celebramos o “día da non violencia e da paz” Coma todos os anos, no noso cole festexámolo desenvolvendo diversas actividades nas que tentamos traballar e fomentar valores coma: respecto, convivencia, solidariedade, igualdade, diferenzas culturais.. Este ano a actividade principal na que participamos todos os nen@s do centro foi unha coreografía que preparamos coa profe Maite, coa música e letra da canción “ Todos somos iguales“ do grupo “ Panda”. Todos os alumn@s fomos saíndo ao patio por cursos e colocámonos formando círculos. Cando a música comezou a soar bailamos acompasados e pasámolo moi ben, tanto, que o repetimos varias veces e, por un ratiño, non houbo ningún tipo de problema ou altercados que perturbasen a Paz. Quizás se bailasemos máis o mundo sería un lugar mellor.
  • 15. 1ª semana 2ª semana 3ª semana 4ª semana 5ª semana 6ª semana O martes 19 de abril celebramos o DÍA DO DEPORTE como complemento e remate do programa CANDO XOGO... EN GALEGO!!, o cal estivemos realizando ao longo de 6 semanas. Co mesmo tratabamos de aunar o fomento de hábitos saudables, como é o da actividade deportiva, e o fomento da nosa lingua dando a coñecer, para o seu posterior uso, o vocabulario específico en galego dos deportes máis coñecidos. Tratouse tamén de fomentarse o espíritu deportivo, o compañeirismo e a autoestima. Agradecemos a Ourense C.F. / Ourense- Envialia F.S. e o Clube de Atletas Veteranos de Ourense a súa colaboración na organización deste día e a súa participación nas diferentes actividades Tenis Ciclismo Baloncesto Xogos populares Fútbol Atletismo
  • 16. E case sen darnos conta chegou o ENTROIDO. E coma todos os anos comezamos coas ORDES DO MECO. Os nenos de 4 anos estiveron atentos as mesmas e non se despistaron!!!!!
  • 17.
  • 18.
  • 19.
  • 20.
  • 21.
  • 22.
  • 23.
  • 24.
  • 25.
  • 26.
  • 27. P L A N T A S S I L V E S T R E S Os nenos/as de 1º tivemos unha clase de naturais ao aire libre para descubrir plantas silvestres e saber se son ou non tóxicas. Fixemos un pequeno mural con elas na clase e puxémoslle os nomes en galego e castelán e tamen unha pegatina vermella, amarela ou verde; dependendo da súa toxicidade . Nomes das plantas: Fumaria Lingua de ovella, Sete costelas (Llantén) Fionllo (Hinojo) Ceruda (Celidonia) Rompe muros, Escacha pedras (Parietaria) Dente de león Malva Peite da bruxa Zurrón de pastor Meldrastro (Menta silvestre) Hedra (Hiedra) Vincapervinca …
  • 28.
  • 29.
  • 30.
  • 31.
  • 32. Os alumnos de terceiro participamos no “Programa SI” Como viñemos facendo estes últimos anos, tamén durante este curso participamos no “Programa SI”, no cal, traballamos temas e actividades que nos axudaron a proporcionar a todos os nenos e nenas de terceiro curso as ferramentas básicas que nos permiten o noso deselvolvemento persoal e social e, tamén, a adquisición de habilidades e competencias culturais e sociais. Ademais, elaboramos nas nosas casas un corazón de papel, seguindo as instrucións dun vídeo de internet, e quedaron moi chulos ,como se pode ver na foto. Entre outros temas, traballamos que facer deporte non é cousa de nenos ou de nenas, senón que todos e cada un de nós pode e debe practicar aquelo que lle gusta, sen pensar no que digan ou no que opinen os demais, xa que cada quen é capaz de actuar por si mesmo. Outro tema interesante foi o de que é moi importante facer un almorzo completo e saudable, xa que ademais de que necesitamos enerxía para os nosos músculos, resulta que o órgano que máis enerxía necesita é o noso cerebro, que bota moitas horas funcionando con tanta explicación e tantos exercicios ao longo de toda a mañá. Case todos os compañeiros nos demos conta de que non facemos un bo almorzo, que debe constar de hidratos de carbono,lácteos e froita. O que máis nos chamou a atención polos vídeos que vimos, foi o tema que falaba do noso corazón e o sistema circulatorio. Neles puidemos ver como o sangue circula polo corpo a través de veas, arterias e capilares e como reparte nutrintes e osíxeno a todas as células e órganos.
  • 33. Un dos últimos temas traballados foi o que falaba da importancia que ten para a nosa saúde comer peixe. A maioría de nós somos reacios a comer o peixe que nos poñen no prato, pero démonos conta de que o chamado “ peixe azul” sobre todo , é moi beneficioso para a nosa saúde e o noso desenvolvemento, porque ten unhas propiedades moi boas que nos achegan proteínas, vitaminas e minerais, ou sexa, que comer este tipo de peixe achéganos prácticamente todos os nutrintes que necesitamos, pero o máis importante é que as súas graxas son moi boas porque teñen omega 3, que seica son fenomenais para o noso sistema circulatorio. Seguro que a partires de agora veremos doutro xeito os xurelos, as cabalas, o atún,etc…, cando os vexamos no prato do comedor escolar ou na casa. E nos vos esquezades doutros peixes como a pescada, a palometa, o bacallau… que tamén están moi ricos e son saudables. Para rematar esta actividade fixemos un póster onde recomendamos comer peixe azul, e farédelo se sodes listos!
  • 34. Este ano un verdorolo e unha pomba bateron contra unha das ventás das clases de 4ºB e de 4ªA respectivamente. Os dous paxaros morreron, pobriños! Por iso decidimos pór debuxos nos cristais das fiestras para ver se así non topaban con eles outras aves. Por outra parte, no festival do Día das Letras Galegas, cantamos a canción O cuco en honor de Manuel María. Para saber máis destes paxaros buscamos información e fixemos algúns debuxos.
