2. Catalina Labouré naceu o 2 de Maio de 1806, en Fain-les-
Moutiers, Francia.
Eran once
irmáns na
familia e
dedicábanse aos
labores do
campo
Todos eran moi
devotos da
Santísima Virxe.
3. Cando tiña nove
anos, morreu a súa
nai e, ese mesmo
día, unha
empregada
sorprendeu a
Catalina sobre unha
cadeira abrazando
unha imaxe da Virxe
e pedíndolle
protección e amor.
“Dende agora Ti
serás a miña
única NAI”
4. A súa irmá maior entrou no Seminario e Catalina tivo que
facerse cargo das tarefas da casa.
Tivo que deixar a
escola e non
puido aprender a
ler nin escribir.
Cada día, cando
remataba a súa
tarefa, facía
oración.
5. Aos 14 anos pediu ao seu pai permiso para ser
relixiosa, pero o seu pai non llo permitiu porque a
necesitaba para atender ás tarefas da casa.
Isto doeulle,
pero obedeceu.
Sen embargo,
pedíalle moito a
Xesús que lle
concedera ser
relixiosa.
6. Cando tiña 18 anos
soñou que lle dicía un
ancián sacerdote :
“Un día, axudarasme
a coidar aos
enfermos”.
A imaxe dese
sacerdote quedoulle
gravada para sempre
na memoria.
7. Un día visitou á súa
irmá relixiosa e viu
o retrato de San
Vicente de Paúl.
Decatouse de que
era o mesmo
sacerdote que vira
en soños.
Desde ese día
propúxose ser Filla
da Caridade.
8. Por fin, o seu pai deulle
permiso para ingresar coas
Fillas da Caridade. O
informe de ingreso dicía:
“Le e escribe, é piadosa,
ama o traballo e é moi
alegre”
Catalina aprendera a ler e
escribir soa e estaba feliz de
ser relixiosa.
9. Unha noite, mentres durmía, escoitou que por tres veces
a chamaban polo seu nome. Espertou e viu un neno
vestido de branco que lle dixo:
“Érguete e ven á
capela, a Santísima
Virxe espérate”.
Catalina seguiu ao
neno.
O corpo do rapaz
irradiaba vivos
resplandores e ao
seu paso todo
quedaba iluminado.
10. Con gran sorpresa atopou todas as velas prendidas na
capela e Sor Catalina viu unha señora de extremada
beleza atravesar maxestuosamente o presbiterio; o
neno levouna cara á Virxe María.
11. Nosa Señora comunicoulle esa noite varias cousas
futuras que ían suceder na Igrexa e recomendoulle que o
mes de maio foise celebrado con maior fervor na honra
da Nai de Deus.
Catalina
creu sempre
que o neno
que a guiara
era o seu
anxo da
garda.
12. Despois dun ano de estar no Seminario foi traballar
nun hospital-asilo.
Alí viviu durante 46 anos, nos que serviu aos pobres
en traballos diversos.
15. Tamén atendeu unha
sala de anciáns
enfermos.
Os últimos anos da súa
vida, estivo na portería,
onde con cariño recibía a
cantos alí chegaban.
16. O 27 de Novembro de 1830 a Virxe encomendoulle facer
unha medalla que tivera a súa imaxe.
Prometeulle axudas
moi especiais para
quen levara esta
medalla.
A Virxe díxolle a
Sor Catalina que
moitas grazas e
axudas celestiais
non se obteñen
porque non se
piden.
17. Sor Catalina foi
ao Arcebispo
consultarlle o
caso e este
deulle permiso
para que fixera
as medallas.
A partir deste
momento
comezaron os
milagres.
Para 1836 repartíranse máis de 130.000 medallas.
18. SIGNIFICADO DE LA MEDALLA
ANVERSO
María amósase en pé.
María coas mans abertas en
actitude de acollida.
Lese unha oración: “Oh María
sen pecado concibida, roga por
nós que recurrimos a Ti.
19. SIGNIFICADO DE LA MEDALLA
REVERSO
Un M coroado pola cruz: indica a
unión de María co misterio da
Paixón e Cruz do seu Fillo.
Dous corazóns : o de Xesús e o
de María.
Doce estrelas : Xesús estableceu
a súa Igrexa sobre o fundamento
de Pedro e os seus Apóstolos.
20. E así, mentres esta devoción se propagaba por todas
partes, Catalina seguía no seu destino,
varrendo,
lavando,
coidando dos
animais da
granxa e facendo
de enfermeira,
como a máis
humilde e
ignorada de
todas as Irmás.
21. Dende 1830 ata 1876,
ano en que morreu,
Catalina estivo na
Comunidade sen que a
ninguén se lle
ocorrera que ela era a
quen se lle aparecera
a Virxe María.
22. Catalina pediu que
se colocara unha
imaxe da Virxe
Milagrosa no sitio
onde se lle
aparecera e, ao vela,
aínda que é unha
imaxe fermosa, ela
exclamou:
¡Ouh, a Virxe é
moitísimo máis
fermosa que esta
imaxe!.”
23. En 1874 aos 70 anos, Catalina enfermou e morreu sen
sufrir. As Irmás preguntábanlle: “¿Non sente vostede
medo de morrer?” Ela contestou: “¿Por que hei de ter
medo de ir ver ao Noso Señor, á súa Nai e a San Vicente?
24. O seu corpo atópase incorrupto en París, Francia.
Pouco tempo despois da morte de Catalina, foi levado
un neno de 11 anos, inválido de nacemento e ao
achegalo ao sepulcro da santa, quedou
instantaneamente curado.
25. En 1947, o Papa Pío XII declarou santa a Catalina Labouré.
26. A Capela das
Aparicións en París,
está sempre chea de
xente rezando á Virxe
Milagrosa.
Ao pé do altar
atópase o corpo de
Santa Catalina.
27. Oxalá que a vida de Santa Catalina nos motive
para saber mirarnos no espello da nosa Nai
María.
Que aprendamos dela a vivir con sinxeleza,
cunha mirada limpa e realizando en cada
momento aquilo que é o noso deber.
¡ OUH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA,
ROGA POR NÓS QUE RECURRIMOS A TI !