SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 4
A LITERATURA DOS SÉCULOS
ESCUROS E DA ILUSTRACIÓN
1. A literatura oral e popular
Durante os séculos XV, XVI, XVII e XVIII a literatura galega que houbo
foi case exclusivamente de carácter oral, popular e anónima. Ao se conservar
unicamente a través da memoria colectiva, a maior parte dela acabou
por desaparecer, vítima do esquecemento. Unha pequena porción foi
recompilada e salvada por ilustrados como o Padre Sarmiento ou o Padre
Sobreira e, xa no século XIX, por eruditos como Pérez Ballesteros, Manuel
Murguía, Marcial Valladares ou Xoán Antonio Saco Arce.
A literatura oral popular foi pouco apreciada. Encerra, porén, valores
moi importantes:
a) É un tesouro estético e estilístico. Existen versos populares que acadan
unha enorme calidade literaria. Ao ter como único soporte a memoria,
require unha ampla aceptación da comunidade. Isto propicia
unha selección de xeito que perduran, xeralmente, as obras de maior
mérito. O repertorio de delicadas metáforas eróticas, a ironía e o fino
humorismo (retranca) son destacados valores estéticos seus.
b) É un documento sociohistórico sobre unha forma de vida e unha
cosmovisión que permaneceron durante séculos. Atopamos a vida
retratada desde a mentalidade do pobo fronte ao discurso elaborado
polas clases dominantes na literatura culta, escrita nunha lingua que
non é a do país.
c) Constitúe un documento lingüístico importantísimo, xa que recolle
a lingua viva do pobo. Destaca o repertorio léxico, tanto o vocabulario
como a fraseoloxía.
d) Encerra a sabedoría popular dunha sociedade que construíu unha
cultura e un modo de vida propios. Atopamos un repertorio de estratexias
pedagóxicas entre as que se pode destacar a función didáctica
de trabalinguas, adiviñas, contos e refráns
e) A autoría feminina de boa parte das composicións converte a literatura
popular nun exemplo de construción dun discurso propio,
que na literatura escrita non se produciu. Son habituais as cantigas
onde as mulleres se autoafirman como colectivo polas súas calidades
morais e físicas, polas súas virtudes como artistas etc. Vallan como
exemplo estes versos: “A muller galega é moi traballadora. / Traballa
na casa e traballa fóra”.
2. As manifestacións literarias
cultas nos Séculos Escuros
2.1. Poesía
1) O Cantar do Mariscal e o Romance do Mariscal, coñecidos co nome
conxunto de Pranto da Frouseira, son dous poemas anónimos de finais
do século XV. A fortaleza así chamada, aquí personificada, maldí a traizón
ao Mariscal Pardo de Cela por parte dalgúns dos seus servidores e
chora o seu posterior axustizamento na praza de Mondoñedo.
2) Varios sonetos de corte renacentista e barroco:
n O “Soneto de Monterrei”, de autor descoñecido e datábel arredor
do 1530. Aborda o motivo das “parcas”, seres mitolóxicos encargados
de tecer os fíos da vida e a morte.
n O soneto escrito en 1578 pola primeira muller galega escritora coñecida,
a Condesa de Altamira, Isabel de Castro e Andrade (Pontedeume,
ca. 1527-1582), en honra do escritor Alonso de Ercilla,
con motivo da publicación da segunda parte da súa obra La Araucana.
Algúns investigadores consideran, porén, que é portugués, e
non galego, o idioma deste soneto.
n Dous sonetos escritos con motivo da morte en 1612 da raíña Margarita
de Austria: o chamado “Soneto con falda”, de Xoán Gómez
Tonel, e o pranto “Respice finem”, de Pedro Vázquez de Neira.
3) Poesías de circunstancias, como as “Coplas no saqueo de Cangas polos
turcos”, en que se describen con vivo trazo a angustia e o pánico
dos habitantes desa vila mariñeira do Morrazo cando foi atacada, o 9
de Nadal de 1617, por unha escuadra berberisca, que causou moita
destrución e morte. A versión que hoxe coñecemos é considerada por
algúns investigadores unha falsificación e por outros unha versión
ampliada dun orixinal perdido. Foi presuntamente transcrita no século
XVIII, con retoques e engadidos, por un frade de Celanova. Publicouna
por vez primeira Murguía en 1881.
4) As seis “Décimas ao Apóstolo Santiago”, escritas en 1617 polo crego
santiagués Martín Torrado de Figueira, para criticar con humor o
intento de nomear a Teresa de Ávila co-patroa de España, ao mesmo
nivel que o Apóstolo.
5) As denominadas “Composicións das Festas Minervais”. Trátase de 9
romances duns 80 versos cada un, de estilo barroco e idéntico tema
(loa da figura do arcebispo Alonso III de Fonseca, 1474-1534), presentados
ao concurso universitario das Festas Minervais da Universidade
compostelá en 1697 e recollidos nun libro xunto con outras
composicións en latín e español.
6) Os “vilancicos” cultos de Nadal, compostos e interpretados por músicos
de capela tanto en Galiza (Mondoñedo, Tui...) como en boa
parte da Península Ibérica (Coímbra, Toledo, Valladolid, Zaragoza,
Lisboa...). Escritos nunha mestura de galego e castelán ou de galego
e portugués, segundo os casos, presentan unha galeguización da
escena do Nadal, baseándose en certos paralelismos léxicos máis ou
menos “forzados” (galego/galileo, Ourense/Oriente...) e identificando
a pobreza en que naceu Xesús coa pobreza en que vivían os labregos
galegos
2.2. Teatro
Consérvase na Biblioteca Nacional de Madrid o manuscrito dunha breve
peza teatral, de 433 versos repartidos en nove escenas, coñecida habitualmente
como Entremés famoso sobre a pesca no río Miño ou Contenda
