SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 25
España nos séculos XIX e XX (resumo)
• O Antigo Réxime entra en crise no reinado de Carlos IV nun contexto
convulso e accidentado, con moita influencia das vagas
revolucionarias europeas e coa resistencia ao cambio constante de
monarcas, aristócratas e clero.
Inicios do XIX: a crise do Antigo Réxime
• Napoleón invade España, pero afronta unha guerra de independencia
moi custosa e ten que retirarse. Volve un rei borbón, Fernando VII,
que restablece o absolutismo.
A guerra de independencia (1808-1814)
• En paralelo á guerra, convócanse unhas Cortes en Cádiz que
establecen a primeira Constitución, a de 1812.
As Cortes e a Constitución de Cádiz (1812)
• Fernando VII oponse a todo liberalismo e suprime a Constitución, que
só estará en vigor durante os tres anos (20-23) do Trienio Liberal.
A restauración do absolutismo
• Todo o século está marcado polo combate político entre absolutistas
e liberais, primeiro, e despois entre moderados e progresistas. Os
carlistas tamén protagonizan varios levantamentos para tentar impor
unha nova dinastía e un réxime máis reaccionario, sen éxito.
Moderados, progresistas e carlistas
• A maioría das colonias españolas libéranse do dominio da metrópole,
para o que aproveitan a conxuntura bélica da Península.
A liberación da América española
• Tras a morte de Fernando VII, reina a súa filla, Sabela II, se ben tras
dúas rexencias de María Cristina e Espartero. Neste período
altérnanse no moderados e progresistas, con frecuentes
pronunciamientos.
O convulso reinado de Sabela II (1833-1868)
• A monarquía isabelina, marcada pola corrupción da raíña e o
autoritarismo, entra en crise de novo e é derrocada por unha
revolución democrática en 1869. Tras unha breve monarquía
constitucional (de Amadeo de Savoia) chega a Primeira República, que
apenas dura once meses.
O convulso reinado de Sabela II (1833-1868)
• Tras o fin da República (cun novo golpe de Estado) restaúrase de novo
a dinastía borbónica, con Afonso XII. Agora os moderados e
progresistas altérnanse pacificamente no poder, mais manipulan as
eleccións e controlan a sociedade polo caciquismo.
A Restauración e o reinado de Afonso XII
(1875-1885)
• Nesta época consolídanse dous importantes movementos de
oposición, o movemento obreiro (marxista e anarquista) e os
nacionalismos, nomeadamente o catalán e o vasco.
A oposición: o movemento obreiro e os
nacionalismos
• En 1898, España perde ante Estados Unidos os restos do seu imperio
colonial: Cuba, Puerto Rico e Filipinas.
A perda dos restos do imperio (1898)
• O reinado de Afonso XIII desemboca nunha profunda crise do
sistema, que deriva na ditadura de Primo de Rivera. Tras esta
proclámase por segunda vez a república.
O reinado de Afonso XIII (1886-1931) e a
ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)
• Durante a II República (1931-1936) as forzas de esquerda tentan
impulsar unha transformación do Estado (agraria, territorial, relixiosa,
cultural, educativa) á que se opoñen ás dereitas.
A II República (1931-1936)
• Unha parte do exército sublévase, con inspiración no fascismo, nun
golpe de Estado que fracasa e que desemboca na Guerra Civil (1936-
1939).
A Guerra Civil (1936-1939)
• A derrota do bando republicano é total e o bando rebelde, liderado
por Francisco Franco e co apoio decisivo das ditaduras fascistas,
establece unha longa e cruenta ditadura (1939-1975).
A ditadura franquista (1939-1975)
• A ditadura comeza a desenvolverse entre o aillamento internacional
(ante a derrota do Eixe) e o estancamento económico da autarquía,
mais a partir dos 50 intégrase no bloque político occidental (acordos
con Estados Unidos) e fomenta o desenvolvemento industrial
(desarrollismo).
A ditadura franquista (1939-1975)
• Franco designa Xoán Carlos I como o seu sucesor a título de Rei.
A ditadura franquista (1939-1975)
• A oposición aumenta a súa influencia (no movemento obreiro, na
oposición nacionalista, na xuventude...) mais non derruba o réxime.
A ditadura franquista (1939-1975)
• Tras a morte de Franco instáurase un novo sistema político, que nace
da reforma do franquismo e é dirixido polas elites deste réxime, que
pactan coa oposición maioritaria.
A Transición
• Apróbase a Constitución de 1978
• O novo sistema instaura a democracia,
permite o pluralismo político e a
descentralización administrativa (o
Estado das autonomías).
• Máis unha vez, restaúrase a monarquía
hereditaria nun Borbón (Xoán Carlos I).
A Constitución de 1978

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a España no XIX e no XX.pptx

U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
aialo1
 
Revolución francesa
Revolución francesaRevolución francesa
Revolución francesa
Iolanda
 
Tema 10, historia
Tema 10, historiaTema 10, historia
Tema 10, historia
eva gerpe
 
fin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIMEfin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIME
camposseijo
 

Semelhante a España no XIX e no XX.pptx (20)

Restauración, liberalismo e nacionalismo
Restauración, liberalismo e nacionalismoRestauración, liberalismo e nacionalismo
Restauración, liberalismo e nacionalismo
 
O franquismo
O franquismoO franquismo
O franquismo
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 
Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
 
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
 
Unidade 3 Liberalismo e nacionalismo
Unidade 3 Liberalismo e nacionalismoUnidade 3 Liberalismo e nacionalismo
Unidade 3 Liberalismo e nacionalismo
 
