SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 92
Baixar para ler offline
SUMARIO
MAGOSTO
NADAL
DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ E
DÍA DA EDUCACIÓN AMBIENTAL
ENTROIDO
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE
XÉNERO
EXPOSICIÓNS “A ARTE NO OUTONO”/
“A ARTE NO INVERNO”
ECOPATRULLA
RECICLAXE
HORTO
PROGRAMA SI
COMEDOR
MESTRES POR UN DÍA
XOGOS
LETRAS GALEGAS
RECEITAS
ESPECIES EXÓTICAS
METEOESCOLAS
VISITA A MADRID
ADIVIÑAS
SECCIÓN INGLÉS
BIBLIOTECA
DEP. ORIENTACIÓN
ACT. COMPLEMENTARIAS
Un ano máis sae á luz a revista escolar
editorialeditorial
A finalidade desta publicación é dar a coñecer a todos os seus lectores unha
pequena parte dos traballos que realizamos ao longo do curso escolar 2016/2017;
unha revista que plasma algunhas das actividades desenvolvidas, celebracións,
tradicións así como das alegrías vividas dentro do noso colexio.
Este ano mergullámonos por primeira vez no Programa MeteoEscolas, co cal os ne-
nos e nenas aprenderon moito: realizamos un dicionario de termos meteorolóxicos,
participamos no I concurso “Fotografía a meteoroloxía”, elaboramos calendarios,
recompilamos refráns sobre o tempo…
Organizamos ademais a “Ecopatrulla dos verdes vixías”, encargados de reducir e
de reutilizar papel, plástico e cartón; de poñer a escola guapa e de cantar e bailar
ao son da natureza.
Entre outras novidades tamén se atopan as actividades “A arte no outono” e “A
arte no inverno”, que produciron un achegamento ás obras artísticas, fomentando
a sensibilidade e, polo tanto, enriquecéndonos cultural e persoalmente.
Lembrarvos que na páxina web do centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/
ceipalbinonunez/) poderedes consultar as actividades levadas a cabo, fotos das
mesmas, e demais información do voso interese.
Agardamos que a revista, elaborada con grande ilusión e agarimo, sexa do voso
agrado.
Recibide un cordial e afectuoso saúdo.
“ O FORMIGUEIRO ”
MAGOSTO 2016
O 10 de novembro celebramos o MAGOSTO no cole.
Durante o xantar, no comedor escolar, gozamos da comida típica deste
día: bolos preñados e castañas.
Ao rematar fomos ao patio, onde fixemos unha fogueira e asamos as cas-
tañas!
Tras a fogueira quedaron as borrallas…
Nese intre os nenos e nenas comezaron a
cavilar en como as ían empregar!
Cun tizón pintaron a todos os que puideron! PASÁMOLO
XENIAL!
NADAL 2016
Un ano máis celebramos o NADAL no colexio!
Realizamos unha exposición de POSTAIS DE NADAL, elaboradas polos alumnos e
alumnas.
Confeccionamos unha ÁRBORE DE NADAL con botellas de plástico usadas!
As postais foron colocadas na
entrada do colexio xunto coa
árbore.
A árbore decorouse…
Tamén fixemos ADORNOS para a ÁRBORE DA ENTRADA. Velaquí!
E decoramos as PORTAS das aulas! Así de fermosas quedaron:
O centro decorouse con deseños de Nadal:
Ademais os REIS MAGOS
visitaron o colexio!
Concurso CARTAS AO APALPADOR
NAIARA e AISSATOU, alumnas de
5º de EP, resultaron premiadas.
PARABÉNS!
4º: “Na casa da miña avoa”-
panxoliña
E non podía
faltar o...
O 20 e 21 de decembro tivo lugar no colexio esta celebración.
EDUCACIÓN INFANTIL
5º: “A miña tía”-
coreografía
6º: “Nadal”- canción
EDUCACIÓN PRIMARIA
1º: “El árbol de Navidad”
- panxoliña
2º A e B: “os 90”
- baile
3º A e B: “Un desfile moi
especial”- desfile e
panxoliña
4º: “Capitán de
madera”- panxoliña
5º A: “Celebrar la
vida”- canción
5º B: “ Watch me on
dance”- coreografía
6º: “Unha clase moi disparatada”- representación
teatral
“Feliz Navidad te deseo cantando”-
panxoliña
Este ano a tradicional celebración do Dia Escolar da Non Violencia e da Paz (30 de xaneiro),
aunámola coa celebración do Día Mundial da Educación Ambiental (26 de xaneiro), pois
consideramos que as dúas accións están moi ligadas, non pode haber paz sen solidariedade entre os
pobos, sen o coidado e o respecto polo noso planeta.
DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ e
DÍA DA EDUCACIÓN AMBIENTAL
Como no cole estamos inmersos
no proxecto de Voz Natura:
“Reciclamos lixo co mellor
sorriso”, os alumnos de 5º quixe-
ron realizar A RECICLAXE DE
SENTIMENTOS, nun gran con-
tenedor meteron palabras contra-
rias á paz e despois de reciclalas
obtiveron palabras como: xustiza,
igualdade, empatía... e con elas
fixeron a: FESTA DAS
PALABRAS
E con esas fermosas palabras
todos os alumnos realizaron
as súas RECEITAS DA PAZ:
INFUSIÓNS, TARTAS,
PASTEIS, MACEDONIAS,
SOPAS… todas cos mellores
ingredientes : apertas, bicos,
chocolate, amizade, axudar,
coidar, compartir ...
Tamén se colorearon MANDALAS POLA
PAZ co fin de activar a nosa enerxía
positiva e manifestar os nosos desexos de
paz.
Ademais de reciclar palabras, quixemos
reciclar materiais que empregamos
habitualmente e aproveitalos para realizar un
mural conxunto.
Con tapóns usados tratamos de expresar neste
mural os nosos desexos de paz e solidariedade
e, ao mesmo tempo, lanzar unha mensaxe
sobre o coidado do noso planeta e sobre o
aproveitamento dos recursos.
Alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º expresaron, a
partir dun remuíño de palabras cal era para
eles o significado da palabra paz, e logo
plasmáronno visualmente mediante o em-
prego de nubes de etiquetas realizadas co
ordenador. A actividade foi realizada nas
tres linguas que estudamos no centro:
galego, castelán e inglés. Culminamos todas as actividades
relacionadas con estas datas cun
pequeno acto conxunto onde lemos un
MANIFESTO POLA PAZ e logo
bailamos dúas danzas:
LA HORA DEL PLANETA (Juan D e
Beatriz)
DANZA DA PAZ (Mamá Cabra)
ENTROIDO 2017
Comezamos a celebración do entroido cos
tradicionais mandados do meco na semana do
20 ao 24 de marzo. Cada día puxemos a peza
de roupa ou complemento que nos mandaba o
meco, como era de xeito acumulativo, as
combinacións resultaban moi cómicas.
Os alumnos de segundo de primaria participaron nun
obradoiro, organizado polo Concello de Ourense, para
a elaboración das comadres e dos compadres. Este
obradoiro foi impartido por Sabela Gago, actriz e
animadora cultural, que lles ensinou aos nenos o
significado destas figuras tradicionais realizadas con
papel de distintas clases, teas, lás, cintas, botóns,
fíos, e calquera outro material de refugallo que se nos
ocorra.
Oos nenos acudiron á Praza Maior de Ourense, o xoves 23 de marzo, para correr o xoves de
comadres: as nenas trataban de arrebatarlle aos nenos as bonecas (comadres) que eles
realizaran tentando burlarse delas.
O Formigueiro Xoves, 16 de marzo de 2017
O Entroido do tempo chegou
coa música e os poemas.
NOA, ANXO E MARCO.
OURENSE/2ºB
O venres 24 de febreiro de 2017 celebraron o Entroido e tamén o día de Rosalía de
Castro no patio do colexio Albino Núñez de Ourense. Todos os nenos e profesores do
colexio fixeron unha festa. Os disfraces eran do tempo e fixéronse na clase con axuda
dos profesores e das familias. Cada clase ía de algo distinto: infantil ía de sol e de sol e
nube, os de primeiro de primaria de nubes, os de segundo de treboada, os de terceiro
de gotas de chuvia, os de cuarto de arco da vella, os de quinto de neve e os de sexto de
vento.
Na festa desfilaron, recitaron poemas sobre o tempo, bailaron con música e xogaron. A
profesora Marisol e o profesor Pepe fixeron fotos durante a festa. As familias viñeron a
ver como os nenos e as nenas desfilaban.
Os nenos nerviosos cos seus disfraces escoitaron poemas do tempo. PROFESOR PEPE
Reportaxe fotográfica ENTROIDO 2017:
Os máis pequenos
do cole quixeron
ser soles radiantes,
pero algunhas nu-
bes ameazaron ao
rei sol, tapando en
parte o seu fulgor.
Unhas nubes cargadas
de choiva apareceron
no ceo, eran os nenos
e nenas de 1º, daba
xenio velos!!
A que armaron os
nenos e nenas de
2º de primaria cos
seus disfraces de
trebóns!.
Raios, lóstregos e
relampos cos seus
tronos feros po-
ñían medo con só
velos.
Pingas e máis pin-
gas de auga enche-
ron o patio, eran
os pequenos e
pequenas de 3º de
primaria cos seus
disfraces super
“refrescantes”.
Os rapaces e rapazas
de 4º de primaria
sorprenderon a todos
co seu colorido:
un arco da vella do
máis lucido.
Que frío, que
frío!, cando
chegaron os de
5º de primaria
conxelados, coas
súas folerpas de
neve e tremeli-
cando!!
Menudo vendaval se levantou coa chegada dos maiores de 6º: paraugas,
roupas e guedellas voaban sen rumbo, imposible detelas!!!
E a festa rematou con baile,
recitado de poemas e con can-
cións.
Esperamos o vindeiro ano outra
función e o entroido festexar
con ilusión!!.
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas, o 17 de
decembro de 1999, declarou o 25 de novembro como
o Día Internacional da Eliminación da Violencia
contra a Muller.
Dende aquela a ONU insta a que se organicen nese
día actividades dirixidas a sensibilizar á opinión
pública respecto ao problema da violencia contra a
muller.
No colexio unímonos a esa conmemoración coa
celebración dun pequeno acto no patio do colexio,
presidido por un gran cartel elaborado para a
ocasión.
Primeiramente, Raquel e Inés, alumnas de 6º,
leron un pequeno manifesto elaborado polos
alumnos de 5º A, do que reproducimos algúns
fragmentos:
A continuación fixemos o "reto do maniquí" (o famoso mannequin challenge que está tan de moda e
que consiste en quedarse inmóvil coma un maniquí mentras soa unha canción). Nenos/as e profesores/as
fixeron de maniquíes mentres soaba a canción de Amaral "Salir corriendo", canción que incide no
tema da violencia de xénero.
“Queremos manifestar a nosa solidariedade
con: todas as mulleres que senten medo, dor, tristeza,
sufrimento e calquera tipo de violencia e inxustiza no
mundo …
Así mesmo queremos manifestar o noso
compromiso para:
Respectar os dereitos das mulleres e das nenas.
Rexeitar todo tipo de violencia contra as mulleres
tanto física como verbal.
Relacionarnos respectuosamente.
Empregar mensaxes cooperativos e dialogantes.
Denunciar situacións de violencia contra as mulleres e
nenas”.
I EXPOSICIÓN
A ARTE NO OUTONO
Este foi o primeiro ano que se realizou a actividade no colexio. Cada aula tiña que
recrear unha obra de arte relacionada co outono empregando distintas técnicas.
Cos deseños elaborados decidimos realizar unha exposición na entrada do centro. Nela
plasmamos cada obra representada así como unha imaxe da orixinal e unha breve
explicación da mesma.
O resultado foi espectacular! Non si?
4º EI
Anaco dunha obra de Leoniv Afremov
3º A e B (EP)
Dedos de Impronta Impresionista—Iris Scott
4º EP
"Outono" - Giuseppe Arcimboldo
6º EP
"Os xirasois"- Vincent Van
Gogh
2º B (EP)
"Outono" - Vincent Van Gogh
5º A e B (EP)
"A oliveira" - Joaquín Sorolla
6º EI
"Outono" - Giuseppe Arcimboldo
5º EI
“A árbore da vida”- Gustav Klimt
I EXPOSICIÓN
A ARTE NO INVERNO
Esta actividade seguiu o mesmo procedemento que “A arte no outono”, pero nesta
ocasión, as obras representadas polo alumnado xiraron en torno á estación de inverno.
Que arte teñen os nenos e nenas do colexio!
4º EI
"As estacións, inverno"- Salvador Dalí
3º A e B ( EP)
"Davos en inverno"/ "Davos na neve" -
Ernst Ludwig Kirchner
4º EP
"Can tombado na neve" - Franz Marc
6º EP
"Castiñeiro en Louveciennes"
- Camille Pissarro
5º A
"Desxeo en Egersburg" de Edvar Munch
6º EI
"Paisaxe de inverno" de Kandinsky
5º EI
"Inverno, os globos"- Jordanka Yaretz
Unha das actividades máis innovadoras deste curso foi a formación
de A ECOPATRULLA. Uns 110 nenos voluntarios, de educación
infantil e primaria, distribuídos en 5 subgrupos, un por cada día da
semana, todos os días, ao rematar a hora de xantar, poñían os seus
petos verdes e de cores e desenvolvían diferentes actividades guíados pola profe Maite,
por Sergio e por Belén e Sandra, dúas nais colaboradoras do servizo de comedor.
OBXECTIVOS DESTA ACTIVIDADE:
Sensibilizar aos nenos nas cuestións medioambientais
Educar en valores: amor á natureza, responsabilidade, cooperación e consumo responsable.
Ensinar a valorar, a respectar e coidar o medio ambiente
Plantar e coidar árbores, verduras, hortalizas e flores
Traballar en grupo, promovendo a cooperación entre nenos e nenas de diferentes idades.
Recuperar os xogos dos nosos antepasados, aqueles nas que a natureza era a protagonista.
Aprender facendo … e divertindose
Practicar o “ERRE QUE ERRE QUE ERRE”, aprendendo a reducir, reutiliza r reciclar.
Estas son algunas das actividades realizadas:
–
REDUCIR, REUTILIZAR
E RECICLAREste curso seguimos participando no programa medioambiental Voz Natura, co proxecto:
“Reciclamos lixo co mellor sorriso”.
Co obxectivo de traballar por un futuro sostible dende as aulas, deseñamos un plan completo
de actividades.
Ao longo do curso implicáronse moitos membros da comunidade educativa, grazas a todos eles
conseguimos reducir a cantidade de lixo, reutilizando moitos obxectos, fomentando a
creatividade e a cooperación, e formando grupos de traballo con nenos de diferentes idades, co
fin de coidar a nosa “casa común”, o planeta.
Velaí algúns dos nosos traballos:
Reutilizamos pneumáticos
Fixemos agasallos con botellas de leite
E orixinais
comedeiros
para os
paxaros con
garrafas de
plástico
Deseñamos as nosas
bolsas personalizadas
multiusos
Decoramos o patio de infantil con FRIOLÍN e FLORINDA
Inventamos uns paquetes moi orixinais reutilizando rolos de papel hixiénico
Con cápsulas de
café realizaron os
pequenos de 3
anos este mural
sobre o outono.
A gran árbore de Nadal da entrada do cole foi realizada
grazas a colaboración de todas as familias que aporta-
ron as botellas verdes con que foi confeccionada.
Tamén realizamos diferentes adornos para a decoración
típica destas datas con todo tipo de materiais de
refugallo:
Con pasta
Con cartóns
de ovos
Con calce-
tíns vellos,
botóns e
restos de
teas
Con anacos de feltro, alfinetes e teas ou
lazos reciclados
Con botellas de plástico, lazos...
Con tapóns de plás-
tico confeccionamos
uns bonecos moi
simpáticos e baila-
ríns
E tamén fixemos con botellas e con
tapóns un divertido xogo de habilidade
Uns simpáticos “portacastañas”
para celebrar o magosto
Para a celebración de
Halloween fixemos
terroríficas pantas-
mas con botes
pequenos de plástico
E para agasallar aos papás no seu día, unhas
divertidas tartarugas cunha sorpresa dentro
da súa cuncha feita con fondos de botes ou
botellas de plástico
Reciclaxe no Día InternacionalReciclaxe no Día Internacional
da Familiada Familia
O Día Internacional da Familia celébrase todos os anos o 15 de maio. Foi
proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co obxectivo de
aumentar o grao de concienciación sobre os temas relacionados coa fami-
lia e fomentar os lazos familiares.
Este ano céntrase en resaltar o papel que xogan as familias e as políticas orientadas
ás familias no fomento da educación e no benestar dos seus membros, en particular,
a educación infantil e a formación continua para nenos e mozos.
Pois ben, nós, os alumnos e alumnas de 6º, queremos colaborar como cada ano e
agasallar ás familias. Darlles as grazas por todo ese traballo e dedicación que nos
brindan día a día, sexan pais, nais, avós, irmáns,…
Nesta ocasión, reciclamos uns tapacubos, limpámolos ben e pintámolos, cada un de nós
ao seu gusto. Empregamos pintura en spray, papel, goma eva, feltro, corda
decorativa,… O último paso era poñerlles unhas agullas dos minutos; como nos foi
imposible atopalas, decidimos mercalas por Internet. Non tardaron moito en chegar,
pois viñeron de China. Finalmente, instalámoslles as agullas dos minutos aos tapacubos
e mailas pilas, e así de chulos quedaron… Para vós, familia!!!
Alumnos e alumnas de 6º de primaria
O HORTO DOS AMIGOS DE CARDIOO HORTO DOS AMIGOS DE CARDIO
Este é o noso horto no que plantamos patacas, cebolas, porros, acelgas, leitugas,
repolos, xudías e allos.
Aquí aprendemos a coidar a natureza, a traballar en equipo, a respectar o medio
ambiente, a coñecer os alimentos saudables, a nomealos en diferentes idiomas, a
protexelos con trampas ecolóxicas, a contar, a esforzarnos, a esperar que medren
os cultivos, a recoñecer formas e tamaños diferentes, a respectar quendas para
participar, a recoller sementes, a observar e a resolver problemas, e a gozar cos
froitos do noso traballo.
Empregamos o horto como un recurso
pedagóxico no que os alumnos son
protagonistas e construtores do seu propio
aprendizaxe, fomentando unha ensinanza por
investigación e descubrimento.
Simón e Nicolás comprobando como medraron as patacas que
sementamos no mes de marzo, e comparándoas coa súa estatura.
Nicolás observando as
follas, para analizar a saúde do
horto, descubre que temos unha
praga de caracois.
Para desprazar os caracois, das zonas
de cultivo ata as zonas de herba,
facemos trampas de cervexa.
Breogán, Cibrán, Ainara e Marisa
preparando unha trampa con
cervexa para os caracois.
Lucía, Elena e Mateo colocando as trampas ecolóxicas.
O RECUNCHO DE PLANTAS MEDICINAIS E AROMÁTICAS DE CATALINA
Este curso, ao lado do horto escolar fixemos o recuncho das plantas de
Catalina, a nosa bruxiña, que ao longo do curso nos foi ensinando como
podíamos curar moitas doenzas con: menta, santolina, salvia, aloe vera,
manzanilla e melisa.
Os nenos e as nenas de Educación Infantil e de Primaria amadriñaron e
apadriñaron plantas, e tiveron que encargarse do seu coidado.
UN COMEDOR 6S
O comedor escolar ten unhas funcións que exceden a estrita nutrición dos escolares,
este servizo ten unha finalidade educativa, a través del pretendemos:
1. Proporcionar unha alimentación de calidade,
adaptada ás necesidades e ás características dos
escolares.
2. Ensinar as pautas dunha dieta equilibrada.
3. Educar aos cativos en hábitos de alimentación sans,
solidarios e responsables.
4. Educar en normas e en valores (respecto,
solidariedade, coidado da saúde, responsabilidade co
medio ambiente...).
5. Ensinarlles aos nenos a comer, e a relacionarse de
maneira positiva.
O noso comedor é un bo recurso para o desenvolvemento de habilidades individuais