dos labradores de Caldelas. O seu autor foi Gabriel Feixó de Araúxo,
probabelmente ourensán. Este texto, datado en 1671, foi dado a coñecer
por primeira vez en 1953 polo estudioso Fermín Bouza Brei. A obra
aborda os conflitos entre pescadores galegos e portugueses no río Miño,
concluíndo coa súa reconciliación.
Prosa
De comezos do século XVI é a Relazón da carta xecutoria e copias de os
q u e v e n d e r o n a Fr o u s e y r a ... na que se narra a traizón e morte do mariscal
Pardo de Cela por orde dos Reis Católicos en 1483, facendo relación do
nome e procedencia dos vinte e dous traidores.
Consérvanse tamén algunhas cartas en galego de ou para o conde de Gondomar,
Diego Sarmiento de Acuña, que foi embaixador de Filipe III en Inglaterra.
Nunha desas cartas, datada en Baiona en abril de 1605, apréciase
ademais a estima en que o conde tiña o seu idioma, pois o seu comunicante
declara escribir “en esta lingoaje pois é de vm. tan estimada”.
3. A literatura ilustrada e
pre-renacentista
3.1. Os ilustrados, literatos en galego
Os ilustrados galegos redactaron a maior parte das súas cartas, ensaios, informes
etc. en español. Non obstante, lanzáronse nalgúns casos ao cultivo lírico
do noso idioma, abrindo o camiño que conduciría ao Rexurdimento.
A principal obra literaria culta en galego da Ilustración é o C o l o q u i o d e 2 4
gallegos rústicos, escrito polo Padre Martiño Sarmiento en 1746. Trátase
dun conxunto de 1.201 coplas ao estilo popular, de versos hexasílabos
ensartados en cuartetas, con rima asonante nos pares. Sarmiento non compuxo
esta obra, que ficou incompleta, en realidade, por un afán estritamente
literario, senón por recompilar de xeito máis ameno e creativo voces do
galego que escoitou, leu e anotou durante a súa viaxe a Galiza en 1745.
Hai que salientar, no conxunto da literatura ilustrada, os vinte e catro poemas
en galego coñecidos do “cura de Fruíme”, Diego Antonio Cernadas e Castro
(1702-1777). Expresa neles unha constante loanza de Galiza e da aldea,
combatendo a mala imaxe e os insultos de que era obxecto a nosa terra.
Polo que ten de precursora, cabe citar tamén a Francisca de Isla e Losada
(1734-1808), autora, cando menos, dun romance en galego escrito
en 1775 e dedicado a Diego Antonio Cernadas. Esta escritora –como fixo
máis tarde Rosalía de Castro– ordenou infelizmente queimar case toda a
súa obra pouco antes de morrer.
Outros autores que empregaron o galego nalgunha composición foron
Xosé Cornide Saavedra, Xosé Noguerol Camba, e os irmáns Plácido
e Anselmo Feixóo Montenegro.
Tamén se conserva un texto teatral do s. XVIII, anónimo, intitulado Entremés
do portugués, descuberto e publicado en 1985. Esta peza cómica,
reacciona contra a visión deformada e negativa que existía dos galegos
nesa época, afirmando a súa superior intelixencia a respecto de españois,
franceses e portugueses.
3.2. A literatura política antifrancesa e
antiabsolutista
No período 1808-1836, a guerra contra o invasor francés e a posterior
loita entre absolutistas e liberais vai producir un uso escrito do galego
que pon fin, aínda que precariamente, aos chamados Séculos Escuros.
Redáctanse na nosa lingua pretendendo imitar con fidelidade a fala popular.
Nalgúns textos está testemuñada a diglosia social xa que, a carón do
galego dos personaxes populares, aparece o castelán falado por cregos,
avogados e persoas de alto rango.
Este cultivo ten un marcado carácter utilitario: trátase de comentarios
sobre a actualidade política, chamamentos á guerra contra o invasor francés,
denuncias contra a Inquisición etc. De entre eles podemos sinalar:
1) Proezas de Galiza (1810) do coruñés Xosé Fernández Neira (1790-?).
Este oficial da Xunta Suprema do Reino de Galiza escribiu un relato
novelado das súas aventuras como soldado na guerra contra as tropas
napoleónicas. Empregou como técnica o diálogo entre dous personaxes,
Mingos e Chinto, que se contan un ao outro as súas respectivas
peripecias bélicas e describen os atropelos cometidos polos invasores.
2) U n l a b r a d o r q u e f o i s a r x e nt o a o s s o l d a d o s d o n o v o a l i st a m e n t o
(1808), texto anónimo posto en boca dun labrego que fai un chamamento
aos novos soldados para que combatan con ardor os invasores
franceses en nome da Relixión, da Patria e do Rei.
3)Os rogos de un gallego (1813). Trátase dun longo poema escrito por
un crego liberal, Manuel Pardo de Andrade (Oleiros, 1762-París,
1832). Foi editado na Coruña como texto anónimo. Os rogos son
unha durísima denuncia literaria contra a Inquisición.
4) Varios diálogos e faladoiros, escritos doutrinais en forma de diálogo,
case sempre anónimos. Estes textos reproducían presuntas conversas
sobre a actualidade entre personaxes de orixe labrega. Escritos
con fins proselitistas, case sempre a favor do bando liberal, teñen un
carácter máis xornalístico ou propagandístico ca literario. Os máis
importantes son:
n A “Tertulia en la Quintana”, de 1820, atribuída ao crego Manuel
Acuña Malvar. Comenta un conflito entre autoridades civís e relixiosas
pola procesión do Corpus.
n Os “Diálogos en la Alameda de Santiago”, texto datado en setembro
de 1836, que se ocupa das relacións Igrexa/Estado.
n A “Tertulia de Picaños”, de 1836. Cinco interlocutores denuncian
a corrupción dos empregados públicos e combaten as pretensións
coruñesas de arrebatarlle a capitalidade e a Universidade a Santiago
de Compostela.

