SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 15
Baixar para ler offline
TRABALLANDO XUNTAS para cambiar o mundo.
Para o ano que se achega presentámosvos 12 historias de loitas colectivas, 12
historias de transgresión e rebeldía, 12 historias diversas de mulleres que
TRABALLARON XUNTAS
coa esperanza de tomar alento
para ver o momento de nos libertar.*
Quixemos facer un calendario de mulleres que foron capaces de abrir camiños, de
rozar congostras para as que viñan detrás. Un calendario de
ferreiras dun mundo mellor,
En homenaxe, lembranza e recoñecemento a todas as mulleres que crearon redes
para traballar xuntas, que confiaron e souberon ver que unidas eramos invencibles,
este calendario porque cando
A nosa razón forte berra,
o triunfo chega en volcán.
*Ses. Tempestades de sal.
En xaneiro de 1918, ten lugar na Coruña unha grande
revolta social contra a suba dos prezos dos produtos
básicos cun protagonismo feminino case total. Poderíase
pensar que son accións espontáneas, mais o certo é que
centos e centos de mulleres nos peiraos, nas loxas do
centro, nos almacéns dos barrios etc., e case á mesma
hora, deciden asaltar celeiros, os comercios dos
acaparadores e repartir os alimentos que requisan. Estas
revoltas son un exemplo da capacidade de
autoorganización das mulleres, pois realizan reunións
coas autoridades, organízanse para vixiaren aos
almacéns e evitaren as exportacións, reparten os alimentos requisados, usan a forza
cando é imprescindíbel etc. No caso das mulleres obreiras, en asemblea, propoñen a
unión entre diferentes sindicatos usando mesmo citas de Marx.
Hai dous tipos de mulleres: deusas e porteiras
Picasso
.
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
En 1975, Unión Fenosa decidiu explotar un
xacemento de lignito no subsolo do val das
Encrobas (Concello de Cerceda) onde vivían
unhas 1.500 persoas. Para abaratar custos a
empresa optou pola extracción a ceo aberto, o
que supoñía desaloxar 400 familias coas súas
vivendas, leiras e modo de vida o que provoca
o rexeitamento de todo o pobo. O ditador
Franco, no último Consello de Ministros que
presidiu antes da súa morte, aprobou o expediente de expropiación forzosa. En febreiro
de 1977 prodúcese a maior revolta agraria das últimas décadas cando a poboación
correndo polo monte enfróntase ás forzas de seguridade con sachos e paus e ducias e
ducias de mulleres labregas zoupan con paraugas nos gardas civís.
Vas con mulleres? Non te esquezas do látego
Nietzsche
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28
Xosé Castro
O primeiro fito na consecución do 8 de
marzo atopámolo na I Conferencia
Internacional de Mulleres Socialistas,
celebrada en Stuttgart en 1907 coa
presenza de Clara Zetkin, Alexandra
Kollontai e Rosa Luxemburgo mais
haberá que esperar a 1910, na II
Conferencia, onde se decide crear o Día
Internacional da Muller Traballadora, un día loita a favor dos dereitos das mulleres. O
primeiro 8 de marzo europeo foi o de 1914, seguido unitariamente en varios países do
continente. Mais o 8 de marzo con máis transcendencia foi o de 1917, en San
Petersburgo, onde miles de mulleres saen á rúa pedindo pan e o regreso dos
combatentes. Esta manifestación é considerada por algunhas historiadoras como o
detonante da Revolución Rusa. Neste 2019, seguimos a loitar para construír unha
sociedade xusta, que garanta a igualdade de oportunidades e dereitos.
O forte da muller non é saber senón sentir. Saber as cousas é ter conceptos e
definicións, e isto é obra do home
Ortega y Gasset
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
O día 13 de abril de 1933 créase na Coruña
a Agrupación Republicana Feminina. Nace
para “Defender os dereitos femininos e
labourar pola consecución dos aínda non
recoñecidos” e terá como primeira
presidenta a Elvira Bao, á que sucederá
Amparo López Jean, a primeira muller que se
afilia ao Partido Galeguista na Coruña. O
papel realizado polas mulleres no