e sociais: comportamento correcto na mesa, hábitos de hixiene, mastigar correctamente
os alimentos, axudarlles aos que están a nosa beira, utilizar correctamente os garfos,
as culleres, os panos…
OBXECTIVOS DO COMEDOR 6S
Pretendemos que o noso comedor sexa un recurso educativo:
SENSIBLE: Ao responder ás necesidades de cada cativo, partindo da súa situación e
buscando solucións adaptadas á realidade de cada neno: dietas especiais, dificultades
para inxerir algúns alimentos, hábitos adquiridos... Para iso contamos cun menú xeral e
con varios menús específicos: sen glute, sen ovo, sen leite, e hipocalórico, con varias
actividades de reforzo que animarán aos nenos a que proben novos sabores, e cun
equipo de colaboradores/as ilusionados/as, e comprometidos con este proxecto.
SAUDABLE: Proporcionándolles unha alimentación equilibrada, saudable e variada.
SOLIDARIO: Fomentando comportamentos de axuda e de cooperación entre iguais.
SILENCIOSO: Intentando que aprendan a controlar o ton de voz, e a respectar o
tempo no que hai que estar en silencio, para comentar os logros de cada día e para
pasar lista e organizar a incorporación ás
actividades.
SORRINTE: Creando un ambiente agradable
para todos.
SOSTIBLE: Ensinándolle aos nosos nenos a comer
de maneira responsable, saudable e respectuosa
co medio ambiente.
Este ano centrámonos na consecución do último
obxectivo, un comedor sostible, ao considerarmos que os 5 obxectivos anteriores:
saudable, solidario, silencioso, sorrinte e sensible, xa foron adquiridos ao longo de
varios cursos, e que os nenos xa os teñen interiorizados nun grado óptimo. Para iso
seguimos desenvolvendo as accións que xa puxéramos en marcha ao longo dos cursos
anteriores, combinándoas con outras que intentamos desenvolver ao longo deste curso:
Fomentar e favorecer a incorporación de alimentos ecolóxicos, frescos, do
entorno e de temporada.
Introducir o consumo de alimentos
ecolóxicos progresivamente.
Promover o consumo responsable,
preparando e servíndolle aos cativos
cantidades de comida equilibradas para
evitar o despilfarro de recursos.
Consumir as verduras e as hortalizas que
cultivamos no horto no comedor, tratadas
unicamente con métodos ecolóxicos.
A igual calidade, comprarlle os alimentos aos provedores que estean máis
preto da escola, para evitar a contaminación que xenera o transporte.
RECURSOS
Para fomentar os comportamentos idóneos dos nenos no comedor (comer de todo,
probar o que non lles gusta, falar cun ton de voz axeitado, manter bos hábitos de orde e
de hixiene, establecer relacións positivas entre eles e cos adultos), empregaremos os
seguintes recursos:
Reforzo positivo: Puntos (saudables, sensibles, solidarios, silenciosos, sostibles e
sorrintes).
Cada día entregarémoslle un punto aos nenos que cumpran todos os obxectivos, ou que
melloraron nalgún: probar un alimento que non lles gustaba, falar cun ton de voz baixo,
cooperar cos máis cativos… . Cando consigan 6 puntos terán un premio sostible e
saudable.
Felicita que algo queda: Aqueles nenos que acaden todos os obxectivos serán os
protagonistas da semana. En cada zona os venres, proporemos un neno para
mandarlle unha felicitación a casa polo seu bo comportamento, e farémoslle unha
foto, que colocaremos no taboleiro do “protagonista da semana”, co seu padriño ou
co seu afillado, segundo corresponda.
O Rei da mesa: Aos nenos de Educación Infantil colocarémoslle unha coroa e
farémoslle unha foto, a medida que vaian mellorando na consecución algún
obxectivo.
Mascotas viaxeiras: Cando os nenos vaian acadando novos obxectivos poderán
levar as súas casas as mascotas viaxeiras cunha nota saudable informativa para as
familias.
CIBRÁN ALEJANDRO
BREOGÁN
ARANTXA
JULIA
HUGO
SEBASTIÁN
ELENA
IRIA
AINARA
RUBÉN
MATEO
MARA
LOLA
MARISA
LUCAS
AINHOA
LUCÍA
VÍCTOR
IZAN
UXÍA
SAMIR
SIMÓN
NICOLÁS
XIANA
FDSCOÑECENDOF
Este curso 2016-17 os nenos e nenas do curso de 5º de E. Infantil,
fixemos un pequeno proxecto sobre KEITH HARING.
Gozamos moito coñecendo as súas obras e representándoas de moitas
maneiras.
Nestas fotos ides ver como o fixemos e cal foi o resultado das nosas
propias obras.
PERFILÁMONOS!
PINTAMOS
CCOOÑÑEECCEENNDDOO AA KKEEIITTHH HHAARRIINNGG
FDSCOÑECENDOF
RECORTAMOS E PEGAMOS
BAILAMOS E CONVERTÉMONOS
EN ESTATUAS
DECORAMOS O
CORREDOR E
A NOSA CLASE
Víctor, o tío de Martín,
contounos moitas
cousas sobre Exipto.
A súa exposición foi
amena e divertida.
Mestres por un día!!!
Nas aulas de 6ºe 5º de Infantil
MOITAS
GRAZAS!!!
André, o irmán de Ana, veu a 4
anos a darnos unha charla sobre o
proxecto que estábamos a
traballar, o Universo.
Canto sabe!!!
ALUMNOS/-AS DE 6º
REDACCIÓN
Os cambios sociais das últimas décadas, os avan-
ces na industria (novos materiais e métodos de fa-
bricación), a evolución da tecnoloxía e o grande
incremento da poboación urbana en contra da
asentada no medio rural, que devece de xeito preo-
cupante, lévannos a ter que botar a vista atrás e
lembrar aqueles xogos dos que nos falan nosos
avós e que se negan, ante a nosa incomprensión, a
perder de xeito definitivo.
Se aos nosos vellos (na súa acepción cariñosa) lle
falaramos de deportes e xogos, hoxe de moda, co-
ma AQUABIKING, CROSSFIT, FLOORBAL,
COLPBOL, PINFUVOTE, FUTGOLF, ARTZKI-
ROL ou FUTBEISBOL, pareceríalles tan raro coma
cando a nós nos falan dos seus xogos de cando
eran rapaces.
Imos traer a esta páxinas algúns dos máis popula-
res para, ademais de lembrárvolos, animarvos a
que pasedes bos momentos xogando.
OS ZANCOS
Son un xogo de habilidade e equilibrio sobre uns
paus (os máis modernos feitos de PVC) longos
(para poder ser controlados coas mans e cos bra-
zos) e rectos. A altura á que van colocados os pés
pode variarse en altura ( o máis habitual é entre 15
e 45 cm).
Carla, África e Natalia ensinando un dos varios modelos
de zancos que existen.
Os zancos tamén reciben o nome de andas, ta-
mancas e tamancos.
Os zancos tamén reciben o nome de andas, ta-
mancas e tamancos. O xeito máis primitivo de
construír uns zancos é adaptar unha póla dereita
dunha árbore que teña un gallo forte para colo-
car os pés.
O xogo é moi sinxelo. O que hai que facer é
bir a eles e aguantar enriba desprazándose dun
lugar a outro. Tamén se poden facer carreira ou
competicións de todo tipo. Hai regras básicas,
como que non se pode empurrar aos demais
gadores, nin baixar e volver subir cando se está
en competición. As regras varían segundo o tipo
de xogo que se desenvolva. Tamén se utilizan
nas festas e celebracións para divertir aos
tentes parecendo xigantes. É un xogo popular en
case todo o mundo.
Carla, Anxo, Íker, África e Natalia durante unha carreira de
zancos.
OS SACOS
A carreira de sacos era un xogo de agricultores.
Practicábase nos momentos de descanso que se facían nos
traballos do campo. Hai datos da práctica deste tipo de
xogo xa no século XVIII.
Cada participante introdúcese no saco ata a altura da
cintura, suxeitándoo coas mans. Ao sinal de quen controla
o xogo comeza a carreira a saltos ata a meta. Pódese
participar de xeito individual ou en carreira de relevos.
Pódese xogar en calquera espazo amplo, ben cuberto, ben
ao aire libre. O mellor sitio son zonas con herba ou area
(praias) para evitar golpes fortes nas múltiples caídas.
É un xogo no que se desenvolve o sentido do equilibrio e o
hábito no salto cos pés xuntos e en altura ao mesmo tempo
que se avanza. Polas situacións que se suceden ao longo do
xogo é un espectáculo cun certo carácter humorístico, que
fai gozar, tanto aos participantes coma os observadores. Marta, Gabriel e Ángel
Deste xogo derívanse outros moitos, nos que a base do xogo está na existencia dunha dificultade engadida
para que o desprazamento non se realice fácilmente (pés atados, a culler e o ovo, …).
Participantes na carreira de sacos en pleno esforzo
TIRA DA CORDA
David, Jhajaira e Íker
O tiro da corda consiste nunha competición
por equipos, cada un deles cun número va-
riable de xogadores. Os equipos sitúanse,
formando unha columna, un fronte ao outro,
separados por unha liña central.
Os dous equipos preparados para o comezo da competición
Cada participante ten agarrada con forza a corda da
que se tira. A un sinal feito polo árbitro cada equi-
po tira para o seu lado tratando de arrastar os con-
trarios.
O ARO
O aro é un xoguete en forma de circunferencia.
Xógase facendo rodar o aro de metal cun pau, in-
tentando que avance e non caia.
Este xogo inventouse en Exipto hai máis de 3000
anos. Tamén se xoga co aro das rodas das bicicle-
tas, sendo máis fácil de manexar, xa que o pau vai
metido na canle central do aro.
Hai varios tipos de xogos con aro:
1. PARTIDA DE RESISTENCIA. Nesta modali-
dade o vencedor é o xogador ou a xogadora que
consegue manter o aro en pé o máis tempo posi-
ble, dándolla volta co pau ou guía.
2. A PISTA. Debúxase unha pista cunha determi-
nada largura. Gaña quen dá máis voltas ao circuíto
nun determinado tempo.
3. O ARO TOLO. O vencedor ou vencedora é
quen máis tempo mantén o seu aro dando voltas
dentro dun círculo de aproximadamente dos me-
tros de diámetro.
4. CARREIRA DE AROS. Todos os participantes
póñense en paralelo e fan rodar o aro dende a liña
de saída ata unha meta.
Ademais destas sinaladas existirán tantas varieda-
des de xogo como cada quen poida imaxinar.
Noemí, Teresa e Jennifer
A PETANCA
Raquel, Inés e Victoria
Segundo os datos dos que dispomos, este xogo ou
deporte inventouse en Francia a comezos do século
XX.
A RA
A petanca consiste en guindar unha serie de bó-
las metálicas co propósito de achegarse o máis
posible a outra bóla máis pequeña, de madeira,
que foi lanzada anteriormente por un dos/das
participantes no xogo.
Quen se achegue máis ao remate da quenda de
lanzamentos, obtén un punto.
Segundo unha das múltiples variantes, quen
acade primeiro os 13 puntos, gaña a partida.
Habitualmente xógase en espazos abertos e
chás. Este xogo popularizouse en moitas praias,
por ser a area a superficie idónea para que as
bólas non collan moita velocidade ao impacta-
ren co chan unha vez. Nestes espazos as bólas
que se empregan adoitan ser de plástico ou ou-
tro material que non oxide en contacto coa auga
ou a humidade.
Partida de petanca. Medición da distancia entre dúas bólas.
Ismael, Anxo e Gabriel
A ra é un xogo popular inventado no século XIX.
Consiste en meter unha fichas redondas de ferro
na boca dunha ra ou en diversos buratos que tén
a mesa. Hai catro buratos libres que valen 10
puntos, dúas pontes que valen 15 puntos, un muí-
ño que vale 30 puntos e a boca da ra que é a que
máis valor tén (50 puntos).
Todos os componentes do xogo están colocados
sobre unha mesa. Os buratos coinciden coas divi-
sións dun caixón coa puntuación correspondente.
O “Día das Letras Galegas” deste ano 2017 está adicado a Carlos Casares (1941-2002), escritor que
cultivou sobre todo a narrativa con relatos, novelas, contos para nenos, ensaios; colaborou en nu-
merosas revistas e xornais, fixo traducións ao galego e tamén escribiu poemas.
Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) foi un dos máis grandes narradores gale-
gos. Comezou como escritor co libro de relatos Vento ferido (1960), ao que seguiron
outras moitas obras para adultos. Porén, Carlos Casares tamén escribiu para ne-
nos. Naquel momento non había libros infantís en galego e a súa preocupación era
que os rapaces e rapazas puidesen ler na súa lingua, polo que traduciu contos dou-
tros idiomas, como “O principiño”, e soñou os libros infantís e xuvenís do futuro.
Foi asi como naceron A galiña azul (1968), As laranxas máis laranxas de todas as
laranxas (1973), ou O can Rin e o lobo Crispín (1983), entre outros.
ALUMNADO 6º PRIMARIA
TRABALLOS REALIZADOS SOBRE CARLOS CASARES
Os pequenos de 3 anos plasmaron nun mural o famoso conto de A GALIÑA AZUL.
Alumnos de 4 anos fixeron un “lap-book” contando a vida e obra de Carlos Casares.
Un teatriño de monicreques de papel foi realizado polos rapaces de 5º e 6º de EP para
representar a obra AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS.
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017
O día 19 de maio rematamos as actividades desenvolvidas nas aulas
ao longo da semana das LETRAS GALEGAS cun pequeño festival
onde a nosa lingua foi a protagonista. Non faltou un recordo especial
para o autor homenaxeado este ano: Carlos Casares Mouriño.
Casares foi un escritor ourensán cunha ampla obra para maiores pero
que tamén escribiu para os máis pequenos, sendo a súa obra teatral
infantil “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas”, obxecto
dunha adaptación por parte do alumnado de 5º e 6º de primaria . Esta
versión en teatro de monicreques pechou este acto xa tradicional no
noso centro.
Os máis pequenos do centro bailaron e
cantaron a famosa canción do grupo Miga-
llas “Dime que fixeches”.
“Fun ao mercado”, cantaron, bailaron e
escenificaron esta canción de María Fumaça
os nenos e nenas de 4 anos.
Os nenos e nenas
de 5 anos cantan
“A primavera” un
poema de Antonio
García Teijeiro
“Unha orquestra
despistada”, outro
poema de Antonio
García Teijeiro
que foi recitado
polos alumnos de
1º de primaria.
Os marchosos nenos e nenas de 2º A
“rapearon” unha versión dunha canción
Refráns e trabalinguas foron recitados
polos alumnos e alumnas de 3º A e 3º B .
Alumnos e alumnas de 4º cantaron “Unha vella
tiña un can” versión dun popular conto galego.
Alumnas de 5º recitaron
poemas de Rosalía de Castro e Manuel María.
“Os cesteiros” de Fuxan os Ventos foi
cantada e escenificada polos alumnos
de 2º B.
Os maiores do colexio recitaron poemas de
Gloria Fuertes traducidos ao galego.
Cun teatriño de marionetas
en papel, un grupo de
rapaces e rapazas de 5º e
6º representaron a obra: “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas” de Carlos Casares.
RECEITAS DE
ESPETADAS
SAUDABLES
Proceso de como o alumnado de 3º de primaria elaborou as
receitas para cociñar espetadas saudables. ATENTOS!
E, POR FIN…
MANS Á OBRA
E A COCIÑAR!!
E… o
resultado
final!!
Por último… editamos a nosa receita
para o libro da Biblioteca!
Hummus
Ingredientes para 4 persoas:
1 vaso de garavanzos cocidos
4 culleradas sopeiras de tahina (crema de sésamo)
1 dente de allo
Aceite de oliva, sal, limón, pemento (en pó), comino e perexil
Preparación:
• Triturar os garavanzos coa crema de sésamo, o zume de medio limón, o dente de allo e o sal.
• Servir nun prato fondo cun chorro de aceite de oliva e sazonar coas especias.
• Pódese acompañar con torradas, pan de pita ou con bastonciños de cenoria.
4º de educación primaria
Especie exótica invasora (EEI)
Unha especie exótica é aquela planta, animal ou calquera outro organismo que se atopa fóra da súa
área de distribución polo seu transporte de maneira intencionada ou accidental.
Considérase invasora unha especie exótica se a súa expansión supón un perigo para a diversidade
biolóxica dos ecosistemas orixinais.
Unha vez que unha especie invasora se establece nunha rexión, resulta moi difícil e custoso
erradicala ou controlar a súa poboación.
Vespa velutina
Avespa asiática
Avispa asiática
Bengalí vermello
Bengalí rojo
Amandava amandava
Papagaio arxentino
Cotorra argentina, cotorra gris
Myiopsitta monachus
Papagaio de Kramer
Cotorra de Kramer
Psittacula krameri
Tartaruga de Florida
Galápago de Florida
Trachemys scripta
Cangrexo vermello americano
Cangrejo rojo, cangrejo
Procambarus clarkii
Tecia solanivora
Couza guatemalteca
Polilla guatemalteca
Carpa
Carpa
Cyprinus carpio
Visón americano
Visón americano
Mustela vison
Especies exóticas invasoras en Galicia
Fontes: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio;
Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente
Mimosa
Mimosa, acacia
Elodea densa
Elodea densa
Fieito de auga
Helecho de agua, azolla
Sebes
Hiedra de jardín, mikania
Uña de gato, herba do coitelo
Uña de gato, hierba del
cuchillo
Ailanto, árbore do ceo
Alianto, árbol del cielo
Herba da Pampa, carrizo da P.
Hierba de la Pampa, carrizo de
la Pampa
Margarida africana
Margarita africana, hierba del
Cabo
Ludwigia
Duraznillo de agua
Reynoutria,
Herba nudosa xaponesa
Hierba nudosa japonesa
Grama americana,
Grama galega
Grama americana
Orella de gato
Amor de hombre, oreja de gato
Acacia dealbata Ailanthus altissima
Azolla filiculoides
Carpobrotus edulis
Cortaderia selloana
Egeria densa Ludwigia grandiflora
Reynoutria japonica
Senecio mikanioides
Stenotaphrum secundatum Tradescantia fluminensis
Arctotheca calendula
4º curso de educación primaria
Este ano convertémonos en meteorólogos
coa nosa participación no Proxecto
Meteoescolas!
MOITO OLLO AO METEORO!
Construímos a nosa estación
meteorolóxica manual.
Fixemos medicións diarias
da temperatura e
precipitacións, así como
observación de meteoros.
Observamos e rexistramos o
estado do ceo.
Elaboramos o calendario
meteorolóxico do cole con
información diaria e
rigorosa.
Celebramos o Día Mundial
da meteoroloxía-23 de
abril- rodeados de refráns!
Elaboramos o noso propio
dicionario de termos
meterolóxicos.
Fomos de visita a
Meteogalicia e
descubrimos o que
era unha
radiosondaxe.
Gozamos da exposición
do
I Concurso “Fotografía
a meteoroloxía”
I CONCURSO
“FOTOGRAFÍA A METEOROLOXÍA”
Unha das actividades realizadas dentro do proxecto de
METEOESCOLAS foi un concurso de fotografía:
“FOTOGRAFÍA A METEOROLOXÍA” co obxectivo de que
todos nos detivesemos a observar a beleza da natureza da
nosa contorna.
Ao concurso presentáronse 29 fotografías das que cabe
destacar a gran calidade das mesmas, facendo difícil a
elección da foto gañadora polo que se elexiron catro
finalistas, e dentro destas, seleccionouse a foto premiada.
1ª FINALISTA: XEADA NOS ROSAIS
ANXO MENA ALONSO (6º PRIMARIA)
2ª FINALISTA: O DESPERTAR DA NÉBOA NO
ALTO DE OURENSE
DANIELA RODRÍGUEZ LÓPEZ (3º PRIMARIA)
3ª FINALISTA: FEITIZADA POLO ARCO DA VELLA
ARIADNA TRONCOSO CAMBA (1º PRIMARIA)
GAÑADORA: MAR DE NÉBOA
NICOLÁS VÁZQUEZ RODRÍGUEZ
(6º INFANTIL)
