1. O que queira ser importante, que sirva os outros;
e o que queira ser o primeiro, que sexa o máis servizal.
Porque o Fillo do Home non veu para que o sirvan,
senón para servir e dar a súa vida en rescate por todos. (Mc 10, 35-45)
2. O “trepa” intenta subir,
pero el só.
Ignora a todos os que o rodean,
a menos que lle sirvan para alcanzar
as metas que se propón.
Non é estraño que suscite envexas,
resentimentos e rancores.
“Quen se cre que é ?”
3. En realidade “o trepa”
non ignora a todo o mundo.
Por todos os medios intenta ir
“colocando”
os membros da súa familia
en postos vantaxosos.
Que teñan seguridade
e bo salario a cambio
de pouco traballo.
Iso é para el a antesala
da gloria.
13/10/2009
4. Este «trepador» explica moi
ben a petición
de Santiago e Xoán no
evanxeo deste domingo.
Os dous irmáns únense
para pedir a Xesús
un posto de honor e
privilexio, esquecendo
a todos os seus
compañeiros.
Martirio de Santiago
5. Naturalmente, estes reaccionan indignados
ante aquela cara lavada dos fillos do Zebedeo,
que pretenden desmarcarse do grupo.
6. A pretensión de Santiago e Xoán debeu de ser meditada
moitas veces nas comunidades cristiás.
Desde moi cedo deberon de xurdir os que pretendían usar fe
no Señor para aproveitarse do Señor da fe.
E dos irmáns na fe, naturalmente.
7. As tres grandes apetencias do ser humano son:
San Marcos explícanos como as entende Xesús
e como han de ser vividas polos seus discípulos.
O AUTÉNTICO POSTO DE HONOR
É O DO SERVIDOR DE TODOS.
8. “O Fillo do Home non veu para que o sirvan”
En Xesús reflectíase a grandeza de Deus.
E con todo, non reclamaba unha entrega servil de ninguén.
9. Xesús prestaba a súa axuda aos necesitados e abatidos.
O Señor converteuse voluntariamente nun escravo.
El atreveuse a invertir a escala dos valores humanos.
10. “ e dar a súa vida en rescate por todos”
A contía de rescate esixido reflicte a importancia
da persoa secuestrada.
A nosa dignidade é grande
se o rescate pagado é a vida do Fillo de Deus.
11. Señor Xesús, a túa ensinanza
e a túa conduta ridiculizan as
nosas absurdas pretensións de
grandeza.
Grazas polo teu exemplo
e pola vida que entregaches
como rescate pola nosa. Amén.
12. Texto: José Román Flecha Andrés
PALABRA DO SEÑOR –Salamanca
Presentación: Antonia Castro Panero