2. Somos catro velas que estamos apagadas e tristes…
Pero queremos deixarnos acender pola LUZ de Xesús,
que vén e que é o único que pode dar sentido e
iluminar a nosa vida.
3. PRIMEIRA SEMANA DE
Velade! ADVENTO
“Ola, son a vela Candea. A
miña misión é a de ser luz
neste tempo de Advento.
Ademais invítote a que veles e
espertes do soño no que estás
envolto. Quizais sexa soño de
ganas de ter, ou de pasalo ben
unicamente, ou de non facer
nada. Estade atentos porque
se achega a vinda do Mesías.
eu co meu súper-reloxo
quérote espertar. Atento á
Palabra, que nos vai axudar a
non estar con lagañas, senón a
estar ben espertos para
descubrir a Xesús en cada
irmán”.
Mt 24, 37-44
5. Cambia o teu corazón! ADVENTO
SEGUNDA SEMANA DE
Ola, son a vela Candeíña, irmá
da vela Candea. Xa vistes a
miña vasoira. Vou como tola
dun lado para outro varrendo.
Varro todo o que nos fai ter
un corazón duro. Varro as
pedras que poñemos para que
Xesús non naza no noso
corazón. Varro egoísmos,
envexas e rancores. Son
especialista en varrer a
desilusión e o aburrimento.
Son Candeíña, a pequeniña,
como Xoán o Bautista, que
quere que a LUZ que resalte
sexa a de Xesús. Cambia o
teu corazón!
Mt 3, 1-9
7. TERCEIRA SEMANA DE
ADVENTO
Ola, son o velón Candeón,
curmán de Candea e de
Candeíña. Estou moi contento,
porque o terceiro domingo de
Advento é o da Alegría. Veño
co meu super-compás a
ensinarvos como podemos
encontrala. Cando se recibe
unha boa noticia, séntese a
necesidade de comunicala a todo
o mundo. Levar a Boa Noticia de
Xesús aos demais é cambiar a
súa tristeza en alegría, é poñer
un raio de sol e un anaquiño de
ceo azul nas súas vidas.
Ti tamén podes ser cama un raio
de sol para os demais. Como
Xoán Bautista, que anunciaba a
Boa Nova, a vinda de Xesús.
Anunciade a
Boa Noticia!
Mt 11, 2-11
9. CUARTA SEMANA DE
Confiade no Señor! ADVENTO
Ola, son Candeeiro, o irmán de
Candeón. Son moi pequeno
e axiña desaparecerei, porque
a gran LUZ do Nacemento está
xa moi próxima. Non destaco
moito, pero son especialista en
confiar.
O meu corazón está aberto,
como o de María. Deus
escolleuna para ser nai de
Xesús e ela confiou Nel e dixo
“Si”. Nestes días, tan
próximos ao Nadal de Xesús,
prepárome coa oración e
atendendo ás persoas que me
necesitan. Invítote a que
acollas no teu corazón o Neno
que vén. Estás disposto?
Mt 1, 18-24
10. Velade! Cambia o teu corazón! Anunciade a
Boa Noticia!
Confiade no Señor!
11. A vela do día do Nacemento do Señor
chámase Manuel. El tráenos unha mensaxe
moi, pero que moi especial:
Ola, son a vela Manuela, aínda que o meu
verdadeiro nome é Enmanuela, porque
levo no meu colo o Enmanuel, LUZ para
todas as persoas de boa vontade, alegría
para os corazóns sedentos de amor e de
paz. Son irmá de todos os que se senten
irmáns, dos que coa súa chama poñen
calor a tantas situacións de inxustiza e
pobreza no mundo. Son a vela máis grande
do planeta, porque Xesús, o Mesías, está
nos meus brazos e iso non se puede
aguantar! Son tan feliz! Invítote a que
transmitas con alegría inmensa o Nadal do
Señor! Deséxovos a todos a felicidade
que ninguén nos pode quitar, porque é
pequeniña e grande, como este bebé que
revolucionou a historia. Alégrate comigo!
12. Que como María e Xosé, acollamos sempre a Xesús no noso corazón e que a súa Luz
nos acompañe sempre.
O teu amigo Invisible