SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 2
Baixar para ler offline
Lingua e Literatura Galega      4ºeso



                                   COMENTARIO CRÍTICO


1. Finalidade

   No apartado do comentario crítico débense xulgar as afirmacións do texto e a visión do
autor sobre o tema, confrontándoas cos propios coñecementos e opinións.

   Na exposición do comentario é especialmente importante o coidado da expresión e da
organización das ideas (claridade, distribución de ideas en parágrafos...)

2. Proceso

   - Seleccionar os contidos principais do texto, especialmente aqueles que presenten unha
maior carga polémica (no caso de que non aparezan xa seleccionados na propia formulación
da pregunta: Comentar a seguinte afirmación/idea/fragmento...@)

   - Descifrar e valorar o punto de vista do autor e os mecanismos dos que se serve para a
exposición das súas ideas:

 * Manifesta as súas opinións de maneira clara e directa ou a través de ironía, ambi-
güidades, demagoxia, reiteracións, contradiccións...

  * Subxectividade ou obxectividade: baséase exclusivamente nas propias ideas ou
presenta datos que testemuñen as súas afirmacións; é parcial ou imparcial; está ou non
directa- mente involucrado no asunto do que fala...

 * É rigoroso no tratamento do tema ou incorre en falsidades, terxiversacións...

 * Tenta ou non convencer ao lector, presentando argumentos que o involucren afectiva-
mente

 * Aborda o tema de maneira completa ou deixa aspectos esenciais sen desenvolver


   - Cotexar as ideas de autor coas propias, mediante un dobre proceso:

    a) Extensión: sen afastarse dos puntos tocados polo autor, presentar novas
argumentacións que corroboren aquelas afirmacións do autor coas que se está de acordo

   b) Confrontación: rebater aquelas ideas ou argumentos cos que se estea descon-forme,
expoñendo a propia visión razoadamente

3. Erros máis frecuentes

- Limitarse a realizar unha paráfrase do texto
- Tomar o texto como pretexto para argumentacións digresivas
- Comentar aspectos non especificamente de contido
- Disentir sistematicamente das ideas do autor
- Ausencia de ideas propias
Lingua e Literatura Galega    4ºeso



                                  ACTIVIDADE


ELABORA UN COMENTARIO CRÍTICO DO SEGUINTE TEXTO



        Premeditadamente ou non, o anglonorteamericano e o inglés son, en virtude
da súa mesma difusión planetaria, axentes de primeira orde na destrución da
diversidade lingüística natural. Acaso esta destrución sexa a máis irreparable das
catástrofes ecolóxicas que caracterizan á nosa época. De xeito máis sutil, a redución
do idioma inglés a un esperanto do comercio mundial, da tecnoloxía e do turismo,
ten efectos debilitadores sobre o inglés propiamente dito. Ou, para dicilo coa xerga
actual, a omnipresencia está xerando unha retroalimentación negativa. Insisto en
que é demasiado cedo para aventurar un xuízo sobre o equilibrio dialéctico, sobre a
porcentaxe relativa de perdas e ganancias que o inglés obtén a medida en que se
converta na lingua franca, na taquigrafía da Terra.

                                    After Babel, George Steiner. 1975

Mais conteúdo relacionado

Mais de Marlou

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaMarlou
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Marlou
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoMarlou
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Marlou
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEEMarlou
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)Marlou
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)Marlou
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleresMarlou
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Marlou
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
MilicianosMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroMarlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Marlou
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en GalizaMarlou
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártirMarlou
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_GalizaMarlou
 
Decembro
DecembroDecembro
DecembroMarlou
 

Mais de Marlou (20)

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre Xonxa
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
 

Comentario crítico

  • 1. Lingua e Literatura Galega 4ºeso COMENTARIO CRÍTICO 1. Finalidade No apartado do comentario crítico débense xulgar as afirmacións do texto e a visión do autor sobre o tema, confrontándoas cos propios coñecementos e opinións. Na exposición do comentario é especialmente importante o coidado da expresión e da organización das ideas (claridade, distribución de ideas en parágrafos...) 2. Proceso - Seleccionar os contidos principais do texto, especialmente aqueles que presenten unha maior carga polémica (no caso de que non aparezan xa seleccionados na propia formulación da pregunta: Comentar a seguinte afirmación/idea/fragmento...@) - Descifrar e valorar o punto de vista do autor e os mecanismos dos que se serve para a exposición das súas ideas: * Manifesta as súas opinións de maneira clara e directa ou a través de ironía, ambi- güidades, demagoxia, reiteracións, contradiccións... * Subxectividade ou obxectividade: baséase exclusivamente nas propias ideas ou presenta datos que testemuñen as súas afirmacións; é parcial ou imparcial; está ou non directa- mente involucrado no asunto do que fala... * É rigoroso no tratamento do tema ou incorre en falsidades, terxiversacións... * Tenta ou non convencer ao lector, presentando argumentos que o involucren afectiva- mente * Aborda o tema de maneira completa ou deixa aspectos esenciais sen desenvolver - Cotexar as ideas de autor coas propias, mediante un dobre proceso: a) Extensión: sen afastarse dos puntos tocados polo autor, presentar novas argumentacións que corroboren aquelas afirmacións do autor coas que se está de acordo b) Confrontación: rebater aquelas ideas ou argumentos cos que se estea descon-forme, expoñendo a propia visión razoadamente 3. Erros máis frecuentes - Limitarse a realizar unha paráfrase do texto - Tomar o texto como pretexto para argumentacións digresivas - Comentar aspectos non especificamente de contido - Disentir sistematicamente das ideas do autor - Ausencia de ideas propias
  • 2. Lingua e Literatura Galega 4ºeso ACTIVIDADE ELABORA UN COMENTARIO CRÍTICO DO SEGUINTE TEXTO Premeditadamente ou non, o anglonorteamericano e o inglés son, en virtude da súa mesma difusión planetaria, axentes de primeira orde na destrución da diversidade lingüística natural. Acaso esta destrución sexa a máis irreparable das catástrofes ecolóxicas que caracterizan á nosa época. De xeito máis sutil, a redución do idioma inglés a un esperanto do comercio mundial, da tecnoloxía e do turismo, ten efectos debilitadores sobre o inglés propiamente dito. Ou, para dicilo coa xerga actual, a omnipresencia está xerando unha retroalimentación negativa. Insisto en que é demasiado cedo para aventurar un xuízo sobre o equilibrio dialéctico, sobre a porcentaxe relativa de perdas e ganancias que o inglés obtén a medida en que se converta na lingua franca, na taquigrafía da Terra. After Babel, George Steiner. 1975