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Pre rexurdimento
Pre rexurdimentoPre rexurdimento
Pre rexurdimentoagarridog
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Marlou
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoxenevra
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Marlou
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuezxanela
 
Lingua galega s.xvi ó xix (esquemas)
Lingua galega   s.xvi  ó  xix (esquemas)Lingua galega   s.xvi  ó  xix (esquemas)
Lingua galega s.xvi ó xix (esquemas)mati2011
 
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)Ana Moreda
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
vangardas_xeral
vangardas_xeralvangardas_xeral
vangardas_xeralxenevra
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangardaxenevra
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXrcms9
 
Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Amparo Cereixo
 
DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍAFiz
 

Mais procurados (20)

Tema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º esoTema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º eso
 
Pre rexurdimento
Pre rexurdimentoPre rexurdimento
Pre rexurdimento
 
Literatura Seculos Escuros
Literatura Seculos EscurosLiteratura Seculos Escuros
Literatura Seculos Escuros
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuez
 
Lingua galega s.xvi ó xix (esquemas)
Lingua galega   s.xvi  ó  xix (esquemas)Lingua galega   s.xvi  ó  xix (esquemas)
Lingua galega s.xvi ó xix (esquemas)
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
 
O manifesto "Máis Alá"
O manifesto  "Máis Alá"O manifesto  "Máis Alá"
O manifesto "Máis Alá"
 