VISITA A METEOGALICIA
O martes, 21 de marzo, os alumnos de 5º e 6º de Primaria fomos a Santiago
de Compostela. Cando chegamos, dirixímonos directamente a Meteogalicia.
Despois de que nos recibiran á chegada, informáronnos do primeiro que íamos facer: soltar
un globo meteorolóxico. Que emoción! Un globo meteorolóxico é un globo moi grande,
cheo de helio, ao que lle atan un paracaídas cun GPS e unha sonda que recollerá datos,
a medida que ascende, sobre o estado da atmosfera. Ao chegar a unha determinada
altura o globo estoupará e caerá o paracaídas cos aparatos que recolleron a información.
Unha vez preparado o globo, saímos ó exterior do
edificio, onde dous nenos participaron na solta do
globo. Foi moi emocionante ver como ascendía e
como o perdíamos de vista no ceo. Logo vimos
unha proxección de como estoupa un globo no
ceo.
Volvimos de novo a entrar, e explicáronnos moitas
cousas sobre as nubes e as precipitacións. Tamén
ensináronnos os instrumentos que empregan para
medir a humidade, a temperatura, a velocidade, a
dirección do vento … e como son e onde se
colocan as estacións meteorolóxicas.
Rematada a visita en Meteogalicia, dirixímonos á Catedral de Santiago, que estaba en
obras, polo que non poidemos apreciar toda a beleza da súa fachada e interior. Vimos o
botafumeiro e démoslle unha aperta ó Apóstolo Santiago.
De seguido dirixímonos á Alameda, onde
comimos e xogamos, e demos un paseo por
ela, podendo dende alí disfrutar dunhas
magníficas vistas da Catedral. Máis tarde,
demos un paseo polas rúas e aproveitamos
para mercar algunha lambetada e algún
recordo. E…volta para Ourense.
Gustounos moito. Foi moi divertida e
interesante. Pasámolo xenial!!
APARELLOS USADOS EN METEREOLOXÍA
A excursión rematou pero de volta ao cole a nosa tarefa continuou, pois tivemos que
investigar sobre algúns dos aparellos que vimos en Meteogalicia.
O PLUVIÓMETRO
é un instrumento
empregado nas
estacións
meteorolóxicas
para a recollida e
medición das
precipitacións.
O primeiro pluviómetro normalizado foi
inventado en Corea en 1441, aínda que
outras fontes atribúenlle o invento a Jang
Yeong Sil, un científico que traballaba para o
rei. O primeiro pluviómetro automatizado
foi inventado en Inglaterra en 1662 por
Christopher Wron. Segundo outras fontes,
atribúese este invento ao matemático e
físico inglés Robert Hooke, no ano 1702.
O TERMÓMETRO é o
instrumento
empregado para
medir a temperatura
Fai anos o termómetro fabricábase
con mercurio e o seu inventor foi
Galileo Galilei. Máis tarde, un médico
italiano chamado Santorio Santorio
engadiulle unha escala numérica á
invención de Galilei, convertíndose
así no actual termómetro.
Un primeiro higrómetro foi
inventado por Leonardo da Vinci
en 1480. Posteriormente, en
1755, o alemán Johann Heinrich
mellorou este instrumento, pero
en 1783, o naturalista suizo
Horace-Bénédict de Saussure
inventa o actual higrómetro de
tensión de cabelo, pois a súa
lonxitude cambia coa humidade.
O HIGRÓMETRO é un
instrumento empregado
para medir o grao de
humidade do aire da
atmosfera.
O CATAVENTOS é un
dispositivo xiratorio formado por
unha placa que xira libremente,
un sinalador que indica a
dirección do vento e unha cruz
horizontal que indica os puntos
cardinais.
Foi na antiga Grecia, onde o
astrónomo Andronicus, creou
e usou un cataventos para ver a
dirección na que sopraba o
vento, e que puxo na Torre dos
Ventos, da Ágora romana de
Atenas, para honrar ao deus
grego Tritón.
O ANEMÓMETRO é un
aparato que se emprega para
medir a velocidade do vento.
É un dos instrumentos básicos para o voo das
aeronaves.
O primer anemómetro foi un invento de Leon
Battista Alberti no século XV. En 1846, o físico e
astrónomo británico Thomas Romney mellorouno
poñéndolle catro cuncas pequenas unidas a un eixe
vertical que xiran co vento. En 1926, John Patterson
reduce o número de tazas a tres, e segue a ser o
máis usado.
O BARÓMETRO é o instrumento co que se mide a
presión atmosférica, é dicir, o peso dunha
columna de aire por unidade de superficie.
O máis coñecido é o barómetro de
mercurio, inventado por Torricelli en 1643
O HELIÓGRAFO é un
instrumento meteorolóxico que
se utiliza para rexistrar a duración
e intensidade dos raios solares ao
longo dunha xornada.
Grazas aos enxeñeiros John Francis Campbell (1822-
1885) e George Gabriel Stokes (1819-1903),
dispoñemos deste instrumento que consta dunha
esfera maciza de vidro, montada sobre un soporte,
sobre o que se coloca unha banda de cartolina
graduada en horas. Cando o sol emerxe polo horizonte
local, a luz incide sobre a bola e esta, a modo de lupa,
concentra os raios sobre un punto da cartolina,
queimándoa. O aparato, a medida que o sol vai
ascendendo, vai formando unha liña carbonizada na
cartolina.
Tamén recollemos datos referentes ás temperaturas máximas, mínimas e pluviosidade,
para logo meter os datos na páxina de Meteoescolas e elaborar as gráficas
correspondentes.
EXCURSIÓN A MADRID
BUS –SAÍDA
“Eu estaba moi nerviosa porque era a primeira
excursión de moitos días. Tan ilusionada
estaba que me vestín e me peiteei moi rápido
para chegar moi cedo.”
Isamar (5º A– EP)
TOUR
“Chegamos a Madrid sobre as 11:00 horas.
Deixamos as maletas e fixemos un percorrido en
autobús. Vimos o antigo cárcere, o museo Reina
Sofía, pasamos pola Porta de Alcalá…
Paramos no km 0 de onde saen todas as estradas
radiais de España.”
Aissattou (5º B– EP)
REI LEÓN
“Encantoume, e polo que comentei cos meus
compañeiros, a case todos lles pasou o mesmo.
Chamoume a atención o vestiario: unha marabilla
de cores. O neno que facía de Simbad foi o que
máis me gustou. Que sorte tivemos de ver o mu-
sical! Volvería velo moitas veces!”
Ariadne (5º A– EP)
PARQUE EUROPA
“É un parque inmenso no que hai réplicas dos
principais monumentos de Europa. Os que máis
me gustaron foron: a representación do
Átomo, a Porta de Brandenburgo e a Torre de
Londres.”
Daniel (5º A- EP)
WARNER
“Para min foi o mellor de todo. Na entrada
había unha fonte na que nos sacamos moitas
fotos. Estaba chea de xente e tardamos moito
en poder entrar. Cando por fin entramos había
tantas atraccións que non soubemos a onde ir.
O que fastidiou todo un pouco foi a choiva.”
África (6º EP)
ZOO
“Gustoume moito. Había moitos tipos de
animais: crocodilos, leóns, lobos...
O máis fermoso foi o espectáculo dos
golfiños onde, ademais de todo o que facían
(cambadelas, saltos con aros…), déronnos un
montón de información sobre estes animais.”
Ismael (6º EP)
Santiago Bernabéu
“Día fabuloso; nunca vira un estadio de fútbol. Fixemos un tour polas distintas zonas.
Cando vin o campo sorprendinme polo grande que era. Sentámonos no banquiño do
equipo e fíxome moita ilusión.”
África (6º EP)
“Son do Barcelona. Tiven que facer esforzos para entrar. Picábame todo o corpo.”
Miguel (5º B– EP)
GRAZAS Á AMPA POR ORGANIZAR ESTA MARABILLOSA EXCURSIÓN!
WHAT CAN WE DO
CANDELA—3º A
UXÍA—3º B
VICTORIA—3º A
ANDRÉ—3º A
XIANA —3º B
AIXA—3º B
AN INTERVIEW WITH JAMIE,
OUR ENGLISH LANGUAGE ASSISTANT
What’s your name? (Como te chamas?)
Jamie
Where are you from? (De
onde es?)
Oak Ridge, Tennessee, USA
Have you got any brothers or
sisters? (Tes irmás ou ir-
máns?)
Yes, I have two older sisters.
(Si, teño dúas irmás maiores
ca min)
What’s your father job? (Cal
é o traballo do teu pai?)
He designs parts for trucks. (Diseña pezas para camións)
What’s your mother job? (Cal é o traballo da túa nai?)
She is in an eye doctor´s assistant. (É asistente de oculista)
What do you like doing in your free time? (Que che gusta facer no teu tempo
libre?)
I like playing the ukulele and reading. (Gústame tocar o ukelele e ler)
Do you like animals? Have you got any pets? (Gústanche os animais? Tes al-
gunha mascota)
Yes, I love animals. I have a dog and a cat. (Si, encántanme os animais. Teño un
can e un gato)
Do you like sports? (Gústanche os deportes?)
Yes, I do. (Gústanme)
What’s your favorite? (Cal é o teu favorito?)
My favorite sport is football. (O meu deporte favorito é o fútbol)
What’s your favorite food? (Cal é a túa comida favorita?)
My favorite food is spaghetti. (A mina comida favorite son os espaguetis)
Do you like Galician food? (Gústache a comida galega?)
Yes, I do. (Gústame)
When you were a child, were you a good student? (Cando eras
nena, eras boa estudante?)
Yes, I was. (Si que o era)
What was your favorite subject? (Cal era a túa asignatura fa-
vorita?)
My favorite subject was Literature. (A miña asignatura favorita era a litera-
tura)
What kind of music do you like? (Que tipo de música che gusta?)
I like pop and rock music. (Gústame o Pop e o Rock)
What’s your favorite group or singer? (Cal é o teu grupo ou cantante fa-
vorito?)
My favorite singer is Hozier. (O meu cantante favorito é Hozier)
Do you like travelling? Did you visit other places in Spain? (Gústache vi-
axar? Visitaches outras partes de España?)
Yes, I do. I visited Madrid, Vigo, Santiago de Compostela, Bilbao and San Se-
bastián. (Si. Visitei Madrid, Vigo...)
How about this year? Did you enjoy teaching us? (Que
me dis deste ano? Gustouche ensinarnos?)
Yes, I did. I had a great year. (Si. Foi un ano xenial)
Did you like Ourense? (Gustouche Ourense?)
Yes, I did. (Gustoume)
What are your plans for the future? (Que plans de futuro tes?)
I will come back to Spain next year to teach English again. (O ano que vén
voltarei a España para ensinar inglés de novo)
ALUMNADO 6º EP
O labor de animación á lectura
engloba un conxunto de actividades,
estratexias e técnicas tendentes a
favorecer, potenciar e estimular o
achegamento do alumnado aos libros
para mellorar os hábitos lectores.
O verdadeiro sentido do traballo de
animación da biblioteca é o de dar o salto de pasar de saber ler ao querer
ler de modo gratuíto e libre fomentando o aspecto lúdico da lectura.
Ler é un acto complexo que non
pode limitarse só aos libros, temos
que capacitar ao lector para que saiba
interpretar e que sexa crítico con todas as mensaxes, sexan do tipo que
sexan. Necesitamos lectores críticos capaces de seleccionar e discriminar.
O papel da biblioteca debe ser o de espertar e cultivar o desexo e o gusto
pola lectura.
Na biblioteca intentouse traballar a animación á lectura en varias direccións
realizando actividades nas que participou toda a comunidade educativa.
Entre as moitas actividades desenvolvidas ao longo de todo o curso
destacamos:
A BIBLIOTECA, un lugar para
a ANIMACIÓN Á LECTURA
Unhas veces foron as propias
nenas as que lles contaron as
historias aos máis cativos.
E outras veces contamos
coa colaboración de
“contadores" de historias
que se dedican a esta
actividade de forma
profesional.
No Día Mundial da poesía na biblioteca os nenos e nenas recitaron
No Día Internacional das Bibliotecas Escolares todas as clases, en
colaboración co equipo de Voz Natura, idearon un “ecoconsello” para
elaborar o libro dos nosos
No Día do Libro desenvolvéronse
Para celebrar o Día das Letras Galegas organizouse un obradoiro co
alumnado de 5º e 6º de primaria para adaptar e representar no festival do
cole, no teatriño de monicreques, elaborados por nós, a obra de Carlos
Casares:
Coa axuda dos nosos axudantes da biblioteca levamos aos patios do recreo
un anaco da biblioteca para que os nenos, no tempo de lecer, poidan
relaxarse e gozar dunha boa lectura. Para elo os nosos axudantes
desenvolven as actividades:
Equipo Dinamización Biblioteca
Un ambiente afectuoso e estable, con
regras e límites respectuosos e claros, é
fonte de resiliencia, afectividade e
estabilidade afectiva nos nenos. Pero, a
que nos estamos referindo cando
falamos de límites axeitados? Como se
poden poñer de forma respectuosa?
Todos os nenos necesitan límites. Os
límites permítenlles sentirse seguros nun
mundo que comprenden e sobre o que
teñen algún tipo de control. Coñecen as
normas da sociedade e saben ata onde
poden chegar. Cando un neno non ten
claro onde está o límite do permitido, vai
sentir unha profunda confusión e tratará
de probalo unha e outra vez.
Un neno sen control é coma un barco sen
temón, cando non hai parámetros pérdese o rumbo e medra a confusión.
Por desgraza, esa actitude adoita catalogarse de rebeldía ou incluso de
trastorno de conduta. Pero a maioría destes nenos non son rebeldes,
moitas veces o seu comportamento é froito dalgunha inconsistencia
na súa educación, socialización e, en ocasións, fallos no
desenvolvemento emocional.
Cando deixamos que os nenos fagan o que lles apetece, contribuímos
a que desenvolvan unha autoestima baixa e unha baixa tolerancia á
frustración.
OS NENOS NECESITAN LÍMITES PARA
SER FELICES
RECORDADE:
 Construír o noso propio criterio: Os límites permítennos desenvolver os
valores necesarios para tomar as decisións correctas. Sen límites internos
estamos perdidos e sen saber que facer.
 Darnos seguridade: Cos límites aumentamos a confianza en nós mesmos
para saber enfrontarnos a situacións imprevistas e para manter cos demais
unhas boas relacións.
 Protexernos: Os límites presérvannos dos perigos reais; axúdannos a
coidar e protexer os nosos sentimentos, os afectos, as ideas, os
valores...Cando os nenos non somos capaces de previr todos os riscos, os
pais son os encargados de poñer os límites que necesitamos para estar
protexidos.
 Saber o que podemos e o que non podemos facer: Os límites axúdannos
a saber o que debemos facer en cada situación, que hai un momento e un
lugar para cada cousa.
 Autocontrolarnos: Os límites axúdannos a expresar as emocións sen ferir
os demais. Axúdannos a comprender que non podemos facer todo o que
queremos porque hai cousas que, aínda que nos gustan non as podemos facer
e outras que temos que facer aínda que non nos gustan. Permítennos aceptar
o NON como resposta e cumprir coas tarefas que nos corresponden segundo
a nosa idade.
 Aprender a ser responsables: Os límites ensínannos que todo
comportamento ten un efecto, positivo ou negativo, que debemos aceptar e
asumir. Con eles responsabilizámonos de todo o que facemos, dicimos e
pensamos, aprendendo a prever as consecuencias das nosas decisións antes
de tomalas.
…QUE OS NENOS
NECESITAMOS OS
LÍMITES PARA…
A autoridade é coma os
cartos, se o gastas en
bobadas despois non
terás para as cousas
importantes. Elixe ben
en que vas a gastala.
A consistencia é o
alicerce sobre o que
se sustenta a
educación.
A paciencia é o
cemento que permite
que non se derrube.
Autoritarismo non é o
mesmo que autoridade.
Do mesmo modo,
adoptar un estilo
educativo respectuoso
non é o mesmo que ser
permisivo ou neglixente.
…QUE OS PRINCIPIOS
BÁSICOS DOS LÍMITES
RESPECTUOSOS SON:
… QUE OS LÍMITES
DEBEN SER:
Sinxelos e concretos. É importante que os nenos
saibamos o que se espera exactamente de nós. É
necesario que nos expliquen as regras cunha
linguaxe sinxela, adaptada á nosa idade.
Firmes e coherentes. Para os nenos, non hai nada
peor ca inconsistencia educativa. Se un día nos
permiten unha cousa e ao seguinte día no la
prohiben, sentirémonos confundidos, sen saber
que facer. Necesitamos que os nosos pais nos
poñan límites claros e que no los fagan cumprir
sempre, sen excepcións.
Con consecuencias directas e proporcionadas.
Cando un neno non cumpre unha regra
importante, debe ser consciente de que esa
conduta ten consecuencias. Os pais deben
procurar que o castigo ou a reprimenda sexa
proporcionada ao erro cometido, non deben
esaxerar. Da mesma forma, é mellor que a
consecuencia chegue inmediatamente, non horas
máis tarde.
( Departamento de Orientación)
Departamento de Orientación
COMO POÑERLLES
LÍMITES AOS FILLOS
DESDE O RESPECTO
POÑER LÍMITES É:
 Ensinar que todos temos
os mesmos dereitos.
 Lograr que aprendan que
os seus dereitos acaban
onde empezan os dereitos
dos outros.
 Saber diferenciar entre
NECESIDADE e DESEXO.
 Dicir SI sempre que sexa
posible e NON sempre que
sexa necesario.
 Ensinar que se poden
facer moitas cousas, pero
que outras non se poden
facer.
 Axudar no
desenvolvemento da
PACIENCIA.
 Ensinar a xestionar a
FRUSTRACIÓN.
POÑER LÍMITES NON É:
 Pegarlle aos fillos para
que se porten ben.
 Dar ORDES sen explicar
o PORQUÉ.
 BERRAR para que
obedezan.
 Invadir a PRIVACIDADE
do neno.
 Non atender ás
NECESIDADES BÁSICAS
do neno.
CANCODRILO
SABELA GAGO 27/1/2017
O COCIÑEIRO MARTIÑO 3/2/2017 IAGO
O CARBALLO CON BOTAS
ANXO MOURE 23/3/2017
Presentamos un resumo das actividades nas que participamos ao longo deste curso.
1.– ANIMACIÓN Á LECTURA…
CONTACONTOS CON KAMISHIBAI
XOSÉ CARLOS CARAMÉS 25/10/2017
A PRINCESA E O SAL
4/5/2017 NATI NATILLAS
UN DÍA DE EMERXENCIAS
4/5/2017
O CORAZÓN DE MARTINA
4/5/2017
ENCONTROS CO AUTOR
MANOLO RIVAS 7/2/2017 PERIODISMO NA ESCOLA
FINA ULLOA 19/4/2017
APADRIÑAMENTO LECTOR
24/4/2017
2. ARTES ESCÉNICAS.
FANTASÍA (CINE)
4/11/2016
PULGARCITO (TEATRO)
9/11/2016
ESTACIÓN NADAL –MAMÁ CABRA-
13/12/2016
SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA
13/2/2016
FREAKY (TEATRO EN INGLÉS)
12/1/2016
A MARABILLOSA HISTORIA DO VIOLIN TROMPETA
20/3/2016
ACÁBATE LA SOPA
4/4/2017
GATUXO 23/5/2017
PINOCCHIO (Teatro en inglés) 26/5/2017
3. COIDADO DO MEDIO AMBIENTE:
VISITA DO SEPRONA
17/2/2017
PLANTACIÓN CASTIÑEIROS 24/3/2017
AIR PLANET 4/4/2017
4. SAÚDE
VISITA O TEU SUPER
16/2/2017
PROMOCIÓN DE SAÚDE BUCODENTAL
10/3/2017
SEMANA DA SAÚDE (PROGRAMA SI) 3 a 7 de abril de 2017
5. NOVAS TECNOLOXÍAS
CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR E SEGURIDADE EN INTERNET
10/11/2017
NAVEGA CON RUMBO
16/5/2017
6. EXPOSICIÓNS
ILUSIONISMO: MAXIA OU CIENCIA? 28/10/2016 e 3/11/2016
“NA PROCURA DO PASADO” 31/1/2017 e 2/2/2017
7. RECIBIMOS VISITAS...
8. E FOMOS DE EXCURSIÓN...
Raquel, África, Victoria, Teresa, Jennifer, Carla, Marta, Gabriel Augusto, Inés, Natalia,
Jhajaira, Tamara (profesora titora), Ismael, David, Gabriel, Noemí, Anxo, Íker e Ángel
… AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE SEXTO CURSO
QUE DEIXAN O NOSO COLEXIO
PARA COMEZAR UNHA NOVA ETAPA NOUTRO CENTRO

