11. Has de cantar
que che hei de dar zonchos;
has de cantar
que che hei de dar moitos;
has de cantar e has de cantar,
has de cantar
que chos hei de dar.
12. As castañas ben se comen,
o viño vaise bebendo;
o cariño vai entrando
e a honra vaise perdendo...
19. Son verde e non son limón,
son moura e non son carbón,
son vermella e non son sangue,
son branca e non son papel,
Que cousa cousiña son?
20. Ten pelexo como a xente
e é moi boa para comer.
Chega polos mes de Santos
e todo o ano a tes.
21. Cal é a cousa,cal é ela,
ten tres capas de inverno:
a primeira mete medo,
a segunda é lustrosa
e a terceira é amargosa?
22. Eu nacín dentro dun berce,
onde ninguén tocar ousaba:
quen puña a man non tornaba...
Entre cidades e cortes
me desexan ver crecida,
e as mulleres preguizosas
comigo gañan a vida.
23. Son verde e non son limón,
son moura e non son carbón,
son vermella e non son sangue,
son branca e non son papel,
Que cousa cousiña son?