Muller Na Lite2
Muller Na Lite2Muller Na Lite2
Muller Na Lite2
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
vangardas_xeral
vangardas_xeralvangardas_xeral
vangardas_xeral
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976
 
DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍA
 

Destaque

Nmdl final
Nmdl finalNmdl final
Nmdl finalmya hall
 
Cây và cây nhị phân
Cây và cây nhị phân Cây và cây nhị phân
Cây và cây nhị phân kikihoho
 
Cây nhị phân tìm kiếm
Cây nhị phân tìm kiếmCây nhị phân tìm kiếm
Cây nhị phân tìm kiếmkikihoho
 
chuong 1. co so logic
chuong 1. co so logicchuong 1. co so logic
chuong 1. co so logickikihoho
 
CTDL&GT_01
CTDL&GT_01CTDL&GT_01
CTDL&GT_01kikihoho
 
Tom tat bai giang ly thuyet do thi - nguyen ngoc trung
Tom tat bai giang   ly thuyet do thi - nguyen ngoc trungTom tat bai giang   ly thuyet do thi - nguyen ngoc trung
Tom tat bai giang ly thuyet do thi - nguyen ngoc trungkikihoho
 
14 đề thi thực hành
14 đề thi thực hành 14 đề thi thực hành
14 đề thi thực hành kikihoho
 
Séculos escuros
Séculos escurosSéculos escuros
Séculos escurosxenevra
 
REPASO VERBOS 1º BACH.
REPASO VERBOS 1º BACH.REPASO VERBOS 1º BACH.
REPASO VERBOS 1º BACH.luciaenxebre
 

Destaque (13)

Pessoa
PessoaPessoa
Pessoa
 
neiu_magazine_final
neiu_magazine_finalneiu_magazine_final
neiu_magazine_final
 
Marketing...yuri
Marketing...yuriMarketing...yuri
Marketing...yuri
 
Nmdl final
Nmdl finalNmdl final
Nmdl final
 
Cây và cây nhị phân
Cây và cây nhị phân Cây và cây nhị phân
Cây và cây nhị phân
 
Cây nhị phân tìm kiếm
Cây nhị phân tìm kiếmCây nhị phân tìm kiếm
Cây nhị phân tìm kiếm
 
chuong 1. co so logic
chuong 1. co so logicchuong 1. co so logic
chuong 1. co so logic
 
CTDL&GT_01
CTDL&GT_01CTDL&GT_01
CTDL&GT_01
 
Tom tat bai giang ly thuyet do thi - nguyen ngoc trung
Tom tat bai giang   ly thuyet do thi - nguyen ngoc trungTom tat bai giang   ly thuyet do thi - nguyen ngoc trung
Tom tat bai giang ly thuyet do thi - nguyen ngoc trung
 
NEWSLETTER 2008-2009
NEWSLETTER 2008-2009NEWSLETTER 2008-2009
NEWSLETTER 2008-2009
 
14 đề thi thực hành
14 đề thi thực hành 14 đề thi thực hành
14 đề thi thực hành
 
Séculos escuros
Séculos escurosSéculos escuros
Séculos escuros
 
REPASO VERBOS 1º BACH.
REPASO VERBOS 1º BACH.REPASO VERBOS 1º BACH.
REPASO VERBOS 1º BACH.
 

Semelhante a Séculos escuros e ilustración

Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02anagagon
 
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02anagagon
 
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)Beatriz GM
 
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacOs séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacAlbaBenRivas_1BAC-A
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
Literatura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaLiteratura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaSusana Ferreiro
 
A lit. galega no s.xix (para 2º)
A lit. galega no s.xix (para 2º)A lit. galega no s.xix (para 2º)
A lit. galega no s.xix (para 2º)bibliobaralla
 
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroLoli Cid Cid
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustraciónnoagaliza
 
A poesia das irmandades da fala. caracteristicas autores e obras
A poesia das irmandades da fala. caracteristicas autores e obrasA poesia das irmandades da fala. caracteristicas autores e obras
A poesia das irmandades da fala. caracteristicas autores e obrasVíctor Agrasar Salegui
 
Da terra asoballada
Da terra asoballadaDa terra asoballada
Da terra asoballadaPaulaBayn
 
Da terra asoballada
Da terra asoballadaDa terra asoballada
Da terra asoballadaPaulaBayn
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosmarloga
 
