SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 34
Baixar para ler offline
editorial
Déronnos un premio "Polo constante traballo a prol da nosa cultura, coa
lingua como ben irrenunciable da nosa identidade e vehículo de comu-
nicación entre as distintas xeracións de veciños e veciñas de Ouzande,
así como o exemplo infundido en todas as persoas e entidades estra-
denses e comarcais que aglutinan no exercicio da súa actividade."
(Fundación Premios San Martiño. Asociación Cultural O Brado)
Son palabras bonitas. Por facer o que queremos. Moitas persoas pen-
san, e é certo, que vivir en galego, en Galicia, ás 24 horas do día é moi
díficil, imposible case. Fixemos dende o principio o que nos era natural,
sen máis. É a nosa humilde achega para que non sexa tan difícil, o que
debía ser normal e natural.
persoas e casas
Seguimos neste CARREIROS a contar as vidas das nosas persoas. As que
están lonxe. Ás veces as historias das vidas, cando se escriben, adquiren
outra dimensión, ao menos para quen as le. Seguramente todos e todas
mereceriamos unha novela. Nós, polo menos, queremos que as histo-
rias das vidas de quen decidiu marchar, de quen tivo que buscar a for-
tuna noutros lugares, se convirtan en novelas vividas. Neste número vai
a historia de Manolo de Chedas, que un día tamén cruzou o Atlántico.
Encetamos un novo camiño nesta revista. A partir deste número quere-
mos contar as historias das casas da parroquia. A casa no significado
completo, de morada e de familia. Comezamos pola Casa do Cura.
Agardamos contar moitas historias de casas. Se ti queres podes contar-
nos a historia da túa.
Hai veces que aínda que se queira, non se pode. Desta vez non se puido.
Por iso chegamos un pouco tarde.
carreiros1
carreiros
carreiros2
sumario
3memoria
fotográfica.
4retrouso de
viaxe
6os nomes
de ouzande
8a casa do
cura
12memoria da
emigración
17literaria:
manolo de
cabanas
21literaria:
senén
campos
22carreiros e
nadal
23asemblea e
antroido
24nas beiras
do miño
26rutas e
lumeiro
27aí ven o
globo
28unha
noite...
29fervenza de
músicas
30clases...
31premio
carreiros3
memoria fotográfica
Esta foto apareceu na Casa de Souto das
Cachopas, e foinos cedida por Tito de Souto. Na
fermosa imaxe aparecen un grupo de homes
nunha obra. A lenda da parte posterior di:
Fotografías de Ouzande, Codeseda y Santa
Cristina y Guimarey y Cuntis y de Estrada
Nombres de ellos todos.
1º Pio Durán Tato Maestro
José Peiteado,Manuel Esmoris, Manuel Casais,
Ramiro Lodeiro, Benjamín Docampo Casal,
Manuel Docampo, José Pazos, Manuel
Magariños, Manuel Matalobos, Antonio
Puente, Faustino Liste, Abelino Fandiño, Camilo
Magariños, Serafín Magariños, José González
Pego, Ramón Chedas, Perfecto Durán, Seberino
Carballo, Joaquín Magariños, Erundino
Docampo Carracedo, José Rodríguez, Manuel
Casal,
Don José Ulla Carbón
Estrada 1926
carreiros4
crónica
Noelia Bouzón Docampo
Retrouso xa é internacional. E é que algúns dos compoñentes do grupo
tivemos a oportunidade o pasado mes de agosto de levar a nosa músi-
ca ben lonxe de Ouzande. O destino: Francia, máis concretamente un
fermoso pobo da Bretaña chamado Guingamp. O motivo: "Le festival de
la danse bretonne", unha gran celebración que ten lugar na vila france-
sa por esa época do ano e que reúne a músicos e grupos de diversas
procedencias: Escocia, Irlanda, Asturias, Galiza...e como non, tamén
agrupacións da zona.
A pregunta é: e como foi Retrouso dar á Bretaña? Pois grazas ós nosos
amigos do grupo "Pana Raiada" da Gracia (Santiago de Compostela),
que nos ofreceron compartir con eles esta experiencia e formar parte
da súa "plantilla" en semellante aventura.
E menuda acollida tivemos alá en Guingamp! Foi toda unha sorpresa
ver tanta xente nas rúas, esperando para vernos pasar e para escoitar
aos gaiteiros. Galegos, escoceses ou asturianos…todos disfrutamos
dunha grande expectación entre o público francés. Mesmo algún que
outro se animou a botarlle un baile…
Dez días na Bretaña deron para moito, aínda que (e inclúome no dito)
houbo a quen a estancia se lle fixo curta ("Xa marchamos mañá??").
Sería imposible relatar todas as grandes experiencias e os bos momen-
tos que alí tivemos, pero pódese facer un intento…
Visitamos a vila de Guingamp, "cité médiévale", da cal nos chamou a
atención a beleza das rúas empedradas e o feito de que, mirases para
onde mirases, todo estaba cheo de flores: os balcóns, os alféizares das
ventás, as rotondas…, non vira nunca un pobo tan cheo de cor.
Tamén fixemos algo de turismo pola zona. Achegámonos ata a cidade
de Saint-Malo, e aproveitamos tamén para visitar o famoso monte
Saint-Michel.
Levamos connosco o espírito festeiro, como non, e todas as noites
armamos foliada. Como escoceses, asturianos e galegos compartiamos
residencia, aquilo era unha espléndida mestura de culturas. Intentamos
soprar polas gaitas escocesas (que non foi tarefa fácil), e eles probaron
retrouso de viaxe
crónicanoelia bouzón docampo
tamén coas nosas. Mesmo conseguimos resolver algún que outro mis-
terio: efectivamente, os homes escoceses non levan roupa interior por
debaixo da famosa saia!
Aprendemos que coma na casa non se come en ningún sitio…, e é ben
certo que o mundo é un pano: ata coincidimos en Guingamp con Carlos
Núñez!
Practicamos o noso francés, (en realidade só tres palabras)…
As horas de sono foron escasas, xa que despois da primeira noite que-
dou claro que o primeiro en durmirse sería a víctima perfecta para todo
tipo de bromas nocturnas, a maioría das cales implicaban espertar coa
cara totalmente pintarraxeada. Ao volver á casa aínda tardei uns días en
acostumarme a durmir cos dous ollos pechados…
Que máis se pode dicir? Sinxelamente esta viaxe supuxo un antes e un
despois en todos nós, e estou ben segura de que ningún se vai esque-
cer nunca. Só queda unha cousa pendente…, repetir outro ano!
carreiros5
Manuel Rosende Torres
De seguro temos pronunciado moitas veces nomes únicos para falar daqueles luga-
res aos que fomos á herba, sachar ou rozar sen sermos moi conscientes de por que
se chama así ese sitio, ou quen lle tería posto ese nome tan curioso. Ben certo é que
a todos nos gusta escudriñar un pouco no significado dos nomes que nos rodean.
Existe unha ciencia que traballa para darnos respostas, chámase onomástica e den-
tro dela existe unha parceliña que busca a orixe e significado dos nomes da terra, a
toponimia. A relación de Ouzande co chan que pisa é moi estreita, posto que se tra-
ballou de sempre para producir aquelo que se consumía. Hoxe en día os tempos van
mudando pero os nomes de Ouzande continúan aí, para que identifiquemos veigas e
casas, lugares e regatos, presas e muíños, montes e camiños. O noso territorio é, pois,
un bo campo de traballo para quen busque orixe e significado dos nomes da terra.
Cando alguén investiga estes nomes tan nosos permítenos saber os porques da orixe
dos lugares, veñen de moi vello e ás veces son os únicos que nos dan información do
que ten pasado nese sitio concreto. Son os elementos máis conservadores do noso
modo de falar e por iso son o testemuño da nosa historia; todos sabemos onde está
o Castro e, aínda que non hai estudos sobre ese lugar, o topónimo estanos dando
unha pista certeira sobre a súa orixe prehistórica.
Pero tamén existen inimigos dos nomes propios dos sitios, o máis grande é o esque-
cemento polo abandono das terras posto que ao que deixa de ser útil o nome dun
sitio a nosa memoria abandónao. Cando se fixo a concentración parcelaria tivemos
un avance con efectos secundarios; os cambios de propiedades incluiron parcelas con
nome propio dentro doutras máis grandes, enterrando uns nomes debaixo dos
outros. Tamén operou o fenómeno da "deturpación", consiste en tratar de traducir
nomes de sitios con pouca fortuna. En Ouzande foi escasa pero temos un exemplo
nos nomes de casas que pasaron a ser os apelidos dos seus moradores. Houbo unha
época na que os da "Casa do Campo" ou "a do Pazo" pasaron de ser os "do Pazo" ou
os "de Campos" a recibir unha simplificación máis coincidente co castelán, de aí os
apelidos "Pazos" ou "Campos". Hai exemplos de persoas da mesma familia que teñen
rexistrado o seu apelido co nome verdadeiro da casa da que provén mentres outros
familiares sofriron a deturpación pasando o mesmo apelido ao plural. Todo isto polo
azar da persoa que estaba no rexistro e que traballaba con maior ou menor ignoran-
cia.
Falar dos nomes de Ouzande hanos levar tempo polo que nos demoraremos tanto
neste Carreiros coma nos seguintes, de momento facémolo debullando o nome de
referencia da parroquia; Ouzande.
carreiros6
apuntamentos
os nomes de ouzande
imaxe de Reimóndez Portela, A Estrada Rural
A forma que ten o topónimo que nos identifica xa nos fala de que vén de
vello. Haise que remontar á época en que o Imperio Romano de Occidente
se vai debilitando e deixa que as tropas doutros pobos bélicos de Europa
ocupen os seus territorios. Aquí estiveron obrigados a faceren un pacto
(foedus) cun grupo de guerreiros chegados do norte do continente. Os
romanos chamábanlle bárbaros por seren descoñecidos e non falaren o
idioma latino; eran os Suevos, un grupo pertencente aos pobos xermáni-
cos. Estamos no ano 388 d.C. e estarán asentados sobre a antiga provincia
da "Gallaecia" algo máis de cen anos, á nova administración política coñe-
céuselle co nome de "Regnum Suevorum". Entre outras cousas foron os
encargados en estruturar a nosa xeografía en parroquias. A pesar de adop-
taren a lingua latina que xa se falaba aquí, os suevos aportaron moitas
palabras e expresións da súa terra, entre os que se destacan os nomes de
persoa: Afonso, Elvira, Gonzalo, Luis, Ramón... que rapidamente se puxe-
ron de moda daquela e ata o S.XII que, propiciado pola Igrexa, se popula-
rizaron os nomes de santos ou bíblicos.
Todos estes datos históricos teñen moito que ver con Ouzande porque a
medida que os Suevos foron ocupando as distintas terras, déronlle o nome
dos seus moradores ás súas explotacións, normalmente chamáballe a
"villae" de..., e mailo nome xermánico correspondente, ou mesmo a casa
de... quen correspondese. No caso do nome da nosa parroquia habería
unha pequena latinización do nome dese morador, cousa que sabemos
porque acaba en "e" e correspóndese a un "i" primitivo e que en latín facía
referencia a que era unha posesión (xenitivo). En canto ao nome xermáni-
co que hai debaixo de "Ouzande" é posible que comezara por AU-; de feito
tense escrito que sería unha Ausinda, pero é moi atrevido dicir isto posto
que non se pode demostrar, pero é posible que fose así ou mesmo Ausindo
en masculino.
Nomes coma o da parroquia non hai moitos por Galicia adiante, o máis
próximo está en Cervaña (Silleda) e nomea unha aldea ou lugar desa feri-
gresía. Noutros sitios encontrámolos parecidos; Ouzasende, Ousende...
pero ningún especialista ten descifrado a día de hoxe con seguridade o
nome concreto sobre o que se asentan estes nomes de lugar.
Asi pois, Ouzande sería un topónimo de orixe xermánica (sueva) que faría
referencia a unhas terras pertencentes a un señor con nome xermánico e
adaptado na forma de falar da época ao sistema latino para identificar ao
propietario.
apuntamentosmanuel rosende torres
carreiros7
Xabier Camba Sanmartín
As casas son elas, cos seus muros, as súas trabes as súas ventás, as
medianeiras, a cociña, os cuartos; pero tamén son a súa historia, a his-
toria das persoas que as habitan e habitaron. A actual Casa de Camba,
no Redondo, foi antes a Casa do Cura, sede da rectoral de San Lourenzo
de Ouzande e de San Paio da Estrada.
Cando ala nos inicios dos anos trinta do século XX, Paquito de Camba,
albanel e veciño da Estrada, marchou coa súa muller, María de Mato e
os seus fillos, da casa do lugar de Señoráns na parroquia de Cereixo,
seguramente non lle pasou pola cabeza que ía rematar botando raíces
na Casa do Cura de Ouzande.
Pero imos encetar a historia polo principio ou, cando menos, polo
comezo que nós coñecemos. No Alto do Redondo, nun dos lugares pri-
vilexiados da parroquia, fronte á Igrexa Parroquial situábase a Casa
Rectoral, a Casa do Cura de Ouzande e A Estrada, no medio do igrexa-
rio que comprendía, ademais da casa, outras construcións como o
Pombal de Xaquina, O Muiño do Cura e o magnífico Hórreo, hoxe des-
aparecido. As terras tamén eran extensas pois abranguían todo o Prado,
a Finca de Xaquina e boa parte do monte colindante a esta.
Non sabemos cando se levantaron todas as edificacións que citamos,
pero si descubrimos que a finais do século XIX, entre 1880 e 1890 se
fixeron importantes reformas na Casa Rectoral, que debía estar en moi
malas condicións, por causa da escasa preocupación dos curas que
moraran nela, e tamén dalgún devastador temporal. O promotor
daquelas obras foi un cura chamado Francisco González de Penela, que
diante do mal estado da casa realizou unha serie de obras de conserva-
ción e mellora que resultaron decisivas para a conservación da casa.
En 1890, unha comisión eclesiástica formada polos cregos de Ribela,
Curantes e Lagartóns, recibiu a encomenda de facer unha "Regulación
de la Casa Rectoral de la Villa de La Estrada y San Lorenzo de Ouzande,
practicada el día 3 de diciembre de 1890", que viña a ser unha avalia-
carreiros8
memoria
a casa do cura
ción das obras levadas adiante polo crego González de Penela así como
a estimación doutras que se consideraban necesarias. Os membros da
comisión declaran que esta debe ser unha "Regulación con la mayor
equidad y economía posibles". A copia que conservamos deste docu-
mento, permítenos coñecer con bastante detalle cal ela a traza da vella
casa do Cura, bastante diferente, por certo da actual Casa de Camba.
A edificación respondía a un esquema que nos resulta familiar en casas
que inda hoxe manteñen unha estrutura semellante: no exterior, portal
de entrada grande e de pedra, porta de castaño, corral rodeado de altos
muros, alpendres para a leña, o toxo e algunhas cortes, hórreo de gran
tamaño na eira de mallar, etc. No referido á propia casa esta contaba
cun amplo patio ou corredor central interior, con enlousado de pedra, e
no que había unha pía para os porcos, tamén de pedra. Este corredor
actuaba como unha especie de distribuidor que daba acceso á cociña
(hoxe palleira) na que había unha lareira (hoxe consérvase o burato da
pota do caldo), un forno do pan, do que queda algún resto e un verte-
doiro onde se fregaba a louza. A parte baixa da casa estaba ocupada por
unha ampla bodega. No sobrado, había un amplo comedor, unha sala
principal, un gabinete, unha habitación, un pequeno retrete e un "mira-
dor", que debía ser un pequeno cuarto ou recuncho con dúas ventás,
unha cara a igrexa e outra cara o Norte (A Estrada). Os criados tiñan a
súa propia habitación, á cal accedían desde o corredor ou patio.
Os cregos que inspeccionaron as obras deixaron escrito no seu informe
que o crego González de Penela fixera moitas melloras pero, que aínda
eran necesarias máis, en fiestras, paredes, e no aseo que a casa tiña, así
como en algúns dos muros e medianeiras. O caso é que estas obras ou
ben non foron pagadas polo crego, ou ben este "reclamaba" que lle fose
reintegrado o que gastara nelas, porque non recibira do crego anterior
o "inquilinato" correspondente. A fin de contas, os cregos "reguladores"
tasaron en 6000 reás os gastos das obras, e descontando o inquilinato
do crego, quedaban en 4000.
Pois con estes arranxos, a casa debeu ir tirando até metade da década
de 1920, cando a sede da rectoral se trasladou á Estrada e as propieda-