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18vilabarreiro
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019vilabarreiro
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13abalarcurros
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018ceipmontemogos
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 
Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015biblionova
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barciaceeabarcia
 
Sofan News xaneiro
Sofan News xaneiroSofan News xaneiro
Sofan News xaneiroPrensasofan
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑOME PP
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016lolaiglesias
 

Mais procurados (20)

Anduriña 2017
Anduriña 2017Anduriña 2017
Anduriña 2017
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018
 
Gandarela parte 1
Gandarela parte 1Gandarela parte 1
Gandarela parte 1
 
Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Díptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeirasDíptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeiras
 
Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Sofan News xaneiro
Sofan News xaneiroSofan News xaneiro
Sofan News xaneiro
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑO
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016
 
O Apalpador
O ApalpadorO Apalpador
O Apalpador
 

Semelhante a REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"

Semelhante a REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO" (20)

La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombre
 
1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Apiramide2007
Apiramide2007Apiramide2007
Apiramide2007
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Boas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervoBoas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervo
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
Inicio curso
Inicio cursoInicio curso
Inicio curso
 
Admision
AdmisionAdmision
Admision
 
Día da paz 2014
Día da paz  2014Día da paz  2014
Día da paz 2014
 
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Biblio contorna 3.pub
Biblio contorna 3.pubBiblio contorna 3.pub
Biblio contorna 3.pub
 
O noso libro voador
O noso libro voadorO noso libro voador
O noso libro voador
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 

Mais de albinonunez

Traballo sobre Frida Kahlo.
Traballo sobre Frida Kahlo. Traballo sobre Frida Kahlo.
Traballo sobre Frida Kahlo. albinonunez
 
COÑECENDO A FRIDA KAHLO
COÑECENDO A FRIDA KAHLOCOÑECENDO A FRIDA KAHLO
COÑECENDO A FRIDA KAHLOalbinonunez
 
O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA
O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA
O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA albinonunez
 
Thanksgiving 2016
Thanksgiving 2016Thanksgiving 2016
Thanksgiving 2016albinonunez
 
FICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLO
FICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLOFICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLO
FICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLOalbinonunez
 
Taller de pan de millo
Taller de pan de milloTaller de pan de millo
Taller de pan de milloalbinonunez
 
Comprometidos coa saude
Comprometidos coa saude Comprometidos coa saude
Comprometidos coa saude albinonunez
 
FICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNS
FICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNSFICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNS
FICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNSalbinonunez
 
Narigota vai á casa
Narigota vai á casaNarigota vai á casa
Narigota vai á casaalbinonunez
 
Contos ecolóxicos
Contos ecolóxicosContos ecolóxicos
Contos ecolóxicosalbinonunez
 
Ideas para decorar no nadal
Ideas para decorar no nadalIdeas para decorar no nadal
Ideas para decorar no nadalalbinonunez
 
O noso ecosistema
O noso ecosistema O noso ecosistema
O noso ecosistema albinonunez
 
Refrans e cantigas
Refrans e cantigasRefrans e cantigas
Refrans e cantigasalbinonunez
 

Mais de albinonunez (20)

Traballo sobre Frida Kahlo.
Traballo sobre Frida Kahlo. Traballo sobre Frida Kahlo.
Traballo sobre Frida Kahlo.
 