galeguismo histórico foi sempre pouco
recoñecido mais non foi menor. A sección
feminina das Irmandades da Fala contaba só na Coruña con 200 mulleres, a súa
Conselleira Primeira foi Micaela Chao Maciñeira, con Ermitas López Verdes, Elvira Bao,
María Miramontes. Estas son as mulleres que van traballar arreo na creación das
Escolas de Ensiño galego, as que participan ademais nos traballos do Conservatorio
Nazonal do Arte Gallego....
As mulleres nunca teñen nada que dicir pero dino encantadoramente
Óscar Wilde
.
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30
Das 57 persoas homenaxeadas desde 1963, no
Día das Letras Galegas, só 4 foron mulleres.
Comeza o recoñecemento, como non podía ser
doutro xeito, coa propia Rosalía de Castro, mais
habería que esperar 24 anos para que se recoñeza
outra muller, Francisca Herrera. 20 anos despois
María Mariño e no 2018 Mª Victoria Moreno... Non
existe nin sequera un mísero 10% de mulleres que
contribuísen de forma sobranceira á cultura galega
e en particular á lingua e á literatura deste pais? A
Real Academia Galega ten unha débeda coas
mulleres. Colectivos feministas, a plataforma de
crítica literaria A Sega... levan anos lembrándollo e
reivindicando que cómpre mudar a mirada. ELES
dirán se o queren facer ou non...
Aborrezo á muller sabia. Que non viva baixo o meu teito a que saiba máis ca min
Eurípides
.
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31
Luísa Villalta, poeta narradora, ensaísta...
O 8 de xuño de 1901 na Coruña, ás sete da mañá, casan, na igrexa
parroquial de San Xurxo, Marcela e Elisa e para facelo posible Elisa
tivo que adoptar unha identidade masculina. Marcela Gracia Ibeas
e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas que
constituíron o primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo
no Estado Español do que hai constancia, mais cando son
descubertas son excomungadas, perden o seu emprego e dítase
unha orde de busca e captura, mais logran fuxir, escapan a
Portugal e logo a América. A lembranza deste casamento debe
servir para amosar o noso compromiso de loitar por unha
sociedade libre e xusta na que ningunha persoa sexa excluída ou
discriminada pola súa sexualidade ou identidade de xénero e para
reivindicarmos a soberanía dos corpos e tamén unha sexualidade
libre, segura e gozosa.
A muller é un home incompleto
Aristóteles
.
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
As Mulleres Muro é a historia das mulleres que
no verán de 1936 fan do seu corpo un valo, un
parapeto, poñéndose diante do cárcere da
Coruña cada día e cada noite para impedir que
saian presos da cadea para ser “paseados”.
Despois do golpe de Estado de 1936, comezan os
viles asasinatos de mulleres e homes, sen xuízo,
moitos son encarcerados. Cóntase que ducias de
mulleres da cidade, vendo o que está a pasar
coas persoas presas e como todos os días
aparecen cadáveres no Campo da Rata ou nas estradas da contorna, colócanse diante
do cárcere, día e noite, para impedir sacar os presos; e que cando algunha delas era
arrastrada ou golpeada e xa non podía seguir alí, unha ducia viña ocupar o seu lugar.
Sempre crin que a bondade das mulleres é aínda máis efémera que a súa fermosura
Valle Inclán
.
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31
Peza escultórica de Pepe Galán
O 17 de agosto é o Día da Galiza Mártir. Lembramos nesta data
a historia das Marías de Santiago. Na década dos 30, Compostela
loitaba para deixar atrás o pasado eclesiástico e caciquil e o
galeguismo e republicanismo poñían os alicerces para un futuro
mellor para Galiza. Nesa Compostela vive a familia Fandiño Ricart,
formada por once irmáns, varios deles destacados anarquistas. E
nese ambiente edúcanse e medran as Marías, Maruxa e Coralia, aí
aprenden liberdade, dereitos e sindicalismo. Mais o golpe de
estado franquista acaba con todo iso. Un dos irmáns é asasinado
e outros serán encarcerados. E, as Marías son torturadas e, ao