Séculos escuros
Séculos escurosSéculos escuros
Séculos escurosMarlou
 

Semelhante a Séculos escuros e ilustración (20)

Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
 
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
Aliteraturagaleganossseeanabeln 100309071039-phpapp02
 
Séculos Oscuros
Séculos OscurosSéculos Oscuros
Séculos Oscuros
 
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)
 
Otero pedrayo
Otero pedrayoOtero pedrayo
Otero pedrayo
 
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacOs séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Literatura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaLiteratura galego portuguesa
Literatura galego portuguesa
 
A lit. galega no s.xix (para 2º)
A lit. galega no s.xix (para 2º)A lit. galega no s.xix (para 2º)
A lit. galega no s.xix (para 2º)
 
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustración
 
Séculos Escuros
Séculos EscurosSéculos Escuros
Séculos Escuros
 
A poesia das irmandades da fala. caracteristicas autores e obras
A poesia das irmandades da fala. caracteristicas autores e obrasA poesia das irmandades da fala. caracteristicas autores e obras
A poesia das irmandades da fala. caracteristicas autores e obras
 
ÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro CunqueiroÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro Cunqueiro
 
O prerrexurdimento
O prerrexurdimentoO prerrexurdimento
O prerrexurdimento
 
Da terra asoballada
Da terra asoballadaDa terra asoballada
Da terra asoballada
 
Da terra asoballada
Da terra asoballadaDa terra asoballada
Da terra asoballada
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
 
Séculos escuros
Séculos escurosSéculos escuros
Séculos escuros
 
Poesía das Irmandades
Poesía das IrmandadesPoesía das Irmandades
Poesía das Irmandades
 