COÑECENDO A FRIDA KAHLO
COÑECENDO A FRIDA KAHLOCOÑECENDO A FRIDA KAHLO
COÑECENDO A FRIDA KAHLO
 
O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA
O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA
O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA
 
Christmas
ChristmasChristmas
Christmas
 
Thanksgiving 2016
Thanksgiving 2016Thanksgiving 2016
Thanksgiving 2016
 
Halloween
HalloweenHalloween
Halloween
 
Tennessee
TennesseeTennessee
Tennessee
 
A xesta
A xestaA xesta
A xesta
 
Wangari
WangariWangari
Wangari
 
Natu poemas
Natu poemasNatu poemas
Natu poemas
 
FICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLO
FICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLOFICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLO
FICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLO
 
Taller de pan de millo
Taller de pan de milloTaller de pan de millo
Taller de pan de millo
 
Comprometidos coa saude
Comprometidos coa saude Comprometidos coa saude
Comprometidos coa saude
 
FICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNS
FICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNSFICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNS
FICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNS
 
Narigota vai á casa
Narigota vai á casaNarigota vai á casa
Narigota vai á casa
 
Contos ecolóxicos
Contos ecolóxicosContos ecolóxicos
Contos ecolóxicos
 
Ideas para decorar no nadal
Ideas para decorar no nadalIdeas para decorar no nadal
Ideas para decorar no nadal
 
O noso ecosistema
O noso ecosistema O noso ecosistema
O noso ecosistema
 
Refrans e cantigas
Refrans e cantigasRefrans e cantigas
Refrans e cantigas
 
Grilos
GrilosGrilos
Grilos
 

Último

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"