igual que pasara con outras moitas mulleres represariadas e
humilladas, tolean, e na súa loucura recuperan a mocidade, as
cores alegres, o paseo, a risa nunha Compostela triste e gris.
Só infundíndolles temor pode manterse ás mulleres dentro dos límites da razón
Schopenhauer
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
As irmás Touza -Lola, Amparo e Julia- lideraron en Ribadavia
unha rede de solidariedade coas persoas que fuxían do nazismo
durante a 2ª Guerra Mundial (1/9/1939 ao 2/9/1945). Xunto con
outros veciños, taxistas, barqueiros, foron capaces de salvar vidas
humanas, principalmente de persoas xudías, arriscando as propias.
Foi unha historia moi descoñecida até o ano 1964, cando un xudeu
neoiorquino chamado Isaac Retzmann e un galego emigrado,
Amancio Vázquez, deron a coñecer a historia das irmás Touza e
saíu á luz da man do libreiro e intelectual Antón Patiño, xa que tanto
elas coma os seus compañeiros gardaron sempre silencio. No ano
2005, foron recoñecidas como xustas entre as nacións.
Non se pode fiar un segredo a unha muller que non sexa morta
Quevedo
.
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
O 12 de outubro de 1916, as labregas Francisca Carou,
Ramona Suárez, Generosa Vidal, Rosa Cadórniga e
Antonio Sobrado foron asasinadas por axentes da Garda
Civil na ponte de Cans (Nebra), logo dunha mobilización
contra o cobro de abusivos e inxustos impostos. O
movemento agrario galego tivo sempre moita forza e foi
capaz ao longo do s XX de levantar a miles de labregas
contra as inxustizas, xa fose en Nebra, en Sofán (1919) -
onde se levanta todo un pobo contra a xerarquía
eclesiástica e os caciques e onde a garda civil asasina a
catro mulleres-, ou en Sobredo (1922) -onde dous mil
labreg@s, convocadas a golpe de badaladas,
solidarizaríanse cun veciño que se nega a pagar os foros,
arengando en favor de “A terra para quen a traballa”.
Os fundamentos da casa son a muller e o boi: o boi para que are e a muller para que garde
Frei Luís de León
.
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
En novembro de 1910 fúndase El Progreso Femenino, Sociedad de
cargadoras y descargadoras de carbones, sales y minerales da
Coruña, continuadora de La Libertad en el Trabajo. Coma de
costume, as mulleres cobraban menos que os homes, e por iso
foron vistas por eles como unha ameaza. Lonxe de se renderen,
estas mulleres que carrexaban, cargaban e descargaban con paxes
e cestos polo porto coruñés, uníronse para formar esta sociedade
de resistencia coa que pretendían alcanzar, para elas tamén, logros
como as 8 horas “como para os homes”, que rematarán por apoiar
as súas demandas desde El Progreso Marítimo.
Debedes atrasar o máis que vos sexa posible o momento en que a vosa muller vos
pida un libro
Balzac
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30
En decembro de 1857, as cigarreiras coruñesas, obreiras
que cobraban por traballo feito, rebeláronse contra quen
supuña un risco para o seu xornal: as máquinas de picar
e liar o tabaco, que rematarían no mar da Palloza. A
intervención das forzas da orde e as detencións non
frearon as operarias que seguirían organizándose e
traballando en común durante decenios contra peches
patronais, por melloras salariais, por avances nos
dereitos... Como testemuña, o Centro Social das
chaconeiras en Fernández Latorre, aínda coñecido como
“a casa das cigarreiras”.
Unha muller amablemente estúpida é unha bendición do ceo
Voltaire
.
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
981 200 869
http://www.acalexandreboveda.gal/
Correo electrónico: acab@mundo-r.com
https://twitter.com/ACBoveda
https://www.facebook.com/agrupacion.cultural.alexandreboveda
Asociación socio-pedagóxica galega
981278259
http://www.as-pg.gal/
Correo electrónico: informacion@as-pg.com
https://twitter.com/asocpedagoxica
https://www.facebook.com/asociacion.galega
colabora:
*Fotografía de portada Arquivo Pacheco. Concello de Vigo