des da Igrexa en Ouzande se puxeron á venda, repartidas en diferentes
parcelas. A casa e as terras e construcións anexas foron adquiridas por
unha familia que só puido disfrutar delas até 1932.
memoriaxabier camba sanmartín
carreiros9
En 1932 a Paquito de Camba, metéuselle na testa mercar a finca de Eirín
ou tamén coñecida como de Melania, na Vila da Estrada. Para iso diri-
xiuse a Don Nicolás, daquela crego de Ouzande e A Estrada e tamén
apoderado da famosa Carballeira e Toxeira de Melania. Don Nicolás qui-
toulle a idea da cabeza porque alí non tiña pan para os fillos, pero en
Ouzande había, ademais da casa, terras para traballar. A familia que
adquirira a Rectoral non puidera satisfacer o prezo acordado coa Igrexa,
así que Paquito de Camba tiña que chegar a un acordo con ela, pagar
esa cantidade á igrexa e quedar coa propiedade. Pagou trece mil reás e
foi coa súa muller e cos fillos (Leonilda, Manolo, Pepe e Domingos para
o Alto do Redondo, para a Casa do Cura, hoxe Casa de Camba, e na fami-
lia a Casa Darriba. A familia chegou con todos os seus enseres metidos
en carros que subían polo lugar, provocando a curisosidade dos viciños.
Paquito era albanel e estivera traballando en Cuba varios anos. Os
arranxos que lle foi facendo á casa saíron do seu traballo e da súa idea.
Os anos no Caribe algo influíron nos seus gustos, tal como se pode apre-
ciar hoxe no estilo da fachada este da casa. Unha das primeiras obras
que fixo foi a construción dunha pequena habitación, pegada á casa,
cara a eira, na que o horreo de 15 metros desaparecera, que serviu
durante bastantes anos como escola, e onde dona Pilar lle aprendeu as
letras e os números a moitos rapaces e rapazas de Ouzande (Vid
Carreiros nº 2). Dona Pilar trabou tamén unha fonda amizade con
María, muller de Paquito, a partir de moitas horas de conversa. No soto
deste local había un pequeno habitáculo onde o patriarca poñía a secar
as follas de tabaco que cultivaba na horta da casa, coas que logo facía
os pitos para fumar ou regalarllo a outras persoas. Dunha vez apareceu
a Garda Civil, que lle requisou todo o material, e ademais o Xulgado
impúxolle unha multa de 600 pesetas, que tivo que pagar para non ir ao
cárcere.
A escola funcinou ata primeiros dos cincuenta, pero como Paco quería
reformar a fondo a vella casa tivo que maquinar un plan para desfacer-
se dela, que nese momento xa lle supuña unha carga. Falou co Inspector
de Educación, Don Plácido Bergueiro, e chegou á conclusión de que o
mellor era provocar desperfectos no cuarto onde se realizaba, para que
fose declarado en ruínas. Así foi, armado cunha vara de ferro, provocou
destragos no tellado e nas paredes, conseguindo así o seu propósito.
xabier camba sanmartín
carreiros10
memoria
Tamén foi arranxando cousas a fin de adaptar a casa ás súas necesida-
des e novos usos. Refixo o valo que estaba moi deteriorado e instalou-
se a cancela. Para iso viu Pepe de Frei que cando facía a obra foi repren-
dido por Paquito, que lle dixo que vía "moitas curvas", e Pepe contes-
toulle que "a determinada altura as curvas semellan molduras...". Pero
como dixemos a transformación definitiva da casa comezou alá polo
ano 1953. Os muros botáronse abaixo e levantáronse de novo. Chamou
aos Couceiros, canteiros de Santa Baia, que foron os encargados do tra-
ballo da pedra. Da albanelería ocupouse el e mais os seus obreiros, e
nos traballos participou tamén Ramon de Cabanas e Ramiro do
Zoqueiro. Seguramente polo ano 57 xa a casa presentaba un aspecto
moi parecido ao actual. Na palleira, antiga cociña, facíanse festas que
aínda hoxe recordan os veciños máis maiores.
A familia medrou, e aínda chegou un novo fillo, Enrique, aínda que
Leonilda morreu inda nova. Isabel, filla de Leonilda, pasou a súa infan-
cia e mocidade na casa, e tamén Enrique, fillo de Manolo pasou longas
tempadas nela. Domingos* quedou na casa e casou con Carme da Eira
da Somoza, e tiveron dous Fillos, Manolo e quen escribe, que tamén
quedou na casa, e casou con Rosa de Cabanas. Dolores de Cabanas, a
súa avoa, serviu de moza na casa do Cura. Esa é outra historia.
*Moitas destas historias contoumas meu pai poucos días antes de morrer. Este artigo é para a súa
memoria
memoriaxabier camba sanmartín
carreiros11
carreiros12
Manuel Rosende Torres
Ten hoxe 74 anos e vive nun anaco de Ouzande que hai en São Paulo,
pero as súas orixes hai que buscalas no Formigueiro de onde foi seu pai,
o Señor Ramón de Chedas e en Sureiros (A Somoza) onde nacería súa
nai Jesusa. Este matrimonio formaría unha das familias máis sobrancei-
ras de Ouzande; a casa dos de Chedas.
Os avós paternos de Manolo eran a Señora Encarnación de Chedas e
mais Manuel de Chedas, este último orixinario de Santabaia e quen
faleceu en Bos Aires con 53 anos nun accidente de tráfico en 1927. A
Señora Encarnación era irmá, ademais, da señora Generosa de
Zoqueiro; nai de Lucinda de Zoqueiro e avoa de Lola, Pepe, Esperanza e
Eleuterio “O da Compaña”, estes dous últimos faleceron na capital
arxentina. Ramón de Chedas tiña catro irmás; Amparo, Flora, Jesusa e
Pilar. A primeira foi a nai de Manolo de Cabanas e morreu en 1941, Flora
e Jesusa emigraron a Bos Aires onde tamén faleceron e Pilar é a nai de
Amparo de Cabanas. O irmán de Manolo que vive en Bos Aires cháma-
se Gustavo e é o maior dos tres Chedas; ten hoxe 82 anos, está viúvo da
súa muller Lola, quen era de Lugo e que faceleu hai pouco tempo, vive
co seu fillo Gustavo e cun neto ao que deron de nome Matías.
É posible dedicar unhas letras para falar de Manolo de Chedas neste
Carreiros grazas ao seu cuñado Manolo de Cabanas, quen lle fixo unha
entrevista en 2009 co obxectivo de que así o poidamos coñecer un
pouco mellor na parroquia. A relación familiar que une a estes dous
ouzandeses en Brasil partía de Ouzande pois os dous eran netos de
“Mamá Encarnación”. Unha vez no país americano hanse estreitar os
seus carreiros ao se faceren cuñados pois casaron con dúas irmás orixi-
narias dunha aldea que se chama Olmos próximo á vila de Macedo de
Cavaleiros no distrito portugués de Bragança.
A infancia de Manolo de Chedas transcorrerá en Ouzande ata os 14
anos. Na entrevista lembra con cariño os pequenos detalles que debu-
xaban as peripecias propias da dura posguerra na nosa parroquia, coma
cando súa nai poñía un colorido pano colgado na ventá para indicarlle
que debía regresar coas vacas, el ben o podía ver desde o monte dos
Cambeiros. Pero era frecuente que Manolo enredara no Rego das Rans
onde se xuntaba coa rapazada para xogar á estornela, á pelota, aos
pelouros, buscando niños de paxariños ou collendo mel para matar un
pouco aquela longa fame que non só tiñan os nenos de Ouzande, senón
tamén as vacas. Non era de estrañar que con tanta xogueta os rapaces
polos carreiros do brasil
manolo de chedas
memoria da emigración
se esqueceran do gando e que este fora esfameado á procura de man-
xares nas leiras dos veciños pois, como nos recorda Manolo de Cabanas,
naquela altura había máis vacas no monte de Ouzande do que herba
polo que xurdían numerosos conflitos. Lémbranse perfectamente en
Brasil daquelas vacas que os de Ferreiros pillaban pacendo no millo ou
nas coles e encerrábanas nas cortes ata que os pais dos de Ouzande ían
pagar polos prexuízos causados.
Con 15 anos Manolo deixa de coidar do gando e comeza a traballar na
Estrada, nun taller mecánico que había en fronte a onde hoxe se sitúa o
antigo chalé das confeccións, chamábase Sanmartín. Bota alí catro
anos; o primeiro tivo un contrato de aprendiz polo que non cobraba,
máis tarde o seu soldo foi de cinco pesetas da época ao mes.
Recórdanos como daquela non había nin vacacións nin se gozaba de
dereitos laborais de ningún tipo, estamos no final dos anos corenta e
comenzo dos cincuenta e os latexos da guerra e da fame aínda se sentí-
an con forza en Ouzande.
Cóntanos como con 18 anos quería ir ás festas da redonda coma os
outros mozos da parroquia, pero o Señor Ramón era rigoroso na educa-
ción dos fillos e só lle deixaba ir ás de Ouzande e ás da Estrada. Como
Manolo era enxeñoso, un día fíxose o valente e agardou a que todos na
súa casa durmiran; saltou pola ventá do seu cuarto que daba encima do
tellado dun cuberto e enfiou pola horta cara á festa. Eran as tres da
mañá cando Manolo volvía polo mesmo camiño para a casa, sixiloso,
non tivo que atravesar a horta, nin subir ao tellado e menos entrar pola
xanela xa que seu pai estaba agardando por el na porta. A bronca foi
boa pero desde aquela nunca máis lle prohibiron ir a festa ningunha e
mesmo lle daban cartos para que non pasase vergoña diante dos com-
pañeiros.
Lembra nesta época moitos amigos coma Manolo da Taberna ou os
irmáns da casa de Cereiro entre outros moitos cos que compartía as
aventuras propias da xente nova, como de cando alugaban unha bicicle-
ta para ir cara a Codeseda e Forcarei á procura de cornellos do centeo
para logo vendelos na feira da Estrada. E é que daquela Manolo viviu un
momento duro da nosa historia con decisión e valentía, unha forza
arroutada que o levou á emigración.
Se hoxe Manolo vive no Brasil é por un cruce de carreiros que se deu na
súa vida aló polo ano 1954. Na Arxentina tiña a seu irmán Gustavo pero
como nesa época aquel país xa non permitía mais a entrada de novos
emigrantes, el encontrou a solución emigrando para o Brasil máis con-
cretamente para São Paulo para onde tiña emigrado un ano antes seu
primo Manolo de Cabanas. A intención final era atravesar a fronteira
para xuntarse a seu irmán Gustavo en Bos Aires, de maneira que embar-
memoria da emigraciónmanuel rosende torres
carreiros13
ca camiño de América e desembarca no porto de Santos en compañía
de Angelito de Frei e onde os agardaba Manolo de Cabanas, quen os
levou para São Paulo. Alí coñeceu á que é a súa muller, polo que xa non
pensou en cruzar o Río da Prata máis que para visitar ao máis vello dos
irmáns. Que Manolo embarcara cara á emigración non foi por ser a súa
unha casa con moitos problemas económicos, pero ao ter a Gustavo aló
e mais a procura de melloras persoais e de expectativas empuxárono
cara ao porto de Vigo, porta de saída á emigración para moitos galegos.
As despedidas son moi dolorosas, pero a do noso protagonista foi espe-
cialmente sentida. Acompañouno seu pai até o mesmo porto logo de
que súa avoa o despedira en Ouzande dicíndolle unhas palabras que
ecoarían posteriormente a milleiros de quilómetros: “adios meu filliño!
que non te vou volver ver” Nun momento de despiste por parte de
Manolo, seu pai agochouse para esquivar esas últimas verbas de unión
familiar, Manolo, ansioso, buscouno coa ollada desde o barco mais non
o alcanzou a ver. Así, camiño de América, arrancou o noso veciño coas
palabras de súa avoa na cabeza. Ao ano seguinte falecería a Señora
Encarnación de Chedas con 82 anos de idade.
Manolo chegou ao Brasil polo porto de Santos en compañía de Angelito
de Frei, irmán de Clotilde de Antucho; Venancio e Ramón. Manolo de
Cabanas recibiunos no desembarco e levounos para a casa onde el vivía;
era en São Paulo, na Avenida Angélica, nunha casa que pertencía a unha
muller da Estrada que se chamaba Maruja e que era da familia dos de
Mariano que tiñan unha Fonda en Bedelle. Este primeiro paso en Brasil
foi moi especial para o de Chedas xa que ademais de ser a súa primeira
casa en América, tamén había ser onde coñeceu a Lidia, a muller coa
que había casar poucos anos despois.
O marido de Maruja chamábase Pepe (Jose Carrera), era de Redondela
e, por casualidade, tamén era mecánico polo que levou a Manolo a tra-
ballar con el. Este primeiro destino laboral era nunha grande empresa
autorizada pola marca Ford do Brasil e chamábase O.P. Gonçalves, esta-
ba na Rúa Mato Grosso, a cinco minutos da súa casa, polo que Manolo
especializouse no oficio de mecánico. Así foi como non fixo coma outros
emigrantes que se dedicaron a todo tipo de traballos, non, el volcouse
na mecánica que xa tiña aprendido na Estrada.
Ao que o matrimonio de Maruja e Pepe se foi para un novo barrio da
cidade, tanto Manolo coma os seus primeiros compañeiros de aventu-
ra tiveron que buscar novos rumbos; Angelito foi para Uruguai e os dous
Manolos, Chedas e Cabanas, alugaron alí preto un cuarto. Foi casualida-
de que a rúa na que se quedaron chamábase Baía e tiña unha fermosa
praza diante que se chamaba "Buenos Aires" polo que Manolo dicía ás
veces rindo: "Ves, vivo en Buenos Aires sen sair do Brasil nin deixar a
miña namorada".
manuel rosende torres
carreiros14
memoria da emigración
Nesa época chegou ao Brasil Florentino do Rubio coa muller Lola e a filla
Marisa, levaron a Manolo de Chedas a vivir nun barrio de São Paulo que
se chama Vila Clementino, pero como era moi lonxe do taller, Manolo
deixou o traballo e púxose a buscar un novo emprego de mecánico na
zona á que foi vivir. Non tardou en atopar un na Alameda Santos, nun
barrio que para máis ironías do destino se chamaba do Paraíso. As cou-
sas íanlle ben a Manolo e non tardou en coñecer un señor de orixe ita-
liana co que iría traballar como único empregado nun taller da rúa
Domingos de Morais. Cando este home deixou o negocio, Manolo aven-
turouse a alugarlle as ferramentas e montar así a súa propia empresa;
Mecânica M. Chedas. Estamos no ano 1958 e na rúa Tupinambás de São
Paulo.
Un ano despois habíase dar un dos días máis felices na vida de Manolo
de Chedas; era o dez de febreiro cando entraba pola porta da igrexa de
Santo Antonio de Osasco (a dez km da cidade) con Manolo de Cabanas
como padriño de vodas, Otilia a madriña, Lidia a noiva e Manolo de
Chedas o noivo.
Logo do casamento continuou a traballar dous anos máis no seu nego-
cio. Daquela coñeceu un taxista chamado Gallasso quen lle ofreceu un
préstamo de cartos para mercar un taxi e cambiar así de oficio. Pero o
de Manolo era arranxar coches, non guialos. Así o día 3 de outubro de
1961, sendo día de eleccións no Brasil, Manolo, que cobraba por quilo-
metraxe, colleu un pasaxeiro militante dun dos partidos políticos que
concurría ás eleccións. O destino fixo que este cliente lle fixera parar
cada pouco por cuestión da actividade electoral e como se demoraba
moito tempo, Manolo protestoulle xa que estaba a perder diñeiro. O
cliente, todo dilixente, díxolle “se não gosta do seu trabalho, troque” e
Manolo..., trocou, respondéndolle: “o senhor tem toda a ração! Então
trate de procurar outro taxi por que eu vou procurar outro emprego!”
deixou alí aquel home volvendo deste modo á antiga vida de mecánico.
Nos primeiros meses non tiña clientes posto que levaba tempo pecha-
do e os antigos usuarios fóronse para outros talleres, pero a vida sorrí-
lle a Manolo e aparécelle unha nova proposta: levar a mecánica e man-
temento dunha canteira. Meses despois pecha esta empresa e Manolo
volve definitivamente para poñer a andar o seu taller. E así até a actua-
lidade que continúa a súa actividade no Bairro da Bela Vista .para onde
tinha se transladado para a Rua Maria José, 313, e mais tarde mudouse
para Rua Rui Barbosa tamen na Bala Vista. Aínda que por idade e saúde
xa non traballa, visita constantemente este lugar que el creou e onde
continúa o seu fillo Claudio. Naquela altura trasladou a súa residencia
para o Bairro da Bela Vista; primeiro na Rúa Santo Antonio, e algúns
anos máis tarde, para a Rúa Humberto I, na Vila Mariana. É aquí onde
vive a día de hoxe.
memoria da emigraciónmanuel rosende torres
carreiros15
No medio de todas estas aventuras tamén levou Manolo unha chácara
que é unha explotación agrícola fóra de São Paulo e na que tivo unha
