SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 1
Baixar para ler offline
Recensión literaria do libro Mecanoscrito da segunda orixe:
Mecanoscrito da segunda orixe é unha novela de ciencia ficción escrita por Manuel de
Pedrolo e publicada por primeira vez en 1974. Orixinalmente está escrita en catalán e leva o nome
de Mecanoscrit del segon origen. Divídese en 5 cadernos nos que se relatan a vida de Alba e Dídac
despois da catástrofe. Foi levada á televisión no ano 1985. Ademais, tamén fíxose unha película
chamada Segundo Origen, no ano 2015.
Manuel de Pedrolo foi un escrito español nado o 1 de abril de 1918 e morto o 25 de xuño
de 1990. Todas as súas obras están en catalán e abarcou os tres xéneros principais: narrativa,
poesía e teatro. Durante a súa vida recibiu moitos premios pero o máis coñecido é o Premio de
Honor das letras catalás. Algunhas das súas obras máis importantes son Mecanoscrito da segunda
orixe, Xogo sucio, Sangue a baixo prezo, A resposta, etc.
Esta novela conta a historia de dous mozos, Alba e Dídac, de 14 e 9 anos respectivamente.
A historia comeza nun pobo chamado Benaura, situado en Barcelona, no que de súpeto, aparecen
unhas naves extraterrestres e matan toda vida humana da Terra cun arma baseada en ondas. Por
sorte, a xente que estaba na auga non lle afectou e nese momento, Alba e Dídac estaban
somerxidos debaixo da masa mariña.
Alí comeza a historia destes dous rapaces cun obxectivo, repoboar a Terra de seres
humanos. Para cumprir este obxectivo, tiñan que ter moitos fillos ou encontrar a máis
superviventes. Comezan unha vida de nómades, visitando primeiro as principais cidades catalás e
logo, recorrendo en barco a costa francesa e italiana.
Durante a súa viaxe polas costas mediterráneas, encontráronse a xente. Lamentablemente,
está xente perdera totalmente á cabeza. Despois desas experiencias, tiveron claro que a única
opción de repoboar a terra sería traballando eles sos.
Despois de catro anos da catástrofe, cando Dídac xa tiña 13 anos, Alba quedou embarazada
dun fillo varón que levaría o nome de Mar. O fillo naceu sen problemas pero, meses máis tarde do
seu nacemento, cando Dídac ía buscar un motor de avión, ocorreu unha desgracia. Cando Alba
notara o atraso de Dídac, decidiu ir a por el e cando chegou, viu que estaba apresado polos restos
dun teito que se derrubara. Desgraciadamente, Dídac xa morrera cando Alba chegou. Despois de
coller o seu corpo e enterralo, Alba só tiña a opción de repoboar a Terra a través do seu fillo Mar.
Sinceramente, este libro pareceume moi bo. Está redactado moi ben dende o principio ata
o final. Antes deste, lin outros libros deste tipo pero ningún comparase a este. A única queixa que
teño é a morte de Dídac. Pareceume moi triste esa parte. Aínda que isto non é un punto malo do
libro, senón que é unha opinión. No fondo do meu corazón quería que Alba e Dídac vivisen felices
o resto da súa vida, pero non sempre a historia ten que basearse nas túas preferencias. Para
rematar, recomendo a todos que lean este libro porque de seguro que non vos vai defraudar.

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Recension literaria de Mecanoscrito da segunda orixe.pdf

Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
Marlou
 
Mulleres de armas tomar
Mulleres de armas tomarMulleres de armas tomar
Mulleres de armas tomar
equipobiblio
 

Semelhante a Recension literaria de Mecanoscrito da segunda orixe.pdf (20)

Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
Campana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 LecturaCampana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 Lectura
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
ÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro CunqueiroÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro Cunqueiro
 
Traballo de álvaro cunqueiro
Traballo de álvaro cunqueiroTraballo de álvaro cunqueiro
Traballo de álvaro cunqueiro
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Uxío novoneyra
Uxío novoneyraUxío novoneyra
Uxío novoneyra
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015
 
Resumen
ResumenResumen
Resumen
 
Recensi on laura novo 1b
Recensi on laura novo 1bRecensi on laura novo 1b
Recensi on laura novo 1b
 
Ánxel Fole
Ánxel FoleÁnxel Fole
Ánxel Fole
 
Presentación sin título.pdf
Presentación sin título.pdfPresentación sin título.pdf
Presentación sin título.pdf
 
Actividades II. unha breve biografía
Actividades II. unha breve biografíaActividades II. unha breve biografía
Actividades II. unha breve biografía
 
