Pv setembro 2012

227 visualizações

Publicada em

0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
227
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
2
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
3
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Pv setembro 2012

  1. 1. Palabra de Vida Setembro 2012
  2. 2. «Todo o que bebe auga desta, terá sede outra vez;pero o que beba da auga que eu lle darei, nunca máis terá sede: a auga que eu lle darei,converterase dentro delnunha fonte que saltará ata a vida eterna». (Xn 4, 13-14)
  3. 3. Nesta perla do Evanxeo que é a conversación coa samaritana, nas inmediacións do pozo de Xacob, Xesús fala da auga como do elemento máis sinxelo, pero que se presenta como o máisdesexado, o máis vital para quen está familiarizado co deserto.
  4. 4. Non necesitaba moitas explicacións para facercomprender osignificado da auga.
  5. 5. A auga do manancial é para a vida natural,mentres que a auga viva, da que fala Xesús, é para a vida eterna.
  6. 6. Do mesmo modo que o deserto florece só despois dunha choiva abundante, así as sementes depositadas en nós co bautismo poden xermolar unicamente se están regadas pola Palabra de Deus.
  7. 7. E a planta crece, dá novos xermolos, adquiere a forma dunha árbore oudunha belísima flor e todo isto porquerecibe a auga viva da Palabra que suscita a vida e a mantén para a eternidade.
  8. 8. «Todo o que bebe auga desta, terá sede outra vez;pero o que beba da auga que eu lle darei, nunca máis terá sede: a auga que eu lle darei,converterase dentro delnunha fonte que saltará ata a vida eterna».
  9. 9. As palabras de Xesús están dirixidas a todos nós, os sedentos domundo: todos aqueles que son conscientes da súa aridez espiritual esenten aínda os golpes da sede, e a aqueles que xa non advirten nin sequera a necesidade de beber da fonte da verdadeira vida e dos grandes valores da humanidade.
  10. 10. Pero, no fondo, Xesús dirixe unha invitación a todos os homes e mulleres do mundo, desvelándonos onde podemos atopar aresposta aos nosos porqués e a plena satisfacción dos nosos desexos.
  11. 11. Polo tanto, a todos nós nos corresponde acudir ás súas palabras, deixarnos enchoupar pola súa mensaxe. Como? Reevanxelizando a nosa vida, cotexándoa coas súas palabras,tratando de pensar coa mente de Xesús e de amar co seu corazón.
  12. 12. Cada momento no que intentamos vivir o Evanxeo é unha gota de auga viva que bebemos.
  13. 13. Cada xesto de amor polo noso próximo é un grolo desa auga.
  14. 14. Si, porque esa auga tan viva e preciosa ten esta particularidade: abrolla no noso corazón cada vez que o abrimos ao amor por todos. É unha fonte - a de Deus –na medida que a súa veta profunda serve para calmar a sede dos demais, con pequenos ou grandes actos de amor.
  15. 15. «Todo o que bebe auga desta, terá sede outra vez;pero o que beba da auga que eu lle darei, nunca máis terá sede: a auga que eu lle darei,converterase dentro delnunha fonte que saltará ata a vida eterna».
  16. 16. Polo tanto, comprendemosque, para non ter sede, debemos dar a auga viva que tomamos del en nós mesmos.
  17. 17. Abondará unha palabra, ás veces un sorriso, un sinxelo sinalde solidariedade, para darnos de novo un sentimento de plenitude, de satisfacción profunda, un torrente de alegría. E se seguimos dando, esta fonte de paz e de vida abrollará auga cada vez máis abundante, sen secar nunca endexamais.
  18. 18. E aínda hai outro segredo que Xesús nos revelou, unha especie de pozo sen fondo ao que acudir: cando dous ou tres se unen no seu nome,amándose co seu mesmo amor, El está no medio deles.
  19. 19. E daquela, sentímonos libres, unidos e cheos de luz, e torrentes de auga viva abrollarán do noso seo. É a promesa de Xesús que se fai realidade porque del mesmo, presente no medio de nós,abrolla a auga que quita a sede para a eternidade.
  20. 20. «Todo o que bebe auga desta,terá sede outra vez; pero o que beba da auga que eu lle darei, nunca máis terá sede: a auga que eu lle darei, converterase dentro del nunha fonte que saltará ata a vida eterna». (Xn 4, 13-14) “Palabra de Vida”, “Palabra de Vida”, Texto de: Chiara Lubich, publicado no 2002.Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 96 linguas e idiomas,(incluído o galego) e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio, televisión e internet. Chiara Lubich é a fundadora do movemento dos Focolares ou Obra de María.

×