2. 1.1 Poesía Cívica.
Amósase máis nitidamente nos seus tres
primeiros libros. Cabanillas recolle o facho
prendido por Curros para crear unha poesía
comprometida co agrarismo e o nacionalismo
das Irmandades da Fala. Aparece nela unha
exaltación da aldea fronte á cidade, unha idea
de Galicia como unidade colectiva e unha
chamada á rebelión.
3. 1.2 Poesía intimista.
Lembra a Rosalía de Castro nalgúns
aspectos. O sentimento amoroso e a conmoción
ante a paisaxe son protagonistas destas pezas,
recollidas sobre todo en A rosa de cen follas.
4. 1.3 Poesía costumista.
Presenta matices humorísticos ou irónicos,
así como novidades formais de carácter
modernista.