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAPROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAREME BUDIÑO
 
Lite posguerra
Lite posguerraLite posguerra
Lite posguerramelixanro
 
Presentación 8 De Marzo: Traballadoras
Presentación 8 De Marzo: TraballadorasPresentación 8 De Marzo: Traballadoras
Presentación 8 De Marzo: TraballadorasMaría Rei Vilas
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.PSM
 
Salvador garcia bodaño
Salvador garcia bodañoSalvador garcia bodaño
Salvador garcia bodañoAsnosasletras
 
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...Bibliotecadicoruna
 

Mais procurados (11)

PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAPROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Lite posguerra
Lite posguerraLite posguerra
Lite posguerra
 
Presentación 8 De Marzo: Traballadoras
Presentación 8 De Marzo: TraballadorasPresentación 8 De Marzo: Traballadoras
Presentación 8 De Marzo: Traballadoras
 
Areal nº 5
Areal nº 5Areal nº 5
Areal nº 5
 
Poesia social
Poesia socialPoesia social
Poesia social
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
Folleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdadeFolleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdade
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
 
Salvador garcia bodaño
Salvador garcia bodañoSalvador garcia bodaño
Salvador garcia bodaño
 
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
 

Semelhante a Calendario 2019 (AS-PG)

Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Mirando quen falta
Mirando quen faltaMirando quen falta
Mirando quen faltatowanda
 
Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1conchiciencias
 
Dia Da Muller
Dia Da MullerDia Da Muller
Dia Da MullerPaco
 
Texto presentación matriarcas
Texto presentación matriarcasTexto presentación matriarcas
Texto presentación matriarcasbiliomalveiras
 
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Marlou
 
Sobre castelao
Sobre castelaoSobre castelao
Sobre castelaotitoogando
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasFeminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasRemoeaLinguaLinguaGa
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoLOKIFUMI46
 

Semelhante a Calendario 2019 (AS-PG) (20)

Muller
MullerMuller
Muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Mirando quen falta
Mirando quen faltaMirando quen falta
Mirando quen falta
 
Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1
 
Dia Da Muller
Dia Da MullerDia Da Muller
Dia Da Muller
 
Texto presentación matriarcas
Texto presentación matriarcasTexto presentación matriarcas
Texto presentación matriarcas
 
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
 
Vidal bolaño
Vidal bolañoVidal bolaño
Vidal bolaño
 
Sobre castelao
Sobre castelaoSobre castelao
Sobre castelao
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasFeminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E Nacionalismo
 
Resumen
ResumenResumen
Resumen
 

Mais de Marlou

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaMarlou
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Marlou
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoMarlou
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Marlou
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEEMarlou
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)Marlou
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)Marlou
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleresMarlou
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
MilicianosMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroMarlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Marlou
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en GalizaMarlou
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártirMarlou
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_GalizaMarlou
 
Decembro
DecembroDecembro
DecembroMarlou
 
Novembro
NovembroNovembro
NovembroMarlou
 

Mais de Marlou (20)

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre Xonxa
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
 
Novembro
NovembroNovembro
Novembro
 

Último

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (7)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Calendario 2019 (AS-PG)

