1. Isaías
FIGURAS E Xoán Bautista
PROFETAS María e Xosé
Paulo de Tarso
DO ADVENTO
2. Isaías significa Deus salva
Nacín en Xerusalén o año 765
antes da chegada do Mesías. Oín
a voz de Deus que me chamaba:
"A quen enviarei? Quen irá da
miña parte a levarlles as miñas
mensaxes?”
Eu díxenlle: "Aquí estou Señor,
envíame a min".
Opúxenme á política de alianza
dos reis de Israel cos imperios.
Invitei o pobo a confiar na alianza con Iavé.
3. Profeticei o nacemento do
Emmanuel.
“Velaquí que a Virxe concibirá e
dará a luz un neno ao que
chamarán Deus connosco“. (Is
7,14)
Hoce invítovos a:
Mirar os acontecementos
cos ollos de Deus.
Agasállovos
a luz da esperanza.
4. “Aquí está o voso Deus.
Mirade, o Señor Deus chega con poder,
e o seu brazo manda.
Mirade, vén con El o seu salario,
e a súa recompensa precédeo.
Como un pastor
que apacenta o rabaño,
o seu brazo reúneo,
toma en brazos os años
e fai recostar as nais”
5. Xoán Bautista
Nacín en Xudea.
Son fillo de Zacarías e de Sabela.
Comecei a predicar e a bautizar no Xordán.
“Son a voz que clama no deserto”.
En Xesús percibín a novidade do Espírito e
dediquei a miña vida a prepararlle os
camiños.
A xente acudía ao deserto, onde vivía, a
buscar respostas que non atopaban nin en
Xudea nin en Xerusalén.
6. Vin a xustiza e por ela dei a cara e
a palabra.
Encarceráronme e decapitáronme.
Pero no puideron apagar o
resplandor da vida.
Invítovos a preparar o camiño, a
facer sitio na vosa vida ao Señor.
Agasállovos a luz da xustiza.
7. “Detrás de min vén
o que pode máis ca min,
e eu non merezo agacharme
para desatarlle as sandalias.
Eu bauticeivos con auga,
pero El vaivos bautizar
co Espírito Santo”.
8. María de Nazaré
Son a muller silandeira do Advento.
O meu silencio está tecido de
escoita, de espera, de gozo, de fe
confiada, de amor sen límites.
Deus fixo xermolar no meu seo a
PALABRA da VIDA.
En silencio gardeina e amaseina.
En calado silencio e con tenrura
entrégovos o Salvador.
9. Abrídevos á tenrura, á
contemplación e ao encontro con
Deus.
Invítovos a acoller a Palabra no
voso interior.
Agasállovos a luz do amor.
10. “Aquí está a escrava do Señor,
fágase en min segundo a túa palabra”.
11. Estou no corazón
do Advento silandeiramente.
A miña vida fálavos do Deus que guía
os meus soños.
Deus fíxome un home de ollos limpos e corazón sinxelo.
Aprendín día a día a arte de aceptar e servir
incondicionalmente a María, grávida da semente do amor de
Deus no seu seo.
Esperei sen présas e na noite, a que a Palabra de Deus me
indicase o camiño a seguir.
12. Invítovos
a mirar a María e a acoller
o Froito bendito, a Xesús.
Agasállovos
a luz da confianza total no Deus
Salvador.
13. “Érguete,
colle o neno e a súa nai e fuxe a Exipto;
queda alí ata que eu te avise…
Xosé ergueuse,
colleu o neno e a súa nai,
de noite, e marchou para Exipto”.
14. Nacín en Tarso cara ao ano 8 despois da
chegada do Mesías.
Son xudeu e fariseo, de cultura grega e
cidadanía romana.
Descendo da tribo de Benxamín.
Recibín unha sólida formación na Lei de Israel
e nas tradicións dos devanceiros.
No ano 36, de camiño a Damasco, atopeime
con Xesús, o Cristo e o meu Señor.
A miña vida cambiou totalmente de rumbo.
Fíxome apóstolo do seu camiño.
15. Son apóstolo e misioneiro
de Xesucristo.
"Ai de min se non
evanxelizar!".
“O amor de Cristo
úrxeme sempre”.
Anunciei sempre a
fidelidade de Deus ás
súas Promesas e pola
esperanza de Israel
sufrín cadeas.
Pozo de Saulo na cidade de Tarso
16. Invítovos a
fiarvos totalmente de Xesús,
o Señor.
Agasállovos
a luz da palabra apaixonada
para anunciar a Xesucristo
e para sementar a
esperanza da vida eterna.
17. “O que era para min ganancia,
xulgueino unha perda
a causa de Cristo.
E máis aínda: xulgo que todo é perda
ante a sublimidade do coñecemento
de Cristo Xesús, o meu Señor,
por quen perdín todas as cousas,
e téñoas por lixo
para gañar a Cristo"