  • 1.
  • 2. SUMARIO MAGOSTO NADAL DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ E DÍA DA EDUCACIÓN AMBIENTAL ENTROIDO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EXPOSICIÓNS “A ARTE NO OUTONO”/ “A ARTE NO INVERNO” ECOPATRULLA RECICLAXE HORTO PROGRAMA SI COMEDOR MESTRES POR UN DÍA XOGOS LETRAS GALEGAS RECEITAS ESPECIES EXÓTICAS METEOESCOLAS VISITA A MADRID ADIVIÑAS SECCIÓN INGLÉS BIBLIOTECA DEP. ORIENTACIÓN ACT. COMPLEMENTARIAS
  • 3. Un ano máis sae á luz a revista escolar editorialeditorial A finalidade desta publicación é dar a coñecer a todos os seus lectores unha pequena parte dos traballos que realizamos ao longo do curso escolar 2016/2017; unha revista que plasma algunhas das actividades desenvolvidas, celebracións, tradicións así como das alegrías vividas dentro do noso colexio. Este ano mergullámonos por primeira vez no Programa MeteoEscolas, co cal os ne- nos e nenas aprenderon moito: realizamos un dicionario de termos meteorolóxicos, participamos no I concurso “Fotografía a meteoroloxía”, elaboramos calendarios, recompilamos refráns sobre o tempo… Organizamos ademais a “Ecopatrulla dos verdes vixías”, encargados de reducir e de reutilizar papel, plástico e cartón; de poñer a escola guapa e de cantar e bailar ao son da natureza. Entre outras novidades tamén se atopan as actividades “A arte no outono” e “A arte no inverno”, que produciron un achegamento ás obras artísticas, fomentando a sensibilidade e, polo tanto, enriquecéndonos cultural e persoalmente. Lembrarvos que na páxina web do centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/ ceipalbinonunez/) poderedes consultar as actividades levadas a cabo, fotos das mesmas, e demais información do voso interese. Agardamos que a revista, elaborada con grande ilusión e agarimo, sexa do voso agrado. Recibide un cordial e afectuoso saúdo. “ O FORMIGUEIRO ”
  • 4. MAGOSTO 2016 O 10 de novembro celebramos o MAGOSTO no cole. Durante o xantar, no comedor escolar, gozamos da comida típica deste día: bolos preñados e castañas. Ao rematar fomos ao patio, onde fixemos unha fogueira e asamos as cas- tañas! Tras a fogueira quedaron as borrallas… Nese intre os nenos e nenas comezaron a cavilar en como as ían empregar! Cun tizón pintaron a todos os que puideron! PASÁMOLO XENIAL!
  • 5. NADAL 2016 Un ano máis celebramos o NADAL no colexio! Realizamos unha exposición de POSTAIS DE NADAL, elaboradas polos alumnos e alumnas. Confeccionamos unha ÁRBORE DE NADAL con botellas de plástico usadas! As postais foron colocadas na entrada do colexio xunto coa árbore. A árbore decorouse…
  • 6. Tamén fixemos ADORNOS para a ÁRBORE DA ENTRADA. Velaquí! E decoramos as PORTAS das aulas! Así de fermosas quedaron: O centro decorouse con deseños de Nadal: Ademais os REIS MAGOS visitaron o colexio! Concurso CARTAS AO APALPADOR NAIARA e AISSATOU, alumnas de 5º de EP, resultaron premiadas. PARABÉNS!
  • 7. 4º: “Na casa da miña avoa”- panxoliña E non podía faltar o... O 20 e 21 de decembro tivo lugar no colexio esta celebración. EDUCACIÓN INFANTIL 5º: “A miña tía”- coreografía 6º: “Nadal”- canción EDUCACIÓN PRIMARIA 1º: “El árbol de Navidad” - panxoliña 2º A e B: “os 90” - baile 3º A e B: “Un desfile moi especial”- desfile e panxoliña 4º: “Capitán de madera”- panxoliña 5º A: “Celebrar la vida”- canción 5º B: “ Watch me on dance”- coreografía 6º: “Unha clase moi disparatada”- representación teatral “Feliz Navidad te deseo cantando”- panxoliña
  • 8. Este ano a tradicional celebración do Dia Escolar da Non Violencia e da Paz (30 de xaneiro), aunámola coa celebración do Día Mundial da Educación Ambiental (26 de xaneiro), pois consideramos que as dúas accións están moi ligadas, non pode haber paz sen solidariedade entre os pobos, sen o coidado e o respecto polo noso planeta. DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ e DÍA DA EDUCACIÓN AMBIENTAL Como no cole estamos inmersos no proxecto de Voz Natura: “Reciclamos lixo co mellor sorriso”, os alumnos de 5º quixe- ron realizar A RECICLAXE DE SENTIMENTOS, nun gran con- tenedor meteron palabras contra- rias á paz e despois de reciclalas obtiveron palabras como: xustiza, igualdade, empatía... e con elas fixeron a: FESTA DAS PALABRAS E con esas fermosas palabras todos os alumnos realizaron as súas RECEITAS DA PAZ: INFUSIÓNS, TARTAS, PASTEIS, MACEDONIAS, SOPAS… todas cos mellores ingredientes : apertas, bicos, chocolate, amizade, axudar, coidar, compartir ... Tamén se colorearon MANDALAS POLA PAZ co fin de activar a nosa enerxía positiva e manifestar os nosos desexos de paz.
  • 9. Ademais de reciclar palabras, quixemos reciclar materiais que empregamos habitualmente e aproveitalos para realizar un mural conxunto. Con tapóns usados tratamos de expresar neste mural os nosos desexos de paz e solidariedade e, ao mesmo tempo, lanzar unha mensaxe sobre o coidado do noso planeta e sobre o aproveitamento dos recursos. Alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º expresaron, a partir dun remuíño de palabras cal era para eles o significado da palabra paz, e logo plasmáronno visualmente mediante o em- prego de nubes de etiquetas realizadas co ordenador. A actividade foi realizada nas tres linguas que estudamos no centro: galego, castelán e inglés. Culminamos todas as actividades relacionadas con estas datas cun pequeno acto conxunto onde lemos un MANIFESTO POLA PAZ e logo bailamos dúas danzas: LA HORA DEL PLANETA (Juan D e Beatriz) DANZA DA PAZ (Mamá Cabra)
  • 10. ENTROIDO 2017 Comezamos a celebración do entroido cos tradicionais mandados do meco na semana do 20 ao 24 de marzo. Cada día puxemos a peza de roupa ou complemento que nos mandaba o meco, como era de xeito acumulativo, as combinacións resultaban moi cómicas. Os alumnos de segundo de primaria participaron nun obradoiro, organizado polo Concello de Ourense, para a elaboración das comadres e dos compadres. Este obradoiro foi impartido por Sabela Gago, actriz e animadora cultural, que lles ensinou aos nenos o significado destas figuras tradicionais realizadas con papel de distintas clases, teas, lás, cintas, botóns, fíos, e calquera outro material de refugallo que se nos ocorra. Oos nenos acudiron á Praza Maior de Ourense, o xoves 23 de marzo, para correr o xoves de comadres: as nenas trataban de arrebatarlle aos nenos as bonecas (comadres) que eles realizaran tentando burlarse delas.
  • 11. O Formigueiro Xoves, 16 de marzo de 2017 O Entroido do tempo chegou coa música e os poemas. NOA, ANXO E MARCO. OURENSE/2ºB O venres 24 de febreiro de 2017 celebraron o Entroido e tamén o día de Rosalía de Castro no patio do colexio Albino Núñez de Ourense. Todos os nenos e profesores do colexio fixeron unha festa. Os disfraces eran do tempo e fixéronse na clase con axuda dos profesores e das familias. Cada clase ía de algo distinto: infantil ía de sol e de sol e nube, os de primeiro de primaria de nubes, os de segundo de treboada, os de terceiro de gotas de chuvia, os de cuarto de arco da vella, os de quinto de neve e os de sexto de vento. Na festa desfilaron, recitaron poemas sobre o tempo, bailaron con música e xogaron. A profesora Marisol e o profesor Pepe fixeron fotos durante a festa. As familias viñeron a ver como os nenos e as nenas desfilaban. Os nenos nerviosos cos seus disfraces escoitaron poemas do tempo. PROFESOR PEPE
  • 12. Reportaxe fotográfica ENTROIDO 2017: Os máis pequenos do cole quixeron ser soles radiantes, pero algunhas nu- bes ameazaron ao rei sol, tapando en parte o seu fulgor. Unhas nubes cargadas de choiva apareceron no ceo, eran os nenos e nenas de 1º, daba xenio velos!!
  • 13. A que armaron os nenos e nenas de 2º de primaria cos seus disfraces de trebóns!. Raios, lóstregos e relampos cos seus tronos feros po- ñían medo con só velos. Pingas e máis pin- gas de auga enche- ron o patio, eran os pequenos e pequenas de 3º de primaria cos seus disfraces super “refrescantes”. Os rapaces e rapazas de 4º de primaria sorprenderon a todos co seu colorido: un arco da vella do máis lucido.
  • 14. Que frío, que frío!, cando chegaron os de 5º de primaria conxelados, coas súas folerpas de neve e tremeli- cando!! Menudo vendaval se levantou coa chegada dos maiores de 6º: paraugas, roupas e guedellas voaban sen rumbo, imposible detelas!!! E a festa rematou con baile, recitado de poemas e con can- cións. Esperamos o vindeiro ano outra función e o entroido festexar con ilusión!!.
  • 15. 25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO A Asamblea Xeral das Nacións Unidas, o 17 de decembro de 1999, declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Dende aquela a ONU insta a que se organicen nese día actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública respecto ao problema da violencia contra a muller. No colexio unímonos a esa conmemoración coa celebración dun pequeno acto no patio do colexio, presidido por un gran cartel elaborado para a ocasión. Primeiramente, Raquel e Inés, alumnas de 6º, leron un pequeno manifesto elaborado polos alumnos de 5º A, do que reproducimos algúns fragmentos: A continuación fixemos o "reto do maniquí" (o famoso mannequin challenge que está tan de moda e que consiste en quedarse inmóvil coma un maniquí mentras soa unha canción). Nenos/as e profesores/as fixeron de maniquíes mentres soaba a canción de Amaral "Salir corriendo", canción que incide no tema da violencia de xénero. “Queremos manifestar a nosa solidariedade con: todas as mulleres que senten medo, dor, tristeza, sufrimento e calquera tipo de violencia e inxustiza no mundo … Así mesmo queremos manifestar o noso compromiso para: Respectar os dereitos das mulleres e das nenas. Rexeitar todo tipo de violencia contra as mulleres tanto física como verbal. Relacionarnos respectuosamente. Empregar mensaxes cooperativos e dialogantes. Denunciar situacións de violencia contra as mulleres e nenas”.
  • 16. I EXPOSICIÓN A ARTE NO OUTONO Este foi o primeiro ano que se realizou a actividade no colexio. Cada aula tiña que recrear unha obra de arte relacionada co outono empregando distintas técnicas. Cos deseños elaborados decidimos realizar unha exposición na entrada do centro. Nela plasmamos cada obra representada así como unha imaxe da orixinal e unha breve explicación da mesma. O resultado foi espectacular! Non si? 4º EI Anaco dunha obra de Leoniv Afremov 3º A e B (EP) Dedos de Impronta Impresionista—Iris Scott 4º EP "Outono" - Giuseppe Arcimboldo 6º EP "Os xirasois"- Vincent Van Gogh 2º B (EP) "Outono" - Vincent Van Gogh 5º A e B (EP) "A oliveira" - Joaquín Sorolla 6º EI "Outono" - Giuseppe Arcimboldo 5º EI “A árbore da vida”- Gustav Klimt
  • 17. I EXPOSICIÓN A ARTE NO INVERNO Esta actividade seguiu o mesmo procedemento que “A arte no outono”, pero nesta ocasión, as obras representadas polo alumnado xiraron en torno á estación de inverno. Que arte teñen os nenos e nenas do colexio! 4º EI "As estacións, inverno"- Salvador Dalí 3º A e B ( EP) "Davos en inverno"/ "Davos na neve" - Ernst Ludwig Kirchner 4º EP "Can tombado na neve" - Franz Marc 6º EP "Castiñeiro en Louveciennes" - Camille Pissarro 5º A "Desxeo en Egersburg" de Edvar Munch 6º EI "Paisaxe de inverno" de Kandinsky 5º EI "Inverno, os globos"- Jordanka Yaretz
  • 18. Unha das actividades máis innovadoras deste curso foi a formación de A ECOPATRULLA. Uns 110 nenos voluntarios, de educación infantil e primaria, distribuídos en 5 subgrupos, un por cada día da semana, todos os días, ao rematar a hora de xantar, poñían os seus petos verdes e de cores e desenvolvían diferentes actividades guíados pola profe Maite, por Sergio e por Belén e Sandra, dúas nais colaboradoras do servizo de comedor. OBXECTIVOS DESTA ACTIVIDADE: Sensibilizar aos nenos nas cuestións medioambientais Educar en valores: amor á natureza, responsabilidade, cooperación e consumo responsable. Ensinar a valorar, a respectar e coidar o medio ambiente Plantar e coidar árbores, verduras, hortalizas e flores Traballar en grupo, promovendo a cooperación entre nenos e nenas de diferentes idades. Recuperar os xogos dos nosos antepasados, aqueles nas que a natureza era a protagonista. Aprender facendo … e divertindose Practicar o “ERRE QUE ERRE QUE ERRE”, aprendendo a reducir, reutiliza r reciclar. Estas son algunas das actividades realizadas:
  • 19.
  • 20.
  • 21. REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAREste curso seguimos participando no programa medioambiental Voz Natura, co proxecto: “Reciclamos lixo co mellor sorriso”. Co obxectivo de traballar por un futuro sostible dende as aulas, deseñamos un plan completo de actividades. Ao longo do curso implicáronse moitos membros da comunidade educativa, grazas a todos eles conseguimos reducir a cantidade de lixo, reutilizando moitos obxectos, fomentando a creatividade e a cooperación, e formando grupos de traballo con nenos de diferentes idades, co fin de coidar a nosa “casa común”, o planeta. Velaí algúns dos nosos traballos: Reutilizamos pneumáticos Fixemos agasallos con botellas de leite E orixinais comedeiros para os paxaros con garrafas de plástico
  • 22. Deseñamos as nosas bolsas personalizadas multiusos Decoramos o patio de infantil con FRIOLÍN e FLORINDA Inventamos uns paquetes moi orixinais reutilizando rolos de papel hixiénico
  • 23. Con cápsulas de café realizaron os pequenos de 3 anos este mural sobre o outono. A gran árbore de Nadal da entrada do cole foi realizada grazas a colaboración de todas as familias que aporta- ron as botellas verdes con que foi confeccionada. Tamén realizamos diferentes adornos para a decoración típica destas datas con todo tipo de materiais de refugallo: Con pasta Con cartóns de ovos Con calce- tíns vellos, botóns e restos de teas Con anacos de feltro, alfinetes e teas ou lazos reciclados Con botellas de plástico, lazos...
  • 24. Con tapóns de plás- tico confeccionamos uns bonecos moi simpáticos e baila- ríns E tamén fixemos con botellas e con tapóns un divertido xogo de habilidade Uns simpáticos “portacastañas” para celebrar o magosto Para a celebración de Halloween fixemos terroríficas pantas- mas con botes pequenos de plástico E para agasallar aos papás no seu día, unhas divertidas tartarugas cunha sorpresa dentro da súa cuncha feita con fondos de botes ou botellas de plástico
  • 25. Reciclaxe no Día InternacionalReciclaxe no Día Internacional da Familiada Familia O Día Internacional da Familia celébrase todos os anos o 15 de maio. Foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co obxectivo de aumentar o grao de concienciación sobre os temas relacionados coa fami- lia e fomentar os lazos familiares. Este ano céntrase en resaltar o papel que xogan as familias e as políticas orientadas ás familias no fomento da educación e no benestar dos seus membros, en particular, a educación infantil e a formación continua para nenos e mozos. Pois ben, nós, os alumnos e alumnas de 6º, queremos colaborar como cada ano e agasallar ás familias. Darlles as grazas por todo ese traballo e dedicación que nos brindan día a día, sexan pais, nais, avós, irmáns,… Nesta ocasión, reciclamos uns tapacubos, limpámolos ben e pintámolos, cada un de nós ao seu gusto. Empregamos pintura en spray, papel, goma eva, feltro, corda decorativa,… O último paso era poñerlles unhas agullas dos minutos; como nos foi imposible atopalas, decidimos mercalas por Internet. Non tardaron moito en chegar, pois viñeron de China. Finalmente, instalámoslles as agullas dos minutos aos tapacubos e mailas pilas, e así de chulos quedaron… Para vós, familia!!! Alumnos e alumnas de 6º de primaria
  • 26. O HORTO DOS AMIGOS DE CARDIOO HORTO DOS AMIGOS DE CARDIO Este é o noso horto no que plantamos patacas, cebolas, porros, acelgas, leitugas, repolos, xudías e allos. Aquí aprendemos a coidar a natureza, a traballar en equipo, a respectar o medio ambiente, a coñecer os alimentos saudables, a nomealos en diferentes idiomas, a protexelos con trampas ecolóxicas, a contar, a esforzarnos, a esperar que medren os cultivos, a recoñecer formas e tamaños diferentes, a respectar quendas para participar, a recoller sementes, a observar e a resolver problemas, e a gozar cos froitos do noso traballo. Empregamos o horto como un recurso pedagóxico no que os alumnos son protagonistas e construtores do seu propio aprendizaxe, fomentando unha ensinanza por investigación e descubrimento.
  • 27. Simón e Nicolás comprobando como medraron as patacas que sementamos no mes de marzo, e comparándoas coa súa estatura. Nicolás observando as follas, para analizar a saúde do horto, descubre que temos unha praga de caracois. Para desprazar os caracois, das zonas de cultivo ata as zonas de herba, facemos trampas de cervexa. Breogán, Cibrán, Ainara e Marisa preparando unha trampa con cervexa para os caracois.
  • 28. Lucía, Elena e Mateo colocando as trampas ecolóxicas. O RECUNCHO DE PLANTAS MEDICINAIS E AROMÁTICAS DE CATALINA Este curso, ao lado do horto escolar fixemos o recuncho das plantas de Catalina, a nosa bruxiña, que ao longo do curso nos foi ensinando como podíamos curar moitas doenzas con: menta, santolina, salvia, aloe vera, manzanilla e melisa. Os nenos e as nenas de Educación Infantil e de Primaria amadriñaron e apadriñaron plantas, e tiveron que encargarse do seu coidado.
  • 29.
  • 30.