especie de caseiros nogalláns cos que se deron múltiples anécdotas
polo mal coidado de animais e horta.
En 2009 Manolo celebrou unha festa moi especial; as súas Vodas de
Ouro. Un momento para botar a vista atrás con Lidia, a muller que o
acompañou nos momentos felices pero tamén nos difíciles, como
cando Manolo foi coñecendo o pasamento dos máis seu pai Ramón de
Chedas.
A última mala nova que houbo que dixerir non só en América, senón
tamén en Ouzande, foi a do pasamento do noso campaneiro Alfonso de
Chedas, irmán de Manolo, para quen foi especialmente doloroso posto
que era o irmán menor e o gran fío de unión con Ouzande, coa súa
orixe, quen o tiña recibido nas súas viaxes á nosa parroquia. Roto este
enlace afectivo tan forte, Manolo terá para sempre á súa familia por
parte de seu irmán como cordón umbilical con Ouzande.
Alfonso non só fixo tanxer sons tristes nas nosas campás senón que
tamén nos permite escoitar o seu repinicar grazas a unha das súas últi-
mas aportacións a Ouzande ao colaborar no curso A Linguaxe das
Campás como campaneiro permitindo que outros aprenderan o idioma
do repenique ou que as poidamos escoitar por internet en todo o
mundo.
No Brasil teñen un significado especial e fálannos daqueles que, coma
Manolo, cruzaron o Océano Atlántico para sementar aló unha nova
dimensión da parroquia co agromar de novos ouzandeses; os seus fillos
Janette, Jesusa e Claudio. A primeira ten unha gardería e está casada
con Marcio, ten catro fillos; Diego, Lucas e os xémeos Pedro e Thiago.
Jesusa é pedagoga e formou familia con Francisco con quen ten dous
fillos; Raele e Renan. Claudio, quen non ten descendencia está casado
con Glauce e traballa xestionando Mecânica M. Chedas para orgullo de
seu pai.
A pesar de ver mermada a súa saúde nos últimos anos, Manolo goza en
São Paulo con Lidia vendo os seus fillos medrados e gañándose a vida.
De volver atrás, gustaríalle terse demorado máis nas felices vivencias
que o moveron por Ouzande, aínda que se sinte moi orgulloso de ter
fundido os nosos carreiros cos do Brasil.
manuel rosende torres
carreiros16
memoria da emigración
creación literariamanolo de cabanas
carreiros17
Oh! Amigos de miña infancia
Ausencias que doen no peito.
Sen vós, non é do mesmo xeito
Vivo eterna e dolorosa ansia.
De saudades de Pepe de Sueiro
Anxelito de Frei e Pepe de Xecobe
Vosa ausencia doi e conmove
Lembrar de Antonio de Cereiro.
Ouzande sen vós vive unha ultraxe
Serafín do Castro, Camilo de Felipe
Singramos o océano naquel pau a pique
Fomos compañeiros do mesmo viaxe.
É Xosé da Pucha! Aquel Anxo do Señor
Que envelleceu rapaciño
Deus puxo en noso camiño
Pra testar noso peñor.
Marchou sen Ouzande darse conta
Vivía solo e abandonado
Oxalá nos teña xa perdoado
É Deus non nos cobre esa conta.
Cantas lembranzas quedaron de vós
Alfonso de Chedas, noso campaneiro
Cantas recordacións de Marisa de Sueiro
Vós xa non estades entre nós.
Cando vou polos camiños
Sei que andades o meu lado
Eu vos falo do pasado
De cando iamos aos niños.
Nos trapazales das forcavedras
Ou xogabamos á estornela
Brincadeira tan sinxela
Ou os pelouros con cinco pedras.
E no campo da Lagoa
Ou aló no campo da Doca
Xogabamos a pelota
Esa lembranza magoa.
Di lá no fondo do peito
Por que non falades comigo
Pero oídes o que eu digo
Das cousas que temos feito.
Eu quero o toque de Midas
Facer dos soños a realidade
E poder vivir na inmortalidade.
Saber como as tramas, foron urdidas
Prá traervos de volta, sandar as feridas
Andar nos carreiros da eternidade.
marzo de 2009
amigos da miña infancia que xa se foron
recordacións
Perdeu seu compás a batida
E non cicatriza a ferida
Deste vello corazón
Lonxe da aldeia querida
Perdín o pracer da vida
O sentido e a razón.
Vivo de súas lembranzas
Recordacións e esperanzas
É unha única ilusión
Retornar nesas andanzas
Agarrarme as súas tranzas
E revivir a emoción.
De mirar seus nove muíños
Que fixeron seus veciños
Dende o de Roque o Zarabeto
Todos no mesmo regueiro
Dende o último o primeiro
Hoxe resta o esqueleto.
De oír os carros cantando
Parece que me están chamando
Pra que escoite seu lamento
Xá ninguén ta se acordando
Dos carros que ían cantando
Quedaron no esquecimento.
Na noite escura ir ao muíño
Pra non tropezar no camiño
Un fachico prós alumar.
Ou a escondite á noite enteira
Pra botar auga pra erveira
Por que vivir é RECORDAR.
xuño de 2009
fragmentos
Saír de pandilla pra cantar os Reis
No mes de xaneiro polo dia seis,
Recollendo cartos pra unha causa nobre
Sen dicir pra que, pra que ninguén cobre
Ir de casa en casa, ata poñerse rouco,
A causa foi un baile na palleira de Souto.
Nos domingos a noitiña, ir brincar na carretera
As rapaciñas do redondo, estaban a nosa espera
Alegres e sorridentes, no esplendor da xuventude
As mais bonitas de Ouzande, e tiñan aínda a virtude
Querer os mozos de Alemparte, bonitos e intelixentes
Con súas caras coradas, súas miradas ardentes.
Para probar que o que digo é a mais pura verdade
Os que quedaron, casaron e viven na felicidade.
Tivo algúns que emigraron, en busca doutro destino.
Foron polo mundo afora, foron sen rumbo e sen tino
Das rapaciñas que quedaron, unha en súa intimidade
Aínda sente miña falta, aínda chora de saudade.
xuño de 2009
manolo de cabanas
carreiros18
creación literaria
camiños pechados
Están pechados meus camiños
Camiños dos primeiros pasos
Daqueles tempos escasos
Con silveiras cheias de espiños
Dos tempos sen mañán
Tempos de falta de pán
O noso pán de cada día
Tempos de artesa vacía.
Pero feliz adolescencia
Dos meus amores primeiros
Dos anos da inocencia
Dos meus soños sobranceiros
Deixei nos camiños gardados
Que agora atopo pechados
Pola pasaxe dos anos
Ocultando desenganos.
Eu vou reabrir os camiños
Pra pisar nas mesmas pedras
Ornamentados con hedras
E niños de paxariños
Tamén alí deixei amores
Que mucharon como flores
Amores puros e inocentes
Que brotan como sementes.
Neste triste corazón
Arranco as silvas dos camiños
Ferido por seus espiños
A dor devólveme a razón
Neles non hai mais amores
Non renacen como as flores
Oh. Meu Deus, ten piedade
Arranca deste peito a saudade.
maio de 2009
non me esperten do meu sono
Non me esperten de meu sono
Por que non quero ver como
Están as veigas de Ouzande
Dende o empalme a Castosande
Pra non ver ese abandono
Non me esperten de meu sono.
Non me esperten de meu sono
Pra ver as veigas sen dono
Están a monte a maior parte
No Redondo ou Alemparte
Pra non ver seu triste tono
Non me esperten de meu sono.
Non me esperten de meu sono
Eu quero ver en meu soño
Como as veigas eran antes
De plantacións deslumbrantes
Cada planta con seu pomo
Non me esperten de meu sono.
Non me esperten de meu sono
Non interrompan meu soño
Nele vivo unha quimera.
De sempre ser primavera
Sen inverno nin outono
Non me esperten de meu sono.
xuño de 2009
creación literariamanolo de cabanas
carreiros19
carreiros20
carreiros<#>
a despedida
Eu vou chorar de emoción
Vou despedirme dos meus
Adeus Ouzande querido, adeus
Farei do choro unha canción.
Un canto de despedida
Que será a miña ofrenda
Ao final desta contenda
Meu Ouzande, miña vida.
Esta se cumprindo meu fado
Eu marcho pra nunca máis
Levando meus tristes ais
Comigo pra outro lado.
Nunca mais retornarei
Pra camiñar por teus carreiros
Nin verei mais teus regueiros
Nin farei o que soñei.
Quedar mais tempo contigo
Manoliño de Sueiro
Ti fuches sempre o primeiro
Es o meu millor amigo.
Eu teño tanto pra dicir
E meu tempo se esgotando
Eu sin saber ata cando
Deus vai deixarme vivir.
Xa non sei mais miña idade
Dezaoito anos vivín contigo
Os outros foron castigo
Foron dor, foron saudade.
Oh meu Deus! Devolve este corpo a terra
A terra sagrada de Ouzande
Leva a dor que no corazón se expande
Ven poñer fin a esta guerra.
Xa non aguanto o sofrimento
Non teño mais incentivo
Que Deus me leve morto ou vivo.
Pra terra do primeiro alento
Teña piedade e non mande
Nunca máis saír de OUZANDE.
xullo de 2009
manolo de cabanas
carreiros20
creación literaria
crónicacarreiros
carreiros21
que cesen xa todas as guerras
Senén Campos Maceiras
Moitos manda máis
parecen estarse divertindo
pero morremos todos os demais
nas guerras que eles están dirixindo.
As mulleres, os anciáns, e os nenos andan sempre fuxindo
por culpa de todas estas sen razóns
e o mundo se está destruíndo
e con el tamén moitísimas ilusións.
Invéntanse moitas revolucións
que ao final non serven para nada
cámbianse os resultados das votacións
e así todo parécenos unha inocentada.
Entramos nunha encrucillada
con isto da crise xa famosa
non sabemos como acabará a xornada
e a nosa vida vólvese penosa.
Sofre o feo e sofre tamén a fermosa
porque o pasado parécenos moito mellor
a sensación de futuro non nos resulta ditosa
e o panorama resulta bastante desolador.
E nisto que chega Barack Obama... ¡o salvador!
Ao que moito... case todos esperamos
a ver se ao ser un presidente de cor
cesan os racismos e nos irmandamos.
A ver se somos por fin humanos
e cesan xa as guerras malditas
a ver se xa non nos matamos
e hai paz entre palestinos e israelitas.
A ver se dan convivido catedrais e mesquitas
se a paz e o amor son o noso mellor alimento
se as grandes cidades cosmopolitas
non son para os bonitos bosques o seu tormento.
Se perigosas seitas e relixións sen tento
libérannos das súas imposibles prisións
sentindo todos de novo a felicidade e o contento
ao non someternos ás súas enganosas bendicións.
Que cesen en fin pois todo tipo de agresións
entre todos os seres vivos deste planeta
que a dita e a alegría reinen en todos os corazóns
e que nunca xamais cale a voz deste poeta.
senén campos maceiras creación literaria
carreiros21
carreiros
carreiros22
crónica
presentación de carreiros 7
Por primeira vez, decidimos facer unha presentación pública da nosa
revista, e a verdade, foi todo un éxito. Nun principio, pensámolo para
facela cadrar co magosto do ano pasado, pero o pasamento de Don
Manuel, un dos socios fundadores da nosa asociación fíxonos cambiar
de plans e as castañas ficaron para engalanar a mesa do local e para que
cada persoa levase unha con cadanseu exemplar de Carreiros. O acto
serviu tamén como homenaxe e recordo ao cura Castiñeiras, e así pedí-
moslle a Noelia que interpretase unha peza á gaita na súa memoria.
Polo demais, foi un acto moi concorrido, con numerosos socios e veci-
ños da parroquia que asistiron ao mesmo e no cal disfrutamos dun fer-
moso poema que nos enviou Manolo de Cabanas desde o Brasil, grava-
do en vídeo. Tamén vimos e rimos moito con fragmentos da entrevista
que este lle realizou a Florentino de Chedas, e que serviu para un mag-
nífico artigo da man de Manuel de Topete. Ao final todos e todas co
noso Carreiros no peto para a casa, a disfrutar del.
nadal de cine e fin de ano
No pasado Nadal tivemos ocasión de asistir a diversas proxeccións no
noso local. O día 4 de xaneiro tivemos a ocasión de ver a entrevista
completa de Manolo de Cabanas a Florentino do Rubio, ambos emi-
grantes ouzandeses no Brasil. Comprobamos o bo facer xornalístico de
Manolo, así como a lucidez e o sentido do humor de Florentino.
Ademais serviunos para repasar, a través da azarosa vida do do Rubio,
un descoñecido, para moitos, período da nosa memoria colectiva.
Nesa mesma sesión tivemos a sorte de ver un pequeno documental no
que se recollen as obras realizadas na Igrexa de Ouzande, nos anos 70,
e na que aparecen colaborando numerosos veciños da parroquia.
fin de ano 08
Xa é tradición ir comer as doce uvas ao campo da festa e logo ir de xolda
para o local ata que o corpo aguante e dj adán tamén. Aí quedan as ima-
xes.
crónicacarreiros
carreiros23
asemblea xeral anual
O 14 de febreiro deste ano 2009, celebramos a Xunta Xeral Anual, na
que se aprobou o informe económico e de actividades. Traballouse
tamén no deseño do programa anual e gozamos coas imaxes das activi-
dades de todo un ano de asociación. A participación foi, unha vez máis,
moi numerosa e activa, e rematamos a tarde compartindo un rico cho-
colate quente con biscoitos.
a carroza electoral do entroido
Desta volta Ouzande viviu un carnaval cheo de alegría e humor pero coa
cor propia das grandes citas electorais ao cadrar nas vésperas das elec-
cións ao goberno da Xunta de Galicia e, polo tanto, coa súa campaña
electoral.
Así foi que o tractor máis entroideiro da bisbarra colleu forma de carro-
za... electoral, con lemas que parodiaban todas as opcións políticas dis-
frazándoas de botellas de bebidas. Os carteis do "Filloó 2009" pasaron
a ser unha botella de gasosas, os do "Touritón" correspondéronse coa
botella de cognac do touro. Por último un cartel que presidía a compar-
sa lembraba que “a túa forza move este tractor”.
Moitas risas mesturadas con globos e adornos de todo tipo subidos ao
tractor electoral foron os que puxeron as persoas que a el se subiron
vestidos, coma é costume, dos máis variados modos para percorrer os
distintos lugares da parroquia. Capitaneados polas coplas dos xa tradi-
cionais Cegos do Entroido e acompañados por música ao vivo non dei-
xaron títere con cabeza.
Ao final da traxectoria e logo de convencer a ninguén para que votara
ou bebera unha ou outra cousa, os cegos fixeron unha última parada
para cantar as súas coplas na taberna e déronlle paso á degustación de
todos os manxares propios desta festa no local parroquial.
Despedimos este carnaval 2009 coas palabras que berraban os nosos
ceguiños"...e que viva o entroido!!!"
carreiros
carreiros24
crónica
ouzande nas beiras do miño
O 31 de maio de 2009 será recordado en Ouzande por unha viaxe que
nos levou ata as augas do río que une Galicia e Portugal para coñecer
Tui, capital do Baixo Miño e, xa en terras minhotas, Valença e Monção.
Tui é unha desas vilas ás que a historia fai que lle chamemos cidade,
unha sufridora nata pola súa condición fronteiriza dende o medievo. O
que máis destaca é que se conserve tan ben a súa estrutura e que o
cemento e o asfalto respetaran o seu ilustre casco histórico. Tui asénta-
se sobre un outeiro xa, posiblemente, dende tempos prehistóricos,
pero será entre os séculos XII e XV cando se constitúa como a coñece-
mos hoxe, coa súa impoñente catedral dominando a vila.
A nosa visita comezou precisamente por aí, pola catedral, coa axuda
dun guía que nos ofreceu unha completísima información sobre a
mesma. Chamou a atención que presumira tanto de ser de alí, do lugar
onde se conservan cousas únicas a nivel europeo. Tanto chamou a aten-
ción que mesmo nos deu por sospeitar que fose un pouco esaxerado. O
caso é que non mencionou o San Telmo, patrón da cidade, como santo
non beatificado, cousa que estivemos agardando e ninguén se atreveu
a preguntar para non ferir sensibilidades miñotas. Durante a visita guia-
da descubrimos a impoñente fachada occidental, a primeira obra góti-
ca da península que recorda á obra do Mestre Mateo no Pórtico da
Gloria da catedral compostelá. Sempre levamos estoutro templo na
mente e tendemos a comparar, no caso da de Tui cadra coa de Santiago
en ter planta de cruz latina ou en conservar capiteis nas columnas deco-
rados igualiños aos da igrexa de Ouzande. Pero polo demais, a tudense,
é unha obra moi singular ao estar situada aos pés do Río Miño, é o que
lle dá ese aire de fortaleza defensiva. Tivemos a oportunidade de subir
a unha das torres e gozar coas amplas vistas. Hoxe son os visitantes os
que fan uso delas, pero en tempos era un recurso para a defensa da
cidade.
Paseando polo casco histórico de Tui puidemos ir descubrindo outras
das marabillas da cidade. O primeiro en encontrarnos foi o palco de
