O slideshow foi denunciado.
Utilizamos seu perfil e dados de atividades no LinkedIn para personalizar e exibir anúncios mais relevantes. Altere suas preferências de anúncios quando desejar.

4 2º domingo nadal a 2014

854 visualizações

Publicada em

  • Login to see the comments

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

4 2º domingo nadal a 2014

  1. 1. No principio existía a Palabra e a Palabra estaba onda Deus, e a Palabra era Deus.
  2. 2. Na Palabra estaba a vida e a vida era a luz dos homes. A luz brilla na tebra, e a tebra non a recibiu.
  3. 3. E a Palabra fíxose carne e acampou entre nós, e nós vimos a súa gloria, gloria propia do Fillo único do Pai, cheo de graza e de verdade. ( Xn 1, 1-5.14)
  4. 4. O SILENCIO E A PALABRA “Cando un silencio mainiño o envolvía todo, e a noite ía mediada na súa carreira, a túa Palabra todopoderosa, Señor, veu desde o trono real dos ceos” (Sab. 18, 14-15)
  5. 5. Primeiro fálasenos da Sabedoría. E despois déixase falar a mesma Sabedoría. O texto revélanos o misterio do Nadal do Señor. Durante séculos, os profetas falaron del. Agora chegou o momento de deixalo falar a El.
  6. 6. A PALABRA E A LUZ Esa Palabra eterna de Deus, esa sabedoría creada antes dos séculos, identifícase con Xesús de Nazaré. Entre os seus grandes atributos sobresaen polo menos tres:
  7. 7. “NA PALABRA había Vida”
  8. 8. “A PALABRA era a LUZ verdadeira que aluma a todo home” Só esa Palabra que vén de Deus pode aclararnos o horizonte e os camiños, a dignidade humana e os valores éticos que a sustentan.
  9. 9. “A PALABRA fíxose carne e acampou entre nós” Somos peregrinos polo deserto como o antiguo Israel. Xesús fíxose peregrino e comparte o noso itinerario.
  10. 10. Deus todopoderoso e eterno, luz dos que en Ti cren, que a terra se encha da túa Gloria e que te recoñezan os pobos polo esplendor da túa luz. Por Xesucristo, noso Señor. Amén.
  11. 11. José Román Flecha Andrés Palabra del Señor, Salamanca , Editorial. Secretariado Presentación: Antonia Castro Panero Trinitario,2007

×