  • 31. UN COMEDOR 6S O comedor escolar ten unhas funcións que exceden a estrita nutrición dos escolares, este servizo ten unha finalidade educativa, a través del pretendemos: 1. Proporcionar unha alimentación de calidade, adaptada ás necesidades e ás características dos escolares. 2. Ensinar as pautas dunha dieta equilibrada. 3. Educar aos cativos en hábitos de alimentación sans, solidarios e responsables. 4. Educar en normas e en valores (respecto, solidariedade, coidado da saúde, responsabilidade co medio ambiente...). 5. Ensinarlles aos nenos a comer, e a relacionarse de maneira positiva. O noso comedor é un bo recurso para o desenvolvemento de habilidades individuais e sociais: comportamento correcto na mesa, hábitos de hixiene, mastigar correctamente os alimentos, axudarlles aos que están a nosa beira, utilizar correctamente os garfos, as culleres, os panos… OBXECTIVOS DO COMEDOR 6S Pretendemos que o noso comedor sexa un recurso educativo: SENSIBLE: Ao responder ás necesidades de cada cativo, partindo da súa situación e buscando solucións adaptadas á realidade de cada neno: dietas especiais, dificultades para inxerir algúns alimentos, hábitos adquiridos... Para iso contamos cun menú xeral e con varios menús específicos: sen glute, sen ovo, sen leite, e hipocalórico, con varias actividades de reforzo que animarán aos nenos a que proben novos sabores, e cun equipo de colaboradores/as ilusionados/as, e comprometidos con este proxecto.
  • 32. SAUDABLE: Proporcionándolles unha alimentación equilibrada, saudable e variada. SOLIDARIO: Fomentando comportamentos de axuda e de cooperación entre iguais. SILENCIOSO: Intentando que aprendan a controlar o ton de voz, e a respectar o tempo no que hai que estar en silencio, para comentar os logros de cada día e para pasar lista e organizar a incorporación ás actividades. SORRINTE: Creando un ambiente agradable para todos. SOSTIBLE: Ensinándolle aos nosos nenos a comer de maneira responsable, saudable e respectuosa co medio ambiente. Este ano centrámonos na consecución do último obxectivo, un comedor sostible, ao considerarmos que os 5 obxectivos anteriores: saudable, solidario, silencioso, sorrinte e sensible, xa foron adquiridos ao longo de varios cursos, e que os nenos xa os teñen interiorizados nun grado óptimo. Para iso seguimos desenvolvendo as accións que xa puxéramos en marcha ao longo dos cursos anteriores, combinándoas con outras que intentamos desenvolver ao longo deste curso: Fomentar e favorecer a incorporación de alimentos ecolóxicos, frescos, do entorno e de temporada. Introducir o consumo de alimentos ecolóxicos progresivamente. Promover o consumo responsable, preparando e servíndolle aos cativos cantidades de comida equilibradas para evitar o despilfarro de recursos. Consumir as verduras e as hortalizas que cultivamos no horto no comedor, tratadas unicamente con métodos ecolóxicos. A igual calidade, comprarlle os alimentos aos provedores que estean máis preto da escola, para evitar a contaminación que xenera o transporte. RECURSOS Para fomentar os comportamentos idóneos dos nenos no comedor (comer de todo, probar o que non lles gusta, falar cun ton de voz axeitado, manter bos hábitos de orde e de hixiene, establecer relacións positivas entre eles e cos adultos), empregaremos os seguintes recursos: Reforzo positivo: Puntos (saudables, sensibles, solidarios, silenciosos, sostibles e sorrintes).
  • 33. Cada día entregarémoslle un punto aos nenos que cumpran todos os obxectivos, ou que melloraron nalgún: probar un alimento que non lles gustaba, falar cun ton de voz baixo, cooperar cos máis cativos… . Cando consigan 6 puntos terán un premio sostible e saudable. Felicita que algo queda: Aqueles nenos que acaden todos os obxectivos serán os protagonistas da semana. En cada zona os venres, proporemos un neno para mandarlle unha felicitación a casa polo seu bo comportamento, e farémoslle unha foto, que colocaremos no taboleiro do “protagonista da semana”, co seu padriño ou co seu afillado, segundo corresponda. O Rei da mesa: Aos nenos de Educación Infantil colocarémoslle unha coroa e farémoslle unha foto, a medida que vaian mellorando na consecución algún obxectivo. Mascotas viaxeiras: Cando os nenos vaian acadando novos obxectivos poderán levar as súas casas as mascotas viaxeiras cunha nota saudable informativa para as familias.
  • 36. FDSCOÑECENDOF Este curso 2016-17 os nenos e nenas do curso de 5º de E. Infantil, fixemos un pequeno proxecto sobre KEITH HARING. Gozamos moito coñecendo as súas obras e representándoas de moitas maneiras. Nestas fotos ides ver como o fixemos e cal foi o resultado das nosas propias obras. PERFILÁMONOS! PINTAMOS CCOOÑÑEECCEENNDDOO AA KKEEIITTHH HHAARRIINNGG
  • 37. FDSCOÑECENDOF RECORTAMOS E PEGAMOS BAILAMOS E CONVERTÉMONOS EN ESTATUAS DECORAMOS O CORREDOR E A NOSA CLASE
  • 38.
  • 39. Víctor, o tío de Martín, contounos moitas cousas sobre Exipto. A súa exposición foi amena e divertida. Mestres por un día!!! Nas aulas de 6ºe 5º de Infantil MOITAS GRAZAS!!! André, o irmán de Ana, veu a 4 anos a darnos unha charla sobre o proxecto que estábamos a traballar, o Universo. Canto sabe!!!
  • 40. ALUMNOS/-AS DE 6º REDACCIÓN Os cambios sociais das últimas décadas, os avan- ces na industria (novos materiais e métodos de fa- bricación), a evolución da tecnoloxía e o grande incremento da poboación urbana en contra da asentada no medio rural, que devece de xeito preo- cupante, lévannos a ter que botar a vista atrás e lembrar aqueles xogos dos que nos falan nosos avós e que se negan, ante a nosa incomprensión, a perder de xeito definitivo. Se aos nosos vellos (na súa acepción cariñosa) lle falaramos de deportes e xogos, hoxe de moda, co- ma AQUABIKING, CROSSFIT, FLOORBAL, COLPBOL, PINFUVOTE, FUTGOLF, ARTZKI- ROL ou FUTBEISBOL, pareceríalles tan raro coma cando a nós nos falan dos seus xogos de cando eran rapaces. Imos traer a esta páxinas algúns dos máis popula- res para, ademais de lembrárvolos, animarvos a que pasedes bos momentos xogando. OS ZANCOS Son un xogo de habilidade e equilibrio sobre uns paus (os máis modernos feitos de PVC) longos (para poder ser controlados coas mans e cos bra- zos) e rectos. A altura á que van colocados os pés pode variarse en altura ( o máis habitual é entre 15 e 45 cm). Carla, África e Natalia ensinando un dos varios modelos de zancos que existen. Os zancos tamén reciben o nome de andas, ta- mancas e tamancos. Os zancos tamén reciben o nome de andas, ta- mancas e tamancos. O xeito máis primitivo de construír uns zancos é adaptar unha póla dereita dunha árbore que teña un gallo forte para colo- car os pés. O xogo é moi sinxelo. O que hai que facer é bir a eles e aguantar enriba desprazándose dun lugar a outro. Tamén se poden facer carreira ou competicións de todo tipo. Hai regras básicas, como que non se pode empurrar aos demais gadores, nin baixar e volver subir cando se está en competición. As regras varían segundo o tipo de xogo que se desenvolva. Tamén se utilizan nas festas e celebracións para divertir aos tentes parecendo xigantes. É un xogo popular en case todo o mundo. Carla, Anxo, Íker, África e Natalia durante unha carreira de zancos.
  • 41. OS SACOS A carreira de sacos era un xogo de agricultores. Practicábase nos momentos de descanso que se facían nos traballos do campo. Hai datos da práctica deste tipo de xogo xa no século XVIII. Cada participante introdúcese no saco ata a altura da cintura, suxeitándoo coas mans. Ao sinal de quen controla o xogo comeza a carreira a saltos ata a meta. Pódese participar de xeito individual ou en carreira de relevos. Pódese xogar en calquera espazo amplo, ben cuberto, ben ao aire libre. O mellor sitio son zonas con herba ou area (praias) para evitar golpes fortes nas múltiples caídas. É un xogo no que se desenvolve o sentido do equilibrio e o hábito no salto cos pés xuntos e en altura ao mesmo tempo que se avanza. Polas situacións que se suceden ao longo do xogo é un espectáculo cun certo carácter humorístico, que fai gozar, tanto aos participantes coma os observadores. Marta, Gabriel e Ángel Deste xogo derívanse outros moitos, nos que a base do xogo está na existencia dunha dificultade engadida para que o desprazamento non se realice fácilmente (pés atados, a culler e o ovo, …). Participantes na carreira de sacos en pleno esforzo
  • 42. TIRA DA CORDA David, Jhajaira e Íker O tiro da corda consiste nunha competición por equipos, cada un deles cun número va- riable de xogadores. Os equipos sitúanse, formando unha columna, un fronte ao outro, separados por unha liña central. Os dous equipos preparados para o comezo da competición Cada participante ten agarrada con forza a corda da que se tira. A un sinal feito polo árbitro cada equi- po tira para o seu lado tratando de arrastar os con- trarios. O ARO O aro é un xoguete en forma de circunferencia. Xógase facendo rodar o aro de metal cun pau, in- tentando que avance e non caia. Este xogo inventouse en Exipto hai máis de 3000 anos. Tamén se xoga co aro das rodas das bicicle- tas, sendo máis fácil de manexar, xa que o pau vai metido na canle central do aro. Hai varios tipos de xogos con aro: 1. PARTIDA DE RESISTENCIA. Nesta modali- dade o vencedor é o xogador ou a xogadora que consegue manter o aro en pé o máis tempo posi- ble, dándolla volta co pau ou guía. 2. A PISTA. Debúxase unha pista cunha determi- nada largura. Gaña quen dá máis voltas ao circuíto nun determinado tempo. 3. O ARO TOLO. O vencedor ou vencedora é quen máis tempo mantén o seu aro dando voltas dentro dun círculo de aproximadamente dos me- tros de diámetro. 4. CARREIRA DE AROS. Todos os participantes póñense en paralelo e fan rodar o aro dende a liña de saída ata unha meta. Ademais destas sinaladas existirán tantas varieda- des de xogo como cada quen poida imaxinar. Noemí, Teresa e Jennifer
  • 43. A PETANCA Raquel, Inés e Victoria Segundo os datos dos que dispomos, este xogo ou deporte inventouse en Francia a comezos do século XX. A RA A petanca consiste en guindar unha serie de bó- las metálicas co propósito de achegarse o máis posible a outra bóla máis pequeña, de madeira, que foi lanzada anteriormente por un dos/das participantes no xogo. Quen se achegue máis ao remate da quenda de lanzamentos, obtén un punto. Segundo unha das múltiples variantes, quen acade primeiro os 13 puntos, gaña a partida. Habitualmente xógase en espazos abertos e chás. Este xogo popularizouse en moitas praias, por ser a area a superficie idónea para que as bólas non collan moita velocidade ao impacta- ren co chan unha vez. Nestes espazos as bólas que se empregan adoitan ser de plástico ou ou- tro material que non oxide en contacto coa auga ou a humidade. Partida de petanca. Medición da distancia entre dúas bólas. Ismael, Anxo e Gabriel A ra é un xogo popular inventado no século XIX. Consiste en meter unha fichas redondas de ferro na boca dunha ra ou en diversos buratos que tén a mesa. Hai catro buratos libres que valen 10 puntos, dúas pontes que valen 15 puntos, un muí- ño que vale 30 puntos e a boca da ra que é a que máis valor tén (50 puntos). Todos os componentes do xogo están colocados sobre unha mesa. Os buratos coinciden coas divi- sións dun caixón coa puntuación correspondente.
  • 44.
  • 45. O “Día das Letras Galegas” deste ano 2017 está adicado a Carlos Casares (1941-2002), escritor que cultivou sobre todo a narrativa con relatos, novelas, contos para nenos, ensaios; colaborou en nu- merosas revistas e xornais, fixo traducións ao galego e tamén escribiu poemas. Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) foi un dos máis grandes narradores gale- gos. Comezou como escritor co libro de relatos Vento ferido (1960), ao que seguiron outras moitas obras para adultos. Porén, Carlos Casares tamén escribiu para ne- nos. Naquel momento non había libros infantís en galego e a súa preocupación era que os rapaces e rapazas puidesen ler na súa lingua, polo que traduciu contos dou- tros idiomas, como “O principiño”, e soñou os libros infantís e xuvenís do futuro. Foi asi como naceron A galiña azul (1968), As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973), ou O can Rin e o lobo Crispín (1983), entre outros. ALUMNADO 6º PRIMARIA
  • 46. TRABALLOS REALIZADOS SOBRE CARLOS CASARES Os pequenos de 3 anos plasmaron nun mural o famoso conto de A GALIÑA AZUL. Alumnos de 4 anos fixeron un “lap-book” contando a vida e obra de Carlos Casares. Un teatriño de monicreques de papel foi realizado polos rapaces de 5º e 6º de EP para representar a obra AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS.
  • 47. FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017 O día 19 de maio rematamos as actividades desenvolvidas nas aulas ao longo da semana das LETRAS GALEGAS cun pequeño festival onde a nosa lingua foi a protagonista. Non faltou un recordo especial para o autor homenaxeado este ano: Carlos Casares Mouriño. Casares foi un escritor ourensán cunha ampla obra para maiores pero que tamén escribiu para os máis pequenos, sendo a súa obra teatral infantil “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas”, obxecto dunha adaptación por parte do alumnado de 5º e 6º de primaria . Esta versión en teatro de monicreques pechou este acto xa tradicional no noso centro. Os máis pequenos do centro bailaron e cantaron a famosa canción do grupo Miga- llas “Dime que fixeches”. “Fun ao mercado”, cantaron, bailaron e escenificaron esta canción de María Fumaça os nenos e nenas de 4 anos. Os nenos e nenas de 5 anos cantan “A primavera” un poema de Antonio García Teijeiro “Unha orquestra despistada”, outro poema de Antonio García Teijeiro que foi recitado polos alumnos de 1º de primaria.
  • 48. Os marchosos nenos e nenas de 2º A “rapearon” unha versión dunha canción Refráns e trabalinguas foron recitados polos alumnos e alumnas de 3º A e 3º B . Alumnos e alumnas de 4º cantaron “Unha vella tiña un can” versión dun popular conto galego. Alumnas de 5º recitaron poemas de Rosalía de Castro e Manuel María. “Os cesteiros” de Fuxan os Ventos foi cantada e escenificada polos alumnos de 2º B. Os maiores do colexio recitaron poemas de Gloria Fuertes traducidos ao galego. Cun teatriño de marionetas en papel, un grupo de rapaces e rapazas de 5º e 6º representaron a obra: “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas” de Carlos Casares.
  • 49. RECEITAS DE ESPETADAS SAUDABLES Proceso de como o alumnado de 3º de primaria elaborou as receitas para cociñar espetadas saudables. ATENTOS!
  • 50. E, POR FIN… MANS Á OBRA E A COCIÑAR!!
  • 52. Por último… editamos a nosa receita para o libro da Biblioteca!
  • 53.
  • 54. Hummus Ingredientes para 4 persoas: 1 vaso de garavanzos cocidos 4 culleradas sopeiras de tahina (crema de sésamo) 1 dente de allo Aceite de oliva, sal, limón, pemento (en pó), comino e perexil Preparación: • Triturar os garavanzos coa crema de sésamo, o zume de medio limón, o dente de allo e o sal. • Servir nun prato fondo cun chorro de aceite de oliva e sazonar coas especias. • Pódese acompañar con torradas, pan de pita ou con bastonciños de cenoria. 4º de educación primaria
  • 55. Especie exótica invasora (EEI) Unha especie exótica é aquela planta, animal ou calquera outro organismo que se atopa fóra da súa área de distribución polo seu transporte de maneira intencionada ou accidental. Considérase invasora unha especie exótica se a súa expansión supón un perigo para a diversidade biolóxica dos ecosistemas orixinais. Unha vez que unha especie invasora se establece nunha rexión, resulta moi difícil e custoso erradicala ou controlar a súa poboación. Vespa velutina Avespa asiática Avispa asiática Bengalí vermello Bengalí rojo Amandava amandava Papagaio arxentino Cotorra argentina, cotorra gris Myiopsitta monachus Papagaio de Kramer Cotorra de Kramer Psittacula krameri Tartaruga de Florida Galápago de Florida Trachemys scripta Cangrexo vermello americano Cangrejo rojo, cangrejo Procambarus clarkii Tecia solanivora Couza guatemalteca Polilla guatemalteca Carpa Carpa Cyprinus carpio Visón americano Visón americano Mustela vison Especies exóticas invasoras en Galicia Fontes: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente
  • 56. Mimosa Mimosa, acacia Elodea densa Elodea densa Fieito de auga Helecho de agua, azolla Sebes Hiedra de jardín, mikania Uña de gato, herba do coitelo Uña de gato, hierba del cuchillo Ailanto, árbore do ceo Alianto, árbol del cielo Herba da Pampa, carrizo da P. Hierba de la Pampa, carrizo de la Pampa Margarida africana Margarita africana, hierba del Cabo Ludwigia Duraznillo de agua Reynoutria, Herba nudosa xaponesa Hierba nudosa japonesa Grama americana, Grama galega Grama americana Orella de gato Amor de hombre, oreja de gato Acacia dealbata Ailanthus altissima Azolla filiculoides Carpobrotus edulis Cortaderia selloana Egeria densa Ludwigia grandiflora Reynoutria japonica Senecio mikanioides Stenotaphrum secundatum Tradescantia fluminensis Arctotheca calendula 4º curso de educación primaria
  • 57. Este ano convertémonos en meteorólogos coa nosa participación no Proxecto Meteoescolas! MOITO OLLO AO METEORO! Construímos a nosa estación meteorolóxica manual. Fixemos medicións diarias da temperatura e precipitacións, así como observación de meteoros.
  • 58. Observamos e rexistramos o estado do ceo. Elaboramos o calendario meteorolóxico do cole con información diaria e rigorosa. Celebramos o Día Mundial da meteoroloxía-23 de abril- rodeados de refráns!
  • 59. Elaboramos o noso propio dicionario de termos meterolóxicos. Fomos de visita a Meteogalicia e descubrimos o que era unha radiosondaxe. Gozamos da exposición do I Concurso “Fotografía a meteoroloxía”
  • 60. I CONCURSO “FOTOGRAFÍA A METEOROLOXÍA” Unha das actividades realizadas dentro do proxecto de METEOESCOLAS foi un concurso de fotografía: “FOTOGRAFÍA A METEOROLOXÍA” co obxectivo de que todos nos detivesemos a observar a beleza da natureza da nosa contorna. Ao concurso presentáronse 29 fotografías das que cabe destacar a gran calidade das mesmas, facendo difícil a elección da foto gañadora polo que se elexiron catro finalistas, e dentro destas, seleccionouse a foto premiada. 1ª FINALISTA: XEADA NOS ROSAIS ANXO MENA ALONSO (6º PRIMARIA) 2ª FINALISTA: O DESPERTAR DA NÉBOA NO ALTO DE OURENSE DANIELA RODRÍGUEZ LÓPEZ (3º PRIMARIA) 3ª FINALISTA: FEITIZADA POLO ARCO DA VELLA ARIADNA TRONCOSO CAMBA (1º PRIMARIA) GAÑADORA: MAR DE NÉBOA NICOLÁS VÁZQUEZ RODRÍGUEZ (6º INFANTIL)