  • 35. Verderolo común Nome científico: Chloris chloris Descrición: • Lonxitude duns 14 cm e peso duns 30 g. • Peteiro cónico, forte e grande. • Patas e pés de cor carne. • Iris do ollo de cor parda. • Plumaxe grisácea tinguida de verde oliva escura nas partes superiores. Nas partes inferiores, cor verde amarelada e amarela intensa. A plumaxe da femia é máis apagada. • Extenso vocabulario de gritos e notas no seu canto. • Vive entre dez e doce anos. Distribución e hábitat. Esténdese por Europa, Turquía, norte de Arabia e norte de África. Habita libre en masas arbóreas cercanas a campos cultivados. Tamén en parques, xardíns e hortas. As poboacións do norte de Europa desprázanse ao sur no inverno. Na Península Ibérica hai poboacións sedentarias e outras pasan o inverno no norte de África. Alimentación: sementes e froitos. Reprodución: Normalmente, dúas postas por ano, de marzo a agosto. A femia pon de catro a seis ovos e os incuba entre once e quince días. O macho alimenta a femia mentres non nacen os polos. Ao naceren, as crías son cebadas por ambos proxenitores. Voan aos doce ou dezaseis días de naceren. Distribución do verderolo común
  • 36. Pomba Nome científico: Columba livia doméstica Descrición: • Mide entre 29 cm e 37 cm de lonxitude. As domésticas ou semidomésticas adoitan sobrepasar os 380 g. •Segundo a especie ou híbrido de que se trate, predomina na súa plumaxe a cor gris azulada ou a marrón clara. • Moitas presentan dúas bandas negras nas ás e no rabo e unha zona iridescente de cor verde violácea no pescozo. • Iris do ollo de cor laranxa, vermella ou dourada. • Peteiro anegrado e patas de cor vermella. • As pombas urbanas viven uns seis anos. Distribución e hábitat. A distribución natural das pombas bravías salvaxes –das que proceden as pombas que temos nas cidades- limítase ao sur de Europa, norte de África e suroeste de Asia. Tras a súa domesticación na antigüidade, moitas asilvestráronse e mesturáronse con outras especies . Hoxe, a poboación de pombas salvaxes e asilvestradas é moi grande, só en Europa hai uns dezaoito millóns de individuos. Alimentación. Aliméntanse no chan de grans pero tamén de gromos, froitos, insectos, vermes e caracois. Ao beber tragan a auga coa cabeza agachada e o peteiro sumerxido, sen ter que levantar a cabeza e inclinala cara a atrás, a diferenza da maioría das aves. Reprodución. Crían sobre todo en primavera e verán. As que viven nas cidades sitúan o niño en gretas e ocos de edificacións. Adoitan pór dous ovos brancos. Macho e femia incúbanos entre dezasete e vinte e un días. Os pichóns tardan uns trinta días en medrar e deixar o niño.
  • 37. Cuco común Nome científico: Cuculus canorus Descrición • Mide sobre 33 cm de lonxitude, dos cales uns 14 cm pertencen ao seu rabo. Os machos pesan uns 130 g e as femias arredor de 110 g. • Plumaxe da parte superior e peito de cor gris, abdome e flancos cun listado branco e negro. • Iris, base do peteiro e patas de cor amarela. Peteiro aguzado e algo curvo. Patas curtas. • O seu característico canto melodioso óese sobre todo en primavera. • Vive entre dez e doce anos. Distribución Especie migratoria. Na primavera e no verán esténdese pola maior parte de Eurasia, onde cría, e en inverno migra á África e sueste asiático. Habita en zonas boscosas abertas, zonas con abundante vexetación e campos de cultivo. Evita as zonas montañosas altas, as rexións deforestadas e as zonas demasiado urbanizadas. Alimentación Ave insectívora que se alimenta especialmente de eirugas. Tamén come arañas, cempés e lombrigas de terra. Reprodución. Por maio a femia deposita normalmente un ovo –ocasionalmente dous- no niño doutras aves insectívoras. Retira un ovo da especie parasitada e o substitúe polo seu. Cun intervalo de 48 horas pon de 12 a 15 ovos noutros tantos niños. O ovo do cuco adoita ser o primeiro en eclosionar, e o polo retira do niño os ovos ou os polos orixinais. Deste xeito a femia alimenta un único polo adoptivo ata que ao cabo dunhas tres semanas abandona o niño. Alumnos 4º curso
  • 38. Este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María, poeta moi popular, comprometido con Galicia e autor da obra poé- tica máis extensa das nosas le- tras. Publicou máis de cincuenta li- bros de poesía, trinta ensaios, quince obras narrativas, vinte pezas teatrais e moitos artigos xornalísticos. Foi traducido a numerosos idiomas e é o poeta galego máis musicado. Toda a súa obra reflicte o seu amor a Galicia, á súa terra, á xente, á lingua, ás cousas cotiás... Dedicounos unha atención especial aos nenos e nenas, galegos con poemarios, contos e obras teatrais. No prólogo do li- bro As rúas do vento ceibe di Manuel María: “Si estes poemas, sinxelos e simples, vos deprenderan a amar a nosa patria Galicia, este voso vello amigo sería o home máis feliz do mundo”. Pois ben, po- derás entón sentirte moi feliz alá onde esteas, porque conseguiches que cos teus versos milleiros de nenos e nenas galegos coñezamos e apreciemos máis ao noso país, á vez que espertaches en moitos de nós o gusto pola poesía. GRAZAS Nós quixemos homenaxealo ilustrando cinco dos seus poemas que vos mostramos a continuación.
  • 39. Poema “Dorna” do libro As rúas do vento ceibe. 1978 Poema “O semáforo” do libro As rúas do vento ceibe . As rúas do vento ceibe foi o segundo libro de poemas que escribiu para nenos, “...dun xeito particular prós nenos da cidade, un tanto esquencidos no outro meu libro para rapaces” escribe Manuel María no prólogo deste libro.
  • 40. LETRAS GALEGAS 2016 A Terra Cha somentes éUn pobo aquí, outro acolá,mil arbres, monte raso,un ceo chumbo e tráxicono que andan as aves a voarO resto é soedá. Terra Cha. 1954 A evocación da paisaxe da súa terra natal, a TERRA CHA, foi un dos temas prefe- ridos de Manuel María, e unha constante na súa obra.