música que foi restaurado a finais do século XIX e así de fermoso se con-
serva a día de hoxe. Alí á beira está o monumento a un tudense históri-
co, Frei Rosendo Salvado, fundador de Nova Nursia (Australia) e coñeci-
do por introducir as primeiras sementes de eucalipto en Galicia. A igre-
xa de San Telmo, que está pola parte de atrás da catedral, é a única
mostra do estilo barroco portugués ("manuelino") en territorio galego
crónicacarreiros
carreiros25
e foi levantada enriba da casa deste frade dominico. O máis gratificante
ao visitar Tui é pasear polas súas rúas nese sube-baixa constante, entre
escaleiras e pasadizos e, como non, facer unha paradiña a xeito de
"sesión vermouth" para compartir conversa cos veciños.
O xantar fómolo facer ao monte, e estando no Baixo Miño era fácil a
escolla de monte, porque a só sete quilómetros da zona histórica de Tui
está o coñecido Monte Aloia, un parque natural cunhas fermosas vistas
e zonas de recreo. Bo lugar este para descansar e prepararnos para cru-
zar a fronteira camiño de Valença do Minho.
Os romanos xa tiñan feito este camiño dende o sur e camiño cara Lugo
(Via XIX a Lvcus Augusti) ou cara á costa galega (Per Loca Maritima),
sobre as pedras das súas calzadas habían pasar desde o medievo e ata
hoxe romeiros e peregrinos camiño de Santiago (Camiño Portugués). En
sentido contrario iriamos nós para atravesar o Miño pola ponte de ferro
que construíu un discípulo de Eiffel para o paso de persoas, carros e
trens. Cunha calor abafante chegamos á fortaleza de Valença do Minho.
É este un lugar máis amurallado e pechado que Tui e máis explotado
turisticamente. Atravesar a fronteira fixo que afloraran os recordos dos
problemas para pasala ou o como era Portugal antigamente. Entre
locais de hostelería e comercio podemos atopar distintas igrexas de
estilo manuelino, un miliario que sinalizaba en época romana a calzada
ou gozar coas inmensas vistas cara a terras galegas.
Non hai moito tempo que Valença e Monção estaban unidas por un tren
que ía pola beira do Miño río arriba. Ao se perder esta ruta, o goberno
portugués construíu unha "ecovía" que une as dúas vilas cun roteiro
para facer a pé ou en bicicleta cun entorno e unhas vistas impresionan-
tes. Nós fixémola pero en autobús, ao carón da vía vai o Miño e maila
estrada nacional pola que nos movemos gozando igualmente desta
zona "de alá" tan descoñecida para "os de aquí". A pesar de non ser moi
sonada, a vila de Monção é moi populosa, linda con Salvaterra de Miño,
coa que está unida por terra dende 1995 por unha ponte. Presume esta
vila de ser terra de termas e de alvarinho, posto que se cultiva con forza
o mesmo viño que do outro lado ten denominación de Rías Baixas. O
turismo que chega a Monçao faino principalmente polas súas augas sul-
furosas e polo entorno de parques de recreo e o casco histórico da vila.
A nosa visita desembarcou na Avenida da Estação para pasear polo
casco histórico; "muralhas", Praza da República, Praza de Deu-la-deu,
igrexa, mirador sobre o río... un fermoso lugar para sacarmos unha foto
de recordo. Foi este o punto desde o que fixemos o retorno a Ouzande,
fantaseando sobre posibles destinos para o ano que vén.
carreiros
carreiros26
crónica
o lumeiro
Prezados veciños e veciñas:
O meu home é un langrán, como non vale para nada decidiu coller unha
baixa, disque ten lumbago de tantolevar pesos ao lombo.
Por este motivo é que me presento eu como a súa substituta no traba-
llo que tiña na súa axenda para o martes 23 de xuño á noitiña. Disque
lle tocaba tolearvos para que non o queimarades no lumeiro.
Non sei se xa estará el dispoñible, de non ser así, habedes de tolear
comigo. Vos veredes o que facedes. Se queredes ir de parranda ao
campo da festa na noite do lumeiro atédevos ás consecuencias. E isto
non é unha ameaza.
Sen outro particular saúdavos porque non lle queda outro remedio
Saqueta, a Muller do Home do Saco.
Esta foi a carta que apareceu en todas as casas uns días antes do 23 de
xuño. Nos non lle fixemos caso e fomos, e pasámolo ben. Fomos por flo-
res, fixemos a auga, armamos o boneco, levámolo ao lume, queimámo-
lo, queimamos todo o malo que quixemos, comemos, bebemos, baila-
mos, saltamos fogueira, e lavámonos coa auga das flores. Que ben o
pasamos, Saqueta.
roteiro do regueiro de arcos
O pasado primeiro de maio botámonos a andar polos carreiros de
Arcos. Percoremos os camiños de Ferreiros co obxectivo de descubrir as
orixes do Río Gallo, o que os ouzandeses chamaban Regueiro de Arcos.
Saímos ás 10 da mañá da Taberna de Ouzande para subir en coches ata
a aldea de Ferreiros, alí deixámolos para facer uso de varias pistas fores-
tais que nos habían levar até o regueiro. Alí marabillámonos da fermo-
sura deste espazo e botámonos a andar regueiro arriba, deixámonos
seducir polos caprichos da natureza, saltamos coma cabras de penedo
en penedo e rimos á esgalla. Vimos o que supostamente é un batán e
muíños, moitos muíños. Atravesamos a pontella de Arcos, a que levou
a máis dun ouzandés cara Arcos co fin de mocear. Recordamos as histo-
rias que moitos escoitamos do medo que daba atravesar esta zona de
noite. Dámos creto, debe dar medo. O remate foi nunha fermosa fer-
venza, da que tivemos que saír nunha operación de escalada á ouzan-
desa..., xa onda os coches esperábanos unha espedición de cabaleiros e
cabaleiras da parroquia. O bo tempo axudou a pasarmos unha bonita e
animada mañá de primavera en compaña fervenceira.
IV ruta das letras
Para a tarde do 16 de maio tiñamos preparada unha nova edición da
Ruta das Letras, cun bo lote de libros para todos, cedidos por Edicións
Xerais. Tamén tiñamos planeado un roteiro ata o Pedroso e a Pedralba,
pero subindo por camiños que non exploraramos noutras ocasións, a
través do Monte do Topete e da Somoza. Pero choveu moito, moito.
Quedamos na taberna a agardar, mais non parou. Gardámola para o
2010.
crónicacarreiros
carreiros27
aí ven o globo!
Viñeron moitos globos o día 9 de
agosto de 2009.
carreiros
carreiros28
crónica
Pasamos medo.
É mellor que non veñades.
unha noite no muíño
crónicacarreiros
carreiros29
II fervenza de músicas
Noite de moita música e festa. O día 11 de setembro, véspera das Festas
do Socorro, organizamos a segunda Edición da Fervenza de Músicas en
Ouzande. Cinco propostas e moitas ganas de bailar e pasalo ben. O
posto do polbo non daba feito, cando a música dos Regato de
Matamulleres xa comezara a dar mostra do seu bo facer. Colleron o tes-
temuño os Xeitosos de Trazo e Pana Raiada, de Santiago; dúas agrupa-
cións moi con moito xeito e calidade, que puxeron a bailar a todo o
mundo, e a cantar tamén. Cé Orquestra Pantasma causou sensación,
pois a súa orixinal proposta, de home orquestra encandilou á parroquia,
e ademais animando moito a festa. Para o final os nosos Retrouso, que
firmaron unha actuación soberbia, mostrando cada día os seus progre-
sos. Ao final todos xuntos, a tocar, a cantar e a bailar. Por alí andaron
tamén as de Antena 3 gravando. Á súa maneira, fixeron festa tamén.
carreiros
carreiros30
crónica
clases de música e baile
A verdade é que a nosa pequena "Escola" de música e baile tradicional
estase a consolidar pouco a pouco. Neste curso, case medio cento de
persoas, de Ouzande e de outras parroquias asisten ás clases dándolle
aos sábados un color musical especial na aldea.
Todas as clases incrementaron o número de participantes, especialmen-
te as de baile e pandeireta, e mesmo tamén houbo varias incorpora-
cións na de gaita, que xa estaba completiña. Ademais este ano iniciaba-
mos formalmente as clases de tambor, e temos, a día de hoxe, oito par-
ticipantes de todas as idades. Todo un éxito!
Agardemos manter este nivel e poñer o noso grao de area na conserva-
ción e difusión da nosa música. Queremos tamén manifestar o noso
agradecemento aos tres profes, por todo: Marcos Varela (gaita), Silvia
Martínez (pandeireta e baile) e Alex Ayude (tamboril).
Vémonos nos Campos de Festas!
a fervenza de ouzande, premio san martiño
de normalización lingüística
O 12 de novembro de 2009, no Teatro Principal da Estrada entregáronnos o premio e
Xabier dixo isto:
Os compoñentes da Xunta Directiva da Asociación: Natalia de Sueiro, Manuel de Topete,
Rosa de Cabanas, Manuel, da Casa do Rubio, Malusa da Cardalda, Julio de Sueiro, Laura
de Topete, Manolo da Taberna, Loli de Cabanas, Xabier Adán o Becario, Alex Ayude e
Noelia da Casa do Rubio. E tamén quen foron parte e seguen a estar: Ánxel de Chedas, pri-
meiro presidente, Conchita de Xestoso , Teri da Cardalda, Belén de Obdulia, Miguel de
Sueiro, Adolfo da Rega, e quen lles fala, en nome dos máis de 250 socios e socias da
Fervenza de Ouzande, xentes de toda idade, caste e pensamento, queremos expresar o
noso sentido agradecemento á AC O Brado e ao Padroado dos Premios San Martiño a con-
cesión desta distinción, e as fermosas palabras que nos adicaron na súa xustificación.
Poder estarmos á beira de personalidades que forman parte da historia do noso país,
como o Fiscal sr. Varela García e o escritor e investigador Sr. Franco Grande, supón para
nós unha honra quizais excesiva.
A Fervenza de Ouzande naceu o verán de 2001 coa modesta intención de dinamizar a vida
sociocomutaria da nosa parroquia, así como para intentar preservar e mellorar o noso
patrimonio cultural, arquitectónico e natural. Desde un primeiro momento escollemos a
lingua galega como vehículo natural de comunicación, porque queriamos facelo así.
Recibir este premio por facer o que queriamos e o que debiamos supón para nós un gran
reconforto e ánimo para seguir adiante no noso labor.
Unha das actividades que promovemos que goza de máis favor e participación é a excur-
sión anual na que imos gozando pouco a pouco dos máis fermosos lugares do noso país:
Nun luminoso día de primavera do ano 2005 fomos a Corrubedo e descubrimos que máis
alá da duna había un mundo. Serverino de Carlota, daquela un dos socios de máis idade
e que nos deixou xa hai algún tempo, volvía a modiño polo carreiro de táboas. Cando che-
gou onda nós, díxonos que estaba canso, que daba volta, que fora ata o cumio da duna
para ver o que había despois, e aínda había outro tanto. Dixo que era como o conto
daquel home que nunca pasara da Pontevea e que cría que alí remataba o mundo. Dunha
vez que cruzou para alá volveu dicindo: “Pero canto mundo hai despois, outro tanto como
para acá!
Nós, un día, fixemos como Severino, subimos ao alto, miramos, mais seguimos para dian-
te a ver o que había. E atopamos os camiños da Fervenza e dos Muiños cheos de silvei-
ras, intransitables. E fomos limpar para poder andar por eles. E todos os anos volvemos
limpar e andar camiños.
E atopamos o local social de Ouzande, no soto dun vello palco da música, desfeito e sen
vida, e limpamos e pintamos tardes de verán en vez de ir á praia. E construímos a nosa
verdadeira cidade da cultura, aínda que cando chove moito teñamos que enxugar a auga
que o asolaga coas nosas propias mans. E foi entón lugar de reunión, de festa, de contos,
de teatro, de maxia, de música, de libros, de Asemblea, de merenda, de fin de ano, de
aprender Astronomía, de Cogomelos, de Saúde, de tecer cestos, de ceas, de clases de
música e baile, de facer e refacer a cotío.
E tamén aprendemos a vender moitas e fermosas camisetas, viramos en especialistas en
carros de viño e polbo e churrasco para facer uns cartiños para ter canda nós tanta músi-
ca da nosa, da de sempre e da de agora, na lingua que falamos. E xogamos moito no
campo da festa e no adro da igrexa. Con maiores, con nenos e nenas, e por iso cada catro
anos, só en Ouzande, temos Xogos Oulímpicos,. E disfrazámonos, e cantamos coplas, e
asamos castañas, e queimamos o home do saco, entre todos e todas. Mesmo aprende-
mos a tocar as campás, nós e mais os que quixeron, un fin de semana de outono, da man
sabia de Alfonso de Chedas, que hoxe ha estar repenicando no ceo os sinos da nosa
memoria.
E quixemos escribir o noso presente e tamén o pasado para que quedase para o futuro. E
tecemos Carreiros, a nosa revista, o libro como lle chaman en Ouzande, e que, cada ano,
chega co outono. Ao final, con todo isto e máis, conseguimos algo que non estaba estaba
escrito nos Estatutos, sermos un pouco máis felices, coma hoxe.
Nesta sala están presentes moitas persoas que teñen a responsabilidade de decidir, de
mirar polo ben común. Queremos pedirlles que no desempeño da súa función, sexan xus-
tas co noso idioma e a nosa cultura. Humildemente, pensamos que iso non quere dicir
manter unha aparente neutralidade. Debe ser neutral o árbitro na contenda, mais non
estamos diante de contenda ningunha. Ser xustos é lexislar en favor daquelas realidades
que presentan unha maior fraxilidade social. E, nalgúns ámbitos, esa é a situación do gale-
go. Ser xustos é favorecer ao idioma, sen que isto supoña prexuízo para nada nin para nin-
guén.
Mais, como a lingua tamén a construímos todos e todas, queremos facer extensivo o noso
rogo a todos nós, a pais e nais, e pedirlles que non releen a formación dos seus fillos. Que
non lles troncemos os azos con que afrontar o futuro. Quitarlles a posibilidade de medrar
no que lles é propio, no que os nosos pais e as nosas nais nos aprenderon non garante nin
mellor educación, nin tan sequera máis felicidade.
Para ir rematando, queremos dedicar este premio a todas as persoas que encetaron o
camiño con nós, que nos aprenderon a coidar e a amar o noso, e que hoxe xa non están.
No seu nome quixeramos citar a dúas delas que nos deixaron nos últimos meses:
En primeiro lugar a Don Manuel, o crego de Ouzande e mais da Estrada. Socio fundador,
e a quen debemos en gran parte o nome da nosa asociación, “porque fervenzas hai moi-
tas, pero a nosa e a nosa”. Manuel Castiñeiras foi un constante é cómplice valedor desta
asociación, colaborador activo na vida asociativa. Os veciños e veciñas de Ouzande, temos
ademais, moitos motivos para recordar con agradecemento a súa xenerosa contribución
ao desenvolvemento material e social da nosa parroquia.
E en segundo lugar, a Carme Sanmartín, nacida Carmiña da Eira de Castrorramiro da
Somoza, tamén socia fundadora e colaboradora entusiasta deste noso proxecto. Ademais,
Carme gardaba na súa memoria o tesouro das palabras da lingua, e entre outras moitas
cousas, e perdoen que agora fale en primeira persoa, aprendeume o que era un ganduxo,
e a botalo tamén.
Eles dous han estar tan orgullosos coma nós, ou se cadra máis, no día de hoxe.
Remato dando unha vez máis as grazas por este recoñecemento, e mentres tanto nós
coma sempre, seguimos a andar, seguimos a falar.
Nunca menos.
crónicacarreiros
carreiros31
noelia bouzón
xabier de camba
manuel de topete
laura de topete
rosa de cabanas (deseño, ilustracións e maquetación)
Imaxe do consello de redacción acompañado polo noso colaborador en Brasil Manolo de Cabanas, e
a súa neta Nataly.
Fotografías: Arquivo Carreiros e Noelia Bouzón (Retrouso de viaxe).
Fotografía páxina 3: Tito Durán.
Fotografías artigo Manolo de Chedas: cedidas por Manolo de Chedas.
Dámoslles as grazas a todos eles pola súa colaboración.
Tamén agradecemos a colaboración de Manolo de Cabanas, que realizou a
entrevista a Manolo de Chedas, base do artigo de Manuel Rosende, así como os
seus poemas.
Agradecemos tamén o poema de Senén Campos.
carreiros
carreiros32
consello de redacción
publicación promovida pola
ac a fervenza de ouzande
ouzande a estrada
www.carreiros.blogspot.com
carreirosouzande@gmail.com
subvencionado por:
compartimos fervenza dende o principio até o final
Carreiros 8 (2009)