  • 1.
  • 2. TRABALLANDO XUNTAS para cambiar o mundo. Para o ano que se achega presentámosvos 12 historias de loitas colectivas, 12 historias de transgresión e rebeldía, 12 historias diversas de mulleres que TRABALLARON XUNTAS coa esperanza de tomar alento para ver o momento de nos libertar.* Quixemos facer un calendario de mulleres que foron capaces de abrir camiños, de rozar congostras para as que viñan detrás. Un calendario de ferreiras dun mundo mellor, En homenaxe, lembranza e recoñecemento a todas as mulleres que crearon redes para traballar xuntas, que confiaron e souberon ver que unidas eramos invencibles, este calendario porque cando A nosa razón forte berra, o triunfo chega en volcán. *Ses. Tempestades de sal.
  • 3. En xaneiro de 1918, ten lugar na Coruña unha grande revolta social contra a suba dos prezos dos produtos básicos cun protagonismo feminino case total. Poderíase pensar que son accións espontáneas, mais o certo é que centos e centos de mulleres nos peiraos, nas loxas do centro, nos almacéns dos barrios etc., e case á mesma hora, deciden asaltar celeiros, os comercios dos acaparadores e repartir os alimentos que requisan. Estas revoltas son un exemplo da capacidade de autoorganización das mulleres, pois realizan reunións coas autoridades, organízanse para vixiaren aos almacéns e evitaren as exportacións, reparten os alimentos requisados, usan a forza cando é imprescindíbel etc. No caso das mulleres obreiras, en asemblea, propoñen a unión entre diferentes sindicatos usando mesmo citas de Marx. Hai dous tipos de mulleres: deusas e porteiras Picasso . 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31
  • 4. En 1975, Unión Fenosa decidiu explotar un xacemento de lignito no subsolo do val das Encrobas (Concello de Cerceda) onde vivían unhas 1.500 persoas. Para abaratar custos a empresa optou pola extracción a ceo aberto, o que supoñía desaloxar 400 familias coas súas vivendas, leiras e modo de vida o que provoca o rexeitamento de todo o pobo. O ditador Franco, no último Consello de Ministros que presidiu antes da súa morte, aprobou o expediente de expropiación forzosa. En febreiro de 1977 prodúcese a maior revolta agraria das últimas décadas cando a poboación correndo polo monte enfróntase ás forzas de seguridade con sachos e paus e ducias e ducias de mulleres labregas zoupan con paraugas nos gardas civís. Vas con mulleres? Non te esquezas do látego Nietzsche 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 Xosé Castro
  • 5. O primeiro fito na consecución do 8 de marzo atopámolo na I Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, celebrada en Stuttgart en 1907 coa presenza de Clara Zetkin, Alexandra Kollontai e Rosa Luxemburgo mais haberá que esperar a 1910, na II Conferencia, onde se decide crear o Día Internacional da Muller Traballadora, un día loita a favor dos dereitos das mulleres. O primeiro 8 de marzo europeo foi o de 1914, seguido unitariamente en varios países do continente. Mais o 8 de marzo con máis transcendencia foi o de 1917, en San Petersburgo, onde miles de mulleres saen á rúa pedindo pan e o regreso dos combatentes. Esta manifestación é considerada por algunhas historiadoras como o detonante da Revolución Rusa. Neste 2019, seguimos a loitar para construír unha sociedade xusta, que garanta a igualdade de oportunidades e dereitos. O forte da muller non é saber senón sentir. Saber as cousas é ter conceptos e definicións, e isto é obra do home Ortega y Gasset 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31