  • 41. O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén! O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua se queremos vencer! Alumnos e alumnas de 5º recitando o poema “A fala” de Manuel María “A Fala” Nube de palabras creada a partir do poema “A fala”
  • 42. FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2016 O día 19 de maio fixemos no colexio unha pequena homenaxe a Ma- nuel María, autor ao que se lle dedica este ano 2016 o Día das Letras Galegas. Este escritor non se olvidou dos máis pequenos e pequenas, escribindo para eles poesía, contos e algunha obra de teatro. Algún dos seus poemas foron cantados e/ou recitados no pequeno festival que realizamos. PROGRAMA 4º Ed. Infantil: O arco da vella (baile) 5º Ed. Infantil: Caracol (canción ) 6º Ed. Infantil:: A roda , roda (canción e baile) 1º Ed. Primaria: O muíño (canción) 2º A e 2º B Ed. Primaria: Rap de Manuel María (rap) 3º Ed. Primaria: Lume novo e O Soñador (poemas) 4º A e 4º B Ed. Primaria: O cuco (canción) 5º Ed. Primaria: A fala (poema musicado) 6º A e 6º B Ed. Primaria: A emigración , O can e Galicia (poemas) Os máis pequenos do centro bailaron o poema musicado por Suso Vaamonde “O arco da vella”. “O caracol”, tamén musicado por Suso Vaamonde, foi o poema que cantaron os nenos e nenas de 4 anos.
  • 43. Os nenos e nenas de 5 anos cantan e bailan “A roda, roda”, outro poema de Manuel María musicado por Suso Vaamonde. “O muíño”, musicado por Alfredo González Vilela, foi o poema que cantaron os alumnos de 1º de primaria. Os marchosos nenos e nenas de 2º A e 2º B “rapearon” a vida de Manuel María co xa famoso “Rap de Manuel María” que arrasa na rede. Dou poemas: “Lume novo” e “O soñador”, foron recitados polos alumnos e alumnas de 3º . “O cuco”, na versión musicada de Suso Vaa- monde foi cantado por todo o alumnado de 4º de primaria. Alumnos e alumnas de 5º recitaron o poema “A fala” acompañados á frauta por Anxo e Carla. Alumnos de 6º A e 6º B recitaron os poemas: “A emigración”, “O can” e o famoso poema “Galicia” , un dos máis coñecidos e significativos , que inicia o libro de poemas para nenos “Os soños na gaiola”.
  • 44. XIÁN E OS CHÍCHAROS
  • 45. Saboreando as letras: 2016 Ano Internacional dos Legumes. Nenos e nenas de Ed. Infantil
  • 46. PPAANN DDEE MMIILLLLOO Este ano seguimos desenvolvendo o noso taller de “cousas con raíz”, dentro do proxecto “Re-xeneración , verde no canto de marrón”, co que participamos no programa de educación ambiental Voz Natura. Sergio, un avó da comunidade educativa, volveu á escola, para ensinarnos a facer pan de millo. Con esta actividade conseguimos que os nenos e as nenas fosen capaces de : Achegarse a nosa contorna natural e sociocultural, traballando en grupo, aprender pasándoo moi ben, coñecer a importancia do millo na nosa alimentación, valorar todo o traballo que hai que realizar antes de que os alimentos cheguen ao noso prato, aumentar o vocabulario, obter fariña para facer o pan, e farelo para a nosa brigada de “amigos dos Paxaros”, que se encargan cada día de aliméntalos levándolles comida á zona do areeiro, implicar a varios membros da comunidade educativa na realización da mesma tarefa e comprobar como o esforzo trae bos resultados... neste caso en forma de pan. Comezamos esta actividade cun traballo previo que se desenvolveu na aula, escoitando, aprendendo e cantando a canción “ pan de millo”, do grupo Migallas. Partindo desta canción dividimos o taller en varias zonas. A primeira estaba dedicada a GARDAR O MILLO e nela puidemos ver un cabaceiro con espigas.
  • 47. Na segunda aprendemos a DEBULLAR, cando xa tiñamos o gran separado do carozo, explicámoslle que había que moelo para conseguir fariña. A continuación aprendemos a PENEIRAR, para separar a fariña do farelo. O farelo gardámolo para entregarllo a nosa brigada de “Amigos dos Paxaros” que cada día , se encargan de levarlles comida. Coa fariña, Sergio ensinounos a AMASAR.
  • 48. Na zona seguinte aprendemos a TENDER a masa, e fixemos o nosos boliños de pan. E como isto era “pan comido” fomos á cociña para COCER o pan. Rematamos PROBANDO o rico pan de broa. E levando para a casa os nosos boliños para a merenda e a nova mascota do comedor “espiguín” , que ao longo do curso acompañou aos nenos e as nenas que se atreveron a comer o millo, un dos novos alimentos que introducimos este ano no noso comedor 5S.
  • 49. UUNN CCOOMMEEDDOORR 55SS Para ensinar aos nenos a comer segundo os principios da dieta mediterránea, rica en verdura, peixe e froita, e para que adquiran hábitos de bo comportamento, temos un comedor con nome propio: un comedor 5S Este ano “medramos”, propuxémonos conseguir un “ S “ máis. Por iso agora somos un comedor 5S, en vez dun comedor 4S. Este curso estivo cheo de cambios, de retos e de sorpresas. O primeiro cambio foi o de persoal, coa chegada dos novos cociñeiros o equipo quedou formado pola nosa “veterana “ Ángeles, por Rocio e por Rafael. Foi unha sorte contar con estes tres expertos, sempre dispostos a prepararnos menús moi ricos e saudables. Coa súa axuda, e coa cooperación dos colaboradores e colaboradoras do comedor , empregamos este servizo como un recurso para educar nenos 5S: -Saudables : capaces de coidar a súa saúde, gozando dunha dieta equilibrada e variada. -Solidarios: na medida na que dentro das súas posibilidades animan aos máis cativos a probar “novos sabores”. -Silenciosos: intentando evitar a contaminación acústica e promovendo hábitos de orde e de silencio.
  • 50. -Sorrintes: capaces de converter o comedor escolar nun espazo cómodo e agradable para todos . -Sensibles: co ecosistema, tendo en conta o tipo de alimentos que estamos consumindo, promovendo o uso de produtos ecolóxicos e dos cultivados no noso horto, co traballo dos demais valorando a importante tarefa dos nosos cociñeiros a través dos comentarios que os nenos lles fixeron ao longo de todo o curso, apreciando a calidade dos menús, e coas necesidades e peculiaridades de cada neno ofertando un menú xeral e varios menús específicos (sen glute, sen ovo e hipocalórico). Para educar aos nenos no tempo do xantar, xunto cos recursos que xa empregamos os cursos anteriores (distintivos saudables, xogo do rei da mesa, puntos saudables...) creamos outros novos, tales como foron: as novas mascotas do comedor, ou o xogo: “Abre a ilusión ao entrar, pecha o orgullo ao saír” DISTINTIVOS SAUDABLES Cando os nenos probaron algún prato que non lles gustaba entregámoslle unha medalla saudable ou un distintivo, nos que especificamos o motivo polo que se lles deu este premio, para que as familias nós axudasen ao chegar a casa, dándolle parabéns polos seus logros, e fomentando o consumo destes alimentos. REI /RAÍÑA DA MESA Aquel neno, ou aquela nena que conseguiu ser 5S ( saudable, solidario, silencioso, sensible e sorrinte) converteuse no “ rei “ ou na “raíña da mesa”. A estes nenos fixémoslles unha foto coa súa coroa e colocámola no taboleiro dos reis da mesa . Ao pasar uns días levaron as fotos para as casas, co fin de que as familias coñecesen e valorasen o esforzo dos cativos e os obxectivos acadados.