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Carreiros 8 (2009)

Salvador garcia bodaño
Salvador garcia bodañoSalvador garcia bodaño
Salvador garcia bodañoAsnosasletras
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfDiana Sánchez
 
Cemiterio de Santo Amaro.pdf
Cemiterio de Santo Amaro.pdfCemiterio de Santo Amaro.pdf
Cemiterio de Santo Amaro.pdfAgrela Elvixeo
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 
Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17luis425
 
O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galiciabibliobrozos
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014REME BUDIÑO
 
Museo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor NadalMuseo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor NadalEncarna Lago
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Roteiro Rexurdimento na Coruña
Roteiro Rexurdimento na CoruñaRoteiro Rexurdimento na Coruña
Roteiro Rexurdimento na CoruñaVitoriaSnchez
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014TeacherBelen
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMarlou
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsMarta Pérez Lage
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13belengc7
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 

Semelhante a Carreiros 8 (2009) (20)

Salvador garcia bodaño
Salvador garcia bodañoSalvador garcia bodaño
Salvador garcia bodaño
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
Roteiro carlos casares
Roteiro carlos casaresRoteiro carlos casares
Roteiro carlos casares
 
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
 
Cemiterio de Santo Amaro.pdf
Cemiterio de Santo Amaro.pdfCemiterio de Santo Amaro.pdf
Cemiterio de Santo Amaro.pdf
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
Areal nº 5
Areal nº 5Areal nº 5
Areal nº 5
 
A lírica medieval
A lírica medievalA lírica medieval
A lírica medieval
 
Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17
 
O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galicia
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
 
Museo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor NadalMuseo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor Nadal
 
CASTELAO
CASTELAOCASTELAO
CASTELAO
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Roteiro Rexurdimento na Coruña
Roteiro Rexurdimento na CoruñaRoteiro Rexurdimento na Coruña
Roteiro Rexurdimento na Coruña
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania Pose
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebracións
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 

Carreiros 8 (2009)