Último

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 

Séculos escuros e ilustración

  • 1. A LITERATURA DOS SÉCULOS ESCUROS E DA ILUSTRACIÓN 1. A literatura oral e popular Durante os séculos XV, XVI, XVII e XVIII a literatura galega que houbo foi case exclusivamente de carácter oral, popular e anónima. Ao se conservar unicamente a través da memoria colectiva, a maior parte dela acabou por desaparecer, vítima do esquecemento. Unha pequena porción foi recompilada e salvada por ilustrados como o Padre Sarmiento ou o Padre Sobreira e, xa no século XIX, por eruditos como Pérez Ballesteros, Manuel Murguía, Marcial Valladares ou Xoán Antonio Saco Arce. A literatura oral popular foi pouco apreciada. Encerra, porén, valores moi importantes: a) É un tesouro estético e estilístico. Existen versos populares que acadan unha enorme calidade literaria. Ao ter como único soporte a memoria, require unha ampla aceptación da comunidade. Isto propicia unha selección de xeito que perduran, xeralmente, as obras de maior mérito. O repertorio de delicadas metáforas eróticas, a ironía e o fino humorismo (retranca) son destacados valores estéticos seus. b) É un documento sociohistórico sobre unha forma de vida e unha cosmovisión que permaneceron durante séculos. Atopamos a vida retratada desde a mentalidade do pobo fronte ao discurso elaborado polas clases dominantes na literatura culta, escrita nunha lingua que non é a do país. c) Constitúe un documento lingüístico importantísimo, xa que recolle a lingua viva do pobo. Destaca o repertorio léxico, tanto o vocabulario como a fraseoloxía. d) Encerra a sabedoría popular dunha sociedade que construíu unha cultura e un modo de vida propios. Atopamos un repertorio de estratexias pedagóxicas entre as que se pode destacar a función didáctica de trabalinguas, adiviñas, contos e refráns e) A autoría feminina de boa parte das composicións converte a literatura popular nun exemplo de construción dun discurso propio, que na literatura escrita non se produciu. Son habituais as cantigas onde as mulleres se autoafirman como colectivo polas súas calidades morais e físicas, polas súas virtudes como artistas etc. Vallan como exemplo estes versos: “A muller galega é moi traballadora. / Traballa na casa e traballa fóra”. 2. As manifestacións literarias cultas nos Séculos Escuros 2.1. Poesía 1) O Cantar do Mariscal e o Romance do Mariscal, coñecidos co nome conxunto de Pranto da Frouseira, son dous poemas anónimos de finais do século XV. A fortaleza así chamada, aquí personificada, maldí a traizón ao Mariscal Pardo de Cela por parte dalgúns dos seus servidores e chora o seu posterior axustizamento na praza de Mondoñedo.
  • 2. 2) Varios sonetos de corte renacentista e barroco: n O “Soneto de Monterrei”, de autor descoñecido e datábel arredor do 1530. Aborda o motivo das “parcas”, seres mitolóxicos encargados de tecer os fíos da vida e a morte. n O soneto escrito en 1578 pola primeira muller galega escritora coñecida, a Condesa de Altamira, Isabel de Castro e Andrade (Pontedeume, ca. 1527-1582), en honra do escritor Alonso de Ercilla, con motivo da publicación da segunda parte da súa obra La Araucana. Algúns investigadores consideran, porén, que é portugués, e non galego, o idioma deste soneto. n Dous sonetos escritos con motivo da morte en 1612 da raíña Margarita de Austria: o chamado “Soneto con falda”, de Xoán Gómez Tonel, e o pranto “Respice finem”, de Pedro Vázquez de Neira. 3) Poesías de circunstancias, como as “Coplas no saqueo de Cangas polos turcos”, en que se describen con vivo trazo a angustia e o pánico dos habitantes desa vila mariñeira do Morrazo cando foi atacada, o 9 de Nadal de 1617, por unha escuadra berberisca, que causou moita destrución e morte. A versión que hoxe coñecemos é considerada por algúns investigadores unha falsificación e por outros unha versión ampliada dun orixinal perdido. Foi presuntamente transcrita no século XVIII, con retoques e engadidos, por un frade de Celanova. Publicouna por vez primeira Murguía en 1881. 4) As seis “Décimas ao Apóstolo Santiago”, escritas en 1617 polo crego santiagués Martín Torrado de Figueira, para criticar con humor o intento de nomear a Teresa de Ávila co-patroa de España, ao mesmo nivel que o Apóstolo. 5) As denominadas “Composicións das Festas Minervais”. Trátase de 9 romances duns 80 versos cada un, de estilo barroco e idéntico tema (loa da figura do arcebispo Alonso III de Fonseca, 1474-1534), presentados ao concurso universitario das Festas Minervais da Universidade compostelá en 1697 e recollidos nun libro xunto con outras composicións en latín e español. 6) Os “vilancicos” cultos de Nadal, compostos e interpretados por músicos de capela tanto en Galiza (Mondoñedo, Tui...) como en boa parte da Península Ibérica (Coímbra, Toledo, Valladolid, Zaragoza, Lisboa...). Escritos nunha mestura de galego e castelán ou de galego e portugués, segundo os casos, presentan unha galeguización da escena do Nadal, baseándose en certos paralelismos léxicos máis ou menos “forzados” (galego/galileo, Ourense/Oriente...) e identificando a pobreza en que naceu Xesús coa pobreza en que vivían os labregos galegos 2.2. Teatro Consérvase na Biblioteca Nacional de Madrid o manuscrito dunha breve peza teatral, de 433 versos repartidos en nove escenas, coñecida habitualmente como Entremés famoso sobre a pesca no río Miño ou Contenda dos labradores de Caldelas. O seu autor foi Gabriel Feixó de Araúxo, probabelmente ourensán. Este texto, datado en 1671, foi dado a coñecer
