Anúncio
Anúncio

Mais conteúdo relacionado

Anúncio

Rata Luisa Nadal.pptx

  1. nadal
  2. Os nenos de Luisa están incomodados.
  3. É achegarse o Nadal e andar amolados
  4. porque na escola hai controis (chega a avaliación)
  5. e logo preparar adobíos,
  6. panxoliñas,
  7. actuacións...
  8. Non lles dan as horas para tanta ocupación!
  9. Mais o peor ven despois...
  10. días de vacacións!!
  11. -Vai ser moi “divertido” estar sen facer nada.
  12. Pai e nai a traballar... e quedar metidos na casa.
  13. Van gastar os sillóns, aburrirse de xogar,
  14. sorprenderse co que duran as horas,
  15. e ver “tele” ata fartar.
  16. E a ver se teñen sorte e as tardes están boas
  17. para saíren á rúa, cos pais, a dar unha volta, -aínda que nestas datas a volta sexa pequena porque xa se fai de noite antes da hora da merenda...-
  18. E aos que lle falan de festas, luces, agasallos, animación...
  19. dinlle que “en cuestión de gustos cada un ten a súa opinión”.
  20. Que é importante facer festas, cando hai que celebrar,
  21. mais saber tamén, que o que a uns lle importa
  22. a outros tanto lle da.
  23. Que cada un é como é, e non todos pensamos igual.
  24. mais, aos que o celebren, deséxanlle… un Bo Nadal!!
Anúncio