  • 51. AS MASCOTAS VIAXEIRAS Un ano máis as nosas mascotas visitan os fogares dos nenos 5S (saudables, solidarios, silenciosos, sensibles e sorrintes) para informar as súas familias do seu bo comportamento. Este curso ademais da xa coñecida “mazá saudable” tivemos novas mascotas viaxeiras.
  • 52. 20-04-2016 Tamén a visita ao colexio dos equipos de fútbol Ourense CF e Envialia Feminino con motivo da celebración do DÍA DO DEPORTE, foi recollida polo xornal La Región. FOMOS NOTICIA!! NOS XORNAIS… 11-09-2015 A inauguración do curso escolar 2015/16 no noso centro encabezou a portada do xornal La Voz de Galicia (edición Ourense) coa foto do primeiro día de curso dos nenos e nenas de 5º de infantil. En páxinas interiores fotos tamén dos nosos alumnos (Xián e Jeray de infantil e Mario de 1º), ilus- traron a nova do comezo de curso. 16-09-2015 No especial “De Volta” do xornal La Región dedi- cado ao comezo de curso, o noso centro foi pro- tagonista dunha das páxinas, con fotos de diver- sos momentos do primeiro día lectivo.
  • 53. PREMIO PROVINCIAL Tanto na edición impresa coma na dixital, La Voz de Galicia fa- cíase eco da concesión ao noso centro do 1º premio provincial (OURENSE) ao proxecto do programa VOZ NATURA: “Re- xeneración… verde no canto de marrón”, que levan a cabo as profe- soras de 5º e 6º de infantil, coa colaboración doutros cursos e pro- fesorado en actividades puntuais, e baixo a coordinación da profe- sora Maite Sotelo. Un ano máis prémiase o traballo deste grupo que este curso, ademais de continuar o traballo no horto escolar, dedi- cáronse a actividades de reciclaxe, aforro de auga, apadriñamento de árbores, mellora do entorno escolar, obradoiros de pan de millo, estudo de animais do horto, hábitos saudables... 21-04-2016 Este mesmo xornal publicou a nova da inaugura- ción do invernadoiro para sementeiros que se ins- talou na zona do horto escolar. 20-04-2016 Así mesmo en La Voz de Galicia se informaba da ce- lebración do DÍA DO DEPORTE como remate da cam- paña CANDO XOGO … EN GALEGO!!, que se desen- volveu no centro ao longo dos meses de marzo e de abril. 21-05-2016 O 4 de maio, o especial “Aulas Abertas” do xornal La Región foi dedicado ao noso colexio, cunha ampla reportaxe sobre o centro e a grabación do programa de tele- visión XORNAL ESCOLAR. ...E NA TELE!!! O 7 de maio emitiuse na cadea de televisión local TELEMIÑO outro programa da serie XOR- NAL ESCOLAR protagonizado polo noso cole. Coma o curso pasado, unha parte do programa gravouse no centro e outra parte foi gravada nos estudios de Telemiño. Exerceron de copresentadores Lola, Iker e Óscar e esta vez, de “sufrido” concursante, foi o titor de 6º B, José Rodríguez. Alumnos de 4º de primaria asistiron á gra- vación nos estudios de televisión. Isamar e Miguel presentaron a gravación feita no cole 04-05-2016
  • 54. AN INTERVIEW TO SAMANTHA, Our ENGLISH language assistant What´s your name? (Como te chamas?) Samantha Colleen. How old are you? (Cantos anos tes?) Twenty-six years old. (26 anos) Where are you from? (De onde eres?) Calgary, Alberta, Canada. Have you got any brothers or sisters? (Tes irmáns ou irmás?) Yes, one brother. (Si, un irmán) What´s your father´s job? (En que traballa o teu pai?) He works in a home and garden shop. (El traballa nunha tenda de xardinería e de cousas de casa) What´s your mother´s job? (En que traballa a túa nai?) She works in an organic food store. (Ela traballa nunha tenda de comida ecolóxica) What do you like doing in your free time? (Que che gusta facer no teu tempo libre?) I like reading and hiking. (Gústame ler e pasear) Do you like animals? Have you got any pet? (Gústanche os animais? Tes algunha masco- ta?) I love animals. No, I haven´t, but my mum has got two fat cats. (Encántanme os ani- mais. Non, non teño, pero a miña nai ten dous gatos gordos) Do you like sports? (Gústanche os deportes?) Yes, I do. (Si, gústanme) What´s your favourite? (Cal é o teu favorito?) My favourite sport is skiing. (O meu deporte favorito é esquiar) What´s your favourite food? (Cal é a túa comida favorita?) Apple pie and chocolate. (A tarta de mazá e o chocolate) Do you like Galician food? (Gústache a comida galega?) I love galician food. I like octopus the best. (Encántame a comida galega. O que máis me gusta é o polbo)
  • 55. When you were a child, were you a good student? (Cando eras pequena, eras unha boa estudante?) Yes, I was. (Si, era) What was your favourite subject? (Cal era a túa materia favorita?) My favourite subjects were Biology and Spanish. (As miñas materias favoritas eran bioloxía e español) What kind of music do you like? (Que clase de música che gusta?) I like music you can dance to. (Gústame a música coa que podes bailar) What´s your favourite group or singer? (Cal é o teu grupo ou cantante favorito?) My favourite group is a canadian band called Stars and my favourite singer is Tay- lor Swift. (O meu grupo favorito é unha banda de Canada chamada Stars e o meu cantante favorito é Taylor Swift) Do you like travelling? Did you visit other places in Spain? (Gústache viaxar?) (Visitaches outros lugares de España?) Yes, I do. Yes, I visited Madrid, Barcelona, Northern Spain and Galicia. (Si, gústame. Visitei Madrid, Barcelona, o Norte de España e Galicia) How about this year? Did you enjoy teaching us? (Que tal este ano aquí con nós?) (Disfrutaches ensinándonos?) I had a good year. Yes, I did. (Foi un bo ano para min. Si, paseino ben) Did you like Ourense? (Gustouche Ourense?) Yes, I did. My favourite part of Ourense was the river and the food. (Si, gustoume, o que maís me encantou foi o río e a comida) What are your plans for the future? (Cales son os teus plans para o futuro?) Next year I´m going back to Canada to be with my family. I want to go back to uni- versity in Canada. (O próximo ano volverei a Canada para estar coa miña familia e quero volver á universidade) Entrevista realizada por alumnos e alumnas de 6º A e 6º B