TEMA 10
TEMA 10TEMA 10
TEMA 10
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Tema 10 historia
Tema 10 historiaTema 10 historia
Tema 10 historia
 
Presentación historia
Presentación historiaPresentación historia
Presentación historia
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
 
Revolución francesa
Revolución francesaRevolución francesa
Revolución francesa
 
Tema 10, historia
Tema 10, historiaTema 10, historia
Tema 10, historia
 
fin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIMEfin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIME
 
Historia, tema 10
Historia, tema 10Historia, tema 10
Historia, tema 10
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
O sexenio democrático
O sexenio democráticoO sexenio democrático
O sexenio democrático
 

España no XIX e no XX.pptx

  • 1. España nos séculos XIX e XX (resumo)
  • 2. • O Antigo Réxime entra en crise no reinado de Carlos IV nun contexto convulso e accidentado, con moita influencia das vagas revolucionarias europeas e coa resistencia ao cambio constante de monarcas, aristócratas e clero. Inicios do XIX: a crise do Antigo Réxime
  • 3. • Napoleón invade España, pero afronta unha guerra de independencia moi custosa e ten que retirarse. Volve un rei borbón, Fernando VII, que restablece o absolutismo. A guerra de independencia (1808-1814)
  • 4. • En paralelo á guerra, convócanse unhas Cortes en Cádiz que establecen a primeira Constitución, a de 1812. As Cortes e a Constitución de Cádiz (1812)
  • 5. • Fernando VII oponse a todo liberalismo e suprime a Constitución, que só estará en vigor durante os tres anos (20-23) do Trienio Liberal. A restauración do absolutismo
  • 6. • Todo o século está marcado polo combate político entre absolutistas e liberais, primeiro, e despois entre moderados e progresistas. Os carlistas tamén protagonizan varios levantamentos para tentar impor unha nova dinastía e un réxime máis reaccionario, sen éxito. Moderados, progresistas e carlistas
  • 7. • A maioría das colonias españolas libéranse do dominio da metrópole, para o que aproveitan a conxuntura bélica da Península. A liberación da América española
  • 8.
  • 9. • Tras a morte de Fernando VII, reina a súa filla, Sabela II, se ben tras dúas rexencias de María Cristina e Espartero. Neste período altérnanse no moderados e progresistas, con frecuentes pronunciamientos. O convulso reinado de Sabela II (1833-1868)
  • 10. • A monarquía isabelina, marcada pola corrupción da raíña e o autoritarismo, entra en crise de novo e é derrocada por unha revolución democrática en 1869. Tras unha breve monarquía constitucional (de Amadeo de Savoia) chega a Primeira República, que apenas dura once meses. O convulso reinado de Sabela II (1833-1868)
  • 11.
  • 12. • Tras o fin da República (cun novo golpe de Estado) restaúrase de novo a dinastía borbónica, con Afonso XII. Agora os moderados e progresistas altérnanse pacificamente no poder, mais manipulan as eleccións e controlan a sociedade polo caciquismo. A Restauración e o reinado de Afonso XII (1875-1885)
  • 13. • Nesta época consolídanse dous importantes movementos de oposición, o movemento obreiro (marxista e anarquista) e os nacionalismos, nomeadamente o catalán e o vasco. A oposición: o movemento obreiro e os nacionalismos
  • 14. • En 1898, España perde ante Estados Unidos os restos do seu imperio colonial: Cuba, Puerto Rico e Filipinas. A perda dos restos do imperio (1898)
  • 15. • O reinado de Afonso XIII desemboca nunha profunda crise do sistema, que deriva na ditadura de Primo de Rivera. Tras esta proclámase por segunda vez a república. O reinado de Afonso XIII (1886-1931) e a ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)
  • 16.
  • 17. • Durante a II República (1931-1936) as forzas de esquerda tentan impulsar unha transformación do Estado (agraria, territorial, relixiosa, cultural, educativa) á que se opoñen ás dereitas. A II República (1931-1936)
  • 18. • Unha parte do exército sublévase, con inspiración no fascismo, nun golpe de Estado que fracasa e que desemboca na Guerra Civil (1936- 1939). A Guerra Civil (1936-1939)
  • 19.
  • 20. • A derrota do bando republicano é total e o bando rebelde, liderado por Francisco Franco e co apoio decisivo das ditaduras fascistas, establece unha longa e cruenta ditadura (1939-1975). A ditadura franquista (1939-1975)
  • 21. • A ditadura comeza a desenvolverse entre o aillamento internacional (ante a derrota do Eixe) e o estancamento económico da autarquía, mais a partir dos 50 intégrase no bloque político occidental (acordos con Estados Unidos) e fomenta o desenvolvemento industrial (desarrollismo). A ditadura franquista (1939-1975)
  • 22. • Franco designa Xoán Carlos I como o seu sucesor a título de Rei. A ditadura franquista (1939-1975)
  • 23. • A oposición aumenta a súa influencia (no movemento obreiro, na oposición nacionalista, na xuventude...) mais non derruba o réxime. A ditadura franquista (1939-1975)
  • 24. • Tras a morte de Franco instáurase un novo sistema político, que nace da reforma do franquismo e é dirixido polas elites deste réxime, que pactan coa oposición maioritaria. A Transición
  • 25. • Apróbase a Constitución de 1978 • O novo sistema instaura a democracia, permite o pluralismo político e a descentralización administrativa (o Estado das autonomías). • Máis unha vez, restaúrase a monarquía hereditaria nun Borbón (Xoán Carlos I). A Constitución de 1978