  • 3. por primeira vez en 1953 polo estudioso Fermín Bouza Brei. A obra aborda os conflitos entre pescadores galegos e portugueses no río Miño, concluíndo coa súa reconciliación. Prosa De comezos do século XVI é a Relazón da carta xecutoria e copias de os q u e v e n d e r o n a Fr o u s e y r a ... na que se narra a traizón e morte do mariscal Pardo de Cela por orde dos Reis Católicos en 1483, facendo relación do nome e procedencia dos vinte e dous traidores. Consérvanse tamén algunhas cartas en galego de ou para o conde de Gondomar, Diego Sarmiento de Acuña, que foi embaixador de Filipe III en Inglaterra. Nunha desas cartas, datada en Baiona en abril de 1605, apréciase ademais a estima en que o conde tiña o seu idioma, pois o seu comunicante declara escribir “en esta lingoaje pois é de vm. tan estimada”. 3. A literatura ilustrada e pre-renacentista 3.1. Os ilustrados, literatos en galego Os ilustrados galegos redactaron a maior parte das súas cartas, ensaios, informes etc. en español. Non obstante, lanzáronse nalgúns casos ao cultivo lírico do noso idioma, abrindo o camiño que conduciría ao Rexurdimento. A principal obra literaria culta en galego da Ilustración é o C o l o q u i o d e 2 4 gallegos rústicos, escrito polo Padre Martiño Sarmiento en 1746. Trátase dun conxunto de 1.201 coplas ao estilo popular, de versos hexasílabos ensartados en cuartetas, con rima asonante nos pares. Sarmiento non compuxo esta obra, que ficou incompleta, en realidade, por un afán estritamente literario, senón por recompilar de xeito máis ameno e creativo voces do galego que escoitou, leu e anotou durante a súa viaxe a Galiza en 1745. Hai que salientar, no conxunto da literatura ilustrada, os vinte e catro poemas en galego coñecidos do “cura de Fruíme”, Diego Antonio Cernadas e Castro (1702-1777). Expresa neles unha constante loanza de Galiza e da aldea, combatendo a mala imaxe e os insultos de que era obxecto a nosa terra. Polo que ten de precursora, cabe citar tamén a Francisca de Isla e Losada (1734-1808), autora, cando menos, dun romance en galego escrito en 1775 e dedicado a Diego Antonio Cernadas. Esta escritora –como fixo máis tarde Rosalía de Castro– ordenou infelizmente queimar case toda a súa obra pouco antes de morrer. Outros autores que empregaron o galego nalgunha composición foron Xosé Cornide Saavedra, Xosé Noguerol Camba, e os irmáns Plácido e Anselmo Feixóo Montenegro. Tamén se conserva un texto teatral do s. XVIII, anónimo, intitulado Entremés do portugués, descuberto e publicado en 1985. Esta peza cómica, reacciona contra a visión deformada e negativa que existía dos galegos nesa época, afirmando a súa superior intelixencia a respecto de españois, franceses e portugueses. 3.2. A literatura política antifrancesa e antiabsolutista No período 1808-1836, a guerra contra o invasor francés e a posterior loita entre absolutistas e liberais vai producir un uso escrito do galego
  • 4. que pon fin, aínda que precariamente, aos chamados Séculos Escuros. Redáctanse na nosa lingua pretendendo imitar con fidelidade a fala popular. Nalgúns textos está testemuñada a diglosia social xa que, a carón do galego dos personaxes populares, aparece o castelán falado por cregos, avogados e persoas de alto rango. Este cultivo ten un marcado carácter utilitario: trátase de comentarios sobre a actualidade política, chamamentos á guerra contra o invasor francés, denuncias contra a Inquisición etc. De entre eles podemos sinalar: 1) Proezas de Galiza (1810) do coruñés Xosé Fernández Neira (1790-?). Este oficial da Xunta Suprema do Reino de Galiza escribiu un relato novelado das súas aventuras como soldado na guerra contra as tropas napoleónicas. Empregou como técnica o diálogo entre dous personaxes, Mingos e Chinto, que se contan un ao outro as súas respectivas peripecias bélicas e describen os atropelos cometidos polos invasores. 2) U n l a b r a d o r q u e f o i s a r x e nt o a o s s o l d a d o s d o n o v o a l i st a m e n t o (1808), texto anónimo posto en boca dun labrego que fai un chamamento aos novos soldados para que combatan con ardor os invasores franceses en nome da Relixión, da Patria e do Rei. 3)Os rogos de un gallego (1813). Trátase dun longo poema escrito por un crego liberal, Manuel Pardo de Andrade (Oleiros, 1762-París, 1832). Foi editado na Coruña como texto anónimo. Os rogos son unha durísima denuncia literaria contra a Inquisición. 4) Varios diálogos e faladoiros, escritos doutrinais en forma de diálogo, case sempre anónimos. Estes textos reproducían presuntas conversas sobre a actualidade entre personaxes de orixe labrega. Escritos con fins proselitistas, case sempre a favor do bando liberal, teñen un carácter máis xornalístico ou propagandístico ca literario. Os máis importantes son: n A “Tertulia en la Quintana”, de 1820, atribuída ao crego Manuel Acuña Malvar. Comenta un conflito entre autoridades civís e relixiosas pola procesión do Corpus. n Os “Diálogos en la Alameda de Santiago”, texto datado en setembro de 1836, que se ocupa das relacións Igrexa/Estado. n A “Tertulia de Picaños”, de 1836. Cinco interlocutores denuncian a corrupción dos empregados públicos e combaten as pretensións coruñesas de arrebatarlle a capitalidade e a Universidade a Santiago de Compostela.