  • 1.
  • 2. editorial Déronnos un premio "Polo constante traballo a prol da nosa cultura, coa lingua como ben irrenunciable da nosa identidade e vehículo de comu- nicación entre as distintas xeracións de veciños e veciñas de Ouzande, así como o exemplo infundido en todas as persoas e entidades estra- denses e comarcais que aglutinan no exercicio da súa actividade." (Fundación Premios San Martiño. Asociación Cultural O Brado) Son palabras bonitas. Por facer o que queremos. Moitas persoas pen- san, e é certo, que vivir en galego, en Galicia, ás 24 horas do día é moi díficil, imposible case. Fixemos dende o principio o que nos era natural, sen máis. É a nosa humilde achega para que non sexa tan difícil, o que debía ser normal e natural. persoas e casas Seguimos neste CARREIROS a contar as vidas das nosas persoas. As que están lonxe. Ás veces as historias das vidas, cando se escriben, adquiren outra dimensión, ao menos para quen as le. Seguramente todos e todas mereceriamos unha novela. Nós, polo menos, queremos que as histo- rias das vidas de quen decidiu marchar, de quen tivo que buscar a for- tuna noutros lugares, se convirtan en novelas vividas. Neste número vai a historia de Manolo de Chedas, que un día tamén cruzou o Atlántico. Encetamos un novo camiño nesta revista. A partir deste número quere- mos contar as historias das casas da parroquia. A casa no significado completo, de morada e de familia. Comezamos pola Casa do Cura. Agardamos contar moitas historias de casas. Se ti queres podes contar- nos a historia da túa. Hai veces que aínda que se queira, non se pode. Desta vez non se puido. Por iso chegamos un pouco tarde. carreiros1
  • 3. carreiros carreiros2 sumario 3memoria fotográfica. 4retrouso de viaxe 6os nomes de ouzande 8a casa do cura 12memoria da emigración 17literaria: manolo de cabanas 21literaria: senén campos 22carreiros e nadal 23asemblea e antroido 24nas beiras do miño 26rutas e lumeiro 27aí ven o globo 28unha noite... 29fervenza de músicas 30clases... 31premio
  • 4. carreiros3 memoria fotográfica Esta foto apareceu na Casa de Souto das Cachopas, e foinos cedida por Tito de Souto. Na fermosa imaxe aparecen un grupo de homes nunha obra. A lenda da parte posterior di: Fotografías de Ouzande, Codeseda y Santa Cristina y Guimarey y Cuntis y de Estrada Nombres de ellos todos. 1º Pio Durán Tato Maestro José Peiteado,Manuel Esmoris, Manuel Casais, Ramiro Lodeiro, Benjamín Docampo Casal, Manuel Docampo, José Pazos, Manuel Magariños, Manuel Matalobos, Antonio Puente, Faustino Liste, Abelino Fandiño, Camilo Magariños, Serafín Magariños, José González Pego, Ramón Chedas, Perfecto Durán, Seberino Carballo, Joaquín Magariños, Erundino Docampo Carracedo, José Rodríguez, Manuel Casal, Don José Ulla Carbón Estrada 1926
  • 5. carreiros4 crónica Noelia Bouzón Docampo Retrouso xa é internacional. E é que algúns dos compoñentes do grupo tivemos a oportunidade o pasado mes de agosto de levar a nosa músi- ca ben lonxe de Ouzande. O destino: Francia, máis concretamente un fermoso pobo da Bretaña chamado Guingamp. O motivo: "Le festival de la danse bretonne", unha gran celebración que ten lugar na vila france- sa por esa época do ano e que reúne a músicos e grupos de diversas procedencias: Escocia, Irlanda, Asturias, Galiza...e como non, tamén agrupacións da zona. A pregunta é: e como foi Retrouso dar á Bretaña? Pois grazas ós nosos amigos do grupo "Pana Raiada" da Gracia (Santiago de Compostela), que nos ofreceron compartir con eles esta experiencia e formar parte da súa "plantilla" en semellante aventura. E menuda acollida tivemos alá en Guingamp! Foi toda unha sorpresa ver tanta xente nas rúas, esperando para vernos pasar e para escoitar aos gaiteiros. Galegos, escoceses ou asturianos…todos disfrutamos dunha grande expectación entre o público francés. Mesmo algún que outro se animou a botarlle un baile… Dez días na Bretaña deron para moito, aínda que (e inclúome no dito) houbo a quen a estancia se lle fixo curta ("Xa marchamos mañá??"). Sería imposible relatar todas as grandes experiencias e os bos momen- tos que alí tivemos, pero pódese facer un intento… Visitamos a vila de Guingamp, "cité médiévale", da cal nos chamou a atención a beleza das rúas empedradas e o feito de que, mirases para onde mirases, todo estaba cheo de flores: os balcóns, os alféizares das ventás, as rotondas…, non vira nunca un pobo tan cheo de cor. Tamén fixemos algo de turismo pola zona. Achegámonos ata a cidade de Saint-Malo, e aproveitamos tamén para visitar o famoso monte Saint-Michel. Levamos connosco o espírito festeiro, como non, e todas as noites armamos foliada. Como escoceses, asturianos e galegos compartiamos residencia, aquilo era unha espléndida mestura de culturas. Intentamos soprar polas gaitas escocesas (que non foi tarefa fácil), e eles probaron retrouso de viaxe
  • 6. crónicanoelia bouzón docampo tamén coas nosas. Mesmo conseguimos resolver algún que outro mis- terio: efectivamente, os homes escoceses non levan roupa interior por debaixo da famosa saia! Aprendemos que coma na casa non se come en ningún sitio…, e é ben certo que o mundo é un pano: ata coincidimos en Guingamp con Carlos Núñez! Practicamos o noso francés, (en realidade só tres palabras)… As horas de sono foron escasas, xa que despois da primeira noite que- dou claro que o primeiro en durmirse sería a víctima perfecta para todo tipo de bromas nocturnas, a maioría das cales implicaban espertar coa cara totalmente pintarraxeada. Ao volver á casa aínda tardei uns días en acostumarme a durmir cos dous ollos pechados… Que máis se pode dicir? Sinxelamente esta viaxe supuxo un antes e un despois en todos nós, e estou ben segura de que ningún se vai esque- cer nunca. Só queda unha cousa pendente…, repetir outro ano! carreiros5
  • 7. Manuel Rosende Torres De seguro temos pronunciado moitas veces nomes únicos para falar daqueles luga- res aos que fomos á herba, sachar ou rozar sen sermos moi conscientes de por que se chama así ese sitio, ou quen lle tería posto ese nome tan curioso. Ben certo é que a todos nos gusta escudriñar un pouco no significado dos nomes que nos rodean. Existe unha ciencia que traballa para darnos respostas, chámase onomástica e den- tro dela existe unha parceliña que busca a orixe e significado dos nomes da terra, a toponimia. A relación de Ouzande co chan que pisa é moi estreita, posto que se tra- ballou de sempre para producir aquelo que se consumía. Hoxe en día os tempos van mudando pero os nomes de Ouzande continúan aí, para que identifiquemos veigas e casas, lugares e regatos, presas e muíños, montes e camiños. O noso territorio é, pois, un bo campo de traballo para quen busque orixe e significado dos nomes da terra. Cando alguén investiga estes nomes tan nosos permítenos saber os porques da orixe dos lugares, veñen de moi vello e ás veces son os únicos que nos dan información do que ten pasado nese sitio concreto. Son os elementos máis conservadores do noso modo de falar e por iso son o testemuño da nosa historia; todos sabemos onde está o Castro e, aínda que non hai estudos sobre ese lugar, o topónimo estanos dando unha pista certeira sobre a súa orixe prehistórica. Pero tamén existen inimigos dos nomes propios dos sitios, o máis grande é o esque- cemento polo abandono das terras posto que ao que deixa de ser útil o nome dun sitio a nosa memoria abandónao. Cando se fixo a concentración parcelaria tivemos un avance con efectos secundarios; os cambios de propiedades incluiron parcelas con nome propio dentro doutras máis grandes, enterrando uns nomes debaixo dos outros. Tamén operou o fenómeno da "deturpación", consiste en tratar de traducir nomes de sitios con pouca fortuna. En Ouzande foi escasa pero temos un exemplo nos nomes de casas que pasaron a ser os apelidos dos seus moradores. Houbo unha época na que os da "Casa do Campo" ou "a do Pazo" pasaron de ser os "do Pazo" ou os "de Campos" a recibir unha simplificación máis coincidente co castelán, de aí os apelidos "Pazos" ou "Campos". Hai exemplos de persoas da mesma familia que teñen rexistrado o seu apelido co nome verdadeiro da casa da que provén mentres outros familiares sofriron a deturpación pasando o mesmo apelido ao plural. Todo isto polo azar da persoa que estaba no rexistro e que traballaba con maior ou menor ignoran- cia. Falar dos nomes de Ouzande hanos levar tempo polo que nos demoraremos tanto neste Carreiros coma nos seguintes, de momento facémolo debullando o nome de referencia da parroquia; Ouzande. carreiros6 apuntamentos os nomes de ouzande imaxe de Reimóndez Portela, A Estrada Rural
  • 8. A forma que ten o topónimo que nos identifica xa nos fala de que vén de vello. Haise que remontar á época en que o Imperio Romano de Occidente se vai debilitando e deixa que as tropas doutros pobos bélicos de Europa ocupen os seus territorios. Aquí estiveron obrigados a faceren un pacto (foedus) cun grupo de guerreiros chegados do norte do continente. Os romanos chamábanlle bárbaros por seren descoñecidos e non falaren o idioma latino; eran os Suevos, un grupo pertencente aos pobos xermáni- cos. Estamos no ano 388 d.C. e estarán asentados sobre a antiga provincia da "Gallaecia" algo máis de cen anos, á nova administración política coñe- céuselle co nome de "Regnum Suevorum". Entre outras cousas foron os encargados en estruturar a nosa xeografía en parroquias. A pesar de adop- taren a lingua latina que xa se falaba aquí, os suevos aportaron moitas palabras e expresións da súa terra, entre os que se destacan os nomes de persoa: Afonso, Elvira, Gonzalo, Luis, Ramón... que rapidamente se puxe- ron de moda daquela e ata o S.XII que, propiciado pola Igrexa, se popula- rizaron os nomes de santos ou bíblicos. Todos estes datos históricos teñen moito que ver con Ouzande porque a medida que os Suevos foron ocupando as distintas terras, déronlle o nome dos seus moradores ás súas explotacións, normalmente chamáballe a "villae" de..., e mailo nome xermánico correspondente, ou mesmo a casa de... quen correspondese. No caso do nome da nosa parroquia habería unha pequena latinización do nome dese morador, cousa que sabemos porque acaba en "e" e correspóndese a un "i" primitivo e que en latín facía referencia a que era unha posesión (xenitivo). En canto ao nome xermáni- co que hai debaixo de "Ouzande" é posible que comezara por AU-; de feito tense escrito que sería unha Ausinda, pero é moi atrevido dicir isto posto que non se pode demostrar, pero é posible que fose así ou mesmo Ausindo en masculino. Nomes coma o da parroquia non hai moitos por Galicia adiante, o máis próximo está en Cervaña (Silleda) e nomea unha aldea ou lugar desa feri- gresía. Noutros sitios encontrámolos parecidos; Ouzasende, Ousende... pero ningún especialista ten descifrado a día de hoxe con seguridade o nome concreto sobre o que se asentan estes nomes de lugar. Asi pois, Ouzande sería un topónimo de orixe xermánica (sueva) que faría referencia a unhas terras pertencentes a un señor con nome xermánico e adaptado na forma de falar da época ao sistema latino para identificar ao propietario. apuntamentosmanuel rosende torres carreiros7
  • 9. Xabier Camba Sanmartín As casas son elas, cos seus muros, as súas trabes as súas ventás, as medianeiras, a cociña, os cuartos; pero tamén son a súa historia, a his- toria das persoas que as habitan e habitaron. A actual Casa de Camba, no Redondo, foi antes a Casa do Cura, sede da rectoral de San Lourenzo de Ouzande e de San Paio da Estrada. Cando ala nos inicios dos anos trinta do século XX, Paquito de Camba, albanel e veciño da Estrada, marchou coa súa muller, María de Mato e os seus fillos, da casa do lugar de Señoráns na parroquia de Cereixo, seguramente non lle pasou pola cabeza que ía rematar botando raíces na Casa do Cura de Ouzande. Pero imos encetar a historia polo principio ou, cando menos, polo comezo que nós coñecemos. No Alto do Redondo, nun dos lugares pri- vilexiados da parroquia, fronte á Igrexa Parroquial situábase a Casa Rectoral, a Casa do Cura de Ouzande e A Estrada, no medio do igrexa- rio que comprendía, ademais da casa, outras construcións como o Pombal de Xaquina, O Muiño do Cura e o magnífico Hórreo, hoxe des- aparecido. As terras tamén eran extensas pois abranguían todo o Prado, a Finca de Xaquina e boa parte do monte colindante a esta. Non sabemos cando se levantaron todas as edificacións que citamos, pero si descubrimos que a finais do século XIX, entre 1880 e 1890 se fixeron importantes reformas na Casa Rectoral, que debía estar en moi malas condicións, por causa da escasa preocupación dos curas que moraran nela, e tamén dalgún devastador temporal. O promotor daquelas obras foi un cura chamado Francisco González de Penela, que diante do mal estado da casa realizou unha serie de obras de conserva- ción e mellora que resultaron decisivas para a conservación da casa. En 1890, unha comisión eclesiástica formada polos cregos de Ribela, Curantes e Lagartóns, recibiu a encomenda de facer unha "Regulación de la Casa Rectoral de la Villa de La Estrada y San Lorenzo de Ouzande, practicada el día 3 de diciembre de 1890", que viña a ser unha avalia- carreiros8 memoria a casa do cura
  • 10. ción das obras levadas adiante polo crego González de Penela así como a estimación doutras que se consideraban necesarias. Os membros da comisión declaran que esta debe ser unha "Regulación con la mayor equidad y economía posibles". A copia que conservamos deste docu- mento, permítenos coñecer con bastante detalle cal ela a traza da vella casa do Cura, bastante diferente, por certo da actual Casa de Camba. A edificación respondía a un esquema que nos resulta familiar en casas que inda hoxe manteñen unha estrutura semellante: no exterior, portal de entrada grande e de pedra, porta de castaño, corral rodeado de altos muros, alpendres para a leña, o toxo e algunhas cortes, hórreo de gran tamaño na eira de mallar, etc. No referido á propia casa esta contaba cun amplo patio ou corredor central interior, con enlousado de pedra, e no que había unha pía para os porcos, tamén de pedra. Este corredor actuaba como unha especie de distribuidor que daba acceso á cociña (hoxe palleira) na que había unha lareira (hoxe consérvase o burato da pota do caldo), un forno do pan, do que queda algún resto e un verte- doiro onde se fregaba a louza. A parte baixa da casa estaba ocupada por unha ampla bodega. No sobrado, había un amplo comedor, unha sala principal, un gabinete, unha habitación, un pequeno retrete e un "mira- dor", que debía ser un pequeno cuarto ou recuncho con dúas ventás, unha cara a igrexa e outra cara o Norte (A Estrada). Os criados tiñan a súa propia habitación, á cal accedían desde o corredor ou patio. Os cregos que inspeccionaron as obras deixaron escrito no seu informe que o crego González de Penela fixera moitas melloras pero, que aínda eran necesarias máis, en fiestras, paredes, e no aseo que a casa tiña, así como en algúns dos muros e medianeiras. O caso é que estas obras ou ben non foron pagadas polo crego, ou ben este "reclamaba" que lle fose reintegrado o que gastara nelas, porque non recibira do crego anterior o "inquilinato" correspondente. A fin de contas, os cregos "reguladores" tasaron en 6000 reás os gastos das obras, e descontando o inquilinato do crego, quedaban en 4000. Pois con estes arranxos, a casa debeu ir tirando até metade da década de 1920, cando a sede da rectoral se trasladou á Estrada e as propieda- des da Igrexa en Ouzande se puxeron á venda, repartidas en diferentes parcelas. A casa e as terras e construcións anexas foron adquiridas por unha familia que só puido disfrutar delas até 1932. memoriaxabier camba sanmartín carreiros9
  • 11. En 1932 a Paquito de Camba, metéuselle na testa mercar a finca de Eirín ou tamén coñecida como de Melania, na Vila da Estrada. Para iso diri- xiuse a Don Nicolás, daquela crego de Ouzande e A Estrada e tamén apoderado da famosa Carballeira e Toxeira de Melania. Don Nicolás qui- toulle a idea da cabeza porque alí non tiña pan para os fillos, pero en Ouzande había, ademais da casa, terras para traballar. A familia que adquirira a Rectoral non puidera satisfacer o prezo acordado coa Igrexa, así que Paquito de Camba tiña que chegar a un acordo con ela, pagar esa cantidade á igrexa e quedar coa propiedade. Pagou trece mil reás e foi coa súa muller e cos fillos (Leonilda, Manolo, Pepe e Domingos para o Alto do Redondo, para a Casa do Cura, hoxe Casa de Camba, e na fami- lia a Casa Darriba. A familia chegou con todos os seus enseres metidos en carros que subían polo lugar, provocando a curisosidade dos viciños. Paquito era albanel e estivera traballando en Cuba varios anos. Os arranxos que lle foi facendo á casa saíron do seu traballo e da súa idea. Os anos no Caribe algo influíron nos seus gustos, tal como se pode apre- ciar hoxe no estilo da fachada este da casa. Unha das primeiras obras que fixo foi a construción dunha pequena habitación, pegada á casa, cara a eira, na que o horreo de 15 metros desaparecera, que serviu durante bastantes anos como escola, e onde dona Pilar lle aprendeu as letras e os números a moitos rapaces e rapazas de Ouzande (Vid Carreiros nº 2). Dona Pilar trabou tamén unha fonda amizade con María, muller de Paquito, a partir de moitas horas de conversa. No soto deste local había un pequeno habitáculo onde o patriarca poñía a secar as follas de tabaco que cultivaba na horta da casa, coas que logo facía os pitos para fumar ou regalarllo a outras persoas. Dunha vez apareceu a Garda Civil, que lle requisou todo o material, e ademais o Xulgado impúxolle unha multa de 600 pesetas, que tivo que pagar para non ir ao cárcere. A escola funcinou ata primeiros dos cincuenta, pero como Paco quería reformar a fondo a vella casa tivo que maquinar un plan para desfacer- se dela, que nese momento xa lle supuña unha carga. Falou co Inspector de Educación, Don Plácido Bergueiro, e chegou á conclusión de que o mellor era provocar desperfectos no cuarto onde se realizaba, para que fose declarado en ruínas. Así foi, armado cunha vara de ferro, provocou destragos no tellado e nas paredes, conseguindo así o seu propósito. xabier camba sanmartín carreiros10 memoria
  • 12. Tamén foi arranxando cousas a fin de adaptar a casa ás súas necesida- des e novos usos. Refixo o valo que estaba moi deteriorado e instalou- se a cancela. Para iso viu Pepe de Frei que cando facía a obra foi repren- dido por Paquito, que lle dixo que vía "moitas curvas", e Pepe contes- toulle que "a determinada altura as curvas semellan molduras...". Pero como dixemos a transformación definitiva da casa comezou alá polo ano 1953. Os muros botáronse abaixo e levantáronse de novo. Chamou aos Couceiros, canteiros de Santa Baia, que foron os encargados do tra- ballo da pedra. Da albanelería ocupouse el e mais os seus obreiros, e nos traballos participou tamén Ramon de Cabanas e Ramiro do Zoqueiro. Seguramente polo ano 57 xa a casa presentaba un aspecto moi parecido ao actual. Na palleira, antiga cociña, facíanse festas que aínda hoxe recordan os veciños máis maiores. A familia medrou, e aínda chegou un novo fillo, Enrique, aínda que Leonilda morreu inda nova. Isabel, filla de Leonilda, pasou a súa infan- cia e mocidade na casa, e tamén Enrique, fillo de Manolo pasou longas tempadas nela. Domingos* quedou na casa e casou con Carme da Eira da Somoza, e tiveron dous Fillos, Manolo e quen escribe, que tamén quedou na casa, e casou con Rosa de Cabanas. Dolores de Cabanas, a súa avoa, serviu de moza na casa do Cura. Esa é outra historia. *Moitas destas historias contoumas meu pai poucos días antes de morrer. Este artigo é para a súa memoria memoriaxabier camba sanmartín carreiros11