"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor
 
16 18
16 1816 18
16 18
 
Autores letras galegas
Autores letras galegasAutores letras galegas
Autores letras galegas
 
Mulleres
MulleresMulleres
Mulleres
 
Mulleres de armas tomar
Mulleres de armas tomarMulleres de armas tomar
Mulleres de armas tomar
 
Prosa galega entre _1936_e_1976
Prosa galega entre _1936_e_1976Prosa galega entre _1936_e_1976
Prosa galega entre _1936_e_1976
 

Mais de RemoeaLinguaLinguaGa

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdfRECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Mais de RemoeaLinguaLinguaGa (20)

a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOASGOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
 
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no InstagramRESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
 
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasFeminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
 
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELARESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
 
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdfOs santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
 
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdfO NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
 
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdfRECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
 
lego.pdf
lego.pdflego.pdf
lego.pdf
 
ciencia en galego (1).pdf
ciencia en galego (1).pdfciencia en galego (1).pdf
ciencia en galego (1).pdf
 
CIENCIA EN GALEGO.pdf
CIENCIA EN GALEGO.pdfCIENCIA EN GALEGO.pdf
CIENCIA EN GALEGO.pdf
 
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdfPresentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
 

Recension literaria de Mecanoscrito da segunda orixe.pdf

  • 1. Recensión literaria do libro Mecanoscrito da segunda orixe: Mecanoscrito da segunda orixe é unha novela de ciencia ficción escrita por Manuel de Pedrolo e publicada por primeira vez en 1974. Orixinalmente está escrita en catalán e leva o nome de Mecanoscrit del segon origen. Divídese en 5 cadernos nos que se relatan a vida de Alba e Dídac despois da catástrofe. Foi levada á televisión no ano 1985. Ademais, tamén fíxose unha película chamada Segundo Origen, no ano 2015. Manuel de Pedrolo foi un escrito español nado o 1 de abril de 1918 e morto o 25 de xuño de 1990. Todas as súas obras están en catalán e abarcou os tres xéneros principais: narrativa, poesía e teatro. Durante a súa vida recibiu moitos premios pero o máis coñecido é o Premio de Honor das letras catalás. Algunhas das súas obras máis importantes son Mecanoscrito da segunda orixe, Xogo sucio, Sangue a baixo prezo, A resposta, etc. Esta novela conta a historia de dous mozos, Alba e Dídac, de 14 e 9 anos respectivamente. A historia comeza nun pobo chamado Benaura, situado en Barcelona, no que de súpeto, aparecen unhas naves extraterrestres e matan toda vida humana da Terra cun arma baseada en ondas. Por sorte, a xente que estaba na auga non lle afectou e nese momento, Alba e Dídac estaban somerxidos debaixo da masa mariña. Alí comeza a historia destes dous rapaces cun obxectivo, repoboar a Terra de seres humanos. Para cumprir este obxectivo, tiñan que ter moitos fillos ou encontrar a máis superviventes. Comezan unha vida de nómades, visitando primeiro as principais cidades catalás e logo, recorrendo en barco a costa francesa e italiana. Durante a súa viaxe polas costas mediterráneas, encontráronse a xente. Lamentablemente, está xente perdera totalmente á cabeza. Despois desas experiencias, tiveron claro que a única opción de repoboar a terra sería traballando eles sos. Despois de catro anos da catástrofe, cando Dídac xa tiña 13 anos, Alba quedou embarazada dun fillo varón que levaría o nome de Mar. O fillo naceu sen problemas pero, meses máis tarde do seu nacemento, cando Dídac ía buscar un motor de avión, ocorreu unha desgracia. Cando Alba notara o atraso de Dídac, decidiu ir a por el e cando chegou, viu que estaba apresado polos restos dun teito que se derrubara. Desgraciadamente, Dídac xa morrera cando Alba chegou. Despois de coller o seu corpo e enterralo, Alba só tiña a opción de repoboar a Terra a través do seu fillo Mar. Sinceramente, este libro pareceume moi bo. Está redactado moi ben dende o principio ata o final. Antes deste, lin outros libros deste tipo pero ningún comparase a este. A única queixa que teño é a morte de Dídac. Pareceume moi triste esa parte. Aínda que isto non é un punto malo do libro, senón que é unha opinión. No fondo do meu corazón quería que Alba e Dídac vivisen felices o resto da súa vida, pero non sempre a historia ten que basearse nas túas preferencias. Para rematar, recomendo a todos que lean este libro porque de seguro que non vos vai defraudar.