  • 58. ALGUNHAS DAS NOSAS SAÍDAS TEATRO DE MARIONETAS: LA GUERRA DE TROYA El martes 24 de noviembre de 2015, los alumnos y alumnas de 6º de primaria, visitamos el Auditorio de Ourense para ver una obra de teatro basada en el mito de la guerra de Troya. Fue representada con marionetas que tenían como fondo en el escenario proyecciones de viñetas alusivas a la obra. Había tres actores y diferentes marionetas, que en vez de tener cuerdas, eran movidas con las manos. Una persona era el narrador y las otras dos representaban diferentes personajes, interpretando diferentes voces para las distintas marionetas. La obra trataba sobre el príncipe Paris de Troya que se fuga con Helena de Esparta, hecho que da origen al comienzo de la guerra de Troya entre los aqueos y troyanos. Es una obra mitológica y épica escrita por Homero y recogida en La Ilíada y La Odisea. VALORACIONES: Me gustó mucho, lo que más me impactó fueron los cambios de voz tan rápidos de un personaje a otro SANTIAGO Me encantó, sobre todo cuando los actores cambiaban de voces para las diferentes marionetas. MARCOS Me llamó la atención las voces de los personajes. La obra fue muy interesante. ALDARA Me gustaba como movían los muñecos y como los actores median sus movimientos con cuidado en el escenario. MARÍA Me sorprendió mucho la forma en que los actores movían las marionetas y como cambiaban las voces. El narrador vocalizaba mucho. A mi me encantó y me gustaría ver más obras de este tipo. ANTÓN A mi, lo que más me impresionó era lo bien que contaban la historia. También como cambiaban de voz y lo bien que vocalizaban. Actuaban muy bien y la representación fue excelente. ISMAEL ALUMNOSEALUMNASDE6º
  • 59. ENCONTRO COA ESCRITORA… ÉRICA ESMORÍS O martes 29 de marzo no Auditorio Municipal, os alumnos/as de sexto participamos nunha actividade chamada “Encontros coa autora”. Mantivemos una conversa con Érica Esmorís, autora do libro “Nena e o mar”, libro co que traballamos na clase e que acababamos de ler. Érica falounos da súa vida, dos seus estudos e da súa paixón pola literatura. Durante a charla fixo unha relación dos pasos que segue ela para escribir un conto. Contounos que o libro “Nena e o mar” ten una banda sonora escrita polo seu mozo, provinte de Irlanda. Rematou a charla cunha rolda de preguntas e coa firma dalgúns exemplares. Con este libro a autora acaba de gañar o Premio Merlín de Literatura Infantil 2015. Durante a charla estiveron presentes xornalistas da Radio Televisión Galega que, unha vez rematado o acto, entrevistaron aos nosos compañeiros Ismael e Antonio para que opinaran sobre o libro de Érica Esmorís. VALORACIÓNS: A min o conto gustoume moito. Non é o mellor libro que lin, pero si que me gustou. O personaxe máis interesante para min foi Noon. ISMAEL Como lle dixen a RTV Galega, cando me preguntaron o que me gustou foi que lle deran o premio Merlín, porque opino que o merecía. Gustaríame facer máis saídas coma esta. ANTONIO A miña opinión sobre este encontro e o libro de Erica Esmorís é apaixonante. Gustaríame repetilo outro día. MARIA EDUARDA A autora asinando libros
  • 60. EXPOSICIÓN “A FRONTEIRA INFINDA” Xa a piques de rematar o curso, os alumnos de 5º e 6º asistimos na sala de exposicións Afundación, sita na Praza Maior de Ourense, á exposición titulada “A frontera infinda”, que recolle unha colección de obras de autores galegos vencellados coa emigración, tanto a América como a Europa e que mostran a influencia da emigración no seu arte. Entre eles temos obras se Isaac Díaz Pardo, Castelao, Maruja Mallo, Luis Seoane… Destacamos a presenza de obras de Castelao con tema social e cultural da Galicia do principio do século XX; doutros artistas que tras a Guerra Civil marcharon a América e das xeneracións máis novas, os da posguerra, que saíron cara Madrid. A actividade deu comezo cun xogo por grupos, no que cada grupo tiña que dar resposta a una serie de preguntas sobre un artista determinado. Una vez rematada esta primeira fase, a guía da exposición ía dando información e explicacións sobre o artista e a súa obra. Nunha segunda parte, cada grupo realizou un traballo expresando plásticamente os seus sentimentos e inquedanzas. “Liberáchete da gleba, deixache o terrón e fuche polo mundo. Agora xa non mungues as vacas, nin podas as viñas, nin inxertas as mazairas.” A Fronteira Infinda. Celso Emilio Ferreiro Cadro de Isaac Díaz Pardo Alumnos e alumnas de 6º de primaria
  • 61. A RECICLAXE A reciclaxe é o proceso polo cal se lle dá un uso adicional a certos produtos (ou partes deles) que chegaron ao fin da súa utilidade. Por exemplo, dos tapóns de plástico obtense novamente plástico para facer botellas e outros produtos. A regra máis importante para coidar o medio ambiente é a dos 3R. Se seguimos esta regra, tiraremos menos lixo, poderemos aforrar diñeiro e seremos máis responsables no coidado do medio ambiente. Estes son os 3R: REDUCIR: tirar menos REUTILIZAR: gardar e volver utilizar RECICLAR: converter unha cousa vella nunha nova Os beneficios da reciclaxe son tanto para os humanos como para o medio ambiente. Cando reciclamos un envase evitamos que acabe nun vertedoiro fora de control. Reciclar supón: reducir o consumo e os desperdicios, aforrar recursos naturais, reducir a dependencia que temos do petróleo, diminuír a contaminación... Estes son só algúns dos beneficios que produce a reciclaxe. Podemos reciclar moitas cousas como envases de plástico, bricks, latas, envases de papel e cartón, vidro, pilas e baterías, aceite... Este proceso empeza nas nosas casas ao tirar o lixo no contedor correspondente. Despois os camións lévano ás plantas de reciclaxe. Alí, os envases recíclanse e convértense en nova materia prima coa que se fabricarán novos produtos. Antón, Marcial e Marcos – 6º A