  • 61. VISITA A METEOGALICIA O martes, 21 de marzo, os alumnos de 5º e 6º de Primaria fomos a Santiago de Compostela. Cando chegamos, dirixímonos directamente a Meteogalicia. Despois de que nos recibiran á chegada, informáronnos do primeiro que íamos facer: soltar un globo meteorolóxico. Que emoción! Un globo meteorolóxico é un globo moi grande, cheo de helio, ao que lle atan un paracaídas cun GPS e unha sonda que recollerá datos, a medida que ascende, sobre o estado da atmosfera. Ao chegar a unha determinada altura o globo estoupará e caerá o paracaídas cos aparatos que recolleron a información. Unha vez preparado o globo, saímos ó exterior do edificio, onde dous nenos participaron na solta do globo. Foi moi emocionante ver como ascendía e como o perdíamos de vista no ceo. Logo vimos unha proxección de como estoupa un globo no ceo. Volvimos de novo a entrar, e explicáronnos moitas cousas sobre as nubes e as precipitacións. Tamén ensináronnos os instrumentos que empregan para medir a humidade, a temperatura, a velocidade, a dirección do vento … e como son e onde se colocan as estacións meteorolóxicas. Rematada a visita en Meteogalicia, dirixímonos á Catedral de Santiago, que estaba en obras, polo que non poidemos apreciar toda a beleza da súa fachada e interior. Vimos o botafumeiro e démoslle unha aperta ó Apóstolo Santiago. De seguido dirixímonos á Alameda, onde comimos e xogamos, e demos un paseo por ela, podendo dende alí disfrutar dunhas magníficas vistas da Catedral. Máis tarde, demos un paseo polas rúas e aproveitamos para mercar algunha lambetada e algún recordo. E…volta para Ourense. Gustounos moito. Foi moi divertida e interesante. Pasámolo xenial!!
  • 62. APARELLOS USADOS EN METEREOLOXÍA A excursión rematou pero de volta ao cole a nosa tarefa continuou, pois tivemos que investigar sobre algúns dos aparellos que vimos en Meteogalicia. O PLUVIÓMETRO é un instrumento empregado nas estacións meteorolóxicas para a recollida e medición das precipitacións. O primeiro pluviómetro normalizado foi inventado en Corea en 1441, aínda que outras fontes atribúenlle o invento a Jang Yeong Sil, un científico que traballaba para o rei. O primeiro pluviómetro automatizado foi inventado en Inglaterra en 1662 por Christopher Wron. Segundo outras fontes, atribúese este invento ao matemático e físico inglés Robert Hooke, no ano 1702. O TERMÓMETRO é o instrumento empregado para medir a temperatura Fai anos o termómetro fabricábase con mercurio e o seu inventor foi Galileo Galilei. Máis tarde, un médico italiano chamado Santorio Santorio engadiulle unha escala numérica á invención de Galilei, convertíndose así no actual termómetro. Un primeiro higrómetro foi inventado por Leonardo da Vinci en 1480. Posteriormente, en 1755, o alemán Johann Heinrich mellorou este instrumento, pero en 1783, o naturalista suizo Horace-Bénédict de Saussure inventa o actual higrómetro de tensión de cabelo, pois a súa lonxitude cambia coa humidade. O HIGRÓMETRO é un instrumento empregado para medir o grao de humidade do aire da atmosfera.
  • 63. O CATAVENTOS é un dispositivo xiratorio formado por unha placa que xira libremente, un sinalador que indica a dirección do vento e unha cruz horizontal que indica os puntos cardinais. Foi na antiga Grecia, onde o astrónomo Andronicus, creou e usou un cataventos para ver a dirección na que sopraba o vento, e que puxo na Torre dos Ventos, da Ágora romana de Atenas, para honrar ao deus grego Tritón. O ANEMÓMETRO é un aparato que se emprega para medir a velocidade do vento. É un dos instrumentos básicos para o voo das aeronaves. O primer anemómetro foi un invento de Leon Battista Alberti no século XV. En 1846, o físico e astrónomo británico Thomas Romney mellorouno poñéndolle catro cuncas pequenas unidas a un eixe vertical que xiran co vento. En 1926, John Patterson reduce o número de tazas a tres, e segue a ser o máis usado. O BARÓMETRO é o instrumento co que se mide a presión atmosférica, é dicir, o peso dunha columna de aire por unidade de superficie. O máis coñecido é o barómetro de mercurio, inventado por Torricelli en 1643 O HELIÓGRAFO é un instrumento meteorolóxico que se utiliza para rexistrar a duración e intensidade dos raios solares ao longo dunha xornada. Grazas aos enxeñeiros John Francis Campbell (1822- 1885) e George Gabriel Stokes (1819-1903), dispoñemos deste instrumento que consta dunha esfera maciza de vidro, montada sobre un soporte, sobre o que se coloca unha banda de cartolina graduada en horas. Cando o sol emerxe polo horizonte local, a luz incide sobre a bola e esta, a modo de lupa, concentra os raios sobre un punto da cartolina, queimándoa. O aparato, a medida que o sol vai ascendendo, vai formando unha liña carbonizada na cartolina.
  • 64. Tamén recollemos datos referentes ás temperaturas máximas, mínimas e pluviosidade, para logo meter os datos na páxina de Meteoescolas e elaborar as gráficas correspondentes.
  • 65. EXCURSIÓN A MADRID BUS –SAÍDA “Eu estaba moi nerviosa porque era a primeira excursión de moitos días. Tan ilusionada estaba que me vestín e me peiteei moi rápido para chegar moi cedo.” Isamar (5º A– EP) TOUR “Chegamos a Madrid sobre as 11:00 horas. Deixamos as maletas e fixemos un percorrido en autobús. Vimos o antigo cárcere, o museo Reina Sofía, pasamos pola Porta de Alcalá… Paramos no km 0 de onde saen todas as estradas radiais de España.” Aissattou (5º B– EP) REI LEÓN “Encantoume, e polo que comentei cos meus compañeiros, a case todos lles pasou o mesmo. Chamoume a atención o vestiario: unha marabilla de cores. O neno que facía de Simbad foi o que máis me gustou. Que sorte tivemos de ver o mu- sical! Volvería velo moitas veces!” Ariadne (5º A– EP) PARQUE EUROPA “É un parque inmenso no que hai réplicas dos principais monumentos de Europa. Os que máis me gustaron foron: a representación do Átomo, a Porta de Brandenburgo e a Torre de Londres.” Daniel (5º A- EP)
  • 66. WARNER “Para min foi o mellor de todo. Na entrada había unha fonte na que nos sacamos moitas fotos. Estaba chea de xente e tardamos moito en poder entrar. Cando por fin entramos había tantas atraccións que non soubemos a onde ir. O que fastidiou todo un pouco foi a choiva.” África (6º EP) ZOO “Gustoume moito. Había moitos tipos de animais: crocodilos, leóns, lobos... O máis fermoso foi o espectáculo dos golfiños onde, ademais de todo o que facían (cambadelas, saltos con aros…), déronnos un montón de información sobre estes animais.” Ismael (6º EP) Santiago Bernabéu “Día fabuloso; nunca vira un estadio de fútbol. Fixemos un tour polas distintas zonas. Cando vin o campo sorprendinme polo grande que era. Sentámonos no banquiño do equipo e fíxome moita ilusión.” África (6º EP) “Son do Barcelona. Tiven que facer esforzos para entrar. Picábame todo o corpo.” Miguel (5º B– EP) GRAZAS Á AMPA POR ORGANIZAR ESTA MARABILLOSA EXCURSIÓN!
  • 67.
  • 68.
  • 69.
  • 70.
  • 71.
  • 72. WHAT CAN WE DO CANDELA—3º A UXÍA—3º B VICTORIA—3º A
  • 73. ANDRÉ—3º A XIANA —3º B AIXA—3º B
  • 74. AN INTERVIEW WITH JAMIE, OUR ENGLISH LANGUAGE ASSISTANT What’s your name? (Como te chamas?) Jamie Where are you from? (De onde es?) Oak Ridge, Tennessee, USA Have you got any brothers or sisters? (Tes irmás ou ir- máns?) Yes, I have two older sisters. (Si, teño dúas irmás maiores ca min) What’s your father job? (Cal é o traballo do teu pai?) He designs parts for trucks. (Diseña pezas para camións) What’s your mother job? (Cal é o traballo da túa nai?) She is in an eye doctor´s assistant. (É asistente de oculista) What do you like doing in your free time? (Que che gusta facer no teu tempo libre?) I like playing the ukulele and reading. (Gústame tocar o ukelele e ler) Do you like animals? Have you got any pets? (Gústanche os animais? Tes al- gunha mascota) Yes, I love animals. I have a dog and a cat. (Si, encántanme os animais. Teño un can e un gato) Do you like sports? (Gústanche os deportes?) Yes, I do. (Gústanme) What’s your favorite? (Cal é o teu favorito?) My favorite sport is football. (O meu deporte favorito é o fútbol) What’s your favorite food? (Cal é a túa comida favorita?) My favorite food is spaghetti. (A mina comida favorite son os espaguetis) Do you like Galician food? (Gústache a comida galega?) Yes, I do. (Gústame)
  • 75. When you were a child, were you a good student? (Cando eras nena, eras boa estudante?) Yes, I was. (Si que o era) What was your favorite subject? (Cal era a túa asignatura fa- vorita?) My favorite subject was Literature. (A miña asignatura favorita era a litera- tura) What kind of music do you like? (Que tipo de música che gusta?) I like pop and rock music. (Gústame o Pop e o Rock) What’s your favorite group or singer? (Cal é o teu grupo ou cantante fa- vorito?) My favorite singer is Hozier. (O meu cantante favorito é Hozier) Do you like travelling? Did you visit other places in Spain? (Gústache vi- axar? Visitaches outras partes de España?) Yes, I do. I visited Madrid, Vigo, Santiago de Compostela, Bilbao and San Se- bastián. (Si. Visitei Madrid, Vigo...) How about this year? Did you enjoy teaching us? (Que me dis deste ano? Gustouche ensinarnos?) Yes, I did. I had a great year. (Si. Foi un ano xenial) Did you like Ourense? (Gustouche Ourense?) Yes, I did. (Gustoume) What are your plans for the future? (Que plans de futuro tes?) I will come back to Spain next year to teach English again. (O ano que vén voltarei a España para ensinar inglés de novo) ALUMNADO 6º EP
  • 76. O labor de animación á lectura engloba un conxunto de actividades, estratexias e técnicas tendentes a favorecer, potenciar e estimular o achegamento do alumnado aos libros para mellorar os hábitos lectores. O verdadeiro sentido do traballo de animación da biblioteca é o de dar o salto de pasar de saber ler ao querer ler de modo gratuíto e libre fomentando o aspecto lúdico da lectura. Ler é un acto complexo que non pode limitarse só aos libros, temos que capacitar ao lector para que saiba interpretar e que sexa crítico con todas as mensaxes, sexan do tipo que sexan. Necesitamos lectores críticos capaces de seleccionar e discriminar. O papel da biblioteca debe ser o de espertar e cultivar o desexo e o gusto pola lectura. Na biblioteca intentouse traballar a animación á lectura en varias direccións realizando actividades nas que participou toda a comunidade educativa. Entre as moitas actividades desenvolvidas ao longo de todo o curso destacamos: A BIBLIOTECA, un lugar para a ANIMACIÓN Á LECTURA
  • 77. Unhas veces foron as propias nenas as que lles contaron as historias aos máis cativos. E outras veces contamos coa colaboración de “contadores" de historias que se dedican a esta actividade de forma profesional. No Día Mundial da poesía na biblioteca os nenos e nenas recitaron
  • 78. No Día Internacional das Bibliotecas Escolares todas as clases, en colaboración co equipo de Voz Natura, idearon un “ecoconsello” para elaborar o libro dos nosos No Día do Libro desenvolvéronse
  • 79. Para celebrar o Día das Letras Galegas organizouse un obradoiro co alumnado de 5º e 6º de primaria para adaptar e representar no festival do cole, no teatriño de monicreques, elaborados por nós, a obra de Carlos Casares: Coa axuda dos nosos axudantes da biblioteca levamos aos patios do recreo un anaco da biblioteca para que os nenos, no tempo de lecer, poidan relaxarse e gozar dunha boa lectura. Para elo os nosos axudantes desenvolven as actividades: Equipo Dinamización Biblioteca
  • 80. Un ambiente afectuoso e estable, con regras e límites respectuosos e claros, é fonte de resiliencia, afectividade e estabilidade afectiva nos nenos. Pero, a que nos estamos referindo cando falamos de límites axeitados? Como se poden poñer de forma respectuosa? Todos os nenos necesitan límites. Os límites permítenlles sentirse seguros nun mundo que comprenden e sobre o que teñen algún tipo de control. Coñecen as normas da sociedade e saben ata onde poden chegar. Cando un neno non ten claro onde está o límite do permitido, vai sentir unha profunda confusión e tratará de probalo unha e outra vez. Un neno sen control é coma un barco sen temón, cando non hai parámetros pérdese o rumbo e medra a confusión. Por desgraza, esa actitude adoita catalogarse de rebeldía ou incluso de trastorno de conduta. Pero a maioría destes nenos non son rebeldes, moitas veces o seu comportamento é froito dalgunha inconsistencia na súa educación, socialización e, en ocasións, fallos no desenvolvemento emocional. Cando deixamos que os nenos fagan o que lles apetece, contribuímos a que desenvolvan unha autoestima baixa e unha baixa tolerancia á frustración. OS NENOS NECESITAN LÍMITES PARA SER FELICES
  • 81. RECORDADE:  Construír o noso propio criterio: Os límites permítennos desenvolver os valores necesarios para tomar as decisións correctas. Sen límites internos estamos perdidos e sen saber que facer.  Darnos seguridade: Cos límites aumentamos a confianza en nós mesmos para saber enfrontarnos a situacións imprevistas e para manter cos demais unhas boas relacións.  Protexernos: Os límites presérvannos dos perigos reais; axúdannos a coidar e protexer os nosos sentimentos, os afectos, as ideas, os valores...Cando os nenos non somos capaces de previr todos os riscos, os pais son os encargados de poñer os límites que necesitamos para estar protexidos.  Saber o que podemos e o que non podemos facer: Os límites axúdannos a saber o que debemos facer en cada situación, que hai un momento e un lugar para cada cousa.  Autocontrolarnos: Os límites axúdannos a expresar as emocións sen ferir os demais. Axúdannos a comprender que non podemos facer todo o que queremos porque hai cousas que, aínda que nos gustan non as podemos facer e outras que temos que facer aínda que non nos gustan. Permítennos aceptar o NON como resposta e cumprir coas tarefas que nos corresponden segundo a nosa idade.  Aprender a ser responsables: Os límites ensínannos que todo comportamento ten un efecto, positivo ou negativo, que debemos aceptar e asumir. Con eles responsabilizámonos de todo o que facemos, dicimos e pensamos, aprendendo a prever as consecuencias das nosas decisións antes de tomalas. …QUE OS NENOS NECESITAMOS OS LÍMITES PARA…
  • 82. A autoridade é coma os cartos, se o gastas en bobadas despois non terás para as cousas importantes. Elixe ben en que vas a gastala. A consistencia é o alicerce sobre o que se sustenta a educación. A paciencia é o cemento que permite que non se derrube. Autoritarismo non é o mesmo que autoridade. Do mesmo modo, adoptar un estilo educativo respectuoso non é o mesmo que ser permisivo ou neglixente. …QUE OS PRINCIPIOS BÁSICOS DOS LÍMITES RESPECTUOSOS SON:
  • 83. … QUE OS LÍMITES DEBEN SER: Sinxelos e concretos. É importante que os nenos saibamos o que se espera exactamente de nós. É necesario que nos expliquen as regras cunha linguaxe sinxela, adaptada á nosa idade. Firmes e coherentes. Para os nenos, non hai nada peor ca inconsistencia educativa. Se un día nos permiten unha cousa e ao seguinte día no la prohiben, sentirémonos confundidos, sen saber que facer. Necesitamos que os nosos pais nos poñan límites claros e que no los fagan cumprir sempre, sen excepcións. Con consecuencias directas e proporcionadas. Cando un neno non cumpre unha regra importante, debe ser consciente de que esa conduta ten consecuencias. Os pais deben procurar que o castigo ou a reprimenda sexa proporcionada ao erro cometido, non deben esaxerar. Da mesma forma, é mellor que a consecuencia chegue inmediatamente, non horas máis tarde.
  • 84. ( Departamento de Orientación) Departamento de Orientación COMO POÑERLLES LÍMITES AOS FILLOS DESDE O RESPECTO POÑER LÍMITES É:  Ensinar que todos temos os mesmos dereitos.  Lograr que aprendan que os seus dereitos acaban onde empezan os dereitos dos outros.  Saber diferenciar entre NECESIDADE e DESEXO.  Dicir SI sempre que sexa posible e NON sempre que sexa necesario.  Ensinar que se poden facer moitas cousas, pero que outras non se poden facer.  Axudar no desenvolvemento da PACIENCIA.  Ensinar a xestionar a FRUSTRACIÓN. POÑER LÍMITES NON É:  Pegarlle aos fillos para que se porten ben.  Dar ORDES sen explicar o PORQUÉ.  BERRAR para que obedezan.  Invadir a PRIVACIDADE do neno.  Non atender ás NECESIDADES BÁSICAS do neno.
  • 85. CANCODRILO SABELA GAGO 27/1/2017 O COCIÑEIRO MARTIÑO 3/2/2017 IAGO O CARBALLO CON BOTAS ANXO MOURE 23/3/2017 Presentamos un resumo das actividades nas que participamos ao longo deste curso. 1.– ANIMACIÓN Á LECTURA… CONTACONTOS CON KAMISHIBAI XOSÉ CARLOS CARAMÉS 25/10/2017 A PRINCESA E O SAL 4/5/2017 NATI NATILLAS
  • 86. UN DÍA DE EMERXENCIAS 4/5/2017 O CORAZÓN DE MARTINA 4/5/2017 ENCONTROS CO AUTOR MANOLO RIVAS 7/2/2017 PERIODISMO NA ESCOLA FINA ULLOA 19/4/2017 APADRIÑAMENTO LECTOR 24/4/2017
  • 87. 2. ARTES ESCÉNICAS. FANTASÍA (CINE) 4/11/2016 PULGARCITO (TEATRO) 9/11/2016 ESTACIÓN NADAL –MAMÁ CABRA- 13/12/2016 SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA 13/2/2016 FREAKY (TEATRO EN INGLÉS) 12/1/2016 A MARABILLOSA HISTORIA DO VIOLIN TROMPETA 20/3/2016
  • 88. ACÁBATE LA SOPA 4/4/2017 GATUXO 23/5/2017 PINOCCHIO (Teatro en inglés) 26/5/2017 3. COIDADO DO MEDIO AMBIENTE: VISITA DO SEPRONA 17/2/2017 PLANTACIÓN CASTIÑEIROS 24/3/2017 AIR PLANET 4/4/2017
  • 89. 4. SAÚDE VISITA O TEU SUPER 16/2/2017 PROMOCIÓN DE SAÚDE BUCODENTAL 10/3/2017 SEMANA DA SAÚDE (PROGRAMA SI) 3 a 7 de abril de 2017
  • 90. 5. NOVAS TECNOLOXÍAS CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR E SEGURIDADE EN INTERNET 10/11/2017 NAVEGA CON RUMBO 16/5/2017 6. EXPOSICIÓNS ILUSIONISMO: MAXIA OU CIENCIA? 28/10/2016 e 3/11/2016 “NA PROCURA DO PASADO” 31/1/2017 e 2/2/2017 7. RECIBIMOS VISITAS...
  • 91. 8. E FOMOS DE EXCURSIÓN...
  • 92. Raquel, África, Victoria, Teresa, Jennifer, Carla, Marta, Gabriel Augusto, Inés, Natalia, Jhajaira, Tamara (profesora titora), Ismael, David, Gabriel, Noemí, Anxo, Íker e Ángel … AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE SEXTO CURSO QUE DEIXAN O NOSO COLEXIO PARA COMEZAR UNHA NOVA ETAPA NOUTRO CENTRO