  • 13. carreiros12 Manuel Rosende Torres Ten hoxe 74 anos e vive nun anaco de Ouzande que hai en São Paulo, pero as súas orixes hai que buscalas no Formigueiro de onde foi seu pai, o Señor Ramón de Chedas e en Sureiros (A Somoza) onde nacería súa nai Jesusa. Este matrimonio formaría unha das familias máis sobrancei- ras de Ouzande; a casa dos de Chedas. Os avós paternos de Manolo eran a Señora Encarnación de Chedas e mais Manuel de Chedas, este último orixinario de Santabaia e quen faleceu en Bos Aires con 53 anos nun accidente de tráfico en 1927. A Señora Encarnación era irmá, ademais, da señora Generosa de Zoqueiro; nai de Lucinda de Zoqueiro e avoa de Lola, Pepe, Esperanza e Eleuterio “O da Compaña”, estes dous últimos faleceron na capital arxentina. Ramón de Chedas tiña catro irmás; Amparo, Flora, Jesusa e Pilar. A primeira foi a nai de Manolo de Cabanas e morreu en 1941, Flora e Jesusa emigraron a Bos Aires onde tamén faleceron e Pilar é a nai de Amparo de Cabanas. O irmán de Manolo que vive en Bos Aires cháma- se Gustavo e é o maior dos tres Chedas; ten hoxe 82 anos, está viúvo da súa muller Lola, quen era de Lugo e que faceleu hai pouco tempo, vive co seu fillo Gustavo e cun neto ao que deron de nome Matías. É posible dedicar unhas letras para falar de Manolo de Chedas neste Carreiros grazas ao seu cuñado Manolo de Cabanas, quen lle fixo unha entrevista en 2009 co obxectivo de que así o poidamos coñecer un pouco mellor na parroquia. A relación familiar que une a estes dous ouzandeses en Brasil partía de Ouzande pois os dous eran netos de “Mamá Encarnación”. Unha vez no país americano hanse estreitar os seus carreiros ao se faceren cuñados pois casaron con dúas irmás orixi- narias dunha aldea que se chama Olmos próximo á vila de Macedo de Cavaleiros no distrito portugués de Bragança. A infancia de Manolo de Chedas transcorrerá en Ouzande ata os 14 anos. Na entrevista lembra con cariño os pequenos detalles que debu- xaban as peripecias propias da dura posguerra na nosa parroquia, coma cando súa nai poñía un colorido pano colgado na ventá para indicarlle que debía regresar coas vacas, el ben o podía ver desde o monte dos Cambeiros. Pero era frecuente que Manolo enredara no Rego das Rans onde se xuntaba coa rapazada para xogar á estornela, á pelota, aos pelouros, buscando niños de paxariños ou collendo mel para matar un pouco aquela longa fame que non só tiñan os nenos de Ouzande, senón tamén as vacas. Non era de estrañar que con tanta xogueta os rapaces polos carreiros do brasil manolo de chedas memoria da emigración
  • 14. se esqueceran do gando e que este fora esfameado á procura de man- xares nas leiras dos veciños pois, como nos recorda Manolo de Cabanas, naquela altura había máis vacas no monte de Ouzande do que herba polo que xurdían numerosos conflitos. Lémbranse perfectamente en Brasil daquelas vacas que os de Ferreiros pillaban pacendo no millo ou nas coles e encerrábanas nas cortes ata que os pais dos de Ouzande ían pagar polos prexuízos causados. Con 15 anos Manolo deixa de coidar do gando e comeza a traballar na Estrada, nun taller mecánico que había en fronte a onde hoxe se sitúa o antigo chalé das confeccións, chamábase Sanmartín. Bota alí catro anos; o primeiro tivo un contrato de aprendiz polo que non cobraba, máis tarde o seu soldo foi de cinco pesetas da época ao mes. Recórdanos como daquela non había nin vacacións nin se gozaba de dereitos laborais de ningún tipo, estamos no final dos anos corenta e comenzo dos cincuenta e os latexos da guerra e da fame aínda se sentí- an con forza en Ouzande. Cóntanos como con 18 anos quería ir ás festas da redonda coma os outros mozos da parroquia, pero o Señor Ramón era rigoroso na educa- ción dos fillos e só lle deixaba ir ás de Ouzande e ás da Estrada. Como Manolo era enxeñoso, un día fíxose o valente e agardou a que todos na súa casa durmiran; saltou pola ventá do seu cuarto que daba encima do tellado dun cuberto e enfiou pola horta cara á festa. Eran as tres da mañá cando Manolo volvía polo mesmo camiño para a casa, sixiloso, non tivo que atravesar a horta, nin subir ao tellado e menos entrar pola xanela xa que seu pai estaba agardando por el na porta. A bronca foi boa pero desde aquela nunca máis lle prohibiron ir a festa ningunha e mesmo lle daban cartos para que non pasase vergoña diante dos com- pañeiros. Lembra nesta época moitos amigos coma Manolo da Taberna ou os irmáns da casa de Cereiro entre outros moitos cos que compartía as aventuras propias da xente nova, como de cando alugaban unha bicicle- ta para ir cara a Codeseda e Forcarei á procura de cornellos do centeo para logo vendelos na feira da Estrada. E é que daquela Manolo viviu un momento duro da nosa historia con decisión e valentía, unha forza arroutada que o levou á emigración. Se hoxe Manolo vive no Brasil é por un cruce de carreiros que se deu na súa vida aló polo ano 1954. Na Arxentina tiña a seu irmán Gustavo pero como nesa época aquel país xa non permitía mais a entrada de novos emigrantes, el encontrou a solución emigrando para o Brasil máis con- cretamente para São Paulo para onde tiña emigrado un ano antes seu primo Manolo de Cabanas. A intención final era atravesar a fronteira para xuntarse a seu irmán Gustavo en Bos Aires, de maneira que embar- memoria da emigraciónmanuel rosende torres carreiros13
  • 15. ca camiño de América e desembarca no porto de Santos en compañía de Angelito de Frei e onde os agardaba Manolo de Cabanas, quen os levou para São Paulo. Alí coñeceu á que é a súa muller, polo que xa non pensou en cruzar o Río da Prata máis que para visitar ao máis vello dos irmáns. Que Manolo embarcara cara á emigración non foi por ser a súa unha casa con moitos problemas económicos, pero ao ter a Gustavo aló e mais a procura de melloras persoais e de expectativas empuxárono cara ao porto de Vigo, porta de saída á emigración para moitos galegos. As despedidas son moi dolorosas, pero a do noso protagonista foi espe- cialmente sentida. Acompañouno seu pai até o mesmo porto logo de que súa avoa o despedira en Ouzande dicíndolle unhas palabras que ecoarían posteriormente a milleiros de quilómetros: “adios meu filliño! que non te vou volver ver” Nun momento de despiste por parte de Manolo, seu pai agochouse para esquivar esas últimas verbas de unión familiar, Manolo, ansioso, buscouno coa ollada desde o barco mais non o alcanzou a ver. Así, camiño de América, arrancou o noso veciño coas palabras de súa avoa na cabeza. Ao ano seguinte falecería a Señora Encarnación de Chedas con 82 anos de idade. Manolo chegou ao Brasil polo porto de Santos en compañía de Angelito de Frei, irmán de Clotilde de Antucho; Venancio e Ramón. Manolo de Cabanas recibiunos no desembarco e levounos para a casa onde el vivía; era en São Paulo, na Avenida Angélica, nunha casa que pertencía a unha muller da Estrada que se chamaba Maruja e que era da familia dos de Mariano que tiñan unha Fonda en Bedelle. Este primeiro paso en Brasil foi moi especial para o de Chedas xa que ademais de ser a súa primeira casa en América, tamén había ser onde coñeceu a Lidia, a muller coa que había casar poucos anos despois. O marido de Maruja chamábase Pepe (Jose Carrera), era de Redondela e, por casualidade, tamén era mecánico polo que levou a Manolo a tra- ballar con el. Este primeiro destino laboral era nunha grande empresa autorizada pola marca Ford do Brasil e chamábase O.P. Gonçalves, esta- ba na Rúa Mato Grosso, a cinco minutos da súa casa, polo que Manolo especializouse no oficio de mecánico. Así foi como non fixo coma outros emigrantes que se dedicaron a todo tipo de traballos, non, el volcouse na mecánica que xa tiña aprendido na Estrada. Ao que o matrimonio de Maruja e Pepe se foi para un novo barrio da cidade, tanto Manolo coma os seus primeiros compañeiros de aventu- ra tiveron que buscar novos rumbos; Angelito foi para Uruguai e os dous Manolos, Chedas e Cabanas, alugaron alí preto un cuarto. Foi casualida- de que a rúa na que se quedaron chamábase Baía e tiña unha fermosa praza diante que se chamaba "Buenos Aires" polo que Manolo dicía ás veces rindo: "Ves, vivo en Buenos Aires sen sair do Brasil nin deixar a miña namorada". manuel rosende torres carreiros14 memoria da emigración
  • 16. Nesa época chegou ao Brasil Florentino do Rubio coa muller Lola e a filla Marisa, levaron a Manolo de Chedas a vivir nun barrio de São Paulo que se chama Vila Clementino, pero como era moi lonxe do taller, Manolo deixou o traballo e púxose a buscar un novo emprego de mecánico na zona á que foi vivir. Non tardou en atopar un na Alameda Santos, nun barrio que para máis ironías do destino se chamaba do Paraíso. As cou- sas íanlle ben a Manolo e non tardou en coñecer un señor de orixe ita- liana co que iría traballar como único empregado nun taller da rúa Domingos de Morais. Cando este home deixou o negocio, Manolo aven- turouse a alugarlle as ferramentas e montar así a súa propia empresa; Mecânica M. Chedas. Estamos no ano 1958 e na rúa Tupinambás de São Paulo. Un ano despois habíase dar un dos días máis felices na vida de Manolo de Chedas; era o dez de febreiro cando entraba pola porta da igrexa de Santo Antonio de Osasco (a dez km da cidade) con Manolo de Cabanas como padriño de vodas, Otilia a madriña, Lidia a noiva e Manolo de Chedas o noivo. Logo do casamento continuou a traballar dous anos máis no seu nego- cio. Daquela coñeceu un taxista chamado Gallasso quen lle ofreceu un préstamo de cartos para mercar un taxi e cambiar así de oficio. Pero o de Manolo era arranxar coches, non guialos. Así o día 3 de outubro de 1961, sendo día de eleccións no Brasil, Manolo, que cobraba por quilo- metraxe, colleu un pasaxeiro militante dun dos partidos políticos que concurría ás eleccións. O destino fixo que este cliente lle fixera parar cada pouco por cuestión da actividade electoral e como se demoraba moito tempo, Manolo protestoulle xa que estaba a perder diñeiro. O cliente, todo dilixente, díxolle “se não gosta do seu trabalho, troque” e Manolo..., trocou, respondéndolle: “o senhor tem toda a ração! Então trate de procurar outro taxi por que eu vou procurar outro emprego!” deixou alí aquel home volvendo deste modo á antiga vida de mecánico. Nos primeiros meses non tiña clientes posto que levaba tempo pecha- do e os antigos usuarios fóronse para outros talleres, pero a vida sorrí- lle a Manolo e aparécelle unha nova proposta: levar a mecánica e man- temento dunha canteira. Meses despois pecha esta empresa e Manolo volve definitivamente para poñer a andar o seu taller. E así até a actua- lidade que continúa a súa actividade no Bairro da Bela Vista .para onde tinha se transladado para a Rua Maria José, 313, e mais tarde mudouse para Rua Rui Barbosa tamen na Bala Vista. Aínda que por idade e saúde xa non traballa, visita constantemente este lugar que el creou e onde continúa o seu fillo Claudio. Naquela altura trasladou a súa residencia para o Bairro da Bela Vista; primeiro na Rúa Santo Antonio, e algúns anos máis tarde, para a Rúa Humberto I, na Vila Mariana. É aquí onde vive a día de hoxe. memoria da emigraciónmanuel rosende torres carreiros15
  • 17. No medio de todas estas aventuras tamén levou Manolo unha chácara que é unha explotación agrícola fóra de São Paulo e na que tivo unha especie de caseiros nogalláns cos que se deron múltiples anécdotas polo mal coidado de animais e horta. En 2009 Manolo celebrou unha festa moi especial; as súas Vodas de Ouro. Un momento para botar a vista atrás con Lidia, a muller que o acompañou nos momentos felices pero tamén nos difíciles, como cando Manolo foi coñecendo o pasamento dos máis seu pai Ramón de Chedas. A última mala nova que houbo que dixerir non só en América, senón tamén en Ouzande, foi a do pasamento do noso campaneiro Alfonso de Chedas, irmán de Manolo, para quen foi especialmente doloroso posto que era o irmán menor e o gran fío de unión con Ouzande, coa súa orixe, quen o tiña recibido nas súas viaxes á nosa parroquia. Roto este enlace afectivo tan forte, Manolo terá para sempre á súa familia por parte de seu irmán como cordón umbilical con Ouzande. Alfonso non só fixo tanxer sons tristes nas nosas campás senón que tamén nos permite escoitar o seu repinicar grazas a unha das súas últi- mas aportacións a Ouzande ao colaborar no curso A Linguaxe das Campás como campaneiro permitindo que outros aprenderan o idioma do repenique ou que as poidamos escoitar por internet en todo o mundo. No Brasil teñen un significado especial e fálannos daqueles que, coma Manolo, cruzaron o Océano Atlántico para sementar aló unha nova dimensión da parroquia co agromar de novos ouzandeses; os seus fillos Janette, Jesusa e Claudio. A primeira ten unha gardería e está casada con Marcio, ten catro fillos; Diego, Lucas e os xémeos Pedro e Thiago. Jesusa é pedagoga e formou familia con Francisco con quen ten dous fillos; Raele e Renan. Claudio, quen non ten descendencia está casado con Glauce e traballa xestionando Mecânica M. Chedas para orgullo de seu pai. A pesar de ver mermada a súa saúde nos últimos anos, Manolo goza en São Paulo con Lidia vendo os seus fillos medrados e gañándose a vida. De volver atrás, gustaríalle terse demorado máis nas felices vivencias que o moveron por Ouzande, aínda que se sinte moi orgulloso de ter fundido os nosos carreiros cos do Brasil. manuel rosende torres carreiros16 memoria da emigración
  • 18. creación literariamanolo de cabanas carreiros17 Oh! Amigos de miña infancia Ausencias que doen no peito. Sen vós, non é do mesmo xeito Vivo eterna e dolorosa ansia. De saudades de Pepe de Sueiro Anxelito de Frei e Pepe de Xecobe Vosa ausencia doi e conmove Lembrar de Antonio de Cereiro. Ouzande sen vós vive unha ultraxe Serafín do Castro, Camilo de Felipe Singramos o océano naquel pau a pique Fomos compañeiros do mesmo viaxe. É Xosé da Pucha! Aquel Anxo do Señor Que envelleceu rapaciño Deus puxo en noso camiño Pra testar noso peñor. Marchou sen Ouzande darse conta Vivía solo e abandonado Oxalá nos teña xa perdoado É Deus non nos cobre esa conta. Cantas lembranzas quedaron de vós Alfonso de Chedas, noso campaneiro Cantas recordacións de Marisa de Sueiro Vós xa non estades entre nós. Cando vou polos camiños Sei que andades o meu lado Eu vos falo do pasado De cando iamos aos niños. Nos trapazales das forcavedras Ou xogabamos á estornela Brincadeira tan sinxela Ou os pelouros con cinco pedras. E no campo da Lagoa Ou aló no campo da Doca Xogabamos a pelota Esa lembranza magoa. Di lá no fondo do peito Por que non falades comigo Pero oídes o que eu digo Das cousas que temos feito. Eu quero o toque de Midas Facer dos soños a realidade E poder vivir na inmortalidade. Saber como as tramas, foron urdidas Prá traervos de volta, sandar as feridas Andar nos carreiros da eternidade. marzo de 2009 amigos da miña infancia que xa se foron
  • 19. recordacións Perdeu seu compás a batida E non cicatriza a ferida Deste vello corazón Lonxe da aldeia querida Perdín o pracer da vida O sentido e a razón. Vivo de súas lembranzas Recordacións e esperanzas É unha única ilusión Retornar nesas andanzas Agarrarme as súas tranzas E revivir a emoción. De mirar seus nove muíños Que fixeron seus veciños Dende o de Roque o Zarabeto Todos no mesmo regueiro Dende o último o primeiro Hoxe resta o esqueleto. De oír os carros cantando Parece que me están chamando Pra que escoite seu lamento Xá ninguén ta se acordando Dos carros que ían cantando Quedaron no esquecimento. Na noite escura ir ao muíño Pra non tropezar no camiño Un fachico prós alumar. Ou a escondite á noite enteira Pra botar auga pra erveira Por que vivir é RECORDAR. xuño de 2009 fragmentos Saír de pandilla pra cantar os Reis No mes de xaneiro polo dia seis, Recollendo cartos pra unha causa nobre Sen dicir pra que, pra que ninguén cobre Ir de casa en casa, ata poñerse rouco, A causa foi un baile na palleira de Souto. Nos domingos a noitiña, ir brincar na carretera As rapaciñas do redondo, estaban a nosa espera Alegres e sorridentes, no esplendor da xuventude As mais bonitas de Ouzande, e tiñan aínda a virtude Querer os mozos de Alemparte, bonitos e intelixentes Con súas caras coradas, súas miradas ardentes. Para probar que o que digo é a mais pura verdade Os que quedaron, casaron e viven na felicidade. Tivo algúns que emigraron, en busca doutro destino. Foron polo mundo afora, foron sen rumbo e sen tino Das rapaciñas que quedaron, unha en súa intimidade Aínda sente miña falta, aínda chora de saudade. xuño de 2009 manolo de cabanas carreiros18 creación literaria
  • 20. camiños pechados Están pechados meus camiños Camiños dos primeiros pasos Daqueles tempos escasos Con silveiras cheias de espiños Dos tempos sen mañán Tempos de falta de pán O noso pán de cada día Tempos de artesa vacía. Pero feliz adolescencia Dos meus amores primeiros Dos anos da inocencia Dos meus soños sobranceiros Deixei nos camiños gardados Que agora atopo pechados Pola pasaxe dos anos Ocultando desenganos. Eu vou reabrir os camiños Pra pisar nas mesmas pedras Ornamentados con hedras E niños de paxariños Tamén alí deixei amores Que mucharon como flores Amores puros e inocentes Que brotan como sementes. Neste triste corazón Arranco as silvas dos camiños Ferido por seus espiños A dor devólveme a razón Neles non hai mais amores Non renacen como as flores Oh. Meu Deus, ten piedade Arranca deste peito a saudade. maio de 2009 non me esperten do meu sono Non me esperten de meu sono Por que non quero ver como Están as veigas de Ouzande Dende o empalme a Castosande Pra non ver ese abandono Non me esperten de meu sono. Non me esperten de meu sono Pra ver as veigas sen dono Están a monte a maior parte No Redondo ou Alemparte Pra non ver seu triste tono Non me esperten de meu sono. Non me esperten de meu sono Eu quero ver en meu soño Como as veigas eran antes De plantacións deslumbrantes Cada planta con seu pomo Non me esperten de meu sono. Non me esperten de meu sono Non interrompan meu soño Nele vivo unha quimera. De sempre ser primavera Sen inverno nin outono Non me esperten de meu sono. xuño de 2009 creación literariamanolo de cabanas carreiros19
  • 21. carreiros20 carreiros<#> a despedida Eu vou chorar de emoción Vou despedirme dos meus Adeus Ouzande querido, adeus Farei do choro unha canción. Un canto de despedida Que será a miña ofrenda Ao final desta contenda Meu Ouzande, miña vida. Esta se cumprindo meu fado Eu marcho pra nunca máis Levando meus tristes ais Comigo pra outro lado. Nunca mais retornarei Pra camiñar por teus carreiros Nin verei mais teus regueiros Nin farei o que soñei. Quedar mais tempo contigo Manoliño de Sueiro Ti fuches sempre o primeiro Es o meu millor amigo. Eu teño tanto pra dicir E meu tempo se esgotando Eu sin saber ata cando Deus vai deixarme vivir. Xa non sei mais miña idade Dezaoito anos vivín contigo Os outros foron castigo Foron dor, foron saudade. Oh meu Deus! Devolve este corpo a terra A terra sagrada de Ouzande Leva a dor que no corazón se expande Ven poñer fin a esta guerra. Xa non aguanto o sofrimento Non teño mais incentivo Que Deus me leve morto ou vivo. Pra terra do primeiro alento Teña piedade e non mande Nunca máis saír de OUZANDE. xullo de 2009 manolo de cabanas carreiros20 creación literaria
  • 22. crónicacarreiros carreiros21 que cesen xa todas as guerras Senén Campos Maceiras Moitos manda máis parecen estarse divertindo pero morremos todos os demais nas guerras que eles están dirixindo. As mulleres, os anciáns, e os nenos andan sempre fuxindo por culpa de todas estas sen razóns e o mundo se está destruíndo e con el tamén moitísimas ilusións. Invéntanse moitas revolucións que ao final non serven para nada cámbianse os resultados das votacións e así todo parécenos unha inocentada. Entramos nunha encrucillada con isto da crise xa famosa non sabemos como acabará a xornada e a nosa vida vólvese penosa. Sofre o feo e sofre tamén a fermosa porque o pasado parécenos moito mellor a sensación de futuro non nos resulta ditosa e o panorama resulta bastante desolador. E nisto que chega Barack Obama... ¡o salvador! Ao que moito... case todos esperamos a ver se ao ser un presidente de cor cesan os racismos e nos irmandamos. A ver se somos por fin humanos e cesan xa as guerras malditas a ver se xa non nos matamos e hai paz entre palestinos e israelitas. A ver se dan convivido catedrais e mesquitas se a paz e o amor son o noso mellor alimento se as grandes cidades cosmopolitas non son para os bonitos bosques o seu tormento. Se perigosas seitas e relixións sen tento libérannos das súas imposibles prisións sentindo todos de novo a felicidade e o contento ao non someternos ás súas enganosas bendicións. Que cesen en fin pois todo tipo de agresións entre todos os seres vivos deste planeta que a dita e a alegría reinen en todos os corazóns e que nunca xamais cale a voz deste poeta. senén campos maceiras creación literaria carreiros21