  • 6. O día 13 de abril de 1933 créase na Coruña a Agrupación Republicana Feminina. Nace para “Defender os dereitos femininos e labourar pola consecución dos aínda non recoñecidos” e terá como primeira presidenta a Elvira Bao, á que sucederá Amparo López Jean, a primeira muller que se afilia ao Partido Galeguista na Coruña. O papel realizado polas mulleres no galeguismo histórico foi sempre pouco recoñecido mais non foi menor. A sección feminina das Irmandades da Fala contaba só na Coruña con 200 mulleres, a súa Conselleira Primeira foi Micaela Chao Maciñeira, con Ermitas López Verdes, Elvira Bao, María Miramontes. Estas son as mulleres que van traballar arreo na creación das Escolas de Ensiño galego, as que participan ademais nos traballos do Conservatorio Nazonal do Arte Gallego.... As mulleres nunca teñen nada que dicir pero dino encantadoramente Óscar Wilde . 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
  • 7. Das 57 persoas homenaxeadas desde 1963, no Día das Letras Galegas, só 4 foron mulleres. Comeza o recoñecemento, como non podía ser doutro xeito, coa propia Rosalía de Castro, mais habería que esperar 24 anos para que se recoñeza outra muller, Francisca Herrera. 20 anos despois María Mariño e no 2018 Mª Victoria Moreno... Non existe nin sequera un mísero 10% de mulleres que contribuísen de forma sobranceira á cultura galega e en particular á lingua e á literatura deste pais? A Real Academia Galega ten unha débeda coas mulleres. Colectivos feministas, a plataforma de crítica literaria A Sega... levan anos lembrándollo e reivindicando que cómpre mudar a mirada. ELES dirán se o queren facer ou non... Aborrezo á muller sabia. Que non viva baixo o meu teito a que saiba máis ca min Eurípides . 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Luísa Villalta, poeta narradora, ensaísta...
  • 8. O 8 de xuño de 1901 na Coruña, ás sete da mañá, casan, na igrexa parroquial de San Xurxo, Marcela e Elisa e para facelo posible Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina. Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas que constituíron o primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo no Estado Español do que hai constancia, mais cando son descubertas son excomungadas, perden o seu emprego e dítase unha orde de busca e captura, mais logran fuxir, escapan a Portugal e logo a América. A lembranza deste casamento debe servir para amosar o noso compromiso de loitar por unha sociedade libre e xusta na que ningunha persoa sexa excluída ou discriminada pola súa sexualidade ou identidade de xénero e para reivindicarmos a soberanía dos corpos e tamén unha sexualidade libre, segura e gozosa. A muller é un home incompleto Aristóteles . 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
  • 9. As Mulleres Muro é a historia das mulleres que no verán de 1936 fan do seu corpo un valo, un parapeto, poñéndose diante do cárcere da Coruña cada día e cada noite para impedir que saian presos da cadea para ser “paseados”. Despois do golpe de Estado de 1936, comezan os viles asasinatos de mulleres e homes, sen xuízo, moitos son encarcerados. Cóntase que ducias de mulleres da cidade, vendo o que está a pasar coas persoas presas e como todos os días aparecen cadáveres no Campo da Rata ou nas estradas da contorna, colócanse diante do cárcere, día e noite, para impedir sacar os presos; e que cando algunha delas era arrastrada ou golpeada e xa non podía seguir alí, unha ducia viña ocupar o seu lugar. Sempre crin que a bondade das mulleres é aínda máis efémera que a súa fermosura Valle Inclán . 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Peza escultórica de Pepe Galán
  • 10. O 17 de agosto é o Día da Galiza Mártir. Lembramos nesta data a historia das Marías de Santiago. Na década dos 30, Compostela loitaba para deixar atrás o pasado eclesiástico e caciquil e o galeguismo e republicanismo poñían os alicerces para un futuro mellor para Galiza. Nesa Compostela vive a familia Fandiño Ricart, formada por once irmáns, varios deles destacados anarquistas. E nese ambiente edúcanse e medran as Marías, Maruxa e Coralia, aí aprenden liberdade, dereitos e sindicalismo. Mais o golpe de estado franquista acaba con todo iso. Un dos irmáns é asasinado e outros serán encarcerados. E, as Marías son torturadas e, ao igual que pasara con outras moitas mulleres represariadas e humilladas, tolean, e na súa loucura recuperan a mocidade, as cores alegres, o paseo, a risa nunha Compostela triste e gris. Só infundíndolles temor pode manterse ás mulleres dentro dos límites da razón Schopenhauer 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31