  • 62. PARQUES NATURAIS E NACIONAIS DE GALICIA Un parque natural é un espazo que goza da categoría de área protexida pola súa riqueza biolóxica e/ou paisaxística. Este status legal obriga a protexer e conservar a riqueza da súa flora e da súa fauna. Os parques naturais poden ser marítimos ou terrestres e normalmente son xestionados polas comunidades autónomas. Os parques naturais acadan a categoría de nacionais cando polo seu alto valor son considerados como de interese para todo o estado. En Galicia existen seis parques naturais: o Complexo Dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, o Monte Aloia, as Fragas do Eume, a Serra do Invernadeiro, a Serra da Enciña da Lastra e o Parque Natural Baixa-Limia- Serra do Xurés. O único parque nacional co que contamos é o Parque Nacional das Illas Atlánticas. PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS Comprende os arquipélagos de Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada. Ten unha extensión de 1.194,8 ha terrestres e 7.285,2 ha de superficie marítima. Foi declarado como tal o 1 de xullo de 2002. Fauna e flora Este ecosistema marítimo-terrestre alberga un gran bosque de loureiro, e máis de 200 especies de algas mariñas. Tamén destaca por ter moluscos, corais e anémonas. En canto a fauna terrestre, pódense observar gaivotas, patiamarillas, cormoráns moñudos e araos. Arquipélago das Cíes: situado na boca da Ría de Vigo está formado por tres illas: Monteagudo, O Faro e San Martiño. As dúas primeiras unidas por un longo areal, a Praia de Rodas. Rodeadas de augas cristalinas, cun entorno natural que as converten nun observatorio de fauna e flora único. Pertenecen ao concello de Vigo. En novembro de 2013 o Concello de Vigo iniciou os trámites para que as Illas sexan declaradas Patrimonio da Humanidade. Arquipélago das Ons: situado na boca da Ría de Pontevedra. Composto pola illa de Ons, a illa de Onza e outros peñascos. Arquipélago de Cortegada: situado na provincia de Pontevedra, no interior da Ría de Arousa. Ademais da illa de Cortegada conta con outras menores como as illas Malveiras. Arquipélago de Sálvora: atópase na bocana da Ría de Arousa e ademais da illa de Sálvora está composto por illotes como Vionta, Con de Noro, Gaboteira... Antonio e Manuel – 6º A
  • 63. ENTREVISTAMOS Á ORIENTADORA DO CENTRO Hoxe, os alumnos de 6º A, queremos coñecer un pouco máis á profesora Nieves, que é a orientadora do noso centro. Día a día está entre nós, non para impartirnos clase, pero si para axudarnos cada vez que temos problemas. P.- Cal é o teu nome completo? R.- Chámome Nieves Rodríguez Vázquez. P.- Cal era o teu soño cando eras pequena? R.- Sempre quixen ser mestra, cando era pequena encantábame ir á escola cunha tía miña, que era mestra nun pobo de Taboadela na que había nenos de todas as idades, alí xogabamos e eu sempre facía de mestra. P.- Eras boa estudante e en que centro estudaches? R.- Era moi boa estudante, sempre quitei moi boas notas e sempre sempre me gustou aprender novas cousas. Estudei no colexio das Carmelitas. P.- Por que decidiches ser orientadora? R.- No ano 1998 convocouse un concurso para os departamentos de orientación, eu cumpría os requisitos que esixían e, como me entusiasman os novos retos, presenteime a ese concurso e saín elixida. P.- Que estudos tiveches que facer para selo? R.-Había que presentar unha licenciatura de pedagoxía, psicoloxía ou psicopedagoxía. No meu caso presentei a licenciatura en psicopedagoxía. P.- Sempre traballaches de orientadora nos centros onde estiveches? R.-Non, empecei sendo mestra de ciencias e matemáticas no ciclo superior de EXB, despois fun mestra de primaria varios anos e, desde o ano 1998 traballo no Departamento de Orientación. P.- Gústache ser orientadora? R.- Si, moitísimo, encántame. É un traballo apaixonante!. P.- Que é o que máis che gusta de ser orientadora? R.- Encántame aprender a resolver cada día novas dificultades, entender o por que de moitas cousas, saber en que momento debo intervir para previr conflitos. Encántame traballar cos nenos temas relacionados coa educación emocional, axudalos cando se atopan en situacións difíciles e guialos para que aprendan a resolver conflitos positivamente.
  • 64. P.- En cantos centros traballaches anteriormente? R.- Ao longo da miña vida traballei en moitos centros, antes de estar neste traballei no colexio de Rairiz de Veiga, no da Ponte de Ourense, no de Seixalvo, en Allariz, en Trives... P.- Cantos anos levas exercendo de orientadora? R.-Levo traballando como orientadora desde o ano 1998, é dicir dezaoito anos. P.-Cántos anos levas neste centro? R.-Cheguei a este centro en setembro do 2007, no ano en que vós empezabades educación infantil P.- En que consiste o teu traballo como orientadora? R.-O meu traballo está relacionado con toda a Comunidade Educativa. Entre as tarefas que debo desenvolver destaco: Colaborar na prevención e detección de problemas de aprendizaxe. Facer avaliacións psicopedagóxicas e coordinar cos mestres diferentes plans de traballo para o alumnado que precisa medidas de atención educativa. Participar na elaboración e desenvolvemento das adaptacións curriculares. Asesorar, proporcionar recursos a mestres e pais. Asesorar ás familias no labor educativo... Colaborar con outras institucións como os Servizos Sociais, Atención Temperá, Saúde Mental... P.- Hai moitos casos con problemas neste centro? R.- Este centro, como outros moitos, reflicte as problemáticas sociais, económicas e persoais que atopamos na sociedade. Vivimos momentos difíciles e cada vez atopámonos con máis alumnado que vive situacións problemáticas que repercuten na situación escolar. P.- De non ser orientadora, que che gustaría ser? R.- Unha profesión relacionada coa ensinanza. P.- De impartir clases, que materia che gustaría dar? R.- Todas as materias relacionadas coas ciencias e as matemáticas. P.- Ao saír do colexio, a que dedicas o teu tempo libre? R.- Encántame camiñar, ler, facer encrucillados e por riba de todo manter longas conversas cos amigos tomando un rico café. P.- Teño entendido que traballas en dous centros, preferirías traballar só nun? R.- Non, é moi enriquecedor para min traballar en dous centros tan diferentes.