  • 23. carreiros carreiros22 crónica presentación de carreiros 7 Por primeira vez, decidimos facer unha presentación pública da nosa revista, e a verdade, foi todo un éxito. Nun principio, pensámolo para facela cadrar co magosto do ano pasado, pero o pasamento de Don Manuel, un dos socios fundadores da nosa asociación fíxonos cambiar de plans e as castañas ficaron para engalanar a mesa do local e para que cada persoa levase unha con cadanseu exemplar de Carreiros. O acto serviu tamén como homenaxe e recordo ao cura Castiñeiras, e así pedí- moslle a Noelia que interpretase unha peza á gaita na súa memoria. Polo demais, foi un acto moi concorrido, con numerosos socios e veci- ños da parroquia que asistiron ao mesmo e no cal disfrutamos dun fer- moso poema que nos enviou Manolo de Cabanas desde o Brasil, grava- do en vídeo. Tamén vimos e rimos moito con fragmentos da entrevista que este lle realizou a Florentino de Chedas, e que serviu para un mag- nífico artigo da man de Manuel de Topete. Ao final todos e todas co noso Carreiros no peto para a casa, a disfrutar del. nadal de cine e fin de ano No pasado Nadal tivemos ocasión de asistir a diversas proxeccións no noso local. O día 4 de xaneiro tivemos a ocasión de ver a entrevista completa de Manolo de Cabanas a Florentino do Rubio, ambos emi- grantes ouzandeses no Brasil. Comprobamos o bo facer xornalístico de Manolo, así como a lucidez e o sentido do humor de Florentino. Ademais serviunos para repasar, a través da azarosa vida do do Rubio, un descoñecido, para moitos, período da nosa memoria colectiva. Nesa mesma sesión tivemos a sorte de ver un pequeno documental no que se recollen as obras realizadas na Igrexa de Ouzande, nos anos 70, e na que aparecen colaborando numerosos veciños da parroquia. fin de ano 08 Xa é tradición ir comer as doce uvas ao campo da festa e logo ir de xolda para o local ata que o corpo aguante e dj adán tamén. Aí quedan as ima- xes.
  • 24. crónicacarreiros carreiros23 asemblea xeral anual O 14 de febreiro deste ano 2009, celebramos a Xunta Xeral Anual, na que se aprobou o informe económico e de actividades. Traballouse tamén no deseño do programa anual e gozamos coas imaxes das activi- dades de todo un ano de asociación. A participación foi, unha vez máis, moi numerosa e activa, e rematamos a tarde compartindo un rico cho- colate quente con biscoitos. a carroza electoral do entroido Desta volta Ouzande viviu un carnaval cheo de alegría e humor pero coa cor propia das grandes citas electorais ao cadrar nas vésperas das elec- cións ao goberno da Xunta de Galicia e, polo tanto, coa súa campaña electoral. Así foi que o tractor máis entroideiro da bisbarra colleu forma de carro- za... electoral, con lemas que parodiaban todas as opcións políticas dis- frazándoas de botellas de bebidas. Os carteis do "Filloó 2009" pasaron a ser unha botella de gasosas, os do "Touritón" correspondéronse coa botella de cognac do touro. Por último un cartel que presidía a compar- sa lembraba que “a túa forza move este tractor”. Moitas risas mesturadas con globos e adornos de todo tipo subidos ao tractor electoral foron os que puxeron as persoas que a el se subiron vestidos, coma é costume, dos máis variados modos para percorrer os distintos lugares da parroquia. Capitaneados polas coplas dos xa tradi- cionais Cegos do Entroido e acompañados por música ao vivo non dei- xaron títere con cabeza. Ao final da traxectoria e logo de convencer a ninguén para que votara ou bebera unha ou outra cousa, os cegos fixeron unha última parada para cantar as súas coplas na taberna e déronlle paso á degustación de todos os manxares propios desta festa no local parroquial. Despedimos este carnaval 2009 coas palabras que berraban os nosos ceguiños"...e que viva o entroido!!!"
  • 25. carreiros carreiros24 crónica ouzande nas beiras do miño O 31 de maio de 2009 será recordado en Ouzande por unha viaxe que nos levou ata as augas do río que une Galicia e Portugal para coñecer Tui, capital do Baixo Miño e, xa en terras minhotas, Valença e Monção. Tui é unha desas vilas ás que a historia fai que lle chamemos cidade, unha sufridora nata pola súa condición fronteiriza dende o medievo. O que máis destaca é que se conserve tan ben a súa estrutura e que o cemento e o asfalto respetaran o seu ilustre casco histórico. Tui asénta- se sobre un outeiro xa, posiblemente, dende tempos prehistóricos, pero será entre os séculos XII e XV cando se constitúa como a coñece- mos hoxe, coa súa impoñente catedral dominando a vila. A nosa visita comezou precisamente por aí, pola catedral, coa axuda dun guía que nos ofreceu unha completísima información sobre a mesma. Chamou a atención que presumira tanto de ser de alí, do lugar onde se conservan cousas únicas a nivel europeo. Tanto chamou a aten- ción que mesmo nos deu por sospeitar que fose un pouco esaxerado. O caso é que non mencionou o San Telmo, patrón da cidade, como santo non beatificado, cousa que estivemos agardando e ninguén se atreveu a preguntar para non ferir sensibilidades miñotas. Durante a visita guia- da descubrimos a impoñente fachada occidental, a primeira obra góti- ca da península que recorda á obra do Mestre Mateo no Pórtico da Gloria da catedral compostelá. Sempre levamos estoutro templo na mente e tendemos a comparar, no caso da de Tui cadra coa de Santiago en ter planta de cruz latina ou en conservar capiteis nas columnas deco- rados igualiños aos da igrexa de Ouzande. Pero polo demais, a tudense, é unha obra moi singular ao estar situada aos pés do Río Miño, é o que lle dá ese aire de fortaleza defensiva. Tivemos a oportunidade de subir a unha das torres e gozar coas amplas vistas. Hoxe son os visitantes os que fan uso delas, pero en tempos era un recurso para a defensa da cidade. Paseando polo casco histórico de Tui puidemos ir descubrindo outras das marabillas da cidade. O primeiro en encontrarnos foi o palco de música que foi restaurado a finais do século XIX e así de fermoso se con- serva a día de hoxe. Alí á beira está o monumento a un tudense históri- co, Frei Rosendo Salvado, fundador de Nova Nursia (Australia) e coñeci- do por introducir as primeiras sementes de eucalipto en Galicia. A igre- xa de San Telmo, que está pola parte de atrás da catedral, é a única mostra do estilo barroco portugués ("manuelino") en territorio galego
  • 26. crónicacarreiros carreiros25 e foi levantada enriba da casa deste frade dominico. O máis gratificante ao visitar Tui é pasear polas súas rúas nese sube-baixa constante, entre escaleiras e pasadizos e, como non, facer unha paradiña a xeito de "sesión vermouth" para compartir conversa cos veciños. O xantar fómolo facer ao monte, e estando no Baixo Miño era fácil a escolla de monte, porque a só sete quilómetros da zona histórica de Tui está o coñecido Monte Aloia, un parque natural cunhas fermosas vistas e zonas de recreo. Bo lugar este para descansar e prepararnos para cru- zar a fronteira camiño de Valença do Minho. Os romanos xa tiñan feito este camiño dende o sur e camiño cara Lugo (Via XIX a Lvcus Augusti) ou cara á costa galega (Per Loca Maritima), sobre as pedras das súas calzadas habían pasar desde o medievo e ata hoxe romeiros e peregrinos camiño de Santiago (Camiño Portugués). En sentido contrario iriamos nós para atravesar o Miño pola ponte de ferro que construíu un discípulo de Eiffel para o paso de persoas, carros e trens. Cunha calor abafante chegamos á fortaleza de Valença do Minho. É este un lugar máis amurallado e pechado que Tui e máis explotado turisticamente. Atravesar a fronteira fixo que afloraran os recordos dos problemas para pasala ou o como era Portugal antigamente. Entre locais de hostelería e comercio podemos atopar distintas igrexas de estilo manuelino, un miliario que sinalizaba en época romana a calzada ou gozar coas inmensas vistas cara a terras galegas. Non hai moito tempo que Valença e Monção estaban unidas por un tren que ía pola beira do Miño río arriba. Ao se perder esta ruta, o goberno portugués construíu unha "ecovía" que une as dúas vilas cun roteiro para facer a pé ou en bicicleta cun entorno e unhas vistas impresionan- tes. Nós fixémola pero en autobús, ao carón da vía vai o Miño e maila estrada nacional pola que nos movemos gozando igualmente desta zona "de alá" tan descoñecida para "os de aquí". A pesar de non ser moi sonada, a vila de Monção é moi populosa, linda con Salvaterra de Miño, coa que está unida por terra dende 1995 por unha ponte. Presume esta vila de ser terra de termas e de alvarinho, posto que se cultiva con forza o mesmo viño que do outro lado ten denominación de Rías Baixas. O turismo que chega a Monçao faino principalmente polas súas augas sul- furosas e polo entorno de parques de recreo e o casco histórico da vila. A nosa visita desembarcou na Avenida da Estação para pasear polo casco histórico; "muralhas", Praza da República, Praza de Deu-la-deu, igrexa, mirador sobre o río... un fermoso lugar para sacarmos unha foto de recordo. Foi este o punto desde o que fixemos o retorno a Ouzande, fantaseando sobre posibles destinos para o ano que vén.
  • 27. carreiros carreiros26 crónica o lumeiro Prezados veciños e veciñas: O meu home é un langrán, como non vale para nada decidiu coller unha baixa, disque ten lumbago de tantolevar pesos ao lombo. Por este motivo é que me presento eu como a súa substituta no traba- llo que tiña na súa axenda para o martes 23 de xuño á noitiña. Disque lle tocaba tolearvos para que non o queimarades no lumeiro. Non sei se xa estará el dispoñible, de non ser así, habedes de tolear comigo. Vos veredes o que facedes. Se queredes ir de parranda ao campo da festa na noite do lumeiro atédevos ás consecuencias. E isto non é unha ameaza. Sen outro particular saúdavos porque non lle queda outro remedio Saqueta, a Muller do Home do Saco. Esta foi a carta que apareceu en todas as casas uns días antes do 23 de xuño. Nos non lle fixemos caso e fomos, e pasámolo ben. Fomos por flo- res, fixemos a auga, armamos o boneco, levámolo ao lume, queimámo- lo, queimamos todo o malo que quixemos, comemos, bebemos, baila- mos, saltamos fogueira, e lavámonos coa auga das flores. Que ben o pasamos, Saqueta. roteiro do regueiro de arcos O pasado primeiro de maio botámonos a andar polos carreiros de Arcos. Percoremos os camiños de Ferreiros co obxectivo de descubrir as orixes do Río Gallo, o que os ouzandeses chamaban Regueiro de Arcos. Saímos ás 10 da mañá da Taberna de Ouzande para subir en coches ata a aldea de Ferreiros, alí deixámolos para facer uso de varias pistas fores- tais que nos habían levar até o regueiro. Alí marabillámonos da fermo- sura deste espazo e botámonos a andar regueiro arriba, deixámonos seducir polos caprichos da natureza, saltamos coma cabras de penedo en penedo e rimos á esgalla. Vimos o que supostamente é un batán e muíños, moitos muíños. Atravesamos a pontella de Arcos, a que levou a máis dun ouzandés cara Arcos co fin de mocear. Recordamos as histo- rias que moitos escoitamos do medo que daba atravesar esta zona de noite. Dámos creto, debe dar medo. O remate foi nunha fermosa fer- venza, da que tivemos que saír nunha operación de escalada á ouzan- desa..., xa onda os coches esperábanos unha espedición de cabaleiros e cabaleiras da parroquia. O bo tempo axudou a pasarmos unha bonita e animada mañá de primavera en compaña fervenceira. IV ruta das letras Para a tarde do 16 de maio tiñamos preparada unha nova edición da Ruta das Letras, cun bo lote de libros para todos, cedidos por Edicións Xerais. Tamén tiñamos planeado un roteiro ata o Pedroso e a Pedralba, pero subindo por camiños que non exploraramos noutras ocasións, a través do Monte do Topete e da Somoza. Pero choveu moito, moito. Quedamos na taberna a agardar, mais non parou. Gardámola para o 2010.
  • 28. crónicacarreiros carreiros27 aí ven o globo! Viñeron moitos globos o día 9 de agosto de 2009.
  • 29. carreiros carreiros28 crónica Pasamos medo. É mellor que non veñades. unha noite no muíño
  • 30. crónicacarreiros carreiros29 II fervenza de músicas Noite de moita música e festa. O día 11 de setembro, véspera das Festas do Socorro, organizamos a segunda Edición da Fervenza de Músicas en Ouzande. Cinco propostas e moitas ganas de bailar e pasalo ben. O posto do polbo non daba feito, cando a música dos Regato de Matamulleres xa comezara a dar mostra do seu bo facer. Colleron o tes- temuño os Xeitosos de Trazo e Pana Raiada, de Santiago; dúas agrupa- cións moi con moito xeito e calidade, que puxeron a bailar a todo o mundo, e a cantar tamén. Cé Orquestra Pantasma causou sensación, pois a súa orixinal proposta, de home orquestra encandilou á parroquia, e ademais animando moito a festa. Para o final os nosos Retrouso, que firmaron unha actuación soberbia, mostrando cada día os seus progre- sos. Ao final todos xuntos, a tocar, a cantar e a bailar. Por alí andaron tamén as de Antena 3 gravando. Á súa maneira, fixeron festa tamén.
  • 31. carreiros carreiros30 crónica clases de música e baile A verdade é que a nosa pequena "Escola" de música e baile tradicional estase a consolidar pouco a pouco. Neste curso, case medio cento de persoas, de Ouzande e de outras parroquias asisten ás clases dándolle aos sábados un color musical especial na aldea. Todas as clases incrementaron o número de participantes, especialmen- te as de baile e pandeireta, e mesmo tamén houbo varias incorpora- cións na de gaita, que xa estaba completiña. Ademais este ano iniciaba- mos formalmente as clases de tambor, e temos, a día de hoxe, oito par- ticipantes de todas as idades. Todo un éxito! Agardemos manter este nivel e poñer o noso grao de area na conserva- ción e difusión da nosa música. Queremos tamén manifestar o noso agradecemento aos tres profes, por todo: Marcos Varela (gaita), Silvia Martínez (pandeireta e baile) e Alex Ayude (tamboril). Vémonos nos Campos de Festas!
  • 32. a fervenza de ouzande, premio san martiño de normalización lingüística O 12 de novembro de 2009, no Teatro Principal da Estrada entregáronnos o premio e Xabier dixo isto: Os compoñentes da Xunta Directiva da Asociación: Natalia de Sueiro, Manuel de Topete, Rosa de Cabanas, Manuel, da Casa do Rubio, Malusa da Cardalda, Julio de Sueiro, Laura de Topete, Manolo da Taberna, Loli de Cabanas, Xabier Adán o Becario, Alex Ayude e Noelia da Casa do Rubio. E tamén quen foron parte e seguen a estar: Ánxel de Chedas, pri- meiro presidente, Conchita de Xestoso , Teri da Cardalda, Belén de Obdulia, Miguel de Sueiro, Adolfo da Rega, e quen lles fala, en nome dos máis de 250 socios e socias da Fervenza de Ouzande, xentes de toda idade, caste e pensamento, queremos expresar o noso sentido agradecemento á AC O Brado e ao Padroado dos Premios San Martiño a con- cesión desta distinción, e as fermosas palabras que nos adicaron na súa xustificación. Poder estarmos á beira de personalidades que forman parte da historia do noso país, como o Fiscal sr. Varela García e o escritor e investigador Sr. Franco Grande, supón para nós unha honra quizais excesiva. A Fervenza de Ouzande naceu o verán de 2001 coa modesta intención de dinamizar a vida sociocomutaria da nosa parroquia, así como para intentar preservar e mellorar o noso patrimonio cultural, arquitectónico e natural. Desde un primeiro momento escollemos a lingua galega como vehículo natural de comunicación, porque queriamos facelo así. Recibir este premio por facer o que queriamos e o que debiamos supón para nós un gran reconforto e ánimo para seguir adiante no noso labor. Unha das actividades que promovemos que goza de máis favor e participación é a excur- sión anual na que imos gozando pouco a pouco dos máis fermosos lugares do noso país: Nun luminoso día de primavera do ano 2005 fomos a Corrubedo e descubrimos que máis alá da duna había un mundo. Serverino de Carlota, daquela un dos socios de máis idade e que nos deixou xa hai algún tempo, volvía a modiño polo carreiro de táboas. Cando che- gou onda nós, díxonos que estaba canso, que daba volta, que fora ata o cumio da duna para ver o que había despois, e aínda había outro tanto. Dixo que era como o conto daquel home que nunca pasara da Pontevea e que cría que alí remataba o mundo. Dunha vez que cruzou para alá volveu dicindo: “Pero canto mundo hai despois, outro tanto como para acá! Nós, un día, fixemos como Severino, subimos ao alto, miramos, mais seguimos para dian- te a ver o que había. E atopamos os camiños da Fervenza e dos Muiños cheos de silvei- ras, intransitables. E fomos limpar para poder andar por eles. E todos os anos volvemos limpar e andar camiños. E atopamos o local social de Ouzande, no soto dun vello palco da música, desfeito e sen vida, e limpamos e pintamos tardes de verán en vez de ir á praia. E construímos a nosa verdadeira cidade da cultura, aínda que cando chove moito teñamos que enxugar a auga que o asolaga coas nosas propias mans. E foi entón lugar de reunión, de festa, de contos, de teatro, de maxia, de música, de libros, de Asemblea, de merenda, de fin de ano, de aprender Astronomía, de Cogomelos, de Saúde, de tecer cestos, de ceas, de clases de música e baile, de facer e refacer a cotío. E tamén aprendemos a vender moitas e fermosas camisetas, viramos en especialistas en carros de viño e polbo e churrasco para facer uns cartiños para ter canda nós tanta músi- ca da nosa, da de sempre e da de agora, na lingua que falamos. E xogamos moito no campo da festa e no adro da igrexa. Con maiores, con nenos e nenas, e por iso cada catro anos, só en Ouzande, temos Xogos Oulímpicos,. E disfrazámonos, e cantamos coplas, e asamos castañas, e queimamos o home do saco, entre todos e todas. Mesmo aprende- mos a tocar as campás, nós e mais os que quixeron, un fin de semana de outono, da man sabia de Alfonso de Chedas, que hoxe ha estar repenicando no ceo os sinos da nosa memoria. E quixemos escribir o noso presente e tamén o pasado para que quedase para o futuro. E tecemos Carreiros, a nosa revista, o libro como lle chaman en Ouzande, e que, cada ano, chega co outono. Ao final, con todo isto e máis, conseguimos algo que non estaba estaba escrito nos Estatutos, sermos un pouco máis felices, coma hoxe. Nesta sala están presentes moitas persoas que teñen a responsabilidade de decidir, de mirar polo ben común. Queremos pedirlles que no desempeño da súa función, sexan xus- tas co noso idioma e a nosa cultura. Humildemente, pensamos que iso non quere dicir manter unha aparente neutralidade. Debe ser neutral o árbitro na contenda, mais non estamos diante de contenda ningunha. Ser xustos é lexislar en favor daquelas realidades que presentan unha maior fraxilidade social. E, nalgúns ámbitos, esa é a situación do gale- go. Ser xustos é favorecer ao idioma, sen que isto supoña prexuízo para nada nin para nin- guén. Mais, como a lingua tamén a construímos todos e todas, queremos facer extensivo o noso rogo a todos nós, a pais e nais, e pedirlles que non releen a formación dos seus fillos. Que non lles troncemos os azos con que afrontar o futuro. Quitarlles a posibilidade de medrar no que lles é propio, no que os nosos pais e as nosas nais nos aprenderon non garante nin mellor educación, nin tan sequera máis felicidade. Para ir rematando, queremos dedicar este premio a todas as persoas que encetaron o camiño con nós, que nos aprenderon a coidar e a amar o noso, e que hoxe xa non están. No seu nome quixeramos citar a dúas delas que nos deixaron nos últimos meses: En primeiro lugar a Don Manuel, o crego de Ouzande e mais da Estrada. Socio fundador, e a quen debemos en gran parte o nome da nosa asociación, “porque fervenzas hai moi- tas, pero a nosa e a nosa”. Manuel Castiñeiras foi un constante é cómplice valedor desta asociación, colaborador activo na vida asociativa. Os veciños e veciñas de Ouzande, temos ademais, moitos motivos para recordar con agradecemento a súa xenerosa contribución ao desenvolvemento material e social da nosa parroquia. E en segundo lugar, a Carme Sanmartín, nacida Carmiña da Eira de Castrorramiro da Somoza, tamén socia fundadora e colaboradora entusiasta deste noso proxecto. Ademais, Carme gardaba na súa memoria o tesouro das palabras da lingua, e entre outras moitas cousas, e perdoen que agora fale en primeira persoa, aprendeume o que era un ganduxo, e a botalo tamén. Eles dous han estar tan orgullosos coma nós, ou se cadra máis, no día de hoxe. Remato dando unha vez máis as grazas por este recoñecemento, e mentres tanto nós coma sempre, seguimos a andar, seguimos a falar. Nunca menos. crónicacarreiros carreiros31
  • 33. noelia bouzón xabier de camba manuel de topete laura de topete rosa de cabanas (deseño, ilustracións e maquetación) Imaxe do consello de redacción acompañado polo noso colaborador en Brasil Manolo de Cabanas, e a súa neta Nataly. Fotografías: Arquivo Carreiros e Noelia Bouzón (Retrouso de viaxe). Fotografía páxina 3: Tito Durán. Fotografías artigo Manolo de Chedas: cedidas por Manolo de Chedas. Dámoslles as grazas a todos eles pola súa colaboración. Tamén agradecemos a colaboración de Manolo de Cabanas, que realizou a entrevista a Manolo de Chedas, base do artigo de Manuel Rosende, así como os seus poemas. Agradecemos tamén o poema de Senén Campos. carreiros carreiros32 consello de redacción publicación promovida pola ac a fervenza de ouzande ouzande a estrada www.carreiros.blogspot.com carreirosouzande@gmail.com subvencionado por: compartimos fervenza dende o principio até o final