2. ÍNDICE.
• Contexto histórico no que se enmarca Uxío Novoneira e a súa
obra.
• Importancia do autor para a Historia da Lingua Galega.
• Produción literaria do autor e comentario dun poema da
mesma.
3. Uxío Novoneira (1930-1999).
Poeta e escritor
galego,coñecido como o
poeta do Courel.
Principal referente
físico para os seus
versos.
Poeta do rural e da
paisaxe, pero tamén
poeta social e urbano.
Dedicóuselle o Día das
Letras Galegas de 2010.
4. Poeta que fala da
terra da paisaxe
da natureza e do
home fronte a
ela.
Nos anos 50 será
colocado na
nómina dos
clásicos.
Con 25 anos foi
consagrado e
coñecido en todo
os ámbitos
culturais.
5. O compromiso social
de Novoneira co
pobo galego é froito
da realidade
sociocultural de
Galicia que viviu o
autor.
Viviu a Guerra Civil
e a represión
tras a ditadura.
Esta vivencia
reflíctese
nunha das
súas máis
grandes
obras, a
chamada
Letanía de
Galicia.
A década dos 50 supón
un afianzamento das
súas palabra contra as
inxustizas sociais.
6. Eríxese continuador
da liña de denuncia
social máis localista
iniciada xa no
Rexurdimento.
Moi comprometido
coa realidade
galega:
“verbo verdadeiro
que fala o pueblo”,
Dende a Asociación de Escritores
en Lingua Galega, promoveu a
defensa
do idioma, como signo de
identidade e de orgullo.
7. Espírito innovador.
Rexeitando en todo
momento a
despersonalización que
propoñían
as vangardas
Soubo incorporar
un gran número de
recursos
innovadores que
floreceran nas
diferentes correntes
de comezos
de século.
9. • Uxío Novoneira é un poeta de dicir moito coas menos palabras
posibles, versos curtos, polisemánticos e cargados de
suxestións.Soubo ir incorporando un gran número de recursos
innovadores nos seus versos.
• As súas temáticas serán diversas:
• Poemas da terra e da paisaxe.
• Poesía social.
• Poesía intimista
• Poesía existencial.
10. • Nos seus textos, Novoneira explicitou o seu compromiso
nacionalista e marxista e procuraba o mellor resultado visual e
sonoro.As poucas palabras empregadas pretenden evocar dun
modo máxico o mundo no que o home está inmerso,tamén
hai que lembrar o seu compromiso público e constante con
Galicia:
É xa hora de que señas toda patria dos teus
dos que gardaron a fala en que máis se dixo adeus
e señas dona de ti e señora de falar
señora de decidir e dona de se negar.
11. • A lingua definea como "o único sitio onde seguen vivos os
antepasados, a única forma audible de supervivencia".Nunha
entrevista que lle fan en 1998 comenta:
Ninguén dubida xa da nosa identidade, nin os inimigos da lingua
propia, que anque non a queiran nin a falen será sempre o
galego. Repito: hai cousas que non as escolle un, escolleunas a
historia.
12. Obra.
En 1948 matriculouse
na facultade de
Filosofía e Letras en
Madrid, onde comezou
a escribir poemas en
castelán.
Xesús Alonso
Monteroconservou o
seu primeiro libro de
poemas, Abrojos.
Nos anos 1950-51 datan as
coleccións de poemas
Poemas de Dios e Caurel,
de onde sairon Os Eidos.
En 1952, recupera
o contacto con
Manuel María e a
finais dese
mesmo ano
comezou a
escribir os
poemas que
darían lugar a Os
Eidos.
13. En 1955
publicou Os
Eidos.
Comezou a publicar
poesías en diarios e
revistas como Vida
Gallega Aturuxo,
Follas Secas, Luzes de
Galiza, Nordés,etc.
É incluído por
vez primeira
nunha antoloxía
poética galega.
En 1959 aparecería
de novo noutra
antoloxía .
O 22 de febreiro de
1957 interviu no
chamado Homenaje a
la poesía gallega,
celebrado en
Santiago, xunto a
prestixiosas firmas da
literatura galega e
galeguista.
14. Comezou a
traballar na
radio e mais na
televisión.
En 1966 publicou Elexías do Courel e outros poemas, nunha edición
bilingüe en castelán e galego.
En 1967 escribiu
o poema Vietnam
canto.
Con este texto xorde
un Novoneira máis
vindicativo e politizado,
menos lírico e
intimista.
15. 1974 foi o ano da publicación
de Os Eidos II, que recolle
poemas escritos nos que
evidencia o compromiso
político desta nova etapa.
En 1981 edítanse
conxuntamente
tódolos poemas que
conformaban os dous
tomos d´Os Eidos,
nun libro titulado Os
Eidos. Libro do
Courel.
Este libro veu sucesivas reedicións ao
longo dos anos.
En 1979 publica
Poemas caligráficos,
libro que combina a
poesía e a peculiar
caligrafía de
Novoneira os textos
están vinculados á
vangarda pictórica.
16. En 1982 foi elixido
presidente da
Asociación de
Escritores en
Lingua Galega.
En 1984
Méndez Ferrín
publicou De
Pondal a
Novoneyra.
En 1986 aparece
Muller pra
lonxe,que eran
poemas xa
publicados
anteriormente en
revistas e obras
colectivas.
17. En 1991 publicou o
seu primeiro libro de
narrativa, O cubil do
xabaril.
En 1994 editou Poemas
de doada certeza e en
1998 Betanzos: Poema
dos Caneiros e
Estampas.
Xa enfermo publicou Arrodeos e
desvíos do Camiño de Santiago e
outras rotas.
Morre en Santiago
de Compostela,o
Sábado 30 de
outubro de 1999.
18. Poema pertencence ó libro “De
tempo de Elexía”, do 1991.
Escrito en primeira persoa,quen
fala é o autor :“Camiño de volta
fago”.
O tema deste poema é a insistencia
da xente en recordar o pasado, o
verdadeiramente importante é
solucionar o presente e non vivir
anclados no que deixamos atrás.
O poeta tamén fai referencia a Santiago
como punto de encontro con Galicia.
El pensa en Galicia como o que puido
ser,se non existira a dictadura.
19. O autor pensa como sería Galicia se
fose gobernada por outras persoas ou
de outra maneira: “i esa cuestión non
resolta”. Quere ser optimista e deixar o
pasado a un lado: “ i o presente é o
urgente”.
Estructura: o poema pódese
dividir en dúas partes: do verso
1 ao 4, onde fala dos
pensamentos da xente.
E a segunda parte, dende o
verso 5 ata o final,que fala en
primeira persoa do que el sente
e opina.
Está formado por tres estrofas de catro
versos cada unha.
Os versos son regulares e a rima
consonante.