  • 65. P.-No centro CEE. O Pino, cantos alumnos hai?, as súas problemáticas son moi diferentes comparadas coas dos nenos do noso centro? R.- Ese centro, polo que me preguntades, ten escolarizados vinte nenos de idades comprendidas entre os dezaseis e os vinteún anos, que presentan unhas problemáticas totalmente diferentes ás que poidan ter os nenos deste centro. P.- Estás dacordo co uso das novas tecnoloxías na educación? R.- Si, paréceme que son unhas ferramentas moi útiles e imprescindibles na educación actual. P.- Tendo en conta a evolución do ensino, que diferenza hai entre a educación de fai anos e a de agora? R.- Antes tiñamos unha educación máis memorística, traballabamos principalmente co lapis e os cadernos. Na miña época era selectiva, non todos estudaban bacharelato xa que os únicos centros para estudalo estaban nas cidades. Os nenos que seguían nas escolas dos pobos só podían acadar o certificado de estudos primarios para acceder ao mundo laboral. P.-Que mellorarías na educación? R.- Gustaríame unha educación na que o neno construíra a súa aprendizaxe mediante a busca da información aplicando as novas tecnoloxías, relacionando e expoñendo os contidos. Debemos darlle máis importancia a educación emocional, estamos primando máis a formación académica sen ter en conta a situación persoal do alumnado. Debemos buscar unha educación na que non esteamos atados á liña marcada polos libros de texto e a escravitude do número de temas por avaliación para acabar o libro. En todos os cursos damos os mesmos temas, un pouco máis ampliados, e os nenos perden a capacidade da curiosidade, que é o motor de queres saber máis e aprender cousas novas. Queremos darlle as grazas á profesora polo tempo que nos dedicou, e agradecerlle a axuda prestada a cada un de nós ao longo do noso paso por este centro. Alumnos e alumnas de 6º A
  • 66. Buscamos e debuxamos aos malos dos contos do mestre Xosé Carlos coa técnica do camishibai Encantáronos as sesións de Contacontos
  • 67. Que medo pasamos cando Isamar nos leu o seu conto: Narigota e os monstros! Mario Vázquez, Isamar lamelas, Rosana Fernández e Ariadne Franco deleitáronos coas súas Historias de PAZ.
  • 68. Para celebrar o día do Libro Lola, Adela e Miguel contáronos Historias do Quixote Que ben o pasamos no obradoiro de decoración de cabazas!
  • 69. CONCURSO : CONTOS DE MEDO Narigota, unha pinga de auga, foi a protagonista. Houbo unha gran participación. Conto elaborado polos nenos de 6º de infantil
  • 70. O conto que fixeron os nenos de 1º de Primaria é moi interesante
  • 71. Estes contos escribíronos nenos/as de 3º e 4º de EP
  • 72.
  • 73.
  • 74. PREMIO NO CONCURSO CARTAS AO APALPADOR Os nenos/nenas participaron no concurso Cartas ao Apalpador. Recibimos a grata noticia de que a carta escrita por Miguel Vázquez, alumno de 4º B, resultou gañadora. Recibiu agasallos... É unha carta moi agarimosa:
  • 75. FEBREIRO: MES DA POESÍA, MES DE ROSALÍA Os nenos máis pequenos copiaron e ilustraron poesías de Rosalía
  • 76. Os nenos e nenas dos cursos superiores elaboraron fermosas poesías. Estas son algunhas delas
  • 77. APADRIÑAMENTO LECTOR Co gallo do Día Internacional do Libro realizamos a III edición do Apadriñamento Lector . Os “padriños e madriñas” (nenos/nenas a partir de 3º de Primaria) levaron ao patio aos seus “afillados e afilladas” ( os nenos/as de infantil e primeiros cursos de Primaria) para lerlles un libro que seleccionaran previamente
  • 78. Vivimos nunha sociedade moi competitiva na que parece que nada é suficiente e na que todos temos a sensación de que enseguida quedamos desfasados, sendo varridos constantemente polos novos adiantos. Por todo iso, nas últimas décadas moitos pais e nais asumiron un novo modelo de educación sustentado na hiperpaternidade. Trátase de pais/nais que desexan que os seus fillos estean preparados para a vida, pero non no sentido máis amplo do termo senón no máis restrinxido: queren que os seus fillos teñan os coñecementos e as habilidades necesarias para conseguir unha magnífica profesión, obter un bo traballo e gañar moitos cartos. Estes pais/nais perseguen unha única meta: que os seus fillos sexan os mellores. Para logralo, non dubidan en apuntalos en múltiples actividades extraescolares, facilitarlles o camiño ata límites inverosímiles e, por suposto, empurralos ao éxito a calquera custo. E o peor de todo é que eles están convencidos de que o fan "polo seu ben". Mira fillo, os luns ao sair da escola tes inglés e karate, os martes guitarra e xadrez, os mércores fútbol e teatro, os xoves inglés e piano, os venres fútbol e ioga, os sábados… Cando podo xogar contigo? Xa o farás… Debes aprender, é polo teu ben!!
  • 79. O principal problema deste modelo educativo é que lles engade unha presión innecesaria aos nenos, unha presión que acaba roubándolles a súa infancia e crea adultos emocionalmente rotos. Esta presión innecesaria róubanos a nosa infancia Os nenos debemos aprender de maneira divertida, temos dereito a equivocarnos, a perder o tempo deixando voar a nosa imaxinación, a xogar con outros nenos... Pretender que sexamos os mellores obríganos a estar sometidos a unha presión que non é necesaria. Esta forma de educar róubanos a infancia. Provoca unha perda da nosa motivación intrínseca Cando os nosos pais atenden só aos resultados sen ter en conta o noso esforzo, perdemos a nosa motivación intrínseca, pois entendemos que se valora máis mais importante a nota acadada que o que realmente logramos aprender. Fomenta en nós o medo ao fracaso e xera unha perda de autoestima O medo ao fracaso é unha das sensacións máis limitadoras que podemos experimentar. Empurrarnos desde moi pequenos cara ao éxito só serve para que medre en nós o medo ao fracaso impedindo que nos convertamos en adultos independentes e emprendedores. Os nenos que medramos coa idea de acadar a perfección corremos o risco de ser adultos moi inseguros e cunha baixa autoestima.