  • 11. As irmás Touza -Lola, Amparo e Julia- lideraron en Ribadavia unha rede de solidariedade coas persoas que fuxían do nazismo durante a 2ª Guerra Mundial (1/9/1939 ao 2/9/1945). Xunto con outros veciños, taxistas, barqueiros, foron capaces de salvar vidas humanas, principalmente de persoas xudías, arriscando as propias. Foi unha historia moi descoñecida até o ano 1964, cando un xudeu neoiorquino chamado Isaac Retzmann e un galego emigrado, Amancio Vázquez, deron a coñecer a historia das irmás Touza e saíu á luz da man do libreiro e intelectual Antón Patiño, xa que tanto elas coma os seus compañeiros gardaron sempre silencio. No ano 2005, foron recoñecidas como xustas entre as nacións. Non se pode fiar un segredo a unha muller que non sexa morta Quevedo . 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
  • 12. O 12 de outubro de 1916, as labregas Francisca Carou, Ramona Suárez, Generosa Vidal, Rosa Cadórniga e Antonio Sobrado foron asasinadas por axentes da Garda Civil na ponte de Cans (Nebra), logo dunha mobilización contra o cobro de abusivos e inxustos impostos. O movemento agrario galego tivo sempre moita forza e foi capaz ao longo do s XX de levantar a miles de labregas contra as inxustizas, xa fose en Nebra, en Sofán (1919) - onde se levanta todo un pobo contra a xerarquía eclesiástica e os caciques e onde a garda civil asasina a catro mulleres-, ou en Sobredo (1922) -onde dous mil labreg@s, convocadas a golpe de badaladas, solidarizaríanse cun veciño que se nega a pagar os foros, arengando en favor de “A terra para quen a traballa”. Os fundamentos da casa son a muller e o boi: o boi para que are e a muller para que garde Frei Luís de León . 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31
  • 13. En novembro de 1910 fúndase El Progreso Femenino, Sociedad de cargadoras y descargadoras de carbones, sales y minerales da Coruña, continuadora de La Libertad en el Trabajo. Coma de costume, as mulleres cobraban menos que os homes, e por iso foron vistas por eles como unha ameaza. Lonxe de se renderen, estas mulleres que carrexaban, cargaban e descargaban con paxes e cestos polo porto coruñés, uníronse para formar esta sociedade de resistencia coa que pretendían alcanzar, para elas tamén, logros como as 8 horas “como para os homes”, que rematarán por apoiar as súas demandas desde El Progreso Marítimo. Debedes atrasar o máis que vos sexa posible o momento en que a vosa muller vos pida un libro Balzac 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
  • 14. En decembro de 1857, as cigarreiras coruñesas, obreiras que cobraban por traballo feito, rebeláronse contra quen supuña un risco para o seu xornal: as máquinas de picar e liar o tabaco, que rematarían no mar da Palloza. A intervención das forzas da orde e as detencións non frearon as operarias que seguirían organizándose e traballando en común durante decenios contra peches patronais, por melloras salariais, por avances nos dereitos... Como testemuña, o Centro Social das chaconeiras en Fernández Latorre, aínda coñecido como “a casa das cigarreiras”. Unha muller amablemente estúpida é unha bendición do ceo Voltaire . 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31
  • 15. Agrupación Cultural Alexandre Bóveda 981 200 869 http://www.acalexandreboveda.gal/ Correo electrónico: acab@mundo-r.com https://twitter.com/ACBoveda https://www.facebook.com/agrupacion.cultural.alexandreboveda Asociación socio-pedagóxica galega 981278259 http://www.as-pg.gal/ Correo electrónico: informacion@as-pg.com https://twitter.com/asocpedagoxica https://www.facebook.com/asociacion.galega colabora: *Fotografía de portada Arquivo Pacheco. Concello de Vigo