  • 80. OS PAIS/NAIS DEBEMOS RECORDAR :  Que cada neno aprende ao seu ritmo e que non debemos confundir a estimulación coa presión que o oprime.  Que un factor que inflúe moito no rendemento académico infantil é que os pais lles lean, que lles dediquen un tempo cada noite para comezar xuntos a paixón pola lectura.  Que a felicidade dun neno non se mide coas cualificacións que acada.  Que os nenos mais que xoguetes precisan unha vida sinxela e despreocupada e tempo para estar coas seus pais.  Que os nenos precisan liberdade para explorar todo e decidir por eles mesmos o que lles gusta e o que os fai felices
  • 81. -. Departamento de Orientación NÓS NECESITAMOS SABER :  Que nos queredes de forma incondicional sen importar os erros que poidamos cometer.  Que nos protexeredes e apoiaredes sempre que poidades.  Que podemos elixir o que máis nos guste, sen importar de que se trate.  Que podemos deixar voar a nosa imaxinación e no noso tempo libre podemos xogar ou facer o que nos apetece.  Que somos unhas persoas especiais para vós, que merecemos respecto e que debemos respectar os dereitos dos demais.
  • 82. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Un ano máis facemos un pequeño resumo das actividades realizadas ao longo deste curso 2015/2016. Comezamos con … Animación á lectura... CONTACONTOS CON KAMISHIBAI Día das bibliotecas escolares Ed. Infantil e 1º EP (24-10-2015) (na biblioteca do centro) DÁLLE FORMA AOS TEUS CONTOS XXVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Ourense Ed. Infantil (9-02-2016) (na biblioteca do centro) ENCONTROS CO AUTOR: ÉRICA ESMORÍS 6º de EP (29-03-2016) (na Escola de Teatro Municipal) CONTOS CON PISTA Contacontos de Raquel Queizás 2º, 3º, 5º e 6º de EP (18-04-2016) (no salón de actos do centro) III APADRIÑAMENTO LECTOR Día Internacional do Libro Todo o alumnado (25-04-2016) (nos espazos exteriores do centro) SABOREANDO AS LETRAS Exposición de Animación á Lectura Ed. Infantil (27-05-2016) (no Museo Municipal)
  • 83. SESIÓNS DE CONTACONTOS Alumnos/as de 4º EP leron con- tos aos nenos/as de Ed. Infantil e 1º EP en varias sesións ao longo do curso (na biblioteca do centro) Actividades musicais… CONCERTO DE INAUGURACIÓN CURSO 2015-16 5º de EP (14-09-2015) (na Praza de San Martiño) COUSAS DE CATRO 3º e 4º de EP (11-02-2016) (no Auditorio Municipal) 15 PRIMAVERAS Mamá Cabra Ed. Infantil (20-05-2016) (no Auditorio Municipal) … de danza EN ESCENA: DANZA CONTEMPORÁNEA + OBRADOIRO Compañía de Danza Sólodos 5º e 6º de EP (04-11-2016) (na Escola Municipal de Artes Escénicas) SESIÓN DE CONTACONTOS CON SABELA Ed. Infantil e 1º, 2º EP (02-06-2016) (na biblioteca do centro)
  • 84. Actividades de teatro, cine, monicreques… NANA PARA UN SOLDADO 3º e 4º de EP (04-11-2015) (no Auditorio Municipal) MAIMIÑO E O ESPELLO MÁXICO 2º e 3º de EP (17-11-2015) (no Auditorio Municipal ) LA GUERRA DE TROYA 5º e 6º de EP (24-11-2015) (no Auditorio Municipal) LÍO EN LA GRANJA 2º EP (15-12-2015) (no Auditorio Municipal) AURORA 5º e 6º de EI (16-02-2016) (no Auditorio Municipal) E tamén teatro en inglés ALICE 5º e 6º de EP (18-01– 2016) (no Auditorio Municipal)
  • 85. THREE LITTLE PIGS 5º e 6º de EI (24-05-2016) (no Auditorio Municipal) ROBIN HOOD 3º e 4º EP (23-05-2016) (no Auditorio Municipal) Actividades relacionadas co medio ambiente e o seu coidado... VISITA DO SEPRONA Ed. Infantil (18-11-2015) (no centro) TALLERES PLAYENERGY 3º e 4º de EP (16-12-2015) (no centro) TI RECICLAS, OURENSE GAÑA 5º e 6º de EP (07-03-2016) (no centro) VISITA Á ETAP 5º e 6º de EP (27-04-2016) (estación de tratamento de augas potables en Ourense) PROTEXENDO O CAMIÑO 1º, 2º e 3º de EP (24-09-2015) (no centro) VISITA DA PATRULLA CALLEJERA (protectora de animais) 6º EI (23-05-2016) (no centro)
  • 86. Actividades relacionadas con hábitos saudables… VISITA O TEU SUPER 6º de EP (23-09-2015) (no centro e no supermercado Eroski) VISITA DE CARDIO Ed. Infantil e 1º de EP (04-05-2016) (no centro) OBRADOIRO DE FROITAS 1º de EP (12-05-2016) (no centro) OBRADOIRO DE MINIPIZZAS 4º EI e 2º A EP (18-05-2016) (no centro) DÍA DO DEPORTE Todos os cursos (19-04-2016) (no centro) AULA CICLISTA 3º, 4º, 5º e 6º de EP (20-05-2016) (no centro)
  • 87. Actividades relacionadas coas novas tecnoloxías … PLAN DIRECTOR: SEGURIDADE EN INTERNET 5º e 6º de EP (06-10-2015) (no centro) NAVEGA CON RUMBO POLA REDE 5º e 6º de EP (30-05-2016) (no centro) VISITA MUSEOS CORUÑESES 5º e 6º de EP (03-06-2016) VISITAMOS MARCELLE 6º de EI (03-06-2016) E excursións de final de curso… e de etapa... XORNAL ESCOLAR Alumnado de todos os cursos / Gravación no centro (12-04-2016) 4º de EP (18-04-2016) Gravación no estudio de Telemiño coa televisión ... sen olvidar as nosas tradicións... OBRADOIROS DE PAN DE MULLO 5º e 6º de EI, 1º e 2º de EP (24-02, 02-03-2016) (no centro)